PARQUE NATURALPARQUE NATURAL
Serra deSerra de
Enciña da LastraEnciña da Lastra
Está situado ao nordeste da provincia de Ourense, na comarca de
Valdeorras, no linde con León (comarca do Bierzo.
SUPERFICIE: 3.152 ha
(Parque Natural)
CONCELLOS: Rubiá
VALORES NATURAIS:
canóns, covas calcárias,
ríos, aciñeirais, flora
mediterránea, aves,
morcegos, insectos...
Parque
Natural e
LIC
Val do Galir e Penedos de Oulego
O espazo articúlase arredor da serra de Enciña da Lastra (vertente suroeste) e do
Val do Sil e varios afluentes en terreos de Rubiá (Ourense).
A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as
partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros.
PROTECCIÓN
PARQUE NATURAL. Decreto 157/2002, do 4 de abril (DOG 03-05-02).
-ZEPA Zona de especial protección para as aves (1.787 ha)
-LIC, Lugar de importancia comunitaria, 1787 ha (21 de setembro de 2006). Hai unha
proposta de ampliación pendente de aprobar.
-ZEC, Zona especial de conservación, 1.742 ha (31 de marzo de 2014)
-A área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas
comunidades autónomas de Galiza e Castela e León, incluida no inventario de SEO/BirdLife
(1998).
-O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España inclue parte da área no Punto de Interese
Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito presilúrico de limonita
situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o Estreito de Covas e o
macizo calcario de Penarrubia.
-Linda co LIC “Sierra de la Encina de La Lastra” do Bierzo (León), cunha superficie de
289,44 ha.
XEOLOXÍA
O territorio está constituído na súa maior parte por terreos de natureza calcaria
(pouco comúns en Galiza) principalmente na Serra da da Enciña da Lastra onde
forman unha unidade coas áreas veciñas do Bierzo, incluído na zona xeolóxica
ástur-occidental leonesa. Pertencen ao dominio da calcaria da Aquiana, de tipo
marmóreo con estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente
dolomitizada. Estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros
organismos do período ordovícico, testemuñas dunha época en que esta zona
estaba debaixo do mar.
A parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas.
Penedos en Vilardesilva
As rochas calcárias (dolomías e calcárias marmóreas da Aquiana) dan lugar a
formas características: canóns profundos, como o do Sil en Covas, agullas
espectaculares (Penedos de Oulego) e covas ou palas (hai censadas 77).
Parede do canón do Sil nas proximidades de Covas
SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e
separa as Comarcas do Bierzo (León) e Valdeorras (Ourense). O Pico máis
elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos
coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco
Pequeno, A Petada...
Vista do conxunto da serra desde Vilar de Silva
Cara noroeste de Enciña da Lastra
Tara, o cume máis alto da serra (cara leste)
Penedos de Oulego e Tara (á esquerda), desde a vertente leste.
Penedos de Oulego, desde a vertente leste
Penedos de Oulego, desde a vertente oeste
Penedos de Oulego, desde a vertente oeste
Tara, na cara oeste
Vista desde o miradoiro do Penedón cara ao Bierzo
Pena Falcoeira
Pena Falcoeira
Pena Falcoeira
Pena Falcoeira e Covas
A Escrita
O Canón do Sil marca o extremo leste da serra de Enciña da Lastra
Na beira esquerda do canón do Sil atópanse unha serie de montes que caen en
paredes verticais sobre o río: Penedo Maior, O Páramo...
Vista desde Covas
AS COVAS ou PALAS
Esta área acolle o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galiza, coa maior
rede de covas e simas do país (hai censadas 77). Destacan as existentes nas
inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro: Pala da Zorra, Pala
do Pombo, Pala de Tralapala, Pala de Trasmonte, Pala de Xilverte...
Pala en Pena Falcoeira
Pala en Covas
Canón do Sil en Covas desde Pardollán
REDE FLUVIAL
Está formada polo río Sil que discorre ao longo duns catro quilómetros polo
extremo oriental do espazo, retido polo encoro de Penarrubia, e o río Galir,
ademais doutros regatos estacionais.
RÍO SIL
Nace nas estribacións da Cordilleira Cantábrica e despois de percorrer as terras
do Bierzo leonés penetra en Galiza pola zona coñecida como O Estreito formando
un fermoso canón entre rochas calcárias, entre a caída ao Sil da serra de Enciña
da Lastra e os montes de Penedo maior e O Páramo. Está retido no encoro de
Penarrubia.
O Sil en Covas
O Sil en Covas no encoro de Penarrubia.
Canón do Sil. “O Estreito”
Canón do Sil.
