SlideShare a Scribd company logo
1 of 145
DEZA
A NATUREZA
A comarca do Deza está situada no centro de Galiza, ao nordeste da provincia de Pontevedra.
O territorio é moi diverso en canto ao relevo e á paisaxe, desde as terras baixas nos arredores
do Ulla ata os cumes do Faro. Está rodeada polo leste e sur polas serras da Dorsal Galega e
forma parte por completo da cunca do Ulla e os seus dous afluentes principais na comarca, o
Arnego e o Deza.
Ten áreas dun grande valor natural incluídas en diferentes espazos protexidos.
Vista da Serra do Candán
SUPERFICIE: 1.026,7 km2
POBOACIÓN: 41.139
habitantes (2015)
CONCELLOS: Agolada,
Dozón, Lalín, Rodeiro,
Silleda e Vila de Cruces.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
“Serra do Candán”,
“Sistema Fluvial Ulla-
Deza”, “Sobreirais do
Arnego”, “Brañas de
Xestoso”, “Monte Faro” e
“Fraga da Catasós”.
CLIMA
Oceánico temperado, cunha media de 12,8 º C, con marcadas diferenzas entre o val do Ulla
onde ten matices mediterráneos (nalgunhas zonas cultivase o viñedo acollido á D.O. Rías
Baixas e abondan as sobreiras) e as áreas montañosas onde é máis frío e húmido.
Paisaxe de Dozón
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos, a agrogandaría, especializada en vacún de carne e
leite, a industria e a construción.
Matadoiro industrial nun dos polígonos de Lalín
PATRIMONIO
O patrimonio cultural é moi rico e variado: petróglifos, mámoas, igrexas, mosteiros, pazos,
monumentos, pontes, muíños, museos etnográficos…
Pombeiro e hórreos en
Outeiro (Fafián, Rodeiro)
Tulla en Outeiro (Fafián, Rodeiro), empregada desde o século XVIII para almacenar o gran procedentes da recadación de
Igrexa de Borraxeiros (A Golada)
Igrexa de Berredo (A Golada)
Igrexa de Órrea (A Golada)
Igrexa de Fereirroa (A Golada)
Igrexa de Ventosa (A Golada)
Igrexa románica de San Pedro de Vilanova (Dozón),
construída en 1154, antigo mosteiro beneditino.
Igrexa de Donramiro (Lalín)
Igrexa de (Rodís, Lalín)
Igrexa de Castro de Cabras (Lalín)
Igrexa de Goiás (Lalín)
Igrexa deo Sixto (Lalín)
Igrexa de San Martiño (Lalín de Arriba)
Igrexa de Anzo (Lalín)
Igrexa de Alperiz (Lalín)
Igrexa de Camposancos (Lalín)
Igrexa de Bermés (Lalín)
Igrexa de Nocxeda (Lalín)Igrexa de Cangas (Lalín)
Igrexa de Santa Baia de Palio (Rodís, Lalín)
Igrexa de Palmou (Lalín)
Santuario do Corpoño (Lalín)
Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro (Silleda), construído en 974.
Foi abandoado na desamortización do século XIX. Recentemente restaurouse a igrexa.
Igrexa de Escuadro (Silleda)
Igrexa de Donelas (Silleda)
Igrexa de Ansemil (Silleda)
Igrexa de Breixa (Silleda)
Igrexa de O Castro (Silleda)
Igrexa de Fiestras (Silleda)
Santuario de Abades (Silleda)
Igrexa de Santa Ana (Abades, Silleda)
Igrexa e cruceiro de Taboada (Silleda)
Igrexa de Rodeiro
Igrexa de Asperelo (Rodeiro)
Igrexa de Pedroso (Rodeiro)
Igrexa de Carboentes (Rodeiro)
Igrexa de Santa Mariña de Pescoso (Rodeiro)
Igrexa de Camba (Rodeiro)
Igrexa de San Salvador de Camanzo Vila de Cruces),
mosteiro románico dos séculos X e XII situado nas
ribeiras do Ulla. No patio atópase a vide
considerada como a máis antiga de Galiza.
Igrexa de Losón (Vila de Cruces)
Igrexa de Merza (Vila de Cruces)
Penadauga, nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi antiga. A xente
acode a curar distintos males (especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha gran de pía
natural, e vai esbarando polo seu interior.
Cruceiro da igrexa de Cangas (Lalín) Cruceiro da igrexa de Goiás (Lalín)
Pazo de Camba (Rodeiro)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 147,75 km2
POBOACIÓN: 2.585 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Agra, Artoño,
A Baíña, Basadre, Berredo,
Borraxeiros, Brántega, Brocos,
Carmoega, Eidián, Esperante,
Ferreiroa, Gurgueiro, Merlín,
Órrea, Ramil, Bais, Santa
Comba, Sesto, O Sexo, As
Trabancas, Val de Sangorza,
Ventosa e Vilariño.
Paisaxe de Agolada, nas abas do Farelo
AGOLADA
Situado ao nordeste da comarca. O territorio é moi irregular e está moi afectado pola
tectónica. As fracturas determinan o percorrido dos ríos que van cara ao norte a xuntarse co
Ulla que discorre polo linde entre A Golada e as provincias de Lugo e A Coruña. Os principais
afluentes do Ulla no concello son o Baíña e o Arnego, que fai de linde con Lalín e Vila de
Cruces. As áreas de maior altitude atópanse ao leste, na serra do Farelo, onde se acadan os
956 m e vai descendo ata o val do Ulla. O centro do concello está ocupado por antigas
superficies de erosión divididas polos vales fluviais.
Agolada é un concello eminentemente
rural onde as principais actividades son a
agrogandaría (60%), o sector forestal e os
servizos.
Acolle importantes valores naturais, en
especial nos ríos, que están protexidos en
parte no LIC “Sobreiral do Arnego”.
Conserva un rico patrimonio cultural:
mámoas, castros, igrexas románicas,
pontes, muíños, pazos...
Pazo de Borraxeiros
Pendellos de Agolada. Construcións do
século XVII para celebrar as feiras.
SUPERFICIE: 74,18 km2
POBOACIÓN: 1.174
habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Bidueiros, O Castro,
Dozón, As Maceiras,
Saa, Sanguiñedo, O
Sisto e Vilarello.
Paisaxe coa Pena de
Francia ao fondo
DOZÓN
Situado no sur da comarca, entre as estribacións das serras do Faro e O Testeiro.
O territorio é montañoso, cunha altitude media de 740 m. Está rodeado de cumes, entre os
que destacan o Pedroso (783 m) ao norte, a Pena de Francia (914 m) ao leste e a Gándara (865
m) e Coto da Lebre (771 m) ao sur.
O río Asneiro ou Dozón, principal afluente do Deza, atravesa o centro do concello de SE a NO
e recibe numerosos afluentes.
É un concello rural, con pequenos núcleos de poboación que se dedica fundamentalmente á
agrogandaría (vacún de leite), aos servizos e a construción. A capital do concello é O Castro.
Os principais valores naturais atópanse nas serras e nos ríos onde hai paisaxes e ecosistemas
moi interesantes.
O patrimonio cultural está representado por castros, pontes romanas, igrexas e pazos.
Ermida da Nosa Señora da Pena de Francia
Igrexa de Santa María (Dozón)
SUPERFICIE: 326,62 km2
POBOACIÓN: 20.158 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Albarellos,
Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia,
Bendoiro, Bermés, Botos, Busto,
Cadrón, Camposancos, Cangas,
Castro de Cabras, Catasós, O Cello,
Cercio, Cristimil, Doade, Donrramiro,
Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás,
Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro,
Losón, Maceira, Madriñán,
Méixome, Moimenta, Moneixas,
Noceda, Palmou, Parada, Prado,
Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val
do Carrío, A Veiga, Vilanova,
Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra.
Paisaxe de Lalín, co Candán ao fondo
LALÍN
É o concello máis grande da comarca, situado no centro. O relevo é moi variado. As máximas
altitudes atópanse no oeste e sur nas serras do Candán e O Testeiro. O resto do territorio
forma parte de antigas superficies e erosión, cunha altitude de 400 a 600 m atravesadas polos
vales de numerosos ríos afluentes do Ulla. O Arnego fai de linde polo leste e o Deza atravesa
o concello de sur a norte e recibe ao seu principal afluente, o Asneiro.
Trillo do liño no Museo Etnográfico
Casa do Patrón, en Doade.
As principais actividades son a agrogandaría (o gando vacún de leite é o máis importante
seguido do vacún de carne e o porcino), a industria (agroalimentaria, téxtil, materiais de
construción...), a construción, os servizos e o comercio.
A vila de Lalín é un importante centro industrial, comercial e de comunicacións.
Os lugares de maior interese natural atópanse no LIC “Serra do Candán”.
Ten un importante patrimonio etnográfico (muíños, núcleos tradicionais, museos...) e
histórico-artístico (castros, pontes, igrexas, monumentos, pazos...).
Monumento ao aviador Loriga, de Francisco Asorey. Lalín
acolle dúas importantes obras deste escultor, os
monumentos a Loriga e ao astrónomo galego Ramón María
SUPERFICIE: 154,80 km2
POBOACIÓN: 2.700 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Álceme, Arnego,
Asperelo, o Az, Camba (San
Xoan, San Salvador e Santa
Baia), Carboentes, Fafián,
Guillar, Negrelos, Pedroso,
Pescoso, A Portela, Río, Riobó,
Rodeiro, O Salto, A Senra e
Vilela.
Paisaxe de Rodeiro
RODEIRO
Situado no surleste da comarca a carón da Dorsal Galega. O territorio ocupa unha grande
parte das abas das serras. Ao leste atópanse as serras das Cabezas e o Faro (co cume máis alto
da comarca, con 1.187 m) e no sur a Pena de Francia. O centro e leste é unha superficie
achairada con pequenos cumes de formas suaves atravesada polo río Arnego que forma o val
do Camba, unha ampla depresión de 600 m de altitude media. Os principais afluentes do
Arnego no concello son o Devesas, Rodeiro, Santa Mariña e Monte Queimado.
Pazo de Trasulfe
Rodeiro é un concello rural onde as principais actividades son a agrogandaría (vacún de leite e
carne), o sector forestal e os servizos.
As áreas de maior interese natural atópanse no río Arnego e na serra do Faro, protexidas
como LIC.
Ten un importante patrimonio arqueolóxico representado por numerosas mámoas, castros e
unha vila romana en Fafián, Ademáis conserva interesantes exemplos de igrexas románicas e
pazos, entre os que destacan o de Trasulfe e o de Camba.
Área de lecer no Rego dos Portos, afluente do Arnego,
en Rodeiro.
Desde este punto parten varias rutas indicadas por
territorio do concello de Rodeiro “Os Muíños” e “Os
Pazos”.
SUPERFICIE: 164,84 km2
POBOACIÓN: 8.966 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Abades, Ansemil,
Breixa, Carboeiro, O Castro,
Cervaña, Chapa, Cira, Cortegada,
Dornelas, Escuadro, Fiestras, Graba,
Lamela, Laro, Manduas, Margaride,
Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros,
Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte,
Refoxos, Rellas, Saídres, Siador,
Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso.
