Este documento fornece um resumo da evolução da pintura galega no século XX, desde os movimentos de início de século como Fauvismo e Cubismo até as tendências atuais. Ele lista as obras de importantes pintores galegos como Colmeiro, Maside, Laxeiro, Seoane, Souto e Mallo, bem como de pintores internacionais como Picasso, Dalí e Pollock que influenciaram a arte galega.
Este documento resume los principales acontecimientos políticos y reformas en España durante el siglo XVIII tras la Guerra de Sucesión Española. La dinastía Borbónica se consolidó en el trono español e impulsó un gobierno absolutista centralizado. Felipe V aplicó los Decretos de Nueva Planta para uniformar el territorio y eliminar las instituciones propias de la Corona de Aragón. Carlos III promovió reformas ilustradas para mejorar la economía y el bienestar, aunque se enfrentó a oposición por parte
Este documento fornece um resumo da evolução da pintura galega no século XX, desde os movimentos de início de século como Fauvismo e Cubismo até as tendências atuais. Ele lista as obras de importantes pintores galegos como Colmeiro, Maside, Laxeiro, Seoane, Souto e Mallo, bem como de pintores internacionais como Picasso, Dalí e Pollock que influenciaram a arte galega.
Este documento resume los principales acontecimientos políticos y reformas en España durante el siglo XVIII tras la Guerra de Sucesión Española. La dinastía Borbónica se consolidó en el trono español e impulsó un gobierno absolutista centralizado. Felipe V aplicó los Decretos de Nueva Planta para uniformar el territorio y eliminar las instituciones propias de la Corona de Aragón. Carlos III promovió reformas ilustradas para mejorar la economía y el bienestar, aunque se enfrentó a oposición por parte
Este documento describe los orígenes y la expansión del Islam. Resume que el Islam surgió en la península arábiga en el siglo VII fundado por Mahoma, y rápidamente se expandió formando un gran imperio islámico que abarcó Oriente Medio, el norte de África y la península ibérica durante los siglos VII y VIII bajo el califato ortodoxo, omeya y abasí. Describe las creencias, prácticas religiosas, organización política y social, y el arte islámico caracterizado
Presentación sobre o Renacemento, movemento artístico e cultural europeo dos ss. XV e XVI, que impuxo un modo de vida e pensamento que fluíu desde Italia cara a todo o continente.
Presentación sobre o Renacemento, para 2 de ESO. Presentación moi sinxela, para analizar un pouco as características tipicas do Renacemento, e analizar algunha das súas obras de arte.
Presentación que se vai a usar en clase de 3º de ESO da materia de Xeografia e Historia. Neste caso é unha pequena selección de obras de arte do renacemento clásico (Quattrocento e Cinquecento). Non me parece a mellor, pero para sacarme do apuro vale perfectamente.
Traballo realizado por Izadora C. R., alumna de 1º de ESO (grupo B) para a materia de Proxecto Interdisciplinar no Colexio Sagrado Corazón de Jesús (Ribadeo).
O paso do século XV ao XVI foi unha época de grandes cambios; por iso, este momento histórico marca o inicio dunha nova etapa na historia da humanidade, a Idade Moderna.
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
Tema teórico que analiza a revolución agraria e demográfica, as características das revolucións industriais, a aparición do capitalismo e da sociedade de clases e o nacemento do movemento obreiro
Titorial que explica paso a paso como calquera lugar da superficie terrestre pode ser referenciado pola intersección dun paralelo e un meridiano, é dicir, polo sistema de coordenadas xeográficas, un método que referencia calquera punto da superficie terrestre e que utiliza para iso dúas coordenadas angulares, latitude (norte ou sur) e lonxitude (leste ou oeste)
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeiesasorey
Descrición da paisaxe do río Umia, que foi fonte de inspiración de poetas e do que xurdiron lendas que quedaron fixas na tradición oral galega. Elaborada por Aldara Rey Blanco, de 3º ESO B
Sobre as revoltas sociais que rematan coa morte dos señores na Baixa Idade Media. Tradución ó galego e actualización da anterior versión "Violencia y muerte del señor en Galicia a finales de la Edad Media", Studia Histórica. Historia Medieval, Salamanca, vol. IX, 1991, pp. 125-157.
2. 1.- A ESTÉTICA RENACENTISTA
● O Renacemento foi o movemento cultural e artístico que se iniciou en
Italia, especialmente en Florencia, no século XV (Quattrocento) e que
alcanzou o máximo desenvolvemento en Europa durante o século XVI
(Cinquecento). Estivo intimamente ligado ao Humanismo.
