Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Inclúe o curso do río Sor e as súas cabeceiras coas serras que o rodean: Faladoira, Tras da Serra, Veiga do Xunco... Únese polo nordeste co LIC “Costa da Mariña Occidental” na desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro, e polo suroeste co LIC “Río Baleo”, na serra da Faladoira. CONCELLOS: As Pontes e Mañón (A Coruña), Muras, Ourol e O Vicedo (Lugo).
2. Inclúe o curso do río Sor e as súas cabeceiras coas
serras que o rodean: Faladoira, Tras da Serra, Veiga do
Xunco... Únese polo nordeste co LIC “Costa da Mariña
Occidental” na desembocadura do Sor, na ría do
Barqueiro, e polo suroeste co LIC “Río Baleo”, na serra
da Faladoira.
3. SUPERFICIE: 7.932 ha
TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia
comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
6. SERRA DA FALADOIRA
Esténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e
Ortigueira. É unha serra de cumes suaves e grandes desniveis polos que
discorren os ríos. O cume máis alto é o Caxado, con 756 m. Está formada
maiormente por bandas de lousas negras, gneis “ollo de sapo”, xistos
cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granito e cuarcita.
As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao
Mera e ao Baleo.
9. Montes da Veiga do Xunco desde o val do rego de Santar
coas fragas de Santar e Campelos da Auga.
MONTES DA VEIGA DO XUNCO:
Esténdense con dirección N-S desde a serra do Bostelo ata o val do Sor
en Ambosores, entre as dúas principais cabeceiras do Sor (Regos de
Tras da Serra e Santar) O Cume máis alto ten 688 m.
As súas abas acollen importantes formacións de bosque autóctono.
19. RÍO SOR
Fórmase pola unión do Xantes
(Pico Montouto) e Tras da Serra co
Batán e Solloso (Penadaugas e
Serra das Campas). Recolle as
augas das serras da Faladoira,
Coriscada e Gañidoira. Ten un
curso sinuoso, con fortes
desniveis e zonas encaixadas e,
despois de 49 km de percorrido,
desemboca na ría do Barqueiro
onde forma un amplo esteiro. No
espazo protexido recibe pola
dereita ao Santar e Cristo dos
Callós e pola esquerda ao
Casateites, Arganzo e Rego do
Rosario.
43. A ponte vella da estrada e a ponte do ferrocarril sobre o
esteiro do Sor, no límite do espazo protexido.
44. FLORA
No curso do río consérvanse bosques de ribeira con amieiras,
salgueiros, freixos, fentos, brións...
45. Bosques nas abas da Veiga do Xunco
Os cumes dos montes están cubertos de mato e pasteiros con algunha
áreas de repoboación de eucaliptos. Nos vales do curso alto consérvanse
grandes masas de fragas autóctonas.
46. No curso medio e baixo a maior parte do val está ocupado por plantacións de eucaliptos e
so se conserva algún resto de bosque de galería e carballeira na beira do río.
57. FAUNA
A fauna é a típica dos ríos (anfibios, cabalos do demo, troitas, lontras...),
dos bosques de ribeira (aves insectívoras, lesmas, saramaganta...) e dos
matos e espazos abertos das serras (coellos, lavercas, picas, papuxas,
rapinas...)
Saramaganta (Chioglossa lusitanica)