Creación y gestión de microempresas. tarea 1nuevosretos
El documento describe las herramientas colaborativas que se utilizarán en el curso "Creación y Gestión de Microempresas" (ADGD0210), incluyendo blogs, videos de Youtube, wikis, Dropbox, Google Drive, Mindomo y Hot Potatoes. El objetivo es mantener informado al alumnado, permitir el intercambio de información y trabajos, fomentar la participación activa y la creación de comunidades de aprendizaje. Se utilizará principalmente la plataforma Moodle.
El documento describe los diferentes elementos del vestuario sacerdotal del sumo sacerdote levita en el Antiguo Testamento, incluyendo la túnica blanca, el manto azul, la mitra, el efod y el pectoral del juicio. Explica que estos elementos representaban la santidad, pureza y consagración de Jesucristo como nuestro Sumo Sacerdote, quien ahora intercede por nosotros ante Dios llevando nuestros pecados y nombres sobre sí mismo.
Creación y gestión de microempresas. tarea 1nuevosretos
El documento describe las herramientas colaborativas que se utilizarán en el curso "Creación y Gestión de Microempresas" (ADGD0210), incluyendo blogs, videos de Youtube, wikis, Dropbox, Google Drive, Mindomo y Hot Potatoes. El objetivo es mantener informado al alumnado, permitir el intercambio de información y trabajos, fomentar la participación activa y la creación de comunidades de aprendizaje. Se utilizará principalmente la plataforma Moodle.
El documento describe los diferentes elementos del vestuario sacerdotal del sumo sacerdote levita en el Antiguo Testamento, incluyendo la túnica blanca, el manto azul, la mitra, el efod y el pectoral del juicio. Explica que estos elementos representaban la santidad, pureza y consagración de Jesucristo como nuestro Sumo Sacerdote, quien ahora intercede por nosotros ante Dios llevando nuestros pecados y nombres sobre sí mismo.
Perdemos mais de 500 euros este ano
Denunciamos os novos carros desmesurados de reparto
Un novo recorte, veñen os novos "grupos de traballo"
Correos Exprés chega ao CTA de Lavacolla, desta volta para se quedar
APS, deben ser denegados e xustificados por escrito
A análise do Fondo de manobra e a relación entre os seus compoñentes permite observar a capacidade das empresa para obter efectivo co que pagar as débedas.
Documento en galego / documento en gallego
Perdemos mais de 500 euros este ano
Denunciamos os novos carros desmesurados de reparto
Un novo recorte, veñen os novos "grupos de traballo"
Correos Exprés chega ao CTA de Lavacolla, desta volta para se quedar
APS, deben ser denegados e xustificados por escrito
A análise do Fondo de manobra e a relación entre os seus compoñentes permite observar a capacidade das empresa para obter efectivo co que pagar as débedas.
Documento en galego / documento en gallego
1. M A N U A I S P R Á C T I C O S D E X E S T I Ó N
Guía básica do
Autónomo
2.
3. Guía básica
do Autónomo
Dirección, coordinación e
supervisión técnica
C.E.E.I. GALICIA, S.A.
4. 2
AUTOR Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A.
COLABORADOR Ana Núñez González
EDITA C.E.E.I. GALICIA, S.A.
(c) da edición: C.E.E.I. GALICIA, S.A.
D.L
DESEÑO E MAQUETACIÓN Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A.
Producciones Khartum S.L.
IMPRIME
Santiago de Compostela, C.E.E.I. GALICIA, S.A. 2009
Quedan rigorosamente prohibidas, sen a autorización escrita dos titulares do “Copyright”, baixo
as sancións establecidas nas leis, a reprodución total ou parcial desta obra por calquera medio ou
procedemento, incluídas a reprografía e o tratamento informático e a distribución de exemplares
dela mediante aluguer ou préstamos públicos.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
5. 3
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
ÍNDICE
0. INTRODUCIÓN 5
1. O TRABALLO AUTÓNOMO 9
1.1 Principais características do traballo autónomo 12
1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos 13
1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo 17
2. VANTAXES E INCONVENIENTES DO TRABALLO AUTÓNOMO 21
2.1 Principais vantaxes: 23
2.2 Principais inconvenientes: 24
3. A RESPONSABILIDADE DO TRABALLADOR AUTÓNOMO 27
3.1 Bens que se poden protexer fronte ás futuras débedas 29
3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de matrimonio 30
4. PATRIMONIO EMPRESARIAL VS PATRIMONIO PERSOAL 33
4.1 Incidencias no IRPF 36
4.2 Incidencias no IVE 38
5. AS PRINCIPAIS OBRIGAS CONTABLES E DE REXISTRO 39
5.1 Libros Esixidos polo IRPF 42
5.2 Libros esixidos polo IVE 43
5.3 Como levar os libros contables? 45
5.4 Conservación dos libros 45
5.5 Legalización dos libros 45
6. A SEGURIDADE SOCIAL DO AUTÓNOMO 47
6.1 Afiliación 49
6.2 Cotización 49
6.3 Base de cotización 50
6.4 Tipo de cotización 51
6.5 Cotas 51
6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións 52
6. 4
7. A CONTRATACIÓN DE PERSOAL:PARTICULARIDADES 59
7.1 Solicitude de traballadores 61
7.2 O contrato de traballo 63
7.3 Tipos de contratos 64
7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social 70
7.5 Incentivos á contratación de traballadores 71
7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo 72
8. TRÁMITES DE POSTA EN MARCHA COMA AUTÓNOMO 73
9. O COLECTIVO AUTÓNOMO ECONOMICAMENTE DEPENDENTE 77
9.1 Definición e características 79
9.2 O contrato do TAED 80
9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo economicamente
dependente 82
10. A CONVERSIÓN DO AUTÓNOMO OU AUTÓNOMA EN SOCIEDADE 83
10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil 86
11. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS 91
11.1 A PRL: Obrigas dos autónomos coma empresarios 94
11.2 A PRL: Dereitos dos autónomos coma traballadores por conta propia 98
11.3 Marco xurídico aplicable. 99
12. AXUDAS E SUBVENCIÓNS 101
12.1 Aspectos clave a ter en conta antes de solicitar unha subvención 103
12.2 Axudas para a mellora e desenvolvemento das empresas 105
12.3 Axudas para o fomento da creación de empresas 109
13. DIRECCIÓNS DE INTERESE 111
14. PREGUNTAS FRECUENTES 119
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
9. 7
0. Introdución
O colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de xeito habitual, persoal
e directo por conta propia unha actividade económica”. Baixo esta definición encádranse miles de
persoas cuxas achegas ao crecemento económico, e ao benestar social, son decisivas.
Os datos recollidos neste ámbito polo Instituto Nacional de Estatística son abafadores: no ano
2007 operaban en Galicia 100.126 empresas que non posuían ningún asalariado e que supoñían,
en termos porcentuais, o 46% do total. Pese á magnitude dos datos proporcionados polo INE, estes
só recollen a parte do colectivo autónomo sen asalariados, neste sentido, os datos da Federación
Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos-ATA, que nos poden proporcionar un mellor
indicativo, cifran o número de autónomos para o mesmo período en 190.664.
O labor dos empresarios e empresarias individuais é arduo. A parte dos labores propios da
actividade empresarial teñen que realizar labores de xestión, planificación, comerciais... Por este
motivo, desde o BIC Galicia percibiuse como necesaria a creación dun manual de consulta que servise
de apoio aos autónomos e emprendedores. Este manual, ademáis desta Guía Básica, compleméntase
coa creación inicialmente de seis cadernos prácticos de xestión:
• Instrumentos básicos de financiamento para autónomos
• A xestión de tesouraría no colectivo autónomo
• Visual merchandising
• Os contratos mercantís e financeiros
• Comunicación e técnicas de venda
• A fiscalidade do autónomo
Todos estes contidos intégranse, para a súa consulta “online”, no portal Web
www.autonomosgalicia.org, no cal pódense atopar, ademais destes, outros recursos de grande
utilidade.
O obxectivo deste conxunto de recursos é permitir aos autónomos e autónomas, resolver as
posibles dúbidas, que lles xurdan no desenvolvemento da súa actividade. Noutras palabras, permitir
que este colectivo opere cun nivel máis elevado de información, acadando, deste xeito, unha mellora
na xestión dos seus negocios.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
13. 11
1. O traballo autónomo
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Quen forma o colectivo Autónomo?
Cales son as características do traballo autónomo?
Usualmente identificamos como colectivo autónomo todas aquelas persoas que traballan por
conta propia baixo a forma xurídica de Empresario individual. Esta denominación débese a que como
norma xeral este colectivo está obrigado a cotizar no Réxime Xeral de Traballadores Autónomos
(RETA) da Seguridade Social.
A efectos deste réxime o colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de
xeito habitual, persoal e directo por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización
doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, contando ou non con
traballadores ao seu cargo.
Segundo o Réxime Especial de Traballadores Autónomo estes deberán:
> Realizar de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica
ou profesional a título lucrativo.
> Estar fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa.
Agás proba en contrario, presumirase que unha persoa é autónomo cando ostente a titularidade
dun establecemento aberto ao público como propietario, arrendatario, usufrutuario ou outro
concepto análogo.
Tamén se inclúen como autónomos ao cónxuxe e aos parentes ata o segundo grao que traballen
con el, a non ser que se acredite a súa condición de asalariados.
14. 12
1.1 Principais características do traballo autónomo
As principais características comúns a esta figura, entendida como empresario/a individual e como
persoa titular dun establecemento comercial, agricultor ou profesional liberal son as seguintes:
• A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa que ostenta a propiedade do
negocio.
• Quen ostenta a propiedade do negocio é quen exerce a xestión e o control total da
empresa.
• Non precisa proceso de constitución aínda que si require a realización dalgúns trámites de
posta en marcha en función da actividade a desenvolver.
• Non existe un capital mínimo esixido.
• A responsabilidade do colectivo autónomo é ilimitada, é dicir, responde ante as débedas
futuras con todo o seu patrimonio profesional e persoal.
• A contabilidade realizarase conforme á normativa mercantil e fiscal vixente. Porén, hai que
ter en conta que existe un incentivo para as persoas autónomas, que é a posibilidade de
acollerse a un réxime simplificado á hora de tributar.
• Os beneficios tributarán polo IRPF na modalidade de Rendementos de Actividades
Económicas.
• A actividade estará sometida ás disposicións xerais do Código de Comercio en materia
mercantil e ao Código Civil en materia de dereitos e obrigas.
Debe sinalarse que esta figura clásica veu evolucionando enormemente nos últimos anos. Na
actualidade, xunto con ela, xa conviven outras figuras tan heteroxéneas como as persoas autónomas
economicamente dependentes, os socios traballadores de cooperativas e sociedades laborais, ou os
administradores de sociedades mercantís que posúen o control efectivo das mesmas.
Todos eles son tamén supostos incluídos no Réxime Especial dos Traballadores Autónomos e
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
aparecen recollidos no epígrafe seguinte.
15. 13
1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballado-res
Autónomos
Como se sinalou os empresarios individuais deben afiliarse ao Réxime Especial de Traballadores
Autónomos para a súa cotización á Seguridade Social.
ADEMAIS, ESTARÁN OBRIGADAS A DARSE DE ALTA NESTE RÉXIME AS
PERSOAS QUE ESTEAN NUN DOS DOUS SUPOSTOS SEGUINTES:
> QUE CUMPRAN ALGUNHA DAS CONDICIÓNS QUE SE INDICAN A
CONTINUACIÓN.