Mosteiro de Carboeiro
SILLEDA
Ocupa o leste da comarca. Os núcleos principais son Silleda, capital municipal e sede da
maioría dos servizos, e Bandeira.
O territorio esténdese desde as alturas do Candán (San Bieito, con 1.017 m) até o val do Ulla,
que fai de linde coa provincia de A Coruña nun pequeno tramo ao norte do concello. Polo
leste esténdese unha aliñación de montes desde o Candán e o Chamor até San Sebastián, no
linde con Forcarei e A Estrada. O terreo vai descendendo en altura cara aos vales do Deza e
Ulla e está atravesado por varios afluentes destes. O Oisa ou Gouxa fai de linde con Lalín polo
leste, o Deza, polo norte con Vila de Cruces. O Toxa atravesa o concello de norte a sur
formando unha das fervenzas máis fermosas de Galiza.
As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún e porcino), os servizos e as
industrias de base agrogandeira e forestal.
Os espazos naturais máis importantes atópanse arredor do Ulla e os seus afluentes protexidos
no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza” e nos LICs “Serra do Candán” e “Brañas de Xestoso”.
O patrimonio cultural está representado por pontes medievais, mosteiros, igrexas, pazos e
muíños. O Camiño de Santiago (Vía da Prata) atravesa o concello desde a ponte medieval de
Taboada ata Dornelas.
Silleda é un importante centro de actividade
relacionadas co mundo do agro. É a sede da Lonaa
Agrpecuaria e da Fundación Semana Verde que celebra
importantes feiras do sector.
Val do Deza en Silleda coa
ponte medieval e o mosteiro
de Carboeiro.
SUPERFICIE: 154,87 km2
POBOACIÓN: 5.556 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Añobre, Arnego, Asorei,
Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz,
Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumieiro,
Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Ínsua,
Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós,
Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo,
Salgueiros e Toiriz.
Antigas minas de volframio en Fontao, un importante
centro mineiro na primeira metade do século XX
VILA DE CRUCES
Está situado ao noroeste da comarca, nun territorio marcado polos vales do Ulla e os seus
afluentes Arnego e Deza. Tenn as máximas alturas nos cumios de O Carrío (Penarredonda,
con 827 metros) e descende escalonado de sur a norte cara ao Ulla, con distintos niveis de
erosión de alturas entre 500 e 600 metros, como os montes de Madanela e Mirón,
pertencentes á superficie fundamental de Galiza.
O Ulla percorre o norte do concello e fai de linde coa provincia da Coruña, cunha traxectoria
sinuosa e retorcida que se vai encaixando cara ao oeste. Nunha grande parte está afectado
polo encoro de Portodemouros. O Arnego, forma un val amplo que fai de linde polo leste e o
Deza, un val encaixado no Sur.
As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún de leite), os servizos
e pequenas industrias.
Acolle importantes valores naturais protexidos nos LICs “Sistema Fluvial Ulla-Deza” e
“Sobreirais do Arnego”.
Conserva un rico patrimonio cultural: pazos, torres, igrexas, pontes...
En Gres atópase o Museo Etnográfico “Fundación Neira Vilas” e en Piloño a Fundación Casa
Museo “A Solaina”.
Observatorio astronómico no monte Zarragrande, a
carón de Vila de Cruces. Desde o cume hai unhas
expléndidas vistas panorámicas do concello.
Centro balneario “Os Baños da Brea” con augas
bicarbonatado-sódicas, cloruradas, silícicas,
sulfatadas e cálcicas que abrollan a 22 ºC; indicadas
para tratar problemas respiratorios, dixestivos,
urinarios e reumáticos.
RELEVO
Cumes da serra do Farelo e o Faro ao fondo,
dúas serras integrantes da Dorsal Galega.
O territorio da comarca do Deza é moi diverso en formas e altitudes, desde os 80 m nalgunhas
zonas de Silleda, ata os 1.187 do monte Faro, o máximo cume da comarca e da provincia de
Pontevedra. Combina cumes de formas suaves e alombadas, con terreos case chans e canóns
profundos.
Vista desde os cumes do Candán cara ao Faro
Unha aliñación de serras rodea case toda a comarca. As serras da Dorsal Galega forman unha
barreira natural polo Leste e Sur: con orientación N-S están O Farelo, a serra das Cabezas e O
Faro que continúa con orientación L-O pola Pena de Francia e O Testeiro. Ao oeste a serra do
Candán e varios cumes que van perdendo altura cara ao val do Ulla (Chamor, San Sebastián).
Ao norte, sobre o val do Ulla, as serras de Órrea e Fornelos e no centro, seguindo a aliñación
da Pena de Francia unha fileira de montes que separan os vales do Arnego e Deza e teñen o
cume máis destacado no Monte do Castelo (Carrío, con 827 m).
A zona central é un terreo de formas suaves moi dividido polos vales dos ríos con dominancia
de xistos, e a zona norte correspóndese coa marxe esquerda do val do Ulla, cunha altitude
media de 400 m.
As rochas dominantes son os granitos e os gneis moi fracturados.
Rochas graníticas no Farelo
Mato nos cumes, formado por toxos, breixos e carqueixas
A vexetación dominante nos montes é o mato de toxos, breixos e carqueixas e grandes áreas
repoboadas con piñeiros e eucaliptos. Nos vales máis afastados das serras consérvanse fragas
atlánticas de gran riqueza biolóxica.
Bosque no val do Arnego con predominio de sobreiras
Froitos de acivro (Ilex aquifolium)
Pereira brava (Pyrus cordata). Abonda en
forma de arbusto e pequena árbore en todos
os espazos arborados das serras.
Área repoboada con diversas especies: piñeiros silvestres, bidueiros...
Xunca de algodón (Eriophorum angustifolium). Atópase
nas brañas e lugares húmidos de certa altitude. Xuncos e salgueiros, especies comúns nas brañas
Dous tipos de xestas
Breixo de turbeira (Erica tetralis), común nas áreas
húmidas dos cumes onde hai brañas e turbeiras
Toxo
Uvas de lagarto (Sedum hirsutum), pequenas plantas
de follas carnosas e flores moi vistosas que se
instalan sobre as rochas aproveitando o pouco solo
que forman os brións e liques ao descompolas.
Cirsium florece á beira dos camiños e
nos baldíos húmidos
As serras da comarca acollen unha importante representación de especies animais de espazos
abertos (matogueiras e brañas) e de bosques.
O xabarín (Sus scrofa) é un dos mamíferos máis
grandes que se pode atopar haitualmente nas
serras galegas, ademais dos lobos, raposos,
xeneta, gatos bravos…
Lagartixa galega (Podarcis bocagei), un endemismo
do noroeste da Península Ibérica.
Cerámbicido (Cerambyx cerdo), un insecto pouco
coñecido que no seu estado larvario, que pode durar
varios anos, aliméntase da madeira
Bufo real (Bubo bubo) a rapina nocturna de
maior tamaño que se pode atopar en Galiza
En case todas as serras da comarca do Deza críase gando en libertade. Os cumes suaves e
redondeados aprovéitanse tamén para cultivar pasteiros asociados ás explotacións gandeiras.
Cume do Farelo
SERRA DO FARELO
Con orientación NO-SE, situada no nordeste da provincia de Pontevedra e ao suroeste da de
Lugo, unida á serra do Faro pola serra das Cabezas.
É unha sucesión de relevos suaves formada por granito de dúas micas e migmatitas na parte
norte e pelitas e migmatitas na oriental. A máxima altura é O Farelo, con 956 m.
Na vertente leste nacen varias cabeceiras do Ulla.
Desde os cumes hai unhas boas vistas sobre as serras limítrofes e as comarcas do Deza e A
Ulloa. Accedese desde a estrada de Lalín a Lugo, desde o Alto do Farelo, por unha pista que
sobe ao parque eólico.
Cumes da serra do Farelo coa serra de Pena Forcada ao fondo
Vertente oeste da serra do Faro
SERRA DO FARO
Fai límite entre as provincias de Pontevedra (concello de Rodeiro) e Lugo (concellos de
Chantada e Carballedo), con orientación NE-SO, que se prolonga cara ao oeste pola Pena de
Francia. É unha serra de perfil suave con numerosas fallas ocupadas por ríos pouco
encaixados. Está formada por granitos porfídicos no norte e granitos de dúas micas no sur,
separados por unha banda de migmatitas. A máxima altura é o Monte Faro, con 1.187 m.
O Monte Faro de Chantada é o cume máis alto da Dorsal Galega e da provincia de Pontevedra. No alto hai unha torre de
vixiancia de incendios, un miradoiro e o centro de interpretación do parque eólico.
O Faro divide dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla. Nesta serra nacen
varios ríos, os máis importantes son o Arenteiro, que vai cara ao Miño, e o Deza e o Arnego,
afluentes do Ulla.
É un expléndido miradoiro sobre as terras da Golada e Chantada.
Unha parte está protexida como LIC.
Accedese desde o Alto do Faro (na estrada Lalín-Chantada) e Ourín (Rodeiro).
Cumes do Faro
Monte Piorno, ao sur da Serra do Faro. Fai linde entre Pontevedra, Lugo e Ourense
Pena da Francia, en Dozón, unha prolongación cara ao oeste da serra do Faro
Cume de Pena Maior
SERRA DE ÓRREA
Esténdese con direción NO-SE entre a
serra do Farelo e o val do Ulla, en terreos
de Agolada. Separa as cuncas do Arnego e
o Baíña (afluentes do Ulla). O cume máis
alto é o Pena Maior, con 666 m.
Vista da serra de Órrea desde o Ulla
MONTES DO TESTEIRO
Serra con orientación NE-SO que fai de linde natural entre as comarcas do Deza, ao norte e
Carballiño, ao sur. Son montes con formas vigorosas delimitados por unha fractura con
direción NNE-SSO e moi diseccionados pola erosión dos ríos. Na vertente leste nacen
afluentes do Viñao e na oeste afluentes do Deza. As rochas dominantes son os granitos e os
xistos.
O punto máis alto é o monte Uceiro con 1.003 m, onde conflúen os concellos de O Irixo
(Ourense) e Lalín (Pontevedra).
Está incluída no LIC “Serra do Candán”. Pódese acceder desde Vilatuxe.
Serra do Testeiro vista desde o Candán
O Testeiro marca o linde sur da comarca en Lalín. Ao fondo o Frao, límite polo leste coa provincia de Lugo.
Monte Uceiro, cume da Serra do Testeiro. Nas súas abas están situadas as localidades de Carballeda e Subirol.
SERRA DO CANDÁN
É unha serra con orientación N-S, de perfil suave, formada por xistos, anfibolitas, ortogneis e
paragneis rotos, pregados e tumbados que conforman un relevo bastante accidentado. A
altura máxima é de 1.017 no monte de San Bento.
