Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Evanxeo de nadal a

306 views

Published on

Recursos nenos Nadal A

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Evanxeo de nadal a

  1. 1. Oración a Xesús ante o Belén Xesús, fillo de María, Fillo de Deus. A luz de Nadal chegoume como chegou aos pastores e aos magos de Oriente. En Belén, na túa carne tan débil, está todo o amor de Deus. Na túa carne está aquel amor, aquela tenrura, aquela esperanza confiada que só Deus é capaz de dar. Mirándoche deitado no pesebre, acompañado do amor de María e Xosé, quero pór nas túas mans as miñas ilusións e os meus temores. E quero pór nas túas mans o mundo enteiro: a quen máis quero e a quen non coñezo, aos de preto e aos de lonxe, e, sobre todo, aos que máis sofren. Xesús, fillo de María, fillo de Deus, ilumínanos coa claridade do teu amor, ilumina ao mundo enteiro coa claridade do teu amor. Bendición da cea de Nadal Pai: Hoxe celebramos o Nadal, o día en que o teu Fillo, por amor a nós, fíxose home e naceu de María. Ese Neno reúnenos nesta noite, ao redor da mesa que imos compartir cheos de alegría, porque El fainos sentir máis que nunca, Familia. Por iso pedímosche, que nos bendigas e bendigas o pan que o teu Amor nos ofrece. E pedímosche por aqueles que non teñen pan, casa ou traballo, por aqueles que non teñen paz, porque lles faltas Ti. Por mediación de María, rogámosche que o corazón de cada cristián sexa un humilde pesebre, onde Xesús poida nacer, e así, superando todo o que nos divide, construamos un mundo de irmáns. Evanxeo 25-dec-2016 Nadal-A
  2. 2. Nadal: Xesús é o MELLOR AGASALLO. Faise agasallo, cercanía, luz. 1.Ver: O Nadal -O nadal son días de vacacións, son días de alegría, de panxoliñas, reunímonos a familia, adornamos a rúa e as igrexas con nacementos. -Estes días recibimos agasallos, todos feitos con ilusión e agarimo. Pero, que é o fundamental do nadal? 2. XULGAR: Deus faise, cercanía, luz + No evanxeo deste domingo expresa Xoán que é o esencial do nadal. Nela celebramos que "O verbo (Deus) era a luz verdadeira, fíxose carne e que campou entre nós". +QUE NOS QUIERE DICIR XESÚS? -Pensade en alguén que vos gustaría que vos visitase estes días e por que. Pensade tamén un agasallo que vos gustaría recibir. -Xesús é o AGASALLO do nadal, o mellor agasallo. Deus faise neno tenro, indefenso. Quere ser agasallo para todos, e tráenos a salvación, a alegría e a paz. -Xesús faise COMPAÑEIRO, AMIGO PRÓXIMO. Quere estar ao noso lado en todas as circunstancias da nosa vida, rir as nosas alegrías, axudarnos nas dificultades... este é o misterio da encarnación. -Xesús faise LUZ, a luz do mundo, a luz que nos guía para que xa non andemos na escuridade senón que vaiamos polo bo camiño. Como vivir a alegría do evanxeo? Que podemos compartir? 3. ACTUAR: Se alegre, comparte -Comentamos que o esencial do nadal é que celebramos que vén Xesús, o mellor agasallo e facémosllo ver aos nosos familiares e amigos. -Tratamos de entrar no misterio de Belén, de mirar ao neno do pesebre e pedímoslle a Xesús que lle sintamos sempre como amigo próximo, compañeiro, luz e forza. -Facemos un belén vivente representando o nacemento de Xesús. -Na parroquia o día 25 bendicimos o belén e encargámonos de rezar a oración de noiteboa e bendicir a mesa na casa. ISAÍAS 52, 7-10: Todos os pobos da terra percibirán a salvación do noso Deus Que fermosos son sobre os montes os pés do mensaxeiro de boas novas, que anuncia a fartura, que proclama a felicidade, que pregoa a salvación, que di: "Sión, o teu Deus reina! Un grito! Os teus vixías levantan a voz, berran xubilosos a un tempo: "Todos os ollos contemplarán a volta do Señor a Sión". Berrade a coro con xúbilo, ruínas de Xerusalén, que o Señor consolou o seu pobo, redimiu Xerusalén. O Señor remangou o seu brazo santo aos ollos de todos os pobos, e todos os confíns da terra viron a salvación do noso Deus".  SAL. 97: R/. Os confíns todos da terra percibiron a vitoria do noso Deus. HEBREOS 1, 1-6: Deus falounos por medio do Fillo. SAN XOÁN 1, 1-5. 9-14 (BREVE): O Verbo fíxose carne e habitou entre nós. No principio existía a Palabra, e a Palabra estaba onda Deus, e a Palabra era Deus.Ela estaba no principio onda Deus.Todo foi feito por ela,e sen ela non se fixo nada do que foi feito. Nela estaba a vida,e a vida era a luz dos homes; a luz aluma na tebra,e a tebra non a deu apagado. Houbo un homemandado por Deus: o seu nome era Xoán. Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que todos cresen por el. Non era el a luz, senón que veu para dar testemuño da luz. A Palabra era a verdadeira luz que aluma a todo home que vén a este mundo. Ela estaba no mundo, e o mundo foi feito por ela, pero o mundo non a recoñeceu. Veu á súa propiedade, e os seus non a acolleron. Pero a cantos a recibiron- aos que cren no seu nome -deulles o poder de seren fillos de Deus. Estes, non naceron do sangue, nin da vontade da carne,nin da vontade do home, senón de Deus.E a Palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda,e nós vimos a súa gloria,gloria coma de Unixénito que vén do Pai, cheo de graza e de verdade. Xoán dá testemuño del, exclamando: Este évos de quen eu dixen: "O que vén detrás miña, pasa diante miña, pois existía primeiro ca min". E da súa abundancia recibimos todos nósgraza e máis graza. Pois a Lei deuse por medio de Moisés; a graza e a verdade realizáronse por Xesús Cristo. A Deus ninguén o viu; o Unixénito, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou.

×