ESPAZOS NATURAIS
Parque NaturalParque Natural
O INVERNADEIROO INVERNADEIRO
Os montes do Invernadeiro forman parte do Macizo Central. O espazo
ocupa os vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena (Camba-Bibei-
Sil) e os montes que os separan e rodean.
Vista desde a serra de Fial das Corzas
RÍO
CAMBA
encoro
dasPortas
RIBEIRA
GRANDE
RIBEIRA PEQUENA
Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e
coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o
monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val), ao leste coa divisoria dos
ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba,
Laza).
SITUACIÓN:
Na comarca de Viana ao
Sureste da provincia de
Ourense (Vilariño de Conso),
no sur do Macizo Central.
Localidades de referencia:
Campobecerros, Laza, Verín
e Vilariño de Conso.
SUPERFICIE: 5.722 ha.
CONCELLOS: Vilariño de
Conso
VALORES NATURAIS:
paisaxe, pegadas glaciarias,
fragas, vales e cavorcos,
fervenzas, flora e fauna...
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha
grande biodiversidade de hábitats e especies.
Montes do Invernadeiro desde o alto do Fial das Corzas
PROTECCIÓN
-Parque Natural (5-6-1997).
-Declarado Refuxio de Fauna o 21 de marzo de 1985 e espazo Natural en Réxime
de Protección Xeral en 1989.
-Forma parte do LIC-ZEP Macizo Central.
Vista do val da Ribeira Pequena entre o Lombo do Lameiro (á dereita) e as Veigas de Meda (á esquerda)
RELEVO/XEOLOXÍA
É un territorio que alterna montes e vales profundos, con alturas que van dos 880
aos 1.613 m sobre o nivel do mar, no cumio do monte Castrelo Grande. Outras
elevacións destacables son Cabezo de Berganciños (1.594 m), Cenzoá (1.555 m),
Cabeza da Veiga do Fial (1.552 m), As Pozas (1.544 m) e Cabeza do Cernado (1.518
m).
Vista da Serra da Pena desde Carracedo da Serra (A Gudiña)
As rochas dominantes son as lousas grises azuladas acompañadas de cuarcitas,
areíscas e lousas do Silúrico Devónico. Hai algúns depósitos superficiais
periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais.
o Invernadeiro a comezos da primavera
GLACIARISMO
A área foi afectada pola acción do glaciarismo wurmiense que modelou os cumes
do Macizo Central. As pegadas máis importantes son as morrenas e o circo
glaciar do Figueiro.
Parades rochosas do val glaciar de Guasenza
Na cabeceira do río Ribeira Grande, debaixo do Pico
Seixo atópase o circo glaciar de Guasenza, nunha
zona declarada de Reserva Integral.
CLIMA
Oceánico de montaña, con trazos de clima continenta. Os veráns son calorosos e
secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, con máximas de ata
34 ºC, e os invernos bastantes fríos, con mínimas que poden chegar aos -12 ºC.
As precipitacóns son moi abundantes (media anual superior a 2000 mm), en parte
en forma de neve.
Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.
REDE FLUVIAL
O espazo está percorrido por dous ríos
principais afluentes do Conso (Ribeira
Grande e Ribeira Pequena), que se
xuntan no encoro das Portas, e
numerosos regatos que forman
profundos vales e corgas como as de
Cenzoá, O Lobo, O Bidueiral ou
Teixeiroá.
Os ríos discorren encaixados e forman
rápidos e fervenzas.
Encoro das Portas
RÍO RIBEIRA GRANDE
Fórmase pola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da
Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis
alonxada (río Casarello) nace debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).
Fervenza dos Arcos no
Figueiro nas cabeceiras
do río Ribeira Grande.
RÍO RIBEIRA PEQUENA
Nace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.
Recibe numerosos regos: Corga do Couso, Ramalleiro...
Val do río Ribeira Pequena
Fervenza nun rego afluente do Ribeira
Pequena.
Río Ribeira Pequena
O parque pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea,
subprovincia cántabro-atlántica e sector galaico-portugués e limita co sector
lusitano-duriense da subprovincia carpetano-leonesa, correspondente á rexión
Mediterránea.
ECOLOXÍA
As distintas condicións ambientais dan lugar a un grande número de hábitats, desde os pasteiros e as
matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.
