Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Credo 2

555 views

Published on

  • Be the first to comment

Credo 2

  1. 1. II. Creo en Xesucristo
  2. 2. 1) CREO EN XESUCRISTO
  3. 3. Xesucristo é un nome compostode Xesús – Cristo.É o resumo dunha confesión defe:Xesús de Nazaré, nome poloque o coñecía a xente, épermanentemente, o Cristo, oUnxido enviado especial de Deuspara salvar o seu pobo
  4. 4. Os contemporáneosesperaban un mesíaspolítico-relixioso, ungran caudillo quesalvase a Israel dosseus inimigos eestablecese un imperiopolítico relixioso concapital en Xerusalén.
  5. 5. Os discípulos de Xesús compartíanesta idea:Saíu Xesús cos seus discípulos caraás vilas de Cesarea de Filipo, e polocamiño fixo esta pregunta aos seusdiscípulos: «Quen din os homes queson eu?» Eles dixéronlle: «Uns, queXoán o Bautista; outros, que Elías;outros, que un dos profetas». E elpreguntoulles: «e vós, quen dicidesque son eu?» Pedro contestoulle: «Ties o Cristo.» E prohibiulles dicirennada a ninguén (Mc 8,27-30).
  6. 6. Xesús manda calar porque interpreta doutramaneira ser mesías o cristo: non é en plantriunfalista senón morrendo e resucitando: E comezou a anunciarlles que o Fillodo home debía sufrir moito e serreprobado polos anciáns, os sumossacerdotes e os escribas, ser matado eresucitar aos tres días. Faláballesdisto abertamente. Tomándoo aparte,Pedro, púxose a rifarlle. Pero el,volvéndose e mirando aos seusdiscípulos, reprendeu a Pedro,dicíndolle: «Arreda de min, Satanás!porque os teus pensamentos non sonos de Deus, senón como os dos homes»(Mc 8,31-33)
  7. 7. Pilato, sen sabelo alcance da súa acción, así o proclamou:Pilato redactou tamén unha inscrición e púxoasobre a cruz. O escrito dicía: « Xesús o Nazareno,o Rei dos xudeus» Esta inscripción lérona moitosxudeus, porque o lugar onde crucificaron a Xesúsestaba cerca da cidade; e estaba escrita enhebreo, latín e grego. O sumos sacerdotes dos xudeus dixéronlle a Pilato: «Non escribas: “O Rei dos xudeus", senón: "Este dixo: eu son o Rei dos xudeus"». Pilato respondeulles: «O escrito, escrito está "». X n 19,19-22).
  8. 8. 2. UN SÓ SEÑOR
  9. 9. Para nós non hai máis queun só Deus, o Pai, do calproceden todas as cousase para o cal somos; e unsó Señor, Xesucristo, porquen son todas as cousase polo cal existimos nós (1Cor 8,6).
  10. 10. A Igrexa recoñece aXesucristo resucitado comoo noso Señor. Noso Señor Xesucristo, dirixa o noso camiño cara a vós (1 Tes 3,11) . Acordándonos sen cesar diante de Deus e noso Pai da obra da vosa fe, do traballo de voso amor e de vosa constancia na esperanza en noso Señor Xesucristo (1 Tes 1,3) .
  11. 11. Compoñen a Igrexa todos os que recoñecen a Xesucristo como o noso Señor: O cristiáns son “os santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos, con cantos en calquera lugar invocan o nome de Xesucristo, Señor deles e noso” (1 Cor 1,2)
  12. 12. San Paulo adoita saudarás comunidades en nomede Deus, noso Pai, e doSeñor Xesucristo : Graza e paz a vós, deDeus, noso Pai, e doSeñor Xesucristo (Rm 1,7).Da mesma forma 1 Cor 1,3; 2Cor 1,2; 1 Tes 1,1; 2 Tes 1,2;Gal 1,3; Ef 1,2; 6,23; Flp 1,2;Col 1,2; 2 Xn 3.
  13. 13. 3) FILLO ÚNICO DE DEUS
  14. 14. E a Palabra fíxose carne, e acampouentre nós, e temos contemplado a súagloria, gloria que recibe do Pai comoFillo único, cheo de graza e deverdade (Xn 1,14). A Deus ninguén o viu xamais; o unixénito Fillo, que está no seo do Pai, el déunolo a coñecer (Xn 1,18).
