SlideShare a Scribd company logo
1 of 147
SERRA DO
COUREL
A serra do Courel forma parte do conxunto coñecido como Serras
Orientais, onde se atopan as maiores alturas de Galiza, que, na súa
maior parte, marcan os lindes administrativos do país.
Vista da cara noroeste da serra do Courel desde o alto do Hospital.
Cara Oeste da Serra do Courel (1-do Capeloso ata Formigueiros; 2-de Formigueiros á Legua)
1
2
Serra do Courel desde Seceda
Vista da cara nordeste da serra do Courel desde o Faro.
Esténdese desde O Cebreiro
ata o val do Sil seguindo a
dirección NE-SO.
Está limitada ao sur polo val
do Sil, ao oeste polo río Lor, e
polo leste polos vales dos ríos
Valcarce, Selmo, Soldón e
Quiroga.
SERRA DO
COUREL
É unha cadea de montañas pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas polas
que corren os ríos (destacan as de dirección nordeste polas que circula o Lor).
O relevo é abrupto con gorxas profundas e pendentes fortes.
As principais alturas son o Formigueiros con 1.654 m, o Pía Paxaro con 1.616 m e o
Teso das Papoulas con 1.603 m.
O Courel desde Visuña
Cavorcos na serra do Courel
Golada da Lucenza. As goladas son pasos entre cumes para cruzar as serras.
Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en
menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias.
Lousas
Lousas e minerais de ferro
Calcárias na cara leste do Courel (Chan de Liñas)
Monte Chao da Poza (O Cebreiro, imaxe de 1977)
Teso da Cruz
Montes de Chao da Serra, co Capeloso ao fondo
Brañas, na aba oeste do Courel
Pena Redonda e Pico Grande, coas Devesas de Brañas e Fonteformosa
O Faro
O Faro
Vista desde o Faro cara ao oeste
Devesa do Faro e Cabeza Grande
Devesa do Romeor e Cabeza Grande
Pena das Aigas
Cabeza do Couto (ao fondo Formigueiros)
Cempelo
Monte Cido
Alto do Couto, por onde pasa a única estrada que cruza a serra
Formigueiros (cara norte)
Cara oeste do Formigueiros e a devesa de Rogueira
Formigueiros e Teso das Papoulas
Pena da Aiga
Chan de Liñas
Val de Visuña
Cereixido
O Teso das Papoulas desde A Seara
Lagoa de Lucenza
Vista desde o Mallón cara ao leste (Montouto)
Píapaxaro
Serra de Roxa Longa
Pico do Pozo
Covaluda (cara leste)
Covaluda (cara Oeste)
A Legua
Cumes do Courel
Pena das Franzas
Vista dos últimos cumes da Serra do Courel co val do Ferreiriño (Quiroga). Ao fondo Cabeza de Manzaneda.
Alto do Convento
GLACIARISMO
Na partes altas da serra do Courel consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden
observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa) como en
Vilarbacú, os vales de Visuña ou da Seara, a lagoa da Lucenza...
Val de Visuña
Val da Seara
Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo glaciar e moi colmatada polos sedimentos.
Lagoa de Lucenza no inverno
PREGAMENTOS
O Courel, é un auténtico museo de xeoloxía. En distintos puntos podemos contemplar
pregamentos e fallas nos estratos do terreo que son unha testemuña das forzas tectónicas
que crearon e erosionaron estas montañas durantes millóns de anos. O máis importante é o
de Campodola-Leixazós, pero tamén se pode ver no Alto do Convento.
Sinclinal do Courel, o maior pregamento tombado que pode observarse na Península Ibérica.
MONUMENTO NATURAL
“PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS”
Está situado sobre o val do río Ferreiriño en fronte dos núcleos de Campodola e Leixazós
(Quiroga). Mide máis de 2 km e está formado por capas de xistos e cuarcitas. É un exemplo
típico dun pregamento tombado. Un sinclinal, unha dobra de forma cóncava na que o eixe de
flexión foi orixinalmente vertical. As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de
períodos xeolóxicos distintos, destacan en cor crara as cuarcitas (478-488 millóns de anos)
sobre as zonas escuras con vexetación formadas por lousas (458-478 millóns de anos). Enriba
existiu outro gran pregamento orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu
a causa da erosión.
Vese desde a estrada de Quiroga a a Seoane onde hai un miradoiro e unha área de interpretación.
AS COVAS
Na serra do Courel hai formacións calcárias nas que se orixinan cavidades polas que circulan
regos subterráneos e nas que hai galerías con estalactitas e estalagmitas: Buraca da Choias,
Arcoia e Tara (Visuña); Sima das Aradelas (Campelo); O Oso, cova das Choias (Parada), Longo
do Meo e Cova de Vellos (Moreda), Tras da Lastra (Mostaz), Arcos (A Seara)...
