SlideShare a Scribd company logo
CULTURA E ARTE NA EUROPA FEUDAL.
O CAMIÑO DE SANTIAGO
1.- MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES
 Na Idade Media os mosteiros convertéronse nos únicos lugares nos que quedou recluída a
cultura grazas ao labor dos monxes/as.
 Os primeiros mosteiros xurdiron no século V e no seu desenvolvemento foi
fundamental San Bieito de Nursia, fundador da Regra de San Bieito que organizaba
a vida dos monxes, baseada na oración e no traballo (ora et labora).
 A orde dos bieitos tivo dúas reformas:
 A primeira foi a cluniacense porque xurdiu no mosteiro de Cluny (Francia) no
século X.
 A segunda foi a cisterciense e iniciouse no mosteiro de Cîteaux (Francia) no
século XII, destacando como gran impulsor o monxe San Bernardo de Claraval.
 Foi moi importante o traballo dos copistas e ilustradores de libros, a maioría monxes, que
dedicaban parte da súa xornada diaria a copiar a man (manuscritos) textos relixiosos ou
científicos que despois decoraban os miniaturistas.
 A Escola de tradutores de Toledo foi un destacado centro de copistas e de tradución (árabe
ao latín), e contou co apoio de Alfonso X “o Sabio”.
 A evolución do latín deu como resultado a aparición das linguas romances: galego,
castelán, catalán, italiano ou francés. Nestas novas linguas comezaron a escribirse os
cantares de xesta (Cantar de mio Cid) e poesías que difundían os trobadores.
 No século XIII fúndanse novas ordes monásticas: os franciscanos (san Francisco de Asís) e
os dominicos (san Domingos de Guzmán): estes frades instalaron os seus conventos nas
cidades e dedicaban parte da súa actividade á predicación e á ensinanza, facían voto de
pobreza e vivían das esmolas (ordes mendicantes)
 Nas catedrais instaláronse escolas, as escolas catedralicias, que se converteron no xermolo
das universidades.
 As universidades naceron como agrupacións de estudantes e mestres a partir de escolas xa
existentes ou de nova creación fundadas polo Papa ou os reis. Destacan as de Bolonia,
París, Oxford, Palencia ou Salamanca.
 Cada universidade era autónoma e tiña os seus estatutos onde se fixaba o calendario
escolar, as ensinanzas que se impartían e o tipo de exames.
 As ensinanzas organizábanse en sete tipos de saberes agrupados en dous grupos: o
trivium: Gramática, Dialéctica e Retórica, e o quadrivium: Aritmética, Xeometría,
Astronomía e Música.
 A invención da imprenta de caracteres móbiles polo alemán Gutenberg en 1440 facilitou
enormemente a difusión da cultura.
2.- O CAMIÑO DE SANTIAGO
 O Camiño de Santiago foi, na Idade Media, unha ruta de peregrinación que, desde o
interior de Francia, conducía a Santiago de Compostela.
 Alfonso II de Asturias, ordenou a construción dunha igrexa (futura catedral) no lugar onde,
segundo a tradición, se atopaba a tumba do apóstolo Santiago, que se converteu nun lugar
de culto e peregrinación.
 A partir do descubrimento do sepulcro, coincidindo co inicio da Reconquista cristiá, foise
creando a mítica figura de Santiago matamouros que, montado nun cabalo branco, se
aparecía aos cristiáns para infundirlles ánimo na loita contra os musulmáns.
 A maioría dos peregrinos chegaban a Compostela a través de dúas rutas:
 A vía terrestre principal era o camiño seguido polos peregrinos que, procedentes de
toda Europa, confluían en Puente la Reina (Navarra) para seguir por unha ruta que
atravesaba a Meseta Norte ata chegar a Compostela. A afluencia de franceses fixo
que fose coñecido como Camiño francés ou, simplemente, Camiño de Santiago.
 A vía marítima foi a seguida polos peregrinos nórdicos e ingleses que
desembarcaban na costa galega e camiñaban logo ata Santiago: Camiño inglés.
 O bispo de Compostela, Diego Xelmírez, potenciou as peregrinacións, estendéndose o culto
a Santiago coa concesión do Ano Santo por parte do Papa Calixto II no 1122.
 O Camiño de Santiago actuou como a vía máis importante de penetración de novas ideas
culturais e estéticas, como o Románico que alcanzou o seu máximo expoñente na catedral
compostelá, e orixinou unha intensa actividade comercial e crecemento urbano das
localidades polas que pasaba.
3.- A ESTÉTICA MEDIEVAL: O ROMÁNICO E O GÓTICO
 O Románico foi o estilo dominante en Europa occidental durante os séculos XI e XII,
impulsado polos cluniacenses. Recibe este nome porque presenta algúns elementos
construtivos semellantes aos da arte romana.
 O Gótico naceu na zona de París e espallouse durante os séculos XIII, XIV e XV pola Europa
occidental.
 Tanto o Románico como o Gótico foron estilos ao servizo da relixión católica.
 As diferenzas entre os dous estilos aprécianse na seguinte táboa:
ROMÁNICO GÓTICO
- Dominio do mundo rural: construción de
mosteiros e castelos.
- As artes están relacionadas, case
exclusivamente, coa relixión. Grande
uniformidade nas obras de arte. Escasa
renovación técnica. Os artistas eran
considerados artesáns, non asinaban as obras.
- Mentalidade dominada pola imaxe do Deus-
xuíz, todopoderoso e xusticeiro.
- Esculturas e pinturas que buscan máis o
