CONCELLOS: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía.
Fisterra ocupa a parte sur da Costa da Morte, no extremo occidental da provincia de A Coruña.
Os aspectos naturais máis sobresaíntes son xeomorfolóxicos (derivados da acción do mar e a composición das rochas) e ambientais, derivados da situación noroccidental, que marca o límite de distribución e asentamento dalgunhas especies endémicas ou singulares.
Vigo é unha comarca que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña. O relevo é irregular sen grandes elevacións pero con fortes pendentes e poucas zonas chans, agás a Depresión Meridiana que atravesa a comarca de norte a sur e os tramos finais dos vales dos ríos.
A rede fluvial é moi densa e diversificada: forma parte da as cuncas do Miño e Verdugo e hai numerosos ríos menores que van directamente ao mar.
A pesar da intensa presión humana conserva numerosos lugares de interese natural, varios deles protexidos e numerosos parques urbanos e forestais, nos que se poden realizar rutas de sendeirismo.
CONCELLOS: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.
O BAIXO MIÑO ocupa o extremo SO da provincia de Pontevedra, entre o río Miño e o mar. O territorio ten inclinación N-S, entre as estribacións cara ao leste da serra da Groba e as estribacións cara ao oeste da serra do Galiñeiro, e o río Miño. Está formado polos vales polos que baixan os últimos afluentes do Miño, todos eles de curto percorrido.
Pódense distinguir, a nivel paisaxístico, tres zonas: a costa, rectilinea, rochosa, sen apenas abrigos e batida constantemente polo mar; a montaña, unha sucesión de cumes achairados que ocupan o norte e o oeste; e os vales nos que se desenvolve unha intensa actividade agrícola.
É unha comarca con importantes valores históricos, etnográficos, paisaxísticos e ecolóxicos.
CONCELLOS: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
CONCELLOS: Carnota e Muros
A comarca de Muros sitúase na marxe norte da ría de Muros e Noia e na costa de mar aberto ata a desembocadura do Xallas.
É unha comarca eminentemente costeira cun releve moi en pendente que pasa en moi pouca distancia dos 0 a máis de 500 m de altura nos que sobresaen o macizo do Pindo a Serra das Forcadas e o Pedregal.
É unha comarca cun grande patrimonio natural na que se atopan dous espazos protexidos e dun gran interese paisaxístico e etnográfico.
Concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.
A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña, polo oeste.
Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e cultural.

Un tramo de costa dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, entre a Costa Ártabra e a ría de Cedeira.
Protexido no LIC/ZEC “Costa Ártabra” e como Lugar de Interese Xeolóxico Internacional “Cabo Ortegal”.
CONCELLOS: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
A comarca do Barbanza ou Arousa Norte atópase no suroeste da provincia da Coruña, ocupando a parte sur na península do mesmo nome. O territorio está ocupado na súa maior parte pola serra do Barbanza e a costa da banda norte da ría de Arousa e un tramo de mar aberto ata pasado o cabo Corrubedo. O último tramo do esteiro do Ulla ocupa parte das costas de Rianxo, e numerosos cursos fluviais de pequeno percorrido baixan da serra directamente ao mar.
As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción. Ten un rico patrimonio natural centrado especialmente na costa exterior e no esteiro do Ulla.
A comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso caudal.
Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña
O concello de Catoira está situado na banda sur da Ría de Arousa, nun terreo de transición co esteiro do Ulla (espazo protexido).Ten unha costa baixa, con alternancia de zonas rochosas e areosas, con alguns seos e numerosos bancos de area e lameiros producidos polos sedimentos que achega o río. Está moi ocupada por recheos e construcións.
A comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros.
É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
Concellos: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagacía de Arousa e Vilanova de Arousa
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
CONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
Litoral do concello de Ortigueira, na ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Estaca de Bares" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
O concello de Ribeira Ocupa o extremo suroeste da península do Barbanza, no final das rías de Arousa, e de Muros e Noia e as costas abertas de Corrubedo. O Territorio repártese entre as últimas estribacións da serra do Barbanza (Os Forcados, con 618 m; San Arberte, con 215 m e O Castro, con 209 m) e unha ampla chaira litoral. A costa é moi recortada e variada con numerosas praias, coídos, cantís, illas, illotes, lagoas litorais e pequenos seos. É unha zona de amplas e fermosas paisaxes que acolle hábitats mariños e terrestres dun enorme valor ambiental.
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
Litoral do concello de Cariño, entre os cantís da serra da Capelada e a ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Cabo Ortegal" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
CONCELLOS: A Capela, Cabanas, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.
A comarca do Eume esténdese desde as serras da Dorsal Galega, ao leste ata a ría de Ares ao oeste, nun territorio moi diverso onde se dan grandes diferenzas de altitude, de formas de releve e litolóxicas no que o río Eume é o principal protagonista.
É unha comarca con numerosos espazos naturais e cunha paisaxe moi rica en matices.
CONCELLOS: Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.
A comarca de Noia está situada no suroeste da provincia de A Coruña, con fronte ao centro e sur da ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas Galegas. É unha comarca de paisaxes asociados ao mar e ás serras, onde as estreitas chairas costeiras están rodeadas en toda a súa contorna por aliñacións de cumes que van do Tremuzo, ao norte, ata o Barbanza, ao sur. O río Tambre é a principal arteria da comarca e forma o maior esteiro que ocupa o fondo da ría.
As áreas de maior interese natural atópanse ao longo de toda a costa onde hai numerosas praias e cantís de grande valor ecolóxico, e no esteiro do Tambre.
