SlideShare a Scribd company logo
1 of 125
A PARADANTA
A NATUREZA
Covelo. O val de Tielas e a serra do Suído desde as abas da serra do Faro.
Está situada ao surleste de Pontevedra, lindando con Ourense e Portugal dos que a separa o
río Miño. O relevo, irregular, está condicionado pola serra do Suído, ao norte, a do Faro de
Avión ao norleste, a Paradanta no centro, cruzando a comarca do norleste ao suroeste, entre
as que se atopa o val e o curso alto do río Tea; e o río Miño ao leste e ao sur cara ao que se
dirixen as pendentes e os afluentes Ribadil, Deva e Cea.
É unha comarca que acolle importantes valores naturais, ligados sobre todo aos rios e as
serras.
SUPERFICIE: 333,2 km2
POBOACIÓN: 13.168
habitantes (2014)
CONCELLOS: Arbo,
A Cañiza, Crecente e
Covelo.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Baixo Miño” e “Río
Tea”.
CLIMA
Serra do Faro (Covelo)
Atlántico húmido con diferencias marcadas polas variacións altitudinais. As serras recollen
unha grande cantidade de precipitacións e son máis frías (é unha das áreas que recolle máis
precipitacións de Galiza, a serra do Suído supean os 2.500 l/m2
). O val do Miño ten un clima
máis suave, con influencias mediterráneas.
ACTIVIDADES
Sector servizos, industria, construción, agrogandaría, sector forestal...
Na comarca destaca o cultivo da vide acollida á DO Rías Baixas
PATRIMONIO
Restos do
mosteiro de San
Paio de Alveos
(Crecente)
É unha comarca que acolle importantes valores etnográficos e históricos: pontes, igrexas,
núcleos tradicionais, hórreos, muíños, adegas, pesqueiras...
Hai varias rutas sinalizadas que conxugan estes aspectos e a natureza. A ruta da Raíña vai
desde a Franqueira a Melón e A ruta do Viño, pola beira do Miño e as adegas.
Restos da igrexa románica (século XII) do antigo mosteiro de
Santo Estevo de Casteláns (Covelo). Algunhas pezas están
expostas nos xardíns do Hotel Balneario de Mondariz
Igrexa de Alveos (Crecente)Igrexa de Santa Mariña (Covelo)
Igrexa de Alveos (Crecente)
Ermida da Virxe do Camiño (O Freixo, Crecente), do século XIV
Igrexa de San Pedro (Crecente)
Pazo da Fraga en Albeos (Crecente)
Santa María da Franqueira 
Pequeno santuario á Virxe da Franqueira na Serra da Paradanta
Sartego antropomorfo na Ermida da Xestosa.
Crese que a auga almacenada neste sartego cura
os males da pel (espullas e outros), para o que
hai que mollar un anaco de pan e pasalo pola
zona afectada
Ermida da Xestosa na serra
do Faro de Avión (Covelo) na
que se celebra unha
importante romería.
Cruceiro de Maceira (Covelo) Cruceiro de Santa Mariña (Covelo)
Cruceiro de Covelo
Cruceiro de Paraños (Covelo)
Dúas fontes santas: A Franqueira (esquerda) e San Xoán de Mosteiro
Muíños nas Achas (A Cañiza)
Muíño da Rocha no río Cea
Foxo do Lobo ou Forca do Lobo de Portela das Travesas (Serra do Suído, Covelo). Ten tres muros.
Foxo do Lobo de Portela das Travesas (Serra do Suído, Covelo).
Chozo ou choza de Campo ou da
Barcia, anexa ao Foxo do Lobo de
Portela das Travesas (Serra do Suído,
Covelo).
Na Serra do Suído, no concello do Covelo,
consérvanse numerosos elementos etnográficos
relacionados coa actividade gandeira na montaña:
-Chozas de Penizos, Carballa de Nabal, Chambeiro,
Cascardoso, Campo, Fofe, San Amaro, A Peneda,
Mera e Vilanova.
-Sesteiros de Penouzos, Lombo da Serra, Bidueiros.
-Abrigo de Lombo da Serra.
-Currais da Peneda, Corno e Bidoas.
-Parideiras da Peneda.
Furnas en Ribadeira (As Neves). Escavacións abovedadas moi antigas para gardar animais e aparellos
Igrexa de Vide a “Casa da Auga”, unha antiga casa rectoral (século XVII) covertida en museo etnográfico.
Uha das eiras da cera,
empregadar para estender
a cera a branquear
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CERARÍA
DE PARAÑOS
Nesta parroquia de Covelo consérvanse
distintos elementos relacionados co
procesamento da cera: lagares, obradoiros
eiras
Favum
Lagar da Cera en Paraños (Covelo)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 43 km2
POBOACIÓN: 2.846 habitantes
PARROQUIAS: Arbo, Barcelos,
Cabeiras, Cequeliños,
Mourentán e Sela.
Ponte internacional e
pesqueiras no Miño
ARBO
Está situado ao suroeste da comarca. O relevo é moi accidentado e descende cara ao Miño.
Máis elevado polo noroeste, na Paradanta, que acada 954 m no cume do Chan do Rei e con
pequenos cumes moi erosionados que ocupan case todo o concello.
Cruza o territorio de norte a sur o río Deva e ten toda a súa cunca no concello o río Cea.
O clima é oceánico con matices mediterráneos o que da lugar a unhas condicións excelentes
para o cultivo dos viñedos.
Ponte e Mourentán
sobre o río Deva (do
século XVIII). A carón
del atópase un
monolito
conmemorativo da
batalla liberada
contra os franceses
na Guerra da
Independencia.
As principais actividades son a agricultura, os servizos e a industria.
Destaca o cultivo de viñedos, acollidos á Denominación de Orixe Rías Baixas.
Arbo ten importantes recursos naturais e etnográficos, en especial ligados aos ríos Miño, Deva
e Cea, onde hai indicadas varias rutas de sendeirismo. No centro da vila atópase o Centro de
Interpretación do viño e a lamprea ARABO.
Territorio do Concello da Cañiza desde o monte de San Felipe (Arbo). En primeiro plano
o Valdo Deva e ao fondo a vila da Cañiza coa serra de Faro como fondo.
SUPERFICIE: 107 km2
POBOACIÓN: 5.342
habitantes (2014)
PARROQUIAS: As Achas,
A Cañiza, O Couto, A
Franqueira, Luneda,
Oroso, Parada das Achas,
Petán e Valeixe.
A CAÑIZA
Ocupa o centro da comarca. O núcleo central do concello e o val do río Deva, flanqueado polo
oeste polos montes da Paradanta, que superan en varios cumes os 900 m (o máis alto é o
Montouto, con 948 m), e polo leste pola serra do Faro de Avión, que ten no norte do concello
os cumes da Cruz, con 1.095 m, e o Pedroso, con 1.068 m, e ao leste o val do río Ribadil.
Santuario da Franqueira, nos montes
da Paradanta.
Levantado na antiga ubicación dun
mosteiro benedictino do século XI.
A tradición popular conta que se lles
aparecera a Virxe e tiñan unha antiga
imaxe á que, por medo aos mouros,
agocharon nunha cova no monte, ata
que a atopou unha anciá que andaba
co gando. Os veciños da Franqueira e
Luneda disputáronse a súa
propiedade e para resolver o
problema decidiron poñer a imaxe
enriba dun carro tirado por bois aos
que lle taparon os ollos, e así
levantaron no século VII a primeira
ermida no lugar elexido polos bois, A
Franqueira.
A romería celébrase o 8 de
setembro.
As principais actividades son os servizos, a construción, a agrogandaría e a industria.
Acolle un rico patrimonio etnográfico e histórico: igrexas, núcleos tradicionais, pontes,
muíños, levadas, fontes...
A Graña. Poboación no alto da serra do Suído que conserva moitas casas
tradicionais. Unha delas, a “Casa Museo de Leonides” é un museo etnográfico
que recolle a forma de vida tradicional dos grañudos que se adicaban
fundamentalmente ao comercio
SUPERFICIE: 125 km2
POBOACIÓN: 2.719
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Barcia de
Mera, Campo, Capeláns,
Covelo (Santa Mariña), Covelo
(Santiago), Fofe, Godóns, A
Graña, A Lamosa, Maceira,
Paraños, O Piñeiro, Prado e
Prado de Canda.
COVELO
Ocupa o norte da comarca e aséntase no val do curso alto do río Tea, entre a serra do Suído,
con alturas que chegan aos 1.055 m no Coto Miñoto, polo noroeste; a serra do Faro de Avión,
que chega no cume do Faro aos 1.151 m; e A Paradanta ao surleste, con alturas superiores
aos 900 m.