Recolle unhas precipitacións anuais moi elevadas que dan lugar á formación de brañas no seu
interior e aos mananciais que serven de nacemento a numerosos ríos e regueiros: afluentes
do Avia; Deza e os seus afluentes Candán, Grovas e Asneiro; Lérez, e Umia
Os seus cumes, como os de grande parte do territorio galego, están marcados pola presenza
de aeroxeradores.
Accedese desde Forcarei ou Vilatuxe.
Panorámica da serra do Candán
Monte de San Bento, o cume máis alto do Candán, onde conflúen os concellos de Lalín, Silleda e Forcarei
A vexetación dominante nos cumes é o mato de breixos, carqueixas, xestas, queirugas e toxos
con algunhas áreas de pasteiros. Nos fondos dos vales consérvanse pequenos bosques
formados por carballos (a árbore máis abundante), rebolos, bidueiros, ameneiros, castiñeiros,
pereiras bravas, acivros... Hai grandes espazos repoboados con piñeiros.
A fauna do Candán é dun grande interese, pola variedade, e, sobre todo pola presenza de
especies pouco comúns noutros lugares como o bufo real, a gatafornela ou a tartaraña
cincenta.
Está protexida como LIC.
Carballeiras nas aba do
monte Coco, o segundo
máis alto do Candán con
969 m
Cume de San Sebastián. Desde o alto hai unhas vistas excepcionais sobre toda a comarca do Deza, Santiago e A Estrada.
Polos lindes entre o concello de Silleda con Forcarei e A Estrada esténdense unha serie de
cumes de media altura de formas suaves e orientación SO-NE que separan a cuncas do Ulla
(ao norte e leste) da do Umia (ao sur). Os cumes máis destacados son o FONTE FRÍA (666 m),
OUTEIRO GRANDE (672 m) e SAN SEBASTIÁN (749 m). Nos cumes hai zonas achairadas
onde abondan as brañas e turbeiras. Unha parte está protexida no LIC Brañas de Xestoso.
Accedese desde a estrada de Silleda a Forcarei, polo desvío de Xestoso.
Prados húmidos e brañas en Xestoso, cos cumes de Penas Altas ao fondo.
As brañas son terreos onde se acumula auga que impregna o solo e a capa vexetal. Caracterízanse por ter unha
vexetación de transición entre especies acuáticas, de ribeira e tipicamente terrestres. Nelas son comúns as turbeiras
onde dominan os brións que absorben auga e crean un substrato esponxoso.
Vexetación típica das brañas
Vista sur dos montes do Carrío
MONTES DO CARRÍO
Macizo situado nos lindes entre Vila de Cruces e Lalín que separa as cuncas do Arnego e o
Deza. O punto máis alto é o Pena Redonda, con 831 m.
Desde os cumes hai amplas panorámicas de toda a comarca. Accedese pola estrada de Lalín a
Vila de Cruces, polo desvío do parque eólico.
O Carrío desde Vila de Cruces
Vista desde o cume do Carrío cara ás terras de Agolada. Ao fondo a serra de Órrea e o cume do Farelo.
O Ulla, en Agolada
OS RÍOS
Toda a comarca forma parte da cunca do Ulla que fai de linde polo norte coa provincia de A
Coruña e recibe importantes afluentes que baixan das serras da Dorsal Galega, entre os que
destacan o Deza, que forma os vales de Deza e Trasdeza, e o Arnego, que forma o val de
Camba entre Lalín e Rodeiro.
Os cursos dos ríos son encaixados nunha gran parte do seu percorrido debido ás numerosas
fallas do terreo e salvan desniveis en rochas resistentes que dan lugar a fermosas fervenzas e
canóns.
Nas augas dos diferentes ríos e nas súas ribeiras consérvanse importantes ecosistemas con
especies atlánticas e mediterráneas, segundo a orientación e a altitude.
Distintos tramos están protexidos nos LICs “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, “Sobreirais do Arnego”
e “Serra do Candán”.
Bosque en Escuadro, nun afluente do Toxa
Molinia
Pequenos grupos de plantas nas
augas do Deza, no Candán
Vexetación na beira do río: molinia, dentabrús, pé de boi…
Picapeixes (Alcedo athis).Podemos atopalo nas beiras
do río en calquera época do ano, onde é case invisíble
pousado, pero chama poderosamente a atención o
brillo da súa plumaxe azul cando voa.
Ra vermella (Rana iberica). So vive nas partes altas
dos ríos onde as augas teñen corrente.
Vide do mosteiro de Camanzo. O microclima do
Val do Ulla favorece o cultivo de especies
mediterráneas como a vide.
Nalgún puntos abrollan augas termais que foron
aproveitadas desde tempos antigos para usos
mediciñais (Caldelas de Vilariño, no Arnego, e A
Brea no Deza).
Arredor dos ríos consérvase tamén un
importante patrimonio etnográfico (muíños,
caneiros, lavadoiros) e histórico-artístico
(pontes).
O Deza en Carboeiro (Ponte do Demo)
Ponte Pedroso sobre o Arnego (Rodeiro)
Ponte dos Cabalos sobre o Arnego, entre Lalín e Agolada
Ponte da Carixa sobre o Deza entre Silleda e Vila de Cruces
Ponte Romana sobre o Asneiro (Cristimil) Muíño en Ponte Pedroso (Rodeiro)
Área de lecer da illa de Ramisquide na Obra (Vila de Cruces)
Por toda a comarca hai numerosas rutas sinalizadas que percorren os lugares de maior
interese: Ulla-Deza, Cadoiro do Toxa, Arnego... e distintas áreas de lecer onde poder gozar da
natureza e da paisaxe.
Encoro de Portodemouros, situado entre a comarca do Deza (Agolada e Vila de Cruces)
e a provincia de A Coruña (Santiso e Arzúa)
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, na comarca da Ulloa e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira
e Ermida. Atravesa varias comarcas, ás que lle da nome ; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca
na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures despois de 132 km de percorrido.
Presenta augas altas en xaneiro, febreiro e marzo, e baixas en agosto e setembro.
Recibe pola esquerda o Baíña, Arnego (Rodeiro, Pequeno, As Abellas), Deza (Zobra, Grovas,
Candán, Asneiro -Abeleda, Leborán, Portos, Reádigo-, Carrío,Toxa –Escuadro).
O Ulla cos seus afluentes drena todos os concellos da comarca do Deza. Está encorado en
Portodemouros para aproveitamento hidroeléctrico.
Está protexido parcialmente no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”.
TORRENTAS E FERVENZAS DE MÁCARA
No lugar de Mácara, da parroquia de Ramil (Agolada).
No alto Ulla hai un tramo comprendido entre a
confluencia co río Pambre e o balneario de Frádegas
onde o río forma un canón en rochas graníticas con
moitos rápidos e pequenas fervenzas. A máis grande é
a de Mácara, duns 4 m de altura.
COMO CHEGAR: desde Agolada por Basadre e Ramil
(seguindo río arriba) báixase ao río e séguese o seu
curso. Tamén se pode facer unha ruta completa pola
marxe dereita en terreos de Palas de Rei, desde as
ruínas do balneario de Frádegas seguindo río abaixo
uns 2 km.
O Ulla en Cira, no linde entre
Silleda e Boqueixón
O Ulla entre Agolada (Pontevedra) e Santiso (A Coruña)
Ponte medieval sobre o Ulla entre Gres (Pontevedra) e Ponteledesma (A Coruña)
O Ulla no seu encontro co Deza na praia de As Xuntas (Cira, Silleda)
O Arnego entre Agolala e Lalín. Nunha zona
que cruza a estrada de Lalín a Lugo o Arnego
salva unha forte pendiente con varios saltos
pequenos. Nas proximidades hai unha
minicentral.
RÍO ARNEGO
É un afluente do Ulla que nace entre a Serra
do Faro e a Pena de Francia e xúntase ao
Ulla no encoro de Portodemouros, despois
dun percorrido de 46 km por terreos dos
concellos de Rodeiro, A Golada, Lalín e Vila
de Cruces. Recolle numerosos afluentes
entre os que destacan pola dereita o
Lamarzás, Rodeiro, Pequeno, Sara,
Ferreiroa e Belpellas; e pola esquerda o
Portocastro, Liñares, Saldeiro, Valgrande,
Borbón e Galegos. Entre Rodeiro e Lalín
forma o val de Camba.
Nas súas marxes consérvanse os mellores
grupos de sobreiras de Galiza protexidos no
LIC “Sobreirais do Arnego”.
O Arnego en Gurgueiro (A Golada)
Fervenza no rego de Porto Marcelín, afluente do Arnego,
a carón dos Baños de Caldelas de Vilariño.
Fonte do baleneario de Caldelas
de Vilariño, en Ponte Vilariño
(Agolada). Houbo unha casa de
baños que na actualidade está
pechada. As augas abrollan a 20
ºC, son oligometálicas, alcalinas,
bicarbonatado-sódicas,
sulfhídricas, fluoradas e
silicatadas. Empregábanse para
tratar problemas respiratorios,
dixestivos e reumáticos.
O Arnego entre Vila de Cruces e Agolada, nunha zona encaixada con rápidos e
pequenas fervenzas entre rochas metamórficas.
COMO CHEGAR: pola estrada de Agolada a Vila de Cruces, despois de pasar
Brántega chégase e unha ponte que cruza o río e desde alí séguese polas beiras.
No val do Arnego abundan as anfibolitas, rochas básicas raras en Galiza que proceden da codia profunda e que adquiren
un fino puído ao seren traballadas pola auga.
Tramo final do Arnego anegado no encoro de Portodemouros.
RÍO DEZA
É o principal afluente do Ulla na comarca e o que lle da nome. Nace na serra do Testeiro, en Fonte Deza
(Espiñeira-O Irixo) e forman as súas cabeceiras os regos Zobra, Medos e Grobas que se xuntan en Zobra.
Percorre terreos de Dozón, Lalín Silleda e Vila de Cruces e xúntase co Ulla á altura de Ponte Cira.
Á altura de Vilatuxe separa os vales de Deza e Trasdeza.
Os principais afluentes pola dereita son o Asneiro, Orza e Sabrexo; e pola esquerda o Gouxa e Toxa.
Unha boa parte está protexida nos LICs “Serra do Candán” e “Sistema fluvial Ulla-Deza”.
Ponte de Taboada, no Camiño de Santiago. Unha ruta que sae da marxe dereita do
río, a carón da ponte da antiga estrada, permite chegar a ela e visitar unha zona na
que o río corre encaixado ao pé dunha antiga minicentral.
O Deza en Carboeiro
Encontro do Deza e o Toxa, entre Silleda e Vila de Cruces
O Deza na área recreativa da Carixa e A Moa (Vila de Cruces)
Área de lecer “O Museo”, en Corrigatos
(Doade-Lalín), á beira do Asneiro.
RÍO ASNEIRO
Nace na Pena de Francia e percorre terreos de Dozón e Lalín. Xúntase co Deza nas proximidades de
Cristimil (Lalín). Recibe pola dereita o Abeleda e Lebozán, e pola esquerda o Portos e Riádigos.
Ponte romana de Cristimil sobre o Asneiro,
pouco antes da confluencia do Deza.