sentido simbólico e didáctico que a beleza, a
proporción ou o realismo das figuras.
- Predominio da arquitectura.
- Renacer do mundo urbano: catedrais, palacios
e edificios civís.
- Moitos temas relixiosos, pero crecente
interese polos temas profanos. Maior variedade
nas formas. Valoración do artista individual e
investigación de novas técnicas.
- Esténdese a idea de Deus misericordioso e
compasivo. Humanización da figura de Deus e
representación da virxe María.
- Naturalismo e maior realismo dos temas e
figuras.
- Busca da beleza e da proporción.
- Crecente importancia da escultura e da
pintura.
4.- O ROMÁNICO
4.1. A ARQUITECTURA ROMÁNICA
 Os edificios relixiosos máis representativos son as igrexas.
 Plantas: Cruz latina de 1 ou 3 naves e ábsidas. Podían ter deambulatorio.
 Elementos construtivos:
 Muros de pedra, moi grosos con poucos vans. Reforzados no exterior por
contrafortes para soportar o peso das cubertas.
 Arco de medio punto.
 Piares, simples ou compostos, con columnas ou semicolumnas arrimadas.
 Capiteis, lisos ou decorados con motivos vexetais ou animados (historiados).
 Cubertas interiores formadas por bóvedas de canón sobre arcos faixóns. No
exterior tellados a unha ou dúas augas.
 Cruceiro cuberto cun ciborio.
 Domina o sentido de horizontalidade.
 Portada con arquivoltas (arcos que diminúen de tamaño), tímpano, onde se concentra a
decoración escultórica, lintel e xambas.
 Torres flanqueando as portadas, serven de campanarios.
 Claustros: Patio rodeado por una galería de arcos, frecuentes nos mosteiros.
4.2. A ESCULTURA ROMÁNICA
 A escultura románica foi un complemento da arquitectura.
 Materiais: Pedra e madeira. Menos frecuentes o marfil e os metais.
 Colocación espacial: capiteis, tímpanos, arquivoltas, estatuas-columnas.
 Temas representados: temática relixiosa con escenas da Biblia e vida dos santos; a figura
de Cristo ten unha presenza constante.
 Finalidade: ilustrar aos fieis, función didáctica (evanxeo en pedra) e simbólica.
 Tratamento anatómico e dos rostros: figuras ríxidas, frontais, de rostros inexpresivos,
adaptadas ao marco e pouco proporcionadas. Isocefalia: Disposición das cabezas a unha
mesma altura.
4.3. A PINTURA ROMÁNICA
 Técnica: A maioría das pinturas estaban realizadas coa técnica do fresco: sobre unha capa
húmida de cal que se aplica sobre o muro e con cores diluídas en auga de cal. Tamén se
realizaron pinturas sobre táboa.
 Temática de carácter relixioso: vida de Cristo e dos santos, temas bíblicos,...
 Características:
 As figuras están perfiladas con liñas negras e dispostas sobre fondos planos, de
modo que non existe profundidade.
 As cores son planas, sen matices, non hai sombras.
 Dominan as figuras representadas de fronte, ríxidas.
5.- O GÓTICO
5.1. A ARQUITECTURA GÓTICA
 O edificio que mellor representa o gótico é a catedral, símbolo das cidades medievais.
 Planta: a máis utilizada seguiu sendo a de cruz latina, con gran desenvolvemento da
cabeceira.
 Elementos construtivos:
 Muros: altos e esveltos, con grandes vans cubertos con vidreiras de cores. Rosetóns
de forma redondeada. Contrafortes e arcobotantes exteriores, que poden rematar
en pináculos, para reforzar o muro.
 O arco característico é o apuntado ou oxival.
 Piares simples ou compostos, con columnas arrimadas.
 Cubertas interiores formadas por bóvedas de cruzaría.
 Domina a verticalidade do edificio.
 Portada: enmarcada por arquivoltas apuntadas, decoradas como o tímpano. Na parte alta
ábrese o rosetón.
 Torres que enmarcan a fachada, algunhas coroadas por frechas.
5.2. A ESCULTURA GÓTICA
 A escultura foi liberándose do marco da arquitectura.
 Materiais: pedra, madeira e mármore.
 Colocación espacial: a escultura arquitectónica sitúase nos mesmos lugares que no
Románico. Importancia crecente da escultura exenta, de vulto redondo.
 Temas representados: relixiosos, con maior presenza das representacións da Virxe.
Importancia da escultura funeraria (sepulcros).
 Función didáctica.
 Tratamento anatómico e dos rostros: maior perfección nas proporcións do canon, maior
naturalismo e realismo, rostros máis expresivos, aumento do movemento e da
xestualidade, do volume e da calidade técnica da obra. Sentido narrativo das figuras,
comezan a relacionarse entre sí.
5.3. A PINTURA GÓTICA
 Técnica: sobre lenzo e sobre táboa empregouse a nova técnica do óleo que consiste en
mezclar as cores cun aglutinante a base de aceite. A vidreira, formada por fragmentos de
vidros de cores unidos por chumbo, substitúe ao muro.
 Temática: a máis abundante é a relixiosa, pero tamén son frecuentes os temas profanos.
 Características:
 As figuras transmiten sentimentos e móvense nun espazo máis real no que pode
aparecer a paisaxe. Busca da perspectiva para dar profundidade á escena. Efectos
de luz creando claroscuro.
 A obra é asinada polo autor: Destaca Giotto e o Bosco. Luís Dalmau.
 Na técnica do óleo destacou o detallismo e a minuciosidade dos pintores de
Flandres (primitivos flamengos): irmáns Van Eyck, Van der Weyden.

