Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Pv decembro 2012

370 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Pv decembro 2012

  1. 1. Palabra de Vida Decembro 2012
  2. 2. «A cantos o recibiron,deulles o poder de seren fillos de Deus» (Xn 1, 12).
  3. 3. Aquí está a gran novidade anunciada e dada por Xesúsá humanidade: a filiación divina, ser fillos de Deus por graza.
  4. 4. Como e a quen se lle dá esta graza? «A cantos o recibiron» e a cantos o reciban ao longo dos séculos.
  5. 5. É necesario acollelo na fe e no amor,crendo en Xesús como o noso Salvador.
  6. 6. Pero tratemos de comprender máis en profundidade que significa ser fillo de Deus.
  7. 7. Abonda con mirar a Xesús, o fillo de Deus, e á súa relación co Pai: Xesús rezaba a seu Pai como no «Noso Pai». Para El, o Pai era «Abba», é dicir, o papá a quen El se dirixía con palabras de infinita confianza e inmenso amor.
  8. 8. Xa que viñera á terra por nós, non lle bastoucon encontrarsenesta condición privilexiada.
  9. 9. Ao morrer por nós, ao redimirnos, fíxonos fillos de Deus, irmáns e irmás seus, e deunos a nós tamén, a través do Espírito Santo, a posibilidade de introducirnos no seo da Trindade.
  10. 10. Deste modo, para nós tamén se fixo posibleesa invocación divina súa «¡Abba, Pai!» , é dicir, «papá, meu Pai», noso, con todo o que iso encerra: certeza da súa protección, seguridade, abandono ao seu amor, consolos divinos, forza, ardor; ardor que nace no corazón de quen está seguro de ser amado.
  11. 11. ««A cantos o recibiron,deulles o poder de seren fillos de Deus».
  12. 12. O que nos fai uncon Cristo, e con El fillos no Fillo, é o bautismo e a vida da graza que provén del.
  13. 13. Nesta pasaxe do Evanxeo hai, ademais, unha palabra que desvelatamén o dinamismo profundo desta «filiación» que hai que realizar día tras día. De feito, é necesario «ser fillos de Deus».
  14. 14. Chégase a ser, médrase como fillos de Deus, coa nosa correspondencia ao seu don, vivindo a súa vontade que está toda concentrada no mandamento do amor: amor a Deus e amor aos próximos.
  15. 15. Acoller a Xesús significa, de feito, recoñeceloen todos os nosos próximos. E eles tamén terán a posibilidade de recoñecer a Xesús e crer nel se no noso amor por eles descobren unha pegada, unha chispa do amor infinito do Pai.
  16. 16. «A cantos o recibiron,deulles o poder de seren fillos de Deus».
  17. 17. Neste mes no que lembramos especialmente o nacementode Xesús nesta terra, tratemos de acollernos reciprocamente, vivindo e servindo ao mesmo Cristo os uns nos outros.
  18. 18. E entón unha reciprocidadede amor, de coñecemento de vida como a que vincula o fillo co Pai no Espírito, instaurarase tamén entre nós e o Pai e sentiremos que cada vez máis nos nosos beizos aflora a invocación de Xesús: «Abba, Pai!».
  19. 19. «A cantos o recibiron, deulles o poder de seren fillos de Deus». “Palabra de Vida” “Palabra de Vida” Texto de: Chiara Lubich, Publicada en decembro de 1998.Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén nas revista “Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela.
  20. 20. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2012-13:Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha curade Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta.Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modoa Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingona celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! E así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesarioademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobreela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somosXesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vaiconstruíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico:catequese@planalfa.es). Sede felices. Feliz e evanxélico AÑO DA FE. “Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.
  21. 21. E en concreto, durante este mes, que vou facer para que o Plan Pastoral vaia adiante?

×