FLORA
Posúe unha gran riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas. Nos
cumes hai pasteiros e matogueiras (queirugais) e nos vales aparecen fragas e
bosques de ribeira e amplas áreas repoboadas con piñeiro silvestre. Toda a área
amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións
forestais.
As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño
(Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa
localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o
bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o
ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o
cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro
(Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo
(Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...
A carballeira acidófila montana (asociación Vaccinio myrtilli-Quercetum roboris), de filiación atlántica,
caracterizada polo carballo común (Quercus robur), e a arandeira (Vaccinium myrtillus) ocupa ladeiras
orientadas ao norte en vagoadas e vales angostos, frescos e húmidos, cun bo exemplo no barranco de
Guasenza.
No val do Figueiro consérvanse os que sexan
posiblemente os bosque máis antigos de Galiza
con carballos de máis de 500 anos
acompañados de acivros, carbas, pradairos,
bidueiros, capudres, salgueiros... Esta área está
catalogada como reserva integral e só é posible
acceder a ela con fins científicos (cunha
autorización especial).
Carba (Quercus patraea) acada aquí a súa localización
máis sudoccidental en Europa.
Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica)
Bidueiros (Betula celtiberica)
Abelaira (Corylus avellana)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Acivros (Ilex aquifolium)
Abruñeiro (Prunus spinosa)
Podemos atopar un grande número de plantas endémicas e raras en Galiza: Allium
victorialis, Festuca elegans, Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán),
Festuca summilusitanica, Hieracium rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus
asturiensis, Serratula legionensis, Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum
concinnum, Dianthus langeanus...
Narciso (Narcisus asturiensis)
(Armeria ciliata)
Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou
pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica
micrantha ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Anémona (Anemone trifolia)
As matogueiras predominantes no parque pola súa extensión son as uceiras da
asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz
Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con
dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e
húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp.
polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus).
Uz vermella (Erica australis).Uz, urce (Erica arborea)
Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece
na primavera nos matos do sur de Galiza.
Xesta (Genista florida)
Carqueixa (Pterospartum tridentatum )
Polygala microphylla
Tollemerendas (Merendera montana) As uvas de lagarto (Sedum..) son os primeiros
colonizadores das rochas. Aproveitan calquera lugar
con pouca terra para desenvolvérense xa que soportan
ben as secas ao almacenaren auga nas súas follas.
Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o
leito de rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex
elata subsp. reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións
onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo
que permanezan anegados modifican a composición de especies, chegando en
último termo á formación de turbeiras.
Erica tetralix
Nos cumes domina o pasteiro cervuno (Nardus stricta).
Hai inventariadas 14 especies de fentos e un bo número de hepáticas (algunhas
moi raras en España, como Aphanolejaeunea microscopica),
Fenta (Blecnum spicant)Dentabrú (Osmunda regalis)
Rebentabois (Amanita muscaria).
Común nos bosques de
A humidade das zonas fondas dos vales
permite o desenvolvemento dunha grande
diversidade de fungos, liques brións que
se asentan no solo, entre as rochas ou
nos toros das árbores
Liques e brións nun toro
Lobaria pulmonaria.
É un lique facilmente
recoñecible polo seu
grande tamaño que se
atopa sobre os toros das
árbores. As manchas
vermellas son os corpos
reprodutores.
FAUNA
Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Acolle unha área de recuperación da
fauna e unha reserva integral. Hai valados con cervos e gamos.
PEIXES
No ámbito do parque atópanse dúas especies de peixes autóctonos ameazados, o cacho
(Squalius carolitertii), e a boga do Douro ou escalo (Chondrostoma duriense).
ANFIBIOS
Limpafontes común (Lissotriton boscai), limpafontes verde (Triturus marmoratus), ra
patilonga (Rana iberica), estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), rá vermella
(Rana temporaria), sapo corriqueiro (Bufo calamita), sapo cunqueiro (Bufo bufo), sapo
raxado (Discoglossus galganoi)…
Ra patilonga (Rana
iberica). Vive sempre
ao pé da auga, perto
de cursos limpos e de
corrente rápida.
Sapo cunqueiro (Bufo bufo). É o máis grande dos
sapos galegos (as femias poden acadar os 15 cm).