“O Estreito”
Río Galir
Nace entre a serra de Enciña da Lastra e a serra da Agulla e xúntase co Sil en
Éntoma. Ten un grande valor ecolóxico, por ser un dos poucos ríos galegos onde
se atopa o cangrexo de río autóctono.
Val do río Galir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río
CLIMA
De transición entre os dominios oceánico de montaña e oceánico-mediterráneo,
cunha precipitación media anual de 594 mm e unha temperatura media de 12,9 °C.
O clima máis seco de Galiza, de tipo mediterráneo tépedo.
É unha zona de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea polo que acolle
unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución
marxinal ou moi restrinxida en territorio galego.
ECOLOXÍA
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
-Queirogais secos europeos
-Prados alpinos e subalpinos calcáreos
-Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (*)
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea (*)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) (*)
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
-Pavimentos calcarios (*)
-Covas non explotadas polo turismo
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
(*)
-Soutos
-Aciñeirais
(*) paraxes con notables orquídeas
FLORA
O parque natural acolle a mellor representación de vexetación mediterránea en
Galiza e nel describíronse un total de 16 asociacións ou comunidades vexetais
naturais e seminaturais, entre as que se contan bosques mediterráneos
calcícolas, espiñeirais, salgueirais, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios
e diversos tipos de pasteiros.
A riqueza florística é elevadísima. Hai rexistradas 450 especies, das que 62 teñen
nesta área calcaria as súas únicas poboacións en Galiza, mentres que outras 55,
tamén calcícolas ou parcialmente calcícolas, aparecen noutras zonas calcárias do
país. Polo menos 40 taxóns son endémicos da península Ibérica e seis sono de
Galicia (Armeria rothmaleri, Campanula adsurgens, Dianthus merinoi, Leontodon
farinosus, Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila subsp. legionensis) e destes,
26 son raros ou atópanse ameazados en Galiza.
Campanula adsurgens
Petrocoptis grandiflora
Rhamnus legionensis
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Petrocoptis grandiflora
Santolina semidentata
Santolina
Destaca a presenza de tomiñeiras de Thymus zygis, propias do subsector berciano e únicas
en Galiza, así como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos,
presentes na parroquia de Oulego, Rubiá.
Tomelo (Thymus zygis)
Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os aciñeirais de carácter calcícola, que
recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galiza.
Están caracterizados pola aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) e o érbedo (Arbutus unedo)
acompañados por arbustos mediterráneos como Genista hystrix, o aderno de folla
estreita (Phillyrea angustifolia) ou o escornacabras (Pistacia terebinthus), e, dependendo da
altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola sobreira (Quercus suber), a abeleira
(Corylus avellana), o mostallo (Sorbus aria), e o cancereixo (Sorbus aucuparia).
Aciñeiral
Aciñeiras sobre rochas calcárias
Nos claros aparecen a lavanda (Lavandula stoechas) e diferentes especies de xaras ou
estevas (Cistus spp.).
Arzaia (Lavandula stoechas) Cistus laurifolius
Cistus salvifolius
Os espiñeirais aparecen nas beiras dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos
espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os
que destacan diferentes especies de cerdeiras, (Prunus avium, Prunus mahaleb), abruñeiros
(Prunus spinosa), escornacabras (Pistacia terebinthus), estripeiros (Crataegus monogyna),
roseiras bravas (Rosa spp.) e silvas (Rubus ulmifolius).
Chuchamel (Lonicera etrusca)
Lentella, oliviña (Phillyrea angustifolia)
Alaterno (Rhamnus alaternus )
Érbedo (Arbutus unedo)
Cerdeira brava (Prunus mahalev)
Arce de Montpellier (Acer monspessulanum)
Cancereixo, mostallo (Sorbus aria)
Viburnum lantana
Xazmín (Jasminum fruticans)
Escornacabras (Pistacia terebinthus). Presenta unhas curiosas
formacións semellantes a cornos dentro das que viven uns
pulgóns (Peniphigus cornicularis).
Roseira silvestre (Rosa spp.)
Outros hábitats seminaturais de
importancia son os matos de esteva
(Cistus ladanifer) e os Pterosparto-
Ericetum aragonensis, nos que medran
Erica australis e Therospartum
tridentatum, e os pasteiros vivaces de
Helianthemo cantabrici-Brometum
erecti.
Esteva (Cistus ladanifer), so se atopa nas zonas de
ambiente mediterráneo de Galiza.Carqueixa (Therospartum tridentatum)
Destaca a presenza 24 especies de orquídeas: Aceras anthropophorum, Anacamptis
piramidalis, Cephalanthera longifolia, Cephalanthera rubra, Dactylorhiza insularis,
Dactylorhiza markusii, Epipaptis fageticola, Epipaptis tremolsii, Himantoglossum hircinum,
Limodorum abortivum, Limodorum trabutianum, Neotinea maculata, Ophrys apifera, Ophrys
scolopax, Ophrys sphegodes, Orchis fragrans, Orchis italica, Orchis mascula, Orchis morio,
Orchis provincialis, Orchis purpurea, Serapias lingua, Serapias parviflora, Spiranthes
spiralis.