  15. 15. Xesús diríxese a Deus coma a seu Pai, dunha maneira especial. Son moitísimos os textos que o afirman con diversas fórmulas: a) Ás veces chama a Deus Meu Pai: Mt 10,32.33; 12,50; 15,13; 16,17; 18,10.19.35; 20,23; 24,36; 25,34; 26,29; Lc 2,48; 22,29; 24,49; Xn 2,16; 5,17.43; 6,32; 8,54; 10,19.37; 12,26; 14,2.7.20.21.23; 15,1.8.10.15.23.24; Ap 3,21.5.Non vos chamo xa servos, porque o servonon sabe o que fai o seu amo; a vóschameivos amigos, porque todo o que oín ameu Pai déivolo a coñecer (Xn 15,15).
  16. 16. b) Outras veces chámao o Pai: Mt 28,19; Lc 9,26; Xn 1,18; 3,35; 5,21.22.26.36 (bis).37.57(bis); 6,27.37.44.45.65; 8,16.18.23.27.28.29.38; 10,15 (bis).17. 25. 29 (bis). 30. 32. 36. 37. 38 (bis); 12.49.50; 13,3; 14,6.8. 9 (bis). 10 (ter).11 (bis).12. 14. 16. 24.26.28 (bis).31(bis); 15,9.15.26 (bis); 16,3.10.15.17.23.26.27.28 (bis). 32; 18,11; 20,21; Hch 1,4.7; 4,21.23; Ap 2,28. Por iso os xudeus trataban con grande empeño matalo, porque non só quebrantaba o sábado, senón que chamaba a Deus o seu propio Pai, facéndose a si mesmo igual a Deus. Xesús, pois, tomando a palabra, dicíalles: «En verdade, en verdade vos digo: o Fillo non pode facer nada pola súa conta, senón o que ve facer ao Pai: o quefai el, iso tamén o fai igualmente o Fillo. Porque o Pai quere o Fillo e amósalle todo o que el fai. E amosaralle obras aínda maiores que estas, para que vos asombredes. Porque, como o Pai resucita os mortos e dálles a vida, así tamén o Fillo dá a vida aos que quere.Porque o Pai non xulga a ninguén; senón que todo xuízo entregoullo ao Fillo, para que todos honren o Fillo como honran o Pai. O que non honra o Fillo non honra o Pai que o enviou (Xn 5,18-23).
  17. 17. c) De forma correlativa, Xesúschámase a si mesmo o Fillo . Véxase o texto anterior. Mais de aquel día e hora, ninguén sabe nada, nin os anxos no ceo, nin o Fillo, senón só o Pai (Mc 13,32).
  18. 18. d) Ás veces Xesús fala de seu Pai enterceira persoa, Seu Pai: Mc 8,38; Mt16,27; Ap 1,6; 14,1. Porque quen se avergoñe de min e da miñas palabras nesta xeración adúltera e pecadora, tamén o Fillo do home se avergoñará del cando veña na gloria de seu Pai cos santos anxos (Mc 8,38).
  19. 19. e) Xesús invoca a Deus como Pai: Pai (Mt 11,25.26 ; Xn 17,1.5.21.24); Abba, Pai (Mc 14,36); Pai xusto (Xn 17,25); Pai santo (Xn 17,11). Dicía, abba, Pai, todo che é posible (Mc 14,33)
  20. 20. f) Dirixindose ao Pai na oraciónalude a si mesmo como Teu Fillo: Así falou Xesús, e alzando os ollos ao ceu, dixo: «Pai, chegou a hora; glorifica o teu Fillo, para que teu Fillo te glorifique a ti» (Xn 17,1).
  21. 21. g) Igualmente a Igrexa primitiva chama a Xesús o Fillo ou fala do Pai e o Fillo ou o Pai e seu Fillo : A graza, a misericordia e a paz de parte de Deus Pai e de Xesucristo, o Fillo do Pai, estarán connosco segundo a verdade e o amor (2 Xn 3). A Deus ninguén o viu xamais: o Fillo único, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou (Xn 1,18).E nós vímolo e damos testemuño de que oPai enviou a seu Fillo, como Salvador domundo (1 Xn 4,14).O que temos visto e oído, iso vosanunciamos, para que tamén vós teñadescomuñón connosco e a nosa comuñónverdadeiramente é co Pai e co seu FilloXesucristo (1 Xn 1,3).