As grandes diferencias de altitude dentro do territorio de O Covelo da lugar a grandes
contrastes ambientais que se aprecian perfectamente nos cultivos, desde os prados dos
cumes ata os viñedos dos vales abrigados e asollados dalgúns ríos.
Detalle da porta principal da rectoral de Barcia de Mera.
Mandada construír no século XVII polo abade Alberto
Barreiro y Bello, para servir de parada na importante
rota comercial que unía o mosteiro de Melón con Vigo.
As principais actividades son a agricultura, a gandaría produtora de carne, e os servizos.
Acolle un interesante patrimonio artístico (casas, igrexas, pontes...) e etnográfico (hórreos,
muíños, núcleos tradicionais, pontellas...
Dentro de O Covelo están protexidos parte do río Tea e o seu afluente o Alén.
Hórreo nas montañas de Covelo
Vista de Crecente desde a estrada que sube á Cañiza
SUPERFICIE: 57,5 km2
POBOACIÓN: 2.261
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Albeos,
A Ameixeira, Angudes,
Crecente, Filgueira,
O Freixo, Quintela,
Rebordechán, Ribeira,
Sendelle e Vilar.
CRECENTE
Está situado ao surleste da comarca. O relevo inclínase desde o norte, da serra do Chan de
Moeiras, e do oeste, as estribacións da serra do Faro de Avión, ao río Miño que flanquea o
territorio do concello polo leste, encorado nas Frieiras, e polo sur onde recibe as augas do
Ribadil que ten o último tramo do seu curso en Crecente.
Torre de Fornelos.
Aparece citada en
documentos do
século XII.
Arredor dela hai
varias lendas. Unha
que dí que por
debaixo dela hai
varios túneis que
van dar aos montes
da Virxe do Camiño.
Outra fala de dúas
arcas, unha cun
tesouro e outra chea
de veleno.
As principais actividades son a agricultura, a gandaría, o sector forestal, os servizos e a
industria. O patrimonio cultural está representado por igrexas, núcleos tradicionais, muíños,
pontes, adegas...
Nalgunha áreas do concello o clima ten influencias mediterráneas polo que hai moitos terreos
onde se cultivan as vides, acollidas a Denominación de Orixe Rías Baixas.
RELEVO
Relevo da comarca na zona de Covelo. Pequenas elevacións nas proximidades de Barcia de Mera que van gañando altura
cara ao Suído, ao fondo. Á dereita o Castro de Piñeiro, coroado por unha ermida, desde o que se domina unha grande
parte do territorio de Covelo.
A Paradanta é unha comarca de relevo moi irregular condicionada por grandes serras e vales
fluviais bastante encaixados que caen cara ao Miño.
Nos terreos da comarca atópanse as últimas serras da Dorsal Meridiana que cruza Galiza de
norte a sur: O Suído, O Faro de Avión e A Paradanta.
As maiores elevancións sitúanse ao norte e noleste, nas serras do Suído e Faro de Avión, onde
se atopa o cume máis alto da comarca, o Monte Faro de Avión, compartido con Ourense, con
1.151 m de altitude. A Paradanta esténdese cara ao Miño, facendo de linde natural coa
comarca do Condado. Entre estas serras principais numerosos cumes, moi erosionados están
repartidos por todo o territorio.
Vista das serras da comarca desde Melgaço co Miño no primeiro plano
Val do Tea preto das nacentes, separando as serras do Faro e o Suído
Penedos graníticos, toxos e aeroxeradores, tres elementos moi comúns nos cumes das serras da comarca.
As rochas dominantes son os granitos, con algúnhas áreas de rochas metamórficas no oeste
de Covelo.
Rochas na Paradanta
Rochas no Suído
Carqueixa (Pterospartum tridentatum)
A vexetación das montañas é moi diversa. Nos grandes cumes domina o mato de toxos, uces,
carqueixas, breixos, xestas, piornos... Atópanse grandes áreas repoboadas con piñeiros e
eucaliptos e nas abas do Suído e do faro de Avión consérvanse áreas de bosque autóctono de
grande interese.
Tomelo (Thymus caespititius)
Tollemerendas (Colchicum montanum)
Vexetación de turbeira na serra do Suído: herba da prata, esfagnos, xuncos...
Pica dos Prados (Athus pratensis), invernante
común en Galiza, procedente do centro de
Europa.
As serras acollen especies de fauna de grande interese como o lobo, gato bravo, bufo real,
águia real, falcón abelleiro, gatafornela...
Lobo (Canis lupus)
Cabalos. Nos mostes da comarca críase gando en liberdade
SERRA DO SUÍDO
Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves
con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val do río Tea
Os seus cumes son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se
atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na
vertente oeste. O pico de máis altura é o Coto Miñoto (1.055) onde se xuntan Covelo,
Fornelos de Montes e Avión. É unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza
(nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2
).
Accédese desde Covelo por Prado ou A Graña.
A Graña e a Serra do Suído desde o Faro
Brañas e turbeiras no Suído
Serra do Suído en Covelo. Entre Campos e Fofe consérvanse extensas carballeiras nos vales do Tea e os seus afluentes.
Lagoa de Piñeiro, un encoro construído no rego do Lago de Piñeiro para acumular auga para regar. Accedese desde
Piñeiro, por unha pista de terra que sae fronte ao cimeterio (aproximadamente 3 km).
Vista desde os cumes do Faro cara ao val do Tea e a ría de Vigo
SERRA DO FARO DE AVIÓN
Serra de orientación N-S, que ten a súa vertente oeste na comarca. Situada ao sur da Serra do
Suído e separada dela polo val do río Tea. Fai de linde entre as provincias de Pontevedra
(concellos de Covelo e A Cañiza) e Ourense (Melón e Carballeda de Avia).
É unha serra granítica, con algunhas bandas de gneis. Ten aspecto dun macizo fracturado
afectado pola tectónica, con dous niveis ben diferenciados, un por enriba dos 1.000 m e
outro, situado polo leste e sur, en terras de A Cañiza de arredor de 600 m. O punto máis alto é
o Monte Faro de Avión con 1.155 m, o segundo cume da provincia de Pontevedra. Séguenlle o
Coto do Xuíz (1.087 m), o Coto do Paso (1.082 m) e o Coto Agudo (1.077 m).
Serra do Faro de Avión desde o Suído
Cumes do Faro de Avión
Carballeiras nas abas do Faro de Avión, en Prado, no val do río
Tea. Accedese polo camiño que sube á ermida da Xestosa.
Nos cumes do Faro hai restos dun pequeno glaciar da última fase do período Cuaternario que
favoreceu o modelado suave que presenta actualmente.
Nesta serra nacen o Tea e o Deva e varios dos seus afluentes.
Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre toda a contorno. Accédese desde A
Cañiza ou Covelo (por Prado) ou polas pistas dos parques eólicos.
Cara leste do Montouto desde A Ventosa (A Cañiza)
MONTOUTO
É o cume máis alto dunha aliñación montañosa, que con dirección NNE-SSO prolonga a serra
do Faro de Avión ata a súa unión coa Paradanta. Divide en dúas partes a comarca e establece
a divisoria entre os concellos de Covelo e A Cañiza.
Desde o cume do Montouto, a 949 m, contémplanse amplas panorámicas de toda a comarca e
O Condado e, en días claros, ata o mar. Accédese desde o alto da Fontefría, na estrada da
Cañiza a Ponteareas, tomando a primeira pista de terra á esquerda.
Cume do Montouto
Vacas e cabalos aproveitan os pastos dos cumes. Ao fondo os cumes da Paradanta.
A PARADANTA
É o remate da Dorsal Galega no sur, a continuación do Montouto, cunha orientación N-S que
vai perdendo altura cara ao val do río Miño. Na comarca fai de linde entre o concello de A
Cañiza e Arbo co das Neves, na do Condado
As rochas dominantes son granitos hercínicos e xistos moi afectadas por fracturas orixinadas
polos movementos hercínicos e alpinos. O cume máis alto é Chan do Rei con 956 m.
Na Paradanta nacen varios afluentes do Miño.
Ten unhas espléndidas vistas sobre o val do Miño, as comarcas do Condado e A Paradanta e
as serras de Leboreiro. Accédese pola estrada da Franqueira, ou desde Arbo.
Cara leste da Paradanta desde A Cañiza
O Chan do Rei desde o Monte de San Felipe (551 m ), un
excelente miradoiro sobre a comarca e o val do Miño.
