Palabra de Vida




   Marzo 2012
« Señor, onda quen imos ir?
Ti tes palabras de vida eterna»
            (Xn 6,68).
Á multitude que acudía a El, Xesús faláballes do Reino de Deus.
Facíao con palabras sinxelas, mediante parábolas tomadas da vida
     cotiá; e aínda así, as súas palabras tiñan un atractivo
  moi especial. A xente quedaba impactada pola súa ensinanza
        porque ensinaba como alguén que ten autoridade,
                      non como os escribas.
Incluso os gardas que
  foron arrestalo,
   cando os sumos
   sacerdotes e os
     fariseos lles
     preguntaron
  por que non tiñan
 executado as ordes,
     responderon:
    «Ninguén
     falou xamais
      coma este
        home».
O Evanxeo de Xoán
refire coloquios
   luminosos con
 algunhas persoas,
como Nicodemo ou a
     samaritana.
Cos seus apóstolos Xesús profundiza aínda máis: fala
   abertamente do Pai e das cousas do Ceo sen recorrer xa a
símiles. Conquistados polas súas palabras, non dan marcha atrás
        nin sequera cando non as comprenden totalmente ou
             cando estas parecen demasiado esixentes.
«Esta ensinanza é inadmisible», dixéronlle algúns discípulos
cando oíron que lles ía dar a comer o seu cuerpo e a beber o
                         seu sangue.
Vendo que os
  discípulos se botaban
 atrás e xa non ían con
El, Xesús preguntoulles
   aos doce apóstolos:
    «Tamén vosoutros
  queredes deixarme?»
Pedro, cativado xa para
   sempre e fascinado
 polas palabras que lle
oíra pronunciar desde o
 día en que o coñeceu,
 respondeulle no nome
        de todos:
«Señor, onda quen imos ir?
Ti tes palabras de vida eterna»
           (Xn 6,68).
Pedro comprendera
  que as palabras do
   seu Mestre eran
   diferentes ás dos
  demais mestres. As
palabras que proceden
   da terra, son da
   terra e teñen na
 terra o seu destino.
As palabras de Xesús son espíritu e vida porque veñen do Ceo,
    son unha luz que descende do Alto e ten o poder do Alto.
         Posúen unha riqueza e unha profundidade que as
demais palabras non teñen, xa sexan de filósofos, de políticos,
  ou de poetas. Son palabras de «vida eterna» porque conteñen,
           expresan e comunican a plenitude dunha vida
        que non ten fin porque é a mesma vida de Deus.
Xesús resucitou e está vivo. Aínda que pronunciou as súas
  palabras hai tempo, non son un simple recordo, senón
palabras que hoxe nos dirixe a todos nós e a cada persoa
de calquera tempo e cultura: palabras universais, eternas.
As palabras de Xesús! Deberon de ser a súa maior obra de
arte, por así dicilo. O Verbo falando en palabras humanas...
     Que contido, que intensidade, que acento, que voz!
Conta, por exemplo,
 san Basilio o Grande:
     «Un día, como
   espertándome dun
longo soño, mirei a luz
     marabillosa da
verdade do Evanxeo e
  descubrín a vaidade
   da sabedoría dos
    príncipes deste
        mundo».
E Tareixa de Lisieux
escribe nunha carta do 9 de
  maio de 1897: «Ás veces,
  cando leo certos tratados
 espirituais..., o meu pobre
     espírito fatígase moi
  axiña, pecho o douto libro
  que me quebra a cabeza e
me deseca o corazón e tomo
  nas miñas mans a Sagrada
 Escritura. Daquela todo me
  parece luminoso, unha soa
palabra abre na miña alma
      horizontes infinitos,
         a perfección
       paréceme fácil».
Si, as palabras divinas sacian o espírito, feito para o infinito;
  iluminan interiormente non só a mente senón todo o ser,
                  porque son luz, amor e vida.
              Dan a paz ‑ a que Xesús chama súa:
    «A miña paz» ‑ incluso nos momentos de turbación e de
                           angustia.
Dan alegría plena incluso no medio da dor que a veces
atenaza a alma. Dan forza, sobre todo cando sobreveñen o
                abatemento ou o desánimo.
     Fannos libres porque abren o camino da Verdade.
«Señor, onda quen imos ir?
Ti tes palabras de vida eterna»
           (Xn 6,68).
A Palabra deste mes
lémbranos que o único Mestre
   ao que queremos seguir é
   Xesús, aínda que as súas
   palabras poidan parecer
      duras ou demasiado
  esixentes: ser honestos no
traballo, perdoar, poñerse ao
 servizo do outro en lugar de
   pensar egoistamente nun
 mesmo, permanecer fieis na
    vida familiar, asistir a
     un enfermo terminal
      sen ceder á idea da
         eutanasia...
Hai moitos mestres que nos incitan a solucións fáciles, a
compoñendas. Queremos escoitar o único mestre e seguilo porque
   só El di a verdade e as súas palabras «dan vida eterna».
    Así poderemos repetir nós tamén as palabras de Pedro.
Neste tempo de Coresma no que nos preparamos
á gran festa da Resurrección, debemos seguir de verdade a
   ensinanza do único Mestre e facernos discípulos seus.
Tamén en nós debe nacer
       un amor apaixonado
      pola palabra de Deus:
acollámola atentamente cando se
proclame nas igrexas, leámola,
  estudiémola, meditémola...
Pero sobre todo
   estamos chamados
a vivila tal como ensina
  a Escritura mesma:
    «que poñades en
práctica esa palabra e
non simplemente que a
oiades, enganándovos a
 vós mesmos». Por iso
  cada mes fixámonos
 nunha en particular e
deixamos que penetre
         en nós, que nos
 moldee,         que “nos
          viva".
Ao vivir unha palabra
    de Xesús vivimos
    todo o Evanxeo,
     porque en cada
 palabra súa El se dá
 completamente, vén
   El mesmo a vivir
         en nós.
 É como unha pinga
  de sabedoría divina
   do Resucitado que
lentamente penetra e
    substitúe o noso
 modo de pensar, de
   querer e de obrar
        en todas
    as circunstancias
         da vida.
«Señor, onda quen imos ir?
                                         Ti tes palabras de vida eterna»
                                                      (Xn 6,68).