More Related Content

What's hot

A Arte do Barroco
A Arte do BarrocoA Arte do Barroco
A Arte do Barroco
Dudas-Historia
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Agrela Elvixeo
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
Agrela Elvixeo
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
Agrela Elvixeo
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura Románica
Agrela Elvixeo
 
Arquitectura barroca
Arquitectura barrocaArquitectura barroca
Arquitectura barroca
Agrela Elvixeo
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Agrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Dudas-Historia
 
A arte do Renacemento
A arte do RenacementoA arte do Renacemento
A arte do Renacemento
Dudas-Historia
 
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaA arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
Dudas-Historia
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
Agrela Elvixeo
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
Agrela Elvixeo
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románico
Agrela Elvixeo
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Dudas-Historia
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románico
masinisa
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
Dudas-Historia
 
Renacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoRenacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + Quattrocento
Dudas-Historia
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
rubempaul
 
Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
Agrela Elvixeo
 
What's hot (20)

Castro de Viladonga
Castro de ViladongaCastro de Viladonga
Castro de Viladonga
 
Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
 
Viewers also liked

Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanorubempaul
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
rubempaul
 
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosrubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
rubempaul
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
rubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
rubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Tema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terraTema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terrarubempaul
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climarubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
rubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
rubempaul
 
Tema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriaTema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriarubempaul
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
rubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
rubempaul
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
rubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
rubempaul
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terrarubempaul
 
