Abrangue o curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata a Ponte de Neira.
CONCELLOS: Guntín, Lugo, O Corgo, O Páramo.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte. CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Un espazo de montaña situado en plena dorsal Galega, a cabalo entre as provincias de Ourense e Pontevedra. A maior parte do espazo está incluído na serra do Suído, especialmenta na vertente pontevedresa, e unha pequena parte no comezo da serra do Faro de Avión. É unha zona dun grande interese natural e etnográfico. CONCELLOS: A Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense).
Abrangue o curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata a Ponte de Neira.
CONCELLOS: Guntín, Lugo, O Corgo, O Páramo.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte. CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Un espazo de montaña situado en plena dorsal Galega, a cabalo entre as provincias de Ourense e Pontevedra. A maior parte do espazo está incluído na serra do Suído, especialmenta na vertente pontevedresa, e unha pequena parte no comezo da serra do Faro de Avión. É unha zona dun grande interese natural e etnográfico. CONCELLOS: A Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense).
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
23. XEOLOXÍA
No curso alto salva fortes desniveis e forma canóns encaixados.
Nos seus afluentes abondan as fervenzas e os rápidos. As rochas
dominantes son os granitos.
27. No curso medio e baixo as augas remánsanse e fórmanse areais.
28. FLORA
Nos bosques de ribeira dominan as amieiras e os salgueiros. Tamén se atopan
freixos, sabugueiros, bidueiros (nas zonas máis altas) avelairas, sanguiños e
carballos. No sotobosque valdeba, saltasebes, silvas, hedra, herba salgueira,
salgueiriño, amenta de auga, amarelle... Nas augas e nas beiras hai
Myriophylum, oucas, espigas de auga, herba das ras (nas partes remansadas),
bricios, eneas, carrizos, violetas, espadainas, trevo de auga, adelfiñas, herba
pulgueira...
No Tea atópanse varias especies de fentos pouco comúns como o Dryopteris
guanchica, e o Dryopteris affinis.
30. FAUNA
No Tea atopamos troitas, lampreas, anguías... As aves máis
representativas son o merlo rieiro, o picapeixes, as lavandeiras...
Abondan os réptis (cobra sapeira, cobra de colar), os anfibios (ra
patilonga, verde e vermella, estroza, saramaganta,
limpafontes...). Entre os mamíferos destacan a lontra e a rata de
auga.
Troita
(Salmo trutta).
Ra verde (Rana perezi)
31. Candil (Onychogonphus uncatus)
Os invertebrados máis comúns son os insectos (patinadores,
libeliñas, gaiteiros, escarabellos de auga, colémbolos,
escarabellos muiñeiros, tabáns, efémeras, perlas...).
Acolle algunhas especies pouco comúns como o mexillón de río
(Margaritifera margaritifera), as libeliñas Macromia splendens,
tizón esmeralda (Oxygastra curtisii) e candil de Graslin (Gomphus
graslinii).
Patinador ou zapateiro (Gerris lacustris)
32. ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC RÍO TEA: A zona protexida
comprende 97 ha nos Concellos de
Covelo, Fornelos de Montes,
Mondariz, Mondariz Balneario,
Ponteareas e Salvaterra de Miño.
O espazo é importante pola
excelente conservación da
vexetación de ribeira e pola riqueza
piscícola das súas augas.
LIC Serra do Suído (pendiente de
aprobación): inclúe unha pequena
parte das nacentes do Tea.
33. APROVEITAMENTO
O río percorre zonas moi poboadas e foi amplamente explotado
deste tempos antigos para a pesca (lamprea, troita...), para obter
enerxía hidraulica (muíños, serrerías, pequenas centrais
eléctricas) e como lugar de lecer.
En Mondariz-Balneario hai fontes de augas medicinais.
38. DATOS HISTÓRICOS
Toda a área foi poboada desde tempos moi antigos do que dan
testemuña os castros.
No entorno do río consérvase un rico patrimonio: castros, pontes,
muíños, igrexas, edificios civís...
42. Ponte de Fózara
Ponte de Cabalón sobre o Uma
Angoares (Ponteareas)
Ponte San
Xoán de
Mosteiro no
río Alén
(Barcia de
Mera)
43. Ponte dos Remedios (Ponteareas)
Ponte da estrada
en Fillaboa (Salvaterra)
44. Ponte do tren en
Fillaboa (Salvaterra)
Ponte antiga de Fillaboa (Salvaterra)
45. TRADICIÓNS-LENDAS
A lenda conta que a ponte da Partidas foi construída nunha soa noite polos
mouros.
O nome da ponte ten varias orixes lendarias. Unha disque unha banda de ladróns
reuníase na ponte despois de roubar para facer as partidas do botín. Tamén falan
de cabaleiros que acostumaban reunirse alí antes de partir nas súas loitas. Outra
conta coma sete irmáns (Asunción, Lucía, María, Marta, Amaro, Brais e Cibrán)
xuntábanse alí antes de partir a predicar o evanxeo, e foi tanta a súa angueira de
predicación que, despois de finaren, medraron sobre os seus corpos sete outeiros
que arrodeaban a ponte. En todos estes montes erguéronse capelas na súa
honra.
Na Ponte das Partidas celebrábanse
os bautizos prenatais, procurando a
protección das forzas sobrenaturais. Cando
unha muller quedaba preñada acudía á
medianoite á ponte e alí agardaba o primeiro
camiñante que a cruzase convidándoo a botar
auga do río sobre o seu ventre e a ser o
padriño do meniño. Despois facían un
pequeno xantar e botaban ao río os
refugallos da comida.
46. PROBLEMAS
Contaminación por resíduos urbáns, industriais e agrícolas.
Alteración do curso e dos ecosistemas por centrais eléctricas.
Presenza de especies exóticas