> QUE, AÍNDA NON CUMPRÍNDOAS, DESENVOLVAN POR CONTA
PROPIA CERTAS ACTIVIDADES QUE MÁIS ADIANTE SE SINALAN.
Condicións que, de cumprirse, obrigan a afiliarse ao RETA:
• Persoas traballadoras maiores de 18 anos, que, de forma habitual, persoal e directa, realizan
unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición a contrato de traballo.
• Cónxuxe e familiares ata o segundo grao inclusive por consanguinidade, afinidade e
adopción que colaboren co traballador autónomo de forma persoal, habitual e directa e
non teñan a condición de asalariados.
• Os escritores de libros.
• Os traballadores autónomos estranxeiros que residan e exerzan legalmente a súa actividade
en territorio español.
• Traballadores autónomos agrícolas, titulares de explotacións agrarias, cando teñan
atribuído un líquido impoñible, segundo a extinguida contribución territorial rústica e
pecuaria correspondente ao exercicio de 1982, superior a 300,51 euros.
• Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación
a un Colexio Profesional cuxo colectivo se integre no Réxime Especial de Traballadores
Autónomos.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
16. 14
• Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a
un Colexio Profesional cuxo colectivo non fose integrado no Réxime Especial da seguridade
Social dos Traballadores Autónomos1.
• Os socios de sociedades regulares colectivas e socios colectivos de sociedades comanditarias
que reúnan os requisitos legais.
• Os socios traballadores das Cooperativas de Traballo Asociado, cando estas opten por este
réxime nos seus estatutos. Nese caso, a idade mínima de inclusión no Réxime Especial é de
16 anos.
• Comuneiros e socios das comunidades de bens e sociedade civís irregulares.
• Os socios traballadores das sociedades laborais que teñan como mínimo o 50% do
capital social. Para o cómputo desta porcentaxe incluíranse tamén as participacións do
seu cónxuxe e dos seus parentes ata o segundo grao por consanguinidade, afinidade ou
adopción, sempre que convivan con eles.
• Aquelas persoas que desempeñen os cargos de conselleiros ou administradores e que
exerzan as funcións de dirección e de xerencia que estes implican.
• Tamén aquelas outras persoas que presten outros servizos para unha sociedade mercantil
capitalista, a título lucrativo e de forma habitual, persoal e directa, sempre que posúan o
control efectivo da mesma, sexa de maneira directa ou indirecta.
Entenderase, en todo caso, que se produce tal circunstancia cando as accións ou
participacións do traballador supoñan como mínimo o 50% do capital social.
1 Se o inicio da actividade polo profesional colexiado se producise entre o 10 de novembro de 1995 e o 31 de decembro
de 1998, a alta no citado Réxime Especial, de non ser esixido con anterioridade a esta última data, deberá ser solicitada
durante o primeiro trimestre de 1999 surtindo efectos a partir do primeiro día do mes en que se formulase a correspondente
solicitude. De formularse esta no mencionado prazo, os efectos das altas atrasadas serán as regulamentariamente
establecidas, fixándose como data de comezo da actividade o 1 de xaneiro de 1999.
Non obstante, o establecido nos parágrafos anteriores, quedan exentos da obriga de alta no Réxime Especial dos
Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, os colexiados que opten ou optasen por incorporarse á Mutualidade de
Previsión Social que puidese ter establecida ao correspondente Colexio Profesional, sempre que a citada Mutualidade
sexa algunha das constituídas con anterioridade ao 10 de novembro de 1995. Se o interesado, tendo dereito, non optase
por incorporarse á Mutualidade correspondente, non poderá exercitar devandita opción con posterioridade.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
17. 15
Actividades que, sempre que sexan exercidas por conta propia (aínda
non cumprindo as condicións anteriores) deberán estar incluídas obriga-toriamente
no Réxime de Autónomos.
1. Administradores de fincas urbanas.
2. Administradores de Loterías.
3. Axentes comerciais.
4. Axentes comerciais especializados en aceites.
5. Axentes Propiedade Industrial.
6. Axentes e Comisionistas de Aduanas.
7. Axentes da Propiedade Inmobiliaria.
8. Axentes de seguros.
9. Agrícolas por conta propia.
10. Agrícolas cun líquido impoñible que
non permita a súa inclusión no REASS
(Réxime Especial Agrario da
Seguridade Social).
11. Apostas Deportivas (Receptores).
12. Asistentes Sociais.
13. Autoescolas (Profesorado titulado).
14. Capitáns, Xefes e Oficiais da Mariña
Mercante.
15. Censores Xurados de Contas.
16. Condutores reparto bombonas de
butano (propietarios vehículos).
17. Delineantes.
18. Decoradores.
19. Diplomados/as en Traballo Social.
20. Distribuidores Oficiais de Butano, S.A.
21. Doutores e Licenciados en Ciencias
Físicas.
22. Doutores e Licenciados en Ciencias
Políticas e Socioloxía.
23. Economistas.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
24. Escritores/as de Libros.
25. Farmacéuticos Titulares de Oficinas de
Farmacia.
26. Xestores Intermediarios en Promocións
de Edificacións.
27. Graduados sociais.
28. Ferradores e tosquiadores de gando.
29. Enxeñeiros agrónomos.
30. Enxeñeiros Técnicos, Facultativos e
Peritos de Minas.
31. Naturópatas.
32. Notarios.
33. Odontólogos e Estomatólogos.
34. Ópticos.
35. Periodistas.
36. Peritos e Taxadores de Seguros.
37. Relixiosos/as da Igrexa Católica.
38. Relixiosos/as de Dereito diocesano de
Congregacións da Igrexa Católica.
39. Subaxentes de Seguros.
40. Titulados/as mercantís.
41. Tractoristas que conducen o seu
propio tractor e que prestan os seus
servizos a titulares de explotacións
agrarias.
42. Transportistas con vehículo propio.
43. Vendedores/as de xeados en quioscos.
44. Vendedores/as de prensa.
45. Veterinarios/as.
18. 16
A continuación, amósase unha táboa resumo cos supostos que se deberán incluír no Réxime
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Especial de Traballadores Autónomos en función da forma xurídica
Empresario individual Sempre
S.L. e S.A.
Socios traballadores con capital >33,33%
Socios traballadores con capital >25% e con
funcións de dirección e xerencia
Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do
capital
Sociedade Laboral
Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do
capital
Sociedade Civil
Todos os socios traballadores (excepto aqueles
que teñan unha porcentaxe de participación
menor ao 25%)
Sociedade Cooperativa
Libre elección dos socios (a única condición é
que se inclúan todos eles no mesmo réxime)
Por último, hai que ter en conta que, ademais do RETA, existen outros dous réximes especiais de
afiliación á Seguridade Social para os autónomos. Son os seguintes:
• Réxime Especial Agrario.
• Réxime Especial dos Traballadores do mar.
Para ampliar información sobre algún deles, podes consultar os seguintes vínculos á páxina web
da Seguridade Social:
http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Agrario)
http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial dos traballadores do mar)
19. 17
1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo
O Estatuto do Traballador Autónomo, aprobado o 11 de xullo do ano 2007, é o primeiro exemplo
de regulación sistemática e unitaria do traballo autónomo en toda a Unión Europea. Ata este
momento as referencias á figura do autónomo atopábanse dispersas por toda a lexislación social,
de aí o avance que supuxo.
É unha lei que regula o traballo autónomo pero sen interferir noutros ámbitos do noso tecido
produtivo, como o sector agrario, que conta coa súa propia regulación e as súas propias canles de
representación.
Os colexios profesionais tampouco verán afectadas as súas competencias e atribucións pola
aprobación deste Estatuto.
A continuación enuméranse as principais novidades que introduciu o
Estatuto, con independencia de que cada unha delas sexa tratada con
máis profundidade no seu epígrafe correspondente:
Aspectos xerais:
- Establécese por primeira vez a definición de traballador autónomo.
- Formúlase un catálogo de dereitos e deberes dos traballadores autónomos.
- Créase o Consello do Traballador Autónomo como órgano consultivo do Goberno en
materia socioeconómica e profesional do traballo autónomo.
- Regúlanse as regras de prevención de riscos laborais.
Aspectos referidos ao Traballador Autónomo Economicamente Dependente:
- Regúlase o réxime profesional do traballador Autónomo Economicamente Dependente.
- Concrétanse condicións específicas para determinar con claridade quen pode ser
considerado traballador Autónomo Economicamente Dependente.
- Asígnase á xurisdición social a resolución dos litixios dos traballadores Autónomos
Economicamente Dependentes.
- Indemnización no caso de despido.
- Prestación por cesamento da actividade.
- Defensa dos dereitos diante da xurisdición laboral.
- Coberturas para accidentes “in tinere”, en desprazamentos.
- Dereito a período de vacacións de 18 días hábiles.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
20. 18
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Prestacións:
- Establécense maiores garantías económicas para o traballador autónomo.
- Regúlase a protección no caso de baixa por enfermidade.
- Permiso por maternidade, paternidade, risco derivado do embarazo ou lactación.
- Posibilidade de retiro anticipado.
- Incrementouse a redución e bonificación das cotas á seguridade social para mozos ata 30
anos e mulleres ata 35 que inicien a actividade como Autónomos. (Establécese unha
redución do 30% da cota durante 30 meses, mentres que ata o de agora era dun 25%
durante 24 meses).
Outros dereitos do Traballador Autónomo:
- Contémplase a posibilidade de celebrar acordos de interese profesional entre asociacións
de autónomos ou sindicatos e empresas, sempre que non vaian en contra dos postulados
da Lei de Defensa da Competencia.
- Dereito ao asociacionismo e demais dereitos asociados.
- Posibilidade de contratar como asalariados aos fillos menores de 30 anos que convivan no
mesmo fogar.
Os Reais Decretos que desenvolven este Estatuto son os seguintes:
- Real Decreto 1382/2008, do 1 de agosto, polo que, en desenvolvemento da Lei 18/2007,
do 4 de xullo, pola que se procede á integración dos traballadores por conta propia do
Réxime Especial Agrario da Seguridade Social no Réxime Especial da Seguridade Social
dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, e a Lei 20/2007, do 11 de xullo, do
Estatuto do Traballador Autónomo, modifícanse diversos regulamentos xerais no ámbito
da Seguridade Social.
- Real Decreto 197/2009, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do Traballo
Autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente
e o seu rexistro e créase o Rexistro Estatal de asociacións profesionais de traballadores
autónomos.
Podes consultar o texto completo da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo
Autónomo no seguinte enlace:
http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2007/13409
21. 19
Ademais das medidas impulsadas por este Estatuto, nos últimos anos tamén se produciron varias
reformas que contribuíron a mellorar a situación do traballo autónomo en España. A continuación
enuméranse algunhas das máis salientables:
- Eliminouse o Imposto de Actividades Económicas para todas as persoas físicas.
- Mellorouse o sistema de capitalización da prestación por desemprego na súa modalidade
de pago único para os desempregados que inicien a súa actividade como autónomos. (Lei
2/2004, do 27 de decembro, de Presupostos Xerais para o Estado para o ano 2005).
- Recolleuse a cobertura da Incapacidade Temporal desde o cuarto día da baixa. (Lei 36/2003,
do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica).