Cara norte da Paradanta desde o cume do Montouto
Vista desde A Paradanta
Serra de Moeiras e montes de Ameixeira en Crecente
SERRA DE CHAN DE MOEIRAS
Esténdese con orientación NE-SO entre as provincias de Pontevedra e Ourense, facendo linde
entre os concellos de A Cañiza e Crecente e Melón. Os cumes máis altos son o Chan de Moeira
(764 m) e o alto do Carqueixal (659 m). Ten unha boas vistas sobre o val do Miño e A Arnoia.
Accedese pola estrada de Crecente á Cañiza.
Cara sur da serra de Moeiras
Serra de Moeiras
Vista de Crecente e o Miño desde o Miradoiro de Filgueira, na
subida á serra de Moeira, pola estrada de Cortegada á Cañiza.
COTO DA EDREIRA
Pequenos cumes na caída ao río Miño entre os concellos de Arbo e Salvaterra.
O punto máis alto ten 622 m.
OS RÍOS
Os regos de montaña, moi
abundantes na comarca, teñen
augas limpas e numerosos
rápidos e fervenzas.
O Miño é o río principal e percorre a comarca polo sur, facendo de linde e conexión con
Ourense e Portugal. De norte a sur discorren os seus afluentes, Cea, Deva e Ribadil e nunha
parte do concello de Covelo circula o Tea no seu curso alto, co seu afluente, o Alén, que fai de
linde entre Covelo e Mondariz, e parte do curso do Uma.
Nesta comarca os ríos teñen un grande protagonismo, nos seus vales sitúanse as principais
poboacións, son fonte de recursos pesqueiros, en especial a lamprea e o centro arredor do
que se desenvolven a maioría das actividades de lecer. Neles consérvanse importantes
monumentos etnográficos (pesqueiras, muíños) e artísticos, sobre todo pontes.
Serradoiro-carpintería en Maceiras.
A auga dun pequeno rego, afluente do Tea, fai
funcionar, mediante un complexo sistema de tornos
e correas de trasmisión, todas as máquinas desta
instalacións tradicional.
Muíño da Ponte, no río Xabriña en Paraños (Covelo)
Bosque de ribeira no Tea, en Barcia de Mera
Nos vales dos ríos, protexidos en moitos tramos, consérvase unha flora e fauna moi variada
con bosques de ribeira que, en xeral seguen todo o curso.
Flores masculinas de salgueiro branco (Salix
alba), unha das moitas especies de salgueiros
que se atopan á beiras do Miño.
Os brións aparecen vizosos na sombra e na
humidade á beira das correntes de auga.
Potamogeton crispus no río Miño
Lamprea (Petromyzon marinus). É un peixe de estrutura moi
primitiva, sen mandíbulas e coa boca en forma de ventosa cun
ganchos cos que se suxeita ás presas para alimentarse do seu
sangue. Nacen nos ríos, baixan ao mar onde viven de dous a tres
anos parasitanto peixes e cetáceos e volven ao río para
reproducírense. No seu camiño de ascenso polo río, a finais do
inverno, xa non se alimentan e perden a visión. Son de hábitos
nocturnos e moi malas nadadoras, polo que avanzan lentamente
suxeitándose coa ventosa da boca ás rochas do fondo. As crías
tardan de 3 a 7 anos en volver ao mar.
Corbicula fluminea, un bivalvo invasor
que xa se atopa no Miño en Arbo.
As arañas tenden as súas arañeiras entre as ponlas da beira dos ríos para capturaren algún dos numerosos insectos que
se atopan á beira da auga.
RÍO MIÑO
Percorre o sur da comarca, en terreos de Crecente e Arbo, onde vai lixeiramente encaixado,
cun cursos sinuoso e inicia o seu curso baixo. Nun comezo circula con direción N-S e a partir
do encoro de Frieira diríxese cara ao oeste. Nun importante tramo, no concello de Crecente, o
Miño está encorado pola presa de Frieira facendo de linde coas comarcas do Ribeiro e Terras
de Celanova (Ourense), e a partir da Presa linda con Portugal.
Recibe como afluentes principais o Ribadil o Deva e o Cea.
Encoro das Frieiras, o derradeiro atranco do Miño ata o mar. Tamén o primeiro obstáculo insalvable para os peixes que
remontan o río para reproducírense (lamprea, salmón, anguía...)
En Crecente pódese percorrer o encoro do Miño nun catamarán desde Frieira ata A Arnoia.
O Miño entre Crecente e Cortegada, desde o miradoiro de Filgueira
O Miño en Arbo preto da zona onde desemboca o Deva.
Un sendeiro percorre a beira río desde Ribas de Miño até a
desembocadura do Deva, e pode completarse co chamado
“Sendeiro da Moura”.
O Miño en Crecente, augas abaixo do encoro
O Miño en Sela (Arbo) onde forma un fermoso canón
O Miño en Sela. Nas beiras aprécianse as pesqueiras, construcións para a pesca da
lamprea. Nesta zona hai unha ruta de interpretación das pesqueiras sinalizada.
Pescos no río Miño.
(Arbo)
AS PESQUEIRAS ou PESCOS
Son construcións que se fan nas beiras do río no sentido perpendicular ou oblícuo á corrente
para obrigar aos peixes a pasar por unhas canles estreitas onde se arman os aparellos con que
se capturan.
Son estruturas comúns, desde a Idade Media, no Ulla e no Miño, onde se conservan na actualidade desde
Crecente a Salvaterra. Empréganse fundamentalmente para capturar lampreas.
Planta dun pesco
As pesqueiras están formados por uns muros
de cantería, chamados poios, entre os que
queda un corredor dunha anchura variable
(menos de 1 m) polo que circula a auga.
O aparello de pesca máis empregado é o
BOITIRÓN, BOITRÓN OU BITURÓN.
Unha rede-trampa semellante a unha nasa, de
forma cónica de aproximadamente 2 m de
lonxitude, con outra máis pequena no seu
interior. A rede mantense aberta con varios aros
de tamaño decrecente que tradicionalmente se
facían con ponlas de loureiro e na actualidade
fanse con ferro.
Val do Tielas, como
se coñece parte do
curso alto do Tea.
RÍO TEA
Fórmase entre as serras do Suído e do Faro de Avión (no monte Mancelo) e toma entre elas a
dirección NE-SO, que mantén na primeira metade do seu curso, para torcer logo á esquerda e
dirixirse ao Miño. No su percorrido por terras de Covelo salva un grande desnivel desde os
1.000 m do seu nacemento ata menos dos 300 m nos vales máis baixos cando abandona a
comarca para entrar no Condado.
Recibe pola dereita os regos Pequeno, Piñeiro ou Caraño e Alén, e pola esquerda o Latedo,
Bo, San Breixo, Regos de Covelo e Coveliño e o Xabriña.
Parte do curso do Tea e dos seus afluentes Alén e rego de Fofe están protexidos.
O Tea en Ponte Abuíña, entre A Graña e Prado
Pasos de Xaneáns, no Tea, entre A Graña e Prado
Fervenza de parrelos, no Tea etre A Graña e Prado
Ponte seobre o Tea en Fofe
O Tea en Maceira forma un estreito canón entre grandes
bloques de granito con rápidos e fervenzas. No remate hai
unha ampla área de lecer cun paseo e zona de baño.
Fervenza no rego de PONTE PARDELLAS,
unha das nacentes do Tea que baixa da serra
do Faro de Avión, preto de Prado.
O Tea en Maceira
FERVENZAS DE MACEIRA
Na parroquia de Maceira (Covelo).
O río Tea, ao seu paso por Maceiras forma
un estreito canón en rochas graníticas con
pequenas fervenzas e rápidos
COMO CHEGAR: en Maceiras, na zona da
área de lecer e detrás da minicentral.
Pódense ver desde debaixo da ponte da
estrada pero é moi complicado seguir o río
por ir encaixado entre rochas.
REGO DE FOFE
Nace debaixo do Coto Agudo e ten un curto percorrido moi encaixado por terras de Covelo. Xúntase co
Tea en Maceiras. As súas ribeiras acollen bosques ben conservados.
Muíño no Tea en Maceira
FERVENZAS DE LOURIDO
Na parroquia de Casteláns (concello de Covelo)
O Tea excava un canón onde abondan os rápidos e hai
unha sucesión de fervenzas de varios metros e pozas e
pías na pedra de gran. En pouco máis dun quilómetro o río
baixa case de 150 metros, entre Redondo e Vilanova, sen
case tramos tranquilos. Na contorna hai boas carballeiras.