Buraca das Choias
(Visuña)
Cova na Devesa de Rogueira
CLIMA
Oceánico de montaña, con precipitacións abondosas, invernos longos e temperaturas
contrastadas, máis suavizadas nos vales.
Folgoso coa serra do Courel ao fondo
REDE FLUVIAL
Unha densa rede de regatos e regos que baixan da serra e que se articulan arredor de varios
afluentes do Sil: Lor, Valcarce (Burbia-Cúa), Selmo, Soldón e Quiroga.
Rego de Escada,
unha das
cabeceiras do
Moreira, afluente
do Lor (Romeor)
En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-
nival con augas altas no inverno e
primavera, e percorridos encaixados e con
grandes desniveis nos que abondan as
pozas, rápidos e fervenzas, coñecidas no
Courel no nome de pincheiras.
Pincheira nun carrozo en Ferramulín, no
cavorco da Fervenza Grande.
No Courel chámanlle carrozos aos regatos
miúdos que discorren encaixados no terreo
Cavorcos formados polo cursos altos dos ríos de forte pendente que se encaixan no terreo.
Valiña (val estreito e pequeno) no rego das Maseiriñas, nas cabeceiras do Visuña (Selmo)
Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio
etnográfico: pontes, muíños, caneiros, ferrerías, mazos...
Muíños en Ferramulín
Ferrería de Seoane, no Lor.
RÍO LOR
Nace nos montes do Cebreiro e ten
como cabeceiras os regatos Fonlor
(que nace no Cebreiro), Fonte Grande
e Brañuelas (que baixan da serra do
Courel). Ten un percorrido de 50 km
por terreos do Courel e desemboca no
Sil en Augasmestas (Castro) entre
Quiroga e A Pobra do Brollón. Discorre
case sempre encaixado entre ribeiras
escarpadas cubertas dunha variada
vexetación autóctona.
Recolle pola esquerda numerosos
regos que baixan das abas occidentais
da serra do Courel: Mazo, Faro,
Moreira, Muíñelo, Barxa, A Veiga,
Carballido, Inferno...
Fonte do Cervo na
Devesa de Rogueira
Rego da Rogueira
Pincheira en Folgoso, nun
afluente do Lor.
Pontella sobre o Lor.
Río Visuña, unha
das cabeceiras do
Selmo.
RÍO SELMO
Nace na aba sur do Pico Formigueiros, da unión do rego de Forgas, o rego da Lagoa e o rego
dos Chaos e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao
Sil preto da localidade berciana de Frieira. Sofre un brusco cambio de dirección á altura do Val
de Seara que noutros tempos vertía ao río Soldón e, debido a un afundimento da foxa
berciana a finais do Terciario, as augas pasaron a verter na cunca do Selmo.
Pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...
Pincheira no Rego de Murelos Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.
Pincheira na Seara
Pincheira en Vieiros
Pincheira no Selmo,
preto de Vieiros.
Carvorco da Fervenza
Grande. Hórreos.
RÍO SOLDÓN
Nace en A Seara pola confluencia de numerosos regos que baixan da serra da Roxa Longa
(Serra do Courel) e a dos Cabalos. Percorre terras dos concellos do Courel e Quiroga e
desemboca no Sil en Paradaseca.
RÍO QUIROGA
Nace na cara sudoeste do Pía
Páxaro, preto da aldea de
Vilarbacú, e fórmase coa
confluencia do Rego de Porto
Mourelos ou Vilarbacú e o de
Pacios. Percorre un total de 24 km
sempre dentro do Concello de
Quiroga e desemboca no Sil preto
da capital municipal. Os afluentes
principais son Ferreiriño, As
Forcadiña e Regueira..
Pincheiras: A Pedriña (Cruz de
Outeiro), A Ola (Besaredonda).
Pincheira da Pedriña
na Cruz de Outeiro.
Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.
Vista desde O Cebreiro do val dunha
das cabeceiras do Valcarce.
RÍO VALCARCE
É un afluente do Burbia (Cúa-Sil) en terras leonesas. As cabeceiras recollen as augas das
últimas estribacións do Courel.
ALGÚNS HÁBITATS DESTACADOS DA SERRA DO COUREL
RECOLLIDOS NO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-
Nanojuncetea
-Lagos e estanques distróficos naturais
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Queirogais alpinos e boreais
-Prados alpinos e subalpinos calcáreos
-Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia)
(paraxes con notables orquídeas)
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas
montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Prados de sega de montaña
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas calcícolas con vexetación casmofítica
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Pavimentos calcarios
-Covas non explotadas polo turismo
-Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori-
petraeae ou Ilici-Fagenion)
-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion
-Turbeiras boscosas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
-Soutos
-Aciñeirais
Viola arvensis
FLORA
A variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto coa súa situación no
punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e mediterránea fan que a
variedade florística do Courel sexa impresionante, coa presenza de formacións vexetais de
grande valor ecolóxico (fragas, aciñeirais, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco
comúns.
Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces,
piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas,
que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións
hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están
repoboadas con piñeiros
FORMACIÓNS VEXETAIS MÁIS CARACTERÍSTICAS DO COUREL:
-Mato, no que predominan as queirugas e as carqueixas.
-Devesas (fragas), nas ladeiras moi húmidas, cubertas pola neve no inverno, cun estrato arbóreo de
especies caducifolias: carballos, faias, acivros, abelairas, carbas...
-Aciñeirais, ligados aos terreos calcarios de ladeiras orientadas ao Sur.
-Bosques de ribeira: ameneiros, salgueiros, freixos, pradairos...
-Reboleiras, nas zonas umbrías, bosques de cerquiños mesturados con algún carballo e o híbrido de
ambos.
-Soutos
Sucesión de devesas na aba noroeste do Courel: Brañas, , Fonteformosa, Riocereixa, Faro, Romeor e Rogueira.
Devesa de Brañas
Devesa de Fonteformosa. Contén o faial máis puro de
Galiza formado por árbores de grande altura.
Devesa de Riocereixa. Na vertente norte do Pico Faro.
Hai faias mesturadas con carballos, acivros e teixos.
Devesa do Faro
Devesa de Romeor
Devesa da Rogueira
Está situada na aba norte do Formigueiros. É a devesa máis extensa e coñecida de Galiza. Foi declarada recentemente
polo Fondo Mundial para a Natureza como unha das seis áreas de bosque autóctono máis importantes da Península
Ibérica. Xunto co bosque de Albergária, no Geres portugués é o faial máis occidental de Europa.
Devesa da Rogueira
Interior da Devesa da Rogueira
Aciñeiral en VisuñaAciñeiras (Quercus ilex subsp. ballota): aparecen por
baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios.
Castiñeiro (Castanea sativa).
Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque.
A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
Bidueiros (Betula celtiberica)
Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira
Cerdeira de Santa Lucía
(Prunus mahaleb)
Abruñeiro (Prunus spinosa)
Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia)
Érbedo (Arbutus unedo)
Acivro (Ilex aquifolium).
Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e
sérvenlle de refuxio á fauna.
Xesta (Cytisus multiflorus)
Breixos (Erica umbellata)
Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)
Mostallo (Sorbus aria)
Esteva (Cistus salvifolius)
Lithodora diffusa
Rhamnus legionensis
Saxifraga spathularis Ruda (Ruta montana)
Matthiola fruticulosa
Erinus alpinus
O Courel presenta unha das riquezas máis
altas do país en canto a diversidade de
flora (máis de 800 especies, case a metade
das que hai en de Galiza, entre elas
numerosas plantas únicas ou raras).
Sideritis caureliana
Rhamnus legionensis
Primula legionensis
Primula elatior bergidensis
Arenaria grandiflora subsp. incrassata
Armeria duriaei
Crepis albida subsp. asturica
Festuca elegans
Festuca summilusitanica
Genista sanabrensis
Gentiana lutea subsp. aurantiaca
Iberis contracta
Omphalodes nitida
Lithodora diffusa
Luzula sylvatica, subsp. herriquesii
Saxifraga spathularis
Pinguicola grandiflora
Arleira (Berberis vulgaris)
Mostallo (Sorbus aria)
Genista obtusiramea
Erodium glandulosum
Ophrys ustulata
Campanula arbatica subsp. adsurgens,
Leontodon farinosus...
Campanula arvatica supsp. adsurgens, especie
endémica da Cordilleira Cantábrica.
Omphalodes nitida (endemismo)
Armeria duriaei
Xensá (Gentiana lutea)Tragopon dubium
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Festuca elegans
Festuca summilusitanica
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus ssp.nobilis
Santolina semidentata
Narcissus asturiensis
Saxifraga trifurcata
Soldaconsolda (Polygonatum verticillatum).
Especie rizomatosa da que xorden talos aéreos que
desaparecen no outono. So está presente nas
Serras Orientais.
Herba do pobre (Clematis vitalba).
Herba do gando (Helleborus foetidus)
Amorodos (Fragaria vesca).
Atópanse habitualmente nos
límites do bosque, en zonas
húmidas.
Hornungia petreae
Erodium glandulosum
Arzaia (Lavandula stoechas)
Antrrhinum meonantum
Arabis auriculata
Pradeira de montaña con orquídeas
Orquídeas. No Courel atópase unha gran variedade. entre
elas a Ophrys ustulata (única cita en Galiza).
Dactylorhiza sambucina Orchis maculaOrchis italica
Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium).
Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga.
No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.
Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)
Liques
ÁRBORES SENLLEIRAS Faias (Fagus silvatica)
Devesa de Rogueira
CASTIÑEIRO
(Castanea sativa)
-Visuña (Folgoso do Courel) -6,10 e 4,67 m de
perímetro.
-Ferrería Vella (Seoane do Courel)
-9,30 e 6,70 m de perímetro.
Donicela
(Mustela nivalis)
FAUNA
É moi variada e conta con moitas especies en perigo ou únicas.
Hai contabilizadas 170 especies de vertebrados.
MAMÍFEROS (40 especies):
Lobo, raposo, gato bravo, algaria,
martaraña, garduña, armiño, donicela,
lontra, teixugo, porco bravo, corzo,
rebezo, ourizo cacho, toupa cega, rato de
almizcle, furafollas (grande, ibérico e
pequeño), murgaño patibranco, leirón
rilón, corta rubia, trilladeira nival, rato
mouro, lebre, coello, esquio, morcego
pequeno de ferradura, morcego
mediterráneo de ferradura, morcego
grande de ferradura, morcego de orellas
fendidas, morcego rateiro grande,
morcego común, morcego orelludo
meridional, morcego orelludo común,
morcego das covas...
Xabarín
(Sus
scrofa)
AVES:
Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor,
gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno,
lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho
común, avelaiona, curuxa común, pombo torcaz,
pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común,
laverca, cotovía (pequena e dos camiños), andoriña
(dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa,
merlo rieiro, martiño peixeiro, picanzo (vermello e
real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas,
ferreiriños, escribentas, papamoscas, choias...
Aguia real
(Aquila
chrysaetos)Tordo (Turdus philomelos)
Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
RÉPTILES:
Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da
serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos,
lagartixa galega, esgonzo común, escáncer
común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira
meridional, cobra lagarteira común, cobra de
colar, cobra viperina, víbora de Seoane...
Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)
Rá patilonga (Rana iberica)
Sapo común (Bufo bufo)
ANFIBIOS:
Ra vermella, ra patilonga, pintafontes
común, pintafontes palmado, pintafontes
verde, píntega común, saramaganta,
sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo
común, sapo corriqueiro...
INSECTOS
Aparecen especies de bolboretas raras en
Galiza: Plebejus thersites, Parnassius apollo
asturiensis, Lycaena hippothoe, Aricia
morronensis.
Recentemente descubríronse varias especies
de coleópteros habitantes das covas
exclusivos do Courel (Galaicodytes caurelensis
e Domene lathromene) ou raros (Leoneilla
bergidi, descuberto no Bierzo).
Cicindela campestris. Este chamativo
escarabello é un carnívoro que caza, á carreira,
arañas e larvas de insectos.
Pyrochroa coccinea
Bolboreta (Anthocharis cardamines), femia e macho
Bolboreta (Erebia palarica).
Bolboreta (Procris statices)
Bolboreta (Euphydryas aurinia)
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Invertebrados
Austropotamobius pallipes
Cerambyx cerdo
Lucanus cervus
Euphydryas aurinia
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Margaritifera margaritifera
Peixes
Chondrostoma polylepis
Rutilus arcasii
Anfibios
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Réptiles
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi
Mamíferos
Barbastella barbastellus
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Miniopterus schreibersii
Myotis emarginatus
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Cerambix cerdo
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, mineiría (explotacións de lousa e
calcárias), turismo...
Paisaxe humanizada do Courel (Romeor)
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Estas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan os achádegos
arqueolóxicos, os castros, as minas...
Castelo de Carbedo
Vilarbacú
A zona tivo intensa actividade mineira: ouro e ferro nos tempos dos romanos, antimonio
(Vilarbacú, que pechou en 1947), e siderúrxica a partir do XVI, do que dan mostra as
abundantes ferrerías hidráulicas.
Mina romana en San Pedro de Riocereixa
De todas as épocas consérvase un rico patrimonio histórico-artístico (igrexas, castelos...) e
etnográfico (núcleos de poboación, hórreos, pontellas, muíños, mazos, ferrerías, aparellos...)
Campodola
Reibarba (Visuña)
Moreda
Parada, cuna do escritor Uxío Novoneyra
Casa natal e monumento a Uxío
Novoneyra en parada
A CASA DE PARADA
A casa de pedra e cal vella.
-solaina e ventanas pra serra-
feita fai cen anos á miña maneira.
Parada
Penas Rubias (Pacios da Serra)
PROTECCIÓN
-Forma parte do LIC e ZEC “Os Ancares-O Courel)
-Monumento Natural “Pregamento xeolóxico de
Campodola e Leixazós”.
PROBLEMAS
-Abandono do medio rural
-Incendios forestais
-Repoboacións con especies alóctonas...