  22. 22. h) A Igrexa primitiva empregatamén a frase Pai do noso SeñorXesucristo. Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesucristo (2 Cor 11,31; 1 Pe 1,3; Ef 1,3; Col 1,3)
  23. 23. i) Xesús lexitímase como Fillo identificándose coa vontade do PaiDíxolles, pois, Xesús: «Cando teñades erguidoo Fillo do home, entón saberedes que eu Son,e que non fago nada pola miña propia conta;senón que, o que o Pai me ensinou, iso é oque falo. E o que me enviou está comigo: nonme deixou só, porque eu fago sempre o quelle agrada a el. » (Xn 8,28-29)A aquel a quien o Pai santificou e enviou aomundo, como lle dicides que blasfema por terdito: “Eu son Fillo de Deus"? Se non fago asobras de meu Pai, non me creades; pero seas fago, aínda que a min non me creades,crede polas obras, e así saberedes ecoñeceredes que o Pai está en min e eu noPai. » (Xn 10,36-38).
  24. 24. 3) NACIDO DO PAI ANTES DE TODOS OS SÉCULOS:DEUS DE DEUS, LUZ DE LUZ.DEUS VERDADEIRO DE DEUS VERDADEIRO, XERADO, NON CREADO, DA MESMA NATUREZA DO PAI.
  25. 25. Ser Fillo é algo permanentede Xesús e indica que vén doPai, que lle dá eternamente oser, e existe sempre para oPai . Non ten razón de ser ensi mesmo. Comparte anatureza do Pai eidentifícase plenamente conel. E como o Pai é amor quese entrega, o Fillo é taménamor entregado.
  26. 26. a) Xesús preséntase igual ao Pai Eu e o Pai somos un». (Xn 10, 30) O Pai ama o Fillo e entregou todas as cousas na súa man (Xn 3,35). Todo me foi entregado por meu Pai, e ninguén coñece ben o Fillo senón o Pai, nin ninguén coñece ben o Pai senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar (Mt 11,27). Todo o que ten o Pai é meu (Xn 16,15).
  27. 27. Así como o Pai me coñece eeu coñezo o Pai; e dou a miñavida polas ovellas (Xn 10,15).Xesús respondeulles: Meu Pai ata agora traballa, e eu tamén traballo (Xn 5,17 cf. 5,21-26).Se non fago as obras de meuPai, non me creades; pero se as fago, aínda que a min non me creades, crede polas obras, e así saberedes e coñeceredes que o Pai estáen min e eu no Pai (Xn 10,37-
  28. 28. Mirade que chega a hora (e xa chegou) en que vos dispersaredes cada un polo vosolado e me deixaredes só. Pero non estou só, porque o Pai está comigo (Xn 16,32). Pido que todos sexan un, como ti, Pai, en min e eu en ti, que elestamén sexan un en nós, para que omundo crea que ti me enviaches. E a gloria que ti me deches, déillela a eles, para que sexan un coma nós somos un: eu neles e ti en min, para que sexan perfectamente un, e o mundo coñeza que ti me enviaches e que os amaches a eles como me amaches a min. (Xn 17,21-23)
  29. 29. b) Xesús preséntase comoeterno, igual ao Pai Pai, os que ti me deches, quero que onde eu estea estean tamén comigo, para que contemplan a miña gloria, a que me deches, porque me amaches antes da creación do mundo (Xn 17,24).
  30. 30. c) Xesús afirma que viu e oíu o Pai Eu falo do que vin estando xunto ao Pai (Xn 8,38). Moitas cousas teño que dicir e xulgar de vós; pero o que me enviou é verdadeiro, e eu, o que oín del, isto falo ao mundo. Pero non entenderon que lles falaba do Pai (Xn 8,26).
  31. 31. d) Igualmente a Igrexa primitivaafirma que Xesús é igual a Deus eeterno: No principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus. Ela estaba no principio con Deus (Xn 1,1-2).
  32. 32. e) Xesús preséntase como enviado do Pai Meu Pai, que mas deu, é máis grande que todos, e ninguén pode arrebatar nada da man do Pai. Eu e meu Pai somos un». (Xn 10,29) Eu vin no nome de meu Pai e non me recibistes; se outro viñese no seu propio nome, a ese recibiriades (Xn 5,43). Pero eu teño un testemuño maior que o deXoán: as obras que o Pai me encargou de levara cabo, as mesmas obras que eu fago, dantestemuño de min, de que o Pai me enviou.Tamén o Pai, que me enviou, dá testemuño demin. (Xn 5,36-37).
