O VICEDO
A costa
O concello de O
Vicedo forma parte
do tramo coñecido
como Arco
Cantábrico, chamado
tamén Rías Altas, á
beira do mar
Cantábrico. O litoral
abrangue a banda
esquerda da parte
exterior da ría de
Viveiro, unha zona
aberta ao Cantábrico,
a illa Coelleira e toda
a banda dereita da ría
do Barqueiro.
O Vicedo conta cunha costa de cantís altos e recortados e varios seos, máis ou menos
extensos e recollidos; naqueles polos que saen ao mar diferentes regos e acumúlase a area
que da lugar a fermosas praias.
É unha costa dun enorme valor paisaxístico, xeolóxico e natural.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo, as actividades do sector forestal,
pequenas industrias relacionadas co mar e a madeira, e os servizos.
Costa exterior de O Vicedo: puntas Fuciño do Porco e do Embarcadoiro e illa Coelleira
PROTECCIÓNS
-LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Mariña Occidental”
-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO 2001, e Paisaxe Sobresaínte “ Ría de Viveiro”.
RÍA DE VIVEIRO
Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as
puntas Cameiro e Mansa, cun largor de 7 km e bastante profundidade. Na formación desta
ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de
xistos e a dereita de granito de mica negra.
Figura como Punto de Interese Xeolóxico de Galiza e como Paisaxe Sobresaínte.
Vista desde Montemaior
1-Praia da Abrela, de 560 m de lonxitude
Praia da Abrela
Praia da Abrela
Costa entre praia da Abrela e Fuciño do Porco
2-Porto do Val
Porto do Val
3-Praia Alecrín
Praia e cantís de Alecrín
Punta de Alecrín
Punta de Alecrín
Punta Medas do Castro
Punta Medas do Castro
Cetárea Medas do Castro
Cetárea Medas do Castro
4-Illote Gabeira
Illote Gabeira
5-Monte Queimado e punta Alecrín
Monte Queimado
Puntas Sucastro e Fuciño de Porco
Punta Sucastro
Punta Fuciño de Porco
Punta Fuciño de Porco
Farola na punta Fuciño de Porco
Punta Fuciño de Porco
6-Praia e enseada da Pereira
7-Puntas Lodelas e da Pereira
Puntas Lodelas e da Pereira
Puntas Lodelas e da Pereira
Puntas Lodelas e da Pereira
8-Praia de San Román
Praia de San Román
Praia de Area Grande (San Román). Mide case 1 km de lonxitude e conta cun importante
sistema dunar que obstaculiza a saída ao mar dos ríos Rendo e do Vilar.
Praia de San Román
8-Praia de San Román
9-Rego do Vilar
10-Os Castelos
Os Castelos (San Román de Vale). Nos Moutillóns apareceron restos arqueolóxicos desde a
Idade de Ferro ata a Idade Media. Pénsase que puido acoller un asentamento viquingo.
11-Punta Merceira
12-Miradoiro de Moreiras
As Herbosas e
Punta Famenta
13-O Toxoso
14-Punta da Anchousa
15-Punta do Embarcadoiro ou das Laxes e enseada do Pan
Punta do Embarcadoiro ou das Laxes
RÍA DO BARQUEIRO
Ábrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro
do Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abundantes
sedimentos que quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de
Barqueiro, ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con
cantís, máis altos entre O Vicedo e Punta Cabeiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e
do Santo. As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e no esteiro
aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneis. Na banda oriental da ría aparecen algunhas
bandas de ollo de sapo.
Vista xeral da Ría do Barqueiro desde o Semáforo de Bares
16-Illa Coelleira. Nela hobo un mosteiro datado no século XI.
Illa Coelleira
Illa Coelleira
17-Corgo Escuro
Corgo Escuro
Punta Chileteira
Punta Chileteira
Punta Chileteira
Punta Chileteira
Punta Chileteira
Punta Chileteira
18-Praia de Xilloi
Praia de Xilloi
Praia de Xilloi
19-Punta Balseiro
Punta Balseiro
Baixos do Peado
Punta de Campo Branco
Baixos do Peado
20-Punta dos Calzós, co monte Atalaia
21-Punta Congreira
Punta Congreira e Bares
22-Praia do Caolín
Praia do Caolín e edificio do antigo lavadoiro do mineral que lle da nome á praia
Praia do Caolín e punta do Castro
Farola na
Punta do Castro
23-Punta do Castro
24-Praia do Vidreiro
Praia do Vidreiro
Praia do Vidreiro e punta do Castro
O Vicedo
O Vicedo. Porto.
