A guarda (pontevedra)Xerografía: A Guarda e un concello do suroeste de Galicia, que pertence a comarca do Baixo Miño, a poboacion mais meridional da provincia de Pontevedra ( España). Comunicase con Portugal pola fronteira natural do río Miño polo sudeste, co Océano Atlántico polo oeste e con o concello do Rosal polo norte. E accesible pola estrada PO-552 desde Tuy e desde Baiona, e desde Camiña polo transbordador. Encontrase a 50 Km. de Vigo e 120 de Santiago de Compostela. Ten dous montes importantes o monte de Terroso e o monte de Santa tegra( 350m e 314 respetivamente) desde este ultimo pódese ver e disfrutar da desembocadura do río Miño, o océano Atlántico e os montes de Portugal e Galicia. Ten importantes praias como a de O Muiño, sita na desembocadura do río Miño,A Lamiña, que é a continuacion dista, que ten unha peculiaridade moi especial, cando sube a marea estas son de auga salada e cando baixa de auga dulce, ainda que son de augas moi frias. Ademais das anteriores temos unha moi coñecida, Area Grande é so de auga salada e ten moita afluencia. Este concello esta formado por 3 parroquias, Camposancos (Santa Isabel), A Guarda (Santa Maria) e Salcidos(San Lourenzo.)
3.
Historia. Aínda queo poboamento se remonta ao Paleolítico, o desenvolmento e significación histórica da Guarda ten como principal protagonista o Monte Santa Trega co castro de Santa Trega como núcleo habitado entre os séculos I a. C e o I d.C., ata que os seus poboadores se instalan no val. Algúns historiadores consideran A Guarda como a Ostium Mini, a porta do Miño, o pai Sarmiento busca a súa orixe na palabra gótica ou sueva ou Garda. Segundo Xoán Dominguez Portela, A Guarda estivo enlazada cos castros doutras localidades galegas era a VÍA PER LOCA MARÍTIMA que viña dende Braga cara A Guarda para seguir a Vicus Espacorum (Vigo).No 445 os vándalos invaden Turoníum e Gauda( A Guarda); outras invasions que sufriu a vila foron as de Almanzor no 997, que destruiu os pobos dos vales de O Rosal e MIño e a dos viquingos de Olaf Haraldson no 1014.
4.
HISTORIA. A Guardapertenceu aos templarios ata que a orde foi proscrita no 1312 e máis tarde por doazón de Pedro de Castilla a Suero Yañez de Parada. Enrique de Trastámara cedeuna ao cabido de Tui. Durante a querra contra Portugal no século XVII, A Guarda foi invadida por un exército portugués con tropas mercenarias alemás e inglesas que toman a forte de Santa Cruz, e deste xeito o 21 de novembro de 1665, A Guarda queda baixo dominio portugués ata o final da guerra no ano 1668. Na Guerra da Independencia, o 10 de Marzo do 1809, a vila guardesa arriou a bandeira francesa sendo unha das primeiras poboacións galegas en facelo. No século XIX o empeoramento das condicións económicas e sociais propicia que moita da poboacion da Guarda emigre cara América, sobre todo a Brasil e Puerto Rico. A principios do século XX, esa corrente migratoria emprende o regreso reinvirtindo parte do seu traballo no desenvolvemento do pobo non só dende un punto de vista unicamente económico, senón tamén cultural, social ou comunitario.
Arquitectura relixiosa Igresade Santa María.- A igrexa parroquial orixinalmente románica ampliouse no século XVI, sendo bispo de Tui Diego de Torquemada. No interior destaca o retablo da capela maior de estilo borrominesco de século XVIII dedicado á Asunción da Virxe María. Convento de San Bieito.- Fundado no século XVI pola familia Ozores de Sotomayor. As moxas abandonaron o convento no ano 1983 e trala reforma o convento converteuse nun afamado hotel e restaurante. A igrexa, pequena e deteriorada reconstruíuse no XVII e segue adicada ó culto relixioso.
7.