CONCELLOS: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra
A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra.
O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica en parques e xardíns, tanto públicos como privados.

Concellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
CONCELLOS: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela.
A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
A comarca coñecida como O Arenteiro ou O Carballiño está situada ao noroeste da provincia de Ourense, lindando coas de Pontevedra e Lugo. O territorio é moi irregular e está intensamente fracturado. Sitúase entre as serras da dorsal (Candán, Testeiro e Faro) coas súas estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Montes do Paraño) e os vales do Miño e os seus afluentes; Avia, do que colle a metade norte da cunca cos ríos Doade, Viñao e Arenteiro, e Barbantiño, do que colle a metade oeste. É unha comarca dunha grande riqueza natural, asociada aos vales dos ríos e á montaña.
CONCELLOS: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
CONCELLOS: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño
A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes.
É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol, onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias.
Acolle importantes espazos naturais moi diversos.
A comarca dos Ancares inclúe os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
2. Fisterra ocupa a parte sur da Costa da Morte, no extremo occidental da provincia de A
Coruña.
Os aspectos naturais máis sobresaíntes son xeomorfolóxicos (derivados da acción do mar e a
composición das rochas) e ambientais, derivados da situación noroccidental, que marca o
límite de distribución e asentamento dalgunhas especies endémicas ou singulares.
Vista desde o monte Pindo: península e enseada de Fisterra e ría de Corcubión
3. A Costa da Morte é unha área que
abrangue as comarcas costeiras
comprendidas entre Caión e Fisterra,
ou Caión e Monte Louro, segundo os
diferentes autores. O topónimo Costa
da Morte ven dos numerosos
naufraxios que tiveron lugar nas súas
augas.
É unha costa moi exposta, con
grandes áreas ocupadas por cantís,
illotes e baixos, onde dominan os
ventos e a ondada. As praias son
abertas e con bos sistemas dunares,
agás alguhas situadas no interior de
pequenas rías ou enseadas.
Cabo Fisterra, chamado polos romanos
“Promontorium Nerium”
5. SUPERFICIE: 335,2 km2
POBOACIÓN: 22.461
habitantes (2014)
CONCELLOS: Cee,
Corcubión, Dumbría,
Fisterra e Muxía.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Costa da Morte” e
“Carnota-Pindo”
10. PATRIMONIO
Petróglifos da Pedra Ancha
(Buxantes, Dumbría)
Toda a comarca acolle un importante
patrimonio cultural con
representacións da prehistoria
(castros, dolmes e petróglifos), igrexas,
muíños, hórreos, castelos, conxuntos
arquitectónicos...
O camiño de Santiago cruza o territorio
desde Dumbria a Muxía e Fisterra.
11. Dolme de Pedra da Arca, un magnífico
exemplo da arquitectura megalítica,
nas proximidades de Regoelle
(Dumbría), no linde con Vimianzo.
28. Albergue en Olveiroa
O CAMIÑO XACOBEO A FISTERRA E MUXÍA
A idea de peregrinación cara ás terras máis occidentales de Europa xa estaba presente nas
crenzas dos pobos celtas, relacionadas coa viaxe que a diario realiza o sol.
A estreita relación de Fisterra co culto xacobeo é moi antiga, no S. XI aparece citada a Cidade
de Duio no Códex Calixtinus. Segundo a tradición por Duio (antiga Dugium) pasaron os
discípulos do Apóstolo coa intención de soterrar os seus restos nos confíns do Occidente.
Na actualidade, a prolongación do Camiño ata A Costa da Morte é un ritual que seguen
moitos peregrinos, que desexan chegar ata o Finis Terrae e coñecer algúnhas das paraxes
máis impresionantes da costa europea occidental.
O camiño entra nas terras de Dumbría por Ponte Olveira, logo sube polo monte Sino, deixando á esquerda
o río Xallas que baixa aquí encaixado, por Logoso e Hospital.
@s peregrin@s realizan os ritos de purificación ao
rematar a o camiño: bañarse na praia da Langosteira,
queimar a roupa no cabo de Fisterra e ver a posta do sol.
29. SUPERFICIE: 52,2 km2
POBOACIÓN: 7.760 habitantes (2014)
PARROQUIAS: A Ameixenda, Brens, Cee (principal núcleo urbán, con máis de 3.300 habitantes), Lires, A
Pereiriña e Toba.
CEE
Está situado no centro da comarca, entre a costa da Morte, no mar aberto, e a ría de
Corcubión. Está limitado ao norte polo río Castro, que o separa de Muxía, ao leste polos
montes de San Pedro, A Armada e Buxantes (o cume máis destacado é o Montemaior, con
416 m, no linde con Dumbría), ao sur pola ría de Corcubión e o concello de Fisterra, e ao oeste
polo Océano Atlántico. Outros cumes destacados son Sete Grises (302 m), e Legua Seca (322
m).
O río máis importante é o Castro que desemboca na ría de Lires. Na ría de Corcubión
desembocan o río de Brens e o río de Cee.
CONCELLOS
30. Castelo do Príncipe
As principais actividades son a pesca, a industria, a agrodandaría e o turismo.
Ten parte do territorio costeiro protexido no LIC “Costa da Morte” e unha pequena parte dos
montes de Buxantes no LIC “Carnota-Pindo”.
Acolle un rico patrimonio artístico e etnográfico: hórreos, muíños, igrexas...
A Furna
31. SUPERFICIE: 7,6 km2
POBOACIÓN: 1.672
habitantes (2014).