-Apertura de pistas
-Explotacións mineiras
-Presión turística
-Furtivismo
Louseiras no
Courel
Terreos expostos á erosión despois dun
incendio. A perda de solo vese agravada
polas fontes pendentes.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Outubro 2016

More Related Content

What's hot

Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiromonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candánmonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courelmonadela
 
LIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/MasmaLIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/Masmamonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistralmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
Serra da Groba
Serra da GrobaSerra da Groba
Serra da Grobamonadela
 

What's hot (20)

Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 
Trevinca
TrevincaTrevinca
Trevinca
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candán
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courel
 
LIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/MasmaLIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/Masma
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
Serra da Groba
Serra da GrobaSerra da Groba
Serra da Groba
 

Similar to Serra do Courel

Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoiramonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Dezamonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancaresmonadela
 
LIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-MeraLIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-Meramonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambremonadela
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eumemonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)monadela
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 

Similar to Serra do Courel (19)

Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Deza
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancares
 
LIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-MeraLIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-Mera
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambre
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Serra do Courel

  • 2.
  • 3. A serra do Courel forma parte do conxunto coñecido como Serras Orientais, onde se atopan as maiores alturas de Galiza, que, na súa maior parte, marcan os lindes administrativos do país. Vista da cara noroeste da serra do Courel desde o alto do Hospital.
  • 4. Cara Oeste da Serra do Courel (1-do Capeloso ata Formigueiros; 2-de Formigueiros á Legua) 1 2
  • 5. Serra do Courel desde Seceda
  • 6. Vista da cara nordeste da serra do Courel desde o Faro.
  • 7. Esténdese desde O Cebreiro ata o val do Sil seguindo a dirección NE-SO. Está limitada ao sur polo val do Sil, ao oeste polo río Lor, e polo leste polos vales dos ríos Valcarce, Selmo, Soldón e Quiroga.
  • 9. É unha cadea de montañas pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas polas que corren os ríos (destacan as de dirección nordeste polas que circula o Lor). O relevo é abrupto con gorxas profundas e pendentes fortes. As principais alturas son o Formigueiros con 1.654 m, o Pía Paxaro con 1.616 m e o Teso das Papoulas con 1.603 m. O Courel desde Visuña
  • 10. Cavorcos na serra do Courel
  • 11. Golada da Lucenza. As goladas son pasos entre cumes para cruzar as serras.
  • 12. Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias.
  • 14. Lousas e minerais de ferro
  • 15. Calcárias na cara leste do Courel (Chan de Liñas)
  • 16. Monte Chao da Poza (O Cebreiro, imaxe de 1977)
  • 18. Montes de Chao da Serra, co Capeloso ao fondo
  • 19. Brañas, na aba oeste do Courel
  • 20. Pena Redonda e Pico Grande, coas Devesas de Brañas e Fonteformosa
  • 23. Vista desde o Faro cara ao oeste
  • 24. Devesa do Faro e Cabeza Grande
  • 25. Devesa do Romeor e Cabeza Grande
  • 27. Cabeza do Couto (ao fondo Formigueiros)
  • 30. Alto do Couto, por onde pasa a única estrada que cruza a serra
  • 32. Cara oeste do Formigueiros e a devesa de Rogueira
  • 33. Formigueiros e Teso das Papoulas
  • 38. O Teso das Papoulas desde A Seara
  • 40. Vista desde o Mallón cara ao leste (Montouto)
  • 42. Serra de Roxa Longa
  • 49. Vista dos últimos cumes da Serra do Courel co val do Ferreiriño (Quiroga). Ao fondo Cabeza de Manzaneda.
  • 51. GLACIARISMO Na partes altas da serra do Courel consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa) como en Vilarbacú, os vales de Visuña ou da Seara, a lagoa da Lucenza... Val de Visuña
  • 53. Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo glaciar e moi colmatada polos sedimentos.
  • 54. Lagoa de Lucenza no inverno
  • 55. PREGAMENTOS O Courel, é un auténtico museo de xeoloxía. En distintos puntos podemos contemplar pregamentos e fallas nos estratos do terreo que son unha testemuña das forzas tectónicas que crearon e erosionaron estas montañas durantes millóns de anos. O máis importante é o de Campodola-Leixazós, pero tamén se pode ver no Alto do Convento. Sinclinal do Courel, o maior pregamento tombado que pode observarse na Península Ibérica.
  • 56. MONUMENTO NATURAL “PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS” Está situado sobre o val do río Ferreiriño en fronte dos núcleos de Campodola e Leixazós (Quiroga). Mide máis de 2 km e está formado por capas de xistos e cuarcitas. É un exemplo típico dun pregamento tombado. Un sinclinal, unha dobra de forma cóncava na que o eixe de flexión foi orixinalmente vertical. As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de períodos xeolóxicos distintos, destacan en cor crara as cuarcitas (478-488 millóns de anos) sobre as zonas escuras con vexetación formadas por lousas (458-478 millóns de anos). Enriba existiu outro gran pregamento orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu a causa da erosión. Vese desde a estrada de Quiroga a a Seoane onde hai un miradoiro e unha área de interpretación.