Arquitectura Relixiosa. Igrexaparroquial de San Lourenzo de Salcidos.- Edificio promovido polo párroco D. Álvaro Ozores de Sotomayor no século XVI. No 1760 eríxese a capela maior. Santuario de San Roque de Salcidos.- De estilo neogótico construído no 1914, sustituíu a antiga ermida do século XVII. Fronte a fachada érguese un artístico cruceiro do XVIII.
8.
Arquitectura Relixiosa. Ermidada Nosa Señora das Mercedes.- Localízase no barrio da Gándara (parroquia de Salcidos) e data do 1918. Ermida de San Caetano.- Situada no barrio da Cruzada. Construída no século XVII nun lugar extratéxico xa que foi guía dos navegantes. A actual campá procede dun barco inglés que no, ano 1735, evitou o naufraxío cando divisou a capela. Igrexa parroquial de Camposancos.- Igrexa de principios do século XIX.
9.
Arquitectura Relixiosa. Ermidada Nosa Señora da Guía.- Edificada no século XVI. Antigo colexio dos Xesuítas.- No barrio da Pasaxe, na parroquia de Camposancos, sitúase o antigo colexio dos Xesuitas, adquirido pola Orde converteuse en pouco tempo no máis grande de España en poder da Campañía. Ademais foi sede da Escola Universitaria durante oito anos (1877-1885), Xerme da Universidade de Deusto.
10.
Arquitectura Relixiosa. CruceiroPinto e Peto de Ánimas.- Na parroquia de Salcidos atópase este conxunto monumental composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela. A data de construcción abarca do 1746 ata o 1764. Sobre unha base levántase unha columna cilíndrica rematada cun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un cristo e a esquerda San Francisco orante. Cruceiro da Proba. Cruceiro da Cal. ( a imaxen de abaixo).
11.
Casco Antigo. Prazado Reló.- A actual do praza do Reló recibiu outros nomes en función da epoca e da situacion política do momento: Praza Maior ata o século XVI, logo praza de Costitucion, da Repíblica, de España. Os edificios máis significativos son o actual concello, a torre do Reló e a Casa dos Alonsos. Torre do Reló.- A torre, emprazada no máis alto do recinto amurallado,protexía un dos acesos á vila. No 1570 levantouse a actual torre sobre outra primitiva. No corpo da torre deben salientarse os escudos de armas.
12.
Casco Antigo. RúaSan Marcos.- Esta rúa debe o seu nome a un Hospital situado no solar que hoxe ocupa o Xulgado de Paz e que prestaba auxilio ós pobres e peregrinos procedentes de Portugal. Rúa Colón.- Dividía en dous sectores a cidade amurallada. No comezo e no final encontrábase as únicas portas de acceso á vila. As escaleiras de pedra tamén datan de tempo inmemorial, comunican o centro da vila co barrio da Mariña. O Muro.- O Muro, xunto coa lareira, son os restos da antiga muralla que defendía a poboación dos ataques externos. Na actualidade dan nome ás rúas onde se encontran.
13.
Patrimonio Civil. Casas indianas.- Son numerosas as vivendas construídas na segunda metade do século XIX e principios do XX polos emigrantes guardeses que regresaron de Puerto Rico, República Dominicana e Brasil. Unhas emprazábanse no casco urbano, outras, as vilas, nas aforas. Adoptaron as estructuras propias do país americano e empregaron pedra ou azulexos que lle dan un característico colorido. Centro Cultural.- Edificio de singular beleza, construído en 1921 grazas a colaboración dos guardeses emigrados a América para ser destinado a Hospital Casa-Asilo. Trala reforma do 1990 converteuse no actual edificio, alberga a Biblioteca Pública Municipal, salón de actos, salas de exposicións e oficina de turismo.
14.
Patrimonio Civil Castelode Santa Cruz.- Esta edificición forma parte dunha serie de fortalezas que foron construídas no tramo final de río Miño para defenderse dos portugueses. O recinto amurallado foi restaurado e está sendo acondicionado para ser punto de partida de rutasorganizadas, poís vai contar cunha aula de interpretación das fortalezas situadas a ambas marxes do río Miño. Atalaia.- Era unha antiga fortaleza circular construida polos portugueses canda A Guarda estivo en poder do país veciño. Foi derrubada no 1943 e reconstruída en 1997 no paseo marítimo, en fronte do lugar orixinal. Alberga o Museo do mar que ademais de contidos etnográficos expón unha importante colección malacolóxica.
