Espazo situado nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes, entre o límite das provincias de A Coruña e Lugo (concello de Xermade) e o límite da influencia das mareas na parroquia de Ombre en Pontedeume (rego de Pouso). Inclúe o monte Fontardión ao norte e o Queixeiro ao sur e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba.
O Eume e os seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha graden diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.
Concellos: Cabanas, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume.