O paso do século XV ao XVI foi unha época de grandes cambios; por iso, este momento histórico marca o inicio dunha nova etapa na historia da humanidade, a Idade Moderna.
Presentación sobre o Renacemento, movemento artístico e cultural europeo dos ss. XV e XVI, que impuxo un modo de vida e pensamento que fluíu desde Italia cara a todo o continente.
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
Tema teórico que analiza a revolución agraria e demográfica, as características das revolucións industriais, a aparición do capitalismo e da sociedade de clases e o nacemento do movemento obreiro
Titorial que explica paso a paso como calquera lugar da superficie terrestre pode ser referenciado pola intersección dun paralelo e un meridiano, é dicir, polo sistema de coordenadas xeográficas, un método que referencia calquera punto da superficie terrestre e que utiliza para iso dúas coordenadas angulares, latitude (norte ou sur) e lonxitude (leste ou oeste)
3. 1.- A BUSCA DE NOVAS RUTAS A ORIENTE
CAUSAS DOS DESCUBRIMENTOS
● Na Idade Media, o comercio europeo con Oriente efectuábase a través da ruta da
seda, que percorría o Mediterráneo ata Constantinopla e atravesaba Asia. En 1453,
os turcos conquistaron Constantinopla e obstaculizaron o tránsito por esta ruta.
● A necesidade de atopar novas vías comerciais para acceder aos produtos de
Oriente (especias) impulsou, a partires do XV, unha serie de grandes expedicións
marítimas a través do Atlántico.
● Estas grandes expedicións foron posibles grazas á mellora da cartografía
(portolanos), a novos instrumentos de navegación (temón, compás, astrolabio) e
ao perfeccionamento da carabela, unha nave alta e forte.
● O espíritu aventureiro, a búsqueda de riquezas, xunto co interés en expandir a fe
católica por outros lugares, foron outros dos motivos que posibilitaron o
descubrimento de novas terras.
5. 1.- A BUSCA DE NOVAS RUTAS A ORIENTE
● Os navegantes portugueses seguiron a
ruta do Leste na busca dun paso a Oriente.
Foi fundamental Henrique O Navegante
fundador da Escola Náutica de Sagres . O
proceso foi o seguinte:
– Circunnavegación de África: chegaron
ás illas Azores e Madeira e despois ao
golfo de Guinea (1460), onde
estableceron factorías para obter ouro,
marfil e escravos. Máis adiante,
Bartolomeu Dias chegou ao cabo de
Boa Esperanza (1487).
– Expedición á India: a expedición de
Vasco da Gama alcanzou a India en
1498 e abriu o camiño para novas
expedicións ás illas das Especias (actual
Indonesia).
● Os casteláns seguiron a ruta do oeste, a
través do océano Atlántico, como fixo Colón.
7. ● Cristovo Colón, un mariñeiro xenovés, pensaba que podía chegar a Asia
navegando cara ao Oeste, a través do Atlántico, sen ter que bordear África. Sabía
que a Terra era esférica, pero imaxinaba que o seu diámetro era máis pequeno e
descoñecía a existencia do continente americano entre Europa e Asia.
● Colón presentoulle primeiro o seu proxecto ao rei de Portugal pero foi rexeitado.
Máis tarde, conseguiu dos Reis Católicos autorización e financiación para a
expedición, asinando as Capitulacións de Santa Fe (1492). Nelas establecíase que
as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón recibiría os
títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte
das riquezas que obtivese.
● Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos
(Huelva) a bordo de tres naves: a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas
Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os ventos alisios e o 12 de
outubro de 1492 chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron
Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana).
● Cando Colón e a súa tripulación chegaron ao Novo Mundo, crían ter alcanzado a
costa oriental de Asia, as Indias, termo utilizado desde a Idade Media para
designar Asia. Por iso,denominaron indios aos seus habitantes.
● Colón efectuou tres viaxes máis, nas que percorreu as illas do Caribe e as costas
de América Central. Morreu en 1506, crendo que chegara a Asia.
2.- CRISTOVO COLÓN E O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
10. MAPA IMAXINADO POR COLÓN
O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA DEBEUSE A UN ERRO DE CÁLCULO!!!!!