15.
Patrimonio Civil. Monumentoao Mariñeiro.- Obra de José Antúñez Pousa do 1991. Esta obra resalta a dureza do traballo mariñeiro no mar e tamén o traballo complementario realizado por mulleres coma as redeiras. Monumento ao Mariñeiro Desaparecido.- Obra de Magín do 2004 na que se rende homenaxe a dor da muller mariñeira cando perde ao ser querido no mar. É o sentimento que acompaña ás mulleres: a incerteza e a soidade.
16.
Patrimonio Civil. RúaMalteses.- Rúa estreita e mariñeira por excelencia, con casas estreitas que dan directamente cara o mar. Esta tradicional rua discorre en paralelo ao paseo maritimo peonil. Rúa Calvario .- Coñecida popularmente como rúa da Cordoería en alusíon a unha fabrica da cordas que existiu alí. O Via Crucis acompaña o visitante ata a ermida da Guía de século XVI, no barrio de Ribadavila. Muiños de Vento.- Debido a falta de pequenos cursos de auga, na Guarda conservanse algúns exemplos de muiños de vento construidos no século XVIII.
17.
PRAÍAS. A vilaconta con praías fluviais e marítimas, as características das praías son diferentes polo que A Guarda oferta aos seus habitantes e visitantes variadas opcións para todos os gustos. Aos que lles guste gozar da natureza e dos paisaxes do Río Miño, dispoñen das praías fluviais da Arona, A Lamina e O Muiño que se estenden ao longo de 2 km, formando unha bela unidade. Ademais da gran tranquilidade e magníficas vistas, as praías do río Miño están enmarcadas por un piñeiral que permite realizar alí a merenda ou se se prefire gozar dun agradable paseo. Destacar que estas praías fluviais pense afectadas polas mareas ao encontrarse situadas na desembocadura do río. É decir, a salinidade das súas augas aumenta considerablemente cando a marea sobe. A marea tamen afecta a temperatura da auga, é oceánica en preamar e temperada en baixa mar.
18.
PRAÍAS. PRAÍAS MARÍTIMAS.Para os que prefiran a paisaxe que ofrece o océano Atlántico e tomar o sol na praía o nas rochas poden escoller entre as praías de Area Grande, Fedorento e O Carreiro, únha praía situada no casco urbano. Estas praías marítimas son coñecidas polas propiedades beneficiosas para a saude que teñen as suas augas. Tratase de pequenas calas de area abertas ao océano, ideais para o baño, e a practica de actividades deportivas coma a vela, o submarinismo ou a pesca deportiva.
19.
ESTEIRO DO MIÑO.O esteiro do Miño é unha extensa zona húmeda de gran valor ecolóxico e está situado na desembocadura do Miño, comprende municipios da Guarda e O Rosal, con 1668ha. Ademais de pertencer á Rede Natura 2000 (LIC) está incluída desde 1965 na “Lista de zonas de humidas de Europa e Norte de África de importacia internacional”. Así mesmo esta recoñecido como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), e foi declarado como Zona de EspecialProtección dos Valores Naturais (ZEPVN). As augas do Esteiro do Miño, polo seu carácter salobre, permiten a convivencia de especies mariñas e fluviais, resultando unha diversidade floral e faunistica excepcional, garzas, parrulos, mazaricos….
20.
Esteiro do Miño.O carrizal é considerado un dos máis importantes de Galicia pola súa diversidade ecoloxica. Na ribeira do río, o piñeiral conforma un agradable paseo mesturándose cos carballos, sobreiras, xestas ou acacias. Ademais o Esteiro do Miño pertence a zona protexida do Baixo Miño, e é o espazo natural ca maior superficie protexida da comarca con case 3000 ha, baixo a catalogación de Lugar de ImportanciaComunitaria (LIC), Rede Natura 2000. Abrangue os municipios de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, Arbo, As Neves, As Neves, A Cañiza, Crecente e Pedrenda. A horizontalidade do terreo permite a existencia de prados ó lado de río navegable, con illas como ade Goián ou a Canosa.
