1. José Antonio Pagola
24 de febreiro de 2013
2º Coresma (C)
Música:The Wae eou Locko Tonight Lucas 9, 28-3
Present:B.Areskurrinaga HC
Euskaraz:D.Amundarain Monte Tabor
2. Os cristiáns de todos os tempos
sentíronse atraídos pola escena
chamada tradicionalmente
“A transfiguración do Señor".
3. Con todo, aos que pertencemos á
cultura moderna non se nos fai doado
penetrar no significado dun relato
redactado con imaxes e recursos
literarios, propios dunha
"teofanía" ou revelación de Deus.
4. Con todo, o
evanxelista Lucas
introduciu
detalles que nos
permiten
descubrir con
máis realismo a
mensaxe dun
episodio que a
moitos lles
resulta hoxe
estraño e
inverosímil.
5. Desde o comezo
indícanos que Xesús sobe
cos seus discípulos máis
achegados ao alto dunha
montaña, sinxelamente
"para orar",
non para contemplar unha
transfiguración.
6. Todo sucede durante a
oración de Xesús:
"mentres oraba, o
aspecto do seu rostro
cambiou".
Xesús, recollido
profundamente,
acolle a presenza de
seu Pai,
e o seu rostro cambia.
Os discípulos perciben algo da súa identidade
máis profunda e agochada.
Algo que non poden captar na vida ordinaria
de cada día.
7. Na vida dos seguidores de
Xesús non faltan momentos
de claridade e certeza, de
alegría e de luz.
Ignoramos o que aconteceu
no alto daquela montaña,
pero sabemos que na
oración e o silencio
é posible vislumbrar, desde
a fe, algo da identidade
oculta de Xesús.
Esta oración é fonte dun
coñecemento que non é
posible obter dos libros.
8. Lucas di que os discípulos apenas se decatan de
nada, pois "caían de sono" e só "ao espelir",
captaron algo.
Pedro só sabe que alí se está moi ben e que esa
experiencia non debería rematar nunca. Lucas di
que "non sabía o que dicía".
9. Por iso, a escena culmina cunha
voz e un mandato solemne.
Os discípulos vense
envoltos nunha nube.
Asústanse pois todo aquilo
excédeos.
Con todo, daquela nube
sae unha voz:
"Este é o meu Fillo, o Elixido.
Escoitádeo".
A escoita ha de ser a primeira
actitude dos discípulos.
10. Os cristiáns de hoxe necesitamos
urxentemente "interiorizar" a nosa relixión
se queremos avivecer a nosa fe.
Non abonda oír o Evanxeo de maneira
distraída, rutineira e gastada,
sen desexo ningún de escoitar.
No abonda tampouco unha escoita intelixente
preocupada só de entender.
11. Necesitamos escoitar
a Xesús vivo
no máis íntimo do
noso ser.
Todos, predicadores e
pobo fiel, teólogos e
lectores, necesitamos
escoitar a súa Boa
Nova de Deus,
non desde fóra senón
desde dentro.
12. Deixar que as
súas palabras
descendan das
nosas
cabezas ata o
corazón.
A nosa fe sería
máis forte,
máis gozosa,
máis
contaxiosa.
13. ESCOITAR A XESÚS
Os cristiáns de todos os tempos sentíronse atraídos pola escena chamada tradicionalmente “A
transfiguración do Señor". Con todo, aos que pertencemos á cultura moderna non se nos fai doado penetrar no
significado dun relato redactado con imaxes e recursos literarios, propios dunha "teofanía" ou revelación de Deus.
Non obstante, o evanxelista Lucas introduciu detalles que nos permiten descubrir con máis realismo a
mensaxe dun episodio que a moitos lles resulta hoxe estraño e inverosímil. Desde o comezo indícanos que Xesús sobe
cos seus discípulos máis achegados ao alto dunha montaña, sinxelamente "para orar", non para contemplar unha
transfiguración.
Todo sucede durante a oración de Xesús: "mentres oraba, o aspecto do seu rostro cambiou". Xesús,
recollido profundamente, acolle a presenza de seu Pai, e o seu rostro cambia. Os discípulos perciben algo da súa
identidad máis profunda e agochada. Algo que non poden captar na vida ordinaria de cada día.
Na vida dos seguidores de Xesús non faltan momentos de claridade e certeza, de alegría e de luz.
Ignoramos o que sucedeu no alto daquela montaña, pero sabemos que na oración e o silencio é posible vislumbrar,
desde a fe, algo da identidade oculta de Xesús. Esta oración é fonte dun coñecemento que non é posible obter dos
libros.
Lucas di que os discípulos apenas se decatan de nada, pois " caían de sono" e só "ao espilir", captaron
algo. Pedro só sabe que alí se está moi ben e que esa experiencia non debería remtar nunca. Lucas di que "non sabía
o que dicía".
Por iso, a escena culmina cunha voz e un mandato solemne. Os discípulos vense envoltos nunha nube.
Asústanse pois todo aquilo excédeos. Con todo, daquela nube sae unha voz: "Este é o meu Fillo, o Elixido.
Escoitádeo". A escoita ha de ser a primeira actitude dos discípulos.
Os cristiáns de hoxe necesitamos urxentemente "interiorizar" a nosa relixión se queremos avivecer a
nosa fe. No abonda oír o Evanxeo de maneira distraída, rutineira e gastada, sen desexo ningún de escoitar. Non
abonda tampouco unha escoita intelixente preocupada só de entender.
Necesitamos escoitar a Xesús vivo no máis íntimo de noso ser. Todos, predicadores e pobo fiel, teólogos
e lectores, necesitamos escoitar a súa Boa Nova de Deus, non desde fóra senón desde dentro. Deixar que as súas
palabras descendan das nosas cabezas ata o corazón. A nosa fe sería máis forte, máis gozosa, máis contaxiosa.
José Antonio Pagola