  33. 33. Así como o Pai, que meenviou vive, e eu vivo poloPai, tamén o que me comevivirá por min (Xn 6,57)E se eu xulgo, o meu xuízo ésegundo a verdade, porquenon son eu só, senón eu e oPai que me envió (Xn 8,16).Eu dou testemuño de minmesmo, pero tamén o dá oPai que me enviou. (Xn 8,18).
  34. 34. E se eu xulgo, o meu xuízoé segundo a verdade,porque non son eu só,senón eu e o Pai que meenviou (Xn 8,16) .Esta é a vontade do queme enviou. (Xn 6,40)Pai xusto, o mundo non tecoñeceu, pero eucoñecinte e éstescoñeceron que ti meenviaches (Xn 17, 25).
  35. 35. h) Xesús ama o Pai e identifícasecoa súa vontade. Ha de saber o mundo que amo o Pai e que obro segundo o Pai me ordenou (Xn 14,31). Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor (Xn 15,10) .
  36. 36. 4) POR QUENTODO FOI FEITO
  37. 37. Para nós non hai máis que un só Deus, o Pai,do cal proceden todas as cousas e para o calexistimos; e un só Señor, Xesucristo, por quen todoexiste e por quen existimos nós mesmos (1 Cor 8,6). El é Imaxe de Deus invisible, Primoxénito detoda a creación, porque nel foron creadas todas ascousas, nos ceos e na terra, as visibles e asinvisibles, os Tronos, as Dominacións, osPrincipados, as Potestades: todo foi creado por el epara el, el existe con anterioridade a todo, e todoten nel a súa consistencia (Col 1,15-17). No principio existía a Palabra e a Palabraestaba con Deus, e a Palabra era Deus. Ela estabano principio con Deus. Todo se fixo por ela e sen elanon se fixo nada de canto existe (Xn 1,1-3).
  38. 38. 5) POR NÓS OS HOMES E POLA NOSA SALVACIÓN,BAIXOU DO CEO;
  39. 39. Cristo deuse a si mesmopolos nosos pecados paralibrarnos do presente séculomalo, conforme á vontade donoso Deus e Pai (Gál 1,4).Nisto manifestouse o amorque Deus nos ten; en queDeus enviou ao mundo o seuFillo único para que vivamospor medio del (1 Xn 4,9).O Pai mesmo quérevos,porque me queredes a min ecredes que saín de Deus. Saíndo Pai e vin ao mundo. Agoradeixo outra vez o mundo e vouao Pai (Xn 16,27-28).
  40. 40. 6) POR OBRA DO ESPÍRITO SANTO ENCARNOUSE EN MARÍA, A VIRXE,
  41. 41. A xeración de Xesucristo foi desta maneira:A súa nai, María, estaba prometida a Xosé e,antes de viviren xuntos apareceu elaembarazada por obra do Espírito Santo... Oanxo do Señor apareceuselle en soños edíxolle: «Xosé, Fillo de David, non temastomar contigo a María, a túa prometidaporque o que nela se concibiu é obra doEspírito Santo... Dará a luz un Fillo, e tipoñeraslle por nome Xesús, porque élsalvará o seu pobo dos seus pecados».Todo isto sucedeu para que se cumprise ooráculo do Señor por medio do profeta:“Vede que a virxe concibirá e dará a luz unFillo, e poñeranlle por nome Emmanuel,...”Acordou Xosé do soño e fixo tal como oanxo do Señor lle mandara, e levou consigoa súa prometida. E sen que a tocase, eladeu a luz un fillo. E el póxolle de nome Xesús(Mt 1,18-25).
  42. 42. Foi enviado por Deus o anxo Gabriel...a unhamociña prometida a un home chamado Xosé, dacasa de David; o nome da mociña era María. eentrando onde ela estaba, díxolle: «Alégrate, cheade graza, o Señor está contigo». Ela turbouse conestas palabras, e cavilaba no que podería significaraquel saúdo. O anxo continuou: «Non temas,María, porque atopaches graza diante de Deus;vas concibir no seo e vas dar a luz un fillo, a quenpoñerás por nome Xesús. El será grande e seráchamado Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle otrono de David, seu pai; reinará sobre a casa deXacob polos séculos e o seu reino no terá fin».María respondeu ao anxo: «Como será isto, pois euson virxe»? O anxo replicoulle: «O Espírito Santovirá sobre ti e o poder do Altísimo vaite cubrir coasúa sombra; por iso o que ha de nacer de ti serásanto e será chamado Fillo de Deus... porqueningunha cousa é imposible para Deus». Maríacontestoulle: «Velaquí a escravado Señor;cúmprase en min o que dixeches». E o anxomarcou de onda ela (Lc 1,26-38).