COMO CHEGAR:
Desde O Covelo cóllese a estrada que vai a Barcia de Mera
e despois de pasar Lourido crúzase o río Tea. Déixase o
coche nesa zona e pódense ver algúns saltos desde a beira
da estrada. Para baixar pódese seguir a ruta da fonte do
Baño e, desde alí, con moito coidado, tentar baixar ao río.
Hai varios saltos río arriba e río abaixo. No verán é máis
doado, pero levan menos auga.
Máis abaixo hai outras fervenzas na zona chamada “As
Caldas”, no lugar onde está construída a minicentral.
REGO DO CASTRO
Un pequeno afluente do Tea que nace nos montes de Piñeiro. As súas ribeiras acollen bosques ben
conservados.
FERVENZA DE REGUEIRO DE COVELIÑO
Santiago de Covelo (Covelo). Un pequeno salto duns 5
metros situado xusto debaixo da estrada. COMO
CHEGAR: a 150 metros do centro de Covelo, baixo a
estrada en dirección á N-120. Para chegar cóllese unha
pequena desviación á dereita antes da estrada que leva a
Mondariz, e vaise dar a unha pequena ponte onde se
observan varios muíños; remontándoos, a 100 metros
chegase ao salto.
REGO DO REFUXIO OU DE COVELIÑO
Nace na serra do Faro de Avión e xúntase co
Tea en Casteláns
FERVENZA DE REGATO DE PONTE PIÑEIRO
Na parroquia de Santiago de Covelo (Covelo) no
regato Ponte Piñeiro, un afluente do Coveliño (Tea).
Forma unha fervenza de máis de 25 m dos que a
metade aproximadamente son na caída máis
vertical, na marxe dereita da estrada. Máis abaixo,
baixo a propia estrada, o regato ten contíunos
saltos entre pedras, carballos, loureiros e unha
edificación que máis semella unha pequena central
ca un muíño. A ampliación da estrada está
afectando ao salto principal
COMO CHEGAR: a 100 metros na saída de Covelo
cara a Maceira, mesmo sobre a estrada.
Ponte de San Xoán de
Mosteiro sobre o Alén
RÍO ALÉN
Nace en Pena Aranda e xúntase co Tea
en Barcia de Mera
Na comarca é o afluente principal do
Tea, fai de linde con Mondariz, e a súa
confluencia co Tea indica o final do
percorrido deste por terras de Covelo.
RÍO XABRIÑA
Un afluente do Tea que nace na Paradanta. Fai case todo o seu percorrido por Mondariz e está protexido
en boa parte do seu percorrido. No linde entre Mondariz e Mondariz Balneario, pouco antes de xuntarse
co Tea ten unha área de lecer e un paseo.
Río Xabriña en Paraños
POZO DA BREA no Río Xabriña en Paraños. Un espazo con pozas e pequenas fervenzas a carón duns muíños abandoados.
Como chegar: desde Paraños báixase ao río e séguese o sendeiro do Xabriña.
POZO DO DEMO no Río Xabriña en Paraños, un
tramo encaixado con pozas e pequenos saltos.
Levada do Gorgullón ou das
Achas. Percorre máis de 20
km desde A Cañiza ata preto
de Arbo.
RÍO DEVA
Nace na confluencia das serras do Faro de Avión e A Paradanta, en terreos da Cañiza e desde
alí diríxese cara ao sur ata o Miño, onde desemboca no concello de Arbo.
Recolle as augas das abas leste da Paradante e oeste do Faro de Avión.
Recibe pola dereita o Oule, Calvo, Luneda e Cortegaza, e pola esquerda o Aguillón e Ponte das
Achas.
Raxoi
FERVENZAS NO REGO DE LUNEDA.
Atópanse entre Luneda (A Cañiza) e a estrada que
vai de Mourentán á Cañiza.
Pozo Negro
O SaltoLuneda
Fervenza da Pena de Francia
No Rego de Barreiro
As Achas (A Cañiza)
O Deva en Mourentáns. Ao pé da ponte atópanse os restos de antigos muíños, algúns restaurado, e unha minicentral.
Desembocadura do Deva no Miño. Unha ruta de sendeirismo sinalizada, “Sendeiro da Moura”, fai un percorrido circular
por varios puntos de interese do concello de Arbo. Unha parte discorre polo val do río Deva, desde Sande, ata a
desembocadura, pasando por Mourentán, logo segue polo Miño e sube ao Coto da Moura.
O Ribadil en Ponte Ribadil.
Desde Mandelos, onde hai unha pequena praia
fluvial, hai indicadas dúas rutas circulares pola
contorna do río Ribadil e algún dos seus afluentes.
No camiño pódense ver muíños, unha ponte
medieval e a fervenza do Pozo do Inferno.
RÍO RIBADIL
Nace no alto do Carqueixal, a 560 m de
altitude e desemboca no Miño en terras
de Crecente despois de 12 km nun
percorrido no que salva un gran
desnivel.
POZO DO INFERNO
Río Ribadil en Mandelos (Crecente)
Ponte de Noceifas sobre o Ribadil no Couto (A Cañiza)
Muíños da Rocha, un grupo de tres muíños (muíños do Cu,
do Medio e da Duca) escalonados para aproveitar a mesma
canle de auga.
Unha ruta sinalizada chega ao conxunto etnográfico
“Muíños da Rocha” (Muíños de Herdeiros) e pode
continuarse ata A Espedregada e o monte de San Fins onde
hai unhas vistas espectaculares da comarca. Tamén se pode
visitar a canle do Enxeño e a levada de Arbo.
RÍO CEA
Nace no Chan do Rei (A Paradanta) e vai ao Miño. Ten todo o seu curso no concello de Arbo,
cun percorrido con moito desnivel.
AS ÁRBORES
Carballeira nas abas da serra do Faro
Unha boa parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos. Nas
serras do Suído e Faro de Avión consérvanse carballeiras de grande valor e os bosques de
ribeira teñen unha presenza constante ao longo dos cursos de auga.
Nos numerosos pazos da comarca, nos parques e xardíns e nos adros e áreas próximas ás
igrexas atópanse exemplares singulares de especies autóctonas, como as sobreiras, e moitas
introducidas como ornamentais.
Carballo da capela de Gundián (A Cañiza)Carballo da ermida da Pena de Francia (A Cañiza)
Carballeira da ermida da Virxe do Camiño (Crecente)
Sobreiras do adro da igrexa de Santa María de Arbo.
-4,80 e 5 m de perímetro
Sobreira a Moreira, (Cequeliños, Arbo)
Oliveira en Santa María de Covelo
-2,20 m de perímetro Oliveira na igrexa da Barcela (Arbo)
Oliveira na igrexa da Barcela (Arbo)
Castiñeiro da ermida da Pena de Francia (A Cañiza)
ESPAZOS PROTEXIDOS
O Miño en Arbo
BAIXO MIÑO
É un gran espazo que inclúe todo o curso baixo do Río Miño desde Crecente ata a
desembocadura. Nesta comarca protexe a todo o curso do Miño e unha unha parte
importante dos seus afluentes Deva e Ribadil.
É un espazo cun releve moi accidentado e con variedade de microclimas factores que determinan a
existencia de ecosistemas e hábitats moi diferentes desde os canóns rochosos, ata a illas e bancos de area
e grava de correntes mainas, nos que aparecen especies atlánticas e mediteráneas mesturadas.
Nos vales do Deva e Ribadil atópanse bosques de ribeira cunha grande diversidade de especies vexetais e
animais. No Miño, ademais das especies autóctonas, atópanse zonas ocupadas por especies alóctonas
como mimosas, acacias, eucaliptos ou canas.
É un espazo dun alto valor xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e paisaxístico no que se conservan
importantes elementos como as pesqueiras do Miño e os muíños e pontes do Ribadil e o Deva.
O Deva en Arbo, pouco
antes da desembocadura
O Tea en Barcia de Mera
RÍO TEA
Na comarca atópase unha pequena parte
deste espazo. Inclúe parte do curso do
Tea e dos seus afluentes Alén e rego de
Fofe.
O espazo é importante pola calidade do
río e pola excelente conservación da
vexetación de ribeira.
Nos vales do Tea e os seus afluentes
consérvanse bosques autóctonas de
considerable extensión (carballeiras),
sobre todo entre Maceiras e A Graña, no
estreito val que labra o río entre as abas
do Suído e o Faro de Avión, coñecido
como Val do Tielas.