Aceras anthropophorumDactylorhiza markusiiOrchis purpurea
Orchis morio
Neotinea maculata
Cephalanthera rubra
Ophrys sphegodes
Ophrys scolopax
Orchis italica
Achicoria (Cichorium intybus). Florece ás beiras
dos camiños nas áreas de clima seco. As flores
abren pola mañán e péchanse ao medio día.
Ruda do monte (Ruta montana). Florece en
zonas altas de clima mediterráneo.
Alhelí (Erysimum linifolium).
Ourego (Origanum virens)
Son tamén dun grande interese os salgueirais riparios nos que se da unha gran variedade
de salgueiros (Salix atrocinerea, Salix elaeagnos subsp. angustifolia, Salix neotricha, Salix
salviifolia), acompañados polo lodoeiro (Celtis australis), o freixo (Fraxinus angustifolia), e
o ameneiro (Alnus glutinosa).
Río Sil
Os soutos (Castanea sativa) aparecen nos arredores das poboacións e acollen exemplares
centenarios.
Biobra
Ailanto (Ailanthus altisima). Unha árbore orixinaria do leste de Asia. Atópase naturalizado
en zonas calcárias de clima mediterráneo da Península Ibérica.
Aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) en Covas (Rubiá).
A máis grande e máis antiga de Galiza. -16,9 m de altura e 8,8 m de perímetro na base.
Incluída no catálogo de Árbores senlleiras de Galiza
ÁRBORES SENLLEIRAS
“Castiñeiro do Tio Francisco”
en Biobra.
-11 m de perímetro
A diversidade de hábitats propicia a presenza dunha gran variedade de especies,
algunhas de rara presenza en Galiza. A fauna de vertebrados é unha das máis
ricas do país con numerosas especies pouco comúns ou de distribución
restrinxida. O catálogo rolda as 200 especies: 8 especies de peixes, 10 de anfibios
13 de réptiles, 125 de aves e 39 de mamíferos.
Voitre branco (Neophron percnopterus)
(única parella en Galiza, aínda que de
cría non regular)
FAUNA
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Miniopterus schreibersii
Myotis myotis
Rhinolophus euryale
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
MAMÍFEROS
Ten un grande interese a riqueza da comunidade de quirópteros, dos que están presentes
polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galiza, como
o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis
daubentonii), o morcego das covas (Miniopterus schreibersii) (con importante poboación a
nivel estatal), ou o morcego rabudo (Tadarida teniotis).
Tamén é destacable a variedade e abundancia de carnívoros: gato bravo (Felis sylvestris),
lontra (Lutra lutra), armiño (Mustela erminea), teixugo (Meles meles), tourón (Mustela
putorius), a garduña (Martes foina), lobo (Canis lupus), depresenza ocasional.
Os grandes herbívoros do parque son o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus
scrofa), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os aciñeirais.
Morcego grande de ferradura
(Rhinolophus ferrumequinum)
Morcego das covas
(Miniopterus schreibersii)
Xabarín (Sus scrofa)
Armiño (Mustela erminea)
Corzo (Capreolus capreolus)
AVES
O espazo acolle a comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de Galiza, con máis
de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no
ámbito galego e unha rica comunidade de aves de rapina.
Entre as aves de rapina destaca a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as
nidificantes (12 especies diurnas e 6 nocturnas) o voitre branco (Neophron percnopterus)
(unha das 2 únicas parellas que crían en Galiza), a aguia real (Aquila chrysaetos) (1 parella),
a aguia cobreira (Circaetus gallicus) (2-3 parellas), a aguia calzada (Hieraaetus pennatus) (2-
3 parellas), o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3 parellas), e o bufo real (Bufo bufo) (1
parella). Tamén se rexistrou a presenza da aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), moi rara
en Galiza.
Águia real
(Aquila chrysaetos)
Falcón peregrino
(Falco peregrinus)
Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris)
Entre a avifauna rupícola reprodutora están a pomba das rochas (Columba livia) (a maior
poboación galega), o andoriñón real (Apus melba) (13 parellas e única poboación no interior
de Galiza), a andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), a andoriña dáurica (Hirundo
daurica), o merlo rubio (Monticola saxatilis), o solitario (Monticola solitarius), o corvo
(Corvus corax), a gralla pequena (Corvus monedula), e a choia biquivermella (Pyrrhocorax
pyrrhocorax) (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares,
un dos mellores puntos de Galiza), a presenza invernal dos pouco comúns azulenta
alpina (Prunella collaris), e gabeador vermello (Tichodroma muraria).