  43. 43. 7) E FÍXOSE HOME.
  44. 44. E o Verbo fíxose carne e habitou entre nós, cheode graza e de verdade; e vimos a súa gloria, gloriacomo do unixénito do Pai (Xn 1,14).El, sendo de condición divina, non se agarroucobizosamente á súa categoría de Deus; senónque se espiu do seu rango, asumindo a condiciónde escravo; fíxose un home normal e presentousecomo tal (Flp 2,6-7).Poderedes coñecer nisto o Espírito de Deus: todoEspírito que confesa a Xesucristo, vindo en carne,é de Deus ( 1 Xn 4,2).Moitos sedutores saíron ao mundo, que nonconfesan que Xesucristo veu en carne. Ese é oSedutor e o Anticristo ( 2 Xn 7).
  45. 45. 8) E POLA NOSA CAUSA
  46. 46. Graza a vós e paz departe de Deus, nosoPai, e do SeñorXesucristo, que seentregou a si mesmopolos nosos pecados,para librarnos destemundo perverso,segundo a vontade donoso Deus e Pai (Gál1,3-4).
  47. 47. 9) FOI CRUCIFICADO EN TEMPOS DE PONCIO PILATO, PADECEU
  48. 48. Os sumos sacerdotes cos anciáns, os escribas e todo o Sanedrín e,despois de ter atado a Xesús, levárono e entregárono a Pilato. Pilatopreguntoulle: «Es ti o Rei dos xudeus»? El respondeulle: «Si, ti o dis»...Pilato contestoulles: «Queredes que vos solte o Rei dos xudeus»? ... axente volveu gritar: « Crucifícao!» ... Pilato, entón, querendo compracer a xente, soltoulles a Barrabás e entregou a Xesús, despois de azoutalo, para que fose crucificado... Conducírono ao lugar do Gólgota, que quere dicir: Calvario... Crucificárono e repartiron os seus vestidos, botando a sortes a ver quen se levaba cada un. Era a hora terza cando o crucificaron...Chegada a hora sexta, houbo escuridade sobre toda a terra ata a horanona. Á hora nona gritou Xesús con forte voz: «Eloí, Eloí, lema sabactaní»,- que quere dicir - «Meu Deus, meu Deusno! Por que meabandonaches»?... E Xesús, lanzando un forte grito, expirou (Mc 15,1-37).
  49. 49. Por iso ámame o Pai, porque eudou a miña vida, para recobralade novo. Ninguén ma quita; eudouna voluntariamente. Teñopoder para dala e poder pararecobrala de novo; esa é a ordeque recibín de meu Pai». (Xn10,17).Agora a miña alma está turbada.E, que vou dicir? Pai, líbramedesta hora! Pero, se cheguei aesta hora para isto! Pai, glorificao teu Nome». Chegou entón unhavoz do ceo: «Xa o glorifiquei eglorificareino aínda de novo». (Xn12, 27)
  50. 50. 10) E FOISEPULTADO
  51. 51. E á tardiña, como era véspera dosábado, veu Xosé de Arimatea, membrorespetable do Consello, que esperabatamén o Reino de Deus, e tivo a valentíade entrar onda Pilato e pedirlle o corpode Xesús. Estrañouse Pilato de que xaestivese morto e, chamando ocenturión, preguntoulle se xa morrera.Informado polo centurión, concedeulleo corpo a Xosé, quen, mercando unhasaba, descolgouno da cruz, envolveunona saba e púxoo nun sepulcro queestaba excavado na rocha; logo, fixorodar unha pedra sobre a entrada dosepulcro. María Madalena e María a deXosé enxergaban para ver onde o poñía(Mc 15,42-47).