É ademais un espazo dun gran interese
histórico e etnográfico onde se conservan
pontes antigas, muíños e un dos poucos
serradoiros movidas por auga que se
coñecen en Galiza.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
actualizado en setembro de 2017

More Related Content

What's hot

Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 

What's hot (20)

Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 

Similar to Comarca A Paradanta

Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 

Similar to Comarca A Paradanta (13)

Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca A Paradanta

  • 2. Covelo. O val de Tielas e a serra do Suído desde as abas da serra do Faro. Está situada ao surleste de Pontevedra, lindando con Ourense e Portugal dos que a separa o río Miño. O relevo, irregular, está condicionado pola serra do Suído, ao norte, a do Faro de Avión ao norleste, a Paradanta no centro, cruzando a comarca do norleste ao suroeste, entre as que se atopa o val e o curso alto do río Tea; e o río Miño ao leste e ao sur cara ao que se dirixen as pendentes e os afluentes Ribadil, Deva e Cea. É unha comarca que acolle importantes valores naturais, ligados sobre todo aos rios e as serras.
  • 3. SUPERFICIE: 333,2 km2 POBOACIÓN: 13.168 habitantes (2014) CONCELLOS: Arbo, A Cañiza, Crecente e Covelo. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Baixo Miño” e “Río Tea”.
  • 4. CLIMA Serra do Faro (Covelo) Atlántico húmido con diferencias marcadas polas variacións altitudinais. As serras recollen unha grande cantidade de precipitacións e son máis frías (é unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza, a serra do Suído supean os 2.500 l/m2 ). O val do Miño ten un clima máis suave, con influencias mediterráneas.
  • 5. ACTIVIDADES Sector servizos, industria, construción, agrogandaría, sector forestal...
  • 6. Na comarca destaca o cultivo da vide acollida á DO Rías Baixas
  • 7. PATRIMONIO Restos do mosteiro de San Paio de Alveos (Crecente) É unha comarca que acolle importantes valores etnográficos e históricos: pontes, igrexas, núcleos tradicionais, hórreos, muíños, adegas, pesqueiras... Hai varias rutas sinalizadas que conxugan estes aspectos e a natureza. A ruta da Raíña vai desde a Franqueira a Melón e A ruta do Viño, pola beira do Miño e as adegas.
  • 8. Restos da igrexa románica (século XII) do antigo mosteiro de Santo Estevo de Casteláns (Covelo). Algunhas pezas están expostas nos xardíns do Hotel Balneario de Mondariz
  • 9. Igrexa de Alveos (Crecente)Igrexa de Santa Mariña (Covelo)
  • 10. Igrexa de Alveos (Crecente)
  • 11. Ermida da Virxe do Camiño (O Freixo, Crecente), do século XIV
  • 12. Igrexa de San Pedro (Crecente)
  • 13. Pazo da Fraga en Albeos (Crecente)
  • 14. Santa María da Franqueira 
  • 15. Pequeno santuario á Virxe da Franqueira na Serra da Paradanta
  • 16. Sartego antropomorfo na Ermida da Xestosa. Crese que a auga almacenada neste sartego cura os males da pel (espullas e outros), para o que hai que mollar un anaco de pan e pasalo pola zona afectada Ermida da Xestosa na serra do Faro de Avión (Covelo) na que se celebra unha importante romería.
  • 17. Cruceiro de Maceira (Covelo) Cruceiro de Santa Mariña (Covelo)
  • 20. Dúas fontes santas: A Franqueira (esquerda) e San Xoán de Mosteiro
  • 21. Muíños nas Achas (A Cañiza) Muíño da Rocha no río Cea
  • 22. Foxo do Lobo ou Forca do Lobo de Portela das Travesas (Serra do Suído, Covelo). Ten tres muros.
  • 23. Foxo do Lobo de Portela das Travesas (Serra do Suído, Covelo).
  • 24. Chozo ou choza de Campo ou da Barcia, anexa ao Foxo do Lobo de Portela das Travesas (Serra do Suído, Covelo). Na Serra do Suído, no concello do Covelo, consérvanse numerosos elementos etnográficos relacionados coa actividade gandeira na montaña: -Chozas de Penizos, Carballa de Nabal, Chambeiro, Cascardoso, Campo, Fofe, San Amaro, A Peneda, Mera e Vilanova. -Sesteiros de Penouzos, Lombo da Serra, Bidueiros. -Abrigo de Lombo da Serra. -Currais da Peneda, Corno e Bidoas. -Parideiras da Peneda.
  • 25. Furnas en Ribadeira (As Neves). Escavacións abovedadas moi antigas para gardar animais e aparellos
  • 26. Igrexa de Vide a “Casa da Auga”, unha antiga casa rectoral (século XVII) covertida en museo etnográfico.
  • 27. Uha das eiras da cera, empregadar para estender a cera a branquear CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CERARÍA DE PARAÑOS Nesta parroquia de Covelo consérvanse distintos elementos relacionados co procesamento da cera: lagares, obradoiros eiras
  • 28. Favum Lagar da Cera en Paraños (Covelo)
  • 29. CONCELLOS SUPERFICIE: 43 km2 POBOACIÓN: 2.846 habitantes PARROQUIAS: Arbo, Barcelos, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela. Ponte internacional e pesqueiras no Miño ARBO Está situado ao suroeste da comarca. O relevo é moi accidentado e descende cara ao Miño. Máis elevado polo noroeste, na Paradanta, que acada 954 m no cume do Chan do Rei e con pequenos cumes moi erosionados que ocupan case todo o concello. Cruza o territorio de norte a sur o río Deva e ten toda a súa cunca no concello o río Cea. O clima é oceánico con matices mediterráneos o que da lugar a unhas condicións excelentes para o cultivo dos viñedos.
  • 30. Ponte e Mourentán sobre o río Deva (do século XVIII). A carón del atópase un monolito conmemorativo da batalla liberada contra os franceses na Guerra da Independencia. As principais actividades son a agricultura, os servizos e a industria. Destaca o cultivo de viñedos, acollidos á Denominación de Orixe Rías Baixas. Arbo ten importantes recursos naturais e etnográficos, en especial ligados aos ríos Miño, Deva e Cea, onde hai indicadas varias rutas de sendeirismo. No centro da vila atópase o Centro de Interpretación do viño e a lamprea ARABO.
  • 31. Territorio do Concello da Cañiza desde o monte de San Felipe (Arbo). En primeiro plano o Valdo Deva e ao fondo a vila da Cañiza coa serra de Faro como fondo. SUPERFICIE: 107 km2 POBOACIÓN: 5.342 habitantes (2014) PARROQUIAS: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. A CAÑIZA Ocupa o centro da comarca. O núcleo central do concello e o val do río Deva, flanqueado polo oeste polos montes da Paradanta, que superan en varios cumes os 900 m (o máis alto é o Montouto, con 948 m), e polo leste pola serra do Faro de Avión, que ten no norte do concello os cumes da Cruz, con 1.095 m, e o Pedroso, con 1.068 m, e ao leste o val do río Ribadil.
  • 32. Santuario da Franqueira, nos montes da Paradanta. Levantado na antiga ubicación dun mosteiro benedictino do século XI. A tradición popular conta que se lles aparecera a Virxe e tiñan unha antiga imaxe á que, por medo aos mouros, agocharon nunha cova no monte, ata que a atopou unha anciá que andaba co gando. Os veciños da Franqueira e Luneda disputáronse a súa propiedade e para resolver o problema decidiron poñer a imaxe enriba dun carro tirado por bois aos que lle taparon os ollos, e así levantaron no século VII a primeira ermida no lugar elexido polos bois, A Franqueira. A romería celébrase o 8 de setembro. As principais actividades son os servizos, a construción, a agrogandaría e a industria. Acolle un rico patrimonio etnográfico e histórico: igrexas, núcleos tradicionais, pontes, muíños, levadas, fontes...
  • 33. A Graña. Poboación no alto da serra do Suído que conserva moitas casas tradicionais. Unha delas, a “Casa Museo de Leonides” é un museo etnográfico que recolle a forma de vida tradicional dos grañudos que se adicaban fundamentalmente ao comercio SUPERFICIE: 125 km2 POBOACIÓN: 2.719 habitantes (2014) PARROQUIAS: Barcia de Mera, Campo, Capeláns, Covelo (Santa Mariña), Covelo (Santiago), Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado de Canda. COVELO Ocupa o norte da comarca e aséntase no val do curso alto do río Tea, entre a serra do Suído, con alturas que chegan aos 1.055 m no Coto Miñoto, polo noroeste; a serra do Faro de Avión, que chega no cume do Faro aos 1.151 m; e A Paradanta ao surleste, con alturas superiores aos 900 m. As grandes diferencias de altitude dentro do territorio de O Covelo da lugar a grandes contrastes ambientais que se aprecian perfectamente nos cultivos, desde os prados dos cumes ata os viñedos dos vales abrigados e asollados dalgúns ríos.