PARROQUIAS:
Corcubión e A
Redonda.
CORCUBIÓN
O Concello de Corcubión é un dos máis pequenos de Galiza. Ocupa unha península entre a ría
de Corcubión (ao leste) e a enseada de Fisterra (ao oeste). A costa e maiormente rochosa e
baixa, con algún pequeno areal.
32. Castelo do Cardeal
As principais actividades son os servizos e a pesca.
A vila de Corcubión é o centro administrativo da
comarca e foi declarada Conxunto histórico-
artístico en 1985.
Faro no cabo de Cee
33. SUPERFICIE: 125 km2
POBOACIÓN: 3.137
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Berdeogas,
Buxantes, Dumbría, Ézaro,
Olveira, Olveiroa e
Salgueiros.
Ézaro, a principais poboación costeira de Dumbría
DUMBRÍA
Situado no leste da comarca. É un concello interior que ten o único contacto coa costa en
Ézaro, na desembocadura do Xallas.
O territorio e montañoso e está ocupado nunha grande parte polos montes de Buxantes e as
súas abas ata o río Xallas, polo leste e o Castro polo Oeste.
34. É un concello eminentemente agro gandeiro e con algunha actividade industrial.
Acolle un riquísimo patrimonio arqueolóxico, histórico e cultural, que denota un pasado de
intensas vivenzas: dolmes, petróglifos, igrexas, hórreos, pontes...
O patrimonio natural máis importante atópase nos montes de Buxantes e no canón e na
fervenza do Xallas, incluídos no LIC Carnota-Pindo.
Igrexa de Santiago en Berdeogas
Pendellos da feira e hórreo na Ponte Olveira
35. SUPERFICIE: 29,6 km2
POBOACIÓN: 4.824
habitantes (2014)
PARROQUIAS: San
Martiño de Duio, San
Vicente de Duio, Fisterra
e Sardiñeiro
FISTERRA
Ocupa o suroeste da comarca nun cabo que ten o océano atlántico polo oeste e sur, e a
enseada do Sardiñeiro polo leste. O terreo está formado por unha sucesión de pequenos
cumes entre os que destacan o monte San Xoán (245 m), o Facho (241 m) e o Veladoiro (234
m). A costa alterna altos e abruptos cantís con areais nos que se conservan bos sistemas
dunares. O río máis importante é o Grande que desemboca na praia Langosteira.
Porto de Fisterra
36. Igrexa de Santa María de Fisterra. No interior atópase a imaxe do santo Cristo de Fisterra arredor do que hai unha gran
devoción.
Conta a lenda que no século XVI uns pescadores da zona viron a un barco en dificultades no medio dun temporal sen
poder avanzar, coma se estivese ancorado. Observaron como desde a embarcación botaban unha caixa ao mar e logo
puido seguir avanzando. Ao chegar a terra descubriron dentro a imaxe do Santo Cristo, polo que creron que era a súa
intención ficar en Fisterra.
É unha imaxe moi realista, de tamaño natural, dise que as unllas son dun home, que emite suores de morte e que lle
medra o pelo e as unllas. Entre os miragres cóntase o de converter ao cristianismo a uns moros que quixeron profanar a
igrexa.
As principais actividades son a pesca, o marisqueo e os servizos.
Ten importantes valores naturais protexidos no LIC “Costa da Morte”.
É un concello rico en vestixios históricos e arqueolóxicos desde tempos phehistóricos e moi
ligado ás tradicións relacionadas coas rutas xacobeas.
37. Panorámica da vila e porto de Muxía
SUPERFICIE: 121 km2
POBOACIÓN: 5.068 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Bardullas, Caberta, Coucieiro, Frixe, Leis, Moraime, Morquintián, Xuxía, Nemiña, Nosa
Señora da O, Ozón, Touriñán, Vilastose e Vuiturón.
MUXÍA
Está situado ao norte da comarca e abrangue un amplo espazo de costa desde o fondo da ría
de Camariñas ata a ría de Lires. O territorio é moi irregular, con pequenas elevación e unha
costa que alterna abruptos cantís e areais expostos e protexidos. O monte máis alto é o
Facho, con 312 m.
O río máis importante é o Castro que fai de linde polo leste e sur.
38. As principais actividades están relacionadas coa pesca, o marisqueo e o turismo.
O concello de Muxía acolle un importante patrimonio cultural no que destaca o románico
coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa
María de Morquintián, Santa María (románico de transición) e San Martiño de Ozón. Ademais
tamén conta con dous mosteiros, Moraime e Santa María de Ozón.
Unha boa parte da costa está protexida no LIC “Costa da Morte”.
Santuario da Virxe da Barca, construído no século XVIII a carón dunha antiga capela.
A Romaría da Virxe da Barca é o fenómeno cultural máis importante de todo o ano no concello e unha das festas máis
grandes que se celebran en Galiza. É unha mestura de actos relixiosos e profanos, xira en torno á historia do Santuario
da Virxe da Barca e as peregrinacións a Muxía polo “Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía”. Conta a tradición que a
Virxe chegou a Muxía nunha barca de Pedra.
O santuario recibe moitos visitantes durante todo o ano, moitos deles a cumplir cos ritos relacionados cos beneficios das
pedras. A Pedra de Abalar só podían movela os inocentes. Un temporal desprazouna e rompeu.
A pedra dos Cadrís ten un oco polo que pasan os que desexan curarse de males das cadeiras.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o puidera ter de ouro
miña Virxe, se quixera.