  • 57.
  • 58. AS COVAS Na serra do Courel hai formacións calcárias nas que se orixinan cavidades polas que circulan regos subterráneos e nas que hai galerías con estalactitas e estalagmitas: Buraca da Choias, Arcoia e Tara (Visuña); Sima das Aradelas (Campelo); O Oso, cova das Choias (Parada), Longo do Meo e Cova de Vellos (Moreda), Tras da Lastra (Mostaz), Arcos (A Seara)... Buraca das Choias (Visuña)
  • 59. Cova na Devesa de Rogueira
  • 60. CLIMA Oceánico de montaña, con precipitacións abondosas, invernos longos e temperaturas contrastadas, máis suavizadas nos vales. Folgoso coa serra do Courel ao fondo
  • 61. REDE FLUVIAL Unha densa rede de regatos e regos que baixan da serra e que se articulan arredor de varios afluentes do Sil: Lor, Valcarce (Burbia-Cúa), Selmo, Soldón e Quiroga. Rego de Escada, unha das cabeceiras do Moreira, afluente do Lor (Romeor)
  • 62. En xeral os ríos teñen un réxime pluvio- nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e fervenzas, coñecidas no Courel no nome de pincheiras. Pincheira nun carrozo en Ferramulín, no cavorco da Fervenza Grande. No Courel chámanlle carrozos aos regatos miúdos que discorren encaixados no terreo
  • 63. Cavorcos formados polo cursos altos dos ríos de forte pendente que se encaixan no terreo.
  • 64. Valiña (val estreito e pequeno) no rego das Maseiriñas, nas cabeceiras do Visuña (Selmo)
  • 65. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, ferrerías, mazos... Muíños en Ferramulín
  • 67. RÍO LOR Nace nos montes do Cebreiro e ten como cabeceiras os regatos Fonlor (que nace no Cebreiro), Fonte Grande e Brañuelas (que baixan da serra do Courel). Ten un percorrido de 50 km por terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas (Castro) entre Quiroga e A Pobra do Brollón. Discorre case sempre encaixado entre ribeiras escarpadas cubertas dunha variada vexetación autóctona. Recolle pola esquerda numerosos regos que baixan das abas occidentais da serra do Courel: Mazo, Faro, Moreira, Muíñelo, Barxa, A Veiga, Carballido, Inferno...
  • 68. Fonte do Cervo na Devesa de Rogueira Rego da Rogueira Pincheira en Folgoso, nun afluente do Lor.
  • 70. Río Visuña, unha das cabeceiras do Selmo. RÍO SELMO Nace na aba sur do Pico Formigueiros, da unión do rego de Forgas, o rego da Lagoa e o rego dos Chaos e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Sofre un brusco cambio de dirección á altura do Val de Seara que noutros tempos vertía ao río Soldón e, debido a un afundimento da foxa berciana a finais do Terciario, as augas pasaron a verter na cunca do Selmo. Pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...
  • 71. Pincheira no Rego de Murelos Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.
  • 73. Pincheira no Selmo, preto de Vieiros. Carvorco da Fervenza Grande. Hórreos.
  • 74. RÍO SOLDÓN Nace en A Seara pola confluencia de numerosos regos que baixan da serra da Roxa Longa (Serra do Courel) e a dos Cabalos. Percorre terras dos concellos do Courel e Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca.
  • 75. RÍO QUIROGA Nace na cara sudoeste do Pía Páxaro, preto da aldea de Vilarbacú, e fórmase coa confluencia do Rego de Porto Mourelos ou Vilarbacú e o de Pacios. Percorre un total de 24 km sempre dentro do Concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal. Os afluentes principais son Ferreiriño, As Forcadiña e Regueira.. Pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda). Pincheira da Pedriña na Cruz de Outeiro.
  • 76. Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.
  • 77. Vista desde O Cebreiro do val dunha das cabeceiras do Valcarce. RÍO VALCARCE É un afluente do Burbia (Cúa-Sil) en terras leonesas. As cabeceiras recollen as augas das últimas estribacións do Courel.