  • 34. Detalle da porta principal da rectoral de Barcia de Mera. Mandada construír no século XVII polo abade Alberto Barreiro y Bello, para servir de parada na importante rota comercial que unía o mosteiro de Melón con Vigo. As principais actividades son a agricultura, a gandaría produtora de carne, e os servizos. Acolle un interesante patrimonio artístico (casas, igrexas, pontes...) e etnográfico (hórreos, muíños, núcleos tradicionais, pontellas... Dentro de O Covelo están protexidos parte do río Tea e o seu afluente o Alén. Hórreo nas montañas de Covelo
  • 35. Vista de Crecente desde a estrada que sube á Cañiza SUPERFICIE: 57,5 km2 POBOACIÓN: 2.261 habitantes (2014) PARROQUIAS: Albeos, A Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar. CRECENTE Está situado ao surleste da comarca. O relevo inclínase desde o norte, da serra do Chan de Moeiras, e do oeste, as estribacións da serra do Faro de Avión, ao río Miño que flanquea o territorio do concello polo leste, encorado nas Frieiras, e polo sur onde recibe as augas do Ribadil que ten o último tramo do seu curso en Crecente.
  • 36. Torre de Fornelos. Aparece citada en documentos do século XII. Arredor dela hai varias lendas. Unha que dí que por debaixo dela hai varios túneis que van dar aos montes da Virxe do Camiño. Outra fala de dúas arcas, unha cun tesouro e outra chea de veleno. As principais actividades son a agricultura, a gandaría, o sector forestal, os servizos e a industria. O patrimonio cultural está representado por igrexas, núcleos tradicionais, muíños, pontes, adegas... Nalgunha áreas do concello o clima ten influencias mediterráneas polo que hai moitos terreos onde se cultivan as vides, acollidas a Denominación de Orixe Rías Baixas.
  • 37. RELEVO Relevo da comarca na zona de Covelo. Pequenas elevacións nas proximidades de Barcia de Mera que van gañando altura cara ao Suído, ao fondo. Á dereita o Castro de Piñeiro, coroado por unha ermida, desde o que se domina unha grande parte do territorio de Covelo. A Paradanta é unha comarca de relevo moi irregular condicionada por grandes serras e vales fluviais bastante encaixados que caen cara ao Miño. Nos terreos da comarca atópanse as últimas serras da Dorsal Meridiana que cruza Galiza de norte a sur: O Suído, O Faro de Avión e A Paradanta. As maiores elevancións sitúanse ao norte e noleste, nas serras do Suído e Faro de Avión, onde se atopa o cume máis alto da comarca, o Monte Faro de Avión, compartido con Ourense, con 1.151 m de altitude. A Paradanta esténdese cara ao Miño, facendo de linde natural coa comarca do Condado. Entre estas serras principais numerosos cumes, moi erosionados están repartidos por todo o territorio.
  • 38. Vista das serras da comarca desde Melgaço co Miño no primeiro plano
  • 39. Val do Tea preto das nacentes, separando as serras do Faro e o Suído
  • 40. Penedos graníticos, toxos e aeroxeradores, tres elementos moi comúns nos cumes das serras da comarca. As rochas dominantes son os granitos, con algúnhas áreas de rochas metamórficas no oeste de Covelo.
  • 43. Carqueixa (Pterospartum tridentatum) A vexetación das montañas é moi diversa. Nos grandes cumes domina o mato de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas, piornos... Atópanse grandes áreas repoboadas con piñeiros e eucaliptos e nas abas do Suído e do faro de Avión consérvanse áreas de bosque autóctono de grande interese. Tomelo (Thymus caespititius)
  • 45. Vexetación de turbeira na serra do Suído: herba da prata, esfagnos, xuncos...
  • 46. Pica dos Prados (Athus pratensis), invernante común en Galiza, procedente do centro de Europa. As serras acollen especies de fauna de grande interese como o lobo, gato bravo, bufo real, águia real, falcón abelleiro, gatafornela... Lobo (Canis lupus)
  • 47. Cabalos. Nos mostes da comarca críase gando en liberdade
  • 48. SERRA DO SUÍDO Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val do río Tea Os seus cumes son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na vertente oeste. O pico de máis altura é o Coto Miñoto (1.055) onde se xuntan Covelo, Fornelos de Montes e Avión. É unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2 ). Accédese desde Covelo por Prado ou A Graña.
  • 49. A Graña e a Serra do Suído desde o Faro
  • 50. Brañas e turbeiras no Suído
  • 51. Serra do Suído en Covelo. Entre Campos e Fofe consérvanse extensas carballeiras nos vales do Tea e os seus afluentes.
  • 52. Lagoa de Piñeiro, un encoro construído no rego do Lago de Piñeiro para acumular auga para regar. Accedese desde Piñeiro, por unha pista de terra que sae fronte ao cimeterio (aproximadamente 3 km).
  • 53. Vista desde os cumes do Faro cara ao val do Tea e a ría de Vigo
  • 54. SERRA DO FARO DE AVIÓN Serra de orientación N-S, que ten a súa vertente oeste na comarca. Situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polo val do río Tea. Fai de linde entre as provincias de Pontevedra (concellos de Covelo e A Cañiza) e Ourense (Melón e Carballeda de Avia). É unha serra granítica, con algunhas bandas de gneis. Ten aspecto dun macizo fracturado afectado pola tectónica, con dous niveis ben diferenciados, un por enriba dos 1.000 m e outro, situado polo leste e sur, en terras de A Cañiza de arredor de 600 m. O punto máis alto é o Monte Faro de Avión con 1.155 m, o segundo cume da provincia de Pontevedra. Séguenlle o Coto do Xuíz (1.087 m), o Coto do Paso (1.082 m) e o Coto Agudo (1.077 m). Serra do Faro de Avión desde o Suído
  • 55. Cumes do Faro de Avión
  • 56.
  • 57. Carballeiras nas abas do Faro de Avión, en Prado, no val do río Tea. Accedese polo camiño que sube á ermida da Xestosa. Nos cumes do Faro hai restos dun pequeno glaciar da última fase do período Cuaternario que favoreceu o modelado suave que presenta actualmente. Nesta serra nacen o Tea e o Deva e varios dos seus afluentes. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre toda a contorno. Accédese desde A Cañiza ou Covelo (por Prado) ou polas pistas dos parques eólicos.
  • 58. Cara leste do Montouto desde A Ventosa (A Cañiza) MONTOUTO É o cume máis alto dunha aliñación montañosa, que con dirección NNE-SSO prolonga a serra do Faro de Avión ata a súa unión coa Paradanta. Divide en dúas partes a comarca e establece a divisoria entre os concellos de Covelo e A Cañiza. Desde o cume do Montouto, a 949 m, contémplanse amplas panorámicas de toda a comarca e O Condado e, en días claros, ata o mar. Accédese desde o alto da Fontefría, na estrada da Cañiza a Ponteareas, tomando a primeira pista de terra á esquerda.
  • 60. Vacas e cabalos aproveitan os pastos dos cumes. Ao fondo os cumes da Paradanta.
  • 61. A PARADANTA É o remate da Dorsal Galega no sur, a continuación do Montouto, cunha orientación N-S que vai perdendo altura cara ao val do río Miño. Na comarca fai de linde entre o concello de A Cañiza e Arbo co das Neves, na do Condado As rochas dominantes son granitos hercínicos e xistos moi afectadas por fracturas orixinadas polos movementos hercínicos e alpinos. O cume máis alto é Chan do Rei con 956 m. Na Paradanta nacen varios afluentes do Miño. Ten unhas espléndidas vistas sobre o val do Miño, as comarcas do Condado e A Paradanta e as serras de Leboreiro. Accédese pola estrada da Franqueira, ou desde Arbo. Cara leste da Paradanta desde A Cañiza
  • 62.
  • 63. O Chan do Rei desde o Monte de San Felipe (551 m ), un excelente miradoiro sobre a comarca e o val do Miño.