FERVENZAS DOS MUÍÑOS
Na parroquia de Ponte (Silleda). O río salva un desnivel en rochas
graníticas con varios saltos. O máis gande ten 8 m de altura.
CÓMO CHEGAR: na estrada de Silleda a Vila de Cruces, ao chegar a Pontes cóllese
un cruce á dereita, atravésase o lugar e crúzase o río. Seguindo pola marxe
dereita río abaixo (pola condución da depuradora) chégase á primeira fervenza
que está situada a carón duns muíños abandoados. A maleza nor permite seguir
pola beira. Para ir ás outras hai que facelo seguindo río arriba desde a
depuradora de augas residuais de Silleda, á que se accede por unha pista á
dereita. Desde alí cóllese un carreiro á esquerda apegado ao peche que segue a
canle da depuradora e despois de aproximadamente 200 m inténtase baixar ao
río por onde se poida. O terreo está cheo de mato e resulta moi complicado.
RÍO MERA OU DA GOUXA
Un afluente do Deza que baixa do Monte Castelo e ten un curto percorrido polo concello de Silleda no que
forma varias fervenzas.
RÍO TOXA
É o principal afluente do Deza na comarca. Nace na parroquia de Graba (entre o Outeiro
Verde e o Coto da Tella) e percorre terras do concello de Silleda de sur a norte ata
desembocar no Deza nas proximidades de Carboeiro. Os principais afluentes son o Escuadro e
o Mera. No seu curso e o dos seus afluentes atópanse fermosas fervenzas.
Dúas fervenzas no Toxa pouco
antes de se xuntar co Deza
A FÉRVEDA
Na localidade de Férveda da parroquia de
Escuadro (concello de Silleda).
No río Escuadro, afluente do Toxa. Na parte alta
o río chámase río da Férveda e discorre por un
estreito val en rochas graníticas que que forma
numerosos rápidos e varias fervenzas. A máis
interesante salta un desnivel de 10 m. A zona
conserva un bo bosque de ribeira e carballeiras.
COMO CHEGAR: na estrada de Silleda á Estrada
cóllese o desvío a Escuadro e pouco antes de
chegar ao núcleo cóllese un cruce nunha curva
pechada que leva até a localidade de Férveda.
Despois de pasar as últimas casas hai un cruce
de varios camiño e séguese polo de arriba
aproximadamente 300 m. Para baixar ao río hai
que seguir, pola esquerda, unha levada que
baixa desde os prados.
O Toxa en augas altas.
Os ríos de réxime pluvial teñen grandes
variacións de caudal durante a época de
chuvias e o seu aspecto pode cambiar
tanto como o que se pode apreciar nestas
imaxes do cadoiro do Toxa.
CADOIRO DO TOXA
Parroquia de Martixe (Silleda)
O río Toxa cae nun desnivel de 60 m de
altura aproveitando unha formación de
granito de dúas micas. Na zona conflúen
rochas graníticas duras e resistentes con
rochas metamórficas máis alterables
(anfibolitas, xistos micáceos e paragneis e a
fervenza é o resultado da erosión
diferencial.
Nos arredores hai bosques ben
conservados.
COMO CHEGAR: na estrada N520 Santiago-
Ourense, cóllese un desvío de Bandeira a
Merza. O desvío de Pazos lévanos ata a
parte alta do miradoiro. Desde alí pódese
facer un percorrido a pé pola parte baixa ou
seguir unha ruta polo Deza ata o mosteiro
de Carboeiro.
Cadoiro do Toxa: vista desde o miradoira e
parte baixa do salto principal
REGO DE CUBELOS
Un pequeno afluente do Ulla que nace no monte do
Vilar e ten todo o seu percorrido no concello de Vila
de Cruces.
Fervenzas en San Tomé de Ínsua (Vila de Cruces)
AS ÁRBORES
Carballeiras no Candán
Unha grande parte do terreo forestal está ocupado por piñeiros e eucaliptos de repoboación,
pero nas serras e nos vales máis afastados consérvanse fragas autóctonas onde domina o
carballo (Quercus robur) acompañado de rebolos, castiñeiros, bidueiros, acivros, sanguiños.. e
nas áreas máis secas do val do Arnego atópanse grupos de sobreiras. As fragas máis
destacadas atópanse na serra do Candán (Zobra) e nas abas do Faro, en Rodeiro.
Nalgúns lugares consérvanse exemplares monumentais de bo porte, entre os que destacan os
castiñeiros de Catasós, e as Sobreiras do Arnego.
Carballeira de Barcia (Lalín). Unha extensa área plantada de carballos que forma un fermoso conxunto que destaca polo
seu tamaño, pola superficie que ocupa e a regularidade da distribución.
CARBALLO (Quercus robur)
-Carballeira da Crespa. (Donramiro; Lalín). Un gran número de exemplares de bo porte.
Os máis grosos miden 4,9 e 3,8 m de perímetro.
-Carballeira de Siador (Silleda)
-Carballo de Viñoa (Lalín).
-4,35 m de perímetro.
-Carballo en Soutolongo (Lalín)
-4,70 m de perímetro
Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
--Carballo de Donramiro (Lalín)
-Carballo da igrexa de Bermés (Lalín)
-Carballo “Os Carballiños”
(Vilatuxe, Lalín)
-5,20 m de perímetro.
Incluído no catálogo de
Árbores Senlleiras da Xunta
de Galiza
-Carballo da Balagosa (Vilatuxe, Lalín)
-Carballo do Pazo (Vilatuxe, Lalín)
-5,50 m de perímetro
-Carballos no río Arnego (Parada, Lalín)
-Carballos da Fraga de Catasós (Lalín)
Incluído sno catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza
-Carballo de Bergazo (Lalín)
-Carballo de Siador (Silleda)
-Carballo de Ventosa (Agolada)
Castiñeiro na Torre de Outeiro
(Fafián, Rodeiro)
CASTIÑEIRO
(Castanea sativa)
Castiñeiros de Quintela de Catasós. (Lalín).
Os máis altos de Galiza e de Europa (ata 31
m de altura e case 5 m de perímetro)
Incluídos no catálogo de Árbores Senlleiras
da Xunta de Galiza.
SOBREIRA (Quercus suber)
Sobreiral do Arnego
No val do Arnego aínda se explota
a corrtiza das sobreiras.
Sobreiras de O Castro (Silleda)
Sobreiras de Fares (Breixa, Silleda)
Sobreira en Bermés (Lalín). Varios exemplares situados
ao pé da estradade Bermés a Santiso. O máis destacado
ten bo porte e mide 4,60 m de perímetro.
Sobreira de Siador (Silleda)
-30 m de altura e 8,40 m de perímetro
Incluída no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
Piñeiro manso de Carricovas. Atópase na
estrada de Piñeiro a Cira (Silleda).
-4,20 m de perímetro.
PIÑEIRO MANSO (Pinus pinea)
Eucalipto en Soutolongo (Lalín)
-7,50 m de perímetro no toro.
EUCALIPTO (Eucaliptus globulus)
Bidueiro en Piñoi (Vilatuxe, Lalín), no
interior do toro morto dun castiñeiro.
BIDUEIRO (Betula celtiberica)
Rodís (Lalín)
ALCIPRESTE MEDITERRÁNEO
(Cupressus sempervirens)
ALCIPRESTE DE PORTUGAL
(Cupressus lusitanica)
Carmoega (Agolada)
Buxos de Siador (A Saleta, Silleda)
BUXO (Buxus sempervirens)
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA
Abrangue unha superficie de 1.153 ha no curso do Ulla desde Arzúa ata a desembocadura e o
último tramo do Deza, Na comarca inclúe terreos dos concellos de Silleda e Vila de Cruces.
É unha zona de grande interese xeolóxico e biolóxico. Podemos atopar rochas de orixe
metamórfica como os xistos, gneis e anfibolitas, e ígneas, como os granitos hercínicos (granito
de dúas micas). Os ecosistemas máis relevantes son bosques de ribeira.
Nas partes baixas dos ríos Deza e Arnego sobreviven especies mediterráneas: sobreiras,
érbedos e loureiros.
O Ulla é o mellor río salmoneiro da vertente atlántica galega.
LIC SOBREIRAIS DO ARNEGO
O espazo protexido, de 1.081 ha, ocupa o curso baixo do río Arnego nos concellos de A
Golada, Lalín e Vila de Cruces e os bosques limítrofes. O río discorre bastante encaixado entre
xistos e rochas básicas.
As especiais características climáticas da zona, con influencias mediterráneas, propician a
aparición de especies como as sobreiras que forman os bosques desta especie máis grandes e
mellor conservados de Galiza, principal motivo da protección deste espazo. Ademais conserva
bosques de ribeira de amieiras, salgueiros, freixos, estripos... e nas zonas máis altas
carballeiras.
SERRA DO CANDÁN
Espazo de 10.683 ha que nesta comarca inclúe terreos nos concellos de Silleda e Lalín.
Comprende a Serra do Candán, os Montes do Testeiro e o curso alto do Deza e os seus
afluentes Candán, Grovas e Asneiro.
Recolle unhas precipitacións anuais moi elevadas que dan lugar á formación de brañas no
interior da serra e aos mananciais que serven de nacemento aos ríos Lérez, Umia e Deza.
Acolle áreas de bosque autóctono, turbeiras, matogueiras e áreas cultivadas ou con
plantacións forestais cunha rica biodiversidade.
LIC MONTE FARO
É un espazo de 3.002 ha que fai límite entre as provincias de Pontevedra (concello de Rodeiro)
e Lugo (concellos de Chantada e Carballedo), en plena Dorsal Galega.
A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación
(piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras onde se mesturan
carballos e cerquiños e, nas zonas húmidas, bidueiros.
LIC BRAÑAS DE XESTOSO
Comprende 1.080 ha situadas nos concellos da Silleda, A Estrada, e Forcarei. A maior parte da
zona é unha superficie de erosión do Terciario situada entre 600 e 650 m de altitude. Nesta
área atópanse os montes, de pendentes suaves, que separan as concas do Ulla e do Umia. O
máis alto é o pico San Sebastián, con 748 m.
A maior parte do espazo está ocupado por extensas zonas de monte baixo onde abundan as
xestas mouras (Cytisus striatus), os toxos, os breixos e as carqueixas; prados húmidos, brañas
e turbeiras con vexetación palustre; algún bosque de umbría (formado por carballos,
bidueiros, castiñeiros, acivros, xilbarbeiras, fentos arandos...), e unha lagoa (Olives) que se
forma por acumulación da auga da chuvia.
MONUMENTO NATURAL
FRAGA DE CATASÓS
Chamada tamén Carballeira de
Quiroga ou de Quintela. É un bosque
mixto cunha extensión de 4,5 ha
situado en Santiago de Catasós (Lalín).
O terreo é propiedade da Xunta de
Galiza
O maior interese deste espazo reside
no gran valor biolóxico dos castiñeiros
que teñen o fuste máis alto de Europa
(algúns sobrepasan os 31 m de altura
e acadan uns 5 m de perímetro).