  52. 52. 9) E RESUCITOU AO TERCEIRO DÍA, SEGUNDO AS ESCRITURAS ,
  53. 53. Pasado o sábado, María Madalena,María a de Santiago e Salomémercaron aromas para ir aembalsamalo. E moi cedo, noprimeiro día da semana, despois daalborada, foron ao sepulcro. Ïancomentando entre elas: «Quen nosarredará a pedra da entrada dosepulcro»? E erguendo a vista vironque a pedra estaba arredada; e isoque era moi grande. Entrando nosepulcro viron un mozo sentado nolado dereito, vestido con unha túnicabranca, e asustáronse. Pero eldíxolles: «Non vos asustedes.Buscades a Xesús de Nazaré, oCrucificado; resucitou, non estáaquí. Vede o lugar onde o puxeron(Mc 16,1-6).
  54. 54. Pola súa parte, os once discípulosmarcharon a Galilea, ao monteque Xesús lles indicara. Ao veloadorárono; algúns con tododubidaron. Xesús achegóuselles e faloules así: «Foime dado todopoder no ceo e mais na terra. Ide,pois, e facede discípulos a todasas xentes, bautizándoas no nomedo Pai e do Fillo e do EspíritoSanto, e ensinándolles a gardartodo o que eu vos mandei.Asegúrovos que eu estareiconvosco todos os días ata a findo mundo» (Mt 28,16-20).
  55. 55. Ao serán daquel día, o primeiro dasemana, estando pechadas, pormedo aos xudeus, as portas dolugar onde se encontraban osdiscípulos, presentouse Xesús nomedio deles e díxolles: «A pazconvosco». Dito isto, amosoullesas mans e o costado. Os discípulosalegráronse de ver o Señor. Xesúsdíxolles outra vez: «A pazconvosco. Como o Pai me enviou,tamén eu vos envío». Dito isto,alentou sobre eles e díxolles:«Recibide o Espírito Santo. A quenlles perdoedes os pecados,quédanlles perdoados; a quenllelos reteñades, quédanllesretidos. » (Xn 20,19-23)
  56. 56. Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vosprediquei... Transmitínvos, xa que logo, antes de nada oque eu mesmo recibín: que Cristo morreu polos nosospecados, segundo as Escrituras; que foi sepultado e queresucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras; que seapareceu a Cefas e logo aos Doce; despois apareceuse amáis de cincocentos irmáns á vez... Agora ben, se sepredica que Cristo resucitou de entre os mortos, comoandan dicindo algúns entre vós que non hai resurreccióndos mortos? Se non hai resurrección dos mortos,tampouco Cristo resucitou. E se non resucitou Cristo,baleira é a nosa predicación, baleira tamén a vosa fe... ese Cristo non resucitou, a vosa fe é va: estades aínda nosvosos pecados... Se soamente para esta vida temos postaa nosa esperanza en Cristo, somos os máis dignos decompaixón de todos os homes! Pero non! Cristo resucitoude entre os mortos como primicias dos que dormen (1 Cor15,1-20).
  57. 57. 10) E SUBIU AO CEO, E ESTÁ SENTADO Á DEREITA DO PAI.
  58. 58. E dito isto, elevouse enpresenza deles, e unha nubequitóullelo da súa vista.Estando eles mirandofixamente ao ceo mentres seía, aparecéronlles dous homevestidos de branco que llesdixeron: «Galileos, que facedesaí mirando ao ceo? Este quevos foi levado, este mesmoXesús, virá así tal como o tedesvisto subir ao ceo». (Feit 1,9-11)
  59. 59. Non ceso de dar grazas por vósrecordándovos nas miñas oracións,para que o Deus de noso SeñorXesucristo, o Pai da gloria, vos concedaEspírito de sabedoría e de revelaciónpara coñecelo perfectamente;iluminando os ollos do voso corazónpara que coñezades cal é a esperanzaá que fostes chamados por el; cal ariqueza da gloria outorgada por el enherdanza aos santos, e cal a soberanagrandeza do seu poder para connosco,os crentes, conforme á eficacia da súaforza poderosa, que despregou enCristo, resucitándoo de entre os mortose sentándoo á súa destra nos ceos... (Ef1,16-23).
  60. 60. 11) E DE NOVO VIRÁ CON GLORIA PARAXULGAR OS VIVOS E OS MORTOS.
