O macizo de Trevinca está formado por cinco serras que conflúen en Pena Trevinca: Eixe, Mina, Cabreira, Calva e Segundeira, compartidas entre Ourense (Galiza), Zamora e León (Castela-León). Unha área dun grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
O espazo protexido abrangue a case totalidade do curso do río Arnoia desde Calvelo (Baños de Molgas) ata a desembocadura no Miño, un curtos tramos nos afluentes Tioira, Meván e Gato, as Brañas de Calvelo, os montes de Requeixo e Casnaloba, o val entre Allariz e Freixo, os cavorcos de Escudeiro e o val do río e afluentes na Arnoia.

CONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
CONCELLOS: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra
A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra.
O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica en parques e xardíns, tanto públicos como privados.
CONCELLOS: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A comarca do Deza está situada no centro de Galiza, ao nordeste da provincia de Pontevedra.
O territorio é moi diverso en canto ao relevo e á paisaxe, desde as terras baixas nos arredores do Ulla ata os cumes do Faro. Está rodeada polo leste e sur polas serras da Dorsal Galega e forma parte por completo da cunca do Ulla e os seus dous afluentes principais na comarca, o Arnego e o Deza.
Ten áreas dun grande valor natural incluídas en diferentes espazos protexidos.
CONCELLOS: Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Padrón, Ames, Brión, Rois, Dodro e Rianxo (A Coruña). Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Pontecesures, Valga e Catoira (Pontevedra).
Abrangue o curso do Ulla desde a Ponte de Remesquide (entre as parroquias de Ribeira-Touro, e Obra-Vila de Cruces) ata a desembocadura, na punta das Tres Cruces (Entre Rianxo e Catoira), e parte do curso de varios afluentes: Deza (co Toxa), Liñares, Vea, Pereiro, Santa Lucía e Sar.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico.
Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
Neste espazo incluímos o Canón do Sil desde o remate do LIC ata a confluencia co Lor, no LIC “Os Ancares-O Courel” e varios dos seus afluentes: o Mao, o Edo...
O espazo ocupa as ladeiras dos canóns dos ríos que circulan polas fallas dunha superficie aplanada e moi erosionada.
Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un macizo.
É unha serra que acolle importantes valores naturais, en especial as turbeiras.

CONCELLOS: Dodro Padrón e Rois
A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste.
A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o seu esteiro.
O concello de Catoira está situado na banda sur da Ría de Arousa, nun terreo de transición co esteiro do Ulla (espazo protexido).Ten unha costa baixa, con alternancia de zonas rochosas e areosas, con alguns seos e numerosos bancos de area e lameiros producidos polos sedimentos que achega o río. Está moi ocupada por recheos e construcións.
A comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros.
É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
Concellos: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagacía de Arousa e Vilanova de Arousa
CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín (Ourense) e Sober e Pantón (Lugo)
Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Portabrosmos (Sober) e A Pena (Parada de Sil), e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil.
O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, ecolóxico e cultural. A paisaxe deste espazo está moi influída pola man do ser humano: cultivo de vides en socalcos desde tempos moi antigos e construción de encoros que modificaron totalmente a fisonomía do val dos ríos.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
2. LONXITUDE: 132 km
SUPERFICIE DA CUNCA: 2803,6 km
CONCELLOS:
Taboada, Palas de Rei,
Monterroso, Antas de
Ulla, Dozón, Lalín,
Forcarei, Rodeiro,
Silleda, A Golada,
Santiso, Melide,
Toques, Arzúa, Touro,
Vila de Cruces, A
Estrada, Vedra,
Boqueixón, Teo,
Padrón, Pontecesures,
Santiago de
Compostela, Ames,
Valga, Dodro, Catoira e
Rianxo.
2
3. CLIMA
Atlántico, máis seco e cálido no curso medio (comarca da Ulla) e
máis húmido e frío no alto (A Ulloa).
Vides na comarca da Ulla
Prados na Ulloa
4. RÉXIME: pluvial. Presenta augas altas en xaneiro,
febreiro e marzo, e baixas en agosto e setembro.
CAUDAL: 79,3 m /s
3
O Ulla en Padrón en augas altas
5.
6. NACEMENTO: Entre o Alto do Corno e os Montes da Vacaloura
(parroquia de Ansar-Taboada).
Cabeceiras: Sucastro, Ribeira, Ermida.
A Ulloa desde a Serra da Vacaloura
7. Área recreativa A Peneda (Monterroso)
Ponte da Mercede (Palas de Rei)
O Ulla entre Antas de Ulla e Monterroso
Balneario de Frádegas, a carón do Ulla.
14. Arnego
Fórmase pola confluencia de varios
regos que nacen na Pena de Francia e a
serra do Faro e xúntase co Ulla no
encoro de Portodemouros.
Río Rodeiro (Arnego) en Rodeiro
O Arnego en Toiriz
O Arnego no encoro de Portodemouros
15. Iso
Nace nos montes de Boimorto e
xúntase co Ulla no encoro de
Portodemouros.