RÉPTILES
Víbora fociñuda (Vipera latastei),
víbora de Seoane (Vipera seoanei),
cobra de colar (Natrix natrix),
cobra de auga (Natrix maura),
cobregón (Malpolon
monspessulanus), esgonzo común
(Chalcides striatus), escáncer
(Anguis fragilis), lagarto das
silveiras (Lacerta schreiberi),
lagarto arnao (Timon lepida),
lagarta galega (Podarcis bocagei),
lagarta dos penedos (Podarcis
hispanica), lagarta rabuda
(Psammodromus algirus)...
Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
AVES
Especies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina:
aguia real (Aquila chrysaetos), aguia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cincenta (Circus
pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus),
falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), miñato común (Buteo
buteo), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), avelaiona (Strix aluco), pica
dos prados (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rubio (Monticola
saxatilis), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), charrela (Perdix perdix subsp.
Hispaniensis), papoazul (Lucinia svecica)...
Águia real
(Aquila chrysaetos)
Lagarteiro (Falco tinnunculus)
Voitre (Gyps fulvus). Pode verse
ocasionalmente nas Serras do
Macizo Central.
Avelaiona (Strix aluco)
Bufo real (Bubo bubo).
Tartaraña cincenta
(Circus pygargus)
Gralla negra (Corvus corone). É común en toda
Galiza, pero máis raro na alta montaña.
Charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis),
especie ibérica moi ameazada.
MAMÍFEROS
É un dos maiores valores do parque natural: leirón (Glis glis), trilladeira nival (Chyonomis
nivalis), aguaneiro (Galemys pyrenaicus), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis sylvestris),
marta (Martes martes), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lontra (Lutra
lutra), xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre ibérica (Lepus granatensis)...
Hai varias especies reintroducidas: cervo (Cervus elaphus), cabra brava (Capra pyrenaica) e
rebezo (Rupicapra rupicapra).
Cabra fera (Capra pyrenaica)
Gato bravo (Felis sylvestris)
Leirón careto (Eliomys
quercinus ). Un animal escaso
e dificil de ver porque só está
activo de abril a outubro e
polos seus costumes
nocturnos.
Aguaneiro (Galemys
pyrenaicus) ten nos
numerosos regatos
un hábitat óptimo.
Corzo (Capreolus
capreolus). É o único
cérvido que mantivo
permanentemente a súa
presenza en Galiza.
Lebre ibérica (Lepus granatensis).
Lobo (Canis lupus), ten
unha poboación estable no
Invernadeiro.
INVERTEBRADOS
Hai unha gran variedade de insectos e arañas.
Dúas especies incluídas no anexo
II da Directiva Hábitats: a lesma
(Geomalacus maculosus) e a
vacaloura (Lucanus cervus).
Bolboreta (Papilio machaon)
ACTIVIDADES
•Lecer
•Actividades medioambientais: hai unha aula da natureza.
•Recuperación de fauna.
Antigo refuxio de Pastores
HISTORIA
En tempos dos romanos houbo
explotacións auríferas polo método de
ruina montium.
A finca do Invernadeiro pertenceu durante
cinco séculos á familia dos Cadórniga
ligada á Casa da Mezquita. Dende a Idade
Media, os pobos do val do Conso, en
réxime de arrendamento ou foro, fixeron
aproveitamentos de pastos, cultivaron
centeo en searas, recolleron leña e
practicaron a caza e a pesca. No ano 1949,
pasa a ser propiedade de Papelera
Española SA, que inicia as primeiras
repoboacións forestais. No verán de 1979
foi arrasada por un grande incendio e un
80% do bosque desapareceu
converténdose nunha matogueira de uces
e xestas.
En 1984 a Xunta de Galiza mercou os
terreos e declarounos refuxio de caza,
para pasar a ser, en 1997, parque natural.
PROBLEMAS
•Encoro
•Incendios
•Especies alóctonas
PUNTOS DE INTERESE
-Circo glaciar de Guasenza e fervenza dos Arcos (zona de reserva integral,
restrinxida).
-Rutas: DAS TROITAS, DO DEPÓSITO, DA AUGA, DA ORTIGA, DOS CERCADOS,
DA ACEVEDA, DA CASETA DAS MESTAS.