(Popular)
39. RELEVO
Ao longo da costa da comarca de Fisterra aparece unha liña de montañas que, en moitos
casos, caen en abruptos cantís sobre o mar, que alternan con zonas baixas onde se abren
pequenos vales, enseadas e rías de escaso desenvolvemento: Corcubión, Lires e Camariñas.
As alturas máis destacadas son o Facho de Moraime, en Muxía (312 m), os montes de Seoane
(256 m), San Xoán (252 m) e Facho (241 m) en Fisterra e os montes de Buxantes en Dumbría e
Cee.
O espazo interior forma parte da meseta do Xallas, unha elevación cunha altitude media de
100 m que cae gradualmente cara ao mar e que está fendida polos vales de varios ríos.
O ascenso a calquera destes montes permite gozar dunhas espectaculares vistas da costa e do
interior.
Vista xeral desde o o monte Chan da Lagoa
40. Vista xeral desde o Pindo dos montes de Buxantes, en terras de Dumbría e Cee
41. O monte Veladoiro, de 243 m de altura cae bruscamente ao mar no cabo da Nave nuns cantís verticais espectaculares
42. Granitos en Buxantes
As rochas dominantes son os granitos que dan lugar a formas acasteladas, grandes penedos e
bolos, e algunhas bandas de xistos.
43. Breixo
As partes altas están cubertas de mato onde dominan o toxo e os breixos. Nas abas dominan
as plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Só nalgunhas pequenas áreas se conservan
carballeiras autóctonas.
A abrodia (Asphodelus albus) é unha especie oportunista
que ocupa rapidamente os espazos abertos polo lume
nas zonas afectadas polos incendios.
45. Lagarto arnao
(Timon lepidus)
A fauna máis representativa son as especies de espazos abertos: aves, insectos, lagartos...
Laverca (Alauda arvensis)
47. Cabalos no Chan da Lagoa. Nalgúns montes críase gando en liberdade.
48. Vista xeral desde os montes da Ruña
MACIZO TECTÓNICO DE BUXANTES OU BUXÁN
Ten unha orientación NE-SO e está separado do Pindo polo val encaixado do río Xallas. Está
constituído por granodiorita (granito vermello de grandes cristais) formada despois da
Oroxenia Hercínica. A erosión deu lugar a bolos, penedos, paredes lisas e pías cilíndricas moi
espectaculares. Os puntos máis máis altos son o Alto da Ameixueira (488 m) e Carbaliza (472
m). Unha parte está incluída no LIC Carnota-Monte Pindo.
Accedese desde Ézaro pola estrada que sobe ao mirador ou pola estrada de Brens.
51. Pedra do Brazal ou Pedra Cabalgada, nas proximidades do
Alto do Castelo, en Buxantes . Unha curiosidade xeolóxica
e un prodixio de equilibrio.
52. Torre de control marítimo Chan das Lagoas no cume do Alto da Cruz
CHAN DA LAGOA
Sucesión de cumes que se estenden con dirección N-S polo norte de Dumbria, desde o macizo
de Buxantes ata o límite con Vimianzo. Está formado por granitos. Nos cumes nacen afluentes
dos ríos Xallas e Castro. Está formado por granitos e rochas filonianas.
O Punto máis alto é o Alto da Cruz de Carral, con 532 m, desde onde hai unhas espectaculares
vistas da comarca. Accedese desde as proximidades de Sarteguas.
54. Vista do istmo de Fisterra desde o monte de San Guillerme. Á esquerda atópase os montes Veladoiro e da Lagoa e á
dereita o monte Seoane, de 256 m de altura, a maior altura de Fisterra.
MONTE SEOANE
Situado entre Sardiñeiro e Castromiñán. Está totalmente cuberto de Eucaliptos. A súa
ubicación fronte ao istmo de Langosteira e ao Cabo Fisterra permítenos gozar das mellores
vistas de Fisterra, a ría de Corcubión, o Monte Pindo, as Illas Lobeiras e toda a costa ata
Corrubedo.
Accedese desde unha estrada que vai desde Duio (na metade da praia Langosteira) á praia do
Rostro. Pódese facer unha ruta que vai pola aldea de Mallas onde hai un conxunto de muíños.
Nas proximidades atópase o chamado Cruceiro da Rapadoira, cunha espléndida imaxe da
Piedade.
55. Vista da península de Fisterra cos montes de San Guillerme e Facho (á dereita)
MONTE DE SAN GUILLERME
Situado na península de Fisterra. Mide 252 m e está cuberto de piñeiros e matogueira.
Mirando cara o interior da ría e ao Monte Pindo, atópanse os restos da ermida de San Guillerme, que foi destruída no
século XVIII, asociada ao Ara Solis (culto ao sol) e relacionada con ritos de fecundidade, pois segundo a tradición, nunha
grande lousa horizontal, durmían os matrimonios estériles para concebir fillos.
En 1745, o Padre Sarmiento escribe: Non fai moito tempo, había unha pila ou cama de pedra na que se deitaban marido
e muller que, por estériles, recurrían ao Santo e a aquela ermida.
Unha ruta que parte da vila de Fisterra ascende ao alto do monte, nun cruce a uns cen m de pasar a igrexa de Santa
María e conecta coa que segue ata o monte Facho e cabo Fisterra.
Desde o alto hai unhas expléndidas vistas da vila e porto de Fisterra.
Para chegar aos restos da ermida de San Guillerme cóllese un camiño de terra que nos leva á ermida despois de 400 m
de percorrido.