- Recoñeceuse a posibilidade de cobertura por accidentes de traballo e enfermidades
profesionais. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica).
- Aprobouse unha minoración na base de cotización para todos aqueles que se incorporen
por primeira vez ao Réxime Especial dos Traballadores Autónomos, sendo menores de 30
anos ou mulleres maiores de 45. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma
Económica).
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
25. 23
2. Vantaxes e inconvenientes do
traballo autónomo
Na actualidade, cada vez son máis as persoas que libremente deciden realizar un traballo
profesional por conta propia, valorando a súa autodeterminación e a súa capacidade para non
depender de ninguén.
Xa non é algo exclusivo de actividades que requiren escaso investimento, e cada vez é máis
habitual ver esta forma xurídica en actividades de alto valor engadido.
Isto débese en boa parte ás melloras introducidas nos últimos anos no que se refire á regulación
do traballo autónomo, sobre todo na parte das proteccións sociais.
Esta forma xurídica é idónea para as empresas de reducido tamaño e para aquelas persoas para
as que non supón un problema desenvolver un proxecto en solitario.
Nalgunhas ocasións utilízase como sistema para empezar a actividade empresarial cando non se
ten o capital necesario para constituír unha sociedade, co fin de poder creala máis adiante.
Porén, tamén segue a presentar certas desvantaxes con respecto ao resto de formas xurídicas,
que haberá que valorar para elixir a que máis conveña.
2.1 Principais vantaxes:
• No traballo autónomo a persoa ten completa liberdade de decisión e o control total
da empresa. Non precisa consensuar decisións con outros socios e ela mesma define a súa
estratexia e encárgase da xestión.
• Liberdade de organización: establece o seu horario con liberdade, agás as limitacións que
estableza a propia actividade.
• No traballo autónomo non existen os conflitos entre os membros do grupo promotor que
adoitan vir dados polas diferentes visións e obxectivos de cada un deles, e que en moitas
ocasións pode rematar coa disolución da sociedade.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
26. 24
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
• Simplifícanse os trámites formais e de xestión:
» A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa autónoma. O feito de
non crear personalidade xurídica distinta da do empresario fai que a súa constitución
resulte máis económica e sinxela.
» Non necesita proceso previo de constitución e a regulación aplicable é moito menos
complexa cá das sociedades mercantís.
» É a forma empresarial que mellor se adapta ao funcionamento das empresas de moi
reducido tamaño xa que a súa xestión é menos complexa.
» É a forma xurídica que menos trámites esixe para a posta en funcionamento da
actividade. Non esixe inscrición no Rexistro Mercantil nin constitución mediante
escritura pública, co que ademais se reducen os custos notariais e de rexistro.
» Non esixe capital mínimo para a súa constitución, senón que depende da vontade de
cada autónomo, polo que o investimento necesario é menor.
• Pode ofrecer vantaxes fiscais con respecto ao resto. O empresario individual terá que tributar
polo IRPF, o que supón que se lle aplicará un tipo progresivo que aumenta a medida que o
fagan os beneficios. En cambio, as sociedades mercantís terán que tributar a un tipo fixo do
30% (do 25% para as Empresas de Reducida Dimensión). Isto supón que para as empresas cun
montante de beneficios non moi elevado a tributación progresiva lles pode beneficiar.
• Ofrece algunhas bonificacións: as persoas menores de 35 anos e as mulleres maiores de 45
que se incorporen ao Réxime Xeral dos Traballadores Autónomos poderán reducir a súa base
de cotización ata o 75% da base mínima durante tres anos.
• Aínda que é certo que a responsabilidade do empresariado autónomo con respecto as súas
futuras débedas é totalmente ilimitada, isto pode non ser demasiado grave no caso de que
o endebedamento previsto non sexa moi elevado.
2.2 Principais inconvenientes:
• A responsabilidade do empresariado autónomo é ilimitada, xa que non hai separación
entre o patrimonio empresarial e o persoal e a persoa autónoma deberá responder
persoalmente das obrigas derivadas da actividade da empresa.
• No caso de matrimonio en réxime de gananciais, os bens do outro cónxuxe poden quedar
afectados polas obrigas derivadas da actividade da empresa.
27. 25
• O titular da empresa terá que facer fronte en solitario a todos os custos e investimentos,
así como á xestión e administración da mesma.
• O que antes se mencionou como un beneficio fiscal derivado da aplicación dun tipo
impositivo progresivo, pode tamén converterse nunha desvantaxe cando o volume de
beneficios sexa moi elevado e o tipo impositivo aplicable sexa superior ao que correspondería
no caso de tributar polo tipo fixo do IS (30 ou 25%).
• As deducións fiscais ás que se pode acoller unha sociedade son moito máis numerosas que
as que pode obter o empresariado autónomo, sobre todo en materia de contratación de
persoal e de I+D+i.
• Tamén obter financiamento é moito máis sinxelo para unha sociedade que para un
autónomo, xa que a maioría de produtos que ofertan as entidades financeiras están
orientadas a elas.
• En moitas ocasións os concursos públicos esixen como requisito constituírse como
sociedade para poder optar a eles.
• Por último, existen algunhas actividades que non admiten a forma xurídica do
empresariado individual. Un exemplo serían as axencias de viaxes que deberán constituírse
obrigatoriamente como S.A. ou S.L.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
31. 29
3. A responsabilidade do
traballador autónomo
Que grao de responsabilidade ten o autónomo
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
ou autónoma á hora de facer fronte ás
débedas futuras?
O autónomo terá o control total da empresa. Será o que se encargue
persoalmente da xestión da mesma e ademais a súa responsabilidade
fronte ás débedas contraídas será ilimitada. Isto quere dicir que terá
que responder con todo o seu patrimonio, tanto empresarial como
persoal e presente e futuro, ante as posibles débedas que se poidan
contraer fronte a terceiros.
3.1 Bens que se poden protexer fronte ás futuras
débedas
Existe a posibilidade de protexer algúns bens para
que non poidan ser embargados?
Pode o autónomo ou autónoma chegar a perder a súa vivenda habitual?
Efectivamente, existe a posibilidade de que algúns bens mínimos non se poidan embargar. Son
os seguintes:
• O mobiliario e o enxoval da casa, así como as súas roupas e as da súa familia, no que
non poidan considerarse superfluos. En xeral, aqueles bens como alimentos, combustible
e outros que, a xuízo do tribunal, resulten imprescindibles para que a parte executada e as
persoas que del dependan poidan atender cunha dignidade razoable a súa subsistencia.
• Os libros e os instrumentos necesarios para o exercicio da profesión, arte ou oficio ao
que se dedique o executado, cando o seu valor non garde proporción coa contía da débeda
reclamada.
32. 30
• O salario, soldo, pensión, retribución ou o seu equivalente, sempre na parte que non
exceda á contía sinalada para o salario mínimo interprofesional. Pola parte que exceda
embargarase nunhas determinadas porcentaxes, que poderán ser rebaixadas en función
das cargas familiares da parte executada, sempre que sexa por decisión xudicial.
• Os bens declarados inalienables. Serán aqueles que se atopan fóra do comercio, que están
prohibidos legalmente ou os de disposición de última vontade.
No caso de que o embargo afecte a un ben inmoble e o autónomo ou autónoma poida demostrar
que se trata da súa vivenda habitual, o embargo da mesma non se poderá producir nos dous casos
que se indican a continuación:
• Cando se coñezan outros bens da persoa debedora que sexan suficientes e susceptibles de
realización inmediata no procedemento executivo.
• Cando entre a notificación da primeira dilixencia de embargo e a realización do medio
administrativo de alleamento (sexa concurso, poxa…) non pasase o prazo mínimo dun ano.
Este prazo dun ano non se interromperá nin tampouco se suspenderá, en ningún caso, nos
supostos de ampliacións do embargo orixinario nin nos casos de prórroga das anotacións
rexistrais.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de
matrimonio
A responsabilidade podería chegar ata os bens do cónxuxe
do autónomo ou autónoma?
Se a persoa autónoma está casada, a responsabilidade da súa
actividade pode afectar tamén ao seu cónxuxe. Haberá que ter en
conta o Réxime económico que rexe o matrimonio e a natureza dos
bens que teñan en común.
33. 31
• Réxime de gananciais:
Cando non se opta expresamente polo réxime de separación de bens, o de gananciais será o
réxime que rexa no matrimonio.
Neste caso quedarán afectados ao pago das posibles débedas contraídas na actividade
empresarial os bens privativos do empresario ou empresaria, pero tamén os bens comúns do
matrimonio que se adquiriran cos beneficios xerados pola actividade empresarial.
Cando se trate do resto de bens comúns do matrimonio, para que queden afectados á actividade
empresarial, será necesario o consentimento dos dous cónxuxes.
Ese consentimento presúmese dado cando a actividade é exercida con coñecemento e sen
oposición expresa do cónxuxe, e tamén cando ao contraer matrimonio o empresario ou empresaria
xa realizase a actividade e continuase con ela sen a oposición do outro.
Exemplo:
A dona dunha axencia de tradución casa coa súa parella en réxime
de gananciais. Se o seu marido non manifesta a súa oposición expresa,
todos os seus bens tamén quedarán afectos á actividade da súa muller,
Polo que se refire aos bens privativos do cónxuxe do empresario, nunca poderán quedar
afectos a menos que exista o consentimento expreso.
Hai que ter en conta que o consentimento, tanto o expreso como o presunto, poderá ser revogado
libremente e en calquera momento polo cónxuxe do empresario.
Como xa se sinalou anteriormente, o empresariado individual non está obrigado a inscribirse no
Rexistro Mercantil. Porén, este trámite podería ser moi conveniente por varias razóns, entre outras
porque para que o consentimento, a revogación ou a oposición do cónxuxe á afectación dos seus
bens á actividade empresarial teña efecto, será necesario que conste en escritura pública e que se
inscriba no Rexistro Mercantil.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
desde o mesmo momento do matrimonio.
37. 35
4. Patrimonio empresarial vs
Patrimonio persoal
No caso do empresariado autónomo pódese
distinguir entre patrimonio persoal e empresarial?
Por que é importante iso á hora de determinar
O tratamento do patrimonio presenta algunhas particularidades
con respecto ao resto de formas xurídicas, xa que neste caso non se
distingue entre patrimonio persoal e patrimonio empresarial, senón
que existe unha única masa patrimonial indivisible e susceptible de
usos distintos.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
se un ben está afecto?
Como xa vimos, as persoas físicas non posúen dous ámbitos distintos de responsabilidade, senón
que responden con todos os seus bens, tanto particulares como empresariais. De aí que se fale
dunha única masa patrimonial, con independencia de que se destine ao ámbito privado ou ao
exercicio da actividade económica.
Este feito de contar cun único patrimonio ten unha importancia enorme para o traballador
autónomo, sobre todo desde o punto de vista da fiscalidade. Para moitos aspectos é imprescindible
ter ben delimitados os elementos patrimoniais que están afectos á actividade económica e os que
non o están, e isto resulta especialmente complicado cando só existe un único patrimonio.
38. 36
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
4.1 Incidencias no IRPF
Por que é tan transcendente para o autónomo que os seus
elementos patrimoniais estean afectos á actividade?
Como pode influír a non afectación no IRPF?
No caso do IRPF que un elemento sexa afecto ou non é fundamental.