-Para acceder ao parque
precísase solicitar un
permiso que estende por
escrito o Servizo de
Conservación da
Natureza de Ourense e
que se concede a un
máximo de 30 persoas en
días laborais e 50 en
festivos e fins de
semana. Para grupos de
escolares existe a
posibilidade de realizar
actividades de educación
ambiental durante varios
días nas instalacións da
Aula da Natureza.
MONTAXE e FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta
Novembro 2016

Parque Natural O Invernadeiro

  • 1.
    ESPAZOS NATURAIS Parque NaturalParqueNatural O INVERNADEIROO INVERNADEIRO
  • 2.
    Os montes doInvernadeiro forman parte do Macizo Central. O espazo ocupa os vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena (Camba-Bibei- Sil) e os montes que os separan e rodean. Vista desde a serra de Fial das Corzas
  • 3.
    RÍO CAMBA encoro dasPortas RIBEIRA GRANDE RIBEIRA PEQUENA Limita polonorte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val), ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba, Laza).
  • 4.
    SITUACIÓN: Na comarca deViana ao Sureste da provincia de Ourense (Vilariño de Conso), no sur do Macizo Central. Localidades de referencia: Campobecerros, Laza, Verín e Vilariño de Conso. SUPERFICIE: 5.722 ha. CONCELLOS: Vilariño de Conso VALORES NATURAIS: paisaxe, pegadas glaciarias, fragas, vales e cavorcos, fervenzas, flora e fauna...
  • 5.
    É unha áreade elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande biodiversidade de hábitats e especies.
  • 6.
    Montes do Invernadeirodesde o alto do Fial das Corzas PROTECCIÓN -Parque Natural (5-6-1997). -Declarado Refuxio de Fauna o 21 de marzo de 1985 e espazo Natural en Réxime de Protección Xeral en 1989. -Forma parte do LIC-ZEP Macizo Central.
  • 7.
    Vista do valda Ribeira Pequena entre o Lombo do Lameiro (á dereita) e as Veigas de Meda (á esquerda) RELEVO/XEOLOXÍA É un territorio que alterna montes e vales profundos, con alturas que van dos 880 aos 1.613 m sobre o nivel do mar, no cumio do monte Castrelo Grande. Outras elevacións destacables son Cabezo de Berganciños (1.594 m), Cenzoá (1.555 m), Cabeza da Veiga do Fial (1.552 m), As Pozas (1.544 m) e Cabeza do Cernado (1.518 m).
  • 8.
    Vista da Serrada Pena desde Carracedo da Serra (A Gudiña) As rochas dominantes son as lousas grises azuladas acompañadas de cuarcitas, areíscas e lousas do Silúrico Devónico. Hai algúns depósitos superficiais periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais.
  • 9.
    o Invernadeiro acomezos da primavera
  • 10.
    GLACIARISMO A área foiafectada pola acción do glaciarismo wurmiense que modelou os cumes do Macizo Central. As pegadas máis importantes son as morrenas e o circo glaciar do Figueiro. Parades rochosas do val glaciar de Guasenza
  • 11.
    Na cabeceira dorío Ribeira Grande, debaixo do Pico Seixo atópase o circo glaciar de Guasenza, nunha zona declarada de Reserva Integral.
  • 12.
    CLIMA Oceánico de montaña,con trazos de clima continenta. Os veráns son calorosos e secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, con máximas de ata 34 ºC, e os invernos bastantes fríos, con mínimas que poden chegar aos -12 ºC. As precipitacóns son moi abundantes (media anual superior a 2000 mm), en parte en forma de neve. Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.
  • 13.
    REDE FLUVIAL O espazoestá percorrido por dous ríos principais afluentes do Conso (Ribeira Grande e Ribeira Pequena), que se xuntan no encoro das Portas, e numerosos regatos que forman profundos vales e corgas como as de Cenzoá, O Lobo, O Bidueiral ou Teixeiroá. Os ríos discorren encaixados e forman rápidos e fervenzas.
  • 14.
  • 15.
    RÍO RIBEIRA GRANDE Fórmasepola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis alonxada (río Casarello) nace debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).
  • 16.
    Fervenza dos Arcosno Figueiro nas cabeceiras do río Ribeira Grande.
  • 17.
    RÍO RIBEIRA PEQUENA Nacedebaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas. Recibe numerosos regos: Corga do Couso, Ramalleiro...