● Os artistas do Renacemento considerábanse sucesores dos mestres
grecorromanos e buscaron a inspiración nas obras e edificios da
Antigüidade:
● Os arquitectos adaptaron os estilos clásicos, mesturando elementos
gregos e romanos.
● Os escultores e os pintores inspiráronse na mitoloxía grecorromana e
utilizárona como tema para as súas obras. Exaltaron a beleza do corpo
humano e retomaron os cánons clásicos. Melloraron as técnicas artísticas
como a pintura ao fresco, e inventaron outras, como a pintura ao óleo e a
perspectiva.
4. ● Os artistas converteron o ser humano no centro dos seus intereses
artísticos (home como medida de todas as cousas):
● Os temas relixiosos continuaron sendo unha das fontes de inspiración,
pero os personaxes sagrados eran representados e vestidos como se fosen
persoas do Renacemento.
● Realizaron numerosas escenas de vida cotiá.
● Proliferou a realización de retratos de príncipes, nobres e burgueses.
● O papel dos mecenas foi clave no desenvolvemento artístico renacentista,
actuando como protectores de artistas aos que lles encargaban a
realización de obras para os seus palacios, tumbas ou igrexas. Florencia
foi o gran centro artístico do século XV e a familia dos Médicis destacou
como mecenas.
● O artista deixa de ser un artesán para se converter nun profesional, asina
as súas obras, a sociedade recoñéceo como un intelectual humanista e
goza de prestixio social.
1.- A ESTÉTICA RENACENTISTA
5. FILIPPO LIPPI: A virxe, o Neno e episodios da vida de Santa Ana, 1452
6. ● Os arquitectos empregaron numerosos elementos arquitectónicos do mundo
grecorromano:
– Usáronse columnas e pilastras coas ordes gregas (dórica, xónica e corintia)
e romanas (toscana e composta)
– Arcos de medio punto, frontóns, cornixas e cúpulas.
– As igrexas recuperaron a planta centralizada (cruz grega ou circular), aínda
que se continuou a utilizar a planta de cruz latina con tres naves.
● Como elementos decorativos usaron: medallóns, aparello almofadado,
grutesco, grilandas e fornelas que rematan en forma de venera.
● Os principais arquitectos do Quattrocento foron Filippo Brunelleschi (Santa
María dei Fiore, Florencia; Igrexa de San Lourenzo, Florencia) e Leon Battista
Alberti (Santa María Novella, Florencia; Palacio Rucellai, Florencia).
● No Cinquecento, os edificios acadaron unha maior monumentalidade e
robustez. O mellor exemplo é a basílica de San Pedro do Vaticano, na que
interviñeron Donato Bramante ( tamén diseñou o templo de San Pietro in
Montorio, Roma) e, máis tarde, Miguel Anxo, quen construíu a gran cúpula.
2.- A ARQUITECTURA: A RECUPERACIÓN DAS FORMAS
CLÁSICAS
14. 3.- A ESCULTURA: EQUILIBRIO E SERENIDADE
● Os escultores interesáronse por representar o corpo humano, idealizado,
con gran perfección técnica e de proporción clásica (canon), seguindo
os modelos da antigüidade grecorromana.
● Predominan as composicións piramidais.
● Gusto polas obras de vulto redondo (esculturas exentas).
● Temática: relixiosa e mitolóxica.
● Entre os materiais utilizados salientan o mármore e mais o bronce.
● Os escultores máis destacados do Quattrocento foron Donatello (David, O
cabaleiro Gattamelata) e Lorenzo Ghiberti (Portas do Baptisterio de
Florencia).
● No século XVI apréciase un predominio das liñas curvas, reforzando o
dinamismo. A figura principal foi Miguel Anxo, en cuxa obra predomina a
expresión dos sentimentos. A Piedade, David e Moisés son algunhas das
súas esculturas máis destacadas.
18. 4.- A PINTURA: NATURALISMO E PERSPECTIVA
● Preocupación pola perspectiva para dar sensación de volume e
profundidade.
● Tratamento da anatomía humana.
● Predominio das composicións triangulares.
● Gusto polo detalle, polo retrato e pola incorporación da natureza ao
cadro.
● Temática relixiosa e mitolóxica.
● A técnica preferente é o óleo.
● Entre os pintores destacaron:
– Quattrocento: Massacio (O tributo da moeda; A Santísima Trindade);
Piero della Francesca (A flaxelación de Cristo; Virxe da Galería Brera);
Botticelli (O nacemento de Venus; A primavera).
