Arte románica. 2º ESO

1,642 views

Published on

Sinxela presentación sobre a arte románica europea exemplificándoa nas obras do Románico peninsular. Adaptada para 2º de ESO

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,642
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
74
Actions
Shares
0
Downloads
24
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Arte románica. 2º ESO

1. 1. O ROMÁNICO

Marco histórico .

Trazos xerais

Arquitectura

Escultura

Pintura

2. 2. MARCO HISTÓRICO

Séculos XI-XII .

Europa experimenta un notable crecemento demográfico, económico e mesmo territorial : cara o leste (as Cruzadas en Terra Santa, o Drang nach Osten dos cabaleiros teutóns pola rexión báltica) e o sur (a Reconquista na Península Ibérica).

Consolídase a sociedade feudal e, conseguintemente, o poder da nobreza e das institucións eclesiásticas (bispados, mosteiros)

Persiste a fragmentación política do contintente (reinos, señoríos).

Pola contra, a cristiandade e a Igrexa representan poderosos elementos unificadores . A este papel contribuíron notablemente o desenvolvemento dos camiños de peregrinación (caso do xacobeo) e o labor das ordes monásticas (nomeadamente a de Cluny).

Deste xeito, o Románico convértese no primeiro estilo artístico europeo , se ben presenta importantes variantes –escolas- rexionais.

Reconstrución da abadía de Cluny (s. X)
3. 3. TRAZOS XERAIS

A arte románica é unha arte esencialmente relixiosa. O principal obxectivo das obras de arte era favorecer o achegamento dos fieis á mensaxe cristiá e a Deus.

Por iso, as obras artísticas estaban dotadas dun forte sentido simbólico.

Os artistas non eran considerados auténticos creadores (Creador só era Deus), senón simples artesáns encargados de plasmar programas preestablecidos. Polo tanto, o seu traballo e, conseguintement, o seu nome non era importante. Por iso, a meirande parte das obras eran anónimas.

4. 4. ARQUITECTURA. Trazos formais

O material preferido é a pedra en sillería.

Predominan as plantas lonxitudinais como as basilicais ou as crucíformes.

A estrutura descansaba dos edificios descansaba piares, xeralmente crucíformes , e uns muros grosos reforzados por contrafortes e apenas peforados por uns poucos vans pequenos e abucinados.

Sobre eles descansaban arcos de medio punto e unhas cubertas abovedadas: de canón sobre as naves centrais, de aresta sobre as laterais e cúpulas –xeralmente sobre trompas- sobre o cruceiro.

Igrexa de San Martín de Fromista: planta basilical rematada nunha tripla ábsida cúpula sobre trompas
5. 5. ARQUITECTURA A catedral de Santiago.

A catedral de Santiago de Compostela é unha das obras cumio do Románico europeo.

As obras da catedral románica prolongaríanse entre finais do século XI e finais do século XII en tres fases construtivas.

Co apoio dos monarcas castelán-leoneses, os bispos composteláns, entre os que destaca senlleiramente Diego Xelmírez a comezos do século XII. Diversos mestres de obra ( Bernardo O Vello , Estebán , Bernardo o Novo , Roberto , Mateo …) dirixiron os traballos.

6. 6. ARQUITECTURA A catedral de Santiago: a planta dunha igrexa de peregrinación. transepto absidiolas xirola cruceiro N
7. 7. ARQUITECTURA A catedral de Santiago: vista aérea e alzado ciborio contrafortes ábsida xirola absidiolas torres
8. 8. ARQUITECTURA A catedral de Santiago: interior nave central nave lateral bóveda de canón triforio e tribuna piar cruciforme bóveda de aresta columna adosada arco de medio punto peraltado
9. 9. ARQUITECTURA A catedral de Santiago: exterior Porta de Praterías arco lobulado columna salomónica
10. 10. ESCULTURA Trazos básicos

A portada constitúe o marco fundamental da escultura románica, Poderemos atopala, asimesmo, en capiteis, canzorros, pías bautismais, sartegos… Producíronse, tamén, algúns exemplos de escultura exenta en representacións de Cristo crucificado ou da Virxe co Neno.

