SERRA DE
ENCIÑA DA LASTRA
Situada ao nordeste da provincia de Ourense, no linde con León,
compartida entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo.
Vista leste dos Penedos de Oulego
É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e
separa os vales do Galir e o Selmo. O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu
extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”:
Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada...
Vista do conxunto da serra desde Vilar de Silva (á dereita o canón do Sil)
Cara noroeste de Enciña da Lastra
Val do Galir e Penedos de Oulego
Penedos de Oulego e Tara (cara oeste)
Penedos de Oulego, desde a vertente oeste
Penedos de Oulego e Tara (á esquerda), desde a vertente leste.
Penedos de Oulego, desde a vertente leste
Penedos de Oulego, desde a vertente oeste
Penedos de Oulego (cara oeste)
Tara, o cume máis alto da serra (cara leste)
Tara, na cara oeste
Vista desde o miradoiro do Penedón cara ao Bierzo
Pena Falcoeira
Pena Falcoeira
Pena Falcoeira
Pena Falcoeira e Covas
O Canón do Sil marca o extremo leste da serra de Enciña da Lastra
A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as partes
baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros.
O territorio está constituído na súa maior parte por terreos de natureza calcaria (pouco
comúns en Galiza) formando unha unidade coas áreas veciñas do Bierzo, incluído na zona
xeolóxica ástur-occidental leonesa. Pertencen ao dominio da calcaria da Aquiana, de tipo
marmóreo con estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada. Estas
calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período ordovícico,
testemuñas dunha época en que esta zona estaba debaixo do mar.
A parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas.
Detalle de
formación de
estalactitas nunha
cavidade dunha
rocha calcária.
As rochas calcárias dan lugar a formas características: canóns profundos, como o do Sil en
Covas, agullas espectaculares (Penedos de Oulego) e covas ou palas.
Parede do canón do Sil nas proximidades de Covas
AS COVAS ou PALAS
Esta área acolle o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galiza, coa maior rede de covas e
simas do país. Destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo
encoro: Pala da Zorra, Pala do Pombo, Pala de Tralapala, Pala de Trasmonte, Pala de
Xilverte...
Pala en Pena Falcoeira
Canón do Sil en Covas
REDE FLUVIAL
Articúlase arredor do Selmo e o Galir que desembocan no Sil.
RÍO SIL
Nace nas estribacións da
Cordilleira Cantábrica e despois de
percorrer as terras do Bierzo
leonés penetra en Galiza pola zona
coñecida como O Estreito
formando un fermoso canón entre
rochas calcárias, entre a caída ao
Sil da serra de Enciña da Lastra e os
montes de Penedo maior e O
Páramo. Está retido no encoro de
Penarrubia.
Canón do Sil.
“O Estreito”
Río Galir
Nace entre a serra de Enciña da Lastra e a serra da Agulla e xúntase co Sil en Éntoma. Recolle
as augas da vertente oeste da serra de Enciña da Lastra. Ten un grande valor ecolóxico, por
ser un dos poucos ríos galegos onde se atopa o cangrexo de río autóctono.
Val do río Galir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río
Río Selmo
Nace na aba sur do Pico Formigueiros e, despois de 8 km de percorrido por terreos do
concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Recolle as augas
da vertente leste da serra de Enciña da Lastra. O principal afluente é o Rego da Callejeira.
Val do Selmo coa serra de Enciña da Lastra á esquerda.
CLIMA
De transición entre os dominios oceánico de montaña e oceánico-mediterráneo,
cunha precipitación media anual de 594 mm e unha temperatura media de 12,9 °C.
É unha zona de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea polo que acolle
unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución
marxinal ou moi restrinxida en territorio galego.
ECOLOXÍA
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
-Queirogais secos europeos
-Prados alpinos e subalpinos calcáreos
-Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (*)
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea (*)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) (*)
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
-Pavimentos calcarios (*)
-Covas non explotadas polo turismo
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (*)
-Soutos
-Aciñeirais
(*) paraxes con notables orquídeas
FLORA
A serra acolle a mellor representación de vexetación mediterránea en Galiza e nel
describíronse un total de 16 asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais,
entre as que se contan bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, salgueirais, tomiñeiras,
vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros.