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2017
Mentres estaba a
facer este traballo
recibiín a nova do
falecemento da
amiga e compañeira
Chus García Piñeiro,
coa que compartín
moitos proxectos no
IES Francisco Asorey.
Chus, este traballo
dedícocho con todo o
agarimo.
Sempre te recordarei.

More Related Content

What's hot

Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedramonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 

What's hot (20)

Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 

Similar to Comarca Deza

Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 

Similar to Comarca Deza (13)

Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Deza

  • 2. A comarca do Deza está situada no centro de Galiza, ao nordeste da provincia de Pontevedra. O territorio é moi diverso en canto ao relevo e á paisaxe, desde as terras baixas nos arredores do Ulla ata os cumes do Faro. Está rodeada polo leste e sur polas serras da Dorsal Galega e forma parte por completo da cunca do Ulla e os seus dous afluentes principais na comarca, o Arnego e o Deza. Ten áreas dun grande valor natural incluídas en diferentes espazos protexidos. Vista da Serra do Candán
  • 3. SUPERFICIE: 1.026,7 km2 POBOACIÓN: 41.139 habitantes (2015) CONCELLOS: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. ESPAZOS PROTEXIDOS: “Serra do Candán”, “Sistema Fluvial Ulla- Deza”, “Sobreirais do Arnego”, “Brañas de Xestoso”, “Monte Faro” e “Fraga da Catasós”.
  • 4. CLIMA Oceánico temperado, cunha media de 12,8 º C, con marcadas diferenzas entre o val do Ulla onde ten matices mediterráneos (nalgunhas zonas cultivase o viñedo acollido á D.O. Rías Baixas e abondan as sobreiras) e as áreas montañosas onde é máis frío e húmido. Paisaxe de Dozón
  • 5. ACTIVIDADES As principais actividades son os servizos, a agrogandaría, especializada en vacún de carne e leite, a industria e a construción.
  • 6. Matadoiro industrial nun dos polígonos de Lalín
  • 7. PATRIMONIO O patrimonio cultural é moi rico e variado: petróglifos, mámoas, igrexas, mosteiros, pazos, monumentos, pontes, muíños, museos etnográficos… Pombeiro e hórreos en Outeiro (Fafián, Rodeiro)
  • 8. Tulla en Outeiro (Fafián, Rodeiro), empregada desde o século XVIII para almacenar o gran procedentes da recadación de
  • 9. Igrexa de Borraxeiros (A Golada) Igrexa de Berredo (A Golada)
  • 10. Igrexa de Órrea (A Golada) Igrexa de Fereirroa (A Golada)
  • 11. Igrexa de Ventosa (A Golada)
  • 12. Igrexa románica de San Pedro de Vilanova (Dozón), construída en 1154, antigo mosteiro beneditino.
  • 13. Igrexa de Donramiro (Lalín) Igrexa de (Rodís, Lalín)
  • 14. Igrexa de Castro de Cabras (Lalín) Igrexa de Goiás (Lalín)
  • 15. Igrexa deo Sixto (Lalín)
  • 16. Igrexa de San Martiño (Lalín de Arriba)
  • 17. Igrexa de Anzo (Lalín) Igrexa de Alperiz (Lalín)
  • 18. Igrexa de Camposancos (Lalín) Igrexa de Bermés (Lalín)
  • 19. Igrexa de Nocxeda (Lalín)Igrexa de Cangas (Lalín)
  • 20. Igrexa de Santa Baia de Palio (Rodís, Lalín) Igrexa de Palmou (Lalín)
  • 22. Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro (Silleda), construído en 974. Foi abandoado na desamortización do século XIX. Recentemente restaurouse a igrexa.
  • 23. Igrexa de Escuadro (Silleda) Igrexa de Donelas (Silleda)
  • 24. Igrexa de Ansemil (Silleda) Igrexa de Breixa (Silleda)
  • 25. Igrexa de O Castro (Silleda) Igrexa de Fiestras (Silleda)
  • 26. Santuario de Abades (Silleda) Igrexa de Santa Ana (Abades, Silleda)
  • 27. Igrexa e cruceiro de Taboada (Silleda)
  • 28. Igrexa de Rodeiro Igrexa de Asperelo (Rodeiro)
  • 29. Igrexa de Pedroso (Rodeiro) Igrexa de Carboentes (Rodeiro)
  • 30. Igrexa de Santa Mariña de Pescoso (Rodeiro) Igrexa de Camba (Rodeiro)
  • 31. Igrexa de San Salvador de Camanzo Vila de Cruces), mosteiro románico dos séculos X e XII situado nas ribeiras do Ulla. No patio atópase a vide considerada como a máis antiga de Galiza.
  • 32. Igrexa de Losón (Vila de Cruces) Igrexa de Merza (Vila de Cruces)
  • 33. Penadauga, nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi antiga. A xente acode a curar distintos males (especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha gran de pía natural, e vai esbarando polo seu interior.
  • 34. Cruceiro da igrexa de Cangas (Lalín) Cruceiro da igrexa de Goiás (Lalín)
  • 35. Pazo de Camba (Rodeiro)
  • 36. CONCELLOS SUPERFICIE: 147,75 km2 POBOACIÓN: 2.585 habitantes (2015) PARROQUIAS: Agra, Artoño, A Baíña, Basadre, Berredo, Borraxeiros, Brántega, Brocos, Carmoega, Eidián, Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlín, Órrea, Ramil, Bais, Santa Comba, Sesto, O Sexo, As Trabancas, Val de Sangorza, Ventosa e Vilariño. Paisaxe de Agolada, nas abas do Farelo AGOLADA Situado ao nordeste da comarca. O territorio é moi irregular e está moi afectado pola tectónica. As fracturas determinan o percorrido dos ríos que van cara ao norte a xuntarse co Ulla que discorre polo linde entre A Golada e as provincias de Lugo e A Coruña. Os principais afluentes do Ulla no concello son o Baíña e o Arnego, que fai de linde con Lalín e Vila de Cruces. As áreas de maior altitude atópanse ao leste, na serra do Farelo, onde se acadan os 956 m e vai descendo ata o val do Ulla. O centro do concello está ocupado por antigas superficies de erosión divididas polos vales fluviais.
  • 37. Agolada é un concello eminentemente rural onde as principais actividades son a agrogandaría (60%), o sector forestal e os servizos. Acolle importantes valores naturais, en especial nos ríos, que están protexidos en parte no LIC “Sobreiral do Arnego”. Conserva un rico patrimonio cultural: mámoas, castros, igrexas románicas, pontes, muíños, pazos... Pazo de Borraxeiros Pendellos de Agolada. Construcións do século XVII para celebrar as feiras.
  • 38. SUPERFICIE: 74,18 km2 POBOACIÓN: 1.174 habitantes (2015) PARROQUIAS: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello. Paisaxe coa Pena de Francia ao fondo DOZÓN Situado no sur da comarca, entre as estribacións das serras do Faro e O Testeiro. O territorio é montañoso, cunha altitude media de 740 m. Está rodeado de cumes, entre os que destacan o Pedroso (783 m) ao norte, a Pena de Francia (914 m) ao leste e a Gándara (865 m) e Coto da Lebre (771 m) ao sur. O río Asneiro ou Dozón, principal afluente do Deza, atravesa o centro do concello de SE a NO e recibe numerosos afluentes.
  • 39. É un concello rural, con pequenos núcleos de poboación que se dedica fundamentalmente á agrogandaría (vacún de leite), aos servizos e a construción. A capital do concello é O Castro. Os principais valores naturais atópanse nas serras e nos ríos onde hai paisaxes e ecosistemas moi interesantes. O patrimonio cultural está representado por castros, pontes romanas, igrexas e pazos. Ermida da Nosa Señora da Pena de Francia Igrexa de Santa María (Dozón)
  • 40. SUPERFICIE: 326,62 km2 POBOACIÓN: 20.158 habitantes (2014) PARROQUIAS: Albarellos, Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro de Cabras, Catasós, O Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donrramiro, Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moimenta, Moneixas, Noceda, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrío, A Veiga, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra. Paisaxe de Lalín, co Candán ao fondo LALÍN É o concello máis grande da comarca, situado no centro. O relevo é moi variado. As máximas altitudes atópanse no oeste e sur nas serras do Candán e O Testeiro. O resto do territorio forma parte de antigas superficies e erosión, cunha altitude de 400 a 600 m atravesadas polos vales de numerosos ríos afluentes do Ulla. O Arnego fai de linde polo leste e o Deza atravesa o concello de sur a norte e recibe ao seu principal afluente, o Asneiro.
  • 41. Trillo do liño no Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Doade. As principais actividades son a agrogandaría (o gando vacún de leite é o máis importante seguido do vacún de carne e o porcino), a industria (agroalimentaria, téxtil, materiais de construción...), a construción, os servizos e o comercio. A vila de Lalín é un importante centro industrial, comercial e de comunicacións. Os lugares de maior interese natural atópanse no LIC “Serra do Candán”. Ten un importante patrimonio etnográfico (muíños, núcleos tradicionais, museos...) e histórico-artístico (castros, pontes, igrexas, monumentos, pazos...). Monumento ao aviador Loriga, de Francisco Asorey. Lalín acolle dúas importantes obras deste escultor, os monumentos a Loriga e ao astrónomo galego Ramón María
  • 42. SUPERFICIE: 154,80 km2 POBOACIÓN: 2.700 habitantes (2015) PARROQUIAS: Álceme, Arnego, Asperelo, o Az, Camba (San Xoan, San Salvador e Santa Baia), Carboentes, Fafián, Guillar, Negrelos, Pedroso, Pescoso, A Portela, Río, Riobó, Rodeiro, O Salto, A Senra e Vilela. Paisaxe de Rodeiro RODEIRO Situado no surleste da comarca a carón da Dorsal Galega. O territorio ocupa unha grande parte das abas das serras. Ao leste atópanse as serras das Cabezas e o Faro (co cume máis alto da comarca, con 1.187 m) e no sur a Pena de Francia. O centro e leste é unha superficie achairada con pequenos cumes de formas suaves atravesada polo río Arnego que forma o val do Camba, unha ampla depresión de 600 m de altitude media. Os principais afluentes do Arnego no concello son o Devesas, Rodeiro, Santa Mariña e Monte Queimado.
  • 43. Pazo de Trasulfe Rodeiro é un concello rural onde as principais actividades son a agrogandaría (vacún de leite e carne), o sector forestal e os servizos. As áreas de maior interese natural atópanse no río Arnego e na serra do Faro, protexidas como LIC. Ten un importante patrimonio arqueolóxico representado por numerosas mámoas, castros e unha vila romana en Fafián, Ademáis conserva interesantes exemplos de igrexas románicas e pazos, entre os que destacan o de Trasulfe e o de Camba. Área de lecer no Rego dos Portos, afluente do Arnego, en Rodeiro. Desde este punto parten varias rutas indicadas por territorio do concello de Rodeiro “Os Muíños” e “Os Pazos”.