56. MONTE FACHO
É o cume máis alto da península de Fisterra, con 242 m. Está cuberto dunha vexetación de
mato formada sobre todo por toxos e breixos entre os que se atopan especies típicas dos
cantís e plantas autóctonas como as margaridas (Leucanthemum) herbas de namorar...
57. Lenda da Orca Vella.
O monte Facho foi o retiro dunha muller
bárbara chamada Orca Vella que que se
adicaba ás artes máxicas, aos roubos, a comer
nenos e perseguir á xente e escolleu este lugar
para acabar os seus días. Cavou unha tumba e
soterrouse xunto ao corpo dun pastor ao que
tiña encantado. A xente acudiu aos berros do
pastor e non puideron axudarlle por culpa das
serpes que saían do sartego.
58. AS PEDRAS SANTAS
Atópanse no cumio do promontorio de Fisterra, no monte Facho, son dous penedos aos que se lles
atribúen máxicos. Sobre elas dise que descansou a Nosa Señora. Segundo a tradición non se poden retirar
nin con varias xuntas de bois, pero pódense mover cun dedo.
59. MONTE FACHO DE MORAIME
É o monte máis alto de Muxía, con 312 m. Está cuberto de piñeiros e eucaliptos.
60. “Penedos, altos penedos
do Corpiño vixiante,
sodes como o meu amor
Tristes, varudos e grandes”.
Gonzalo López Abente
MONTE DO CORPIÑO
É un pequeno monte granítico de 68 m de altura que domina a península de Muxía. Desde o
cume hai unhas boas vistas sobre a costa de Muxía e o interior da ría de Camariñas.
O monte do Corpiño é unha referencia para os mariñeiros.
61. OS RÍOS
O Xallas en Ponte Olveira
En xeral os ríos desta comarca son de curto percorrido e caudal variable, cunha época de
augas altas no inverno e seca no verán. Debido á pronunciada pendiente e á proximidade dos
montes á costa acusan moito as enchentas, o que se ve agravado pola ocupación dos cauces
por recheos e construcións e pola perda de vexetación dos montes a causa dos incendios
forestais.
O río máis longo e de maior caudal é o Xallas, que fai de linde natural entre esta comarca e as
de Muros e Xallas.
62. Pé de boi (Oenanthe crocata). Unha planta común que se
pode atopar nas ribeiras e dentro dos ríos de correntes
lentas en augas pouco fondas.
Nas beiras dos ríos consérvanse bosques de galería formados sobre todo por salgueiros e
amieiras con sabugueiros, fentos, pé de boi, cabrinfollo...
Carex paniculata
63. Lirio ou espadana (Iris pseudoacorus).
Atópase en zonas de correntes lentas con
depósitos de sedimentos.
Nos tramos finais dos ríos acumúlanse os sedimentos
que son retidos polas numerosas plantas que se asentan
alí, entre as que destacan os xuncos.
64. As masas de auga dos encoros e a vexetación das beiras
proporcionan seguridade e alimento aos lavancos, os
parrulos máis comúns das augas doces de Galiza
A fauna máis representativa son as lavandeiras, merlos rieiros e unha grande variedade de
insectos e anfibios. Nos encoros atópanse tamén lavancos e galiñolas e nos bosques da ribeira
paxaros.
Os sapos (Bufo bufo), animais de hábitos nocturnos,
déixanse ver polo día na beira dos ríos na época da
reprodución.
65. Muíños no rego das Laxes (Toba, Cee)
Os ríos desta comarca foron aproveitados desde tempos antigos para mover muíños. Na
actualidade moven as turbinas das centrais eléctricas.
Encoro de Castrelo
66. Canón do Xallas ao pé dos montes de Buxantes
RÍO XALLAS
Nace no Monte Castelo a partir das cabeceiras Vilamaior, Castiñeiras e Bazar-Xallas e, depois
de 64,5 km de percorrido cae nun salto de 30 m de altura na enseada de Ézaro. Nas
proximidades de Ézaro, entre Dumbría e Carnota, forma un abrupto canón escavado nos
duros granitos dos macizo do Pindo e Buxantes.
Os afluentes nesta comarca son o Touzas, Cadro, Hospital, Xestosa e San Clemenzo.
É un río dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico. Parte do Xallas (desde o
remate do encoro de Santa Uxía ata Ézaro) está incluído no LIC “Carnota-Pindo”.
67. FERVENZA DE HOSPITAL na parroquia e
concello de Dumbría.
O río do Hospital é un afluente do Xallas que
discorre entre penedos graníticos formando
rápidos, pozas e pequenas fervenzas. A máis
grande ten 6 m en tres saltos. Nas
proximidades hai varios muíños ben
conservados.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pino do Val a Dumbría, no
lugar de Hospital. Pódese seguir o río cara
abaixo desde a ponte da estrada con
bastante dificultade.
68. FERVENZA DA XESTOSA
En Buxantes (Dumbría). No río da Xestosa, afluente do
Xallas. O ría salva un grande desnivel en varios saltos e
unha gran escorregadeira.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Dumbría a Cee cóllese o desvío a Anseán
e A Xestosa. Desde o centro do lugar séguese a pista
que baixa ao río ata os Muíños. Baixar a carón dela é
moi complicado. Para vela ben convén achegarse, pola
marxe esquerda, ao monte de en frente (Petón da
Escaleira).
Tamén hai boas vistas da devesa de Anllares, na outra
marxe do Xallas.