A riqueza florística é elevadísima. Hai rexistradas 450 especies. Polo menos 40 taxóns son
endémicos da península Ibérica e seis sono de Galicia (Armeria rothmaleri, Campanula
adsurgens, Dianthus merinoi, Leontodon farinosus, Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila
subsp. legionensis).
Campanula adsurgens
Petrocoptis grandiflora
Rhamnus legionensis
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Petrocoptis grandiflora
Santolina semidentata
Santolina
Destaca a presenza de tomiñeiras de Thymus zygis, propias do subsector berciano e únicas en Galiza, así
como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos, presentes na parroquia
de Oulego, Rubiá.
Tomelo (Thymus zygis)
Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os aciñeirais de carácter calcícola, que recobren máis
dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galiza. Están caracterizados pola
aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) e o érbedo (Arbutus unedo) acompañados por arbustos
mediterráneos como Genista hystrix, o aderno de folla estreita (Phillyrea angustifolia) ou
o escornacabras (Pistacia terebinthus), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da
orientación, pola sobreira (Quercus suber), a abeleira (Corylus avellana), o mostallo (Sorbus aria), e
o cancereixo (Sorbus aucuparia).
Aciñeiral
Nos claros aparecen a lavanda (Lavandula stoechas) e diferentes especies de xaras ou estevas (Cistus
spp.).
Arzaia (Lavandula stoechas) Cistus laurifolius
Cistus salvifolius
Os espiñeirais aparecen nas beiras dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas
rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que destacan diferentes especies
de cerdeiras, (Prunus avium, Prunus mahaleb), abruñeiros (Prunus spinosa), escornacabras (Pistacia
terebinthus), estripeiros (Crataegus monogyna), roseiras bravas (Rosa spp.) e silvas (Rubus ulmifolius).
Chuchamel (Lonicera etrusca)
Lentella, oliviña (Phillyrea angustifolia)
Alaterno (Rhamnus alaternus )
Érbedo (Arbutus unedo)
Cerdeira brava (Prunus mahalev)
Arce de Montpellier (Acer monspessulanum)
Cancereixo, mostallo (Sorbus aria)
Viburnum lantana
Xazmín (Jasminum fruticans)
Escornacabras (Pistacia terebinthus). Presenta unhas curiosas
formacións semellantes a cornos dentro das que viven uns pulgóns
(Peniphigus cornicularis).
Roseira silvestre (Rosa spp.)
Outros hábitats seminaturais de importancia
son os matos de esteva (Cistus ladanifer) e os
Pterosparto-Ericetum aragonensis, nos que
medran Erica australis e Therospartum
tridentatum, e os pasteiros vivaces de
Helianthemo cantabrici-Brometum erecti.
Esteva (Cistus ladanifer), so se atopa nas zonas de
ambiente mediterráneo de Galiza.Carqueixa (Therospartum tridentatum)
Destaca a presenza 24 especies de orquídeas: Aceras anthropophorum, Anacamptis piramidalis,
Cephalanthera longifolia, Cephalanthera rubra, Dactylorhiza insularis, Dactylorhiza markusii, Epipaptis
fageticola, Epipaptis tremolsii, Himantoglossum hircinum, Limodorum abortivum, Limodorum
trabutianum, Neotinea maculata, Ophrys apifera, Ophrys scolopax, Ophrys sphegodes, Orchis fragrans,
Orchis italica, Orchis mascula, Orchis morio, Orchis provincialis, Orchis purpurea, Serapias lingua, Serapias
parviflora, Spiranthes spiralis.
Aceras anthropophorumDactylorhiza markusiiOrchis purpurea
Achicoria (Cichorium intybus). Florece ás beiras dos
camiños nas áreas de clima seco. As flores abren pola
mañán e péchanse ao medio día.
Ruda do monte (Ruta montana). Florece en zonas
altas de clima mediterráneo.
Alhelí (Erysimum linifolium).
Ourego (Origanum virens)
Nas beiras do ríos dase unha gran variedade de salgueiros (Salix atrocinerea, Salix elaeagnos subsp.
angustifolia, Salix neotricha, Salix salviifolia), acompañados polo lodoeiro (Celtis australis), o freixo
(Fraxinus angustifolia), e o ameneiro (Alnus glutinosa).
Río Galir
Os soutos (Castanea sativa) aparecen nos arredores das poboacións e acollen exemplares centenarios.