11. Las cosas suplicadas e que Vuestras Altezas dan e otorgan a don Christóval de Colón, en alguna
satisfacción de lo que ha descubierto en las Mares Océanos y del viage que agora, con el ayuda
de Dios, ha de fazer por ellas en servicio de Vuestras Altezas, son las que se siguen.
1. Primeramente que Vuestras Altezas como sennores que son de las dichas mares Océanas fazen
dende agora al dicho don Christóval Colón su almirante en todas aquellas islas y tierras firmes
que por su mano o industria se descubrirán o ganarán en las dichas Mares Océanas para durante
su vida, y después de él muerto, a sus herederos […].
2. Otrosí, que Vuestras Altezas fazen al dicho Christóval Colón su Visorey e Governador General
en todas las dichas tierras firmes e islas que, como dicho es, él descubriere o ganare […].
3. Item que de todas e qualesquiere mercadurias, siquiere sean las piedras preciosas, oro, plata,
specieria, e otra cualesquiere cosas [...] dentro de los límites de dicho Almirantazgo, que desde
agora Vuestras Altezas fazen merced al dicho don Christóval e quieren que haya e lleve para sí la
dezena parte de todo ello.
Capitulacións de Santa Fe, 17 de abril de 1492
12. 2.- CRISTOVO COLÓN E O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
● Para evitar conflitos con Portugal, os Reis Católicos asinaron o Tratado de Tordesillas (1494):
Este documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo
Verde, que dividía as terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela,
e ao Leste,para Portugal.
13. 3.- OUTROS DESCUBRIMENTOS
● En 1513, Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e
descubriu un novo océano, o Pacífico. Isto confirmou que América era un
novo continente.
● Entre 1519 e 1522 levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A
expedición, dirixida por Fernando de Magalláns, con Juan Sebastián
Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos
Atlántico e Pacífico.
● A volta ao mundo demostrou que a Terra é redonda e que o seu diámetro
é maior do que pensaba Colón.
● O nome de América débese ao navegante italiano Américo Vespucio, que
sostivo que as terras descubertas por Colón pertencían a un novo
continente.
16. 4.- OS POBOS PRECOLOMBINOS
● O continente americano está habitado desde hai máis de 20.000 anos.
Cando Colón chegou a América atopouse con prósperas civilizacións
coñecidas como precolombinas.
● Os pobos precolombinos máis importantes foron:
– Os maias: vivían ao Sur da península do Iucatán e organizábanse en
cidades-Estado. Cultivaban millo, tiñan coñecementos de astroloxía e
matemáticas, e utilizaban unha especie de escritura xeroglífica.
– Os aztecas: desenvolveron un imperio no val de México, con capital en
Tenochtitlán. O emperador concentraba o poder político e relixioso.
Eran guerreiros, vivían da agricultura e do comercio e crearon
importantes cidades. Os seus templos tiñan forma de pirámide en
chanzos.
– Os incas: crearon un imperio nos altiplanos dos Andes, con capital en
Cuzco. O seu emperador era considerado un deus (fillo do Sol) e
recibía o nome de Inca. Eran agricultores, e construíron impresionantes
fortalezas de pedra como o Machu Picchu.
21. 5.- CONQUISTA E COLONIZACIÓN DA AMÉRICA ESPAÑOLA
● A conquista dos territorios americanos foi rápida debido á superioridade militar e
técnica dos conquistadores, ao seu afán de riqueza e ás loitas internas entre os
indíxenas.
– Hernán Cortés chegou a México en 1519 e en pouco tempo ocupou o Imperio
azteca (1521). Desde esa zona partiron expedicións que dominaron a península
do Iucatán e as actuais Guatemala (1523) e Honduras (1524).
– Pizarro conquistou o Imperio inca (1531-1533).
– Núñez Cabeza de Vaca explorou Florida, Texas e California.
– Almagro e Valdivia conquistaron Chile.
– No océano Pacífico, os guipuscoanos Miguel López de Legazpi e Andrés de
Urdaneta conquistaron as illas Filipinas.
