Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista

303 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista

  1. 1. Natividade de San Xoán Bautista - 24 xuñoAo oitavo día foron circuncidar o neno, e querían poñerlle,Zacarías, coma seu pai. Pero súa nai díxolles: - “Non, chamarase Xoán”.
  2. 2. Eles replicaronlle:- Non hai ninguén na túa familia que leve ese nome.Preguntaron por sinais ao pai como quería que se chamase.El pediu con que escribir e puxo: “Xoán é o seu nome”.De súpeto recuperou a fala e comezou a bendicir a Deus. Lc 1, 57 - 66
  3. 3. O neno que chega trae consigo o cumprimento das nosas esperanzas. Xoán había de ser o precursor do Mesías Xesús.O relato indica que Deus toma a iniciativa da salvación.
  4. 4. De novo Deus adiántase a cambiar os proxectos humanos. O nome que Deus pensou para el significa “Deus concedeu favor”. Xoán é como a icona divina sobre a historia.
  5. 5. Deus confíalle unha misión única. Non ha de servir no santuario antigo:preparará o camiño ao Santo de Deus. Non envellecerá en paz. Será condenado a morte pola súa fidelidade á Lei do Señor.
  6. 6. Zacarías recobra a palabra cando recoñece a vontade de Deus e a proclama. Quen non a acepta e non a anuncia é como se se tivese quedado mudo.
  7. 7. “Que vai ser este neno?”Vai ser un home fiel á Lei de Moisés. Non tanto nas prescricións rituais, como na chamada á conversión e na promoción da xustiza.
  8. 8. “Que vai ser este neno?” Vai ser o precursor do Mesías. pola súa valente predicación.Xoán anunciará a súa próxima chegada e descubrirao despois entre os homes.
  9. 9. “Que vai ser este neno?”Vai ser un profeta libre e leal, crente e crible. Anunciará o ben e a verdade e denunciará o mal e a corrupción. Aínda que iso lle custe a vida.
  10. 10. Señor Xesús, ti dixéchesnos que entre os nacidos de muller ningún foi maior que Xoán. Que a súa mensaxenos axude a descubrir a túa misión e a nosa vocación. Amén.
  11. 11. José Román Flecha AndrésPALABRA DO SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro PaneroMúsica: Minvocherà e io lesaudirò.

×