70. Unha grande parte do percorrido do Xallas (desde Brandomil ata a desembocadura) está ocupado por
encoros para aproveitamento hidroeléctrico: A Fervenza, Ponte Olveira, Castrelo, Santa Uxía, (Central
Pindo-Xallas).
Encoro da Fervenza, o segundo en extensión de Galiza. Acolle un bo número e variedade de aves acuáticas.
75. Desembocadura do Xallas sen auga
FERVENZA DO XALLAS
En Ézaro, no concello de Dumbría.
O río Xallas encáixase no curso baixo formando un estreito canón entre as rochas de granito rosa do Macizo do Pindo e o
Macizo de Buxantes. No remate do seu percorrido cae ao mar na enseada de Ézaro nunha fervenza de máis de 30 m de
altura que co paso do tempo foi excavando unha poza de máis de 16 m de profundidade. O Xallas é o único río de Europa
que desemboca deste xeito no mar. A construción do encoro de Santa Uxía privou de auga a esta fervenza durante
moitos anos. Desde 2012 o encoro libera o caudal ecolóxico e a fervenza volve a ter auga.
COMO CHEGAR: desde Ézaro cóllese un desvío que vai á central hidroeléctrica.
76. Contan que detrás da fervenza existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se
atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
77. RÍO DE BRENS
Nace no Marco do Couto (montes de Buxantes), percorre terreos de Dumbría e Cee e
desemboca en Brens, na ría de Corcubión
78. Río Castro en Lires
RÍO CASTRO
Nace no monte Escaleira (Vimianzo), recolle as augas de parte dos concellos de Vimianzo,
Muxía, Dumbría e Cee e desemboca formando a pequena ría de Lires, despois de 30 km de
percorrido. A súa conca ten uha superficie de 140,1 km2
.
Fai de linde entre os concellos de Muxía, Cee, Dumbría e Vimianzo. Recibe pola dereita ao
Vilatose, Monte e Vilachán, e pola esquerda o Berdeogas, Fragoso e Lires.
79. FERVENZA DAS CALDEIRAS (CALDEIRAS DO CASTRO)
Parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía.
O río do Castro cae nun desnivel de 8 m en rochas graníticas. Nas proximidades atópase unha área de lecer e unha
capela.
COMO CHEGAR: na estrada de Muxía, antes de chegar a Senande cóllese un cruce á dereita que vai a Castro e chégase a
81. Desembocadura do río do Lago
RÍO DO LAGO
Nace nos montes de Aranzón e
desemboca na ría de Camariñas, na
praia chamada do Lago.
O principal afluente é o rego de San
Martiño.
82. A COSTA
Nesta comarca distínguense varios tramos costeiros diferenciados: a Ría de Camariñas, a
Costa de mar aberto entre Muxía e Fisterra e a Enseada de Fisterra coa ría de Corcubión.
Acolle hábitats moi variados: costas rochosas e areosas, abrigadas e expostas, e pequenos
esteiros.
83. Golfos (Laminaria)
A vexetación é moi especializada adaptada ás características específicas de cada hábitat. Nos
cantís atópanse herba de namorar, pirixel do mar, fento mariño... Nas praias e nas dunas hai
unha grande variedade de plantas entre as que se atopan a honquenia, leiteiras, cardos da
praia, mapoulas mariñas, cebola das gaivotas, feo da praia, rabo de lebre, sedum, correolas,
carrasco bravo, carrascas de San Xoan, alelís... Nos esteiros, aínda que son de pequenas
dimensións, tamén se atopan as plantas propias deses hábitats entre os que destacan os
xuncos. Tampouco se pode esquecer a diversidade e a riqueza da vexetación acuática, sobre
todo as numerosas algas que colonizan as rochas do litoral.
84. Leucantemum pluriflorum
Nesta áea podemos atopar ata tres especies de margaridas endémicas que teñen a súa área de distribución limitada a
toda ou a parte da costa galega.
85. As grandes flores das correolas destacan sobre a area
das dunas fixadas desde finais da primavera ata ben
adiantado o verán. Feo da praia. As longas raíces e os talos subterraneos
dos feos da praia, aminoran a forza do vento e
deteñen os grans de area que se van acumulando
entre os talos das plantas e forman as moreas típicas
das dunas.
86. Honkenya peploides
Herba de namorar. Nas costas galegas
podemos atopar ata tres especies distintas de
herba de namorar (Armeria maritima, A.
pubigera e A. pungens).
87. Rochas e augas limpas, ben batidas e osixenadas, que
non faltan en toda a fachada ao mar aberto da costa
desta comarca, son o habitat ideal para o
desenvolvemento dos percebes, que sosteñen, á súa
vez, a economía de moitas persoas da zona.
E se a riqueza vexetal é moita non o é menos a variedade de animais que se alimentan dela
ou que a aproveitan como lugar de protección entre os que sobresaen, nas terrestres, os
insectos e as aves; e nas acuáticas, os numerosos invertebrados e os peixes.
Chuponas. Agochadas debaixo das pedras, nas pozas ou
en calquera lugar que non quede en seco, podemos
atopar estrelas, ourizos, chuponas...
88. Enseada de Fisterra desde o monte Pindo.
Á esquerda están as illas Lobeiras.
A ENSEADA DE FISTERRA
Esténdese desde O Pindo ata o cabo Fisterra e acolle no seu interior a enseada do Ézaro e a ría
de Corcubión.
89. ILLAS LOBEIRAS
Pequenos illotes rochosos que
forman parte do espazo protexido
“Carnota Pindo”. Son un importante
lugar de cría de aves e conservan
unha interesante flora e fauna
mariñas.