• En primeiro lugar, porque as rendas que se deriven dos elementos patrimoniais afectos
estarán a xerar rendementos de Actividades Económicas, e as que se deriven dos non
afectos xerarán rendementos de capital .
• Por outro lado, porque os gastos que se deriven de elementos non afectos non van poder
ser considerados como gastos fiscalmente deducibles.
No manual correspondente á fiscalidade, trataranse os requisitos que deben cumprir os bens
para considerarse afectos ás actividades económicas.
De todos os xeitos, xa cómpre mencionar que é posible a afectación parcial dos mesmos, é dicir,
unha parte dos bens pode considerarse afecta á actividade e outra non, aínda que só nos casos de
elementos divisibles.
Exemplo:
Un médico decide montar unha consulta privada na súa propia
casa habilitando unha habitación para iso. Neste caso, é un ben
perfectamente divisible e poderíase falar de afectación parcial.
Isto supón que os custos que correspondan á parte destinada á
consulta van ser deducibles, mentres que o resto non. Así, por exemplo,
o custo de luz será deducible só na parte proporcional á habitación
habilitada como consulta.
39. 37
Ademais desta afectación parcial, tamén cabe outra posibilidade de gran relevancia para os
autónomos. Permítese que un elemento afecto poida ser utilizado simultaneamente no ámbito
privado, sempre que sexa de forma accesoria e notoriamente irrelevante. Isto non vai supoñer
desafectación, nin tan sequera afectación parcial.
Entenderase que se usan de forma accesoria e notoriamente irrelevante aqueles bens do
inmobilizado adquiridos e utilizados para o desenvolvemento da actividade económica pero
que se destinen ao uso persoal do autónomo en días e horas inhábiles durante os que
deberá interromperse o exercicio da actividade.
Este uso notoriamente irrelevante non será válido para automóbiles de turismo e os seus
remolques, ciclomotores, motocicletas, aeronaves ou embarcacións deportivas ou de recreo, agás
nos seguintes casos:
• Os vehículos mixtos dedicados ao transporte de mercadorías.
• Os destinados á prestación de servizos de transporte de viaxeiros mediante pago.
• Os destinados aos desprazamentos profesionais dos representantes ou axentes comerciais.
• Os destinados a ser obxecto de cesión de uso con habitualidade e onerosidade.
Exemplo:
Un taxista poderá utilizar o mesmo vehículo co que realiza a súa
actividade profesional para trasladarse á súa casa ao remate da xornada
laboral. Neste caso é un uso irrelevante e o vehículo non deixará de
estar afecto por iso.
Non obstante se, en lugar dun taxista, fose un médico que utiliza o
seu propio vehículo para realizar consultas a domicilio, o uso irrelevante
para fins particulares xa non estaría admitido. O vehículo deixaría de
estar afecto.
Por último, hai que ter en conta que o feito de que un elemento sexa considerado afecto á
actividade económica é independente de que a titularidade do mesmo sexa común ou non ao
cónxuxe do autónomo.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
40. 38
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
4.2 Incidencias no IVE
Como incide a afectación no IVE?
No caso do IVE tamén é moi relevante o feito de que un ben estea afecto á actividade ou non.
Neste caso, ao contrario que no IRPF, non se considera a posibilidade da afectación parcial.
Por outra parte vimos que no IRPF os vehículos, ou eran exclusivamente de uso privado, ou se
estaban afectos á actividade non se permitía ningunha utilización para fins particulares, por moi
irrelevante que esta fora. En cambio, no IVE para este tipo de elementos patrimoniais sempre se vai
presumir unha afectación mínima do 50%, podendo ser do 100% se así se demostra.
Exemplo:
Volvendo ao exemplo anterior do médico que utiliza o seu propio
vehículo para realizar consultas a domicilio.
No caso do IRPF estaba totalmente desafecto porque non se
admitía o seu uso notoriamente irrelevante para fins particulares. En
cambio, no IVE, aínda que se use simultaneamente no ámbito privado,
presumirase unha afectación mínima do 50% para o mencionado
vehículo.
43. 41
5. As principais obrigas contables
e de rexistro
Que libros está obrigado a levar o empresariado autónomo?
Que operacións haberá que rexistrar en cada un deles?
Durante canto tempo será necesario conservar os libros?
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Que libros hai que legalizar?
O empresariado autónomo está suxeito a unha serie de obrigas en materia contable que
veñen determinadas principalmente polo Código de Comercio, o Plan Xeral Contable das Pemes
e a normativa fiscal (o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre o Valor
Engadido).
En 2008 entrou en vigor o Plan Xeral de Contabilidade específico para pequenas e medianas
empresas 1.
Debe sinalarse que as obrigas contables e rexistrais non son as mesmas para todo o colectivo
autónomo, senón que depende en gran medida do réxime de estimación ao que se acollan no
IRPF.
A continuación indícanse as obrigas en materia de contabilidade e os libros que deben de levar
segundo cada Réxime.
1 REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e
Medianas Empresas e os criterios contables específicos para microempresas
44. 42
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
5.1 Libros Esixidos polo IRPF
• Empresarios mercantís en estimación directa normal:
Este réxime é o único que esixe a levanza de Contabilidade axustada ao Código de Comercio e
ao Plan Xeral de Contabilidade.
Os libro obrigatorios son:
• Libro de Inventario e Contas Anuais:
O Libro de Inventario e Contas anuais debe ter un contido mínimo.
O Libro debe abrirse co Balance inicial detallado da empresa. Nel transcribiranse:
- Trimestralmente: Balances de comprobación, con sumas e saldos.
- Anualmente:
» Inventario de peche de exercicio.
» As contas anuais, que á súa vez se compoñen de:
- Balance.
- Conta de perdas e ganancias.
- Memoria.
• Libro Diario:
O Libro Diario rexistrará día a día todas as operacións relativas á actividade da
empresa.
• Empresarios non mercantís en estimación directa normal e todos os
empresarios en estimación directa simplificada:
• Libro rexistro de vendas e ingresos.
• Libro rexistro de compras e gastos.
• Libro rexistro de bens de investimento.
45. 43
• Profesionais en estimación directa, en calquera das súas modalidades:
• Libro rexistro de ingresos.
• Libro rexistro de gastos.
• Libro rexistro de bens de investimento.
• Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos.
• Empresarios e profesionais en estimación obxectiva:
• Libro rexistro de bens de investimento (unicamente os contribuíntes que deduzan
amortizacións).
• Libro rexistro de vendas e ingresos (unicamente os titulares de actividades cuxo
rendemento neto se determine en función do volume de operacións, é dicir, titulares
de actividades agrícolas, gandeiras, forestais accesorias e de transformación de produtos
naturais).
5.2 Libros esixidos polo IVE
• Libro de facturas expedidas. IVE
Deben anotarse todas as facturas expedidas.
O contido mínimo dos asentos será: número de factura, data, destinatario, base impoñible do
IVE, tipo e cota repercutida.
• Libro de facturas recibidas. IVE
Anotaranse:
• As facturas correspondentes aos bens adquiridos e aos servizos recibidos no desenvolvemento
da súa actividade empresarial.
• Igualmente deben anotarse por separado as facturas nos casos de investimento.
O contido mínimo dos asentos será: número de recepción da factura, data, nome e apelidos ou
razón social do expedidor, base impoñible do IVE, tipo e cota soportada.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
46. 44
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
• Libro Rexistro de bens de investimento
Neste Libro rexistraranse, un a un, os bens adquiridos polo suxeito pasivo cualificados como de
investimento.
Así mesmo, débense reflectir neste Libro os datos suficientes para identificar de forma precisa
as facturas e documentos de Aduanas correspondentes a cada un dos bens de investimento
rexistrados.
Tamén se anotará a data do comezo da utilización de cada un dos bens, a prorrata anual definitiva
e a regularización anual, se procede, das deducións.
Que é un ben de investimento?
Os bens corporais, mobles, semoventes ou inmobles que, pola súa natureza e función, estean a
ser utilizados por un período de tempo superior a un ano como instrumentos de traballo ou medios
de explotación. Por exemplo, a maquinaria, os vehículos…
Non teñen a consideración de bens de investimento os seguintes bens:
1. Os accesorios e pezas de recambio adquiridos para a reparación dos bens de investimento
utilizados polo suxeito pasivo.
2. As execucións de obras para a reparación doutros bens de investimento.
3. Os envases e embalaxes, aínda que sexan susceptibles de reutilización.
4. As roupas utilizadas para o traballo polos suxeitos pasivos ou o persoal dependente.
5. Calquera outro ben cuxo valor de adquisición sexa inferior a 3005,06 €.
• Libro rexistro de provisións e suplidos
É o libro no que se inscriben tanto os suplidos, é dicir, as cantidades pagadas en nome do
cliente, como as provisións, é dicir, entregas anticipadas realizadas polo cliente que logo deberán ser
descontadas na factura final.
Que gastos se consideran suplidos?
Desprazamentos, Fax, mensaxería, fotocopias, impresos oficiais, sobres, franqueo, carpetas, etc.
47. 45
5.3 Como levar os libros contables?
Os libros en papel quedaron en desuso na actualidade, xa que
existen suficientes ferramentas informáticas baseadas en software
libre que facilitan enormemente a contabilidade.
Podes atopar información en:
- Mancomún (http://www.mancomun.org/)
- www.openxpertya.org
5.4 Conservación dos libros
Os libros, correspondencia, documentación e xustificantes concernentes ao seu negocio, deben
conservarse durante seis anos.
Idéntica obriga existe nos casos de cese da actividade, disolución de sociedades ou morte do
empresario, en cuxo caso a obriga recae sobre os seus herdeiros.
5.5 Legalización dos libros
O Libro de Inventario e Contas Anuais así como o Libro Diario débense legalizar no Rexistro
Mercantil.
Unha vez finalizado o exercicio social e no prazo máximo de catro meses desde este peche,
lístanse todos os asentos, numéranse as follas e encadérnanse para ser presentadas. Tamén se pode
legalizar directamente o soporte magnético.
Os demais libros non é preciso presentalos en ningún rexistro.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
51. 49
6. A seguridade social do
autónomo: Réxime Especial
de Traballadores Autónomos
Os empresariado autónomo terá un único réxime de afiliación á Seguridade Social, o Réxime
Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA)
Isto non impide que algúns colectivos específicos estean encadrados noutros réximes da
Seguridade Social debido á súa pertenza a determinados sectores económicos. Este é o caso dos
Traballadores do mar e dos Traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario (aínda que
estes últimos quedan incorporados ao RETA desde o 01/01/2008 sempre que cumpran os requisitos
que correspondan).
A afiliación á Seguridade Social garante aos autónomos asistencia e prestacións sociais suficientes
ante situacións de necesidade, tal e como se recolle no Artigo 41 da Constitución. As prestacións
complementarias a estas serán libres.
6.1 Afiliación
A afiliación realizarase unha única vez ao longo de toda a vida profesional do traballador
autónomo, sen prexuízo das altas e baixas nos distintos réximes da Seguridade Social, así como das
demais variacións que se poidan producir despois da afiliación.
6.2 Cotización
A cotización por parte do traballador autónomo é obrigatoria e deberá facerse xa desde o
primeiro día do mes en que inicie a súa actividade.
A obriga a cotizar non se vai interromper en ningún momento
mentres o traballador estea a desenvolver a actividade.