  61. 61. O Fillo do Home virá na gloria deseu Pai, cos seus anxos, e daquelapagará a cada un conforme ás súasobras (Mt 16,27).O que se avergoñe de min e dasmiñas palabras nesta xeraciónadúltera e pecadora, tamén o Fillodo Home se avergoñará del candoveña na gloria de seu Pai cossantos anxos (Mc 8,38).Que el afirme os vosos corazóns,que vos faga irreprochables ensantidade diante de Deus, noso Pai,na vinda do noso Señor Xesucristocon todos os seus santos (1 Tes3,13).
  62. 62. «Cando o Fillo do Home veña na súa gloriaacompañado de todos os seus anxos,daquela sentará no seu trono de gloria.Serán congregadas diante del todas asnacións... Entón dirá o Rei aos da súadereita: "Vinde, benditos de meu Pai,recibide a herdanza do Reino preparadopara vós desde a creación do mundo.Porque tiven fame, e déstesmes de comer;tiven sede, e déstesme de beber; eraforasteiro, e acolléstesme; estaba espido,e vestístesme; enfermo, e visitástesme; nacadea, e viñestes visitarme." ... Entón dirátamén aos da súa esquerda: "Apartádevosde min, malditos, ao lume eterno preparadopara o Diabo e os seus anxos. Porque tivenfame, e non me destes de comer... E iránestes a un castigo eterno, e os xustos aunha vida eterna». (Mt 25,31-46).
  63. 63. 12) E O SEU REINO NON TERÁ FIN
  64. 64. Pilato... chamou a Xesús e díxolle:«Es ti o Rei dos xudeus»?Respondeulle Xesús: «O meuReino non é deste mundo. Se omeu Reino fose deste mundo, amiña xente tería combatido paraque non fose entregado aosxudeus: pero o meu Reino non éde aquí». Entón Pilato replicoulle:«Con que ti es Rei»? RespondeulleXesús: «Si, como ti dis, son Rei. Eupara isto nacín e para isto vin aomundo: para dar testemuño daverdade. Todo o que é da verdade,escoita a miña voz» (Xn 18,33-37).
  65. 65. Logo o fin, cando entregue o Reino ao Deus e Pai, cando teñasuprimido todo dominio, toda autoridade e todo poder, porquedebe el reinar ata que poña todos os seus inimigos baixo osseus pés. O último inimigo en ser destruído será a Morte.Porque someteu todas as cousas baixo os seus pés. Mais candodiga que «todo está sometido», é evidente que se exclúe a Aquelque someteu a el todas as cousas. Cando sexan sometidas a eltodas as cousas, daquela tamén o Fillo se someterá a Aquel quelle someteu a el todas as cousas, para que Deus sexa todo entodo. (1 Cor 15,24-28).
  66. 66. QUE IMPLICA CRER ENXESUCRIST O
  67. 67. 1. Compartir a súa filiación. A nosavocación é ser Fillos no FilloPolo demais, sabemos que en todas as cousas intervén Deus para ben dos que o aman; de aqueles que foron chamados segundo o seu designio. Pois aos que de antemán coñeceu, tamén os predestinou a reproducir a imaxe de seu Fillo, para que fose el o primoxénito entre moitos irmáns (Rm 8,28-29). Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesucristo, que nos bendiciu con toda clase de bendicións espirituais, nos ceos, en Cristo; por canto nos elixiu nel antes da fundación do mundo, para ser santos e inmaculados na súa presenza, no amor; elixindonos de antemán para ser os seus Fillos adoptivos por medio de Xesucristo, segundo o beneplácito da súa vontade, para loanza da gloria da súa graza coa que nos agraciou no Amado (Ef 1,3-5).
  68. 68. Ao chegar a plenitude dos tempos, enviou Deus a seu Fillo, nacido de muller, nacido baixo a le, para rescatar os que se atopaban baixo a lei, e para que recibísemos a filiación adoptiva. A proba de que sodes Fillos é que Deus enviou aos nosos corazóns o Espírito do seu Fillo que clama: Abbá, Pai! De modo que xa non es escravo, senón Fillo; e se Fillo, tamén herdeiro por vontade de Deus (Gál 4,4-7).
  69. 69. 2. No bautismo recibimos a filiación de Xesús,compartindo a súa vida filial, a súa morte eresurrección En efecto, todos os que son guiados polo Espírito de Deus son Fillos de Deus. Pois non recibistes un Espírito de escravos para recaer no temor; antes ben, recibistes un Espírito de Fillos adoptivos que nos fai exclamar: Abbá, Pai! O Espírito mesmo únese ao noso espírito para dar testemuño de que somos Fillos de Deus (Rm 8,14-16).
