Litoral entre o cabo Prioriño e a punta da Coitelada, unha ría moi poboada e cunha intensa actividade industrial. De enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexida en parte no LIC/ZEC "Costa
4. Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur.
Acada 17 km de lonxitude e 2 km de largura media.
É unha ría con dúas partes ben definidas: unha canle de entrada estreita coas beiras
escarpadas e un interior amplo con varias enseadas. Na parte interior ten unha grande
acumulación de sedimentos lamacentos. O río principal que a alimenta é o Grande de
Xuvia. Tamén desembocan nela o río Belelle e outros regos máis pequenos.
É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está densamente poboada e con grande
actividade industrial. As vilas máis importantes son Ferrol, Narón, Xuvia, Neda, Fene e
Mugardos.
Ría de Ferrol. Zona exterior, vista desde a punta do Segaño.
17. Cabo Prioriño Pequeno e porto exterior
O Cabo Prioriño pecha a entrada da Ría de Ferrol polo norte. Divídese en dúas puntas
o Prioriño Grande e o Pequeno, onde está o antigo faro.
18. Cabo Prioriño Pequeno. O antigo faro que funcionou desde 1854. Nas proximidade atópanse
os restos das baterías militares construídas en 1799 para defender a ría de Ferrol.
44. FERROL
Aséntase no interior da ría. Unha cidade marítima sen acceso ao mar, na que a fachada
marítima diversa e dinámica que se ve desde a outra banda da ría, chea de peiraos, grúas
e tinglados varios, desaparece desde a cidade detrás dos altos valados das instalacións
militares, os estaleiros e outras construcións portuarias, ata o punto de que só é posible
ver de preto e achegarse ao mar no porto das Curuxeiras e a estación marítima, na
enseada de Caranza, que aínda conserva restos da costa orixinal e dos areais, e na Malata,
no que queda do esteiro do río da Sardiña.
45. Vista do porto e Arsenal de Ferrol
Ferrol é unha cidade ligada á actividade naval desde o século XV, cando a Coroa mandou
construír nela os maiores estaleiros do Estado. O Arsenal militar de Ferrol, construído no século
XVIII ocupa unha grande parte da fachada marítima da cidade.
61. Aceña do Ponto (Xuvia). No esteiro do río Freixeiro. Muíño de mareas de tres moas
construído a finais do século XVIII. Foi nomeado Real Fábrica por Carlos IV en 1798 e
funcionou como muíño industrial ata 1970.
Nas proximidades houbo una antigas saíñas de orixe romana.
66. Río Grande de Xuvia. Nace nos montes de Serra en terras das Somozas e, despois de 31 km,
desemboca na Ría do Ferrol, entre Narón (Xubia) e Neda.
67. Vista de Narón desde o miradoiro do Coto do Rei (Fene).
Narón ocupa unha parte da marxe dereita da ría de Ferrol, entre a enseada da Gándara e o
río Grande de Xuvia. E unha vila cunha importante actividade industrial e co litoral
praticamente ocupado por construcións e recheos.
68. Vista da ría e de Narón desde o miradoiro do Coto de Ancos (Neda)
69. Río Grande de Xuvia.
Nace nos montes de Serra
en terras das Somozas e,
despois de 31 km,
desemboca na Ría do
Ferrol, entre Narón (Xuvia)
e Neda.
Muíños de Xuvia
Conxunto de dous muíños
con catro moas, na marxe
dereita da desembocadura
do río Xuvia. Construidos
en 1775. Están en proceso
de rehabilitación para
instalar un centro didáctico
e museístico.
74. NEDA
Situado no fondo da marxe esquerda da Ría de Ferrol. entre o río Grande de Xuvia e O
Puntal. A súa capital, San Nicolás, conserva edificacións dos séculos XVII e XVIII.
Ribeira da Toeleira
79. RÍO BELELLE
Nace no Forgoselo e desauga na
ría de Ferrol, en Neda.
Foi un río cun grande
aproveitamento para mover
mecanismos en muíños, fábricas
de papel, e téxtiles, e nel
instalouse unha das primeiras
centrais hidroeléctricas. Hoxe
move dúas minicentrais.