Haberá tamén que cotizar durante os períodos de incapacidade
temporal, de descanso por maternidade ou paternidade, e mesmo
en situacións de risco durante o embarazo ou durante a lactación
natural.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
52. 50
A obriga non remata ata o último día do mes en que finalice a actividade por conta propia,
e isto sempre e cando a baixa se comunique á Tesouraría Xeral da Seguridade Social nos 6
días naturais seguintes. No caso de que non se comunique a baixa nese prazo, a obriga de
cotizar estenderase ata o último día do mes en que efectivamente se comunique, a non ser
que se xustifique dalgún xeito o cese da actividade.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
6.3 Base de cotización
A base de cotización no Réxime Especial do Traballador Autónomo será escollida polo
traballador entre a base mínima e a máxima que lle corresponda.
Para o ano 2009 estas bases son as seguintes:
• Base mínima = 833,40 euros mensuais.
• Base máxima = 3.166,20 euros mensuais.
Estas bases oscilarán en función das características persoais dos autónomos (por exemplo os
maiores de 50 anos terán uns límites mínimo e máximo diferentes) e tamén en función da propia
actividade que estea a desenvolver (algúns sectores económicos como o da venda a domicilio terán
os seus propios límites). Para ver todas estas especificidades podes consultar a páxina web da
seguridade social:
http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Traballo Autónomo)
As bases tamén serán distintas para o caso dos traballadores autónomos economicamente
dependentes, tal e como se verá no capítulo desta guía dedicado a eles.
Hai que ter en conta que a elección da base de cotización vai
determinar a contía das futuras prestacións ás que o autónomo terá
dereito. Todas as prestacións calcúlanse como unha porcentaxe da
cota de cotización e esta dependerá directamente da base elixida.
Isto explica que aínda que a maioría de autónomos se decanten pola
base mínima, canto máis se achegan á idade de xubilación, aumentan
a cantidade a pagar co obxectivo de ter unha mellor pensión.
53. 51
Unha vez elixida a base de cotización, existe a posibilidade de cambiala. Pódese facer no mesmo
ano, con efectos a partir do 1 de xullo, se o solicita antes do 1 de abril; ou para o ano seguinte se o
solicita antes do 1 de outubro.
Tamén se pode solicitar o incremento automático da base na mesma porcentaxe do incremento
anual das bases máximas, co tope límite máximo aplicable ao traballador.
O cambio de base solicitarase na Dirección Provincial da Tesouraría
Xeral da Seguridade Social, nas Administracións da mesma ou a través
da Internet na web www.seg-social.es
6.4 Tipo de cotización
Para o ano 2009 o tipo de cotización aplicable a este Réxime Especial
de Traballadores Autónomos será do 29,80%. Os autónomos estarán
obrigados a cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal, excepto
no caso de que estean en situación de pluriactividade e cotizaran
noutro réxime diferente. Neste suposto sería voluntario e no caso de
que optaran por non cubrila o tipo de cotización sería do 26,50%.
Ademais aqueles que non optaran por cubrir a continxencia de accidentes de traballo e
enfermidades profesionais, terán que facer unha cotización adicional do 0,1% sobre a base de
cotización elixida. O obxectivo é financiar as prestacións por risco tanto durante o embarazo como
durante a lactación natural.
No caso de que si optaran por cubrilas, aplicarase a Tarifa de Primas establecida na Disposición
adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro.
6.5 Cotas
As cotas son as cantidades que hai que ingresar finalmente na Seguridade Social, e son o resultado
de aplicarlle o tipo que corresponda á base de cotización.
Exemplo:
Un autónomo que opte pola base mínima de cotización e que decida
cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal terá que ingresar unha
cota igual a 833,40 X 29,80% = 248,35 €.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
54. 52
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
• O ingreso das cotas:
Cada mes haberá que ingresar as cotas correspondentes e o encargado de facelo será o
propio autónomo.
Para iso poderá acudir a calquera entidade financeira autorizada para actuar como Oficina
Recadadora da Seguridade Social, onde terá que presentar os documentos de cotización
que correspondan, e que podes encontrar no seguinte enlace da páxina web da seguridade
social: http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Servizos de Cotización)
O pago das cotas pódese domiciliar en calquera entidade financeira. A solicitude deste
trámite poderase realizar a través dos seguintes medios:
• Na propia entidade financeira.
• Nas administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Na actualidade xa existe a posibilidade de aforrar tempo facéndoo a través da Oficina
Virtual da páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es
6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións
As cotas a ingresar na Seguridade Social poderanse ver minoradas grazas a unha serie de
reducións ou bonificacións que teñen como obxectivo favorecer a determinados colectivos incluídos
dentro do empresariado autónomo, en atención ás súas características persoais ou ás características
profesionais da actividade exercida. (Artigo 25 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do
Traballador Autónomo).
Algunhas das reducións e bonificacións máis salientables son as seguintes:
COLECTIVOS REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Traballadores autónomos a
partir de 65 anos e con 35
ou máis cotizados
Exención
Estarán exentos de pagar as cotas que lles correspondan
excepto a parte das mesmas que cubra a continxencia de
incapacidade temporal. (Aos que optaran por cubrir esta
continxencia aplicaráselles o 3,3%).
55. 53
COLECTIVOS REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Traballadores incorporados
ao RETA a partir da entrada
en vigor do Estatuto do
Traballador Autónomo ( o
01/01/2005), os autónomos
de 30 anos ou menos, e as
autónomas de 35 anos ou
menos.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Redución
O 30% da cota resultante de aplicar o tipo mínimo vixente
(29,80%) á base mínima de cotización.
Bonificación
Mesma contía.
Duración
A redución aplicarase durante os 15 meses seguintes á alta
na Seguridade Social e a bonificación nos 15 seguintes á
finalización desa redución. A duración total é de 30 meses
ininterrompidos, con independencia de que nos mesmos se
produzan períodos de baixa.
Traballadoras autónomas
que cesarán a súa actividade
por maternidade e a
reiniciarán nos dous anos
seguintes á data do parto.
Bonificación
O 100% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base
mínima de cotización.
Duración
A bonificación aplicarase durante os 12 meses seguintes.
Traballadores autónomos
substituídos durante os
períodos de descanso por
maternidade, adopción,
acollemento, paternidade,
risco durante o embarazo
e risco durante a lactancia
natural, mediante
contratos de interinidade
bonificados, celebrados con
desempregados.
Bonificación
O 100% da cota resultante de aplicar o tipo de cotización
obrigatorio (29,80%) á base mínima de cotización.
Duración
A bonificación aplicarase durante o tempo que se suspenda
a actividade sempre que coincida o tempo co contrato de
iterinidade do substituto. Nunca poderá ter unha duración
maior que o propio período de suspensión.
Discapacitados que causen
alta inicial no Réxime
Especial de Traballadores
Autónomos.
Bonificación
O 50% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base
mínima de cotización.
Duración
Aplicarase durante os 3 anos seguintes á alta no RETA.
Estes beneficios serán igualmente aplicables aos socios traballadores das cooperativas de
Traballo Asociado que se inclúan no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e que cumpran
os requisitos establecidos.
56. 54
6.7 A acción protectora do Réxime Especial dos
Traballadores Autónomos
O Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores Autónomos, segundo a Lei 20/2007,
do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo, garantirá en todo caso as seguintes
prestacións:
• Asistencia sanitaria nos casos de maternidade, enfermidade común ou profesional e
accidentes, sexan ou non de traballo.
• Prestacións económicas nas situacións de incapacidade temporal, incapacidade permanente,
maternidade e paternidade, risco durante o embarazo e a lactación, xubilación, morte e
supervivencia e familiares por fillo a cargo.
Os traballadores autónomos economicamente dependentes deberán incorporar obrigatoriamente,
dentro do ámbito da acción protectora da Seguridade Social, a cobertura de incapacidade temporal
e dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.
A acción protectora do réxime da Seguridade Social dos traballadores
por conta propia ou autónomos, tenderá a converxer en achegas,
dereitos e prestacións coa existente para os traballadores por conta
allea no Réxime Xeral da Seguridade Social.
A continuación, enuméranse as principais prestacións ás que ten dereito o empresariado
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
autónomo:
Hai que ter en conta que o autónomo ten a posibilidade de optar por cubrir algunhas delas ou
non na súa cotización. Concretamente, a continxencia de Incapacidade Temporal e a continxencia
de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
Dereito a asistencia sanitaria
Será nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social.
Cobertura das situacións de incapacidade temporal
A partir do 1 de xaneiro do ano 2008, os traballadores autónomos que non optaran por cubrir
a incapacidade temporal deberán facelo de forma obrigatoria, excepto no caso de que estean en
situación de pluriactividade e cotizaran noutro réxime.
57. 55
Esta cobertura garantirase nos mesmos termos que no Réxime Xeral, cunha serie de particularidades
que se poden consultar no seguinte enlace:
http://www.seg-social.es/
(Traballadores – Prestacións/Pensións)
Prestación en situacións de risco durante o embarazo
É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos de
que esta inflúa negativamente na saúde da embarazada ou do feto. Consiste nun subsidio do 100%
da base reguladora correspondente.
Será obrigatorio que esta situación de risco estea certificada polos servizos médicos do INSS
ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta certificación, nace o dereito
para a muller embarazada, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese efectivo da actividade
profesional.
Prestación en situacións de risco durante a lactancia natural
É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos
de que esta inflúa negativamente na saúde da nai traballadora ou do seu fillo. Consiste tamén nun
subsidio do 100% da base reguladora correspondente.
Será obrigatoria, igual que no caso anterior, que esta situación de risco estea certificada polos
servizos médicos do INSS ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta
certificación, nace o dereito para a nai traballadora, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese
efectivo da actividade profesional.
Prestación por maternidade
As autónomas terán dereito a cobrar o 100% da súa base de cotización desde o mes anterior
á baixa e durante 16 semanas.
Os requisitos que deberán cubrir para que ese dereito se faga efectivo son os seguintes:
• Se ten menos de 21 anos terá dereito á prestación sempre, non necesita ter cotizado.
• Se ten entre 21 e 26 anos necesita ter cotizados 90 días nos últimos 7 anos, ou medio ano
en toda a súa vida laboral.
• No resto dos casos haberá que ter cotizados 180 días nos últimos 7 anos, ou un ano en toda
a súa vida laboral.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
58. 56
Polo que se refire aos trámites para cobrar a prestación por maternidade, as traballadoras deberán
presentar o modelo IT.1 no INSS ou na mutua correspondente nun prazo de 15 días desde a data
do parto. Ademais deberá entregar tamén a declaración de situación da actividade, onde indique se
pecha o negocio, contrata un traballador do Réxime Xeral ou a substitúe outro autónomo.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Prestación por paternidade
Recoñécese tamén o dereito a recibir a prestación por paternidade nos mesmos termos que
os previstos para os traballadores do Réxime Xeral, cunha serie de particularidades que se poden
consultar no seguinte enlace:
http://www.seg-social.es/
(Traballadores – Prestacións/Pensións)
Prestacións nos casos de Incapacidade permanente
Existen dous tipos de Incapacidade permanente:
• Incapacidade permanente total:
Refírese a aqueles casos nos que o autónomo non pode seguir coa súa actividade habitual
pero si podería desenvolver algunha outra.
Terán dereito ao 55% dunha base reguladora, que por regra xeral será a dos últimos 8
anos.