Biobra
Aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) en Covas (Rubiá). A máis grande e máis antiga de Galiza. -16,9 m de
altura e 8,8 m de perímetro na base.
Incluída no catálogo de Árbores senlleiras de Galiza
ÁRBORES SENLLEIRAS
“Castiñeiro do Tio Francisco” en
Biobra.
-11 m de perímetro
A diversidade de hábitats propicia a presenza dunha gran variedade de especies, algunhas de
rara presenza en Galiza. A fauna de vertebrados é unha das máis ricas do país con numerosas
especies pouco comúns ou de distribución restrinxida. O catálogo rolda as 200 especies: 8
especies de peixes, 10 de anfibios 13 de réptiles, 125 de aves e 39 de mamíferos.
Voitre branco (Neophron percnopterus) (única
parella en Galiza, aínda que de cría non
regular)
FAUNA
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Miniopterus schreibersii
Myotis myotis
Rhinolophus euryale
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
MAMÍFEROS
Ten un grande interese a riqueza da comunidade de quirópteros, dos que están presentes polo menos 9
especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galiza, como o morcego mediterráneo de
ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), o morcego das
covas (Miniopterus schreibersii) (con importante poboación a nivel estatal), ou o morcego
rabudo (Tadarida teniotis).
Tamén é destacable a variedade e abundancia de carnívoros: gato bravo (Felis sylvestris), lontra (Lutra
lutra), armiño (Mustela erminea), teixugo (Meles meles), tourón (Mustela putorius), a garduña (Martes
foina), lobo (Canis lupus), depresenza ocasional.
Os grandes herbívoros do parque son o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus scrofa), que acadan
boas densidades e ocupan sobre todo os aciñeirais.
Morcego grande de ferradura
(Rhinolophus ferrumequinum)
Morcego das covas
(Miniopterus schreibersii)
Xabarín (Sus scrofa)
Armiño (Mustela erminea)
Corzo (Capreolus capreolus)
AVES
A serra acolle a comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de Galiza, con máis
de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no
ámbito galego e unha rica comunidade de aves de rapina.
Entre as aves de rapina destaca a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as
nidificantes (12 especies diurnas e 6 nocturnas) o voitre branco (Neophron percnopterus)
(unha das 2 únicas parellas que crían en Galiza), a aguia real (Aquila chrysaetos) (1 parella),
a aguia cobreira (Circaetus gallicus) (2-3 parellas), a aguia calzada (Hieraaetus pennatus) (2-
3 parellas), o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3 parellas), e o bufo real (Bufo bufo) (1
parella). Tamén se rexistrou a presenza da aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), moi rara
en Galiza.
Águia real
(Aquila chrysaetos)
Falcón peregrino
(Falco peregrinus)
Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris)
Entre a avifauna rupícola reprodutora están a pomba das rochas (Columba livia) (a maior poboación
galega), o andoriñón real (Apus melba) (13 parellas e única poboación no interior de Galiza), a andoriña
dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), o merlo rubio (Monticola
saxatilis), o solitario (Monticola solitarius), o corvo (Corvus corax), a gralla pequena (Corvus monedula), e
a choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de
100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galiza), a presenza invernal dos pouco comúns azulenta
alpina (Prunella collaris), e gabeador vermello (Tichodroma muraria).
Gralla cereixeira (Corvus monedula)
Hai unha variada mestura de
avifauna eurosiberiana e
mediterránea, ligada a aciñeirais,
soutos, espiñeirais e matogueiras,
con numerosas especies de
distribución bioxeográfica
marxinal, moi localizada ou
mesmo única en Galiza, como
o picanzo cabecirrubio (Lanius
senator), o papamoscas
cincento (Muscicapa striata),
o rabirrubio de testa branca
(Phoenicurus phoenicurus),
a papuxa carrasqueira (Sylvia
cantillans), a papuxa real (Sylvia
hortensis), o pardal das
rochas (Petronia petronia), ou o
bicogroso (Coccothraustes
coccothraustes).
Entre as aves acuáticas destaca a
presenza como invernantes,
do mergullón cristado (Podiceps
cristatus), e o pato cristado
(Aythya fuligula) no encoro de
Penarrubia.
Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Ten no
encoro de Penarrubia unha das poucas áreas de
cría de Galiza.
