SlideShare a Scribd company logo
O SON
REBULDEIRO
onte
oas
nº 35
EDICIÓN
Ana Martínez
COORDINACIÓN
Equipo de Dinamización
da Lingua Galega
PROMOVE
DIRECCIÓN TÉCNICA
Anxos Fuciños
ÍNDICE
Editorial
Mural Reino de Galicia
Cultura en galego
Ciencia en galego
Eu quero galego
Na nosa cabeza
25 N
Día da Muller 8 M
No noso Moas
Telón de Aquiles
Orla de 2º de BAC
Moas dixital
Entrevista Xoan Curiel
Día de Rosalía
Día do libro
Lecturas creativas
Letras Galegas
Día da muller e a nena na Ciencia
Videoconferencia Mónica Cartelle
O Mes da Ciencia
A primeira vez
Actividades
Encontro literario
Textos creativos
Postais Nadal
Saber e Gañar
Diversidade
Aquí tamén se fala
Mitoloxía e Mito na Literatura
Lusofonía
Músicas en Galego
Roteiro
Visitas
Entroido
2
3
6
16
20
29
42
43
46
52
54
55
1
EDITORIAL
É difícil pensar na biblioteca do IES Monte das Moas como un espazo luminoso tendo
en conta que está medio soterrada, mais (garántovos que) non hai no centro un sitio que
desprenda máis brillo e dedicación.
No século XXI unha biblioteca xa non é un almacén de libros, pero alá polo ano 2012
a biblio era como un pozo húmido e rancio no que alguén esquecera centos de libros,
catálogos, enciclopedias e revistas inaccesibles e fedorentas por anos de desuso.
Non foi doado, pero en poucos anos e cun equipo de mans voluntarias:
profesorado, conserxes, equipo directivo e algunha que outra alma caritativa, abríronse as
ventás e entrou un aire reparador que converteu aquela cova nun espazo para aprender,
compartir e para o lecer.
A nosa biblioteca, pequerrecha e ateigada, é o verdadeiro motor da escola, un
lugar de estudo, de investigación, de auto formación, de lectura e, por suposto, de
encontros.
Dos tímidos concursos e exhibicións cos que se empezou a dinamizar e, pasando
pola consolidación do club de lectura, a creación dos blogs e doutros espazos de difusión,
chegaron as visitas de autores, o voluntariado, a feira de libros de 2ª man, o grupo DADO
no que se compartiron experiencias e lecturas con outros centros da cidade, os proxectos
multidisciplinares como o Mapa do Barrio, a Rotulación das aulas, as Grandes Exploracións,
as conmemoracións como a tan celebrada cita co Día da Muller, a creación de materiais
gráficos: boletíns, carteis, campañas de fomento de lectura... nin en plena pandemia se
pecharon as portas.
Cada concurso, celebración e outras andainas culturais que se ven no instituto
parten ou forman parte desas mentes “enfermas” do Equipo da biblioteca e do Equipo de
Dinamización da Lingua Galega, e de todo aquel alumnado rebuldeiro intelectual que se
achega para formar parte de algo especial e inesquecible.
Se de algo vos tendes que sentir orgullosos é dese pequeno espazo verde que tende
pontes e produce luz. Que siga así por moitos anos!
ABIBLIOTECAEOEDLG
Unespazodeluz
Noemí Puga Vidal
Xuño 2024
MURAL REINO DE GALICIA
3
-A que idade tiveches claro que querías vivir da música?
Penso que o tiven claro aos 22 ou 23 anos. Antes era un soño, pero a esa idade comezou
a coller forma a idea.
-Antes diso que querías ser?
Antes diso quixen ser actor, porque estou formado como actor e bailarín, entón esa era a
miña idea, actor de musicais ou de teatro e danza.
-Gustaríache vivir da música toda a vida?
Agora mesmo é a miña idea, pero se chegase o momento no que isto fose imposible
podería facer outro traballo porque son unha persoa á que lle gustan moitas cousas.
Gústame o teatro e a dirección e penso que podería gañarme a vida así no mundo das
artes.
-Cales foron as túas principais referencias?
No mundo da música teño moitas influencias da música popular brasileira e da figura do
cantautor. No mundo do teatro os meus mestres.
-Cal foi o peor e o mellor momento que viviches como artista?
Os mellores momentos foron os de conexión co público ou cando alguén comenta que
hai algunha canción miña que lle fai sentir cousas. Os peores momentos foron sobre todo
nas primeiras actuacións que tiven, onde o lugar non era o máis adecuado para a miña
música, como, por exemplo, tocar bossa-nova nun local punk.
-Cres que coa chegada das novas plataformas desaparecerá a música en directo?
Creo que non porque o dixital pode dar a volta e o seguinte paso será a realidade de
novo, porque hai algo da propia experiencia humana que non se pode transmitir de
maneira dixital.
-Como é a ocorrencia da composición dunha obra? Ocórreseche un tema e despois
desenvólvelo ou pensas nun tema no que inspirar a túa obra?
Eu fago das dúas maneiras. Teño feito obras por encarga como “Canta miña pedra
canta”, homenaxe a Antonio Fraguas. Foi encargada pola editorial Galaxia e puxen
música ao cancioneiro de Cotobade, paseino moi ben no traballo pero non había parte
de creatividade. Pero noutros discos teño sido moi intuitivo á hora de crear o proxecto e
podo facer o que me pida o corpo, como en Magnético Zen. Depende do momento vital
xúntaste cuns músicos ou con outros e saen cousas máis experimentais. A maneira de
facer de cada disco ten que ver co momento no que me atope.
AXOÁNCURIEL
Paula Rodeiro Iglesias
1º Bach C
ENTREVISTA
CONCERTO
5
CULTURA
EN
GALEGO
Alma Carneiro Meda
1º Bach B
Andrea Abeledo
3º ESO E
Sofía Calderón Iglesias
1º Bach B
Iago Martín Gay
1º Bach A
Daniela Molina Guerra
1º Bach A
Carla Souto Duro
1º Bach B
DÍA de ROSALÍA
7
Ulf de Jacobusland. Os viquingos
en Galicia
de Alberto Varela Ferreiro,
Hugo Vázquez Pedreira (1º Bach B)
Mulleres na química
de Sergio Menargues,
Emma Buján Mouriño (1º Bach A)
Mulleres na química
de Sergio Menargues,
Ana Chans Fernández (1º Bach B)
O señor das moscas
de William Golding,
Gabriela López Iglesias (1º Bach A)
A Esmorga
de Eduardo Blanco Amor,
Álex Atán Salanova (1º Bach A)
Mitos e lendas da vella Grecia
de Anisia Miranda,
Carla García Soto (1º Bach A)
O cemiterio de barcos
de Francisco Castro,
Noa González Uzal (1º Bach B)
O cemiterio de barcos
de Francisco Castro,
Sabela Martín Lalinde (1º Bach A)
Lectura dramatizada de poemas
de De catro a catro
de Manuel Antonio,
Álex Atán Salanova (1º Bach A)
Os corpos invisibles
de Emma Pedreira,
Daniela Pita Naveira (1º Bach C)
A memoria da choiva
de Pedro Feijoo,
Sofía Rey Mirás (1º Bach A)
A memoria da choiva
de Pedro Feijoo,
Verónica Longueira Rouco (1º Bach A)
Santoamaro
de Antonio M. Fraga,
Alba Neira Moroño (1º Bach B)
BOOKTRAILER
DÍA do LIBRO
O medio mariño
de Carla García Costa (1º Bach B)
Un elefante na sala de estar
de Antía Yáñez,
Lucero Gutiérrez Rosas (1º Bach B)
Aire Negro
de Agustín Fernández Paz,
Verónica Longueira Rouco (1º Bach A)
Os lobos de Moeche
de Manel Cráneo,
Hugo Vázquez Pedreira (1º Bach B)
O señor Ibrahim e as flores do Corán
de Eric- Emmanuel Smith,
Héctor Pérez Fuciños (1º Bach A)
A ira dos mansos
de Manuel Esteban,
Alba Neira Moroño (1º Bach B)
Tes ata as dez
de Francisco Castro,
Valentina Rossel Paredes (1º Bach B)
Infamia
de Ledicia Costas,
Andrea Souto Pico (1º Bach A)
Fahrenheit 451
de Ray Bradbury,
Gabriela López Iglesias (1º Bach A)
Matria (Film)
de Álvaro Gago,
Sofía Calderón Iglesias e
Carla Souto Duro (1º Bach B)
BOOKTRAILER
DÍA do LIBRO
9
que a resposta dos anciáns non fora a máis adecuada, poderiamos empatizar coa súa situación e a súa
debilidade para ter que afrontar eses sucesos día a día.
Como opinión persoal, gustaríame recalcar a profundidade dos temas que posúe o agrumento e a
maneira na que reflexionas acerca deles, pois isto ocasiona unha gran importancia nos problemas que
ocorren no mundo e na forma na que nos afectan. Á parte, é unha obra sinxela de ler e entender e é moi
curta. O autor en todo momento soubo manexar o tema e o léxico; o único dilema que observei foi a
diversa cantidade de nomes que xorden durante a historia, xa que nalgúns momentos perdíame co
personaxe e debía retroceder a lectura, pero exceptuando isto é un libro estupendo para ler a calquera
idade.
¿A qué altura está o ceo?
de Jorge Mira,
Emma Buján Mourinho (1º Bach A)
Ollos de auga
de Domingo Villar,
Iria Tosar Porto (1º Bach C)
Carla Souto Duro (1º Bach B)
Presas fáciles é un cómic escrito por Miguelanxo Prado en 2016 que trata da
vinganza protagonizada por un grupo de anciáns cara os traballadores de
diferentes bancos de cartos que, tendo en conta os problemas da maior
idade, aproveitan para apoderarse dos ingresos dos vellos, provocando ao
comezo do libro o suicidio dunha parella de vellos, Pilar e Pablo, o que causa
as diversas mortes por envelenamento de persoas relacionadas co banco.
Estes asasinatos están ambientados en lugares da Coruña, como o Obelisco,
a Torre de Hércules ou María Pita. Nesta historia destaca o duro traballo dos
investigadores Sotillo e Olga, quen levaron o caso ata o final prestando gran
atención a cada unha das mortes e dos sospeitosos.
Esta obra trata algúns temas socioeconómicos que podemos relacionar coa
realidade actual, como a crise económica, os preferentes… Nestas situa-
cións, podemos observar como os máis poderosos, é dicir, os bancos, apro-
véitanse (como mencionei anteriormente) dos máis débiles. Ademais, aínda
LECTURAS CREATIVAS
Elisa Blanco Rodríguez (1º Bach B)
Xoguetes para un tempo prohibido é unha obra de Carlos Casares que
conta a historia de Elías, un neno con ilusións e soños en finais do século XX.
O espazo desta novela transcorre nunha Compostela durante os anos da
Posguerra. Esta obra foi publicada pola editorial Galaxia no 1975. Tivo
moita repercusión no seu lanzamento e gañou numerosos premios (Premio
Galaxia de Novela e Premio de la Crítica española). E hoxe en día, conta
con dez edicións na Editorial Galaxia.
Carlos Casares escribe este libro dunha forma moi peculiar, xa que, aínda
que os medios a cataloguen coma unha novela, tanto a distribución
coma a extensión non son propias dunha novela como tal. O autor conta
o transcurso da vida do noso protagonista a través de parágrafos de forma
sucesiva. Non ten capítulos.
Esta novela está escrita nun galego algo complexo en certas partes para
a xente da nosa idade. De todas formas, contén frases que dan que
pensar. Coma por exemplo: “Raramente o amor de onte se volve a
chamar cos mesmos nomes”.
Carlos Casares escribe este libro en segunda persoa e fala sobre o paso da
xuventude á idade adulta. É certo que a obra se centra máis na época de instituto do protagonista con-
tando as relacións que tivo, as festas... E todas esas cousas que ten a adolescencia. Pero tamén se fai
saber o baleiro que ten o personaxe principal a través de certas frases como, por exemplo, a seguinte: “A
aquela altura, ¿a quen lle interesaba a fuga aberta do teu discurso roto?”
Nese momento, Elías desfógase cunha reflexión sobre os seus pensamentos. E, a pregunta retórica dese
fragmento, quero dicir que me encantou.
Eu, sempre que leo, rematan namorándome todas as oracións cun trasfondo complicado para o perso-
naxe, dado que son as máis duras e mesmo por iso as que máis fan a sentir ao lector.
Volvendo ao libro, quero informarvos de que é un libro curto: conta con 113 páxinas. A medida que trans-
corre a historia, ao mesmo tempo que o protagonista crece e evoluciona, o vocabulario vaise compli-
cando un pouco. E ademais de tratar en primeiro lugar a historia de Elías, o autor tamén fai referencia a
varios autores (esta información inclúese ao final do libro).
E para rematar, cómpre dicir que aínda que teña un vocabulario distinto ao actual debido a época na
que está escrito. Se che gustan as reflexións e ler un libro co que te poidas sentir identificado, dálle unha
oportunidade a este libro curto de Carlos Casares.
LECTURAS CREATIVAS
11
Ulf de Jacobusland. Os viquingos en Galicia
de Alberto Varela Ferreiro,
Rubén Corredoira Mahía (1º Bach A)
Os lobos de Moeche
de Manel Cráneo,
Rubén Corredoira Mahía (1º Bach A)
Duarte Freijo Fernández (1º Bach A)
Como traballo sobre a lectura vou facer unha comparación entre o libro e
a película inspirada nel, xunto cunha pequena valoración persoal.
Para comezar, paga a pena comentar que pasar unha historia de papel á
televisión é unha tarefa moi difícil, por riba de todo neste caso, xa que hai
que converter unha novela dunhas cincocentas páxinas nunha película de
hora e media, polo que hai que omitir moitos detalles.
Como xa dixen, non é unha tarefa sinxela, pero desde o meu punto de vista
neste caso conséguese moi ben. A historia principal mantense á perfección,
os que si se omiten ou varían son algúns detalles, como a non mención de
Alba (a ex parella de Leo Caldas), ou a variación da data do afundimento
do Xurelo (no libro é o 1996, na película o 2001; imaxino que sería para
manter proporcional a distancia coa actualidade, xa que o libro publicouse
en 2009 e a película en 2015).
En canto aos actores da película penso que están moi ben escollidos, a súa
aparencia é similar a como os podes imaxinar mentres que les o libro, así
como a súa actuación é bastante similar ao comportamento que estes teñen no libro.
Un punto en contra da adaptación cinematográfica é que me pareceu que tiña un ritmo demasiado
rápido. Tendo lido o libro antes de vela si que se pode entender ben, pero pode ser que sen telo lido custe
máis captar a historia.
Paréceme importante destacar que aínda que a película estea rodada en castelán, imaxino que para
poder chegar máis aló de Galicia, se manteña o uso do galego cando personaxes secundarias falan en
galego entre eles, como por exemplo en Panxón (na lonxa) ou en Aguiño (na farmacia).
O feito de que estes personaxes cambien ao castelán ao falar con Caldas pódese interpretar como unha
crítica a que en grandes cidades, coma Vigo neste caso, se fale menos galego.
Para terminar, como xa dixen, paréceme que a adaptación do libro á película está moi lograda en xeral.
Recomendo totalmente ambos os dous.
LECTURAS CREATIVAS
Asterix
de Alberto Varela Ferreiro,
Héctor Pérez Fuciños (1º Bach A)
Os corpos dos Romanov
de Alberto Ramos,
Astrid Danielas Molina Guerra (1º Bach A)
Manuel Luis López Vázquez (1º Bach B)
O libro do que vou falar é O Bichero. O autor de libro/deseñador é
Luis Davila Malvido nacido en Pontevedra en 1972 pero criado en
Bueu. É un deseñador gráfico, pintor e viñetista galego do que
destaca o seu traballo O Bichero para Faro de Vigo. Ademais ten
outros traballos como Fotomatón.
O seu traballo está influenciado por Quino, un humorista gráfico. Luis
Davila formouse na Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picas-
so da Coruña. Fixo os espectáculos Menú do día e Menú de noite.
Recibiu varios premios debido ao seu traballo. O último foi en 2023 o
premio Trasalba.
A continuación imos desglosar a obra máis importante deste debu-