Gralla cereixeira (Corvus monedula)
Hai unha variada mestura de
avifauna eurosiberiana e
mediterránea, ligada a aciñeirais,
soutos, espiñeirais e
matogueiras, con numerosas
especies de distribución
bioxeográfica marxinal, moi
localizada ou mesmo única en
Galiza, como o picanzo
cabecirrubio (Lanius senator),
o papamoscas
cincento (Muscicapa striata),
o rabirrubio de testa branca
(Phoenicurus phoenicurus),
a papuxa carrasqueira (Sylvia
cantillans), a papuxa real (Sylvia
hortensis), o pardal das
rochas (Petronia petronia), ou o
bicogroso (Coccothraustes
coccothraustes).
Entre as aves acuáticas destaca
a presenza como invernantes,
do mergullón cristado (Podiceps
cristatus), e o pato
cristado (Aythya fuligula) no
encoro de Penarrubia.
Mergullón cristado (Podiceps cristatus).
Ten no encoro de Penarrubia unha das
poucas áreas de cría de Galiza.
INCLUÍDAS NA DIRECTIVA DE AVES
DA UNIÓN EUROPEA
Neophron percnopterus
Aquila chrysaetos
Circaetus gallicus
Hieraaetus pennatus
Hieraaetus fasciatus
Falco peregrinus
Bubo bubo
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Choia biquivermella
(Pyrrhocorax pyrrhocorax)
Bufo real
(Bubo bubo)
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Lacerta schreiberi
RÉPTILES
Especialmente os ligados aos ambientes calcícolas e secos: lagarta rabuda
(Psammodromus algirus), lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus), osga (Taurentola
mauritanica), cobregón (Malpolon monspessulanus), cobra de escada (Rhinechis scalaris),
víbora fuciñuda (Vipera latastei)…
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)
Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)
INCLUÍDAS NO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Discoglossus galganoi
ANFIBIOS
Píntega común (Salamandra salamandra), pintafontes común (Lisotriton boscai), pintafontes
verde (Triturus marmoratus), sapiño comadrón (Halytes obstetricans), sapo pintoxo
(Discoglossus galganoi), sapo común (Bufo bufo), sapo corriqueiro (Bufo calamita), estroza
ou rela (Hyla molleri), ra verde (Pelophylax perezi), ra patilonga (rana iberica) e ra vermella
(rana temporaria).
Sapiño pintoxo
(Discoglossus galganoi)
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Chondrostoma polylepis
Rutilus arcasii
PEIXES
Seis especies son autóctonas e
varias atópanse ameazadas: anguía
(Anguilla anguilla), escalo ou peixe
(Squalius carolitertii), vermelliña
(Achondrostoma arcasii), boga do
Douro (Pseudochondrostoma
duriense), espiñento (Gasterosteus
gymnurus).
Tamén podemos atopar dúas
especies introducidas, a carpa
(Cyprinus carpio) e perca
americana ou ''black-bass''
(Micropterus salmoides).
Carpa (Cyprinus carpio) pescada
no encoro de Penarrubia (Sil).
INVERTEBRADOS
Destaca a gran variedade de insectos, especialmente bolboretas e escaravellos.
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Austropotamobius pallipes
Cerambyx cerdo
Coenagrion mercuriale
Euphydryas aurinia
Lucanus cervus
Macromia splendens
Oxygastra curtisii
Geomalacus maculosus
Bolboreta (Charaxes jasius).
As eirugas aliméntanse nos érbedos.
Bolboreta (Euphydryas aurinia).
Cangrexo de río autóctono
(Austrapotamobius pallipes)
A súa presenza en Galiza está
reducida a moi poucos puntos das
provincias de Lugo e Ourense.
Cerambícido (Cerambyx cerdo) Coenagrion mercuriale
Viñedos en Biobra (Acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, mineiría, turismo...
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A zona estivo poboada desde
tempos moi antigos e conserva
elementos artísticos e etnográficos
de interese: igrexas, covas (adegas),
pontes, núcleos tradicionais...
Na pala de Cubelas atopáronse
restos da Idade do Bronce.
Antigo forno de Cal en Covas.
A especial composición xeolóxica dos
terreos de Rubiá determinou que fosen
explotados diversos minerais desde tempos
antigos: ouro nas areas do Sil, limonitas e
calcarias dos seus montes.
PROBLEMAS
-Explotacións mineiras (calcarias)
-Incendios forestais
-Encoros
-Especies invasoras
Incendio no Parque Natural
PUNTOS DE INTERESE
-Penedos de Oulego
-Pena Falcoeira
-Canón do Sil: O Estreito (Covas)
-Miradoiros: Vilar da Silva, Covas, O Penedón, Oulego...