21.
Monte Santa Trega.Polo seu valor arqueolóxico e histórico, o Monte Santa Trega foi declarado no seu conxunto Monumento Histórico-artístico no ano 1931. A poucos metros do cume do monte, atópase o Poboado Galaico-romano, que constitúe a mostra máis significativa da Cultura castrexa, datada entre os séculos I a.C. e I d.C. Durante as escavacións encóntraronse restos das vivendas e da muralla, fornos, canles de auga e outros materiais arqueolóxicos. Nas inmediacións do Poboado e noutras zonas do monte, son visibles grupos de gravados rupestres da Idade de Bronce, onde se representan elementos espirais, liñas, círculos…
22.
Monte Santa Trega.O Museo Arqueolóxico está situado na címa do monte (Pico de San Francisco) e conservas restos arqueolóxicos das diferentes escavacións, Nas vitrinas do museo é posible ver pezas do Paleolitico, Idade de Bronce, Cultura Castrexa e os obxectos da Época Romana. Cerca do museo encóntrase a Ermida de Santa Trega, datada no século XVI ainda que a ermida orixinal é de estilo románico (século XII), pero, foi modificada nas sucesivas ampliacions e reformas nos seculos XVI eXVII que lle configuraron o aspecto actual. No entorno pódese visitar a “Cova de Santa”, que é un furado na pedra que segundo conta a tradición lle serviu de lugar de descanso O Vía Cruces, situado entre o poboado e a cima do monte, foi erixido no 1922 aínda que existe outro anterior pero de menor valor artístico. O Vía Cruces está formado por catorce monumentos pétreos que teñen un medallón de bronce, onde aparecen as diferentes escenas do Calvario.
23.
Monte Santa Trega.O pico do Facho ofrece vistas panorámicas sobre o porto eo océano. Dende o pico de San Francisco, de maior altitude, pódese gozar coa panoramica do entorno: océano, val do Rosal, esteiro e desembocadura do Miño, etc.
24.
Porto Pesqueiro. Aactividade pesqueira está moi arraigada na Guarda e segue constituindo unha das principais fontes de ingresos. Hoxe, xunto coa pesca de baixura, ten gran relevancia a de altura, e a frota guardesa do peixe espada é considerada como unha das máis importantes de España. O porto da Guarda caracterizase polas casas típicas mariñeiras, estreitas, de varios pisos e de gran colorido, que xunto coas ruas peanís e os diques configuran o porto como un lugar de obrigada visita. No paseo peníl sitúanse restaurantes e terrazas.
25.
Porto Pesqueiro. ODique Sur.- Coñecido como o “dique dos mariñeiros” construíuse a comezos do século XX. É aquí onde se poden observar as tarefas dos mariñeiros, as suas embarcacións e aparellos de pesca, tamén a curiosa venda do peixe na lonxa. Paseo Marítimo.- Este paseo é peonil e conta con zonas axardinadas e de recreo. AO final do paseo sitúase a Atalaia e o malecón. Malecón.- Este malecón ou dique novo cerra o porto da bravura do mar de inverno. No ano 2008, o malecón foi pintado conformando un lenzo xigante que reflite as cores das casas típicas mariñeiras e a vida social da Guarda converténdose nun lugar máis de interese.
26.
Festa Festa deSan Amaro ( 15 de xaneiro) Festa da Paletada ( sabado variable en col de 15 de xaneiro, festa grastronomica) Festa do Roscon de Xema (ultima fin de semana dexuño) Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira (primeira fin de semana de xullo) Festa do peixe espada (ultimo domingo de xullo) Festa do monte (segunda semana de agosto) Festa de San Roque ( terceira semana de agosto) Procesion do Voto (ultimo sabado de agosto) Virxe da Guía (7 e 8 de setembro) Romaría de San Trega (23 de setembro) Festa da zorza (venres anterior ou posterior ao 24 de setembro) Festa da Virxe das Mercedes (24 de setembro.