xante pontevedrés: O Bichero.Esta composición divídese en función
dos temas aos que fai mención con moita retranca e acompañado
das viñetas en cor que completan a visión do autor.
Nesta obra os temas a tratar son: "Política", "Xente de aquí" e "Un pouco de todo". En canto ás personaxes
empregadas, o autor non fai distincións utilizando tanto xente da vila, xente urbanita, nenos, maiores e
ata ``fodechinchos´´.
Todas as viñetas están escritas en galego e empregan nalgunhas o uso da gheada o que supón un empu-
rrón do galego nos medios escritos e xa conta con recoñecemento polo labor de espallar o coñecemen-
to das súas viñetas.
En conclusión, a miña opinión sobre o libro é que non está nada mal, aprendín moito vocabulario novo
do galego que nunca escoitara, e rinme moito vendo as viñetas, é un libro entretido e moi bo para pasar
o tempo.
LECTURAS CREATIVAS
13
LETRAS GALEGAS
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e
finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista
galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, tradución e articulismo.
E a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024. A RAG destaca
dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes
figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros
90", esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por
Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas,
María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González
González e a xa mencionada Ana Romaní.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e
palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común, A Nosa
Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín
Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página abierta.
Finou prematuramente, o 6 de marzo de 2004, por unha meninxite, aos 46 anos de
idade. Os seus restos mortais descansan no cemiterio de Santo Amaro da cidade
herculina. Ao rematar a cerimonia relixiosa un nutrido grupo de escritores e poetas de toda
Galicia como Manuel María ou Manuel Rivas despedírona nun acto laico con poemas e
música de violín, ao acto tamén acudiron políticos como Xosé Manuel Beiras e Anxo
Quintana.
En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro
para a Investigación en Humanidades
(Fonte: Wikipedia en galego)
LUISAVILLALTA
2024
15
CIENCIA
EN
GALEGO
DÍA da MULLER e da NENA na CIENCIA
17
Nesta charla a Doutora Mónica Cartelle Gestal fala da súa traxectoria como
investigadora e dos traballos que realizou ao longo da súa vida profesional.
Mónica estudou nun instituto coruñés, e desde os 12 xa sabía o que ela quería
ser,científica. Sempre o tivo moi claro e non dubidou á hora de ir á universidade. Cursou a
carreira de Bioloxía na Universidade da Coruña, pero ao rematar non atopou traballo.
Grazas á súa nai comezou a traballar no CHUAC analizando e preparando mostras
de urina. Mónica estaba moi entusiasmada por esa oportunidade, mais ela quería
traballar co VIH. Máis adiante comezou a traballar no hospital nun proxecto do xenoma
humano.
Realizou máis traballos no hospital ata que conseguiu unha bolsa para ir a
Nottingham.No Reino Unido traballou en proxectos sobre a comunicación entre bacterias
e centrouse especificamente na Pseudomonas aeruginosa e como podían empregarse
en terapias.
Pasado un tempo marchou a Ecuador para centrarse nos seus intereses, onde
traballou como profesora en Riobamba e Quito. Centrouse na resistencia antimicrobiana,
e ao mesmo tempo deu clases na universidade e viaxou ao longo de Ecuador divulgando
ciencia. Pero decidiu pasado un tempo que se trasladaría aos Estados Unidos para
centrarse no que ela quería, como frear a resistencia antimicrobiana.
A día de hoxe Mónica traballa como profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na
Universidade de Luisiana, realizando proxectos no laboratorio sobre os microorganismos e
a súa resistencia aos antibióticos.
VIDEOCONFERENCIA
Sofía Rey Mirás
1º Bach A
MÓNICA CARTELLE
Videoconferencia de
Javier de Toro
1º Bach A
Andrea Souto Pico
1º Bach A
Rubén Corredoira Mahía
1º Bach A
CONCERTO
19
Departamento de Educación Plástica e Visual
Alumnado de 3º ESO
21
SOBREACAMPAÑA“AQUÍTAMÉNSEFALA”
Para este traballo eu puxen o cartel na CARPINTARÍA PEDRO FRANCO do meu barrio. A experiencia foi bastante
boa, foron moi amables, puxéronno sen problema e sacáronse a foto sen queixa.
Este local é un dos que coñezo dende pequena, e o que asocio co galego xa que sempre que vou falamos
nese idioma. É certo que agora se escoita un pouco menos a lingua, eu nótoo especialmente nos meus irmáns
pequenos, xa que, aínda que eu acostumo a falarlles no idioma para que o aprendan, son moitos os nenos da
súa idade (7-10 anos) que non o entenden ou non o saben falar.
Penso que é un deber dos pais como galegos ensinar a súa propia lingua aos seus fillos, e esta idea dos carteis
paréceme unha iniciativa xenial para eliminar os prexuízos que ten a xente sobre que na Coruña non se fala o
galego. Eu dende o punto de vista persoal teño claro que é un deber non deixar que se perda a nosa esencia
como galegos (a lingua), e podémolo conseguir falando día a día o noso idioma, ben sexa na rúa, na casa,
na compra, … Eu tamén falo galego.
Ana Polanco Ramos (1º Bach B)
Para este proxecto coloquei o cartel no RINCÓN DE SARA unha tenda do meu barrio onde habitualmente se fala
galego.
É verdade que noutros locais ás veces non o empregan, mais teñen boa competencia no idioma e se ti
empezas falando eles responden en galego. Que na Coruña non se fala galego é totalmente un prexuízo aínda
que moitos rapaces están perdendo a fala galega, existimos unha meirande parte que somos capaces de
entender e falar o idioma.
Sofía Calderón Iglesias (1º Bach B)
Conseguín que nunha óptica que hai preto da parada dos Castros (ÓPTICA VISIÓN)
quixese poñer o cartel de “Aquí tamén se fala galego”. O dono, moi boa xente,
díxome que intentaría falar o máximo posible en galego aínda que lle custa.
Uxía Iglesias González (1º Bach C)
A dona da tenda ENXEITOS quedou encantada co proxecto e díxome que era moi bo que os institutos
promovesen o uso do galego para que non se perdera.
Persoalmente, penso que se nos establecementos nos recibisen falando galego, moitos o falariamos moito
máis, sería mais fluído e evitariamos moitas situacións nas que xente da nosa propia cidade di que non nos
entende se falamos en galego ou que o galego é unha lingua de vellos.
Mencía Bergondo García (1º Bach A)
É a perruquería IRENE REGUEIRO de debaixo da miña casa, a rapaza é de Paiosaco
e é galegofalante dende que é unha cativa.
Cando lle ofrecín a idea, estivo encantada de colaborar na causa e pareceulle moi
boa idea.
Daniela Pita Naveira (1º Bach C)
As mulleres que traballan na tenda veterinaria NUTRIFARMA adoitan falar castelán,
mais calquera galego falante será benvido e contestaráselle na mesma lingua, xa
que o galego é a nosa lingua e merece o mesmo respecto ca calquera outra.
Carmela Archilla Fragueiro (1º Bach B)
O galego non é unha lingua morta no barrio. Cando vas pola rúa escoitas xente falar
galego.
Téndese a pensar que na cidade se perde o galego, e sobre todo na xuventude.
Podo dar fe de que non. Teño veciños galegofalantes con fillos galegofalantes. O
meu pai é galegofalante. Hai moitos establecementos nos que te atenden en galego,
temos bares e restaurantes que teñen a carta en galego.
A miña familia leva moito tempo indo ao RESTAURANTE E CAFETARÍA JAVIMAR e non
teñen problema en atendernos en galego, pois a miña familia é o que fala. Cando
fomos co cartel non tiveron ningún problema en colgalo e respondernos en galego.
Entón, podo concluír que aquí, no Castrillón, tamén se fala galego.
Lucía Parga Verdía (1º Bach B)
REFLEXIÓNS DO ALUMNADO
23
Se nos trasladamos ó mundo antigo é moi difícil entender o que era un mito, polo uso e abuso que se
fixo do termo “mito” na linguaxe común. Hoxe fálase, por exemplo, de que a “informática se converteu nun
dos mitos do home moderno”. Isto nada ten que ver, por exemplo, co mito de Prometeo.
A palabra grega μύθος vén ser algo así como “relato”. Esta é a característica fundamental do mito,
a de ser relato, algo que se conta. Pero, coidado, é distinto facer un relato de algo que fixeches onte a
facelo sobre a orixe do mundo, moito máis serio e profundo. Este é o tipo de relato ó que está destinado o
mito. Non os relatos que son efémeros, que pronto se esquecen, senón os que se repiten unha e otra vez e se
transmiten durante anos ou durante séculos. Son historias que para os membros dunha comunidade son
unha sabedoría, unha maneira de entender o mundo.
O que se conta nun mito é algo concreto. Polo xeral, un conflito protagonizado por personaxes
determinados. Pero, repito, o que se trata neles (loitas polo poder, conflitos familiares etc) é digno de ser
recordado e transmitido por unha comunidade ben porque explican o mundo, porque ilustran os costumes
do grupo, ou ben porque dan modelos de conduta etc.
Os antigos supoñen que os mitos ocorreron na orixe dos tempos. Sucederon noutro tempo mítico,
antes do noso e diferente. Un pouco parecido ó tempo dos contos, ese “érase unha vez”, que nunca
sabemos onde situar no transcurso dos séculos, pero que é un tempo diferente no que as fadas, as bruxas, os
ogros faladeiros campaban coas persoas.
Suponse, daquela, que estas historias serven de modelo e que cando algo nos pasa, pásanos “igual
que tal ou cal personaxe mítico.
Ó converterse nun elemento de referencia básico, o mito ´pasa a formar parte da cultura colectiva.
O mesmo ocorre cos refráns ou as crenzas relixiosas, son elementos que se supoñen coñecidos pola xente.
Quen usa o mito sabe moi ben que conta coa complicidade do público, que sabe de antemán de qué vai
ese mito. Por exemplo en Edipo rey do tráxico Sofocles, o público xa coñece o relato. Isto permite ó poeta
non ter que contalos enteiros.
O mito é unha canteira inesgotable tanto na literatura como nas artes plásticas xa que permite
establecer co público un primeiro vencellamento, un terreo de xogo coñecido, un marco de referencia que
pode recrear, negar ou variar. Permite que a historia se entenda mellor xa que é concreta con personaxes
concretos que teñen un nome. Son imaxes individuais e case visuais. Aínda que o mito poida ser un modo de
explicación da realidade, esta nunca será racional, senón emocional.
Hai que ter en conta algo fundamental no mito antigo. Non se pode considerar que o mito teña
sempre un fondo fixo e inalterable. Unha cousa é historia que trata de reconstruír acontecementos reais, que
ocorreron algunha vez dun determinado xeito, e outra moi distinta, o mito, na que o poeta ou narrador non
só pode innovar ó contalo, senón tamén modificalo por completo: converter o protagonista en fillo doutro
personaxe, facer que execute outras fazañas etc para que a nova historia contada con vellos personaxes
poida significar unha cousa totalmente distinta. Isto sucedeu con moitos mitos, por exemplo, Ulises da Odisea
ou a súa muller Penélope. Poden existir moitas Penélopes.
En definitiva, os mitos, ó longo do tempo, poden alterar o seu sentido, reescribirse en diversos xéneros
literarios. En cada momento histórico, en mans de cada creador, cobrarán un significado sempre novo, sen
perder a súa identidade. A perduración dos mitos baséase precisamente na súa capacidade de
adaptación que lles permite ser os mesmos á vez que diferentes.
Non hai que esquecer que os artistas plásticos son tamén grandes colaboradores na transmisión dos
mitos. Estes traballan tamén con liberdade, seleccionan un elemento importante, misturan nunha escena
momentos distintos, inventan novas escenas ou novos episodios.
Polo tanto non debe esquecerse a mitoloxía clásica como parte da nosa cultura e así debe
permanecer o seu estudo na ESO como materia obrigatoria.
EnriqueRodríguez
ExprofesordeLatíneGregodoIESMontedasMoas.
MITOLOXÍA E MITO NA LITERATURA
Clara Vázquez Martínez
1º ESO A
Mauro Garea Ramos
1º ESO A
Yaiza López Traba
1º ESO A
Iago Fernández Corral
1º ESO A
Emilio Souto Suárez
1º ESO A
LUSOFONÍA
25
Alumnado de 2 º e 3º ESO
Portugués
25 ABRIL 50 anos da Revolução dos Cravos
MÚSICAS EN GALEGO
27
Durante este mes das Letras e tendo en conta a homenaxe a unha poeta tan musical como a
coruñesa Luísa Villalta, desde o EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha
exposición sobre música galega tendo en conta o enorme éxito e proxección que están a ter tantas bandas
e artistas galegos de múltiplos estilos no panorama musical actual e mesmo máis alá das nosas fronteiras.
O alumnado desde 1º ESO até 1º Bach traballou sobre diferentes grupos ou músicos e músicas que
desenvolven a súa creatividade musical en diferentes estilos na nosa lingua.
No vestíbulo da escola puidéronse ver as cartolinas tan coloridas e creativas que deseñaron para
aprender moitas cousas sobre variados e exitosos grupos. En cada cartolina hai un código QR que nos liga a
unha canción escollida por cada alumna/o e que tamén soou e puido verse o seu videoclip na televisión do
vestíbulo da entrada do IES Monte das Moas durante o mes de Maio.
Aquí a ligazón á listaxe de cancións escollidas polo alumnado
MÚSICAS EN GALEGO
Centón Poético
Día da Candeloria
NA NOSA
CABEZA
29
A miña primeira vez no instituto como estudante xa
oficial foi despois do verán de 2021, na volta á clase. Lembro
aquel día moi nerviosa xa que comezaba unha nova etapa
para min e para todos os meus compañeiros, e tamén para
aqueles que aínda non coñecía. Xa na clase, cando nos
dividiron por aulas, ao principio non estaba nada satisfeita
porque case non coñecía a ninguén e debido a iso os
primeiros meses non foron os mellores. Tamén nos mostraron o
instituto por dentro e todas as súas instalacións como os
baños, a biblioteca, os recreos, etc. Ao longo daquela mañá
estivemos coñecendo varios mestres que nos ían dar clase,
algo que tamén era novo porque antes, en primaria, só
tiñamos un mestre.
Escollín falar sobre a miña primeira vez no instituto
porque penso que é unha das mellores etapas da miña vida e
tamén porque en primeiro fixen moitas novas amizades e
coñecín moita xente. Estar neste instituto axudoume e tamén
me axuda a ser cada día máis independente tanto comigo
mesma como nos meus estudos e sempre estarei moi
agradecida.
(Sara) A primeira vez que o vin sabía que tiña algo
especial, pero non lograba saber o que era que o facía
especial. O seu sorriso alegrábame os días e o brillo dos
seus ollos espertaban a miña nena interior, non sei como o