  • 44. SUPERFICIE: 164,84 km2 POBOACIÓN: 8.966 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cervaña, Chapa, Cira, Cortegada, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Graba, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saídres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Mosteiro de Carboeiro SILLEDA Ocupa o leste da comarca. Os núcleos principais son Silleda, capital municipal e sede da maioría dos servizos, e Bandeira. O territorio esténdese desde as alturas do Candán (San Bieito, con 1.017 m) até o val do Ulla, que fai de linde coa provincia de A Coruña nun pequeno tramo ao norte do concello. Polo leste esténdese unha aliñación de montes desde o Candán e o Chamor até San Sebastián, no linde con Forcarei e A Estrada. O terreo vai descendendo en altura cara aos vales do Deza e Ulla e está atravesado por varios afluentes destes. O Oisa ou Gouxa fai de linde con Lalín polo leste, o Deza, polo norte con Vila de Cruces. O Toxa atravesa o concello de norte a sur formando unha das fervenzas máis fermosas de Galiza.
  • 45. As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún e porcino), os servizos e as industrias de base agrogandeira e forestal. Os espazos naturais máis importantes atópanse arredor do Ulla e os seus afluentes protexidos no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza” e nos LICs “Serra do Candán” e “Brañas de Xestoso”. O patrimonio cultural está representado por pontes medievais, mosteiros, igrexas, pazos e muíños. O Camiño de Santiago (Vía da Prata) atravesa o concello desde a ponte medieval de Taboada ata Dornelas. Silleda é un importante centro de actividade relacionadas co mundo do agro. É a sede da Lonaa Agrpecuaria e da Fundación Semana Verde que celebra importantes feiras do sector. Val do Deza en Silleda coa ponte medieval e o mosteiro de Carboeiro.
  • 46. SUPERFICIE: 154,87 km2 POBOACIÓN: 5.556 habitantes (2014) PARROQUIAS: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumieiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Ínsua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz. Antigas minas de volframio en Fontao, un importante centro mineiro na primeira metade do século XX VILA DE CRUCES Está situado ao noroeste da comarca, nun territorio marcado polos vales do Ulla e os seus afluentes Arnego e Deza. Tenn as máximas alturas nos cumios de O Carrío (Penarredonda, con 827 metros) e descende escalonado de sur a norte cara ao Ulla, con distintos niveis de erosión de alturas entre 500 e 600 metros, como os montes de Madanela e Mirón, pertencentes á superficie fundamental de Galiza. O Ulla percorre o norte do concello e fai de linde coa provincia da Coruña, cunha traxectoria sinuosa e retorcida que se vai encaixando cara ao oeste. Nunha grande parte está afectado polo encoro de Portodemouros. O Arnego, forma un val amplo que fai de linde polo leste e o Deza, un val encaixado no Sur.
  • 47. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún de leite), os servizos e pequenas industrias. Acolle importantes valores naturais protexidos nos LICs “Sistema Fluvial Ulla-Deza” e “Sobreirais do Arnego”. Conserva un rico patrimonio cultural: pazos, torres, igrexas, pontes... En Gres atópase o Museo Etnográfico “Fundación Neira Vilas” e en Piloño a Fundación Casa Museo “A Solaina”. Observatorio astronómico no monte Zarragrande, a carón de Vila de Cruces. Desde o cume hai unhas expléndidas vistas panorámicas do concello. Centro balneario “Os Baños da Brea” con augas bicarbonatado-sódicas, cloruradas, silícicas, sulfatadas e cálcicas que abrollan a 22 ºC; indicadas para tratar problemas respiratorios, dixestivos, urinarios e reumáticos.
  • 48. RELEVO Cumes da serra do Farelo e o Faro ao fondo, dúas serras integrantes da Dorsal Galega. O territorio da comarca do Deza é moi diverso en formas e altitudes, desde os 80 m nalgunhas zonas de Silleda, ata os 1.187 do monte Faro, o máximo cume da comarca e da provincia de Pontevedra. Combina cumes de formas suaves e alombadas, con terreos case chans e canóns profundos.
  • 49. Vista desde os cumes do Candán cara ao Faro Unha aliñación de serras rodea case toda a comarca. As serras da Dorsal Galega forman unha barreira natural polo Leste e Sur: con orientación N-S están O Farelo, a serra das Cabezas e O Faro que continúa con orientación L-O pola Pena de Francia e O Testeiro. Ao oeste a serra do Candán e varios cumes que van perdendo altura cara ao val do Ulla (Chamor, San Sebastián). Ao norte, sobre o val do Ulla, as serras de Órrea e Fornelos e no centro, seguindo a aliñación da Pena de Francia unha fileira de montes que separan os vales do Arnego e Deza e teñen o cume máis destacado no Monte do Castelo (Carrío, con 827 m). A zona central é un terreo de formas suaves moi dividido polos vales dos ríos con dominancia de xistos, e a zona norte correspóndese coa marxe esquerda do val do Ulla, cunha altitude media de 400 m.
  • 50. As rochas dominantes son os granitos e os gneis moi fracturados. Rochas graníticas no Farelo
  • 51. Mato nos cumes, formado por toxos, breixos e carqueixas A vexetación dominante nos montes é o mato de toxos, breixos e carqueixas e grandes áreas repoboadas con piñeiros e eucaliptos. Nos vales máis afastados das serras consérvanse fragas atlánticas de gran riqueza biolóxica.
  • 52. Bosque no val do Arnego con predominio de sobreiras
  • 53. Froitos de acivro (Ilex aquifolium) Pereira brava (Pyrus cordata). Abonda en forma de arbusto e pequena árbore en todos os espazos arborados das serras.
  • 54. Área repoboada con diversas especies: piñeiros silvestres, bidueiros...
  • 55. Xunca de algodón (Eriophorum angustifolium). Atópase nas brañas e lugares húmidos de certa altitude. Xuncos e salgueiros, especies comúns nas brañas
  • 56. Dous tipos de xestas
  • 57. Breixo de turbeira (Erica tetralis), común nas áreas húmidas dos cumes onde hai brañas e turbeiras Toxo
  • 58. Uvas de lagarto (Sedum hirsutum), pequenas plantas de follas carnosas e flores moi vistosas que se instalan sobre as rochas aproveitando o pouco solo que forman os brións e liques ao descompolas. Cirsium florece á beira dos camiños e nos baldíos húmidos
  • 59. As serras da comarca acollen unha importante representación de especies animais de espazos abertos (matogueiras e brañas) e de bosques. O xabarín (Sus scrofa) é un dos mamíferos máis grandes que se pode atopar haitualmente nas serras galegas, ademais dos lobos, raposos, xeneta, gatos bravos… Lagartixa galega (Podarcis bocagei), un endemismo do noroeste da Península Ibérica.
  • 60. Cerámbicido (Cerambyx cerdo), un insecto pouco coñecido que no seu estado larvario, que pode durar varios anos, aliméntase da madeira Bufo real (Bubo bubo) a rapina nocturna de maior tamaño que se pode atopar en Galiza
  • 61. En case todas as serras da comarca do Deza críase gando en libertade. Os cumes suaves e redondeados aprovéitanse tamén para cultivar pasteiros asociados ás explotacións gandeiras.
  • 62. Cume do Farelo SERRA DO FARELO Con orientación NO-SE, situada no nordeste da provincia de Pontevedra e ao suroeste da de Lugo, unida á serra do Faro pola serra das Cabezas. É unha sucesión de relevos suaves formada por granito de dúas micas e migmatitas na parte norte e pelitas e migmatitas na oriental. A máxima altura é O Farelo, con 956 m. Na vertente leste nacen varias cabeceiras do Ulla. Desde os cumes hai unhas boas vistas sobre as serras limítrofes e as comarcas do Deza e A Ulloa. Accedese desde a estrada de Lalín a Lugo, desde o Alto do Farelo, por unha pista que sobe ao parque eólico.
  • 63. Cumes da serra do Farelo coa serra de Pena Forcada ao fondo
  • 64. Vertente oeste da serra do Faro SERRA DO FARO Fai límite entre as provincias de Pontevedra (concello de Rodeiro) e Lugo (concellos de Chantada e Carballedo), con orientación NE-SO, que se prolonga cara ao oeste pola Pena de Francia. É unha serra de perfil suave con numerosas fallas ocupadas por ríos pouco encaixados. Está formada por granitos porfídicos no norte e granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitas. A máxima altura é o Monte Faro, con 1.187 m.
  • 65. O Monte Faro de Chantada é o cume máis alto da Dorsal Galega e da provincia de Pontevedra. No alto hai unha torre de vixiancia de incendios, un miradoiro e o centro de interpretación do parque eólico. O Faro divide dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla. Nesta serra nacen varios ríos, os máis importantes son o Arenteiro, que vai cara ao Miño, e o Deza e o Arnego, afluentes do Ulla. É un expléndido miradoiro sobre as terras da Golada e Chantada. Unha parte está protexida como LIC. Accedese desde o Alto do Faro (na estrada Lalín-Chantada) e Ourín (Rodeiro).
  • 67. Monte Piorno, ao sur da Serra do Faro. Fai linde entre Pontevedra, Lugo e Ourense
  • 68. Pena da Francia, en Dozón, unha prolongación cara ao oeste da serra do Faro
  • 69. Cume de Pena Maior SERRA DE ÓRREA Esténdese con direción NO-SE entre a serra do Farelo e o val do Ulla, en terreos de Agolada. Separa as cuncas do Arnego e o Baíña (afluentes do Ulla). O cume máis alto é o Pena Maior, con 666 m. Vista da serra de Órrea desde o Ulla
  • 70. MONTES DO TESTEIRO Serra con orientación NE-SO que fai de linde natural entre as comarcas do Deza, ao norte e Carballiño, ao sur. Son montes con formas vigorosas delimitados por unha fractura con direción NNE-SSO e moi diseccionados pola erosión dos ríos. Na vertente leste nacen afluentes do Viñao e na oeste afluentes do Deza. As rochas dominantes son os granitos e os xistos. O punto máis alto é o monte Uceiro con 1.003 m, onde conflúen os concellos de O Irixo (Ourense) e Lalín (Pontevedra). Está incluída no LIC “Serra do Candán”. Pódese acceder desde Vilatuxe. Serra do Testeiro vista desde o Candán
  • 71. O Testeiro marca o linde sur da comarca en Lalín. Ao fondo o Frao, límite polo leste coa provincia de Lugo.
  • 72. Monte Uceiro, cume da Serra do Testeiro. Nas súas abas están situadas as localidades de Carballeda e Subirol.