– Cinquecento: Leonardo da Vinci (inventor da técnica do sfumato: A
Derradeira Cea; A Gioconda); Rafael (Virxe do xílgaro; A escola de
Atenas); Miguel Anxo (Frescos da Capela Sixtina: a creación de Adán,
Xuízo Final, Expulsión do Paraíso); Tiziano (Amor sacro e amor
profano); Giorgione ( A Venus dormida).
23. CINQUECENTO
LEONARDO DA VINCI: inventor da perspectiva aérea, que utiliza a luz e a cor para
amosar a profundidade do espazo, e da técnica do sfumato que, a través dunhas contornas
imprecisas, ofrece unha sensación de vaguidade e de distancia.
A Gioconda
25. CINQUECENTO
A Escola de Atenas
.
RAFAEL: gran retratista, destacou polo absoluto dominio do debuxo, da luz e pola
elegancia e harmonía das súas composicións.
27. CINQUECENTO
MIGUEL ANXO: presenta un gran coñecemento dos volumes do corpo humano e dos xestos
con que se expresan os sentimentos. O mellor exemplo son os frescos da Capela Sixtina do
Vaticano.
Xuizo final
Xesús e María
32. 5.- A EXPANSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA
● A influencia do Renacemento italiano noutros países de Europa non se
deixou sentir plenamente ata o século XVI.
● En Flandres, esta influencia foi escasa, pois a súa escola pictórica posuía
unha marcada personalidade. Os artistas desenvolveron un estilo propio,
con gusto polo detalle, polo realismo e polos retratos, así como o
rexeitamento dos temas da Antigüidade clásica. Destacou Pieter Brueghel
o Vello (Boda campesiña, Paisaxe invernal)
● En Francia, a influencia renacentista foi temperá, impulsada sobre todo
polo rei Francisco I. Destacaron a arquitectura (castelo de Chambord) e as
pinturas decorativas da Escola de Fontainebleau.
● En Alemaña, a Reforma luterana aportou á pintura a preferencia polos
retratos, ás paisaxes e os temas mitolóxicos. Destacaron Alberto Durero
(Autorretrato; Adán e Eva) e H. Holbein (Os embaixadores).
33. DIFUSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA
Pieter Brueghel o Vello - Flandres
Paisaxe invernal
Boda campesiña
35. DIFUSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA
Holbein - Alemaña
Os embaixadores
(técnica do anamorfismo)
36. 6.- A ARTE RENACENTISTA EN ESPAÑA
● A arquitectura do Renacemento español, que se iniciou a comezos do
século XVI, desenvolveuse en tres fases:
– Estilo plateresco. Baseouse na introdución de novos elementos
decorativos en edificios góticos. A súa denominación provén do
delicado traballo decorativo en pedra que lembra o realizado polos
prateiros: Fachada da Universidade de Salamanca.
– Estilo clasicista. Utiliza os modelos arquitectónicos clásicos:
columnas, linteis e frontóns: Palacio de Carlos V en Granada (Pedro
Machuca)
– Estilo herreriano. Caracterizábase pola ausencia decorativa, as liñas
rectas e os volumes cúbicos, que daban lugar a unha arquitectura
horizontal, sobria e xeométrica: San Lourenzo de El Escorial (Juan de
Herrera).
39. A ESCULTURA
● En España, os escultores centráronse na expresión do
sentimento relixioso, por riba da procura da beleza.
● Traballaron sobre todo os retablos, os monumentos
funerarios e as imaxes relixiosas, que adoitaban estar
policromadas.
● Os dous grandes escultores do Renacemento español foron
Alonso Berruguete e Juan de Juni.
Juan de Juni: Santo Enterro, 1540
Berruguete:
Sacrificio de Isaac,
1525
40. ● A pintura renacentista en España centrouse nos temas relixiosos e
adoptou a nova linguaxe renacentista: a preocupación pola luz, a cor e a
perspectiva.
● Os pintores recibiron a influencia da pintura flamenga e italiana.
Salientaron:
– Pedro Berruguete.
– Juan de Juanes.
– Luis de Morales.
– Alonso Sánchez Coello.
– O Greco, que creou un estilo moi persoal. As súas obras caracterízanse
polo uso de cores moi vivas, os contrastes de luz e a complexidade
das composicións, cheas de figuras alongadas que achegan
espiritualidade (O enterro do Conde de Orgaz, O cabaleiro da man no
peito, Adoración dos pastores, Laoconte e os seus fillos).
A PINTURA
41. A PINTURA
JUAN DE JUANES
A Derradeira Cea
LUIS DE MORALES
Virxe co Neno
SÁNCHEZ COELLO
Isabel Clara Eugenia