facía para terme tan embobada nel, na súa figura e na súa
presenza.
Nos meus ollos el era único entre moitos, ou iso
pensaba ata hai uns meses, cando me demostrou que non
era o meu príncipe azul nin todo iso que aparece nas
películas. Eu confiaba moito nel chegando ao punto de
contarlle cousas que ninguén sabía, temas privados
delicados. Que parva fun ao poñer toda a miña confianza
nese ser que aparentaba algo que non era!
David, se estás lendo isto, non sabes todo o dano
que me fixeches!
(Paula)
Recordo ben como foi a primeira clase de galego
que tiven neste instituto, en primeiro da ESO. Xa nos contaran
algo nas outras clases os nosos compañeiros; entón, cando
nos tocou a hora de galego, estabamos todos atentos á
porta. Cando xa estabamos a piques de perde o interese, a
porta ábrese de súpeto cun forte ruído e entra certa
profesora lendo un libro en voz moi alta. Como dixen antes,
xa nos contaran iso pero non esperabamos que fose así.
Quedamos todos un pouco sorprendidos. Varias persoas
pegaran un salto na súa cadeira, cando se abriu a porta.
Ademais, a profesora mirábanos mentres lía e algúns
mirábana coma se fora un extraterrestre. Recordo que o
conto que leu era sobre un neno ao que lle gustaba ler.
(Irene)
Todo era escuro, non vía nada, só escoitaba gritos
e moita xente falando.
Pasaba o tempo e os berros intensificábanse cada
vez máis, a xente movíase cada vez mais rápido e máis
angustiada, cada vez había máis luz. Eu vía xente vestida
de branco, con guantes, había homes e mulleres, collendo
a miña cabeza, eu chorando sen parar porque estaba con
moito medo do que puidese pasar.
Entón, por fin, vin a luz. Todo brillaba moito,
doíanme os ollos; de repente vin unha muller, en canto a
vin deixei de chorar. Esa foi a primeira vez que vin a miña
nai.
(Mariano)
A PRIMEIRA VEZ
DÍA DA PAZ
DÍA DAS ESCRITORAS
DÍA DA POESÍA
ACTIVIDADES
31
Na Semana das Letras, o luns 13 de maio, estivo con nós a escritora,
poeta, dramaturga e actriz, Paula Carballeira. O encontro desenvolveuse ao
abeiro do programa de Encontros con Escritores convocado pola Dirección
Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura
@librolecturagob.
Estivo con ela o alumnado de 10 da ESO, que leu nas aulas de Lingua
Galega e Literatura Trece avisos. A autora explicounos como xurdiu o libro, falou
do que era un "aviso" na nosa cultura, reflexionou sobre o que nos produce
medo, das referencias culturais ao medo que coñecemos e, sobre todo,
entretívonos con fantásticas historias de terror. Para rematar interpretou un
conto de medo nos que nos meteu uns cantos sustos.
O alumnado de 4º ESO len nas aulas de literatura galega a peza teatral
As alumnas e o grupo de 4º que cursa portugués puido achegarse tras o acto a
saudar e coñecer a escritora e intercambiar algunhas impresións sobre a obra
que len e sobre o seu proceso de creación tanto poética como teatral. Nas
aulas de Português leron e traballaron coa tradución a esta lingua do poemario
da autora, Há quem escolha os caminhos mais longos.
Grazas, Paula, por vir coñecernos e amenizar a nosa xornada!! E
inmensamente agradecidas de poder contarmos na nosa escola cunha Premio
Nacional de Dramaturxia tan interesante, tan fantástica e cercana coma ti!!
Esperamos poder contar axiña contigo de novo!!
conPAULACARBALLEIRA
ENCONTRO LITERARIO
Son Camilo, teño vinte anos e levo sete días nunha illa deserta. Todo comezou cando decidín
coller un avión dende España á México. Eran como as catro da tarde, levaba unha hora de voo e acaba-
ba de espertar dunha sesta. Todo o mundo gritaba e as azafatas pedían aos pasaxeiros que estiveran
calmados. De pronto, o avión xirou de golpe e vin como un maletín caía sobre min.
Espertei. Doíame moitísimo a cabeza, non me estraña xa que levei un bo golpe. Mirei ao redor, vin
unha praia moi bonita. Facía calor e voaban gaivotas. Ao principio pensei que estaba nunha especie de
paraíso, coma se despois de morrer ascendera ao ceo. Creo que vía moitas películas.
Tardei como unha hora en darme conta de que si que estaba vivo, de que isto non era un soño,
de que tería que sobrevivir nesta illa a partir
dese momento. Foi entón cando fixen o que
calquera persoa faría, sentarme e chorar.
Tiña medo, moito medo. Non podía
ser certo. Se non sabía nin cociñar un ovo
fritido, como ía vivir nunha illa deserta sen
comunicación, auga limpa, luz...?
Alcei a vista e vin algo vermello na
beira do mar. Volvín mirar e vin que era unha
maleta. Corrín desesperadamente, con algo de esperanza. Saquei a maleta da auga e inspeccionei o
interior.
Toda a roupa e os aparellos na caixa de primeiros auxilios estaban empapados, así que deixeinos
a secar ao sol.
Mentres miraba a roupa tendida na area, pensaba en que podería facer neses momentos. Sentía-
me inútil, non sabía se era mellor esforzarme por sobrevivir ou ir cavando a miña tumba.
Pero non, non podía desistir tan pronto, así que, decidido, entrei no bosque da illa para recoller
paus e follas que houbera polo chan. Fixen unha especie de cabana pequeniña, só cabía a miña cabeza
e torso. A verdade é que non era a mellor cabana do mundo. Non era moi estable, mais estaba orgullosos
da miña creación.
De súpeto, notei como unha luz laranxa bañaba toda a illa. Estaba por caer a noite e eu so tiña
roupa húmida, e catro paus formando unha cabana mal feita (se é que se pode chamar a iso caba-
na).Sen pensalo moito, collín un montón de paus pequenos e finas, unhas pólas máis grandes e unhas
pedras. Formei un círculo cos paus no medio de este. Despois collín unha rama máis branda e cun pau,
comecei a frotala. Isto virao nunha película, polo que tiña un pouco de esperanza de que funcionara.
Sorprendentemente, como dúas horas despois, conse-
guín prender a fogueira. Estaba moi canso. Deiteime debaixo da
miña "cabana" e tapeime co camisón que encontrara na
maleta para non coller frío e para que non me comeran os mos-
quitos
Día 2
Espertei con moita sede e fame, pois non bebera nin
comera nada o día anterior. Incorporeime, pero esquecín que
estaba durmindo debaixo da "cabana" e destruína cando
levantei a cabeza. Pero encontrar auga era a miña prioridade,
non tiña tempo para reconstruíla. Así que fixen unha especie de
bolsa co camisón para meter o resto da roupa e a caixa para
poder levar as cousas comigo.
TEXTOS CREATIVOS
33
Camiñaba polo bosque con medo de atoparme algún bicho ou algo velenoso. Tamén pensaba
no resto de pasaxeiros que ían no avión. Acaso morreran todos?
Estaba tan concentrado nos meus pensamentos que non vin un desnivel que estaba no chan,
polo que tropecei e torcín o nocello. A duras penas conseguín arrastrarme polo chan. Estaba cheo de
lodo e terra, parecía un verme. Pechei os ollos e concentreime nos sons da natureza. Puiden escoitar unha
corrente de auga. Iso era bo, significaba que finalmente podería beber auga. Seguín o son da auga ata
que cheguei coxeando ata unha pequena cascada. Bebín algo de auga, lavei as mans e mollei a perna
para ver se podía calmar a dor. Había un pequena cova onde podería refuxiarme. Sentei dentro e cunha
pedra comecei a rascar a parede. Debuxei un pequeno mapa do que levaba explorado. Así podería
organizar as miñas ideas.
Estaba moi canso, xa non me quedaban enerxías, así que tapeime coas prendas de roupa que
encontrara e pechei os ollos.
Día 3
Xa tiña auga e refuxio, agora faltábame comida. Levanteime, bebín auga e volvín á praia para ver se
podería pescar algo. O sol pegaba moi forte, ese día ía moita calor. Mentres volvía e apartaba a vexeta-
ción cun pau, miraba se nas palmeiras había algún coco. Case sen darme conta, cheguei á praia. A tem-
peratura era moito maior, polo que tapei a miña cabeza cunha camiseta.
Deixei as miñas cousas ao lado dos restos da cabana para despois comezar a crear a miña ferramenta
que me axudaría a pescar máis adiante. Era obvio que non conseguiría cazar ningún peixe coas mans,
así que atei as tesoiras ao meu pau usando as vendas. Isto deu como resultado unha especie de lanza
improvisada.
Foi complicado, pero conseguín pescar un pequeno peixe. Usei os restos da fogueira do día ante-
rior para prender lume e cociñar a miña cea. Non sabía moi ben, pero tiña tanta fame que non me impor-
taba. Gardei un pouco de peixe na caixa por se despois non lograba conseguir máis comida. Alimentei
o lume e durmín tapado co camisón.
Día 4-5
Espertei con gotas caéndome na cara. En menos dun minuto xa estaba caendo o chuvasco máis
intenso da miña vida. Metín todas as miñas cousas na maleta vermella, que aínda seguía na praia, e saín
correndo cara ao meu refuxio. Cheguei empapado. Tiña moito frío pero non podía prender un lume xa
que non había madeira seca, a miña mellor opción era cambiarme de roupa.
Estivo chovendo o que para min
foron dous días, ou non, realmente non sei
canto tempo estiven alí metido pero foi un
total aburrimento. Non tiña moita cousa que
facer, durmín a aior parte do tempo e termi-
nei o pescado que me quedaba antes de
que podrecera.
Levaba moito tempo só. Botaba de
menos os meus familiares. Debuxeinos na
parede e intentei falar con eles, pero foi moi
incómodo. Era unha situación estraña, aínda
non estaba tan tolo como para facer esas
cousas. Nun intento para que o tempo
pasara máis rápido, boteime outra sesta.
TEXTOS CREATIVOS
Manuela Díaz Real
2º ESO A
Día 6
Espertei no que eu creo que foi o meu sexto día na illa. Xa non chovía.
Sinceramente, creo que tiven bastante sorte ata ese momento, ou ao menos dentro do que cabe,
tendo en conta que literalmente quedei atrapado nunha illa deserta.
Tomei un baño na cascada, despois collín a miña “lanza-tesoira” e fun ata a praia para intentar
pescar algo. Polo camiño, ía recollendo paus para poñelos a
secar e facer lume con eles pola noite. Estes colgábaos do
meu cinto, que o fixen cos pantalóns que encontrei na
maleta.
Ese día tiven un accidente. Estaba subido a unhas
rochas. De súpeto vin a un peixe a abalanceime para cazalo.
Craveille a miña lanza pero este caeu da arma e no impulso
por intentar collelo, perdín o equilibrio e caín para atrás.
Rabuñei o brazo coa rocha. A ferida comezou a
sangrar. Usei o meu pantalón, que ata agora usara como cinto, para tapar a ferida e parar a hemorraxia
facendo presión. Miña nai! Nunca sentira tanto estrés na miña vida. O mellor sería lavar a ferida. Collín
unhas follas dunha planta do bosque. Lavei a ferida e as follas na auga do mar, despois puxen as follas
sobre o corte e as apertei contra a ferida usando o pantalón novamente. Tireime no chan e quedei un
anaco deitado na area. Estaba moi axitado pola situación, menos mal que actuei rápido. Un anaco
despois, aínda con dor no brazo, levanteime e recollín as miñas cousas, e os paus xa secos que recollera
antes.
Cando cheguei ao meu refuxio, levei unha gran sorpresa. Había un porco uliscando as miñas
cousas, supoño que na procura de comida. Do asombro, deixei caer os paus que levaba comigo. O
porco alarmouse e correu cara min. Eu intentei atacalo coa miña lanza pero do susto caín para atrás. Si,
outra vez. Mas esta vez caín na auga e non me fixen tanto dano. Sen dúbida, ese non era o meu mellor
día.
Prendín un lume e cambiei de roupa, o que levaba os primeiros días. Tiña fame xa que debido ao
accidente non puiden pescar nada.
Día 7
No momento que escribo isto é o meu sétimo día na illa. Hoxe está sendo un día bastante tranquilo con
respecto a onte. Pola mañá fun buscar máis follas para renovar a miña vendaxe e fun ata a praia.
Mentres pescaba, esta vez con máis coidado, encontrei algo de lixo na beira do mar. Encontrei unha
botella sen tapón entre todos os plásticos. Pensei en usala para recoller auga mais non era necesario. Así
que tiven unha idea: redactaría a miña experiencia nunha carta de auxilio.
Usei as miñas camisetas como superficie para a mensaxe e cinza da fogueira como pigmento para escri-
bir. Taparei esta botella con barro e algunha pedra pequena. Non sei se esta carta chegará a alguén,
nese caso non sei se servirá para o meu rescate pero ao menos poderán contar a miña historia.
Esta é a última parte onde escribo datos sobre min para facilitar o meu rescate:
Chámome Camilo Díaz García, de Ourense e teño vinte anos. Supoño que a illa onde estou encóntrase
no océano Atlántico, xa que eu viaxaba o nove de abril de 2022 ás catro da tarde de España a México.
Por favor, non sei canto tempo poderei aguantar aquí. Auxilio! Por favor! E iso é todo.
Tiven que facer algúns cambios con respecto á creación orixinal pero a historia é a mesma. Un saúdo e
grazas por ler.
TEXTOS CREATIVOS
35
Mabel Martín Allegue
2º ESO A
Hai tres tipos de espíritos, os malignos, os benignos e os que
non poden facer case nada. Eu son desas pantasmas que intentan
axudar no que poden, pero non poden cambiar a realidade.
Morrín hai moitos anos, pero unha parte de min quedou
aquí, para coidar a miña neta, chámase Sofía e ten sete anos.
Cando soupen que ía ir en barco por primeira vez, dinme conta de
que algo non andaba ben.
Pero xa era demasiado tarde, Sofía e a súa nai xa embarca-
ran nun barco con destino a New York que non chegaría a ningun-
ha parte.
Sofía nunca vira antes o mar, ela nacera nun sitio fora de
perigo, nun sitio de interior. Nada máis embarcar a nai de Sofía
estaba desfacendo as maletas mentres a nena corría corredor por
corredor todo o barco na cuberta, vendo o mar...
Era a primeira vez que o vía, rompendo contra o barco, a
brisa impactando contra a súa cara e o sol que se ía poñendo
lentamente.
Sofía ía en segunda clase. O que tiña non era precisamente o mellor, pero algo tiña. Aquela tarde
sentinme mal, por min, por Sofía e pola súa nai, tiña unha visión de futuro moi mala e non todos poderían
salvarse.
Pero Sofía non sabía nada, ela era unha alma inocente, non tiña idea das cousas horribles que
estaba por vivir. Simplemente ría e corría polo barco adiante como se fose o mellor día da súa vida.
Eu vía dende arriba, esperando aquel momento que acontecería tan axiña que non daría tempo nin a
reaccionar. Esa tarde Sofía ceou coa súa nai, nun restaurante de segunda clase vendo os ricachóns que
durmían entre billetes camiñando ata a sala de fumadores. A fumar e falar. Un luxo que non podían
alcanzar, pero eles non me tiñan a min. Non tiñan unha alma protectora. Sofía si que a tiña aínda que fose
de segunda.
Pola noite uns durmirían, os do servizo limparían e outros con máis cartos xogarían fortunas na sala
de pócker. A nai de Sofía mandou a nena para durmir ao camarote. Eu púxenme aos pés da súa cama,
flotando sobre as mantas, Sofía durmía, a súa nai tamén. O camarote estaba en silencio, só se escoitaba