  • 73. SERRA DO CANDÁN É unha serra con orientación N-S, de perfil suave, formada por xistos, anfibolitas, ortogneis e paragneis rotos, pregados e tumbados que conforman un relevo bastante accidentado. A altura máxima é de 1.017 no monte de San Bento. Recolle unhas precipitacións anuais moi elevadas que dan lugar á formación de brañas no seu interior e aos mananciais que serven de nacemento a numerosos ríos e regueiros: afluentes do Avia; Deza e os seus afluentes Candán, Grovas e Asneiro; Lérez, e Umia Os seus cumes, como os de grande parte do territorio galego, están marcados pola presenza de aeroxeradores. Accedese desde Forcarei ou Vilatuxe. Panorámica da serra do Candán
  • 74. Monte de San Bento, o cume máis alto do Candán, onde conflúen os concellos de Lalín, Silleda e Forcarei
  • 75. A vexetación dominante nos cumes é o mato de breixos, carqueixas, xestas, queirugas e toxos con algunhas áreas de pasteiros. Nos fondos dos vales consérvanse pequenos bosques formados por carballos (a árbore máis abundante), rebolos, bidueiros, ameneiros, castiñeiros, pereiras bravas, acivros... Hai grandes espazos repoboados con piñeiros. A fauna do Candán é dun grande interese, pola variedade, e, sobre todo pola presenza de especies pouco comúns noutros lugares como o bufo real, a gatafornela ou a tartaraña cincenta. Está protexida como LIC. Carballeiras nas aba do monte Coco, o segundo máis alto do Candán con 969 m
  • 76. Cume de San Sebastián. Desde o alto hai unhas vistas excepcionais sobre toda a comarca do Deza, Santiago e A Estrada. Polos lindes entre o concello de Silleda con Forcarei e A Estrada esténdense unha serie de cumes de media altura de formas suaves e orientación SO-NE que separan a cuncas do Ulla (ao norte e leste) da do Umia (ao sur). Os cumes máis destacados son o FONTE FRÍA (666 m), OUTEIRO GRANDE (672 m) e SAN SEBASTIÁN (749 m). Nos cumes hai zonas achairadas onde abondan as brañas e turbeiras. Unha parte está protexida no LIC Brañas de Xestoso. Accedese desde a estrada de Silleda a Forcarei, polo desvío de Xestoso.
  • 77. Prados húmidos e brañas en Xestoso, cos cumes de Penas Altas ao fondo. As brañas son terreos onde se acumula auga que impregna o solo e a capa vexetal. Caracterízanse por ter unha vexetación de transición entre especies acuáticas, de ribeira e tipicamente terrestres. Nelas son comúns as turbeiras onde dominan os brións que absorben auga e crean un substrato esponxoso.
  • 79. Vista sur dos montes do Carrío MONTES DO CARRÍO Macizo situado nos lindes entre Vila de Cruces e Lalín que separa as cuncas do Arnego e o Deza. O punto máis alto é o Pena Redonda, con 831 m. Desde os cumes hai amplas panorámicas de toda a comarca. Accedese pola estrada de Lalín a Vila de Cruces, polo desvío do parque eólico.
  • 80. O Carrío desde Vila de Cruces
  • 81. Vista desde o cume do Carrío cara ás terras de Agolada. Ao fondo a serra de Órrea e o cume do Farelo.
  • 82. O Ulla, en Agolada OS RÍOS Toda a comarca forma parte da cunca do Ulla que fai de linde polo norte coa provincia de A Coruña e recibe importantes afluentes que baixan das serras da Dorsal Galega, entre os que destacan o Deza, que forma os vales de Deza e Trasdeza, e o Arnego, que forma o val de Camba entre Lalín e Rodeiro. Os cursos dos ríos son encaixados nunha gran parte do seu percorrido debido ás numerosas fallas do terreo e salvan desniveis en rochas resistentes que dan lugar a fermosas fervenzas e canóns.
  • 83. Nas augas dos diferentes ríos e nas súas ribeiras consérvanse importantes ecosistemas con especies atlánticas e mediterráneas, segundo a orientación e a altitude. Distintos tramos están protexidos nos LICs “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, “Sobreirais do Arnego” e “Serra do Candán”. Bosque en Escuadro, nun afluente do Toxa
  • 84. Molinia Pequenos grupos de plantas nas augas do Deza, no Candán
  • 85. Vexetación na beira do río: molinia, dentabrús, pé de boi…
  • 86. Picapeixes (Alcedo athis).Podemos atopalo nas beiras do río en calquera época do ano, onde é case invisíble pousado, pero chama poderosamente a atención o brillo da súa plumaxe azul cando voa. Ra vermella (Rana iberica). So vive nas partes altas dos ríos onde as augas teñen corrente.
  • 87. Vide do mosteiro de Camanzo. O microclima do Val do Ulla favorece o cultivo de especies mediterráneas como a vide.
  • 88. Nalgún puntos abrollan augas termais que foron aproveitadas desde tempos antigos para usos mediciñais (Caldelas de Vilariño, no Arnego, e A Brea no Deza). Arredor dos ríos consérvase tamén un importante patrimonio etnográfico (muíños, caneiros, lavadoiros) e histórico-artístico (pontes). O Deza en Carboeiro (Ponte do Demo) Ponte Pedroso sobre o Arnego (Rodeiro)
  • 89. Ponte dos Cabalos sobre o Arnego, entre Lalín e Agolada
  • 90. Ponte da Carixa sobre o Deza entre Silleda e Vila de Cruces
  • 91. Ponte Romana sobre o Asneiro (Cristimil) Muíño en Ponte Pedroso (Rodeiro)
  • 92. Área de lecer da illa de Ramisquide na Obra (Vila de Cruces) Por toda a comarca hai numerosas rutas sinalizadas que percorren os lugares de maior interese: Ulla-Deza, Cadoiro do Toxa, Arnego... e distintas áreas de lecer onde poder gozar da natureza e da paisaxe.
  • 93. Encoro de Portodemouros, situado entre a comarca do Deza (Agolada e Vila de Cruces) e a provincia de A Coruña (Santiso e Arzúa) RÍO ULLA Nace no monte Picouzo, na comarca da Ulloa e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida. Atravesa varias comarcas, ás que lle da nome ; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures despois de 132 km de percorrido. Presenta augas altas en xaneiro, febreiro e marzo, e baixas en agosto e setembro. Recibe pola esquerda o Baíña, Arnego (Rodeiro, Pequeno, As Abellas), Deza (Zobra, Grovas, Candán, Asneiro -Abeleda, Leborán, Portos, Reádigo-, Carrío,Toxa –Escuadro). O Ulla cos seus afluentes drena todos os concellos da comarca do Deza. Está encorado en Portodemouros para aproveitamento hidroeléctrico. Está protexido parcialmente no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”.
  • 94. TORRENTAS E FERVENZAS DE MÁCARA No lugar de Mácara, da parroquia de Ramil (Agolada). No alto Ulla hai un tramo comprendido entre a confluencia co río Pambre e o balneario de Frádegas onde o río forma un canón en rochas graníticas con moitos rápidos e pequenas fervenzas. A máis grande é a de Mácara, duns 4 m de altura. COMO CHEGAR: desde Agolada por Basadre e Ramil (seguindo río arriba) báixase ao río e séguese o seu curso. Tamén se pode facer unha ruta completa pola marxe dereita en terreos de Palas de Rei, desde as ruínas do balneario de Frádegas seguindo río abaixo uns 2 km.
  • 95. O Ulla en Cira, no linde entre Silleda e Boqueixón O Ulla entre Agolada (Pontevedra) e Santiso (A Coruña)
  • 96. Ponte medieval sobre o Ulla entre Gres (Pontevedra) e Ponteledesma (A Coruña)
  • 97. O Ulla no seu encontro co Deza na praia de As Xuntas (Cira, Silleda)
  • 98. O Arnego entre Agolala e Lalín. Nunha zona que cruza a estrada de Lalín a Lugo o Arnego salva unha forte pendiente con varios saltos pequenos. Nas proximidades hai unha minicentral. RÍO ARNEGO É un afluente do Ulla que nace entre a Serra do Faro e a Pena de Francia e xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros, despois dun percorrido de 46 km por terreos dos concellos de Rodeiro, A Golada, Lalín e Vila de Cruces. Recolle numerosos afluentes entre os que destacan pola dereita o Lamarzás, Rodeiro, Pequeno, Sara, Ferreiroa e Belpellas; e pola esquerda o Portocastro, Liñares, Saldeiro, Valgrande, Borbón e Galegos. Entre Rodeiro e Lalín forma o val de Camba. Nas súas marxes consérvanse os mellores grupos de sobreiras de Galiza protexidos no LIC “Sobreirais do Arnego”.
  • 99. O Arnego en Gurgueiro (A Golada)
  • 100. Fervenza no rego de Porto Marcelín, afluente do Arnego, a carón dos Baños de Caldelas de Vilariño.
  • 101. Fonte do baleneario de Caldelas de Vilariño, en Ponte Vilariño (Agolada). Houbo unha casa de baños que na actualidade está pechada. As augas abrollan a 20 ºC, son oligometálicas, alcalinas, bicarbonatado-sódicas, sulfhídricas, fluoradas e silicatadas. Empregábanse para tratar problemas respiratorios, dixestivos e reumáticos.
  • 102. O Arnego entre Vila de Cruces e Agolada, nunha zona encaixada con rápidos e pequenas fervenzas entre rochas metamórficas. COMO CHEGAR: pola estrada de Agolada a Vila de Cruces, despois de pasar Brántega chégase e unha ponte que cruza o río e desde alí séguese polas beiras.
  • 103. No val do Arnego abundan as anfibolitas, rochas básicas raras en Galiza que proceden da codia profunda e que adquiren un fino puído ao seren traballadas pola auga.
  • 104. Tramo final do Arnego anegado no encoro de Portodemouros.
  • 105. RÍO DEZA É o principal afluente do Ulla na comarca e o que lle da nome. Nace na serra do Testeiro, en Fonte Deza (Espiñeira-O Irixo) e forman as súas cabeceiras os regos Zobra, Medos e Grobas que se xuntan en Zobra. Percorre terreos de Dozón, Lalín Silleda e Vila de Cruces e xúntase co Ulla á altura de Ponte Cira. Á altura de Vilatuxe separa os vales de Deza e Trasdeza. Os principais afluentes pola dereita son o Asneiro, Orza e Sabrexo; e pola esquerda o Gouxa e Toxa. Unha boa parte está protexida nos LICs “Serra do Candán” e “Sistema fluvial Ulla-Deza”. Ponte de Taboada, no Camiño de Santiago. Unha ruta que sae da marxe dereita do río, a carón da ponte da antiga estrada, permite chegar a ela e visitar unha zona na que o río corre encaixado ao pé dunha antiga minicentral.
  • 106. O Deza en Carboeiro
  • 107. Encontro do Deza e o Toxa, entre Silleda e Vila de Cruces
  • 108. O Deza na área recreativa da Carixa e A Moa (Vila de Cruces)
  • 109. Área de lecer “O Museo”, en Corrigatos (Doade-Lalín), á beira do Asneiro. RÍO ASNEIRO Nace na Pena de Francia e percorre terreos de Dozón e Lalín. Xúntase co Deza nas proximidades de Cristimil (Lalín). Recibe pola dereita o Abeleda e Lebozán, e pola esquerda o Portos e Riádigos. Ponte romana de Cristimil sobre o Asneiro, pouco antes da confluencia do Deza.