INCLUÍDAS NA DIRECTIVA DE AVES
DA UNIÓN EUROPEA
Neophron percnopterus
Aquila chrysaetos
Circaetus gallicus
Hieraaetus pennatus
Hieraaetus fasciatus
Falco peregrinus
Bubo bubo
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Choia biquivermella (Pyrrhocorax
pyrrhocorax)
Bufo real
(Bubo bubo)
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Lacerta schreiberi
RÉPTILES
Especialmente os ligados aos ambientes calcícolas e secos: lagarta rabuda (Psammodromus algirus),
lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus), osga (Taurentola mauritanica), cobregón (Malpolon
monspessulanus), cobra de escada (Rhinechis scalaris), víbora fuciñuda (Vipera latastei)…
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)
Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Discoglossus galganoi
ANFIBIOS
Píntega común (Salamandra salamandra), pintafontes común (Lisotriton boscai), pintafontes verde
(Triturus marmoratus), sapiño comadrón (Halytes obstetricans), sapo pintoxo (Discoglossus galganoi),
sapo común (Bufo bufo), sapo corriqueiro (Bufo calamita), estroza ou rela (Hyla molleri), ra verde
(Pelophylax perezi), ra patilonga (rana iberica) e ra vermella (rana temporaria).
Sapiño pintoxo
(Discoglossus galganoi)
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Chondrostoma polylepis
Rutilus arcasii
PEIXES
Seis especies son autóctonas e varias
atópanse ameazadas: anguía (Anguilla
anguilla), escalo ou peixe (Squalius
carolitertii), vermelliña (Achondrostoma
arcasii), boga do Douro
(Pseudochondrostoma duriense),
espiñento (Gasterosteus gymnurus).
Tamén podemos atopar dúas especies
introducidas, a carpa (Cyprinus carpio) e
perca americana ou ''black-bass''
(Micropterus salmoides).
Carpa (Cyprinus carpio) pescada
no encoro de Penarrubia (Sil).
INVERTEBRADOS
Destaca a gran variedade de insectos, especialmente bolboretas e escaravellos.
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Austropotamobius pallipes
Cerambyx cerdo
Coenagrion mercuriale
Euphydryas aurinia
Lucanus cervus
Macromia splendens
Oxygastra curtisii
Geomalacus maculosus
Bolboreta (Charaxes jasius).
As eirugas aliméntanse nos érbedos.
Bolboreta (Euphydryas aurinia).
Cangrexo de río autóctono
(Austrapotamobius pallipes)
A súa presenza en Galiza está reducida a
moi poucos puntos das provincias de
Lugo e Ourense.
Cerambícido (Cerambyx cerdo) Coenagrion mercuriale
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A zona estivo poboada desde tempos moi
antigos e conserva elementos artísticos e
etnográficos de interese: igrexas, covas
(adegas), pontes, núcleos tradicionais...
Na pala de Cubelas atopáronse restos da
Idade do Bronce.
Antigo forno de Cal en Covas.
A especial composición xeolóxica dos terreos de
Rubiá determinou que fosen explotados diversos
minerais desde tempos antigos: ouro nas areas do
Sil, limonitas e calcarias dos seus montes.
Viñedos en Biobra (Acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, mineiría, turismo...
ESPAZOS PROTEXIDOS
PARQUE NATURAL. Decreto 157/2002, do 4 de abril (DOG 03-05-02).
-ZEPA Zona de especial protección para as aves (1.787 ha)
-LICs, Lugar de importancia comunitaria, “Serra de enciña da Lastra” 1787 ha (21 de setembro de 2006),
cunha proposta de ampliación pendente de aprobar. “Sierra de la Encina de La Lastra” do Bierzo (León),
cunha superficie de 289,44 ha.
-ZEC, Zona especial de conservación, 1.742 ha (31 de marzo de 2014)
-A área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas comunidades
autónomas de Galiza e Castela e León, incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
PROBLEMAS
-Explotacións mineiras (calcarias)
-Incendios forestais
-Encoros
-Especies invasoras
PUNTOS DE INTERESE
-Penedos de Oulego
-Pena Falcoeira
-Canón do Sil: O Estreito (Covas)
-Miradoiros: Covas, O Penedón, Oulego...