Gótico
GóticoGótico
Gótico
Santiago Dans
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
rubempaul
 
Viewers also liked (20)

Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romano
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Tema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terraTema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terra
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e clima
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Tema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriaTema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoria
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terra
 
Gótico
GóticoGótico
Gótico
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Similar to Cultura e arte na Europa feudal

04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media
roberto
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
Arte románica
Arte románicaArte románica
Arte románica
Tere Nécega Rodriguez
 
3. a época do románico
3. a época do románico3. a época do románico
3. a época do románicosaraiba
 
03c a época do románico
03c a época do románico03c a época do románico
03c a época do románico
roberto
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
Pablo González Paz
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
Pablo González Paz
 
05 c a época do gótico
05 c a época do gótico05 c a época do gótico
05 c a época do góticoroberto
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
quiquehs
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
camposseijo
 
Arte medieval
Arte medievalArte medieval
Arte medieval
Serxio Folgueira Arias
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románicapapoularosa
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Dudas-Historia
 
Similar to Cultura e arte na Europa feudal (20)

04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
Arte románica
Arte románicaArte románica
Arte románica
 
3. a época do románico
3. a época do románico3. a época do románico
3. a época do románico
 
03c a época do románico
03c a época do románico03c a época do románico
03c a época do románico
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
 
05 c a época do gótico
05 c a época do gótico05 c a época do gótico
05 c a época do gótico
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Tema 7 gotico
Tema 7 goticoTema 7 gotico
Tema 7 gotico
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
Arte medieval
Arte medievalArte medieval
Arte medieval
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
rubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
rubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
rubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
rubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
rubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
rubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
rubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
rubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
rubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
rubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
rubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
rubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
rubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
rubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
rubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
rubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
rubempaul
 
More from rubempaul (20)