• Incapacidade permanente absoluta:
Neste caso o autónomo non pode traballar en nada, nin na súa actividade habitual nin en
ningunha outra.
Terán dereito ao 100% dunha base reguladora, en xeral a dos últimos 8 anos.
Máis información:
http://www.seg-social.es/
(Traballadores – Prestacións/Pensións)
59. 57
Prestación por lesións permanentes non invalidantes
A partir do 01/01/04, o autónomo tamén terá dereito á prestación por este motivo nas mesmas
condicións que o resto de traballadores do Réxime Xeral, aínda que debe cumprir os seguintes
requisitos:
• Estar acollidos á mellora voluntaria da acción protectora derivada das continxencias de
accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Ademais, teñen que ter optado tamén
pola cobertura de prestación económica por incapacidade temporal.
• Encontrarse ao día no pago das cotas.
Xubilación
A idade de xubilación dos autónomos é de 65 anos, aínda que se contempla a posibilidade de
xubilación anticipada aos 60 anos, sempre que se cumpran as seguintes condicións:
• Ter cotizados como mínimo un día antes do 01/01/1967.
• Ter cotizado como mínimo o 25% de toda a súa vida laboral nun réxime distinto ao de
autónomos. No caso de que se teñan máis de 30 anos cotizados, só se esixen 5 anos de
cotización noutro réxime.
Hai que ter en conta que por cada ano anticipado entre os 60 e os 65 anos, ao autónomo
réstanlle un 8%.
Por outra banda, en ningún caso existe a posibilidade de xubilación antes dos 60 anos.
Por último, mencionar que a pensión por xubilación é perfectamente compatible co mantemento
da titularidade do negocio, así como co desempeño das funcións inherentes á mencionada
titularidade.
Prestacións por morte e supervivencia
A partir do 01/01/04, os traballadores que se acolleran de xeito voluntario á acción protectora
das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e que, ademais, optaran
pola cobertura da incapacidade temporal, terán dereito ás prestacións por morte e supervivencia.
As mencionadas prestacións recoñécense nos mesmos termos que para os traballadores do
Réxime Xeral da Seguridade Social, cunha serie de particularidades que podedes consultar no
seguinte enlace:
http://www.seg-social.es/(Traballadores – Prestacións/Pensións)
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
60. 58
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Prestacións por actos terroristas
Os autónomos terán dereito ás mesmas prestacións por este concepto que o resto de traballadores
do Réxime Xeral.
Tanto as persoas incapacitadas como os familiares de persoas falecidas por este motivo terán
dereito a percibir da Seguridade Social pensións extraordinarias por actos de terrorismo, así como
asistencia sanitaria e servizos sociais.
Prestacións familiares
Existen unha serie de prestacións non contributivas que teñen como obxectivo cubrir a situación
de necesidade económica, provocada pola existencia de responsabilidades familiares, e polo
nacemento ou adopción de fillos en determinados casos. Son as seguintes:
• Prestación económica por fillo ou menor acollido a cargo.
• Prestación económica por nacemento ou adopción do terceiro ou sucesivos fillos.
• Prestacións económicas polo nacemento ou adopción dun fillo, nos supostos de familias
numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas.
• Prestación económica por parto ou adopción múltiples.
• Prestación económica por nacemento ou adopción dun fillo.
Ademais, contémplase tamén a existencia doutra prestación non contributiva, a prestación por
coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares.
Para máis información sobre estas prestacións:
http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións)
Pensións do seguro obrigatorio de vellez e invalidez
Trátase dun réxime residual que se aplica aos traballadores que, reunindo os requisitos esixidos
pola lexislación do extinguido réxime, non teñan dereito a unha pensión do actual Sistema da
Seguridade Social, con excepción das pensións de viuveza.
63. 61
7. A contratación de persoal:
particularidades
Nun determinado momento o autónomo pode considerar necesaria a contratación dun ou máis
traballadores. Nos epígrafes seguintes enumeraranse os principais aspectos a ter en conta neste
sentido.
Non obstante, antes de dar este paso, o traballador/a debe contemplar todas as opcións que
ten ao seu alcance, xa que a contratación de traballadores non sempre é a única alternativa. Por
exemplo, ante necesidades puntuais por aumentos de traballo ou outras necesidades concretas,
pode ser tamén unha boa alternativa subcontratar parte das actividades.
Por outro lado, tamén hai que ter en conta que o autónomo/a é posible que non conte cos
mesmos recursos financeiros que unha sociedade. Por iso, para competir con elas á hora de contratar
traballadores deben facer fincapé en aspectos como a flexibilidade laboral, o trato amable e próximo,
a posibilidade de conciliación da vida laboral e familiar…
7.1 Solicitude de traballadores
Onde podo acudir para conseguir traballadores?
Podo contratar a calquera persoa como traballador
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
por conta propia?
Unha vez que se ten clara a necesidade de contratar novos traballadores, as fontes ás que pode
acudir o autónomo son moi numerosas. Aquí enuméranse algunhas delas:
• A través do boca a boca.
• Poñendo anuncios en prensa.
• Acudindo a Axencias Privadas de Colocación.
• A través de Empresas de Traballo Temporal.
• Nas Oficinas de Emprego.
64. 62
Este último suposto de acudir ás Oficinas de Emprego, vai ser obrigatorio no caso de que o
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
autónomo queira solicitar unha das dúas medidas seguintes:
• Incentivos por realizar un contrato indefinido de traballadores discapacitados.
• Transformación de contratos dos traballadores discapacitados de temporais a indefinidos.
Sempre que decida acudir a estas oficinas deberá indicar as características do posto que se quere
cubrir, os requisitos que deben cumprir os candidatos, o tipo de contrato que se vai realizar, a forma,
o lugar e a data de selección dos traballadores.
Despois diso, será a propia Oficina de Emprego a que faga unha preselección dos candidatos
aptos para ser entrevistados e lla envíe ao autónomo.
Á hora de seleccionar os traballadores hai que ter en conta a quen
se pode contratar e a quen non. As persoas que poden ser contratadas
son as seguintes:
• Persoas maiores de idade.
• Menores de 18 anos legalmente emancipados.
• Persoas maiores de 16 anos e menores de 18, nos seguintes
casos:
- Se viven de forma independente co consentimento
expreso ou tácito dos seus pais ou titores.
- Se teñen autorización dos pais ou de quen os teña ao seu
cargo.
• Estranxeiros de acordo coa lexislación que lles sexa aplicable.
65. 63
7.2 O contrato de traballo
O contrato de traballo non é máis que un acordo entre o autónomo/
a e o traballador/a polo que este se obriga a prestar determinados
servizos por conta do primeiro baixo a dirección do mesmo, a cambio
dunha retribución.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Que é un contrato de traballo?
Como se deben realizar os contratos de traballo?
Que obrigas teñen os autónomos cando realizan un
contrato de traballo?
Unha vez elixido o traballador/a axeitado, o autónomo/a deberá formalizar o acordo a través
dun contrato de traballo.
En principio, os contratos poderán ser por escrito ou de palabra. Porén, existen determinados
supostos nos que é obrigatorio que se faga por escrito. Son os seguintes:
• Contratos de prácticas.
• Contratos de formación.
• Contratos para a realización dunha obra ou servizo determinado.
• Contratos a tempo parcial, fixo descontinuo ou de relevo.
• Contratos de traballo a domicilio.
• Contratos de traballadores en España ao servizo de empresas españolas no estranxeiro.
• Contratos eventuais por circunstancias da produción con duración superior ás 4 semanas.
Por outra banda, calquera das partes pode esixir en calquera
momento que o contrato se celebre por escrito, aínda que non estea
nun dos supostos anteriores.
66. 64
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Obrigas dos empresarios:
• Terán a obrigación de comunicar á oficina de emprego, no prazo dos 10 días seguintes á
celebración do contrato, o contido do mesmo, sexa por escrito ou non. Do mesmo xeito
haberá que comunicar tamén as prórrogas dos contratos xa existentes.
• Deberán tamén entregar unha copia básica dos contratos que se deban formalizar por
escrito aos representantes legais dos traballadores.
Esta copia básica deberá incluír todos os datos do contrato a excepción do DNI, o domicilio, o
estado civil, e calquera outro que poida afectar á intimidade persoal. Posteriormente, deberá enviala
á Oficina de Emprego correspondente.
7.3 Tipos de contratos
Que tipos de contratos pode realizar
o autónomo?
Cales son as súas características
fundamentais?
Onde se poden obter modelos de cada
un dos tipos?
Que traballadores se poden acoller a cada
un dos contratos?
Como se deben formalizar?
Existe unha gran variedade de contratos, entre os que o autónomo/a deberá elixir o que mellor
se adapte a cada circunstancia. A continuación enuméranse os máis habituais.
• Contratos indefinidos.
• Contratos indefinidos bonificados.
• Contratos de duración determinada.
• Contratos de relevo.
• Contratos en prácticas.
• Contratos para a formación.
• Contratos con persoas con discapacidade.
• Outros contratos.
67. 65
1 Contratos indefinidos:
Contrato realizado entre traballador e empresario a xornada completa e por tempo indefinido. É
dicir, non se establecen límites de tempo no que se refire á prestación de servizos.
Que traballadores se poden subscribir:
Todos.
Enlace para a descarga de modelos:
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-170.pdf
2 Contratos indefinidos bonificados:
Existen varios tipos de contratos indefinidos que van contar cunha serie de bonificacións. Son os
seguintes:
• Contrato de traballo indefinido para mulleres desempregadas.
• Contrato de traballo indefinido para desempregados entre 16 e 30 anos.
• Contrato de traballo indefinido para desempregados inscritos durante 6 ou máis meses.
• Contrato de traballo indefinido para persoas maiores de 45 anos.
• Contrato de traballo indefinido para desempregados con responsabilidades familiares.
• Contrato de traballo fixo descontinuo.
• Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores beneficiarios das prestacións
por desemprego (RD Lei 2/2009).
• Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores incluídos nos plans sectoriais
de apoio ao emprego (sector téxtil e da confección).
• Contrato de traballo indefinido bonificado para desempregados nos plans sectoriais de
apoio ao emprego (sector calzados, curtido e marroquinería).
Máis información:
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
68. 66
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
3 Contratos a tempo parcial:
Contrato polo que se acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día,
á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo
comparable.
Que traballadores se poden subscribir:
Todos.
Máis información:
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)
4 Contratos por obra ou servizo:
Contrato que ten por obxecto a realización de obras ou servizos con autonomía propia dentro
da actividade da empresas. A execución dos mesmos terá unha duración, en principio, incerta e a
xornada poderá concertarse a tempo completo ou parcial.
Que traballadores se poden subscribir:
Todos.
Máis información:
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)
5 Contratos de duración determinada en función das circunstancias da
produción:
Contrato realizado para atender as esixencias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de
pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa. A súa duración máxima será de seis
meses dentro dun período de doce.
Que traballadores se poden subscribir:
Todos.
Máis información:
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)
69. 67
6 Contratos en prácticas:
Contrato formativo concertado por quen está en posesión dun título universitario, de formación
profesional de grao medio ou superior ou dun título recoñecido oficialmente coma equivalente,
para a prestación de servizos retribuídos nun posto de traballo que permite a obtención da práctica
profesional axeitada ao nivel de estudos cursados.
A duración do contrato non pode ser inferior a seis meses nin maior de dous anos.