-Forno de cal (Covas)
-Covas (adegas) do viño
-Palas ou covas: Cubelas, Tralapala, Trasmonte, Xilberte
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta
Novembro 2016

Serra de Enciña da Lastra

  • 1.
  • 2.
    Situada ao nordesteda provincia de Ourense, no linde con León, compartida entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo. Vista leste dos Penedos de Oulego
  • 3.
    É unha cadeade montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa os vales do Galir e o Selmo. O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada... Vista do conxunto da serra desde Vilar de Silva (á dereita o canón do Sil)
  • 5.
    Cara noroeste deEnciña da Lastra
  • 6.
    Val do Galire Penedos de Oulego
  • 7.
    Penedos de Oulegoe Tara (cara oeste)
  • 8.
    Penedos de Oulego,desde a vertente oeste
  • 9.
    Penedos de Oulegoe Tara (á esquerda), desde a vertente leste.
  • 10.
    Penedos de Oulego,desde a vertente leste
  • 11.
    Penedos de Oulego,desde a vertente oeste
  • 13.
    Penedos de Oulego(cara oeste)
  • 14.
    Tara, o cumemáis alto da serra (cara leste)
  • 15.
  • 16.
    Vista desde omiradoiro do Penedón cara ao Bierzo
  • 17.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21.
    O Canón doSil marca o extremo leste da serra de Enciña da Lastra
  • 22.
    A orografía émoi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros.
  • 23.
    O territorio estáconstituído na súa maior parte por terreos de natureza calcaria (pouco comúns en Galiza) formando unha unidade coas áreas veciñas do Bierzo, incluído na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Pertencen ao dominio da calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo con estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada. Estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período ordovícico, testemuñas dunha época en que esta zona estaba debaixo do mar. A parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas. Detalle de formación de estalactitas nunha cavidade dunha rocha calcária.
  • 24.
    As rochas calcáriasdan lugar a formas características: canóns profundos, como o do Sil en Covas, agullas espectaculares (Penedos de Oulego) e covas ou palas. Parede do canón do Sil nas proximidades de Covas
  • 25.
    AS COVAS ouPALAS Esta área acolle o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galiza, coa maior rede de covas e simas do país. Destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro: Pala da Zorra, Pala do Pombo, Pala de Tralapala, Pala de Trasmonte, Pala de Xilverte...
  • 26.
    Pala en PenaFalcoeira
  • 27.
    Canón do Silen Covas REDE FLUVIAL Articúlase arredor do Selmo e o Galir que desembocan no Sil.
  • 28.
    RÍO SIL Nace nasestribacións da Cordilleira Cantábrica e despois de percorrer as terras do Bierzo leonés penetra en Galiza pola zona coñecida como O Estreito formando un fermoso canón entre rochas calcárias, entre a caída ao Sil da serra de Enciña da Lastra e os montes de Penedo maior e O Páramo. Está retido no encoro de Penarrubia. Canón do Sil. “O Estreito”
  • 29.
    Río Galir Nace entrea serra de Enciña da Lastra e a serra da Agulla e xúntase co Sil en Éntoma. Recolle as augas da vertente oeste da serra de Enciña da Lastra. Ten un grande valor ecolóxico, por ser un dos poucos ríos galegos onde se atopa o cangrexo de río autóctono. Val do río Galir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río
  • 30.
    Río Selmo Nace naaba sur do Pico Formigueiros e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Recolle as augas da vertente leste da serra de Enciña da Lastra. O principal afluente é o Rego da Callejeira. Val do Selmo coa serra de Enciña da Lastra á esquerda.
  • 31.
    CLIMA De transición entreos dominios oceánico de montaña e oceánico-mediterráneo, cunha precipitación media anual de 594 mm e unha temperatura media de 12,9 °C.
  • 32.
    É unha zonade transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea polo que acolle unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución marxinal ou moi restrinxida en territorio galego. ECOLOXÍA
  • 33.
    TIPOS DE HÁBITATSDO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais secos europeos -Prados alpinos e subalpinos calcáreos -Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (*) -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea (*) -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) (*) -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Pavimentos calcarios (*) -Covas non explotadas polo turismo -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (*) -Soutos -Aciñeirais (*) paraxes con notables orquídeas
  • 34.