Cultura e arte na Europa feudal

  • 1. CULTURA E ARTE NA EUROPA FEUDAL. O CAMIÑO DE SANTIAGO 1.- MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES  Na Idade Media os mosteiros convertéronse nos únicos lugares nos que quedou recluída a cultura grazas ao labor dos monxes/as.  Os primeiros mosteiros xurdiron no século V e no seu desenvolvemento foi fundamental San Bieito de Nursia, fundador da Regra de San Bieito que organizaba a vida dos monxes, baseada na oración e no traballo (ora et labora).  A orde dos bieitos tivo dúas reformas:  A primeira foi a cluniacense porque xurdiu no mosteiro de Cluny (Francia) no século X.  A segunda foi a cisterciense e iniciouse no mosteiro de Cîteaux (Francia) no século XII, destacando como gran impulsor o monxe San Bernardo de Claraval.  Foi moi importante o traballo dos copistas e ilustradores de libros, a maioría monxes, que dedicaban parte da súa xornada diaria a copiar a man (manuscritos) textos relixiosos ou científicos que despois decoraban os miniaturistas.  A Escola de tradutores de Toledo foi un destacado centro de copistas e de tradución (árabe ao latín), e contou co apoio de Alfonso X “o Sabio”.  A evolución do latín deu como resultado a aparición das linguas romances: galego, castelán, catalán, italiano ou francés. Nestas novas linguas comezaron a escribirse os cantares de xesta (Cantar de mio Cid) e poesías que difundían os trobadores.  No século XIII fúndanse novas ordes monásticas: os franciscanos (san Francisco de Asís) e os dominicos (san Domingos de Guzmán): estes frades instalaron os seus conventos nas cidades e dedicaban parte da súa actividade á predicación e á ensinanza, facían voto de pobreza e vivían das esmolas (ordes mendicantes)  Nas catedrais instaláronse escolas, as escolas catedralicias, que se converteron no xermolo das universidades.  As universidades naceron como agrupacións de estudantes e mestres a partir de escolas xa existentes ou de nova creación fundadas polo Papa ou os reis. Destacan as de Bolonia, París, Oxford, Palencia ou Salamanca.  Cada universidade era autónoma e tiña os seus estatutos onde se fixaba o calendario escolar, as ensinanzas que se impartían e o tipo de exames.  As ensinanzas organizábanse en sete tipos de saberes agrupados en dous grupos: o trivium: Gramática, Dialéctica e Retórica, e o quadrivium: Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música.  A invención da imprenta de caracteres móbiles polo alemán Gutenberg en 1440 facilitou enormemente a difusión da cultura.
  • 2. 2.- O CAMIÑO DE SANTIAGO  O Camiño de Santiago foi, na Idade Media, unha ruta de peregrinación que, desde o interior de Francia, conducía a Santiago de Compostela.  Alfonso II de Asturias, ordenou a construción dunha igrexa (futura catedral) no lugar onde, segundo a tradición, se atopaba a tumba do apóstolo Santiago, que se converteu nun lugar de culto e peregrinación.  A partir do descubrimento do sepulcro, coincidindo co inicio da Reconquista cristiá, foise creando a mítica figura de Santiago matamouros que, montado nun cabalo branco, se aparecía aos cristiáns para infundirlles ánimo na loita contra os musulmáns.  A maioría dos peregrinos chegaban a Compostela a través de dúas rutas:  A vía terrestre principal era o camiño seguido polos peregrinos que, procedentes de toda Europa, confluían en Puente la Reina (Navarra) para seguir por unha ruta que atravesaba a Meseta Norte ata chegar a Compostela. A afluencia de franceses fixo que fose coñecido como Camiño francés ou, simplemente, Camiño de Santiago.  A vía marítima foi a seguida polos peregrinos nórdicos e ingleses que desembarcaban na costa galega e camiñaban logo ata Santiago: Camiño inglés.  O bispo de Compostela, Diego Xelmírez, potenciou as peregrinacións, estendéndose o culto a Santiago coa concesión do Ano Santo por parte do Papa Calixto II no 1122.  O Camiño de Santiago actuou como a vía máis importante de penetración de novas ideas culturais e estéticas, como o Románico que alcanzou o seu máximo expoñente na catedral compostelá, e orixinou unha intensa actividade comercial e crecemento urbano das localidades polas que pasaba. 3.- A ESTÉTICA MEDIEVAL: O ROMÁNICO E O GÓTICO  O Románico foi o estilo dominante en Europa occidental durante os séculos XI e XII, impulsado polos cluniacenses. Recibe este nome porque presenta algúns elementos construtivos semellantes aos da arte romana.  O Gótico naceu na zona de París e espallouse durante os séculos XIII, XIV e XV pola Europa occidental.  Tanto o Románico como o Gótico foron estilos ao servizo da relixión católica.  As diferenzas entre os dous estilos aprécianse na seguinte táboa: ROMÁNICO GÓTICO - Dominio do mundo rural: construción de mosteiros e castelos. - As artes están relacionadas, case exclusivamente, coa relixión. Grande uniformidade nas obras de arte. Escasa renovación técnica. Os artistas eran considerados artesáns, non asinaban as obras. - Mentalidade dominada pola imaxe do Deus- xuíz, todopoderoso e xusticeiro. - Esculturas e pinturas que buscan máis o sentido simbólico e didáctico que a beleza, a proporción ou o realismo das figuras. - Predominio da arquitectura. - Renacer do mundo urbano: catedrais, palacios e edificios civís. - Moitos temas relixiosos, pero crecente interese polos temas profanos. Maior variedade nas formas. Valoración do artista individual e investigación de novas técnicas. - Esténdese a idea de Deus misericordioso e compasivo. Humanización da figura de Deus e representación da virxe María. - Naturalismo e maior realismo dos temas e figuras. - Busca da beleza e da proporción. - Crecente importancia da escultura e da pintura.
