Sta. mª nai de deus b bene pagola 2013

806 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Sta. mª nai de deus b bene pagola 2013

  1. 1. Hoxe Hoxe José Antonio Pagola  Red evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Hoxe chéganos a salvación. Pásao. 1 de xaneiro Santa María Nai de Deus Lucas 2, 16-21 Música:AveMaría-;present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D. Amundarain
  2. 2. Lucas conclúe o seu relato do nacemento de Xesús indicando aos lectores que «María gardaba todas estas cousas meditándoas no seu corazón».
  3. 3. Non conserva o sucedido como un recordo do pasado, senón como unha experiencia que actualizará e revivirá ao longo da súa vida.
  4. 4. Non é unha observación gratuíta. María é modelo de fe. Segundo este evanxelista, crer en Xesús Salvador non é recordar acontecementos doutros tempos, senón experimentar hoxe a súa forza salvadora, capaz de facer máis humana a nosa vida.
  5. 5. Por iso, Lucas utiliza un recurso literario moi orixinal. Xesús non pertence ao pasado. Intencionadamente vai repitindo que a salvación de Xesús resucitado estásenos ofrecendo "HOXE", agora mesmo, sempre que nos encontramos con El. Vexamos algúns exemplos.
  6. 6. Así se nos anuncia o nacemento de Xesús: “Naceuvos hoxe na cidade de David un Salvador". Hoxe pode nacer Xesús para nós. Hoxe pode entrar na nosa vida e cambiala para sempre. Con el podemos nacer a unha existencia nova.
  7. 7. Nunha aldea de Galilea traen ante Xesús un paralítico. Xesús conmóvese ao velo bloqueado polo seu pecado e sándao ofrecéndolle o perdón: “Os teus pecados quedan perdoados". A xente reacciona loando a Deus: "Hoxe vimos cousas admirables".
  8. 8. Tamén nós podemos experimentar hoxe o perdón, a paz de Deus e a alegría interior se nos deixamos sandar por Xesús.
  9. 9. Na cidade de Xericó, Xesús alóxase na casa de Zaqueo, rico e poderoso recadador de impostos. O encontro con Xesús transfórmao: devolverá o roubado a tanta xente e compartirá os seus bens cos pobres. Xesús dille: "hoxe chegou a salvación a esta casa".
  10. 10. Se deixamos entrar a Xesús na nosa vida, hoxe mesmo podemos empezar unha vida máis digna, fraterna e solidaria.
  11. 11. Xesús está agonizando na cruz no medio de dous malfeitores. Un deles confíase a Xesús: "Xesús, acórdate de min cando esteas no teu reino". Xesús reacciona inmediatamente: “Hoxe estarás comigo no paraíso".
  12. 12. Tamén o día da nosa morte será un día de salvación. Por fin escoitaremos de Xesús esas palabras tan esperadas: descansa, confía en min, hoxe estarás comigo para sempre
  13. 13. Hoxe comezamos un ano novo. Pero, que pode ser para nós algo realmente novo e bo? Quen fará nacer en nós unha alegría nova? Que psicólogo nos ensinará a ser máis humanos?
  14. 14. De pouco serven os bos desexos. O decisivo é estar máis atentos ao mellor que se esperta en nós. A salvación ofrécesenos cada día.
  15. 15. Non hai que esperar a nada. hoxe mesmo pode ser para min un día de salvación.
  16. 16. hoxe  Lucas conclúe o seu relato do nacemento de Xesús indicando aos lectores que «María gardaba todas estas cousas meditándoas no seu corazón» . Non conserva o sucedido como un recordo do pasado, senón como unha experiencia que actualizará e revivirá ao longo da súa vida. Non é unha observación gratuíta. María é modelo de fe. Segundo este evanxelista, crer en Xesús Salvador non é recordar acontecementos doutros tempos, senón experimentar hoxe a súa forza salvadora, capaz de facer máis humana a nosa vida. Por iso, Lucas utiliza un recurso literario moi orixinal. Xesús non pertence ao pasado. Intencionadamente vai repetindo que a salvación de Xesús resucitado estásenos ofrecendo "hoxe", agora mesmo, sempre que nos encontramos con El. Vexamos algúns exemplos. Así se nos anuncia o nacemento de Xesús: “Naceuvos hoxe na cidade de David un Salvador“. Hoxe pode nacer Xesús para nós. Hoxe pode entrar na nosa vida e cambiala para sempre. Con El podemos nacer a unha existencia nova. Nunha aldea de Galilea traen ante Xesús un paralítico. Xesús conmóvese ao velo bloqueado polo seu pecado e sándao ofrecéndole o perdón: “Os teus pecados quedan perdoados". A xente reacciona loando a Deus: "hoxe vimos cousas admirables". Tamén nós podemos experimentar hoxe o perdón, a paz de Deus e a alegría interior se nos deixamos sandar por Xesús. Na cidade de Xericó, Xesús alóxase na casa de Zaqueo, rico e poderoso recaudador de impostos. O encontro con Xesús transfórmao: devolverá o roubado a tanta xente e compartirá os seus bens cos pobres. Xesús dille: "hoxe chegou a salvación a esta casa". Se deixamos entrar a Xesús na nosa vida, hoxe mesmo podemos empezar unha vida máis digna, fraterna e solidaria. Xesús está agonizando na cruz no medio de dous malfeitores. Un deles confíase a Xesús: "Xesús, acórdate de min cando esteas no teu reino". Xesús reacciona inmediatamente: "hoxe estarás comigo no paraíso". Tamén o día da nosa morte será un día de salvación. Por fin escoitaremos de Xesús esas palabras tan esperadas: descansa, confía en min, hoxe estarás comigo para sempre. Hoxe comezamos un ano novo. Pero, que pode ser para nós algo realmente novo e bo? Quen fará nacer en nós unha alegría nova? Que psicólogo nos ensinará a ser máis humanos? De pouco serven os bos desexos. O decisivo é estar máis atentos ao mellor que se esperta en nós. A salvación ofrécesenos cada día. Non hai que esperar a nada. Hoxe mesmo pode ser para min un día de salvación. José Antonio Pagola

×