    FLORA A serra acollea mellor representación de vexetación mediterránea en Galiza e nel describíronse un total de 16 asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais, entre as que se contan bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, salgueirais, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros.
  • 35.
    A riqueza florísticaé elevadísima. Hai rexistradas 450 especies. Polo menos 40 taxóns son endémicos da península Ibérica e seis sono de Galicia (Armeria rothmaleri, Campanula adsurgens, Dianthus merinoi, Leontodon farinosus, Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila subsp. legionensis). Campanula adsurgens
  • 36.
  • 37.
  • 38.
    ESPECIES DO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Petrocoptis grandiflora Santolina semidentata Santolina
  • 39.
    Destaca a presenzade tomiñeiras de Thymus zygis, propias do subsector berciano e únicas en Galiza, así como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos, presentes na parroquia de Oulego, Rubiá. Tomelo (Thymus zygis)
  • 40.
    Entre a vexetaciónarbórea e arbustiva predominan os aciñeirais de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galiza. Están caracterizados pola aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) e o érbedo (Arbutus unedo) acompañados por arbustos mediterráneos como Genista hystrix, o aderno de folla estreita (Phillyrea angustifolia) ou o escornacabras (Pistacia terebinthus), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola sobreira (Quercus suber), a abeleira (Corylus avellana), o mostallo (Sorbus aria), e o cancereixo (Sorbus aucuparia). Aciñeiral
  • 41.
    Nos claros aparecena lavanda (Lavandula stoechas) e diferentes especies de xaras ou estevas (Cistus spp.). Arzaia (Lavandula stoechas) Cistus laurifolius Cistus salvifolius
  • 42.
    Os espiñeirais aparecennas beiras dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que destacan diferentes especies de cerdeiras, (Prunus avium, Prunus mahaleb), abruñeiros (Prunus spinosa), escornacabras (Pistacia terebinthus), estripeiros (Crataegus monogyna), roseiras bravas (Rosa spp.) e silvas (Rubus ulmifolius).
  • 43.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
    Érbedo (Arbutus unedo) Cerdeirabrava (Prunus mahalev)
  • 47.
    Arce de Montpellier(Acer monspessulanum)
  • 48.
    Cancereixo, mostallo (Sorbusaria) Viburnum lantana
  • 49.
  • 50.
    Escornacabras (Pistacia terebinthus).Presenta unhas curiosas formacións semellantes a cornos dentro das que viven uns pulgóns (Peniphigus cornicularis).
  • 51.
  • 52.
    Outros hábitats seminaturaisde importancia son os matos de esteva (Cistus ladanifer) e os Pterosparto-Ericetum aragonensis, nos que medran Erica australis e Therospartum tridentatum, e os pasteiros vivaces de Helianthemo cantabrici-Brometum erecti. Esteva (Cistus ladanifer), so se atopa nas zonas de ambiente mediterráneo de Galiza.Carqueixa (Therospartum tridentatum)
  • 53.
    Destaca a presenza24 especies de orquídeas: Aceras anthropophorum, Anacamptis piramidalis, Cephalanthera longifolia, Cephalanthera rubra, Dactylorhiza insularis, Dactylorhiza markusii, Epipaptis fageticola, Epipaptis tremolsii, Himantoglossum hircinum, Limodorum abortivum, Limodorum trabutianum, Neotinea maculata, Ophrys apifera, Ophrys scolopax, Ophrys sphegodes, Orchis fragrans, Orchis italica, Orchis mascula, Orchis morio, Orchis provincialis, Orchis purpurea, Serapias lingua, Serapias parviflora, Spiranthes spiralis. Aceras anthropophorumDactylorhiza markusiiOrchis purpurea
  • 54.
    Achicoria (Cichorium intybus).Florece ás beiras dos camiños nas áreas de clima seco. As flores abren pola mañán e péchanse ao medio día. Ruda do monte (Ruta montana). Florece en zonas altas de clima mediterráneo.
  • 55.
  • 56.
    Nas beiras doríos dase unha gran variedade de salgueiros (Salix atrocinerea, Salix elaeagnos subsp. angustifolia, Salix neotricha, Salix salviifolia), acompañados polo lodoeiro (Celtis australis), o freixo (Fraxinus angustifolia), e o ameneiro (Alnus glutinosa). Río Galir
  • 57.