-Forno de cal (Covas)
-Covas (adegas) do viño
-Palas ou covas: Cubelas, Tralapala, Trasmonte, Xilberte
Vista desde o miradoiro de Vilar da Silva
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta
Novembro 2016

Parque Natural Enciña da Lastra

  • 1.
    PARQUE NATURALPARQUE NATURAL SerradeSerra de Enciña da LastraEnciña da Lastra
  • 2.
    Está situado aonordeste da provincia de Ourense, na comarca de Valdeorras, no linde con León (comarca do Bierzo.
  • 3.
    SUPERFICIE: 3.152 ha (ParqueNatural) CONCELLOS: Rubiá VALORES NATURAIS: canóns, covas calcárias, ríos, aciñeirais, flora mediterránea, aves, morcegos, insectos... Parque Natural e LIC
  • 5.
    Val do Galire Penedos de Oulego
  • 7.
    O espazo articúlasearredor da serra de Enciña da Lastra (vertente suroeste) e do Val do Sil e varios afluentes en terreos de Rubiá (Ourense). A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros.
  • 8.
    PROTECCIÓN PARQUE NATURAL. Decreto157/2002, do 4 de abril (DOG 03-05-02). -ZEPA Zona de especial protección para as aves (1.787 ha) -LIC, Lugar de importancia comunitaria, 1787 ha (21 de setembro de 2006). Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar. -ZEC, Zona especial de conservación, 1.742 ha (31 de marzo de 2014) -A área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas comunidades autónomas de Galiza e Castela e León, incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998). -O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España inclue parte da área no Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito presilúrico de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o Estreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia. -Linda co LIC “Sierra de la Encina de La Lastra” do Bierzo (León), cunha superficie de 289,44 ha.
  • 9.
    XEOLOXÍA O territorio estáconstituído na súa maior parte por terreos de natureza calcaria (pouco comúns en Galiza) principalmente na Serra da da Enciña da Lastra onde forman unha unidade coas áreas veciñas do Bierzo, incluído na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Pertencen ao dominio da calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo con estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada. Estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período ordovícico, testemuñas dunha época en que esta zona estaba debaixo do mar. A parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas. Penedos en Vilardesilva
  • 10.
    As rochas calcárias(dolomías e calcárias marmóreas da Aquiana) dan lugar a formas características: canóns profundos, como o do Sil en Covas, agullas espectaculares (Penedos de Oulego) e covas ou palas (hai censadas 77). Parede do canón do Sil nas proximidades de Covas
  • 11.
    SERRA DA ENCIÑADA LASTRA É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa as Comarcas do Bierzo (León) e Valdeorras (Ourense). O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada... Vista do conxunto da serra desde Vilar de Silva
  • 13.
    Cara noroeste deEnciña da Lastra
  • 14.
    Tara, o cumemáis alto da serra (cara leste)
  • 15.
    Penedos de Oulegoe Tara (á esquerda), desde a vertente leste.
  • 16.
    Penedos de Oulego,desde a vertente leste
  • 17.
    Penedos de Oulego,desde a vertente oeste
  • 19.
    Penedos de Oulego,desde a vertente oeste
  • 20.
  • 21.
    Vista desde omiradoiro do Penedón cara ao Bierzo
  • 22.
  • 23.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27.
    O Canón doSil marca o extremo leste da serra de Enciña da Lastra
  • 28.
    Na beira esquerdado canón do Sil atópanse unha serie de montes que caen en paredes verticais sobre o río: Penedo Maior, O Páramo...
  • 29.
  • 30.
    AS COVAS ouPALAS Esta área acolle o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galiza, coa maior rede de covas e simas do país (hai censadas 77). Destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro: Pala da Zorra, Pala do Pombo, Pala de Tralapala, Pala de Trasmonte, Pala de Xilverte...
  • 32.
    Pala en PenaFalcoeira
  • 33.
  • 34.
    Canón do Silen Covas desde Pardollán REDE FLUVIAL Está formada polo río Sil que discorre ao longo duns catro quilómetros polo extremo oriental do espazo, retido polo encoro de Penarrubia, e o río Galir, ademais doutros regatos estacionais.
  • 35.
    RÍO SIL Nace nasestribacións da Cordilleira Cantábrica e despois de percorrer as terras do Bierzo leonés penetra en Galiza pola zona coñecida como O Estreito formando un fermoso canón entre rochas calcárias, entre a caída ao Sil da serra de Enciña da Lastra e os montes de Penedo maior e O Páramo. Está retido no encoro de Penarrubia. O Sil en Covas
  • 36.