27-Praia do Fomento
26-Punta dos Castelos
26-Punta dos Castelos
Punta dos Castelos
Praia dos Castelos
Punta e praia dos Castelos
Punta e praia dos Castelos
28-Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga e Punta Furada
Praia de Arealonga. Cantís da Punta Furada.
Praia de Arealonga. Pena Furada.
Pena Furada
Pena Furada
Frecha na desembocadura do Sor na ría do Barqueiro
30-A Barra
Frecha na desembocadura do Sor na ría do Barqueiro
31-Praia Chamadoiro
Praia Chamadoiro. Punta Furada, que a separa da praia de Arealonga.
31-Praia Chamadoiro
Praia Chamadoiro
Praia Chamadoiro
RÍO SOR
As súas cabeceiras son o Xantos (que nace no Pico Montouto) e o Tras da Serra co Batán e
Solloso, que nacen no Alto de San Xoán. Recolle as augas da Gañidoira e das serras da
Faladoira e Coriscada. Corre bastante rápido e encaixado ata preto da desembocadura
onde forma un amplo esteiro na ría do Barqueiro, despois de 49 km.
32-Esteiro do Sor
Ponte de ferro sobre o río Sor, construída en 1901 e recentemente restaurada
VALOR XEOLÓXICO
A costa de O Vicedo ten un enorme interese xeolóxico, pola variedade das rochas que
podemos atopar (lousas, xistos, neis,...) e das formas orixinadas polos procesos tectónicos
(fallas, dobras...) e a erosión (cantís verticais, furnas, arcos, illotes, dunas...)
Neis “ollo de
sapo”, una rocha
metamórfica con
nome galego que
forma parte
dunha banda de
600 km de
lonxitude que vai
desde a ría do
Barqueiro ata o
sistema Central
Ibérico.
Formouse hai uns
580 millóns de
anos.
Punta Medas do Castro
Punta Fuciño de Porco
Punta
Chileteira
Pena Furada, furnas nunha formación de seixo que sobresae entre
as praias de Area Grande e Chamadoiro
VALOR BIOLÓXICO
No litoral de O Vicedo alternan os ecosistemas rochosos, en especial cantís expostos, con
algunas áreas con dunas e esteiros, o que da lugar a una enorme biodiversidade.
Liques e pirixel
do mar nos
cantís
LIC/ZEC e ZEPA: COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL
Espazo nos concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove que inclúe as illas Farallóns de
Cervo e a costa desde a Enseada, en Morás, ata a frecha do río Sor, na ría do Barqueiro e os
illotes fronte a ela. Exclúe os espazos urbáns. Na ZEPA (Zona de Especial Protección para as
Aves) está protexida unha ampla faixa mariña.
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico. Os illotes acollen importantes
colonias de aves nidificantes, ás que hai que engadir un bo número de aves mariñas nas
épocas de paso (carráns, mascatos, corvos mariños...)
As aves mariñas
aproveitan os abrigos
nos cantís para facer
os seus niños
Gaivotas
Carran cristado (Thalasseus sandvicensis)
Píllara riscada (Arenaria interpes)
USOS/APROVEITAMENTO
-Pesca, marisqueo
-Navegación
-Turismo, lecer e deportes
-Industrias
PERCORRIDO
(a pé) 31 km
Hai varias rutas
sinalizadas para percorrer
o litoral de Xove e gozar
de impresionantes vistas
ou achegarse aos
numerosos puntos de
interese. Algunhas zonas
son de dificil acceso
debido ao abrupto do
terreo.
PROBLEMAS/AGRESIÓNS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Eucaliptos ata a beira do mar
Adela Leiro
Mon Daporta
Agosto 2020

O Vicedo. A Costa