    Os soutos (Castaneasativa) aparecen nos arredores das poboacións e acollen exemplares centenarios. Biobra
  • 58.
    Aciñeira (Quercus ilexsubsp. ballota) en Covas (Rubiá). A máis grande e máis antiga de Galiza. -16,9 m de altura e 8,8 m de perímetro na base. Incluída no catálogo de Árbores senlleiras de Galiza ÁRBORES SENLLEIRAS
  • 59.
    “Castiñeiro do TioFrancisco” en Biobra. -11 m de perímetro
  • 60.
    A diversidade dehábitats propicia a presenza dunha gran variedade de especies, algunhas de rara presenza en Galiza. A fauna de vertebrados é unha das máis ricas do país con numerosas especies pouco comúns ou de distribución restrinxida. O catálogo rolda as 200 especies: 8 especies de peixes, 10 de anfibios 13 de réptiles, 125 de aves e 39 de mamíferos. Voitre branco (Neophron percnopterus) (única parella en Galiza, aínda que de cría non regular) FAUNA
  • 61.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Galemys pyrenaicus Lutra lutra Miniopterus schreibersii Myotis myotis Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros MAMÍFEROS Ten un grande interese a riqueza da comunidade de quirópteros, dos que están presentes polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galiza, como o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), o morcego das covas (Miniopterus schreibersii) (con importante poboación a nivel estatal), ou o morcego rabudo (Tadarida teniotis). Tamén é destacable a variedade e abundancia de carnívoros: gato bravo (Felis sylvestris), lontra (Lutra lutra), armiño (Mustela erminea), teixugo (Meles meles), tourón (Mustela putorius), a garduña (Martes foina), lobo (Canis lupus), depresenza ocasional. Os grandes herbívoros do parque son o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus scrofa), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os aciñeirais. Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) Morcego das covas (Miniopterus schreibersii)
  • 62.
    Xabarín (Sus scrofa) Armiño(Mustela erminea) Corzo (Capreolus capreolus)
  • 63.
    AVES A serra acollea comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de Galiza, con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de aves de rapina. Entre as aves de rapina destaca a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as nidificantes (12 especies diurnas e 6 nocturnas) o voitre branco (Neophron percnopterus) (unha das 2 únicas parellas que crían en Galiza), a aguia real (Aquila chrysaetos) (1 parella), a aguia cobreira (Circaetus gallicus) (2-3 parellas), a aguia calzada (Hieraaetus pennatus) (2- 3 parellas), o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3 parellas), e o bufo real (Bufo bufo) (1 parella). Tamén se rexistrou a presenza da aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), moi rara en Galiza. Águia real (Aquila chrysaetos) Falcón peregrino (Falco peregrinus)
  • 64.
    Andoriña dos penedos(Ptyonoprogne rupestris) Entre a avifauna rupícola reprodutora están a pomba das rochas (Columba livia) (a maior poboación galega), o andoriñón real (Apus melba) (13 parellas e única poboación no interior de Galiza), a andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), o merlo rubio (Monticola saxatilis), o solitario (Monticola solitarius), o corvo (Corvus corax), a gralla pequena (Corvus monedula), e a choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galiza), a presenza invernal dos pouco comúns azulenta alpina (Prunella collaris), e gabeador vermello (Tichodroma muraria). Gralla cereixeira (Corvus monedula)
  • 65.
    Hai unha variadamestura de avifauna eurosiberiana e mediterránea, ligada a aciñeirais, soutos, espiñeirais e matogueiras, con numerosas especies de distribución bioxeográfica marxinal, moi localizada ou mesmo única en Galiza, como o picanzo cabecirrubio (Lanius senator), o papamoscas cincento (Muscicapa striata), o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), a papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans), a papuxa real (Sylvia hortensis), o pardal das rochas (Petronia petronia), ou o bicogroso (Coccothraustes coccothraustes). Entre as aves acuáticas destaca a presenza como invernantes, do mergullón cristado (Podiceps cristatus), e o pato cristado (Aythya fuligula) no encoro de Penarrubia. Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Ten no encoro de Penarrubia unha das poucas áreas de cría de Galiza.
  • 66.