    O Sil enCovas no encoro de Penarrubia.
  • 39.
    Canón do Sil.“O Estreito”
  • 40.
  • 41.
    Río Galir Nace entrea serra de Enciña da Lastra e a serra da Agulla e xúntase co Sil en Éntoma. Ten un grande valor ecolóxico, por ser un dos poucos ríos galegos onde se atopa o cangrexo de río autóctono.
  • 42.
    Val do ríoGalir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río
  • 43.
    CLIMA De transición entreos dominios oceánico de montaña e oceánico-mediterráneo, cunha precipitación media anual de 594 mm e unha temperatura media de 12,9 °C. O clima máis seco de Galiza, de tipo mediterráneo tépedo.
  • 44.
    É unha zonade transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea polo que acolle unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución marxinal ou moi restrinxida en territorio galego. ECOLOXÍA
  • 45.
    TIPOS DE HÁBITATSDO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais secos europeos -Prados alpinos e subalpinos calcáreos -Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (*) -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea (*) -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) (*) -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Pavimentos calcarios (*) -Covas non explotadas polo turismo -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (*) -Soutos -Aciñeirais (*) paraxes con notables orquídeas
  • 46.
    FLORA O parque naturalacolle a mellor representación de vexetación mediterránea en Galiza e nel describíronse un total de 16 asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais, entre as que se contan bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, salgueirais, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros.
  • 47.
    A riqueza florísticaé elevadísima. Hai rexistradas 450 especies, das que 62 teñen nesta área calcaria as súas únicas poboacións en Galiza, mentres que outras 55, tamén calcícolas ou parcialmente calcícolas, aparecen noutras zonas calcárias do país. Polo menos 40 taxóns son endémicos da península Ibérica e seis sono de Galicia (Armeria rothmaleri, Campanula adsurgens, Dianthus merinoi, Leontodon farinosus, Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila subsp. legionensis) e destes, 26 son raros ou atópanse ameazados en Galiza. Campanula adsurgens
  • 48.
  • 49.
  • 50.
    ESPECIES DO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Petrocoptis grandiflora Santolina semidentata Santolina
  • 51.
    Destaca a presenzade tomiñeiras de Thymus zygis, propias do subsector berciano e únicas en Galiza, así como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos, presentes na parroquia de Oulego, Rubiá. Tomelo (Thymus zygis)
  • 52.
    Entre a vexetaciónarbórea e arbustiva predominan os aciñeirais de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galiza. Están caracterizados pola aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) e o érbedo (Arbutus unedo) acompañados por arbustos mediterráneos como Genista hystrix, o aderno de folla estreita (Phillyrea angustifolia) ou o escornacabras (Pistacia terebinthus), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola sobreira (Quercus suber), a abeleira (Corylus avellana), o mostallo (Sorbus aria), e o cancereixo (Sorbus aucuparia). Aciñeiral
  • 53.
  • 54.
    Nos claros aparecena lavanda (Lavandula stoechas) e diferentes especies de xaras ou estevas (Cistus spp.). Arzaia (Lavandula stoechas) Cistus laurifolius Cistus salvifolius
  • 55.
    Os espiñeirais aparecennas beiras dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que destacan diferentes especies de cerdeiras, (Prunus avium, Prunus mahaleb), abruñeiros (Prunus spinosa), escornacabras (Pistacia terebinthus), estripeiros (Crataegus monogyna), roseiras bravas (Rosa spp.) e silvas (Rubus ulmifolius).
  • 56.
  • 57.
  • 58.
  • 59.
    Érbedo (Arbutus unedo) Cerdeirabrava (Prunus mahalev)
  • 60.
    Arce de Montpellier(Acer monspessulanum)
  • 61.
    Cancereixo, mostallo (Sorbusaria) Viburnum lantana
  • 62.
  • 63.
    Escornacabras (Pistacia terebinthus).Presenta unhas curiosas formacións semellantes a cornos dentro das que viven uns pulgóns (Peniphigus cornicularis).
  • 64.
  • 65.
    Outros hábitats seminaturaisde importancia son os matos de esteva (Cistus ladanifer) e os Pterosparto- Ericetum aragonensis, nos que medran Erica australis e Therospartum tridentatum, e os pasteiros vivaces de Helianthemo cantabrici-Brometum erecti. Esteva (Cistus ladanifer), so se atopa nas zonas de ambiente mediterráneo de Galiza.Carqueixa (Therospartum tridentatum)
  • 66.