                          “Palabra de Vida”,
        Texto de: Chiara Lubich, publicado en marzo de 2003.
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
            a través da prensa, radio, televisión e internet.
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela
para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é
          “A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:


   “Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha
   cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que
       lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de
     calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se
          proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.

          Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!
   e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra
                                   viva.
   “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que
       nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nos
  evanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis,
                      individualmente e colectivamente” (C.L.).

   Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai
    construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico:
                    catequese@planalfa.es). GRAZAS.

Pv marzo 2012

  • 1.
    Palabra de Vida Marzo 2012
  • 2.
    « Señor, ondaquen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68).
  • 3.
    Á multitude queacudía a El, Xesús faláballes do Reino de Deus. Facíao con palabras sinxelas, mediante parábolas tomadas da vida cotiá; e aínda así, as súas palabras tiñan un atractivo moi especial. A xente quedaba impactada pola súa ensinanza porque ensinaba como alguén que ten autoridade, non como os escribas.
  • 4.
    Incluso os gardasque foron arrestalo, cando os sumos sacerdotes e os fariseos lles preguntaron por que non tiñan executado as ordes, responderon: «Ninguén falou xamais coma este home».
  • 5.
    O Evanxeo deXoán refire coloquios luminosos con algunhas persoas, como Nicodemo ou a samaritana.
  • 6.
    Cos seus apóstolosXesús profundiza aínda máis: fala abertamente do Pai e das cousas do Ceo sen recorrer xa a símiles. Conquistados polas súas palabras, non dan marcha atrás nin sequera cando non as comprenden totalmente ou cando estas parecen demasiado esixentes.
  • 7.
    «Esta ensinanza éinadmisible», dixéronlle algúns discípulos cando oíron que lles ía dar a comer o seu cuerpo e a beber o seu sangue.
  • 8.
    Vendo que os discípulos se botaban atrás e xa non ían con El, Xesús preguntoulles aos doce apóstolos: «Tamén vosoutros queredes deixarme?» Pedro, cativado xa para sempre e fascinado polas palabras que lle oíra pronunciar desde o día en que o coñeceu, respondeulle no nome de todos:
  • 9.
    «Señor, onda quenimos ir? Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68).
  • 10.
    Pedro comprendera que as palabras do seu Mestre eran diferentes ás dos demais mestres. As palabras que proceden da terra, son da terra e teñen na terra o seu destino.
  • 11.
    As palabras deXesús son espíritu e vida porque veñen do Ceo, son unha luz que descende do Alto e ten o poder do Alto. Posúen unha riqueza e unha profundidade que as demais palabras non teñen, xa sexan de filósofos, de políticos, ou de poetas. Son palabras de «vida eterna» porque conteñen, expresan e comunican a plenitude dunha vida que non ten fin porque é a mesma vida de Deus.
  • 12.