Que traballadores se poden subscribir:
Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes:
• Estar en posesión dun título de diplomado universitario, enxeñeiro (técnico ou non),
arquitecto (técnico ou non), licenciado universitario, técnico ou técnico superior da
formación profesional, ou título recoñecido como equivalente que habilite para o exercicio
profesional.
• Que non transcorreran máis de catro anos (6 se é un discapacitado) desde a finalización
dos estudos necesarios para a titulación de que se trate, ou desde a data de validación dos
estudos en España de ter obtido a titulación no estranxeiro.
Enlace para a descarga de modelos:
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-176.pdf
7 Contratos en formación:
Contrato formativo polo que o traballador se compromete a prestar un traballo, e a recibir
formación teórico- práctica para o desempeño adecuado dun oficio ou posto de traballo que requira
un determinado nivel de cualificación, e polo que o empresario/a obrígase a remunerar a aquel, e a
proporcionarlle traballo efectivo e concederlle os permisos necesarios para aquela.
Este contrato non pode ser a tempo parcial.
A duración non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
70. 68
Que traballadores se poden subscribir:
Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes:
• Carecer da titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio obxecto da
formación.
• Ser maior de 16 anos e menor de 21 no momento de formalizar o contrato, a non ser que
o contrato se concerte cun desempregado incluído nalgún dos seguintes colectivos:
- Discapacitados.
- Persoas en situación de exclusión social.
- Persoas que leven sen actividade laboral máis de tres anos.
- Persoas que se incorporen a un programa de escola – taller ou casa de oficios, nos
que a idade máxima será de 24 anos.
- Persoas que se incorporen a un programa de taller de emprego.
Non poderá ser contratado novamente baixo esta modalidade o
traballador que esgotara o prazo máximo de duración deste contrato
ou dun de aprendizaxe. (Para non incumprir este requisito o autónomo
pode solicitar información ao INEM).
Enlace para a descarga de modelos:
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-175.pdf
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
8 Contratos con persoas con discapacidade:
Contrato especialmente dirixido a aquelas persoas que presenten algún tipo de discapacidade.
Existen varias modalidades:
• Indefinidos.
• Temporais.
• Para a formación.
• En prácticas.
• De interinidade.
71. 69
Que traballadores se poden subscribir:
Pódense subscribir todas aquelas persoas que estean nalgunha das seguintes circunstancias:
• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que sexa recoñecido
polo organismo competente.
• Pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade
permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidade.
• Pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro
por incapacidade permanente para o servizo ou por inutilidade.
No caso de que se queira subscribir un contrato indefinido para
persoas con discapacidade, o traballador non poderá estar vinculado á
empresa (nin ao grupo de empresas se é o caso) mediante outro tipo
de contrato indefinido nos 24 meses anteriores
Enlace para a descargas de modelos (correspondente ao indefinido):
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-186.pdf
9 Outros contratos:
Estes son só algúns dos contratos máis usuais. Existen moitos máis, dos que se pode atopar
cumprida información na páxina web do INEM. Algúns deles son os seguintes:
• Contratos para a investigación.
• Contratos de interinidade.
• Contratos de relevo.
• Contratos de substitución por xubilación anticipada.
• Contratos de traballo a domicilio.
• Contratos de traballo en grupo.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
72. 70
7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Haberá que realizar tres trámites fundamentais ante o INSS:
• Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo.
• Afiliación dos traballadores.
• Alta dos traballadores.
• Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo:
O autónomo debe solicitar a súa inscrición na Seguridade Social á Tesouraría Xeral da Seguridade
Social previamente á alta dos traballadores.
Tamén debe ser comunicada á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a apertura de centros de
traballo para a súa identificación.
• Afiliación dos traballadores:
A afiliación á Seguridade Social é obrigatoria e única para toda a vida. A afiliación dos traballadores
pode realizarse:
- A instancia do empresario:
Os empresarios están obrigados a solicitar a afiliación á Seguridade Social dos traballadores
ao seu servizo, a non ser que estivesen xa afiliados.
- A instancia do traballador:
Os traballadores por conta propia (p.ex. autónomos) que inicien a súa actividade como
tales deben solicitar a súa afiliación, a non ser que xa estivesen afiliados.
Así mesmo, os traballadores por conta allea respecto dos que o empresario non cumprise a
obriga de solicitar a súa afiliación, poderán solicitala directamente.
- Afiliación de oficio:
A afiliación realizarase de oficio pola Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social, cando como consecuencia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, se comprobe
o incumprimento da obriga de solicitar a afiliación.
• Alta dos traballadores:
Ademais da obriga de solicitar a afiliación dos traballadores que non o estivesen, os empresarios
están obrigados a comunicar as altas dos traballadores que entren na empresa ou cambien de centro
de traballo cun número de cotización diferente.
A alta é o acto formal de integración do traballador nun determinado réxime do sistema da
Seguridade Social.
73. 71
7.5 Incentivos á contratación de traballadores
As Administracións Públicas ofrecen distintos tipos de incentivos para fomentar a creación e a
calidade do emprego.
Aínda que os programas de apoio teñen diversos obxectivos, pódese dicir
que os incentivos son establecidos para fomentar a creación de emprego,
para elevar o nivel de contratos por tempo indefinido, e para facilitar o
acceso ao mercado de traballo de colectivos con especiais dificultades.
Estes incentivos teñen contido diverso:
• Poderían consistir no pagamento dunha cantidade a fondo perdido;
• Tamén poderían consistir na redución da carga que soporta o empregador: por exemplo,
unha redución das cotizacións á Seguridade Social.
Por outra parte, a creación de emprego, nos mesmos termos que se acaban de mencionar, é
unha variable que se pode ter en conta á hora de conceder outro tipo de axudas ou incentivos. Por
exemplo, se varios empresarios optan a unha subvención en réxime de concorrencia competitiva,
seguramente obterán puntos por crear emprego, por manter unha política de estabilidade ou por
incluír persoas de determinados colectivos no seu cadro de persoal.
Na actualidade, hai distintas Administracións e distintos órganos que ofrecen incentivos á
contratación, entre outros:
• Consellería de Traballo. Co cambio de goberno agora chámase Consellería de Traballo e
Benestar.
• Administración da Seguridade Social.
Algúns programas de incentivos son estes:
• Programa de fomento da contratación en prácticas de mozos con titulacións de difícil
empregabilidade.
• Programa de fomento da contratación de mozos para substitución de traballadores que
rematan a súa vida laboral.
• Programa de creación de novos empregos para mozos titulados nas empresas de menos de
30 persoas traballadoras.
• Programa da contratación indefinida inicial de mozos desempregados.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
74. 72
• Programa de incentivos á transformación en indefinidos de determinados contratos
temporais celebrados con mozos.
• Programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas
pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.
• Programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos desempregados con
dificultades de inserción laboral.
• Programa de fomento de permanencia nas empresas con contrato estable a aqueles que
teñan na actualidade un contrato temporal.
• Programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro
traballador fixo.
• Programa de fomento da contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D.
• Programa de incentivos a Plans empresariais de estabilidade laboral.
• Programa para o fomento das transformacións dos contratos temporais en indefinidos.
• Incentivos á contratación indefinida de persoas con discapacidade.
7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo
O Estatuto do Traballador Autónomo, na súa Disposición adicional
décima, recoñece o dereito do empresariado autónomo a contratar
como traballadores aos seus familiares. Isto supón unha modificación da
Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a Mellora do Crecemento e do
Emprego..
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Máis concretamente, este dereito recoñécese en dous casos:
• En primeiro lugar, todo/a autónomo/a poderá contratar como traballadores por conta allea
aos seus fillos menores de 30 anos, aínda que convivan con el.
• En segundo lugar, e só no caso de que se trate dun autónomo sen asalariados, poderá
tamén contratar a un único familiar menor de 45 anos, aínda que non conviva con el nin
estea ao seu cargo.
Ademais, os familiares contratados terán dereito ás medidas protectoras da Seguridade Social, coa
excepción da cobertura por desemprego. Non terán dereito a percibir a prestación por dito motivo.
77. 75
8. Trámites de posta en marcha
coma Autónomo
A medida que se foron desenvolvendo os epígrafes que compoñen a presente guía, tamén se foi
facendo referencia ás obrigas con eles relacionados. Porén, facíase necesario á súa vez recoller os
trámites e lugares para constituírse como empresario/a individual. Estes trámites son máis sinxelos
que os que se terían que realizar para constituír unha sociedade mercantil. Por exemplo, un autónomo
ou autónoma non precisa solicitar un CIF en Facenda xa que operará co seu NIF. A continuación
describiremos os lugares que haberá que visitar e os trámites que se deberán realizar para poñer en
marcha un negocio como empresario/a individual:
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
TRÁMITES ENTIDADE
Declaración Censal Delegación provincial de Facenda
Alta no Imposto de Actividades
Delegación provincial de Facenda
Económicas
ou concello
Alta no Réxime Especial de traballadores
autónomos
Tesouraría Xeral da Seguridade
Social
Solicitude do número de patronal(CCC)
Tesouraría Xeral da Seguridade
Social
Comunicación de apertura do centro de
traballo
Dirección provincial de traballo
Solicitude de calendario laboral Dirección provincial de traballo
Solicitude de libros de visita Dirección provincial de traballo
Licenza de obras Concello
Licenza de apertura Concello
Descrición dos trámites:
• Declaración censual
Antes do inicio da actividade debemos realizar este trámite en Facenda. Nel deben indicarse
os datos do autónomo/a así coma as obrigas fiscais ás que estará suxeito. Se existe unha
modificación nos datos, como un cambio de domicilio, ou se produce o cese deberase
cumprimentar outra declaración.
78. 76
• Alta no IAE
Aínda que o empresario ou empresaria individual, pola súa condición de persoa física, está
exento do pago deste imposto, deberá darse de alta no epígrafe do IAE que mellor se
axuste á actividade que se vai realizar. Hai que poñer especial atención á hora de escoller
o epígrafe xa que soamente se poderán realizar as actividades que se lle asocien. Neste
sentido permítese darse de alta en máis dun epígrafe polo que é recomendable darse de alta
en todos os que correspondan coa actividade que se vai desenvolver.
• Alta no réxime Especial de traballadores autónomos (RETA)
Toda persoa que realice de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica a
título lucrativo e sen suxeición a contrato de traballo, deberá darse de alta no RETA. Este
trámite deberá facerse no mes seguinte ao inicio da actividade.
• Solicitude do número de patronal (CCC)
Este trámite tan só é necesario se se van contratar empregados/as. Con el inscríbese á
empresa na seguridade social e asígnaselle ao empresario ou empresaria un Código de
Conta Cotización. Esta requisito só se realizará unha vez, e será válido para toda a vida do
empresario e para todo o territorio nacional.
• Comunicación de apertura do centro de traballo
Cando se inicie a actividade deberá realizarse de xeito obrigatorio. Nela recolleranse datos
sobre o centro de traballo, e sobre a actividade que desenvolve.
• Solicitude do calendario laboral
Este pódese obter na dirección provincial de traballo, en sindicatos…Debe reflectir o horario
de traballo e as festas nacionais e autonómicas.
• Solicitude do libro de visitas
É obrigatorio para todas as empresas ter este libro, xa que se deberá presentar ante unha
Inspección de traballo.