  • 78. ALGÚNS HÁBITATS DESTACADOS DA SERRA DO COUREL RECOLLIDOS NO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto- Nanojuncetea -Lagos e estanques distróficos naturais -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Queirogais alpinos e boreais -Prados alpinos e subalpinos calcáreos -Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (paraxes con notables orquídeas) -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental) -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Prados de sega de montaña -Turbeiras altas activas -'Mires' de transición -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas calcícolas con vexetación casmofítica
  • 79. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Pavimentos calcarios -Covas non explotadas polo turismo -Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori- petraeae ou Ilici-Fagenion) -Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Turbeiras boscosas -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica -Soutos -Aciñeirais
  • 80. Viola arvensis FLORA A variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto coa súa situación no punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e mediterránea fan que a variedade florística do Courel sexa impresionante, coa presenza de formacións vexetais de grande valor ecolóxico (fragas, aciñeirais, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco comúns. Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces, piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas, que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están repoboadas con piñeiros
  • 81. FORMACIÓNS VEXETAIS MÁIS CARACTERÍSTICAS DO COUREL: -Mato, no que predominan as queirugas e as carqueixas. -Devesas (fragas), nas ladeiras moi húmidas, cubertas pola neve no inverno, cun estrato arbóreo de especies caducifolias: carballos, faias, acivros, abelairas, carbas... -Aciñeirais, ligados aos terreos calcarios de ladeiras orientadas ao Sur. -Bosques de ribeira: ameneiros, salgueiros, freixos, pradairos... -Reboleiras, nas zonas umbrías, bosques de cerquiños mesturados con algún carballo e o híbrido de ambos. -Soutos
  • 82. Sucesión de devesas na aba noroeste do Courel: Brañas, , Fonteformosa, Riocereixa, Faro, Romeor e Rogueira.
  • 84. Devesa de Fonteformosa. Contén o faial máis puro de Galiza formado por árbores de grande altura.
  • 85. Devesa de Riocereixa. Na vertente norte do Pico Faro. Hai faias mesturadas con carballos, acivros e teixos.
  • 88. Devesa da Rogueira Está situada na aba norte do Formigueiros. É a devesa máis extensa e coñecida de Galiza. Foi declarada recentemente polo Fondo Mundial para a Natureza como unha das seis áreas de bosque autóctono máis importantes da Península Ibérica. Xunto co bosque de Albergária, no Geres portugués é o faial máis occidental de Europa.
  • 90. Interior da Devesa da Rogueira
  • 91. Aciñeiral en VisuñaAciñeiras (Quercus ilex subsp. ballota): aparecen por baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios.
  • 92. Castiñeiro (Castanea sativa). Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
  • 94. Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira
  • 95. Cerdeira de Santa Lucía (Prunus mahaleb)
  • 96. Abruñeiro (Prunus spinosa) Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia) Érbedo (Arbutus unedo) Acivro (Ilex aquifolium).
  • 97. Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e sérvenlle de refuxio á fauna.
  • 100. Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)
  • 101. Mostallo (Sorbus aria) Esteva (Cistus salvifolius)
  • 103. Saxifraga spathularis Ruda (Ruta montana)
  • 105. O Courel presenta unha das riquezas máis altas do país en canto a diversidade de flora (máis de 800 especies, case a metade das que hai en de Galiza, entre elas numerosas plantas únicas ou raras). Sideritis caureliana Rhamnus legionensis Primula legionensis Primula elatior bergidensis Arenaria grandiflora subsp. incrassata Armeria duriaei Crepis albida subsp. asturica Festuca elegans Festuca summilusitanica Genista sanabrensis Gentiana lutea subsp. aurantiaca Iberis contracta Omphalodes nitida Lithodora diffusa Luzula sylvatica, subsp. herriquesii Saxifraga spathularis Pinguicola grandiflora Arleira (Berberis vulgaris) Mostallo (Sorbus aria) Genista obtusiramea Erodium glandulosum Ophrys ustulata Campanula arbatica subsp. adsurgens, Leontodon farinosus... Campanula arvatica supsp. adsurgens, especie endémica da Cordilleira Cantábrica.
  • 108. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Festuca elegans Festuca summilusitanica Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissus ssp.nobilis Santolina semidentata Narcissus asturiensis
  • 110. Soldaconsolda (Polygonatum verticillatum). Especie rizomatosa da que xorden talos aéreos que desaparecen no outono. So está presente nas Serras Orientais. Herba do pobre (Clematis vitalba).
  • 111. Herba do gando (Helleborus foetidus) Amorodos (Fragaria vesca). Atópanse habitualmente nos límites do bosque, en zonas húmidas.
  • 114. Pradeira de montaña con orquídeas
  • 115. Orquídeas. No Courel atópase unha gran variedade. entre elas a Ophrys ustulata (única cita en Galiza). Dactylorhiza sambucina Orchis maculaOrchis italica
  • 116. Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium). Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga. No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.
  • 117. Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)
  • 118. Liques
  • 119. ÁRBORES SENLLEIRAS Faias (Fagus silvatica) Devesa de Rogueira
  • 120. CASTIÑEIRO (Castanea sativa) -Visuña (Folgoso do Courel) -6,10 e 4,67 m de perímetro.