    Xesús resucitou eestá vivo. Aínda que pronunciou as súas palabras hai tempo, non son un simple recordo, senón palabras que hoxe nos dirixe a todos nós e a cada persoa de calquera tempo e cultura: palabras universais, eternas.
  • 13.
    As palabras deXesús! Deberon de ser a súa maior obra de arte, por así dicilo. O Verbo falando en palabras humanas... Que contido, que intensidade, que acento, que voz!
  • 14.
    Conta, por exemplo, san Basilio o Grande: «Un día, como espertándome dun longo soño, mirei a luz marabillosa da verdade do Evanxeo e descubrín a vaidade da sabedoría dos príncipes deste mundo».
  • 15.
    E Tareixa deLisieux escribe nunha carta do 9 de maio de 1897: «Ás veces, cando leo certos tratados espirituais..., o meu pobre espírito fatígase moi axiña, pecho o douto libro que me quebra a cabeza e me deseca o corazón e tomo nas miñas mans a Sagrada Escritura. Daquela todo me parece luminoso, unha soa palabra abre na miña alma horizontes infinitos, a perfección paréceme fácil».
  • 16.
    Si, as palabrasdivinas sacian o espírito, feito para o infinito; iluminan interiormente non só a mente senón todo o ser, porque son luz, amor e vida. Dan a paz ‑ a que Xesús chama súa: «A miña paz» ‑ incluso nos momentos de turbación e de angustia.
  • 17.
    Dan alegría plenaincluso no medio da dor que a veces atenaza a alma. Dan forza, sobre todo cando sobreveñen o abatemento ou o desánimo. Fannos libres porque abren o camino da Verdade.
  • 18.
    «Señor, onda quenimos ir? Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68).
  • 19.
    A Palabra destemes lémbranos que o único Mestre ao que queremos seguir é Xesús, aínda que as súas palabras poidan parecer duras ou demasiado esixentes: ser honestos no traballo, perdoar, poñerse ao servizo do outro en lugar de pensar egoistamente nun mesmo, permanecer fieis na vida familiar, asistir a un enfermo terminal sen ceder á idea da eutanasia...
  • 20.
    Hai moitos mestresque nos incitan a solucións fáciles, a compoñendas. Queremos escoitar o único mestre e seguilo porque só El di a verdade e as súas palabras «dan vida eterna». Así poderemos repetir nós tamén as palabras de Pedro.
  • 21.
    Neste tempo deCoresma no que nos preparamos á gran festa da Resurrección, debemos seguir de verdade a ensinanza do único Mestre e facernos discípulos seus.
  • 22.
    Tamén en nósdebe nacer un amor apaixonado pola palabra de Deus: acollámola atentamente cando se proclame nas igrexas, leámola, estudiémola, meditémola...
  • 23.
    Pero sobre todo estamos chamados a vivila tal como ensina a Escritura mesma: «que poñades en práctica esa palabra e non simplemente que a oiades, enganándovos a vós mesmos». Por iso cada mes fixámonos nunha en particular e deixamos que penetre en nós, que nos moldee, que “nos viva".
  • 24.
    Ao vivir unhapalabra de Xesús vivimos todo o Evanxeo, porque en cada palabra súa El se dá completamente, vén El mesmo a vivir en nós. É como unha pinga de sabedoría divina do Resucitado que lentamente penetra e substitúe o noso modo de pensar, de querer e de obrar en todas as circunstancias da vida.
  • 25.
    «Señor, onda quenimos ir? Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68). “Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, publicado en marzo de 2003. Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet.
  • 26.
    Nota do Secretariadode Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é “A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”: “Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nos evanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). GRAZAS.