    Destaca a presenza24 especies de orquídeas: Aceras anthropophorum, Anacamptis piramidalis, Cephalanthera longifolia, Cephalanthera rubra, Dactylorhiza insularis, Dactylorhiza markusii, Epipaptis fageticola, Epipaptis tremolsii, Himantoglossum hircinum, Limodorum abortivum, Limodorum trabutianum, Neotinea maculata, Ophrys apifera, Ophrys scolopax, Ophrys sphegodes, Orchis fragrans, Orchis italica, Orchis mascula, Orchis morio, Orchis provincialis, Orchis purpurea, Serapias lingua, Serapias parviflora, Spiranthes spiralis. Aceras anthropophorumDactylorhiza markusiiOrchis purpurea
  • 67.
  • 68.
  • 69.
    Achicoria (Cichorium intybus).Florece ás beiras dos camiños nas áreas de clima seco. As flores abren pola mañán e péchanse ao medio día. Ruda do monte (Ruta montana). Florece en zonas altas de clima mediterráneo.
  • 70.
  • 71.
    Son tamén dungrande interese os salgueirais riparios nos que se da unha gran variedade de salgueiros (Salix atrocinerea, Salix elaeagnos subsp. angustifolia, Salix neotricha, Salix salviifolia), acompañados polo lodoeiro (Celtis australis), o freixo (Fraxinus angustifolia), e o ameneiro (Alnus glutinosa). Río Sil
  • 72.
    Os soutos (Castaneasativa) aparecen nos arredores das poboacións e acollen exemplares centenarios. Biobra
  • 73.
    Ailanto (Ailanthus altisima).Unha árbore orixinaria do leste de Asia. Atópase naturalizado en zonas calcárias de clima mediterráneo da Península Ibérica.
  • 74.
    Aciñeira (Quercus ilexsubsp. ballota) en Covas (Rubiá). A máis grande e máis antiga de Galiza. -16,9 m de altura e 8,8 m de perímetro na base. Incluída no catálogo de Árbores senlleiras de Galiza ÁRBORES SENLLEIRAS
  • 75.
    “Castiñeiro do TioFrancisco” en Biobra. -11 m de perímetro
  • 76.
    A diversidade dehábitats propicia a presenza dunha gran variedade de especies, algunhas de rara presenza en Galiza. A fauna de vertebrados é unha das máis ricas do país con numerosas especies pouco comúns ou de distribución restrinxida. O catálogo rolda as 200 especies: 8 especies de peixes, 10 de anfibios 13 de réptiles, 125 de aves e 39 de mamíferos. Voitre branco (Neophron percnopterus) (única parella en Galiza, aínda que de cría non regular) FAUNA
  • 77.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Galemys pyrenaicus Lutra lutra Miniopterus schreibersii Myotis myotis Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros MAMÍFEROS Ten un grande interese a riqueza da comunidade de quirópteros, dos que están presentes polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galiza, como o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), o morcego das covas (Miniopterus schreibersii) (con importante poboación a nivel estatal), ou o morcego rabudo (Tadarida teniotis). Tamén é destacable a variedade e abundancia de carnívoros: gato bravo (Felis sylvestris), lontra (Lutra lutra), armiño (Mustela erminea), teixugo (Meles meles), tourón (Mustela putorius), a garduña (Martes foina), lobo (Canis lupus), depresenza ocasional. Os grandes herbívoros do parque son o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus scrofa), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os aciñeirais. Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) Morcego das covas (Miniopterus schreibersii)
  • 78.
    Xabarín (Sus scrofa) Armiño(Mustela erminea) Corzo (Capreolus capreolus)
  • 79.
    AVES O espazo acollea comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de Galiza, con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de aves de rapina. Entre as aves de rapina destaca a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as nidificantes (12 especies diurnas e 6 nocturnas) o voitre branco (Neophron percnopterus) (unha das 2 únicas parellas que crían en Galiza), a aguia real (Aquila chrysaetos) (1 parella), a aguia cobreira (Circaetus gallicus) (2-3 parellas), a aguia calzada (Hieraaetus pennatus) (2- 3 parellas), o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3 parellas), e o bufo real (Bufo bufo) (1 parella). Tamén se rexistrou a presenza da aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), moi rara en Galiza. Águia real (Aquila chrysaetos) Falcón peregrino (Falco peregrinus)
  • 80.
    Andoriña dos penedos(Ptyonoprogne rupestris) Entre a avifauna rupícola reprodutora están a pomba das rochas (Columba livia) (a maior poboación galega), o andoriñón real (Apus melba) (13 parellas e única poboación no interior de Galiza), a andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), o merlo rubio (Monticola saxatilis), o solitario (Monticola solitarius), o corvo (Corvus corax), a gralla pequena (Corvus monedula), e a choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galiza), a presenza invernal dos pouco comúns azulenta alpina (Prunella collaris), e gabeador vermello (Tichodroma muraria). Gralla cereixeira (Corvus monedula)
  • 81.
    Hai unha variadamestura de avifauna eurosiberiana e mediterránea, ligada a aciñeirais, soutos, espiñeirais e matogueiras, con numerosas especies de distribución bioxeográfica marxinal, moi localizada ou mesmo única en Galiza, como o picanzo cabecirrubio (Lanius senator), o papamoscas cincento (Muscicapa striata), o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), a papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans), a papuxa real (Sylvia hortensis), o pardal das rochas (Petronia petronia), ou o bicogroso (Coccothraustes coccothraustes). Entre as aves acuáticas destaca a presenza como invernantes, do mergullón cristado (Podiceps cristatus), e o pato cristado (Aythya fuligula) no encoro de Penarrubia. Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Ten no encoro de Penarrubia unha das poucas áreas de cría de Galiza.
  • 82.
    INCLUÍDAS NA DIRECTIVADE AVES DA UNIÓN EUROPEA Neophron percnopterus Aquila chrysaetos Circaetus gallicus Hieraaetus pennatus Hieraaetus fasciatus Falco peregrinus Bubo bubo Pyrrhocorax pyrrhocorax Choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) Bufo real (Bubo bubo)
  • 83.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Lacerta schreiberi RÉPTILES Especialmente os ligados aos ambientes calcícolas e secos: lagarta rabuda (Psammodromus algirus), lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus), osga (Taurentola mauritanica), cobregón (Malpolon monspessulanus), cobra de escada (Rhinechis scalaris), víbora fuciñuda (Vipera latastei)… Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
  • 84.
    Lagarta rabuda (Psammodromusalgirus) Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)
  • 85.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Discoglossus galganoi ANFIBIOS Píntega común (Salamandra salamandra), pintafontes común (Lisotriton boscai), pintafontes verde (Triturus marmoratus), sapiño comadrón (Halytes obstetricans), sapo pintoxo (Discoglossus galganoi), sapo común (Bufo bufo), sapo corriqueiro (Bufo calamita), estroza ou rela (Hyla molleri), ra verde (Pelophylax perezi), ra patilonga (rana iberica) e ra vermella (rana temporaria). Sapiño pintoxo (Discoglossus galganoi)
  • 86.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii PEIXES Seis especies son autóctonas e varias atópanse ameazadas: anguía (Anguilla anguilla), escalo ou peixe (Squalius carolitertii), vermelliña (Achondrostoma arcasii), boga do Douro (Pseudochondrostoma duriense), espiñento (Gasterosteus gymnurus). Tamén podemos atopar dúas especies introducidas, a carpa (Cyprinus carpio) e perca americana ou ''black-bass'' (Micropterus salmoides). Carpa (Cyprinus carpio) pescada no encoro de Penarrubia (Sil).
  • 87.
    INVERTEBRADOS Destaca a granvariedade de insectos, especialmente bolboretas e escaravellos. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Austropotamobius pallipes Cerambyx cerdo Coenagrion mercuriale Euphydryas aurinia Lucanus cervus Macromia splendens Oxygastra curtisii Geomalacus maculosus Bolboreta (Charaxes jasius). As eirugas aliméntanse nos érbedos. Bolboreta (Euphydryas aurinia).
  • 88.
    Cangrexo de ríoautóctono (Austrapotamobius pallipes) A súa presenza en Galiza está reducida a moi poucos puntos das provincias de Lugo e Ourense. Cerambícido (Cerambyx cerdo) Coenagrion mercuriale
  • 89.
    Viñedos en Biobra(Acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, mineiría, turismo...
  • 90.
    HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zonaestivo poboada desde tempos moi antigos e conserva elementos artísticos e etnográficos de interese: igrexas, covas (adegas), pontes, núcleos tradicionais... Na pala de Cubelas atopáronse restos da Idade do Bronce. Antigo forno de Cal en Covas. A especial composición xeolóxica dos terreos de Rubiá determinou que fosen explotados diversos minerais desde tempos antigos: ouro nas areas do Sil, limonitas e calcarias dos seus montes.
  • 91.
    PROBLEMAS -Explotacións mineiras (calcarias) -Incendiosforestais -Encoros -Especies invasoras
  • 92.
  • 93.
    PUNTOS DE INTERESE -Penedosde Oulego -Pena Falcoeira -Canón do Sil: O Estreito (Covas) -Miradoiros: Vilar da Silva, Covas, O Penedón, Oulego... -Forno de cal (Covas) -Covas (adegas) do viño -Palas ou covas: Cubelas, Tralapala, Trasmonte, Xilberte Vista desde o miradoiro de Vilar da Silva
  • 94.
    MONTAXE E FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta Novembro 2016