  • 121. -Ferrería Vella (Seoane do Courel) -9,30 e 6,70 m de perímetro.
  • 122. Donicela (Mustela nivalis) FAUNA É moi variada e conta con moitas especies en perigo ou únicas. Hai contabilizadas 170 especies de vertebrados. MAMÍFEROS (40 especies): Lobo, raposo, gato bravo, algaria, martaraña, garduña, armiño, donicela, lontra, teixugo, porco bravo, corzo, rebezo, ourizo cacho, toupa cega, rato de almizcle, furafollas (grande, ibérico e pequeño), murgaño patibranco, leirón rilón, corta rubia, trilladeira nival, rato mouro, lebre, coello, esquio, morcego pequeno de ferradura, morcego mediterráneo de ferradura, morcego grande de ferradura, morcego de orellas fendidas, morcego rateiro grande, morcego común, morcego orelludo meridional, morcego orelludo común, morcego das covas... Xabarín (Sus scrofa)
  • 123. AVES: Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor, gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno, lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho común, avelaiona, curuxa común, pombo torcaz, pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común, laverca, cotovía (pequena e dos camiños), andoriña (dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa, merlo rieiro, martiño peixeiro, picanzo (vermello e real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas, ferreiriños, escribentas, papamoscas, choias... Aguia real (Aquila chrysaetos)Tordo (Turdus philomelos)
  • 124. Víbora de Seoane (Vipera seoanei) RÉPTILES: Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos, lagartixa galega, esgonzo común, escáncer común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira meridional, cobra lagarteira común, cobra de colar, cobra viperina, víbora de Seoane... Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)
  • 125. Rá patilonga (Rana iberica) Sapo común (Bufo bufo) ANFIBIOS: Ra vermella, ra patilonga, pintafontes común, pintafontes palmado, pintafontes verde, píntega común, saramaganta, sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo común, sapo corriqueiro...
  • 126. INSECTOS Aparecen especies de bolboretas raras en Galiza: Plebejus thersites, Parnassius apollo asturiensis, Lycaena hippothoe, Aricia morronensis. Recentemente descubríronse varias especies de coleópteros habitantes das covas exclusivos do Courel (Galaicodytes caurelensis e Domene lathromene) ou raros (Leoneilla bergidi, descuberto no Bierzo). Cicindela campestris. Este chamativo escarabello é un carnívoro que caza, á carreira, arañas e larvas de insectos. Pyrochroa coccinea
  • 128. Bolboreta (Erebia palarica). Bolboreta (Procris statices) Bolboreta (Euphydryas aurinia)
  • 129. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Invertebrados Austropotamobius pallipes Cerambyx cerdo Lucanus cervus Euphydryas aurinia Elona quimperiana Geomalacus maculosus Margaritifera margaritifera Peixes Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii Anfibios Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta monticola Lacerta schreiberi Mamíferos Barbastella barbastellus Galemys pyrenaicus Lutra lutra Miniopterus schreibersii Myotis emarginatus Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Cerambix cerdo
  • 130. ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, mineiría (explotacións de lousa e calcárias), turismo...
  • 131. Paisaxe humanizada do Courel (Romeor)
  • 132.
  • 133.
  • 134. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL Estas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan os achádegos arqueolóxicos, os castros, as minas... Castelo de Carbedo
  • 135. Vilarbacú A zona tivo intensa actividade mineira: ouro e ferro nos tempos dos romanos, antimonio (Vilarbacú, que pechou en 1947), e siderúrxica a partir do XVI, do que dan mostra as abundantes ferrerías hidráulicas.
  • 136. Mina romana en San Pedro de Riocereixa
  • 137. De todas as épocas consérvase un rico patrimonio histórico-artístico (igrexas, castelos...) e etnográfico (núcleos de poboación, hórreos, pontellas, muíños, mazos, ferrerías, aparellos...) Campodola
  • 139. Moreda
  • 140. Parada, cuna do escritor Uxío Novoneyra
  • 141. Casa natal e monumento a Uxío Novoneyra en parada A CASA DE PARADA A casa de pedra e cal vella. -solaina e ventanas pra serra- feita fai cen anos á miña maneira.
  • 142. Parada
  • 143. Penas Rubias (Pacios da Serra)
  • 144. PROTECCIÓN -Forma parte do LIC e ZEC “Os Ancares-O Courel) -Monumento Natural “Pregamento xeolóxico de Campodola e Leixazós”.
  • 145. PROBLEMAS -Abandono do medio rural -Incendios forestais -Repoboacións con especies alóctonas... -Apertura de pistas -Explotacións mineiras -Presión turística -Furtivismo Louseiras no Courel
  • 146. Terreos expostos á erosión despois dun incendio. A perda de solo vese agravada polas fontes pendentes.
  • 147. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Outubro 2016