• Licenza de obras
Tan só é necesaria se se van realizar obras de acondicionamento no local; se non se van
realizar obras non haberá que solicitala. Este trámite realízase no concello.
• Licenza de apertura
Toda persoa física ou xurídica debe contar con esta licenza, xa que é a autorización previa
e necesaria para a apertura de establecementos nos cales se realicen actividades de índole
económica.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
81. 79
9. O colectivo autónomo
economicamente dependente
Cando un autónomo ou autónoma é economicamente dependente?
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
Ten algunha vantaxe esta consideración?
No ano 20071 incorporouse ao Estatuto do Traballador Autónomo a figura do Traballador
Autónomo Economicamente Dependente (TAED). Unha das principais motivacións da inclusión
desta figura foi evitar a, cada vez máis frecuente, simulación contractual do “falso autónomo”, que
consistía na contratación dunha persoa baixo esta forma para realizar un traballo coas características
propias do traballo por conta allea eludindo, deste xeito, as obrigas en materia laboral e de Seguridade
Social.
9.1 Definición e características
Tal e como se recolle no Estatuto, o Traballador Autónomo Economicamente Dependente (TAED)
será aquel que, de xeito lucrativo, realice actividades económicas ou profesionais de forma habitual
e directa para unha empresa (ou cliente/a) da cal dependa economicamente, por xerar a actividade
un mínimo do 75% dos seus ingresos.
Para o cálculo do 75% considerarase os ingresos percibidos polos
rendementos do traballo recibidos polo autónomo de todos os seus clientes,
incluído o que se toma como referencia para determinar a condición de
traballador autónomo economicamente dependente, e tamen, se existisen,
os rendementos por conta allea.
1 Lei 20/2007 do 11 de Xullo
82. 80
A parte dos requisitos contidos na definición, para encadrarse como economicamente dependente,
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
o traballador autónomo debe cumprir as seguintes condicións:
• Non ter ao seu cargo traballadores ou subcontratar parte da actividade a terceiras persoas.
• Non realizar a súa actividade dun xeito indiferenciado dos restantes traballadores e
traballadoras que presten servizos ao cliente, sexan cales sexan a súas modalidades
contractuais.
• Dispoñer de medios materiais propios para o desenvolvemento da actividade.
• Non estar sometidos á organización do cliente, sen prexuízos das súas indicacións técnicas.
• Asumir o risco da súa actividade, recibindo por ela o pago pactado en función do
resultado.
9.2 O contrato do TAED
Para que o traballador ou traballadora economicamente dependente realice a súa actividade
debe mediar entre el e o cliente un contrato de traballo, formalizado sempre por escrito, onde se
detallen as características do servizo que se prestará. O contrato debe estar debidamente inscrito
nunha oficina pública de emprego.
Para poder realizar o contrato a persoa traballadora comunicará ao cliente a súa condición de
dependente, podendo este último pedir documentos xustificativos do cumprimento dos requisitos
enunciados no punto anterior.
O contrato, que terá a duración que as partes determinen podendo remitirse esta á finalización
do servizo, debe reflectir para ser válido, como mínimo, os seguintes aspectos:
• Identificación das partes que realizan o contrato (cliente e
autónomo)
• Enumeración e descrición dos elementos que outorgan ao autónomo
o estatus de economicamente dependente respecto ao cliente.
• Obxecto e causa do contrato.
• O réxime de interrupción da actividade, contemplando a interrupción
anual, o descanso semanal e os festivos. Neste sentido, débese
especificar tamén a duración máxima da xornada laboral incluíndo a
súa distribución semanal.
• De aplicarse, o acordo de interese profesional
83. 81
Aparte dos contidos obrigatorios tamén se poden especificar no contrato aspectos tales como
a data de comezo e duración do contrato e das súas prelacións, a contía da indemnización en caso
de extinción do contrato por algunha das partes ou aclaración en materia de prevención de riscos
laborais. En definitiva, poderase incluír calquera estipulación que se considere oportuna.
A extinción do contrato entre as partes producirase cando concorra algunha das seguintes
circunstancias:
• Exista mutuo acordo entre as partes.
• Concorran causas validamente consignadas no contrato.
• Causas incompatibles coa actividade tales como invalidez, xubilación ou defunción.
• Por abandono do TAED, debendo mediar o aviso previo estipulado conforme aos termos
recollidos no contrato.
• Vontade do TAED fundada en incumprimentos contractuais severos por parte do cliente.
• Vontade do cliente por causa xustificada.
• Por decisión da traballadora autónoma economicamente dependente no suposto de ser
vítima da violencia de xénero.
Cando a extinción do contrato se deba ao incumprimento contractual
dunha das partes, a outra terá dereito a percibir unha indemnización polos
danos que lle ocasione. Neste sentido, se a resolución é por vontade do
cliente sen causa, o traballador terá dereito á indemnización do parágrafo
anterior, e no caso de que se resolva o contrato por vontade do traballador,
sen fundarse nunha causa, o cliente poderá ser indemnizado cando a
extinción lle cause un prexuízo importante ou paralice ou perturbe a súa
actividade
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
84. 82
9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo eco-nomicamente
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
dependente
Cando un autónomo ou autónoma ten a consideración de economicamente dependente adquire
determinados dereitos que o benefician. Os máis significativos son:
• Ten dereito a interromper a súa actividade laboral 18 días hábiles. Esta cifra poderase
incrementar se se recolle explicitamente no contrato ou no acordo de interese profesional.
• A realización de actividades por un tempo superior ao pactado terá carácter voluntario.
• O horario da actividade deberá adaptarse, na medida do posible, para poder conciliar a vida
laboral e profesional.
• Dereito á defensa dos seus dereitos diante da xurisdicción.
• Dereito a indemnización no caso de despido improcedente.
Para concluír este epígrafe debe mencionarse, aparte dos dereitos do Traballador Autónomo
Economicamente Dependente, a obrigatoriedade de incorporar dentro do ámbito de acción protectora
da seguridade social as cotizacións para a cobertura por incapacidade temporal, accidentes de traballo
e enfermidades profesionais.
87. 85
10. A conversión do Autónomo ou
Autónoma en sociedade
Como se fai o cambio cara unha sociedade mercantil?
Cal é a sociedade mercantil máis sinxela de constituír ?
Durante o desenvolvemento dunha actividade empresarial poden darse diversos feitos, como o
incremento do volume da cifra de negocios ou a necesidade de abrir novos nichos de mercado, que
fagan que se presente a disxuntiva de se sería conveniente, ou non, mudar a forma xurídica para
levala a cabo.
Para realizar este proceso non existen métodos “máxicos” senón que se debe crear unha
sociedade desde “cero” para, a continuación, transmitirlle os bens e, de telos, os traballadores
contratados polo empresario individual.
Para transmitir os bens á nova Sociedade existen varias posibilidades: unha é manter a propiedade
dos bens e arrendarllos á nova empresa. Outra sería vender os bens á Sociedade que se creou,
tributando, dependendo do imposto ao que se estea suxeito:
• un 7% polo Imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais
(ITP).
• un 16% polo Imposto Sobre o Valor Engadido (IVE).
A última opción e, en moitos casos a óptima, é a de ceder os bens como unha achega non
monetaria ao capital da nova sociedade, pagando neste caso o 1% do seu valor polo imposto de
Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais (ITP)1.
No caso de que o empresario ou empresaria individual teña contratado a algún traballador, o seu
traspaso á sociedade deberase realizar mediante unha subrogación empresarial. Garántense deste
xeito os dereitos adquiridos polos traballadores no seu anterior traballo, respectando así o contido
do Estatuto dos traballadores.
1 Concretamente, dentro do imposto de actos Xurídicos Documentados e Transmisións Patrimoniais, esta operación
encádrase na modalidade de Operación Societaria (OS) que grava, entre outras cousas, as achegas ás sociedades.
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
88. 86
Se finalmente se opta por dar o salto de Empresario/a individual a Sociedade mercantil, débese
ter en conta que as obrigas de rexistro aumentarán dunha maneira considerable. A parte de levar
unha contabilidade axustada ao Código de Comercio deberanse elaborar as memorias, as actas das
Xuntas Xerais, libros de rexistro de accións ou socios, segundo corresponda.
Á hora de facer o cambio de persoa física á sociedade mercantil, é moi conveniente, sempre que
sexa posible, facer no mesmo día todos os trámites, xa que no tempo que dista entre a baixa como
Autónomo/a e a alta como administrador da Sociedade estarase sen a cobertura da Seguridade
Social.
10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil
Á hora de elixir a forma societaria existen varias alternativas, entre as cales se poden destacar as
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
que figuran no seguinte cadro.
FORMA XURÍDICA
Número de
socios
Capital social
mínimo
Responsa-bilidade
Réxime fiscal Formalidades de
constitución
Seguridade
social
Empresario/a individual
1
Non existe
legalmente
Ilimitada IRPF
Ningunha
Formalidade
Autónomos
Sociedade de responsabilidade limitada
Mínimo 1
3,005,06€
desembolso
100%
Limitada
ao capital
achegado
Imposto
Sociedades
Escritura Pública
Réxime Xeral
ou Autónomos
Sociedade limitada Nova Empresa
Mínimo 1
Máximo 5 no
momento de
constitución
(técnicas
telemáticas)
3,012€ máximo
120,202€
Limitada
ao capital
achegado
Imposto
Sociedades
Escritura
Pública(técnicas
telemáticas)
Réxime Xeral
ou Autónomos
Sociedade anónima
Mínimo 1
60,101,21€
desembolso
mínimo 25%
Limitada
ao capital
achegado
Imposto
Sociedades
Escritura Pública
(con estatutos)
Réxime Xeral
ou Autónomos
Sociedade limitada laboral
Mínimo 3
3,005,06€
desembolso
100%
Limitada
ao capital
achegado
Imposto
Sociedades
Escritura Pública Réxime Xeral
Sociedade cooperativa
De 1º grao:
mín. 3
De 2º grao:
mín. 2
Fixado nos
estatutos
Limitada
ao capital
achegado
Imposto
Sociedades
Escritura Pública
Réxime Xeral
ou Autónomos
89. 87
Aínda que poden existir pequenas diferenzas nalgúns trámites dependendo do tipo de sociedade
que se vaia constituír, por norma xeral os pasos a seguir son os seguintes:
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
TRÁMITES ENTIDADE
Certificación negativa do nome
Rexistro Mercantil central
www.rmc.es
Escritura pública de constitución Notaría
Impostos de TPO e AXD Dirección Xeral de tributos
Alta da sociedade en facenda Delegación provincial de Facenda
Inscrición no Rexistro Mercantil Rexistro Mercantil
Alta na Seguridade Social
Tesouraría Xeral da Seguridade
Social
Comunicación de apertura do centro de
traballo
Inspección de traballo
Licenza de obras Concello
Licenza de apertura Concello
Descrición dos trámites:
1 .Certificación negativa do nome ou denominación social.
Este é o primeiro trámite que se ten que levar a cabo. Mediante a súa realización, acredítase
que non existe ningunha outra sociedade cun nome igual ou parecido á que se pretende
crear.
2. Escritura pública de Constitución.
Este é o trámite de constitución dunha Sociedade Mercantil e debe realizarse mediante
unha escritura notarial na que se debe facer constar:
- A identidade da persoa ou persoas promotoras.
- A vontade de constituír a Sociedade
- A achega que realiza cada socio/a
- Sistema de administración que vai rexer a Sociedade