O Iso en Brandeso (Arzúa)
O Iso en Ribadiso (Arzúa)
16. O Ulla nas proximidades
da Ponte San Xusto (Arzúa)
O Ulla en Salgueiros (Vila de Cruces)
Río Cubelos (San Tomé de Ínsua
-Vila de Cruces)
17. Lañas
O Ulla en Ponte Basebe, entre Vila de
Cruces e Touro.
Pozo do Pego
(entre Touro e Vila de Cruces)
O Ulla en Touro
21. Deza
Fórmase pola confluencia dos regos que
nacen en Candosa e na serra do Testeiro.
Percorre 51 km e a súa cunca ocupa 551
km². Xúntase co Ulla facendo linde entre
Cira (Silleda) e Gres (Vila de Cruces).
O Deza en Ponte Taboada,
entre Silleda e Lalín.
Confluencia do Deza e o Toxa
32. Sar
Nace en Bando (Santiago de Compostela)
e xúntase co Ulla en Padrón.
O Sar en Ames
O Sar en Santiago de Compostela
O Sarela en Santiago de Compostela
O Sar en Padrón
40. XEOLOXÍA
O río Ulla discorre mainamente no seu primeiro tramo,
encáixase levemente para atravesar a Dorsal Galega e na zona de
Ponte Ulla labra un canón no cuarzo de Pico Sacro. Na zona de
Castro Valente discorre encaixado 300 m por debaixo da
montaña e ao chegar a terras de Padrón o ensánchase e ábrese o
val. Antes de desembocar na ría de Arousa forma un amplo
esteiro.
41. Nos seus afluentes abondan os rápidos e fervenzas, debido ás
numerosas fallas e á variedade das rochas.
Podemos atopar rochas de orixe metamórfica como os xistos,
gneis e anfibolitas, e ígneas, como os granitos hercínicos (granito
de dúas micas).
Pedra de Gran no Ulla (Palas de Rei)
Anfibolitas no Arnego
58. FLORA
Ao longo do curso do Ulla consérvanse grandes áreas de bosques de
ribeira. No val do Arnego atópase o sobreiral máis extenso de
Galicia. No esteiro hai grandes áreas de xuncos e carrizos.
62. FAUNA
As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. Destaca a
presenza de salmóns e lampreas. Ademais pódense atopar troitas,
sábalos, escalos, muxes...
Hai varias especies de anfibios e réptis e unha variada avifauna,
especialmente no esteiro.
Polos de lavanco
Garzota
64. ESPAZOS PROTEXIDOS
LICs: “Ulla Deza”, “Sobreiral de Arnego”, “Serra do Careón”,
“Brañas de Xestoso”
O LIC “ULLA DEZA”:
abrangue o curso do
Ulla desde Arzúa ata a
desembocadura, o
último tramo do Deza e
o Sar, desde Os Anxos,
unha extensión de
1.153 ha.
Xunqueiras no esteiro do Ulla entre Dodro e Valga
65. APROVEITAMENTO
Subministro de auga para abastecemento urbán, agrícola e
industrial, produción de enerxía eléctrica, pesca, acuicultura, lecer…
É navegable ata Padrón
Monterroso
69. Río Iso (Arzúa)
As Canizas (Ulla)
Pazo de Oca (A Estrada)
Liñares (A Estrada)
70. Nas beiras do Ulla e de algúns dos seus afluentes atópanse surxencias termais
aproveitadas como fontes mediciñais e en balnearios: Frádegas, Caldelas de
Vilariño, Os Ánxeles, Baños da Brea…
Baños da Brea (Vila de Cruces)
Frádegas
(Antas de Ulla)
Os Ánxeles (Brión)
Caldelas de Vilariño (Agolada)
73. DATOS HISTÓRICOS
A cunca da Ulla é unha área moi poboada desde tempos antigos,
nela atópanse Santiago de Compostela, Padrón, A Estrada, Lalín...
En toda a zona consérvase un rico patrimonio cultural.
Mosteiro de Carboeiro,
na beira do Deza
Mosteiro de Herbón, en Padrón
74. O tramo final do curso do Ulla, ata Padrón, era lugar de acceso desde o mar a
Santiago de Compostela. Para a súa vixiancia e defensa construíronse as Torres de
Oeste (Catoira). Foron edificadas entres os séculos X e XII sobre restos romanos.
76. Río Sar (Padrón)
Ponte do Carme no río Sarela
(Santiago de Compostela
Río Tinto (Sar), en Rois.
77. LITERATURA
“Mandáronme coller rosas
na beira do río Ulla
e, tan bonitas as vin,
que collera unha por unha”
(Popular)
“¡Adiós!, montes e prados, igrexas e campanas;
¡Adios!, Sar e Sarela, cubertos de enramada; (...)
Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba;
Os mesmos montes negros i as mesmas alboradas,
do Sar e do Sarela, mirándose nas augas...”
Rosalía de Castro.
78. CURIOSIDADES
O río Ulla é o segundo río máis importante (máis longo e coa cunca
máis grande) de Galicia despois do Miño-Sil. É a fronteira natural
entre as provincias de Pontevedra e A Coruña e da nome ás comarcas
polas que discorre, a Ulloa, onde nace, A Ulla no seu curso medio e o
Ullán no baixo.
A Ulloa