90. Enseada do Ézaro desde o miradoiro
É unha enseada moi protexida, pechada por unha barra de area que tapa parcialmente a
desembocadura do río Xallas e que forma a praia de Ézaro, de 730 m de lonxitude.
Desde a poboación de Ézaro sóbese ao mirador situado sobre o canón do río xallas e desde o que se
poden ver espectaculares vistas dos macizos do Pindo e Buxantes e da costa de Ézaro a Fisterra.
Na chamada “Casa da Pedra” hai un centro de interpretación da natureza do río Xallas e o macizo do
Pindo.
91. Praia e porto de ÉZARO cos montes de Buxantes ás costas.
En Ézaro atópanse as praias de Area Grande, Area Pequena e Pedra Maior.
92. Praia de Gures.
Situada entre as puntas do Preguntoiro e Fusía.
Accedese a Gures, por un desvío da estrada de
Ézaro a Cee, e desde alí por un camiño até a praia.
PRAIA DE CANELIÑAS. Encáixase entre as puntas Galera e Preguntoiro. Aquí estivo funcionando a última factoría baleeira
galega ata 1986, cando España se acolleu á Moratoria para a Caza de Baleas.
Casa da Pedra PRAIA DE GURES, entre as puntas Preguntoiro e Fusía
93. Ría de Corcubión desde o alto do Pindo. Ao fondo vense as vilas de Cee e Corcubión e no primeiro plano a praia de
RÍA DE CORCUBIÓN E CEE
Situada no fondo da grande enseada que se forma entre o cabo Fisterra e o Monte Pindo.
Ábrese entre o Cabo de Cee e a punta Galeira. O río máis importante é o de Cee. No fondo
están situadas as vilas de Corcubión e Cee.
Corcubión, a máis alta das Rías Baixas, posúe as características destas e anuncia as propias da
costa máis ao norte. Así, esta terra de transición conxuga en perfecta harmonía o sosego e a
calma das Rías Baixas coa bravura e a natureza viva características da Costa da Morte.
95. Faro do CABO DE CEE, edificado no 1860.
Cómo chegar: Seguir a estrada en dirección a Fisterra ata chegar ao cemiterio de Corcubión. Logo continuar por un
desvío á esquerda que se atopa xusto ao pé do cemiterio e a urbanización As Hortensias e que chega ata o cabo.
100. PRAIA DA RIBEIRA e castelo de San Carlos, museo do mar e a pesca
101. CABO FISTERRA
Atópase no extremo sur dunha península co punto máis alto no Monte Facho (241 m). Está
formada por granito rosa con grandes cristais de feldespato.
102. Segundo a tradición en Fisterra
estaba a mítica cidade dos Nerios
(fundadores desta comarca). No
monte Veladoiro había fileiras de
pedras relacionadas co culto ao sol
(non se sabe se fenicias ou
anteriores). No século II os romanos,
encabezados por Décimo Junio
Bruto, chegaron a Fisterra e
construíron tamén un monumento
ao sol. Deles procede o nome de
Finis Terrae. Desde a Idade Media
convertíuse no punto final das
peregrinacións xacobeas.
104. PRAIA DO MAR DE FORA
Un areal de 600 m, moi exposto e cun bo sistema dunar. Sitúase na parte máis estreita da península de Fisterra entre as
puntas Unlla de Ferro e Alba do Sul.
Unha ruta percorre a costa en dirección ao cabo Fisterra.
106. CABO DA NAVE
Situado 4 km ao norte do faro de Fisterra, na
caída do monte Veladoiro (243 m). Remata nun
grupo de penedos entre os que destaca o
chamado Berrón da Nave.
107. PRAIA DO ROSTRO
Un areal de 2 km de lonxitude. Situada ao norte da península de Fisterra, entre as aldeas de Castrexe e Padrís, limitada
polas puntas Noroeste do Rostro e Surleste do Rostro. Detrás da praia hai un extenso cordón de dunas fixadas por unha
das vexetacións psamófilas mellor conservadas de Galiza, que pechan unha pequena zona de marismas con xunqueiras
parcialmente comunicada co mar. É unha praia salvaxe e desprotexida na que tiveron lugar varios naufraxios. Os máis
célebres foron o do Turret, en 1900 e o Casón, en 1987.
Conta a lenda que debaixo das dunas da praia do Rostro está enterrada a mítica cidade de Dugium que foi arrasada por
unha enorme onda nunha noite de temporal.
En diferentes excavación arqueolóxicas atopáronse restos prehistóricos e romanos.
Nunha punta próxima atópase o emprazamento do Castro de Castromiñán, interesantísima citania marítima encravada
nun outeiro do cantil. Desde Castromiñán pódese facer unha ruta ata a punta Castelo e a praia da Arnela.
109. Boca da ría de Lires e praia de Nemiña.
A forza do mar forma unha frecha de area que dificulta o desaugue do río do Castro.
RÍA DE LIRES
Situada entre as puntas Cociñadoiro e Coído de Calboa, formada pola confluencia dos ríos Castro e Lires.
Máis que unha ría verdadeira é un esteiro bloqueado por unha frecha areosa que impide que se baleire
totalmente, formando unha lagoa fangosa na que se acollen e alimentan anátidas e limícolas. A marea
chea supera o dique de area e renova a auga do interior.