o son das ondas que impactaban contra o Titanic, na planta de arriba os fumadores fumaban e os xoga-
dores perdían fortunas, estarían así toda a noite, estarían porque esa noite non ía ser como calquera
outra, esa noite pasarían cousas que cambiarían a mente de Sofía para sempre. Ás once da noite tentei
salvar a Sofía, quixen penetrar no seu subconsciente, facer que tivera un pesadelo e así espertala. Para
que fuxa, para que lle dea tempo a salvar a súa vida. Unha vez Sofía espertou empezou a vomitar, a nai
da nena levantouse para atendela, pero Sofía estaba afogando no seu propio vómito, a súa nai correu
con ela en brazos ata a enfermería que estaba na parte de arriba do barco. Ás once e dez Sofía xa rema-
tara de vomitar, estaba máis ou menos estabilizada e medicada. Eu sabía que se volvía agora para o
camarote íase durmir e morrería coa sua nai.
Eu non podía abrir portas, nin facer cousas pero podía utilizar todas as miñas forzas para facela
volver vomitar, así expulsando a medicación que era un anestesiante que a faría durmir o resto da noite.
Ás once e media Sofía voltou estar estabilizada, agora estábanlle medindo a tensión. Sabía que faltaba
pouco para a traxedia, so tiven que esperar uns minutos, cando todo estaba comezando, cando come-
zaban a mandar mensaxes de auxilio, pouco despois enteirouse a tripulación de que o barco chocara
contra un iceberg, todo era pánico e xente berrando mentres o barco se levantaba cada vez máis, aínda
que Sofía e a súa nai xa estaban arriba aínda lles quedaba traballo por facer. Nese momento xa levaban
dous botes volcados no mar e os burgueses subindo para salvarse eles e tamén os seus cans de bolso que
supoño que non sentirían as pernas. So tiña que facer algo rápido que parecera insignificante.
Unha corrente, unha onda, algo que achegase a barca cara ela. Algo que non era complicado se se
facía correctamente, so tiña que usar a cabeza. Sabía facelo e fíxeno.
TEXTOS CREATIVOS
Alumnado de 1º e 2º ESO
POSTAIS NADAL
37
ENTREVISTAAADRIÁNLÓPEZBOCIJA,CARMELATABOADARODRÍGUEZERENATAPÍARIAL
O curso 2023-2024 foi un ano academicamente especial para a comunidade educativa do IES
Monte das Moas, xa que contamos cun novo ascensor, 35 anos de inauguración do centro, un novo mural
pintado por Raquel Xermade, unha biblioteca inclusiva, e entre outras cousas, tres persoas alumnas de 4º
ESO, Adrián López Bocija (de 4º ESO A), Carmela Taboada Rodríguez (de 4º ESO B) e Renata Pía Rial (de 4º
ESO D) , participaron nun concurso de televisión a nivel nacional chamado Saber y ganar, presentado por
Jordi Hurtado.
Non é a primeira vez que un grupo de persoas alumnas participan en concursos de televisión, é a
segunda vez en 35 anos. Adrián, Carmela e Renata recibiron moitas entrevistas, pero ningunha ata agora
dentro do centro. Así que neste artigo preparei a primeira e única entrevista aos tres alumnos dentro do
instituto, con preguntas bastante interesantes e curiosas, así como respostas orixinais.
DANIEL: Por que vos apuntastes a Saber y Ganar?
ADRIÁN: Apuntámonos por recomendación de Mikel, profesor de Historia. Propúxonos apuntarmos o curso
pasado e fixémolo.
DANIEL: De quen foi a iniciativa e por que vos seleccionaron para este concurso?
ADRIÁN: Pois a iniciativa foi de Mikel, de novo, e, creo que nos seleccionaron porque pensaron que
poderiamos desempeñar un papel moi importante
DANIEL: Que foi o que máis e o que menos vos gustou do concurso?
RENATA: O que máis me gustou, eu creo que foi coñecer, a xente, non? Fixemos moitos amigos de sitios, e o
que menos pois, irnos.
DANIEL: Realmente esperabades a vitoria? Porque a miña cabeza pensou que iades por ese camiño?
CARMELA: Pois, a verdade que non, e viámolo como algo moi difícil, e iamos moi nerviosos.
RENATA: E logo, no primeiro programa, pensabamos que era un.
DANIEL: Cales foron as vosas habilidades dentro do programa?
CARMELA: Renata deletrear, non?
RENATA: Deletrear
ADRIÁN: Eu cultura xeral
CARMELA: O mesmo
DANIEL: De que vos sentides máis orgullosos?
CARMELA: De que o fixemos ben
DANIEL: Por que o programa se gravou dúas veces en vez dunha?
CARMELA: Porque eran dous programas.
ADRIÁN: Porque tiñan distintas seccións
CARMELA: E iamos contra distinta xente
RENATA: Entón, eran as mesmas probas. Había probas diferentes e gañabas máis diñeiro na segunda
DANIEL: Por que se publicou o programa en Nadal?
RENATA: Porque era un especial para esas datas.
DANIEL: Na presentación aparecen dúas escenas (a obra de arte da cafetería e o recreo de 1º ESO) Por que
se elixiron estes escenarios?
ADRIÁN: Porque son os lugares máis bonitos e vistosos do instituto
CARMELA: E os máis representativos
DANIEL: A que vos dedicades fóra do horario lectivo?
RENATA: Pois, eu, fago, actividades, como voleibol e teatro…
CARMELA: Eu fago, baile tradicional
ADRIÁN: Eu estudo e adestro piragüismo
DANIEL: Recibistes recoñecementos posteriores despois da vosa vitoria no programa? En caso de dicir si, que
recoñecementos nos podedes revelar?
CARMELA: Pois, moitos máis dos que esperabamos, sobre todo en internet, xente que nos fixo comentarios,
cousas.
RENATA: E o instituto deunos un agasallo
DANIEL: Algunha mensaxe que queirades dar ás persoas alumnas do noso centro?
CARMELA: Que se apunten a todo o que lles digan.
RENATA: Porque o medo pecha portas.
SABER E GAÑAR
“Apuntádevosatodooquequeirades,porqueomedopechaportas”
DANIEL: Tedes pensado participar noutro programa de televisión no futuro?
RENATA: Si
ADRIÁN: Estaría ben.
DANIEL: Por exemplo?
ADRIÁN: Non sei si sería posible
CARMELA: É que alí non hai moitos programas que sexan para menores. E, ademais, penso que se foramos
a outro programa, iriamos os tres, xuntos. E que non hai tampouco moitos que sexan de tres.
RENATA: Ao mellor cando teñamos dezaoito, repetimos
DANIEL: Como podedes orientar ou axudar a futuras persoas alumnas do centro aspirantes a participar no
programa?
RENATA: Pois que non teñan medo de fallar, e que non queden mal diante de toda España. E ademais,
saben máis do que cren.
ADRIÁN: Tes que ir alí a pasalo ben
RENATA: Porque é unha experiencia moi…
CARMELA: única
DANIEL: Que ides facer o ano que vén?
CARMELA: Imos…ao estranxeiro
RENATA: Imos estudar un ano fóra, aos Estados Unidos,
ADRIÁN: E eu a Canadá
DANIEL: Que credes que podería pasar se houbese unha cuarta persoa no programa? Cinco, seis, sete,
oito… (máis ou menos de tres)
RENATA: Nada, non creo que cambie nada
RENATA: A ver, se fosemos máis non cambiaría nada, se fosemos menos se cadra si
ADRIÁN: E hai moitos rapaces que son iguais, iguais de capaces que a nós
DANIEL: Como foi a vosa participación no concerto do Arquivo do Proxecto do Reino de Galicia realizado
en xaneiro? Algunha anécdota ou cousa que nos querades contar?
ADRIÁN: Que foi interesante
CARMELA: E gustounos participar, e axudar
DANIEL: Dade unha mensaxe final, por favor:
RENATA: Pois que, estamos moi agradecidos de poder, participar, neste concurso porque, a ver, houbo
moitas cousas, coñecemos xente nova, e, non sei, e, eu repetiría…
ADRIÁN: Si, si, repetiriamos
DANIEL: Que ides estudar e que ides facer no futuro? (Carmela e Adrián non saben nun principio o que van
facer)
RENATA: Vou estudar Relacións institucionais e gustaríame traballar na ONU.
Daniel Collazo Barcia
4º ESO B
39
ACCESIBILIDADE COGNITIVA
O alumno, Daniel Collazo Barcia de 4º ESO B,
colaborador do EDGL e da biblioteca, impartiu unha
charla nun grupo de 3º ESO sobre accesibilidade
cognitiva na que lles explicou o concepto aos
compañeiros e compañeiras e rematou cuns exercicios
prácticos de reflexión para que eles puidesen
comprobar canto saben do tema.
Enlace á presentación que fixo:
https://bibliomoas.blogspot.com/2024/04/charlas-sobre
-accesibilidade-cognitiva.html
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA INCLUSIVA
O 28 de febreiro inauguramos a nosa biblioteca inclusiva grazas á
colaboración do noso alumno Daniel Collazo Barcia, que, como
colaborador do EDLG e da biblioteca escolar, buscou os
pictogramas relativos ás materias e dirixiu a súa colocación para
que o acceso a estes sexa máis claro para todos, e, en especial,
para o alumnado con necesidades educativas especiais.
Grazas, Daniel, pola túa implicación!
CERTAME CURTAS PARA A DIVERSIDADE
O xoves 25 de xaneiro tivemos a presentación de NORTE CINEMA DIVERSO. Este ano celebrouse a segunda
EDICIÓN de festival, do 29 de febreiro e o 1 e 2 de marzo no Teatro Colón e a novidade foi achegar o festival
aos centros educativos. Proxentáronse catro curtas: Antes da erupción, Non binario, Pancarta e Moble de
fotos.
Despois da proxección o alumnado participou nunha charla debate cos representantes da Asociación
Palestra LGTBI+, organizadora de Norte Cinema Diverso, un membro de Sexpoint Casco e da Fundación 26D.
Fito, Fernando, Paco e Jenni fixeron unha presentación marabillosa e moi necesaria, sempre en positivo e
sendo moi claras na exposición do que supón a diversidade de xénero.
DIVERSIDADE
41
25 N
8M
43
8M
8M
45
Xx
NO
NOSO
MOAS
Xx
Ás 16:30 xuntámonos en Catro Camiños para comezar o percorrido dirixíndonos á casa
natal e na que a poeta tamén soñou, escribiu, compuxo e tristemente morreu tan nova en
marzo de 2004. Fomos lendo poemas representativos da súa obra, especialmente do
poemario En concreto que xa constitúe unha homenaxe en forma de retrato poético da
cidade herculina.
Participou o alumnado de 1º Bac do Club de Lectura en Língua Galega
LUISAVILLALTA
ROTEIRO
47
Xx
A última visita foi moi especial. Acudimos ao taller de artes gráficas e
imprenta manchea na avenida de Navarra onde tan amabelmente
nos recibiron Laura e Tono quen nos contaron moitas cousas do seu
oficio e puidemos ver a súa maquinaria industrial, como prensas da
impresión tradicional que alí teñen...até en funcionamento!! E tamén
papel feito de liño!!
Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada tan entretida que rematou
coa agradabilísima sorpresa que nos tiñan preparada Laura e Tono
que nos deixaron imprimir uns marcapáxinas ben fermosos. Ler, que
Despois acudimos ao Campo de Marte
onde lemos o poema "Asilos" para dar
conta do testemuño poético que Luísa
deixou daquela loita, tamén perdida
contra a especulación, que culminou co
derrubamento do edificio do asilo de
anciáns de Adelaida Muro.
En cada parada: praza de Vigo, Xardíns de Méndez Núñez, Obelisco, na Dársena, na
praza de María Pita ou no Campo de Marte foron lendo poemas como "Xardíns", "Palacio
Municipal", "Ruínas,", "Solares,", os caligramas como "A Torre", "Obelisco" ou "Rañaceus," etc
e outros pertencentes a outros poemarios que se intercalaban nas lecturas.
LUISAVILLALTA
Unha parada moi especial constituíuna a
do Papagaio, onde puideron recitar os
poemas da solidariedade feminina con
quen habitou e transitou por aquel barrio
da prostitución de Monte Alto até ser
derruído no 2001 na fervorosa especulación
urbanística daqueles anos.
pracer!!
ROTEIRO
Xx
O mércores 15 de outubro, 50
alumnas e alumnos de 3º de
ESO asistiron ao Ágora ao
concerto da Banda AldaoLado
nunha actividade organizada
conxuntamente polo
Departamento de Lingua
Galega e o EDLG.
Esta proposta parte do Servizo
de Normalización Lingüística
do Concello da Coruña e
pertence ao programa
“Falamos” que pretende
promover a interacción entre a
escola e a súa contorna para
facer máis rendibles os recursos
e os esforzos deses dous
ámbitos en prol da
normalización do galego.
3º ESO C tivo a sorte de participar no
proxecto VINTE 23. Visións, soños e mentiras.
Un proxecto de intervención escénica e
recuperación da memoria do territorio
habitado polo pequeno Pablo Ruíz Picasso
na Coruña.
O luns, 27 de novembro, Sete e Antonio
viñeron ao instituto para amosarnos un
petisco do que iamos ver na Casa Museo
Picasso o xoves 30. Pertencen á compañía
“Os náufragos teatro”. Este proxecto foi
seleccionado como de especial interese
cultural na provincia polo departamento de
Cultura da Deputación da Coruña.
O noso instituto serviu de antesala para as
intervencións escénicas que a compañía
realizou ao longo da semana en varios
puntos do territorio picassiano, no centro da
cidade e coa colaboración da Casa Museo
Picasso e dos Museos históricos da Coruña e
nos que participaron diversas entidades
sociais e educativas da provincia.
@museoshistoricoscoruna @cultura.coruna
@osnaufragosteatro @osnaufragosteatro
ALDAOLADO
Ágora
VISIÓNS,SOÑOSEMENTIRAS
PabloPicasso
49
Xx
ENTROIDO
Xx
ENTROIDO
51
ASNUBESdeARISTÓFANES
Telón de Aquiles, grupo de teatro do IES Monte das Moas, estreou neste curso 2024
a súa versión do clásico de Aristófanes, o máis irreverente comediógrafo da Atenas do
século IV a. de C.
Aristófanes sempre é divertido, mais tamén é crítico, ferinte, mordaz, sarcástico e
chega a ser cruel cos vicios e miserias da súa sociedade. En Asemblearias, outra das
obras representadas por Telón de Aquiles, denuncia a hipocresía e o exceso de testoste-
rona masculino e reivindica o sentido común feminio nos asuntos de Estado.
Nesta obra, esas nubes, as auténticas
deusas naquel mundo engaiolado pola sofistica-
ción, non son máis ca outra estafa da modernida-
de. Entre vellos e novos deuses, os cidadáns
acatan, ignorantes, as novas consignas ou as
vellas. O noso encumbrado Sócrates, o grande
filósofo, fica reducido a simple sofista, pueril
pedagogo pagado de si mesmo, un demagogo
que defende as causas inxustas. Toda a obra
centra a súa mensaxe na falsa pedagoxía e na
pedantería daquel tempo (abraiante século IV
antes de Cristo) e, polo tanto, deste actual (sor-
prendente século XXI). Coinciden ambos tempos
(o século XXI e o século IV antes de Cristo) no me-
nosprecio do antigo e no ditirámbico eloxio de
todo o novo, aínda que sexa estúpido. Tamén
coindide este tempo con aquel nas credulidades,
as dos novos e as dos vellos.
Aristófanes segue moderno.
TELÓN DE AQUILES
53
2ºBACHARELATO
Gaudeamus igitur,
iuvenes dum sumus.
Post iucundam iuventutem,
post molestam senectutem,
nos habebit humus.
Vivat Academia,
vivant professores.
Vivat membrum quodlibet,
vivant membra quaelibet,
semper sint in flore.
Alma Mater floreat
quae nos educavit,
caros et conmilitones
dissitas in regiones
sparsos congregavit.
Anónimo. s. XIII.
ORLA
moas dixital
remoealingua.blogspot.com
afiestrademoas.blogspot.com
iesmontedasmoasteatro.wordpress.com
lecturasrebuldeiras.blogspot.com
bibliomoas.blogspot.com
porque non todo vai ser papel botádelle un ollo ás páxinas web do instituto
edu.xunta.gal/centros/iesmontemoas/
55
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
onte
oas