A escultura sométese ao marco arquitectónico de xeito que as figuras se deforman para adaptarse ao espazo no que se dispoñen.

As representacións teñen unha función didáctica : preténdese transmitir claramente aos fieis, maioritariamente analfabetos, unha ensinanza moral.

As imaxes no pretenden representar a apariencia externa de seres e obxectos senón a súa esencia ( idealismo ). Asi, o diferente tamaño das figuras ten un valor simbólico: reflicte o valor que se lles atribúe ( perspectiva xerárquica).

As representacións caracterízanse pola simetria, frontalidade, estatismo e inexpresividade ( hieratismo )

Decote, as esceas e imaxes xustapóñense formando grupos con escasa relación entre si que ocupan todo o espazo reservado á escultura ( horror vacui )

Predominan os temas relixiosos . Na portada occidental, a representación máis habitual é a do Xuizo Final presidido pola figura de Cristo en maxestade ( Pantocrator ).

11. 11. ESCULTURA A portada románica

Nunha igrexa románica, a portada constitúe o elemento máis coidado , aquel que recibe un tratamento monumental. Xeralmente aparece flanqueada por torres, sobre todo cando se trata da portada occidental.

Para salvar o grosor do muro recórrese a un abucinamento progresivo do van decorrado por unha serie de arquivoltas (1) apoiadas en columniñas (2) .

Ás veces, a anchura da portada esixe a presenza dun parteluz (3) para soster o lintel (4) sobre o que se apoia o tímpano (5) .

A decoración escultórica concéntrase no tímpano, pero pode estenderse polas arquivoltas, columniñas, parteluz, xambas (6) …

6 6 3 5 1 2 4
12. 12. ESCULTURA. O Pórtico da Gloria

O Mestre Mateo dirixiu, por encargo do bispo Suárez de Deza, as obras que remataban a obra románica da catedral compostelá entre 1188 e 1188. Estas abrangueron a cripta e o portico occidental do templo.

As esculturas do Pórtico da Gloria representan o, como é habitual, o Xuizo Final segundo a narración do Apocalipse de San Xoán.

Dende un punto de vista formal, a obra do Mestre Mateo ofrece os trazos caracterísitcos da escultura románica (simetría, frontalidade, perspectiva xerárquica, falla de produndidade) pero tamén amosas algunhas novidades que sinalan o tránsito cara o Gótico : as figuras comezan a liberarse do marco arquitectónico, desaparece nalgúns casos a frontalidade e illamento románico, o naturalismo é maior.

13. 13. ESCULTURA O Pórtico da Gloria : vista xeral
14. 14. ESCULTURA O Pórtico da Gloria : detalles
15. 15. PINTURA Trazos xerais

A pintura románica ubicabase preferentemente no interior dos templos sobre os muros e bóvedas. A técnica máis utilizada era o fresco . Porén, tamen hai algúns exemplos de pintura moble sobre táboas e frontais e de miniatguras.

A temática era moi maioritariamente relixiosa.

Utilizanse maioritariamente cores puras, intensas e planas .

O debuxo de contorno adoita ser groso salientado por un trazo negro que siluetea as formas.

As representacións carecen de profundidade e volume : atopamos figuras planas sobre fondos planos e as referencias espaciais (paisaxes, edificacións) son moi escasas o nulas.

A frontalidade , o hieratismo e a perspectiva xerárquica son moi comúns.

Frontal de Santa María de Aviá Frescos do Panteón Real de San Isidoro de León: Anunciación dos pastores
16. 16. PINTURA Frescos da ábsida de San Climent de Taüll Cristo pantocrátor mandorla mística arco que representa a bóveda celeste Libro da Lei Tetramorfos: símbolos dos catro evanxelistas santos