  • 64. Cara norte da Paradanta desde o cume do Montouto
  • 65. Vista desde A Paradanta
  • 66. Serra de Moeiras e montes de Ameixeira en Crecente SERRA DE CHAN DE MOEIRAS Esténdese con orientación NE-SO entre as provincias de Pontevedra e Ourense, facendo linde entre os concellos de A Cañiza e Crecente e Melón. Os cumes máis altos son o Chan de Moeira (764 m) e o alto do Carqueixal (659 m). Ten unha boas vistas sobre o val do Miño e A Arnoia. Accedese pola estrada de Crecente á Cañiza.
  • 67. Cara sur da serra de Moeiras
  • 69. Vista de Crecente e o Miño desde o Miradoiro de Filgueira, na subida á serra de Moeira, pola estrada de Cortegada á Cañiza.
  • 70. COTO DA EDREIRA Pequenos cumes na caída ao río Miño entre os concellos de Arbo e Salvaterra. O punto máis alto ten 622 m.
  • 71. OS RÍOS Os regos de montaña, moi abundantes na comarca, teñen augas limpas e numerosos rápidos e fervenzas. O Miño é o río principal e percorre a comarca polo sur, facendo de linde e conexión con Ourense e Portugal. De norte a sur discorren os seus afluentes, Cea, Deva e Ribadil e nunha parte do concello de Covelo circula o Tea no seu curso alto, co seu afluente, o Alén, que fai de linde entre Covelo e Mondariz, e parte do curso do Uma.
  • 72. Nesta comarca os ríos teñen un grande protagonismo, nos seus vales sitúanse as principais poboacións, son fonte de recursos pesqueiros, en especial a lamprea e o centro arredor do que se desenvolven a maioría das actividades de lecer. Neles consérvanse importantes monumentos etnográficos (pesqueiras, muíños) e artísticos, sobre todo pontes. Serradoiro-carpintería en Maceiras. A auga dun pequeno rego, afluente do Tea, fai funcionar, mediante un complexo sistema de tornos e correas de trasmisión, todas as máquinas desta instalacións tradicional.
  • 73. Muíño da Ponte, no río Xabriña en Paraños (Covelo)
  • 74. Bosque de ribeira no Tea, en Barcia de Mera Nos vales dos ríos, protexidos en moitos tramos, consérvase unha flora e fauna moi variada con bosques de ribeira que, en xeral seguen todo o curso.
  • 75. Flores masculinas de salgueiro branco (Salix alba), unha das moitas especies de salgueiros que se atopan á beiras do Miño. Os brións aparecen vizosos na sombra e na humidade á beira das correntes de auga.
  • 77. Lamprea (Petromyzon marinus). É un peixe de estrutura moi primitiva, sen mandíbulas e coa boca en forma de ventosa cun ganchos cos que se suxeita ás presas para alimentarse do seu sangue. Nacen nos ríos, baixan ao mar onde viven de dous a tres anos parasitanto peixes e cetáceos e volven ao río para reproducírense. No seu camiño de ascenso polo río, a finais do inverno, xa non se alimentan e perden a visión. Son de hábitos nocturnos e moi malas nadadoras, polo que avanzan lentamente suxeitándose coa ventosa da boca ás rochas do fondo. As crías tardan de 3 a 7 anos en volver ao mar. Corbicula fluminea, un bivalvo invasor que xa se atopa no Miño en Arbo.
  • 78. As arañas tenden as súas arañeiras entre as ponlas da beira dos ríos para capturaren algún dos numerosos insectos que se atopan á beira da auga.
  • 79. RÍO MIÑO Percorre o sur da comarca, en terreos de Crecente e Arbo, onde vai lixeiramente encaixado, cun cursos sinuoso e inicia o seu curso baixo. Nun comezo circula con direción N-S e a partir do encoro de Frieira diríxese cara ao oeste. Nun importante tramo, no concello de Crecente, o Miño está encorado pola presa de Frieira facendo de linde coas comarcas do Ribeiro e Terras de Celanova (Ourense), e a partir da Presa linda con Portugal. Recibe como afluentes principais o Ribadil o Deva e o Cea.
  • 80. Encoro das Frieiras, o derradeiro atranco do Miño ata o mar. Tamén o primeiro obstáculo insalvable para os peixes que remontan o río para reproducírense (lamprea, salmón, anguía...) En Crecente pódese percorrer o encoro do Miño nun catamarán desde Frieira ata A Arnoia.
  • 81. O Miño entre Crecente e Cortegada, desde o miradoiro de Filgueira
  • 82. O Miño en Arbo preto da zona onde desemboca o Deva. Un sendeiro percorre a beira río desde Ribas de Miño até a desembocadura do Deva, e pode completarse co chamado “Sendeiro da Moura”. O Miño en Crecente, augas abaixo do encoro
  • 83. O Miño en Sela (Arbo) onde forma un fermoso canón
  • 84. O Miño en Sela. Nas beiras aprécianse as pesqueiras, construcións para a pesca da lamprea. Nesta zona hai unha ruta de interpretación das pesqueiras sinalizada.
  • 85. Pescos no río Miño. (Arbo) AS PESQUEIRAS ou PESCOS Son construcións que se fan nas beiras do río no sentido perpendicular ou oblícuo á corrente para obrigar aos peixes a pasar por unhas canles estreitas onde se arman os aparellos con que se capturan. Son estruturas comúns, desde a Idade Media, no Ulla e no Miño, onde se conservan na actualidade desde Crecente a Salvaterra. Empréganse fundamentalmente para capturar lampreas.
  • 86. Planta dun pesco As pesqueiras están formados por uns muros de cantería, chamados poios, entre os que queda un corredor dunha anchura variable (menos de 1 m) polo que circula a auga. O aparello de pesca máis empregado é o BOITIRÓN, BOITRÓN OU BITURÓN. Unha rede-trampa semellante a unha nasa, de forma cónica de aproximadamente 2 m de lonxitude, con outra máis pequena no seu interior. A rede mantense aberta con varios aros de tamaño decrecente que tradicionalmente se facían con ponlas de loureiro e na actualidade fanse con ferro.
  • 87. Val do Tielas, como se coñece parte do curso alto do Tea. RÍO TEA Fórmase entre as serras do Suído e do Faro de Avión (no monte Mancelo) e toma entre elas a dirección NE-SO, que mantén na primeira metade do seu curso, para torcer logo á esquerda e dirixirse ao Miño. No su percorrido por terras de Covelo salva un grande desnivel desde os 1.000 m do seu nacemento ata menos dos 300 m nos vales máis baixos cando abandona a comarca para entrar no Condado. Recibe pola dereita os regos Pequeno, Piñeiro ou Caraño e Alén, e pola esquerda o Latedo, Bo, San Breixo, Regos de Covelo e Coveliño e o Xabriña. Parte do curso do Tea e dos seus afluentes Alén e rego de Fofe están protexidos.
  • 88. O Tea en Ponte Abuíña, entre A Graña e Prado Pasos de Xaneáns, no Tea, entre A Graña e Prado
  • 89. Fervenza de parrelos, no Tea etre A Graña e Prado
  • 90. Ponte seobre o Tea en Fofe
  • 91. O Tea en Maceira forma un estreito canón entre grandes bloques de granito con rápidos e fervenzas. No remate hai unha ampla área de lecer cun paseo e zona de baño. Fervenza no rego de PONTE PARDELLAS, unha das nacentes do Tea que baixa da serra do Faro de Avión, preto de Prado.
  • 92. O Tea en Maceira
  • 93. FERVENZAS DE MACEIRA Na parroquia de Maceira (Covelo). O río Tea, ao seu paso por Maceiras forma un estreito canón en rochas graníticas con pequenas fervenzas e rápidos COMO CHEGAR: en Maceiras, na zona da área de lecer e detrás da minicentral. Pódense ver desde debaixo da ponte da estrada pero é moi complicado seguir o río por ir encaixado entre rochas.
  • 94. REGO DE FOFE Nace debaixo do Coto Agudo e ten un curto percorrido moi encaixado por terras de Covelo. Xúntase co Tea en Maceiras. As súas ribeiras acollen bosques ben conservados.
  • 95. Muíño no Tea en Maceira
  • 96. FERVENZAS DE LOURIDO Na parroquia de Casteláns (concello de Covelo) O Tea excava un canón onde abondan os rápidos e hai unha sucesión de fervenzas de varios metros e pozas e pías na pedra de gran. En pouco máis dun quilómetro o río baixa case de 150 metros, entre Redondo e Vilanova, sen case tramos tranquilos. Na contorna hai boas carballeiras. COMO CHEGAR: Desde O Covelo cóllese a estrada que vai a Barcia de Mera e despois de pasar Lourido crúzase o río Tea. Déixase o coche nesa zona e pódense ver algúns saltos desde a beira da estrada. Para baixar pódese seguir a ruta da fonte do Baño e, desde alí, con moito coidado, tentar baixar ao río. Hai varios saltos río arriba e río abaixo. No verán é máis doado, pero levan menos auga. Máis abaixo hai outras fervenzas na zona chamada “As Caldas”, no lugar onde está construída a minicentral.