More Related Content

Similar to Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf

Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
Coordinadora Galega ENDL
 
Dípticos
DípticosDípticos
Dípticos
pazlorenzo
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
Asnosasletras
 
fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
edinfantil
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
Carmen165
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
Asnosasletras
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
Gandarela2018
 
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A LecturaProgramación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
aquintadoslibros
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodaño
Asnosasletras
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo
Marlou
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Román Landín
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Román Landín
 
Triptico bibliotecas escolares
Triptico bibliotecas escolaresTriptico bibliotecas escolares
Triptico bibliotecas escolares
maria
 
Rabuñando novos Cantares
Rabuñando novos CantaresRabuñando novos Cantares
Rabuñando novos Cantares
Coordinadora Galega ENDL
 

Similar to Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf (20)

Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Dípticos
DípticosDípticos
Dípticos
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A LecturaProgramación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodaño
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Triptico bibliotecas escolares
Triptico bibliotecas escolaresTriptico bibliotecas escolares
Triptico bibliotecas escolares
 
Rabuñando novos Cantares
Rabuñando novos CantaresRabuñando novos Cantares
Rabuñando novos Cantares
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa

AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdfAS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdfPresentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdfLucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
morning star presentación de xose miranda.pdf
morning star presentación de xose miranda.pdfmorning star presentación de xose miranda.pdf
morning star presentación de xose miranda.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
RemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
RemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa (20)

AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdfAS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
 
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdfPresentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
 
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdfLucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
 
morning star presentación de xose miranda.pdf
morning star presentación de xose miranda.pdfmorning star presentación de xose miranda.pdf
morning star presentación de xose miranda.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
 

Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf

  • 2. EDICIÓN Ana Martínez COORDINACIÓN Equipo de Dinamización da Lingua Galega PROMOVE DIRECCIÓN TÉCNICA Anxos Fuciños
  • 3. ÍNDICE Editorial Mural Reino de Galicia Cultura en galego Ciencia en galego Eu quero galego Na nosa cabeza 25 N Día da Muller 8 M No noso Moas Telón de Aquiles Orla de 2º de BAC Moas dixital Entrevista Xoan Curiel Día de Rosalía Día do libro Lecturas creativas Letras Galegas Día da muller e a nena na Ciencia Videoconferencia Mónica Cartelle O Mes da Ciencia A primeira vez Actividades Encontro literario Textos creativos Postais Nadal Saber e Gañar Diversidade Aquí tamén se fala Mitoloxía e Mito na Literatura Lusofonía Músicas en Galego Roteiro Visitas Entroido 2 3 6 16 20 29 42 43 46 52 54 55 1
  • 4. EDITORIAL É difícil pensar na biblioteca do IES Monte das Moas como un espazo luminoso tendo en conta que está medio soterrada, mais (garántovos que) non hai no centro un sitio que desprenda máis brillo e dedicación. No século XXI unha biblioteca xa non é un almacén de libros, pero alá polo ano 2012 a biblio era como un pozo húmido e rancio no que alguén esquecera centos de libros, catálogos, enciclopedias e revistas inaccesibles e fedorentas por anos de desuso. Non foi doado, pero en poucos anos e cun equipo de mans voluntarias: profesorado, conserxes, equipo directivo e algunha que outra alma caritativa, abríronse as ventás e entrou un aire reparador que converteu aquela cova nun espazo para aprender, compartir e para o lecer. A nosa biblioteca, pequerrecha e ateigada, é o verdadeiro motor da escola, un lugar de estudo, de investigación, de auto formación, de lectura e, por suposto, de encontros. Dos tímidos concursos e exhibicións cos que se empezou a dinamizar e, pasando pola consolidación do club de lectura, a creación dos blogs e doutros espazos de difusión, chegaron as visitas de autores, o voluntariado, a feira de libros de 2ª man, o grupo DADO no que se compartiron experiencias e lecturas con outros centros da cidade, os proxectos multidisciplinares como o Mapa do Barrio, a Rotulación das aulas, as Grandes Exploracións, as conmemoracións como a tan celebrada cita co Día da Muller, a creación de materiais gráficos: boletíns, carteis, campañas de fomento de lectura... nin en plena pandemia se pecharon as portas. Cada concurso, celebración e outras andainas culturais que se ven no instituto parten ou forman parte desas mentes “enfermas” do Equipo da biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e de todo aquel alumnado rebuldeiro intelectual que se achega para formar parte de algo especial e inesquecible. Se de algo vos tendes que sentir orgullosos é dese pequeno espazo verde que tende pontes e produce luz. Que siga así por moitos anos! ABIBLIOTECAEOEDLG Unespazodeluz Noemí Puga Vidal Xuño 2024
  • 5. MURAL REINO DE GALICIA 3
  • 6. -A que idade tiveches claro que querías vivir da música? Penso que o tiven claro aos 22 ou 23 anos. Antes era un soño, pero a esa idade comezou a coller forma a idea. -Antes diso que querías ser? Antes diso quixen ser actor, porque estou formado como actor e bailarín, entón esa era a miña idea, actor de musicais ou de teatro e danza. -Gustaríache vivir da música toda a vida? Agora mesmo é a miña idea, pero se chegase o momento no que isto fose imposible podería facer outro traballo porque son unha persoa á que lle gustan moitas cousas. Gústame o teatro e a dirección e penso que podería gañarme a vida así no mundo das artes. -Cales foron as túas principais referencias? No mundo da música teño moitas influencias da música popular brasileira e da figura do cantautor. No mundo do teatro os meus mestres. -Cal foi o peor e o mellor momento que viviches como artista? Os mellores momentos foron os de conexión co público ou cando alguén comenta que hai algunha canción miña que lle fai sentir cousas. Os peores momentos foron sobre todo nas primeiras actuacións que tiven, onde o lugar non era o máis adecuado para a miña música, como, por exemplo, tocar bossa-nova nun local punk. -Cres que coa chegada das novas plataformas desaparecerá a música en directo? Creo que non porque o dixital pode dar a volta e o seguinte paso será a realidade de novo, porque hai algo da propia experiencia humana que non se pode transmitir de maneira dixital. -Como é a ocorrencia da composición dunha obra? Ocórreseche un tema e despois desenvólvelo ou pensas nun tema no que inspirar a túa obra? Eu fago das dúas maneiras. Teño feito obras por encarga como “Canta miña pedra canta”, homenaxe a Antonio Fraguas. Foi encargada pola editorial Galaxia e puxen música ao cancioneiro de Cotobade, paseino moi ben no traballo pero non había parte de creatividade. Pero noutros discos teño sido moi intuitivo á hora de crear o proxecto e podo facer o que me pida o corpo, como en Magnético Zen. Depende do momento vital xúntaste cuns músicos ou con outros e saen cousas máis experimentais. A maneira de facer de cada disco ten que ver co momento no que me atope. AXOÁNCURIEL Paula Rodeiro Iglesias 1º Bach C ENTREVISTA
  • 9. Alma Carneiro Meda 1º Bach B Andrea Abeledo 3º ESO E Sofía Calderón Iglesias 1º Bach B Iago Martín Gay 1º Bach A Daniela Molina Guerra 1º Bach A Carla Souto Duro 1º Bach B DÍA de ROSALÍA 7
  • 10. Ulf de Jacobusland. Os viquingos en Galicia de Alberto Varela Ferreiro, Hugo Vázquez Pedreira (1º Bach B) Mulleres na química de Sergio Menargues, Emma Buján Mouriño (1º Bach A) Mulleres na química de Sergio Menargues, Ana Chans Fernández (1º Bach B) O señor das moscas de William Golding, Gabriela López Iglesias (1º Bach A) A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, Álex Atán Salanova (1º Bach A) Mitos e lendas da vella Grecia de Anisia Miranda, Carla García Soto (1º Bach A) O cemiterio de barcos de Francisco Castro, Noa González Uzal (1º Bach B) O cemiterio de barcos de Francisco Castro, Sabela Martín Lalinde (1º Bach A) Lectura dramatizada de poemas de De catro a catro de Manuel Antonio, Álex Atán Salanova (1º Bach A) Os corpos invisibles de Emma Pedreira, Daniela Pita Naveira (1º Bach C) A memoria da choiva de Pedro Feijoo, Sofía Rey Mirás (1º Bach A) A memoria da choiva de Pedro Feijoo, Verónica Longueira Rouco (1º Bach A) Santoamaro de Antonio M. Fraga, Alba Neira Moroño (1º Bach B) BOOKTRAILER DÍA do LIBRO
  • 11. O medio mariño de Carla García Costa (1º Bach B) Un elefante na sala de estar de Antía Yáñez, Lucero Gutiérrez Rosas (1º Bach B) Aire Negro de Agustín Fernández Paz, Verónica Longueira Rouco (1º Bach A) Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, Hugo Vázquez Pedreira (1º Bach B) O señor Ibrahim e as flores do Corán de Eric- Emmanuel Smith, Héctor Pérez Fuciños (1º Bach A) A ira dos mansos de Manuel Esteban, Alba Neira Moroño (1º Bach B) Tes ata as dez de Francisco Castro, Valentina Rossel Paredes (1º Bach B) Infamia de Ledicia Costas, Andrea Souto Pico (1º Bach A) Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, Gabriela López Iglesias (1º Bach A) Matria (Film) de Álvaro Gago, Sofía Calderón Iglesias e Carla Souto Duro (1º Bach B) BOOKTRAILER DÍA do LIBRO 9
  • 12. que a resposta dos anciáns non fora a máis adecuada, poderiamos empatizar coa súa situación e a súa debilidade para ter que afrontar eses sucesos día a día. Como opinión persoal, gustaríame recalcar a profundidade dos temas que posúe o agrumento e a maneira na que reflexionas acerca deles, pois isto ocasiona unha gran importancia nos problemas que ocorren no mundo e na forma na que nos afectan. Á parte, é unha obra sinxela de ler e entender e é moi curta. O autor en todo momento soubo manexar o tema e o léxico; o único dilema que observei foi a diversa cantidade de nomes que xorden durante a historia, xa que nalgúns momentos perdíame co personaxe e debía retroceder a lectura, pero exceptuando isto é un libro estupendo para ler a calquera idade. ¿A qué altura está o ceo? de Jorge Mira, Emma Buján Mourinho (1º Bach A) Ollos de auga de Domingo Villar, Iria Tosar Porto (1º Bach C) Carla Souto Duro (1º Bach B) Presas fáciles é un cómic escrito por Miguelanxo Prado en 2016 que trata da vinganza protagonizada por un grupo de anciáns cara os traballadores de diferentes bancos de cartos que, tendo en conta os problemas da maior idade, aproveitan para apoderarse dos ingresos dos vellos, provocando ao comezo do libro o suicidio dunha parella de vellos, Pilar e Pablo, o que causa as diversas mortes por envelenamento de persoas relacionadas co banco. Estes asasinatos están ambientados en lugares da Coruña, como o Obelisco, a Torre de Hércules ou María Pita. Nesta historia destaca o duro traballo dos investigadores Sotillo e Olga, quen levaron o caso ata o final prestando gran atención a cada unha das mortes e dos sospeitosos. Esta obra trata algúns temas socioeconómicos que podemos relacionar coa realidade actual, como a crise económica, os preferentes… Nestas situa- cións, podemos observar como os máis poderosos, é dicir, os bancos, apro- véitanse (como mencionei anteriormente) dos máis débiles. Ademais, aínda LECTURAS CREATIVAS
  • 13. Elisa Blanco Rodríguez (1º Bach B) Xoguetes para un tempo prohibido é unha obra de Carlos Casares que conta a historia de Elías, un neno con ilusións e soños en finais do século XX. O espazo desta novela transcorre nunha Compostela durante os anos da Posguerra. Esta obra foi publicada pola editorial Galaxia no 1975. Tivo moita repercusión no seu lanzamento e gañou numerosos premios (Premio Galaxia de Novela e Premio de la Crítica española). E hoxe en día, conta con dez edicións na Editorial Galaxia. Carlos Casares escribe este libro dunha forma moi peculiar, xa que, aínda que os medios a cataloguen coma unha novela, tanto a distribución coma a extensión non son propias dunha novela como tal. O autor conta o transcurso da vida do noso protagonista a través de parágrafos de forma sucesiva. Non ten capítulos. Esta novela está escrita nun galego algo complexo en certas partes para a xente da nosa idade. De todas formas, contén frases que dan que pensar. Coma por exemplo: “Raramente o amor de onte se volve a chamar cos mesmos nomes”. Carlos Casares escribe este libro en segunda persoa e fala sobre o paso da xuventude á idade adulta. É certo que a obra se centra máis na época de instituto do protagonista con- tando as relacións que tivo, as festas... E todas esas cousas que ten a adolescencia. Pero tamén se fai saber o baleiro que ten o personaxe principal a través de certas frases como, por exemplo, a seguinte: “A aquela altura, ¿a quen lle interesaba a fuga aberta do teu discurso roto?” Nese momento, Elías desfógase cunha reflexión sobre os seus pensamentos. E, a pregunta retórica dese fragmento, quero dicir que me encantou. Eu, sempre que leo, rematan namorándome todas as oracións cun trasfondo complicado para o perso- naxe, dado que son as máis duras e mesmo por iso as que máis fan a sentir ao lector. Volvendo ao libro, quero informarvos de que é un libro curto: conta con 113 páxinas. A medida que trans- corre a historia, ao mesmo tempo que o protagonista crece e evoluciona, o vocabulario vaise compli- cando un pouco. E ademais de tratar en primeiro lugar a historia de Elías, o autor tamén fai referencia a varios autores (esta información inclúese ao final do libro). E para rematar, cómpre dicir que aínda que teña un vocabulario distinto ao actual debido a época na que está escrito. Se che gustan as reflexións e ler un libro co que te poidas sentir identificado, dálle unha oportunidade a este libro curto de Carlos Casares. LECTURAS CREATIVAS 11
  • 14. Ulf de Jacobusland. Os viquingos en Galicia de Alberto Varela Ferreiro, Rubén Corredoira Mahía (1º Bach A) Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, Rubén Corredoira Mahía (1º Bach A) Duarte Freijo Fernández (1º Bach A) Como traballo sobre a lectura vou facer unha comparación entre o libro e a película inspirada nel, xunto cunha pequena valoración persoal. Para comezar, paga a pena comentar que pasar unha historia de papel á televisión é unha tarefa moi difícil, por riba de todo neste caso, xa que hai que converter unha novela dunhas cincocentas páxinas nunha película de hora e media, polo que hai que omitir moitos detalles. Como xa dixen, non é unha tarefa sinxela, pero desde o meu punto de vista neste caso conséguese moi ben. A historia principal mantense á perfección, os que si se omiten ou varían son algúns detalles, como a non mención de Alba (a ex parella de Leo Caldas), ou a variación da data do afundimento do Xurelo (no libro é o 1996, na película o 2001; imaxino que sería para manter proporcional a distancia coa actualidade, xa que o libro publicouse en 2009 e a película en 2015). En canto aos actores da película penso que están moi ben escollidos, a súa aparencia é similar a como os podes imaxinar mentres que les o libro, así como a súa actuación é bastante similar ao comportamento que estes teñen no libro. Un punto en contra da adaptación cinematográfica é que me pareceu que tiña un ritmo demasiado rápido. Tendo lido o libro antes de vela si que se pode entender ben, pero pode ser que sen telo lido custe máis captar a historia. Paréceme importante destacar que aínda que a película estea rodada en castelán, imaxino que para poder chegar máis aló de Galicia, se manteña o uso do galego cando personaxes secundarias falan en galego entre eles, como por exemplo en Panxón (na lonxa) ou en Aguiño (na farmacia). O feito de que estes personaxes cambien ao castelán ao falar con Caldas pódese interpretar como unha crítica a que en grandes cidades, coma Vigo neste caso, se fale menos galego. Para terminar, como xa dixen, paréceme que a adaptación do libro á película está moi lograda en xeral. Recomendo totalmente ambos os dous. LECTURAS CREATIVAS
  • 15. Asterix de Alberto Varela Ferreiro, Héctor Pérez Fuciños (1º Bach A) Os corpos dos Romanov de Alberto Ramos, Astrid Danielas Molina Guerra (1º Bach A) Manuel Luis López Vázquez (1º Bach B) O libro do que vou falar é O Bichero. O autor de libro/deseñador é Luis Davila Malvido nacido en Pontevedra en 1972 pero criado en Bueu. É un deseñador gráfico, pintor e viñetista galego do que destaca o seu traballo O Bichero para Faro de Vigo. Ademais ten outros traballos como Fotomatón. O seu traballo está influenciado por Quino, un humorista gráfico. Luis Davila formouse na Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picas- so da Coruña. Fixo os espectáculos Menú do día e Menú de noite. Recibiu varios premios debido ao seu traballo. O último foi en 2023 o premio Trasalba. A continuación imos desglosar a obra máis importante deste debu- xante pontevedrés: O Bichero.Esta composición divídese en función dos temas aos que fai mención con moita retranca e acompañado das viñetas en cor que completan a visión do autor. Nesta obra os temas a tratar son: "Política", "Xente de aquí" e "Un pouco de todo". En canto ás personaxes empregadas, o autor non fai distincións utilizando tanto xente da vila, xente urbanita, nenos, maiores e ata ``fodechinchos´´. Todas as viñetas están escritas en galego e empregan nalgunhas o uso da gheada o que supón un empu- rrón do galego nos medios escritos e xa conta con recoñecemento polo labor de espallar o coñecemen- to das súas viñetas. En conclusión, a miña opinión sobre o libro é que non está nada mal, aprendín moito vocabulario novo do galego que nunca escoitara, e rinme moito vendo as viñetas, é un libro entretido e moi bo para pasar o tempo. LECTURAS CREATIVAS 13
  • 17. Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, tradución e articulismo. E a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024. A RAG destaca dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90", esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní. Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página abierta. Finou prematuramente, o 6 de marzo de 2004, por unha meninxite, aos 46 anos de idade. Os seus restos mortais descansan no cemiterio de Santo Amaro da cidade herculina. Ao rematar a cerimonia relixiosa un nutrido grupo de escritores e poetas de toda Galicia como Manuel María ou Manuel Rivas despedírona nun acto laico con poemas e música de violín, ao acto tamén acudiron políticos como Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana. En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Fonte: Wikipedia en galego) LUISAVILLALTA 2024 15
  • 19. DÍA da MULLER e da NENA na CIENCIA 17
  • 20. Nesta charla a Doutora Mónica Cartelle Gestal fala da súa traxectoria como investigadora e dos traballos que realizou ao longo da súa vida profesional. Mónica estudou nun instituto coruñés, e desde os 12 xa sabía o que ela quería ser,científica. Sempre o tivo moi claro e non dubidou á hora de ir á universidade. Cursou a carreira de Bioloxía na Universidade da Coruña, pero ao rematar non atopou traballo. Grazas á súa nai comezou a traballar no CHUAC analizando e preparando mostras de urina. Mónica estaba moi entusiasmada por esa oportunidade, mais ela quería traballar co VIH. Máis adiante comezou a traballar no hospital nun proxecto do xenoma humano. Realizou máis traballos no hospital ata que conseguiu unha bolsa para ir a Nottingham.No Reino Unido traballou en proxectos sobre a comunicación entre bacterias e centrouse especificamente na Pseudomonas aeruginosa e como podían empregarse en terapias. Pasado un tempo marchou a Ecuador para centrarse nos seus intereses, onde traballou como profesora en Riobamba e Quito. Centrouse na resistencia antimicrobiana, e ao mesmo tempo deu clases na universidade e viaxou ao longo de Ecuador divulgando ciencia. Pero decidiu pasado un tempo que se trasladaría aos Estados Unidos para centrarse no que ela quería, como frear a resistencia antimicrobiana. A día de hoxe Mónica traballa como profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Luisiana, realizando proxectos no laboratorio sobre os microorganismos e a súa resistencia aos antibióticos. VIDEOCONFERENCIA Sofía Rey Mirás 1º Bach A MÓNICA CARTELLE
  • 21. Videoconferencia de Javier de Toro 1º Bach A Andrea Souto Pico 1º Bach A Rubén Corredoira Mahía 1º Bach A CONCERTO 19
  • 22. Departamento de Educación Plástica e Visual Alumnado de 3º ESO
  • 23. 21