  • 110. FERVENZAS DOS MUÍÑOS Na parroquia de Ponte (Silleda). O río salva un desnivel en rochas graníticas con varios saltos. O máis gande ten 8 m de altura. CÓMO CHEGAR: na estrada de Silleda a Vila de Cruces, ao chegar a Pontes cóllese un cruce á dereita, atravésase o lugar e crúzase o río. Seguindo pola marxe dereita río abaixo (pola condución da depuradora) chégase á primeira fervenza que está situada a carón duns muíños abandoados. A maleza nor permite seguir pola beira. Para ir ás outras hai que facelo seguindo río arriba desde a depuradora de augas residuais de Silleda, á que se accede por unha pista á dereita. Desde alí cóllese un carreiro á esquerda apegado ao peche que segue a canle da depuradora e despois de aproximadamente 200 m inténtase baixar ao río por onde se poida. O terreo está cheo de mato e resulta moi complicado. RÍO MERA OU DA GOUXA Un afluente do Deza que baixa do Monte Castelo e ten un curto percorrido polo concello de Silleda no que forma varias fervenzas.
  • 111. RÍO TOXA É o principal afluente do Deza na comarca. Nace na parroquia de Graba (entre o Outeiro Verde e o Coto da Tella) e percorre terras do concello de Silleda de sur a norte ata desembocar no Deza nas proximidades de Carboeiro. Os principais afluentes son o Escuadro e o Mera. No seu curso e o dos seus afluentes atópanse fermosas fervenzas. Dúas fervenzas no Toxa pouco antes de se xuntar co Deza
  • 112. A FÉRVEDA Na localidade de Férveda da parroquia de Escuadro (concello de Silleda). No río Escuadro, afluente do Toxa. Na parte alta o río chámase río da Férveda e discorre por un estreito val en rochas graníticas que que forma numerosos rápidos e varias fervenzas. A máis interesante salta un desnivel de 10 m. A zona conserva un bo bosque de ribeira e carballeiras. COMO CHEGAR: na estrada de Silleda á Estrada cóllese o desvío a Escuadro e pouco antes de chegar ao núcleo cóllese un cruce nunha curva pechada que leva até a localidade de Férveda. Despois de pasar as últimas casas hai un cruce de varios camiño e séguese polo de arriba aproximadamente 300 m. Para baixar ao río hai que seguir, pola esquerda, unha levada que baixa desde os prados.
  • 113. O Toxa en augas altas. Os ríos de réxime pluvial teñen grandes variacións de caudal durante a época de chuvias e o seu aspecto pode cambiar tanto como o que se pode apreciar nestas imaxes do cadoiro do Toxa. CADOIRO DO TOXA Parroquia de Martixe (Silleda) O río Toxa cae nun desnivel de 60 m de altura aproveitando unha formación de granito de dúas micas. Na zona conflúen rochas graníticas duras e resistentes con rochas metamórficas máis alterables (anfibolitas, xistos micáceos e paragneis e a fervenza é o resultado da erosión diferencial. Nos arredores hai bosques ben conservados. COMO CHEGAR: na estrada N520 Santiago- Ourense, cóllese un desvío de Bandeira a Merza. O desvío de Pazos lévanos ata a parte alta do miradoiro. Desde alí pódese facer un percorrido a pé pola parte baixa ou seguir unha ruta polo Deza ata o mosteiro de Carboeiro.
  • 114. Cadoiro do Toxa: vista desde o miradoira e parte baixa do salto principal
  • 115. REGO DE CUBELOS Un pequeno afluente do Ulla que nace no monte do Vilar e ten todo o seu percorrido no concello de Vila de Cruces. Fervenzas en San Tomé de Ínsua (Vila de Cruces)
  • 116. AS ÁRBORES Carballeiras no Candán Unha grande parte do terreo forestal está ocupado por piñeiros e eucaliptos de repoboación, pero nas serras e nos vales máis afastados consérvanse fragas autóctonas onde domina o carballo (Quercus robur) acompañado de rebolos, castiñeiros, bidueiros, acivros, sanguiños.. e nas áreas máis secas do val do Arnego atópanse grupos de sobreiras. As fragas máis destacadas atópanse na serra do Candán (Zobra) e nas abas do Faro, en Rodeiro. Nalgúns lugares consérvanse exemplares monumentais de bo porte, entre os que destacan os castiñeiros de Catasós, e as Sobreiras do Arnego.
  • 117. Carballeira de Barcia (Lalín). Unha extensa área plantada de carballos que forma un fermoso conxunto que destaca polo seu tamaño, pola superficie que ocupa e a regularidade da distribución. CARBALLO (Quercus robur)
  • 118. -Carballeira da Crespa. (Donramiro; Lalín). Un gran número de exemplares de bo porte. Os máis grosos miden 4,9 e 3,8 m de perímetro.
  • 120. -Carballo de Viñoa (Lalín). -4,35 m de perímetro. -Carballo en Soutolongo (Lalín) -4,70 m de perímetro Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
  • 121. --Carballo de Donramiro (Lalín) -Carballo da igrexa de Bermés (Lalín)
  • 122. -Carballo “Os Carballiños” (Vilatuxe, Lalín) -5,20 m de perímetro. Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
  • 123. -Carballo da Balagosa (Vilatuxe, Lalín) -Carballo do Pazo (Vilatuxe, Lalín) -5,50 m de perímetro
  • 124. -Carballos no río Arnego (Parada, Lalín)
  • 125. -Carballos da Fraga de Catasós (Lalín) Incluído sno catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
  • 126. -Carballo de Bergazo (Lalín) -Carballo de Siador (Silleda)
  • 127. -Carballo de Ventosa (Agolada)
  • 128. Castiñeiro na Torre de Outeiro (Fafián, Rodeiro) CASTIÑEIRO (Castanea sativa)
  • 129. Castiñeiros de Quintela de Catasós. (Lalín). Os máis altos de Galiza e de Europa (ata 31 m de altura e case 5 m de perímetro) Incluídos no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 130. SOBREIRA (Quercus suber) Sobreiral do Arnego No val do Arnego aínda se explota a corrtiza das sobreiras.
  • 131. Sobreiras de O Castro (Silleda)
  • 132. Sobreiras de Fares (Breixa, Silleda) Sobreira en Bermés (Lalín). Varios exemplares situados ao pé da estradade Bermés a Santiso. O máis destacado ten bo porte e mide 4,60 m de perímetro.
  • 133. Sobreira de Siador (Silleda) -30 m de altura e 8,40 m de perímetro Incluída no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 134. Piñeiro manso de Carricovas. Atópase na estrada de Piñeiro a Cira (Silleda). -4,20 m de perímetro. PIÑEIRO MANSO (Pinus pinea)
  • 135. Eucalipto en Soutolongo (Lalín) -7,50 m de perímetro no toro. EUCALIPTO (Eucaliptus globulus)
  • 136. Bidueiro en Piñoi (Vilatuxe, Lalín), no interior do toro morto dun castiñeiro. BIDUEIRO (Betula celtiberica)
  • 137. Rodís (Lalín) ALCIPRESTE MEDITERRÁNEO (Cupressus sempervirens) ALCIPRESTE DE PORTUGAL (Cupressus lusitanica) Carmoega (Agolada)
  • 138. Buxos de Siador (A Saleta, Silleda) BUXO (Buxus sempervirens)
  • 139. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA Abrangue unha superficie de 1.153 ha no curso do Ulla desde Arzúa ata a desembocadura e o último tramo do Deza, Na comarca inclúe terreos dos concellos de Silleda e Vila de Cruces. É unha zona de grande interese xeolóxico e biolóxico. Podemos atopar rochas de orixe metamórfica como os xistos, gneis e anfibolitas, e ígneas, como os granitos hercínicos (granito de dúas micas). Os ecosistemas máis relevantes son bosques de ribeira. Nas partes baixas dos ríos Deza e Arnego sobreviven especies mediterráneas: sobreiras, érbedos e loureiros. O Ulla é o mellor río salmoneiro da vertente atlántica galega.
  • 140. LIC SOBREIRAIS DO ARNEGO O espazo protexido, de 1.081 ha, ocupa o curso baixo do río Arnego nos concellos de A Golada, Lalín e Vila de Cruces e os bosques limítrofes. O río discorre bastante encaixado entre xistos e rochas básicas. As especiais características climáticas da zona, con influencias mediterráneas, propician a aparición de especies como as sobreiras que forman os bosques desta especie máis grandes e mellor conservados de Galiza, principal motivo da protección deste espazo. Ademais conserva bosques de ribeira de amieiras, salgueiros, freixos, estripos... e nas zonas máis altas carballeiras.
  • 141. SERRA DO CANDÁN Espazo de 10.683 ha que nesta comarca inclúe terreos nos concellos de Silleda e Lalín. Comprende a Serra do Candán, os Montes do Testeiro e o curso alto do Deza e os seus afluentes Candán, Grovas e Asneiro. Recolle unhas precipitacións anuais moi elevadas que dan lugar á formación de brañas no interior da serra e aos mananciais que serven de nacemento aos ríos Lérez, Umia e Deza. Acolle áreas de bosque autóctono, turbeiras, matogueiras e áreas cultivadas ou con plantacións forestais cunha rica biodiversidade.
  • 142. LIC MONTE FARO É un espazo de 3.002 ha que fai límite entre as provincias de Pontevedra (concello de Rodeiro) e Lugo (concellos de Chantada e Carballedo), en plena Dorsal Galega. A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación (piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras onde se mesturan carballos e cerquiños e, nas zonas húmidas, bidueiros.
  • 143. LIC BRAÑAS DE XESTOSO Comprende 1.080 ha situadas nos concellos da Silleda, A Estrada, e Forcarei. A maior parte da zona é unha superficie de erosión do Terciario situada entre 600 e 650 m de altitude. Nesta área atópanse os montes, de pendentes suaves, que separan as concas do Ulla e do Umia. O máis alto é o pico San Sebastián, con 748 m. A maior parte do espazo está ocupado por extensas zonas de monte baixo onde abundan as xestas mouras (Cytisus striatus), os toxos, os breixos e as carqueixas; prados húmidos, brañas e turbeiras con vexetación palustre; algún bosque de umbría (formado por carballos, bidueiros, castiñeiros, acivros, xilbarbeiras, fentos arandos...), e unha lagoa (Olives) que se forma por acumulación da auga da chuvia.
  • 144. MONUMENTO NATURAL FRAGA DE CATASÓS Chamada tamén Carballeira de Quiroga ou de Quintela. É un bosque mixto cunha extensión de 4,5 ha situado en Santiago de Catasós (Lalín). O terreo é propiedade da Xunta de Galiza O maior interese deste espazo reside no gran valor biolóxico dos castiñeiros que teñen o fuste máis alto de Europa (algúns sobrepasan os 31 m de altura e acadan uns 5 m de perímetro).
  • 145. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2017 Mentres estaba a facer este traballo recibiín a nova do falecemento da amiga e compañeira Chus García Piñeiro, coa que compartín moitos proxectos no IES Francisco Asorey. Chus, este traballo dedícocho con todo o agarimo. Sempre te recordarei.