● O proceso conquistador foi realizado por particulares que recibían permiso do
rei de Castela.
● Os novos territorios conquistados quedaron incorporados á Coroa de Castela.
Neles introducíronse a cultura, a relixión e as leis castelás. Ademais, chegaron
clérigos para evanxelizar aos indíxenas.
23. 5.- CONQUISTA E COLONIZACIÓN DA AMÉRICA ESPAÑOLA
● O Imperio americano organizouse do
seguinte xeito:
– Fundáronse dous vicerreinados:
Nova España e Perú.
– Instauráronse os cabidos (para
gobernar as cidades) e as
audiencias (para as cuestións
relacionadas coa xustiza).
– Tamén se creou o Consello de
Indias (1524), que lexislaba e
asesoraba ao rei sobre os asuntos
americanos.
24. ● Os novos territorios americanos supuxeron unha importante fonte de ingresos para
Castela, e especialmente para a Coroa, que percibía o 20 % de todas asriquezas e
transaccións comerciais con América (tributo do quinto real).
● A Coroa repartiu terras entre os colonizadores e para cultivalas estableceu o
sistema de encomenda: consistía en asignarlle a un colono (encomendeiro) un
grupo de indíxenas, que eran obrigados a traballar ao seu servizo e pagarlle
tributos,a cambio de recibir instrución relixiosa, protección e alimentos.
● As minas (México e Bolivia) de ouro e prata pertencían á Coroa que cedía a súa
explotación a cambio da quinta parte do mineral extraído. Algúns indíxenas eran
obrigados a traballar nelas mediante un sorteo (mitas).
● A encomenda e mais a mita foron as fórmulas empregadas para a explotación da
man de obra indíxena.
● Dominicos como frei Bartolomé de las Casas, denunciaron a reiterada
explotación dos indios americanos por parte dos colonizadores.
● A Coroa promulgou as Leis das Indias (1542), que prohibiron a escravización dos
indíxenas e os recoñeceu como súbditos directos.
● O intenso comercio con América realizábase en barcos (sistema de flotas e
galeóns), que saían do porto de Sevilla e chegaban aos portos de Veracruz, Nome
de Deus e Cartaxena de Indias.
5.- CONQUISTA E COLONIZACIÓN DA AMÉRICA ESPAÑOLA
28. 6.- A SOCIEDADE DA AMÉRICA ESPAÑOLA
● Aínda que eran unha minoría, o poder político
e económico atopábase en mans dos
colonizadores, que chegaban da Península
para exerceren todo tipo de cargos.
● Os crioulos eran os descendentes dos
colonizadores nacidos en América.
● A maioría da poboación estaba constituída por
amerindios (indíxenas) de diferentes etnias.
● Foron numerosos os mestizos, fillos de
indíxenas e españois.
● Nas zonas onde a man de obra nativa era
escasa, introduciuse poboación negra de África
para que traballasen como escravos.
● Mulatos: fillos de españois e poboación
escrava.
● A colonización tivo graves consecuencias
demográficas para os nativos debido á
ausencia de defensas contra as enfermidades
levadas polos conquistadores e á práctica de
traballos forzosos.
29. Culturais Económicas Sociais e
demográficas
Políticas
Ampliación do
mundo coñecido
Confirmación da
esfericidade da
Terra
Cambios nos
costumes e dietas
alimenticias pola
chegada a Europa
de novos produtos
Inicio da
europeización do
mundo
Expansión do
catolicismo
Incremento do
comercio
Aumento da
produción
artesanal europea
Auxe das cidades e
portos atlánticos
Emigración europea
Mestura de razas
Diminución da
poboación
indíxena
americana polas
guerras, os
traballos forzosos
e as novas
enfermidades
Desaparición da
sociedade e
cultura tradicional
das civilizacións
precolombinas
Traslado forzado de
poboación negra
escrava desde
África cara a
América
Formación dos
imperios coloniais
de España e
Portugal
Rivalidade entre os
reinos europeos
polo control das
terras e rutas
marítimas
7.- CONSECUENCIAS DA CONQUISTA