  • 3. 4.- O ROMÁNICO 4.1. A ARQUITECTURA ROMÁNICA  Os edificios relixiosos máis representativos son as igrexas.  Plantas: Cruz latina de 1 ou 3 naves e ábsidas. Podían ter deambulatorio.  Elementos construtivos:  Muros de pedra, moi grosos con poucos vans. Reforzados no exterior por contrafortes para soportar o peso das cubertas.  Arco de medio punto.  Piares, simples ou compostos, con columnas ou semicolumnas arrimadas.  Capiteis, lisos ou decorados con motivos vexetais ou animados (historiados).  Cubertas interiores formadas por bóvedas de canón sobre arcos faixóns. No exterior tellados a unha ou dúas augas.  Cruceiro cuberto cun ciborio.  Domina o sentido de horizontalidade.  Portada con arquivoltas (arcos que diminúen de tamaño), tímpano, onde se concentra a decoración escultórica, lintel e xambas.  Torres flanqueando as portadas, serven de campanarios.  Claustros: Patio rodeado por una galería de arcos, frecuentes nos mosteiros. 4.2. A ESCULTURA ROMÁNICA  A escultura románica foi un complemento da arquitectura.  Materiais: Pedra e madeira. Menos frecuentes o marfil e os metais.  Colocación espacial: capiteis, tímpanos, arquivoltas, estatuas-columnas.  Temas representados: temática relixiosa con escenas da Biblia e vida dos santos; a figura de Cristo ten unha presenza constante.  Finalidade: ilustrar aos fieis, función didáctica (evanxeo en pedra) e simbólica.  Tratamento anatómico e dos rostros: figuras ríxidas, frontais, de rostros inexpresivos, adaptadas ao marco e pouco proporcionadas. Isocefalia: Disposición das cabezas a unha mesma altura. 4.3. A PINTURA ROMÁNICA  Técnica: A maioría das pinturas estaban realizadas coa técnica do fresco: sobre unha capa húmida de cal que se aplica sobre o muro e con cores diluídas en auga de cal. Tamén se realizaron pinturas sobre táboa.  Temática de carácter relixioso: vida de Cristo e dos santos, temas bíblicos,...  Características:  As figuras están perfiladas con liñas negras e dispostas sobre fondos planos, de modo que non existe profundidade.  As cores son planas, sen matices, non hai sombras.  Dominan as figuras representadas de fronte, ríxidas.
  • 4. 5.- O GÓTICO 5.1. A ARQUITECTURA GÓTICA  O edificio que mellor representa o gótico é a catedral, símbolo das cidades medievais.  Planta: a máis utilizada seguiu sendo a de cruz latina, con gran desenvolvemento da cabeceira.  Elementos construtivos:  Muros: altos e esveltos, con grandes vans cubertos con vidreiras de cores. Rosetóns de forma redondeada. Contrafortes e arcobotantes exteriores, que poden rematar en pináculos, para reforzar o muro.  O arco característico é o apuntado ou oxival.  Piares simples ou compostos, con columnas arrimadas.  Cubertas interiores formadas por bóvedas de cruzaría.  Domina a verticalidade do edificio.  Portada: enmarcada por arquivoltas apuntadas, decoradas como o tímpano. Na parte alta ábrese o rosetón.  Torres que enmarcan a fachada, algunhas coroadas por frechas. 5.2. A ESCULTURA GÓTICA  A escultura foi liberándose do marco da arquitectura.  Materiais: pedra, madeira e mármore.  Colocación espacial: a escultura arquitectónica sitúase nos mesmos lugares que no Románico. Importancia crecente da escultura exenta, de vulto redondo.  Temas representados: relixiosos, con maior presenza das representacións da Virxe. Importancia da escultura funeraria (sepulcros).  Función didáctica.  Tratamento anatómico e dos rostros: maior perfección nas proporcións do canon, maior naturalismo e realismo, rostros máis expresivos, aumento do movemento e da xestualidade, do volume e da calidade técnica da obra. Sentido narrativo das figuras, comezan a relacionarse entre sí. 5.3. A PINTURA GÓTICA  Técnica: sobre lenzo e sobre táboa empregouse a nova técnica do óleo que consiste en mezclar as cores cun aglutinante a base de aceite. A vidreira, formada por fragmentos de vidros de cores unidos por chumbo, substitúe ao muro.  Temática: a máis abundante é a relixiosa, pero tamén son frecuentes os temas profanos.  Características:  As figuras transmiten sentimentos e móvense nun espazo máis real no que pode aparecer a paisaxe. Busca da perspectiva para dar profundidade á escena. Efectos de luz creando claroscuro.  A obra é asinada polo autor: Destaca Giotto e o Bosco. Luís Dalmau.  Na técnica do óleo destacou o detallismo e a minuciosidade dos pintores de Flandres (primitivos flamengos): irmáns Van Eyck, Van der Weyden.