  • 97. REGO DO CASTRO Un pequeno afluente do Tea que nace nos montes de Piñeiro. As súas ribeiras acollen bosques ben conservados.
  • 98. FERVENZA DE REGUEIRO DE COVELIÑO Santiago de Covelo (Covelo). Un pequeno salto duns 5 metros situado xusto debaixo da estrada. COMO CHEGAR: a 150 metros do centro de Covelo, baixo a estrada en dirección á N-120. Para chegar cóllese unha pequena desviación á dereita antes da estrada que leva a Mondariz, e vaise dar a unha pequena ponte onde se observan varios muíños; remontándoos, a 100 metros chegase ao salto. REGO DO REFUXIO OU DE COVELIÑO Nace na serra do Faro de Avión e xúntase co Tea en Casteláns
  • 99. FERVENZA DE REGATO DE PONTE PIÑEIRO Na parroquia de Santiago de Covelo (Covelo) no regato Ponte Piñeiro, un afluente do Coveliño (Tea). Forma unha fervenza de máis de 25 m dos que a metade aproximadamente son na caída máis vertical, na marxe dereita da estrada. Máis abaixo, baixo a propia estrada, o regato ten contíunos saltos entre pedras, carballos, loureiros e unha edificación que máis semella unha pequena central ca un muíño. A ampliación da estrada está afectando ao salto principal COMO CHEGAR: a 100 metros na saída de Covelo cara a Maceira, mesmo sobre a estrada.
  • 100. Ponte de San Xoán de Mosteiro sobre o Alén RÍO ALÉN Nace en Pena Aranda e xúntase co Tea en Barcia de Mera Na comarca é o afluente principal do Tea, fai de linde con Mondariz, e a súa confluencia co Tea indica o final do percorrido deste por terras de Covelo.
  • 101. RÍO XABRIÑA Un afluente do Tea que nace na Paradanta. Fai case todo o seu percorrido por Mondariz e está protexido en boa parte do seu percorrido. No linde entre Mondariz e Mondariz Balneario, pouco antes de xuntarse co Tea ten unha área de lecer e un paseo. Río Xabriña en Paraños
  • 102. POZO DA BREA no Río Xabriña en Paraños. Un espazo con pozas e pequenas fervenzas a carón duns muíños abandoados. Como chegar: desde Paraños báixase ao río e séguese o sendeiro do Xabriña.
  • 103. POZO DO DEMO no Río Xabriña en Paraños, un tramo encaixado con pozas e pequenos saltos.
  • 104. Levada do Gorgullón ou das Achas. Percorre máis de 20 km desde A Cañiza ata preto de Arbo. RÍO DEVA Nace na confluencia das serras do Faro de Avión e A Paradanta, en terreos da Cañiza e desde alí diríxese cara ao sur ata o Miño, onde desemboca no concello de Arbo. Recolle as augas das abas leste da Paradante e oeste do Faro de Avión. Recibe pola dereita o Oule, Calvo, Luneda e Cortegaza, e pola esquerda o Aguillón e Ponte das Achas.
  • 105. Raxoi FERVENZAS NO REGO DE LUNEDA. Atópanse entre Luneda (A Cañiza) e a estrada que vai de Mourentán á Cañiza. Pozo Negro
  • 107. Fervenza da Pena de Francia No Rego de Barreiro As Achas (A Cañiza)
  • 108. O Deva en Mourentáns. Ao pé da ponte atópanse os restos de antigos muíños, algúns restaurado, e unha minicentral.
  • 109. Desembocadura do Deva no Miño. Unha ruta de sendeirismo sinalizada, “Sendeiro da Moura”, fai un percorrido circular por varios puntos de interese do concello de Arbo. Unha parte discorre polo val do río Deva, desde Sande, ata a desembocadura, pasando por Mourentán, logo segue polo Miño e sube ao Coto da Moura.
  • 110. O Ribadil en Ponte Ribadil. Desde Mandelos, onde hai unha pequena praia fluvial, hai indicadas dúas rutas circulares pola contorna do río Ribadil e algún dos seus afluentes. No camiño pódense ver muíños, unha ponte medieval e a fervenza do Pozo do Inferno. RÍO RIBADIL Nace no alto do Carqueixal, a 560 m de altitude e desemboca no Miño en terras de Crecente despois de 12 km nun percorrido no que salva un gran desnivel.
  • 111. POZO DO INFERNO Río Ribadil en Mandelos (Crecente)
  • 112. Ponte de Noceifas sobre o Ribadil no Couto (A Cañiza)
  • 113. Muíños da Rocha, un grupo de tres muíños (muíños do Cu, do Medio e da Duca) escalonados para aproveitar a mesma canle de auga. Unha ruta sinalizada chega ao conxunto etnográfico “Muíños da Rocha” (Muíños de Herdeiros) e pode continuarse ata A Espedregada e o monte de San Fins onde hai unhas vistas espectaculares da comarca. Tamén se pode visitar a canle do Enxeño e a levada de Arbo. RÍO CEA Nace no Chan do Rei (A Paradanta) e vai ao Miño. Ten todo o seu curso no concello de Arbo, cun percorrido con moito desnivel.
  • 114. AS ÁRBORES Carballeira nas abas da serra do Faro Unha boa parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos. Nas serras do Suído e Faro de Avión consérvanse carballeiras de grande valor e os bosques de ribeira teñen unha presenza constante ao longo dos cursos de auga. Nos numerosos pazos da comarca, nos parques e xardíns e nos adros e áreas próximas ás igrexas atópanse exemplares singulares de especies autóctonas, como as sobreiras, e moitas introducidas como ornamentais.
  • 115. Carballo da capela de Gundián (A Cañiza)Carballo da ermida da Pena de Francia (A Cañiza)
  • 116. Carballeira da ermida da Virxe do Camiño (Crecente)
  • 117. Sobreiras do adro da igrexa de Santa María de Arbo. -4,80 e 5 m de perímetro
  • 118. Sobreira a Moreira, (Cequeliños, Arbo)
  • 119. Oliveira en Santa María de Covelo -2,20 m de perímetro Oliveira na igrexa da Barcela (Arbo)
  • 120. Oliveira na igrexa da Barcela (Arbo)
  • 121. Castiñeiro da ermida da Pena de Francia (A Cañiza)
  • 122. ESPAZOS PROTEXIDOS O Miño en Arbo BAIXO MIÑO É un gran espazo que inclúe todo o curso baixo do Río Miño desde Crecente ata a desembocadura. Nesta comarca protexe a todo o curso do Miño e unha unha parte importante dos seus afluentes Deva e Ribadil.
  • 123. É un espazo cun releve moi accidentado e con variedade de microclimas factores que determinan a existencia de ecosistemas e hábitats moi diferentes desde os canóns rochosos, ata a illas e bancos de area e grava de correntes mainas, nos que aparecen especies atlánticas e mediteráneas mesturadas. Nos vales do Deva e Ribadil atópanse bosques de ribeira cunha grande diversidade de especies vexetais e animais. No Miño, ademais das especies autóctonas, atópanse zonas ocupadas por especies alóctonas como mimosas, acacias, eucaliptos ou canas. É un espazo dun alto valor xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e paisaxístico no que se conservan importantes elementos como as pesqueiras do Miño e os muíños e pontes do Ribadil e o Deva. O Deva en Arbo, pouco antes da desembocadura
  • 124. O Tea en Barcia de Mera RÍO TEA Na comarca atópase unha pequena parte deste espazo. Inclúe parte do curso do Tea e dos seus afluentes Alén e rego de Fofe. O espazo é importante pola calidade do río e pola excelente conservación da vexetación de ribeira. Nos vales do Tea e os seus afluentes consérvanse bosques autóctonas de considerable extensión (carballeiras), sobre todo entre Maceiras e A Graña, no estreito val que labra o río entre as abas do Suído e o Faro de Avión, coñecido como Val do Tielas. É ademais un espazo dun gran interese histórico e etnográfico onde se conservan pontes antigas, muíños e un dos poucos serradoiros movidas por auga que se coñecen en Galiza.
  • 125. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta actualizado en setembro de 2017