  70. 70. Porque somos sepultadosxuntamente con el para a mortepolo bautismo, a fin de que comoCristo resucitou dos mortos polagloria do Pai, así tamén nósandemos en vida nova (Rm 6,4) .Díxolle Xesús: «Teu irmánresucitará». Respondeulle Marta:«Xa sei que resucitará naresurrección, o último día». Xesúsrespondeulle: «Eu son aresurrección e a Vida. O que creen min, aínda que morra, vivirá; etodo o que vive e cre en min, nonmorrerá endexamais. Cres ti isto?» (Xn 11,23-26)
  71. 71. 3. E compártese a súa vida Quen ten o Fillo, ten a vida; quen non ten o Fillo, non ten a vida (1 Xn 5,12). Así como o Pai, que me mandou, vive e eu vivo polo Pai, tamén o que me come vivirá por min (Xn 6,57) Aquel día comprenderedes que eu estou en meu Pai e vós en min e eu en vós (Xn 14,20)
  72. 72. 4. Unidos a Xesús, único mediador,temos acceso ao PaiE todo o que pidades no meu nome, euheino facer, para que o Pai sexaglorificado no Fillo (Xn 14,13).Con toda a verdade volo aseguro: o quepidades ao Pai no meu nome, El hávolodar...Aquel día pediredes no meu nomee non vos digo que eu rogarei ao Pai porvós, pois o Pai mesmo vos quere, porqueme queredes a min e credes que saín deDeus (Xn 16,23.26-27)
  73. 73. Díxolles Xesús: «Eu son o Camiño, a Verdade e a Vida.Ninguén vai ao Pai senón por min. Se me coñeceses amin, coñeceriades tamén a meu Pai; desde agora ocoñecedes e tédelo visto... o que me viu a min, viutamén o Pai... Non credes que eu estou no Pai e o Paiestá en min? As palabras que vos digo, non as digopola miña conta; o Pai que permanece en min é o querealiza as obras. Crédeme: eu estou no Pai e o Paiestá en min. Cando menos, crédeo polas obras». (Xn14,6-11).
  74. 74. 5. Isto implica compartir os seus sentimentos Tende entre vós os mesmos sentimentos que Cristo: o cal, non se agarrou cobizamente á súa categoría de Deus; senón que se espiu do seu rango, asumiu a condición de escravo; fíxose un home normal e presentouse como tal, abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata a morte, e a morte na cruz! (Flp 2,5-8).
  75. 75. 6. Agradecer a fe e a amizade con el Non me elixistes vós a min, senón que eu vos elixín a vós, e destineivos para que vaiades e deades froito, e que o voso froito permaneza; de modo que todo o que pidades ao Pai no meu nome volo conceda. (Xn 15,16). Non vos chamo xa servos, porque o servo non sabe o que fai o seu amo; a vós trateivos de amigos, porque todo o que oín a meu Pai déivolo a coñecer (Xn 15,15). Quen ten os meus mandamentos e os garda, ése ámame; e o que me ama, será amado por meu Pai; e eu amareino e manifestareime a el». (Xn 14,21).
  76. 76. 7. Amar a Xesús é facer a súa vontade Quen ten os meus mandamentos e os garda, ése ámame; e o que me ama, será amado por meu Pai; e eu amareino e manifestareime a el». (Xn 14,21).
  77. 77. 8. Coñecer mellor a súa persoa e obra Pido que o Deus do noso Señor Xesucristo, o Pai da gloria, vos dea o Espírito de sabedoría e de revelación no coñecemento del (Ef 1,17)
  78. 78. 9. Recoñecelo como Señor facendo a súa vontade E todo o que fagades, sexa de palabra ou de obra, facédeo todo no nome do Señor Xesús, dando grazas a Deus Pai por medio del (Col 3,17) Non todo o que di: Señor, Señor!, entrará no Reino dos ceos, senón o que fai a vontade de meu Pai que está nos ceos (Mt 7,21)
  79. 79. Xesús respondeulle:«Se alguén me ama,gardará a miñaPalabra, e meu Paiamarao, e viremos a el,e faremos vida con el.O que non me ama nongarda as miñaspalabras. E a palabraque escoitades non émiña, senón do Pai queme enviou (Xn 14,23-24).

×