    INCLUÍDAS NA DIRECTIVADE AVES DA UNIÓN EUROPEA Neophron percnopterus Aquila chrysaetos Circaetus gallicus Hieraaetus pennatus Hieraaetus fasciatus Falco peregrinus Bubo bubo Pyrrhocorax pyrrhocorax Choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) Bufo real (Bubo bubo)
  • 67.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Lacerta schreiberi RÉPTILES Especialmente os ligados aos ambientes calcícolas e secos: lagarta rabuda (Psammodromus algirus), lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus), osga (Taurentola mauritanica), cobregón (Malpolon monspessulanus), cobra de escada (Rhinechis scalaris), víbora fuciñuda (Vipera latastei)… Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
  • 68.
    Lagarta rabuda (Psammodromusalgirus) Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)
  • 69.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Discoglossus galganoi ANFIBIOS Píntega común (Salamandra salamandra), pintafontes común (Lisotriton boscai), pintafontes verde (Triturus marmoratus), sapiño comadrón (Halytes obstetricans), sapo pintoxo (Discoglossus galganoi), sapo común (Bufo bufo), sapo corriqueiro (Bufo calamita), estroza ou rela (Hyla molleri), ra verde (Pelophylax perezi), ra patilonga (rana iberica) e ra vermella (rana temporaria). Sapiño pintoxo (Discoglossus galganoi)
  • 70.
    INCLUÍDAS NO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii PEIXES Seis especies son autóctonas e varias atópanse ameazadas: anguía (Anguilla anguilla), escalo ou peixe (Squalius carolitertii), vermelliña (Achondrostoma arcasii), boga do Douro (Pseudochondrostoma duriense), espiñento (Gasterosteus gymnurus). Tamén podemos atopar dúas especies introducidas, a carpa (Cyprinus carpio) e perca americana ou ''black-bass'' (Micropterus salmoides). Carpa (Cyprinus carpio) pescada no encoro de Penarrubia (Sil).
  • 71.
    INVERTEBRADOS Destaca a granvariedade de insectos, especialmente bolboretas e escaravellos. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Austropotamobius pallipes Cerambyx cerdo Coenagrion mercuriale Euphydryas aurinia Lucanus cervus Macromia splendens Oxygastra curtisii Geomalacus maculosus Bolboreta (Charaxes jasius). As eirugas aliméntanse nos érbedos. Bolboreta (Euphydryas aurinia).
  • 72.
    Cangrexo de ríoautóctono (Austrapotamobius pallipes) A súa presenza en Galiza está reducida a moi poucos puntos das provincias de Lugo e Ourense. Cerambícido (Cerambyx cerdo) Coenagrion mercuriale
  • 73.
    HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zonaestivo poboada desde tempos moi antigos e conserva elementos artísticos e etnográficos de interese: igrexas, covas (adegas), pontes, núcleos tradicionais... Na pala de Cubelas atopáronse restos da Idade do Bronce. Antigo forno de Cal en Covas. A especial composición xeolóxica dos terreos de Rubiá determinou que fosen explotados diversos minerais desde tempos antigos: ouro nas areas do Sil, limonitas e calcarias dos seus montes.
  • 74.
    Viñedos en Biobra(Acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, mineiría, turismo...
  • 75.
    ESPAZOS PROTEXIDOS PARQUE NATURAL.Decreto 157/2002, do 4 de abril (DOG 03-05-02). -ZEPA Zona de especial protección para as aves (1.787 ha) -LICs, Lugar de importancia comunitaria, “Serra de enciña da Lastra” 1787 ha (21 de setembro de 2006), cunha proposta de ampliación pendente de aprobar. “Sierra de la Encina de La Lastra” do Bierzo (León), cunha superficie de 289,44 ha. -ZEC, Zona especial de conservación, 1.742 ha (31 de marzo de 2014) -A área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas comunidades autónomas de Galiza e Castela e León, incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
  • 76.
    PROBLEMAS -Explotacións mineiras (calcarias) -Incendiosforestais -Encoros -Especies invasoras
  • 77.
    PUNTOS DE INTERESE -Penedosde Oulego -Pena Falcoeira -Canón do Sil: O Estreito (Covas) -Miradoiros: Covas, O Penedón, Oulego... -Forno de cal (Covas) -Covas (adegas) do viño -Palas ou covas: Cubelas, Tralapala, Trasmonte, Xilberte
  • 78.
    MONTAXE E FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta Novembro 2016