Canle do Basteiro, un
dos brazos do río Belelle
na desembocadura
93. Estaleiros e porto
FENE
Un concello onde convivien o marisqueo e a pesca artesanal coa construción de grandes
buques. Na actualidade as instalacións de Astano (agora Navantia) teñen moita menos
carga de traballo que noutros tempos.
151. Punta Segaño e cabo Prioriño co porto exterior de Ferrol
152. Restos das baterías militares da punta Segaño, construídas e 1739 e modificadas en varias
ocasións.
Desde o cume de Segaño ha unhas fermosas panorámicas da ría de ferrol e da contorna.
163. XEOLOXÍA
O releve do litoral da ría de Ferrol é moi irregular e está intensamente fracturado.
A costa ten un enorme interese xeolóxico –especialmente a zona exterior da ría- polas formas
(dunas, cantís, illotes...) e pola variedade das rochas (xistos, granitoides calcoalcalinos. ...).
MAPA LITOLÓXICO
As rochas dominantes son granitos na zona da boca da ría e xistos no interior.
169. LIC/ZEC “Costa
Ártabra” nas
comarcas de Ferrol e
Ortegal.
VALORES NATURAIS:
paisaxe, formacións
xeolóxicas, rochas,
flora e fauna.
Inclúe a Cabo
Prioriño –agás o
porto exterior- e o
tramo desde a punta
Coitelada ata a
punta da Palma.
É una zona de cantís
elevados con alguna
praia.
170. Na ría de Ferrol podemos atopar variedade de ecosistemas e hábitats acuáticos,
intermareais e terrestres: no litoral e na ría abondan as algas; nos cantís os liques o pirixel
do mar, a herba de namorar, o mato de toxo…; e nos areais o feo da praia, as gramas, os
xuncos, a espartina, a portulaca…
Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
FLORA
171. VALOR BIOLÓXICO
No litoral de Ares podemos atopar diversos hábitata: esteiros, lameiros, costa rochosa
abrigada e exposta, areais … nos que se asenta una variada flora e fauna.
Verdello na enseada de Ares
173. FAUNA
Na ría destaca a presenza de invertebrados que viven nos fondos de area e lama
(moluscos, vermes), sobre as rochas (lapas, arneiróns, percebes…) ou nos agochos dos
cantís (crustáceos, polvos, peixes…)
Hai una importante presenza de aves acuáticas nos cantís e nos esteiros.
Berberecho
(Cerastoderma edule)
186. Miradoiro da Bailadora. Un punto panorámico sobre a Ría de Ferrol. No concello de Ares, nos cumes do
Montefaro, atópanse os restos de varios elementos do sistema defensivo da ría de Ferrol e da súa
contorna, e ao pé de un deles, o que se atopa máis preto da ría, a 230 m de altura e a uns 400 m en liña
recta do mar, acondicionouse un miradoiro que permite gozar dunhas impresionantes panorámicas, en
especial da ría de Ferrol,
Accedese desde Ares: desde Cervás cóllese o desvío sinalizado ao Mosteiro de Santa Catalina e ao
miradoiro, que se atopa uns 600 m adiante do mosteiro por unha pista de terra ben coidada.
Desde Mugardos pola estrada que vai ao castelo da Palma e collendo nela o desvío sinalizado ao mosteiro
e á Bailadora.
188. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Por todo o litoral da ría de Ferrol consérvase un importante patrimonio histórico, artístico
e etnografico: cascos antigos, edificios, igrexas, muíños (de río e de marea), portos,
castelos, baterías militares, embarcacións tradicionais...
190. Preto da desembocadura do Xuvia, en Neda, funcionou, coa enerxía do río, a Real Fábrica,
que nos primeiros tempos foi de caldeirería de cobre, no 1909 de armas, logo de moeda e
máis tarde fábrica téxtil.
194. Castelo da Palma, do século XVI
Hai referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e medievais na ría.
A historia da ría de Ferrol está moi ligada á actividade da construción naval e das
instalacións militares. As primeiras referencias coñecidas son da construcción dun buque
armado en Neda en 1344. Por ambas beiras da ría atópanse castelos e sistemas defensivos
de distintas épocas.
197. -Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre os seres vivos; especies invasoras
-Contaminación
PROBLEMAS
198. Enseada da Barca (Mugardos)
A ría de Ferrol ten unha enorme riqueza biolóxica, pero sempre estivo moi afectada a nivel
ambiental pola presión urbanística, os verquidos e as industrias.