  • 24. SOBREACAMPAÑA“AQUÍTAMÉNSEFALA” Para este traballo eu puxen o cartel na CARPINTARÍA PEDRO FRANCO do meu barrio. A experiencia foi bastante boa, foron moi amables, puxéronno sen problema e sacáronse a foto sen queixa. Este local é un dos que coñezo dende pequena, e o que asocio co galego xa que sempre que vou falamos nese idioma. É certo que agora se escoita un pouco menos a lingua, eu nótoo especialmente nos meus irmáns pequenos, xa que, aínda que eu acostumo a falarlles no idioma para que o aprendan, son moitos os nenos da súa idade (7-10 anos) que non o entenden ou non o saben falar. Penso que é un deber dos pais como galegos ensinar a súa propia lingua aos seus fillos, e esta idea dos carteis paréceme unha iniciativa xenial para eliminar os prexuízos que ten a xente sobre que na Coruña non se fala o galego. Eu dende o punto de vista persoal teño claro que é un deber non deixar que se perda a nosa esencia como galegos (a lingua), e podémolo conseguir falando día a día o noso idioma, ben sexa na rúa, na casa, na compra, … Eu tamén falo galego. Ana Polanco Ramos (1º Bach B) Para este proxecto coloquei o cartel no RINCÓN DE SARA unha tenda do meu barrio onde habitualmente se fala galego. É verdade que noutros locais ás veces non o empregan, mais teñen boa competencia no idioma e se ti empezas falando eles responden en galego. Que na Coruña non se fala galego é totalmente un prexuízo aínda que moitos rapaces están perdendo a fala galega, existimos unha meirande parte que somos capaces de entender e falar o idioma. Sofía Calderón Iglesias (1º Bach B) Conseguín que nunha óptica que hai preto da parada dos Castros (ÓPTICA VISIÓN) quixese poñer o cartel de “Aquí tamén se fala galego”. O dono, moi boa xente, díxome que intentaría falar o máximo posible en galego aínda que lle custa. Uxía Iglesias González (1º Bach C) A dona da tenda ENXEITOS quedou encantada co proxecto e díxome que era moi bo que os institutos promovesen o uso do galego para que non se perdera. Persoalmente, penso que se nos establecementos nos recibisen falando galego, moitos o falariamos moito máis, sería mais fluído e evitariamos moitas situacións nas que xente da nosa propia cidade di que non nos entende se falamos en galego ou que o galego é unha lingua de vellos. Mencía Bergondo García (1º Bach A) É a perruquería IRENE REGUEIRO de debaixo da miña casa, a rapaza é de Paiosaco e é galegofalante dende que é unha cativa. Cando lle ofrecín a idea, estivo encantada de colaborar na causa e pareceulle moi boa idea. Daniela Pita Naveira (1º Bach C) As mulleres que traballan na tenda veterinaria NUTRIFARMA adoitan falar castelán, mais calquera galego falante será benvido e contestaráselle na mesma lingua, xa que o galego é a nosa lingua e merece o mesmo respecto ca calquera outra. Carmela Archilla Fragueiro (1º Bach B) O galego non é unha lingua morta no barrio. Cando vas pola rúa escoitas xente falar galego. Téndese a pensar que na cidade se perde o galego, e sobre todo na xuventude. Podo dar fe de que non. Teño veciños galegofalantes con fillos galegofalantes. O meu pai é galegofalante. Hai moitos establecementos nos que te atenden en galego, temos bares e restaurantes que teñen a carta en galego. A miña familia leva moito tempo indo ao RESTAURANTE E CAFETARÍA JAVIMAR e non teñen problema en atendernos en galego, pois a miña familia é o que fala. Cando fomos co cartel non tiveron ningún problema en colgalo e respondernos en galego. Entón, podo concluír que aquí, no Castrillón, tamén se fala galego. Lucía Parga Verdía (1º Bach B) REFLEXIÓNS DO ALUMNADO
  • 25. 23
  • 26. Se nos trasladamos ó mundo antigo é moi difícil entender o que era un mito, polo uso e abuso que se fixo do termo “mito” na linguaxe común. Hoxe fálase, por exemplo, de que a “informática se converteu nun dos mitos do home moderno”. Isto nada ten que ver, por exemplo, co mito de Prometeo. A palabra grega μύθος vén ser algo así como “relato”. Esta é a característica fundamental do mito, a de ser relato, algo que se conta. Pero, coidado, é distinto facer un relato de algo que fixeches onte a facelo sobre a orixe do mundo, moito máis serio e profundo. Este é o tipo de relato ó que está destinado o mito. Non os relatos que son efémeros, que pronto se esquecen, senón os que se repiten unha e otra vez e se transmiten durante anos ou durante séculos. Son historias que para os membros dunha comunidade son unha sabedoría, unha maneira de entender o mundo. O que se conta nun mito é algo concreto. Polo xeral, un conflito protagonizado por personaxes determinados. Pero, repito, o que se trata neles (loitas polo poder, conflitos familiares etc) é digno de ser recordado e transmitido por unha comunidade ben porque explican o mundo, porque ilustran os costumes do grupo, ou ben porque dan modelos de conduta etc. Os antigos supoñen que os mitos ocorreron na orixe dos tempos. Sucederon noutro tempo mítico, antes do noso e diferente. Un pouco parecido ó tempo dos contos, ese “érase unha vez”, que nunca sabemos onde situar no transcurso dos séculos, pero que é un tempo diferente no que as fadas, as bruxas, os ogros faladeiros campaban coas persoas. Suponse, daquela, que estas historias serven de modelo e que cando algo nos pasa, pásanos “igual que tal ou cal personaxe mítico. Ó converterse nun elemento de referencia básico, o mito ´pasa a formar parte da cultura colectiva. O mesmo ocorre cos refráns ou as crenzas relixiosas, son elementos que se supoñen coñecidos pola xente. Quen usa o mito sabe moi ben que conta coa complicidade do público, que sabe de antemán de qué vai ese mito. Por exemplo en Edipo rey do tráxico Sofocles, o público xa coñece o relato. Isto permite ó poeta non ter que contalos enteiros. O mito é unha canteira inesgotable tanto na literatura como nas artes plásticas xa que permite establecer co público un primeiro vencellamento, un terreo de xogo coñecido, un marco de referencia que pode recrear, negar ou variar. Permite que a historia se entenda mellor xa que é concreta con personaxes concretos que teñen un nome. Son imaxes individuais e case visuais. Aínda que o mito poida ser un modo de explicación da realidade, esta nunca será racional, senón emocional. Hai que ter en conta algo fundamental no mito antigo. Non se pode considerar que o mito teña sempre un fondo fixo e inalterable. Unha cousa é historia que trata de reconstruír acontecementos reais, que ocorreron algunha vez dun determinado xeito, e outra moi distinta, o mito, na que o poeta ou narrador non só pode innovar ó contalo, senón tamén modificalo por completo: converter o protagonista en fillo doutro personaxe, facer que execute outras fazañas etc para que a nova historia contada con vellos personaxes poida significar unha cousa totalmente distinta. Isto sucedeu con moitos mitos, por exemplo, Ulises da Odisea ou a súa muller Penélope. Poden existir moitas Penélopes. En definitiva, os mitos, ó longo do tempo, poden alterar o seu sentido, reescribirse en diversos xéneros literarios. En cada momento histórico, en mans de cada creador, cobrarán un significado sempre novo, sen perder a súa identidade. A perduración dos mitos baséase precisamente na súa capacidade de adaptación que lles permite ser os mesmos á vez que diferentes. Non hai que esquecer que os artistas plásticos son tamén grandes colaboradores na transmisión dos mitos. Estes traballan tamén con liberdade, seleccionan un elemento importante, misturan nunha escena momentos distintos, inventan novas escenas ou novos episodios. Polo tanto non debe esquecerse a mitoloxía clásica como parte da nosa cultura e así debe permanecer o seu estudo na ESO como materia obrigatoria. EnriqueRodríguez ExprofesordeLatíneGregodoIESMontedasMoas. MITOLOXÍA E MITO NA LITERATURA
  • 27. Clara Vázquez Martínez 1º ESO A Mauro Garea Ramos 1º ESO A Yaiza López Traba 1º ESO A Iago Fernández Corral 1º ESO A Emilio Souto Suárez 1º ESO A LUSOFONÍA 25
  • 28. Alumnado de 2 º e 3º ESO Portugués 25 ABRIL 50 anos da Revolução dos Cravos
  • 30. Durante este mes das Letras e tendo en conta a homenaxe a unha poeta tan musical como a coruñesa Luísa Villalta, desde o EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha exposición sobre música galega tendo en conta o enorme éxito e proxección que están a ter tantas bandas e artistas galegos de múltiplos estilos no panorama musical actual e mesmo máis alá das nosas fronteiras. O alumnado desde 1º ESO até 1º Bach traballou sobre diferentes grupos ou músicos e músicas que desenvolven a súa creatividade musical en diferentes estilos na nosa lingua. No vestíbulo da escola puidéronse ver as cartolinas tan coloridas e creativas que deseñaron para aprender moitas cousas sobre variados e exitosos grupos. En cada cartolina hai un código QR que nos liga a unha canción escollida por cada alumna/o e que tamén soou e puido verse o seu videoclip na televisión do vestíbulo da entrada do IES Monte das Moas durante o mes de Maio. Aquí a ligazón á listaxe de cancións escollidas polo alumnado MÚSICAS EN GALEGO
  • 31. Centón Poético Día da Candeloria NA NOSA CABEZA 29
  • 32. A miña primeira vez no instituto como estudante xa oficial foi despois do verán de 2021, na volta á clase. Lembro aquel día moi nerviosa xa que comezaba unha nova etapa para min e para todos os meus compañeiros, e tamén para aqueles que aínda non coñecía. Xa na clase, cando nos dividiron por aulas, ao principio non estaba nada satisfeita porque case non coñecía a ninguén e debido a iso os primeiros meses non foron os mellores. Tamén nos mostraron o instituto por dentro e todas as súas instalacións como os baños, a biblioteca, os recreos, etc. Ao longo daquela mañá estivemos coñecendo varios mestres que nos ían dar clase, algo que tamén era novo porque antes, en primaria, só tiñamos un mestre. Escollín falar sobre a miña primeira vez no instituto porque penso que é unha das mellores etapas da miña vida e tamén porque en primeiro fixen moitas novas amizades e coñecín moita xente. Estar neste instituto axudoume e tamén me axuda a ser cada día máis independente tanto comigo mesma como nos meus estudos e sempre estarei moi agradecida. (Sara) A primeira vez que o vin sabía que tiña algo especial, pero non lograba saber o que era que o facía especial. O seu sorriso alegrábame os días e o brillo dos seus ollos espertaban a miña nena interior, non sei como o facía para terme tan embobada nel, na súa figura e na súa presenza. Nos meus ollos el era único entre moitos, ou iso pensaba ata hai uns meses, cando me demostrou que non era o meu príncipe azul nin todo iso que aparece nas películas. Eu confiaba moito nel chegando ao punto de contarlle cousas que ninguén sabía, temas privados delicados. Que parva fun ao poñer toda a miña confianza nese ser que aparentaba algo que non era! David, se estás lendo isto, non sabes todo o dano que me fixeches! (Paula) Recordo ben como foi a primeira clase de galego que tiven neste instituto, en primeiro da ESO. Xa nos contaran algo nas outras clases os nosos compañeiros; entón, cando nos tocou a hora de galego, estabamos todos atentos á porta. Cando xa estabamos a piques de perde o interese, a porta ábrese de súpeto cun forte ruído e entra certa profesora lendo un libro en voz moi alta. Como dixen antes, xa nos contaran iso pero non esperabamos que fose así. Quedamos todos un pouco sorprendidos. Varias persoas pegaran un salto na súa cadeira, cando se abriu a porta. Ademais, a profesora mirábanos mentres lía e algúns mirábana coma se fora un extraterrestre. Recordo que o conto que leu era sobre un neno ao que lle gustaba ler. (Irene) Todo era escuro, non vía nada, só escoitaba gritos e moita xente falando. Pasaba o tempo e os berros intensificábanse cada vez máis, a xente movíase cada vez mais rápido e máis angustiada, cada vez había máis luz. Eu vía xente vestida de branco, con guantes, había homes e mulleres, collendo a miña cabeza, eu chorando sen parar porque estaba con moito medo do que puidese pasar. Entón, por fin, vin a luz. Todo brillaba moito, doíanme os ollos; de repente vin unha muller, en canto a vin deixei de chorar. Esa foi a primeira vez que vin a miña nai. (Mariano) A PRIMEIRA VEZ
  • 33. DÍA DA PAZ DÍA DAS ESCRITORAS DÍA DA POESÍA ACTIVIDADES 31
  • 34. Na Semana das Letras, o luns 13 de maio, estivo con nós a escritora, poeta, dramaturga e actriz, Paula Carballeira. O encontro desenvolveuse ao abeiro do programa de Encontros con Escritores convocado pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura @librolecturagob. Estivo con ela o alumnado de 10 da ESO, que leu nas aulas de Lingua Galega e Literatura Trece avisos. A autora explicounos como xurdiu o libro, falou do que era un "aviso" na nosa cultura, reflexionou sobre o que nos produce medo, das referencias culturais ao medo que coñecemos e, sobre todo, entretívonos con fantásticas historias de terror. Para rematar interpretou un conto de medo nos que nos meteu uns cantos sustos. O alumnado de 4º ESO len nas aulas de literatura galega a peza teatral As alumnas e o grupo de 4º que cursa portugués puido achegarse tras o acto a saudar e coñecer a escritora e intercambiar algunhas impresións sobre a obra que len e sobre o seu proceso de creación tanto poética como teatral. Nas aulas de Português leron e traballaron coa tradución a esta lingua do poemario da autora, Há quem escolha os caminhos mais longos. Grazas, Paula, por vir coñecernos e amenizar a nosa xornada!! E inmensamente agradecidas de poder contarmos na nosa escola cunha Premio Nacional de Dramaturxia tan interesante, tan fantástica e cercana coma ti!! Esperamos poder contar axiña contigo de novo!! conPAULACARBALLEIRA ENCONTRO LITERARIO
  • 35. Son Camilo, teño vinte anos e levo sete días nunha illa deserta. Todo comezou cando decidín coller un avión dende España á México. Eran como as catro da tarde, levaba unha hora de voo e acaba- ba de espertar dunha sesta. Todo o mundo gritaba e as azafatas pedían aos pasaxeiros que estiveran calmados. De pronto, o avión xirou de golpe e vin como un maletín caía sobre min. Espertei. Doíame moitísimo a cabeza, non me estraña xa que levei un bo golpe. Mirei ao redor, vin unha praia moi bonita. Facía calor e voaban gaivotas. Ao principio pensei que estaba nunha especie de paraíso, coma se despois de morrer ascendera ao ceo. Creo que vía moitas películas. Tardei como unha hora en darme conta de que si que estaba vivo, de que isto non era un soño, de que tería que sobrevivir nesta illa a partir dese momento. Foi entón cando fixen o que calquera persoa faría, sentarme e chorar. Tiña medo, moito medo. Non podía ser certo. Se non sabía nin cociñar un ovo fritido, como ía vivir nunha illa deserta sen comunicación, auga limpa, luz...? Alcei a vista e vin algo vermello na beira do mar. Volvín mirar e vin que era unha maleta. Corrín desesperadamente, con algo de esperanza. Saquei a maleta da auga e inspeccionei o interior. Toda a roupa e os aparellos na caixa de primeiros auxilios estaban empapados, así que deixeinos a secar ao sol. Mentres miraba a roupa tendida na area, pensaba en que podería facer neses momentos. Sentía- me inútil, non sabía se era mellor esforzarme por sobrevivir ou ir cavando a miña tumba. Pero non, non podía desistir tan pronto, así que, decidido, entrei no bosque da illa para recoller paus e follas que houbera polo chan. Fixen unha especie de cabana pequeniña, só cabía a miña cabeza e torso. A verdade é que non era a mellor cabana do mundo. Non era moi estable, mais estaba orgullosos da miña creación. De súpeto, notei como unha luz laranxa bañaba toda a illa. Estaba por caer a noite e eu so tiña roupa húmida, e catro paus formando unha cabana mal feita (se é que se pode chamar a iso caba- na).Sen pensalo moito, collín un montón de paus pequenos e finas, unhas pólas máis grandes e unhas pedras. Formei un círculo cos paus no medio de este. Despois collín unha rama máis branda e cun pau, comecei a frotala. Isto virao nunha película, polo que tiña un pouco de esperanza de que funcionara. Sorprendentemente, como dúas horas despois, conse- guín prender a fogueira. Estaba moi canso. Deiteime debaixo da miña "cabana" e tapeime co camisón que encontrara na maleta para non coller frío e para que non me comeran os mos- quitos Día 2 Espertei con moita sede e fame, pois non bebera nin comera nada o día anterior. Incorporeime, pero esquecín que estaba durmindo debaixo da "cabana" e destruína cando levantei a cabeza. Pero encontrar auga era a miña prioridade, non tiña tempo para reconstruíla. Así que fixen unha especie de bolsa co camisón para meter o resto da roupa e a caixa para poder levar as cousas comigo. TEXTOS CREATIVOS 33
  • 36. Camiñaba polo bosque con medo de atoparme algún bicho ou algo velenoso. Tamén pensaba no resto de pasaxeiros que ían no avión. Acaso morreran todos? Estaba tan concentrado nos meus pensamentos que non vin un desnivel que estaba no chan, polo que tropecei e torcín o nocello. A duras penas conseguín arrastrarme polo chan. Estaba cheo de lodo e terra, parecía un verme. Pechei os ollos e concentreime nos sons da natureza. Puiden escoitar unha corrente de auga. Iso era bo, significaba que finalmente podería beber auga. Seguín o son da auga ata que cheguei coxeando ata unha pequena cascada. Bebín algo de auga, lavei as mans e mollei a perna para ver se podía calmar a dor. Había un pequena cova onde podería refuxiarme. Sentei dentro e cunha pedra comecei a rascar a parede. Debuxei un pequeno mapa do que levaba explorado. Así podería organizar as miñas ideas. Estaba moi canso, xa non me quedaban enerxías, así que tapeime coas prendas de roupa que encontrara e pechei os ollos. Día 3 Xa tiña auga e refuxio, agora faltábame comida. Levanteime, bebín auga e volvín á praia para ver se podería pescar algo. O sol pegaba moi forte, ese día ía moita calor. Mentres volvía e apartaba a vexeta- ción cun pau, miraba se nas palmeiras había algún coco. Case sen darme conta, cheguei á praia. A tem- peratura era moito maior, polo que tapei a miña cabeza cunha camiseta. Deixei as miñas cousas ao lado dos restos da cabana para despois comezar a crear a miña ferramenta que me axudaría a pescar máis adiante. Era obvio que non conseguiría cazar ningún peixe coas mans, así que atei as tesoiras ao meu pau usando as vendas. Isto deu como resultado unha especie de lanza improvisada. Foi complicado, pero conseguín pescar un pequeno peixe. Usei os restos da fogueira do día ante- rior para prender lume e cociñar a miña cea. Non sabía moi ben, pero tiña tanta fame que non me impor- taba. Gardei un pouco de peixe na caixa por se despois non lograba conseguir máis comida. Alimentei o lume e durmín tapado co camisón. Día 4-5 Espertei con gotas caéndome na cara. En menos dun minuto xa estaba caendo o chuvasco máis intenso da miña vida. Metín todas as miñas cousas na maleta vermella, que aínda seguía na praia, e saín correndo cara ao meu refuxio. Cheguei empapado. Tiña moito frío pero non podía prender un lume xa que non había madeira seca, a miña mellor opción era cambiarme de roupa. Estivo chovendo o que para min foron dous días, ou non, realmente non sei canto tempo estiven alí metido pero foi un total aburrimento. Non tiña moita cousa que facer, durmín a aior parte do tempo e termi- nei o pescado que me quedaba antes de que podrecera. Levaba moito tempo só. Botaba de menos os meus familiares. Debuxeinos na parede e intentei falar con eles, pero foi moi incómodo. Era unha situación estraña, aínda non estaba tan tolo como para facer esas cousas. Nun intento para que o tempo pasara máis rápido, boteime outra sesta. TEXTOS CREATIVOS