110. PRAIA DE LIRES
A costa entre a punta Cociñadoiro e o mellón de Lires forma unha pequena enseada na que se atopa a praia de Nemiña,
un areal de 1.460 m de lonxitude. Un pouco máis adiante atópanse dúas pequenas praias: Area Pequena e Area Grande,
separadas por un saínte rochoso. Pódese acceder desde un camiño que sae de Lires.
112. CABO TOURIÑÁN
Está situado no extremo dunha pequena península granítica. É a punta máis occidental de Galiza e da Península, seguido
do cabo da Nave en Fisterra. No seu litoral alternan os cantís cos coídos. Ten varias puntas: Buxeirados, ao norte, Sualba
ao oeste e Laxial ao sur. Ao norte do cabo atópase o illote Herbosa e a punta Ínsua.
Desde cabo Touriñás ata a punta Cociñadoiro hai un tramo de cantís que acadan a máxima altura na zona de Monte
Gordo.
115. Cabo Touriñán desde a enseada de Cuño.
Desde o Cabo Touriñán pódese facer unha ruta costeira ata a vila de Muxía percorrendo interesantes zonas de cantís,
coídos e praias solitarias. En Lourido pódese facer un desvío para subir ao Monte Facho (309 m), que paga a pena tendo
en conta as vistas que se poden contemplar.
116. FARO DO CABO TOURIÑÁN
Santo Cristo de Fisterra,
Santo da barba dourada,
axúdame a remontar
a laxe da Touriñana.
(Popular)
117. COÍDO DE CUÑO
Situado ao pé do monte da Voutra. Está formado por unha mestura de coios graníticos de distintos tamaños. Estes
bloques, situados hoxe na zona intermareal, parece ser que se acumularon nos períodos interglaciares do Cuaternario
debaixo do mar que os redondeou.
119. PRAIA DE LOURIDO
Situada entre a punta Arliña e a punta de Lourido no fondo dunha enseada abrigada. Ten un sistema dunar moi ben
conservado.
120. Praia de Lourido e Muxía, asentada na península que forma o Monte do Corpiño
121. PUNTA DA BARCA
Situada en Muxía, no límite sur da ría de
Camariñas.
Entre as rochas atópanse a Pedra de Abalar, a
Pedra dos Cadrís e outras relacionadas con
diferentes ritos.
Pedra de Abalar
123. Ría de Camarias cara a Muxía
RÍA DE CAMARIÑAS
Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande
que desemboca na Ponte do Porto. No seu interior ábrense as enseadas da Vasa, na
desembocadura do rego de Trasteiro, e Merexo, na desembocadura do rego de Moraime.
Ao sur aséntase a vila de Muxía.
125. PRAIA DE MUÍÑOS
Mide 630 m de lonxitude, e está situada no fondo da enseada de Merexo. Nela desemboca o rego de Moraime. Ten un
bo sistema dunar. Nas proximidades atópanse pequenas praias: Merexo, Raias e Barreiros. Praia de Espiñeirido
126. PRAIA DO LAGO
Mide 640 m de lonxitude, na desembocadura do rego de Ozón ou do Lago. Ao fondo vese a vila de Camariñas. Esta é
unha praia de fisonomía moi cambiante polas variacións do curso do río entre as dunas de area movidas constantemete
polo mar.
127. AS ÁRBORES
Carballeira no Castro de Berdeogas
Nesta comarca consérvanse poucos bosques autóctonos en estado natural xa que é unha
zona moi explotada con especies forestais, en especial os piñeiros.
128. Abeto grego (Abies cephalonica) no Instituto de Cee
-3,25 m de perímetro
Abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) no Instituto de
Cee. -2, 57 m de perímetro
129. Cedro do Líbano (Cedrus
libani) do Instituto de Cee.
-2,97 m de perímetro
Cedro do Atlas (Cedrus
atlantica) do Instituto de
Cee.
130. LIC COSTA DA MORTE
É un espazo de 11.885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo.
Na comarca terreos dos concellos de Camariñas e Vimianzo.
Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa,
costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos
que habitan moitas especies de interese.
Nemiña co cabo da Nave ao fondo
ESPAZOS PROTEXIDOS
131. ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES)
COSTA DA MORTE
Nesta comarca inclúe a costa de Vimianzo e Camariñas ata pasado o Cabo Vilán (Punta
Esperillo). Destaca a presenza de aves acuáticas, especialmente invernantes que se refuxian
nos cantís e marismas.
Corvo mariño cristado (Phalacrcorax aristotelis)
Píllara riscada (Arenaria interpres)
132. ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE
É unha das ZEPA mariñas de maior superficie, con 316.283,05 ha. Localízase en augas do
Océano Atlántico, fronte á costa da Morte, desde a punta das Ondas (Caión) ata cabo
Touriñán, adentrándose no mar máis de 20 millas náuticas. A partir do cabo Touriñán la ZEPA
apártase da liña litoral, arredor de 2 millas náuticas, en dirección sur asta a altura de Muros.
Inclúe a contorna mariña das illas Sisargas e os illotes do cabo Vilán. Linda coa ZEPA marítimo-
terrestre Costa da Morte Norte e coa contorna costera incluida no LIC Costa da Morte, coa que
tamén solapa parcialmente no seu ámbito mariño.
É unha importante zona de paso migratorio e alimentación de numerosas aves marinas.
Arao (Uria aalge)
133. Ézaro
LIC “CARNOTA-MONTE PINDO”
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e
Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos
areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e
fervenzas.
134. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
xuño 2017
Para rematar o día
e a viaxe
nada mellor
que contemplar
a maxestuosidade
do solpor.