  • 37. Manuela Díaz Real 2º ESO A Día 6 Espertei no que eu creo que foi o meu sexto día na illa. Xa non chovía. Sinceramente, creo que tiven bastante sorte ata ese momento, ou ao menos dentro do que cabe, tendo en conta que literalmente quedei atrapado nunha illa deserta. Tomei un baño na cascada, despois collín a miña “lanza-tesoira” e fun ata a praia para intentar pescar algo. Polo camiño, ía recollendo paus para poñelos a secar e facer lume con eles pola noite. Estes colgábaos do meu cinto, que o fixen cos pantalóns que encontrei na maleta. Ese día tiven un accidente. Estaba subido a unhas rochas. De súpeto vin a un peixe a abalanceime para cazalo. Craveille a miña lanza pero este caeu da arma e no impulso por intentar collelo, perdín o equilibrio e caín para atrás. Rabuñei o brazo coa rocha. A ferida comezou a sangrar. Usei o meu pantalón, que ata agora usara como cinto, para tapar a ferida e parar a hemorraxia facendo presión. Miña nai! Nunca sentira tanto estrés na miña vida. O mellor sería lavar a ferida. Collín unhas follas dunha planta do bosque. Lavei a ferida e as follas na auga do mar, despois puxen as follas sobre o corte e as apertei contra a ferida usando o pantalón novamente. Tireime no chan e quedei un anaco deitado na area. Estaba moi axitado pola situación, menos mal que actuei rápido. Un anaco despois, aínda con dor no brazo, levanteime e recollín as miñas cousas, e os paus xa secos que recollera antes. Cando cheguei ao meu refuxio, levei unha gran sorpresa. Había un porco uliscando as miñas cousas, supoño que na procura de comida. Do asombro, deixei caer os paus que levaba comigo. O porco alarmouse e correu cara min. Eu intentei atacalo coa miña lanza pero do susto caín para atrás. Si, outra vez. Mas esta vez caín na auga e non me fixen tanto dano. Sen dúbida, ese non era o meu mellor día. Prendín un lume e cambiei de roupa, o que levaba os primeiros días. Tiña fame xa que debido ao accidente non puiden pescar nada. Día 7 No momento que escribo isto é o meu sétimo día na illa. Hoxe está sendo un día bastante tranquilo con respecto a onte. Pola mañá fun buscar máis follas para renovar a miña vendaxe e fun ata a praia. Mentres pescaba, esta vez con máis coidado, encontrei algo de lixo na beira do mar. Encontrei unha botella sen tapón entre todos os plásticos. Pensei en usala para recoller auga mais non era necesario. Así que tiven unha idea: redactaría a miña experiencia nunha carta de auxilio. Usei as miñas camisetas como superficie para a mensaxe e cinza da fogueira como pigmento para escri- bir. Taparei esta botella con barro e algunha pedra pequena. Non sei se esta carta chegará a alguén, nese caso non sei se servirá para o meu rescate pero ao menos poderán contar a miña historia. Esta é a última parte onde escribo datos sobre min para facilitar o meu rescate: Chámome Camilo Díaz García, de Ourense e teño vinte anos. Supoño que a illa onde estou encóntrase no océano Atlántico, xa que eu viaxaba o nove de abril de 2022 ás catro da tarde de España a México. Por favor, non sei canto tempo poderei aguantar aquí. Auxilio! Por favor! E iso é todo. Tiven que facer algúns cambios con respecto á creación orixinal pero a historia é a mesma. Un saúdo e grazas por ler. TEXTOS CREATIVOS 35
  • 38. Mabel Martín Allegue 2º ESO A Hai tres tipos de espíritos, os malignos, os benignos e os que non poden facer case nada. Eu son desas pantasmas que intentan axudar no que poden, pero non poden cambiar a realidade. Morrín hai moitos anos, pero unha parte de min quedou aquí, para coidar a miña neta, chámase Sofía e ten sete anos. Cando soupen que ía ir en barco por primeira vez, dinme conta de que algo non andaba ben. Pero xa era demasiado tarde, Sofía e a súa nai xa embarca- ran nun barco con destino a New York que non chegaría a ningun- ha parte. Sofía nunca vira antes o mar, ela nacera nun sitio fora de perigo, nun sitio de interior. Nada máis embarcar a nai de Sofía estaba desfacendo as maletas mentres a nena corría corredor por corredor todo o barco na cuberta, vendo o mar... Era a primeira vez que o vía, rompendo contra o barco, a brisa impactando contra a súa cara e o sol que se ía poñendo lentamente. Sofía ía en segunda clase. O que tiña non era precisamente o mellor, pero algo tiña. Aquela tarde sentinme mal, por min, por Sofía e pola súa nai, tiña unha visión de futuro moi mala e non todos poderían salvarse. Pero Sofía non sabía nada, ela era unha alma inocente, non tiña idea das cousas horribles que estaba por vivir. Simplemente ría e corría polo barco adiante como se fose o mellor día da súa vida. Eu vía dende arriba, esperando aquel momento que acontecería tan axiña que non daría tempo nin a reaccionar. Esa tarde Sofía ceou coa súa nai, nun restaurante de segunda clase vendo os ricachóns que durmían entre billetes camiñando ata a sala de fumadores. A fumar e falar. Un luxo que non podían alcanzar, pero eles non me tiñan a min. Non tiñan unha alma protectora. Sofía si que a tiña aínda que fose de segunda. Pola noite uns durmirían, os do servizo limparían e outros con máis cartos xogarían fortunas na sala de pócker. A nai de Sofía mandou a nena para durmir ao camarote. Eu púxenme aos pés da súa cama, flotando sobre as mantas, Sofía durmía, a súa nai tamén. O camarote estaba en silencio, só se escoitaba o son das ondas que impactaban contra o Titanic, na planta de arriba os fumadores fumaban e os xoga- dores perdían fortunas, estarían así toda a noite, estarían porque esa noite non ía ser como calquera outra, esa noite pasarían cousas que cambiarían a mente de Sofía para sempre. Ás once da noite tentei salvar a Sofía, quixen penetrar no seu subconsciente, facer que tivera un pesadelo e así espertala. Para que fuxa, para que lle dea tempo a salvar a súa vida. Unha vez Sofía espertou empezou a vomitar, a nai da nena levantouse para atendela, pero Sofía estaba afogando no seu propio vómito, a súa nai correu con ela en brazos ata a enfermería que estaba na parte de arriba do barco. Ás once e dez Sofía xa rema- tara de vomitar, estaba máis ou menos estabilizada e medicada. Eu sabía que se volvía agora para o camarote íase durmir e morrería coa sua nai. Eu non podía abrir portas, nin facer cousas pero podía utilizar todas as miñas forzas para facela volver vomitar, así expulsando a medicación que era un anestesiante que a faría durmir o resto da noite. Ás once e media Sofía voltou estar estabilizada, agora estábanlle medindo a tensión. Sabía que faltaba pouco para a traxedia, so tiven que esperar uns minutos, cando todo estaba comezando, cando come- zaban a mandar mensaxes de auxilio, pouco despois enteirouse a tripulación de que o barco chocara contra un iceberg, todo era pánico e xente berrando mentres o barco se levantaba cada vez máis, aínda que Sofía e a súa nai xa estaban arriba aínda lles quedaba traballo por facer. Nese momento xa levaban dous botes volcados no mar e os burgueses subindo para salvarse eles e tamén os seus cans de bolso que supoño que non sentirían as pernas. So tiña que facer algo rápido que parecera insignificante. Unha corrente, unha onda, algo que achegase a barca cara ela. Algo que non era complicado se se facía correctamente, so tiña que usar a cabeza. Sabía facelo e fíxeno. TEXTOS CREATIVOS
  • 39. Alumnado de 1º e 2º ESO POSTAIS NADAL 37
  • 40. ENTREVISTAAADRIÁNLÓPEZBOCIJA,CARMELATABOADARODRÍGUEZERENATAPÍARIAL O curso 2023-2024 foi un ano academicamente especial para a comunidade educativa do IES Monte das Moas, xa que contamos cun novo ascensor, 35 anos de inauguración do centro, un novo mural pintado por Raquel Xermade, unha biblioteca inclusiva, e entre outras cousas, tres persoas alumnas de 4º ESO, Adrián López Bocija (de 4º ESO A), Carmela Taboada Rodríguez (de 4º ESO B) e Renata Pía Rial (de 4º ESO D) , participaron nun concurso de televisión a nivel nacional chamado Saber y ganar, presentado por Jordi Hurtado. Non é a primeira vez que un grupo de persoas alumnas participan en concursos de televisión, é a segunda vez en 35 anos. Adrián, Carmela e Renata recibiron moitas entrevistas, pero ningunha ata agora dentro do centro. Así que neste artigo preparei a primeira e única entrevista aos tres alumnos dentro do instituto, con preguntas bastante interesantes e curiosas, así como respostas orixinais. DANIEL: Por que vos apuntastes a Saber y Ganar? ADRIÁN: Apuntámonos por recomendación de Mikel, profesor de Historia. Propúxonos apuntarmos o curso pasado e fixémolo. DANIEL: De quen foi a iniciativa e por que vos seleccionaron para este concurso? ADRIÁN: Pois a iniciativa foi de Mikel, de novo, e, creo que nos seleccionaron porque pensaron que poderiamos desempeñar un papel moi importante DANIEL: Que foi o que máis e o que menos vos gustou do concurso? RENATA: O que máis me gustou, eu creo que foi coñecer, a xente, non? Fixemos moitos amigos de sitios, e o que menos pois, irnos. DANIEL: Realmente esperabades a vitoria? Porque a miña cabeza pensou que iades por ese camiño? CARMELA: Pois, a verdade que non, e viámolo como algo moi difícil, e iamos moi nerviosos. RENATA: E logo, no primeiro programa, pensabamos que era un. DANIEL: Cales foron as vosas habilidades dentro do programa? CARMELA: Renata deletrear, non? RENATA: Deletrear ADRIÁN: Eu cultura xeral CARMELA: O mesmo DANIEL: De que vos sentides máis orgullosos? CARMELA: De que o fixemos ben DANIEL: Por que o programa se gravou dúas veces en vez dunha? CARMELA: Porque eran dous programas. ADRIÁN: Porque tiñan distintas seccións CARMELA: E iamos contra distinta xente RENATA: Entón, eran as mesmas probas. Había probas diferentes e gañabas máis diñeiro na segunda DANIEL: Por que se publicou o programa en Nadal? RENATA: Porque era un especial para esas datas. DANIEL: Na presentación aparecen dúas escenas (a obra de arte da cafetería e o recreo de 1º ESO) Por que se elixiron estes escenarios? ADRIÁN: Porque son os lugares máis bonitos e vistosos do instituto CARMELA: E os máis representativos DANIEL: A que vos dedicades fóra do horario lectivo? RENATA: Pois, eu, fago, actividades, como voleibol e teatro… CARMELA: Eu fago, baile tradicional ADRIÁN: Eu estudo e adestro piragüismo DANIEL: Recibistes recoñecementos posteriores despois da vosa vitoria no programa? En caso de dicir si, que recoñecementos nos podedes revelar? CARMELA: Pois, moitos máis dos que esperabamos, sobre todo en internet, xente que nos fixo comentarios, cousas. RENATA: E o instituto deunos un agasallo DANIEL: Algunha mensaxe que queirades dar ás persoas alumnas do noso centro? CARMELA: Que se apunten a todo o que lles digan. RENATA: Porque o medo pecha portas. SABER E GAÑAR
  • 41. “Apuntádevosatodooquequeirades,porqueomedopechaportas” DANIEL: Tedes pensado participar noutro programa de televisión no futuro? RENATA: Si ADRIÁN: Estaría ben. DANIEL: Por exemplo? ADRIÁN: Non sei si sería posible CARMELA: É que alí non hai moitos programas que sexan para menores. E, ademais, penso que se foramos a outro programa, iriamos os tres, xuntos. E que non hai tampouco moitos que sexan de tres. RENATA: Ao mellor cando teñamos dezaoito, repetimos DANIEL: Como podedes orientar ou axudar a futuras persoas alumnas do centro aspirantes a participar no programa? RENATA: Pois que non teñan medo de fallar, e que non queden mal diante de toda España. E ademais, saben máis do que cren. ADRIÁN: Tes que ir alí a pasalo ben RENATA: Porque é unha experiencia moi… CARMELA: única DANIEL: Que ides facer o ano que vén? CARMELA: Imos…ao estranxeiro RENATA: Imos estudar un ano fóra, aos Estados Unidos, ADRIÁN: E eu a Canadá DANIEL: Que credes que podería pasar se houbese unha cuarta persoa no programa? Cinco, seis, sete, oito… (máis ou menos de tres) RENATA: Nada, non creo que cambie nada RENATA: A ver, se fosemos máis non cambiaría nada, se fosemos menos se cadra si ADRIÁN: E hai moitos rapaces que son iguais, iguais de capaces que a nós DANIEL: Como foi a vosa participación no concerto do Arquivo do Proxecto do Reino de Galicia realizado en xaneiro? Algunha anécdota ou cousa que nos querades contar? ADRIÁN: Que foi interesante CARMELA: E gustounos participar, e axudar DANIEL: Dade unha mensaxe final, por favor: RENATA: Pois que, estamos moi agradecidos de poder, participar, neste concurso porque, a ver, houbo moitas cousas, coñecemos xente nova, e, non sei, e, eu repetiría… ADRIÁN: Si, si, repetiriamos DANIEL: Que ides estudar e que ides facer no futuro? (Carmela e Adrián non saben nun principio o que van facer) RENATA: Vou estudar Relacións institucionais e gustaríame traballar na ONU. Daniel Collazo Barcia 4º ESO B 39
  • 42. ACCESIBILIDADE COGNITIVA O alumno, Daniel Collazo Barcia de 4º ESO B, colaborador do EDGL e da biblioteca, impartiu unha charla nun grupo de 3º ESO sobre accesibilidade cognitiva na que lles explicou o concepto aos compañeiros e compañeiras e rematou cuns exercicios prácticos de reflexión para que eles puidesen comprobar canto saben do tema. Enlace á presentación que fixo: https://bibliomoas.blogspot.com/2024/04/charlas-sobre -accesibilidade-cognitiva.html INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA INCLUSIVA O 28 de febreiro inauguramos a nosa biblioteca inclusiva grazas á colaboración do noso alumno Daniel Collazo Barcia, que, como colaborador do EDLG e da biblioteca escolar, buscou os pictogramas relativos ás materias e dirixiu a súa colocación para que o acceso a estes sexa máis claro para todos, e, en especial, para o alumnado con necesidades educativas especiais. Grazas, Daniel, pola túa implicación! CERTAME CURTAS PARA A DIVERSIDADE O xoves 25 de xaneiro tivemos a presentación de NORTE CINEMA DIVERSO. Este ano celebrouse a segunda EDICIÓN de festival, do 29 de febreiro e o 1 e 2 de marzo no Teatro Colón e a novidade foi achegar o festival aos centros educativos. Proxentáronse catro curtas: Antes da erupción, Non binario, Pancarta e Moble de fotos. Despois da proxección o alumnado participou nunha charla debate cos representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de Norte Cinema Diverso, un membro de Sexpoint Casco e da Fundación 26D. Fito, Fernando, Paco e Jenni fixeron unha presentación marabillosa e moi necesaria, sempre en positivo e sendo moi claras na exposición do que supón a diversidade de xénero. DIVERSIDADE
  • 43. 41
  • 44. 25 N
  • 45. 8M 43
  • 46. 8M
  • 47. 8M 45
  • 49. Xx Ás 16:30 xuntámonos en Catro Camiños para comezar o percorrido dirixíndonos á casa natal e na que a poeta tamén soñou, escribiu, compuxo e tristemente morreu tan nova en marzo de 2004. Fomos lendo poemas representativos da súa obra, especialmente do poemario En concreto que xa constitúe unha homenaxe en forma de retrato poético da cidade herculina. Participou o alumnado de 1º Bac do Club de Lectura en Língua Galega LUISAVILLALTA ROTEIRO 47
  • 50. Xx A última visita foi moi especial. Acudimos ao taller de artes gráficas e imprenta manchea na avenida de Navarra onde tan amabelmente nos recibiron Laura e Tono quen nos contaron moitas cousas do seu oficio e puidemos ver a súa maquinaria industrial, como prensas da impresión tradicional que alí teñen...até en funcionamento!! E tamén papel feito de liño!! Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada tan entretida que rematou coa agradabilísima sorpresa que nos tiñan preparada Laura e Tono que nos deixaron imprimir uns marcapáxinas ben fermosos. Ler, que Despois acudimos ao Campo de Marte onde lemos o poema "Asilos" para dar conta do testemuño poético que Luísa deixou daquela loita, tamén perdida contra a especulación, que culminou co derrubamento do edificio do asilo de anciáns de Adelaida Muro. En cada parada: praza de Vigo, Xardíns de Méndez Núñez, Obelisco, na Dársena, na praza de María Pita ou no Campo de Marte foron lendo poemas como "Xardíns", "Palacio Municipal", "Ruínas,", "Solares,", os caligramas como "A Torre", "Obelisco" ou "Rañaceus," etc e outros pertencentes a outros poemarios que se intercalaban nas lecturas. LUISAVILLALTA Unha parada moi especial constituíuna a do Papagaio, onde puideron recitar os poemas da solidariedade feminina con quen habitou e transitou por aquel barrio da prostitución de Monte Alto até ser derruído no 2001 na fervorosa especulación urbanística daqueles anos. pracer!! ROTEIRO
  • 51. Xx O mércores 15 de outubro, 50 alumnas e alumnos de 3º de ESO asistiron ao Ágora ao concerto da Banda AldaoLado nunha actividade organizada conxuntamente polo Departamento de Lingua Galega e o EDLG. Esta proposta parte do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e pertence ao programa “Falamos” que pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. 3º ESO C tivo a sorte de participar no proxecto VINTE 23. Visións, soños e mentiras. Un proxecto de intervención escénica e recuperación da memoria do territorio habitado polo pequeno Pablo Ruíz Picasso na Coruña. O luns, 27 de novembro, Sete e Antonio viñeron ao instituto para amosarnos un petisco do que iamos ver na Casa Museo Picasso o xoves 30. Pertencen á compañía “Os náufragos teatro”. Este proxecto foi seleccionado como de especial interese cultural na provincia polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña. O noso instituto serviu de antesala para as intervencións escénicas que a compañía realizou ao longo da semana en varios puntos do territorio picassiano, no centro da cidade e coa colaboración da Casa Museo Picasso e dos Museos históricos da Coruña e nos que participaron diversas entidades sociais e educativas da provincia. @museoshistoricoscoruna @cultura.coruna @osnaufragosteatro @osnaufragosteatro ALDAOLADO Ágora VISIÓNS,SOÑOSEMENTIRAS PabloPicasso 49
  • 54. ASNUBESdeARISTÓFANES Telón de Aquiles, grupo de teatro do IES Monte das Moas, estreou neste curso 2024 a súa versión do clásico de Aristófanes, o máis irreverente comediógrafo da Atenas do século IV a. de C. Aristófanes sempre é divertido, mais tamén é crítico, ferinte, mordaz, sarcástico e chega a ser cruel cos vicios e miserias da súa sociedade. En Asemblearias, outra das obras representadas por Telón de Aquiles, denuncia a hipocresía e o exceso de testoste- rona masculino e reivindica o sentido común feminio nos asuntos de Estado. Nesta obra, esas nubes, as auténticas deusas naquel mundo engaiolado pola sofistica- ción, non son máis ca outra estafa da modernida- de. Entre vellos e novos deuses, os cidadáns acatan, ignorantes, as novas consignas ou as vellas. O noso encumbrado Sócrates, o grande filósofo, fica reducido a simple sofista, pueril pedagogo pagado de si mesmo, un demagogo que defende as causas inxustas. Toda a obra centra a súa mensaxe na falsa pedagoxía e na pedantería daquel tempo (abraiante século IV antes de Cristo) e, polo tanto, deste actual (sor- prendente século XXI). Coinciden ambos tempos (o século XXI e o século IV antes de Cristo) no me- nosprecio do antigo e no ditirámbico eloxio de todo o novo, aínda que sexa estúpido. Tamén coindide este tempo con aquel nas credulidades, as dos novos e as dos vellos. Aristófanes segue moderno. TELÓN DE AQUILES
  • 55. 53
  • 56. 2ºBACHARELATO Gaudeamus igitur, iuvenes dum sumus. Post iucundam iuventutem, post molestam senectutem, nos habebit humus. Vivat Academia, vivant professores. Vivat membrum quodlibet, vivant membra quaelibet, semper sint in flore. Alma Mater floreat quae nos educavit, caros et conmilitones dissitas in regiones sparsos congregavit. Anónimo. s. XIII. ORLA