  • 18.
    Val do ríoRibeira Pequena Fervenza nun rego afluente do Ribeira Pequena.
  • 19.
  • 20.
    O parque pertenceá rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia cántabro-atlántica e sector galaico-portugués e limita co sector lusitano-duriense da subprovincia carpetano-leonesa, correspondente á rexión Mediterránea. ECOLOXÍA As distintas condicións ambientais dan lugar a un grande número de hábitats, desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.
  • 21.
    FLORA Posúe unha granriqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas. Nos cumes hai pasteiros e matogueiras (queirugais) e nos vales aparecen fragas e bosques de ribeira e amplas áreas repoboadas con piñeiro silvestre. Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións forestais.
  • 22.
    As árbores máiscomúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro (Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo (Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...
  • 23.
    A carballeira acidófilamontana (asociación Vaccinio myrtilli-Quercetum roboris), de filiación atlántica, caracterizada polo carballo común (Quercus robur), e a arandeira (Vaccinium myrtillus) ocupa ladeiras orientadas ao norte en vagoadas e vales angostos, frescos e húmidos, cun bo exemplo no barranco de Guasenza.
  • 24.
    No val doFigueiro consérvanse os que sexan posiblemente os bosque máis antigos de Galiza con carballos de máis de 500 anos acompañados de acivros, carbas, pradairos, bidueiros, capudres, salgueiros... Esta área está catalogada como reserva integral e só é posible acceder a ela con fins científicos (cunha autorización especial).
  • 25.
    Carba (Quercus patraea)acada aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa.
  • 26.
    Cerquiños ou rebolos(Quercus pyrenaica)
  • 27.
  • 28.
  • 29.
  • 30.
  • 31.
    Podemos atopar ungrande número de plantas endémicas e raras en Galiza: Allium victorialis, Festuca elegans, Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán), Festuca summilusitanica, Hieracium rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus asturiensis, Serratula legionensis, Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum concinnum, Dianthus langeanus... Narciso (Narcisus asturiensis) (Armeria ciliata)
  • 32.
    Tamén hai ungrande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum. Eryngium duriaei subsp. juresianum. Anémona (Anemone trifolia)
  • 33.
    As matogueiras predominantesno parque pola súa extensión son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp. polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus). Uz vermella (Erica australis).Uz, urce (Erica arborea)
  • 34.
    Xesta branca (Cytisusmultiflorus). Florece na primavera nos matos do sur de Galiza. Xesta (Genista florida)
  • 35.
  • 36.
    Tollemerendas (Merendera montana)As uvas de lagarto (Sedum..) son os primeiros colonizadores das rochas. Aproveitan calquera lugar con pouca terra para desenvolvérense xa que soportan ben as secas ao almacenaren auga nas súas follas.
  • 37.
    Dentro da floradependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados modifican a composición de especies, chegando en último termo á formación de turbeiras. Erica tetralix
  • 38.
    Nos cumes dominao pasteiro cervuno (Nardus stricta).
  • 39.
    Hai inventariadas 14especies de fentos e un bo número de hepáticas (algunhas moi raras en España, como Aphanolejaeunea microscopica), Fenta (Blecnum spicant)Dentabrú (Osmunda regalis)
  • 40.
    Rebentabois (Amanita muscaria). Comúnnos bosques de A humidade das zonas fondas dos vales permite o desenvolvemento dunha grande diversidade de fungos, liques brións que se asentan no solo, entre as rochas ou nos toros das árbores Liques e brións nun toro
  • 41.
    Lobaria pulmonaria. É unlique facilmente recoñecible polo seu grande tamaño que se atopa sobre os toros das árbores. As manchas vermellas son os corpos reprodutores.
  • 42.
    FAUNA Destaca pola riquezada súa fauna silvestre. Acolle unha área de recuperación da fauna e unha reserva integral. Hai valados con cervos e gamos. PEIXES No ámbito do parque atópanse dúas especies de peixes autóctonos ameazados, o cacho (Squalius carolitertii), e a boga do Douro ou escalo (Chondrostoma duriense). ANFIBIOS Limpafontes común (Lissotriton boscai), limpafontes verde (Triturus marmoratus), ra patilonga (Rana iberica), estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), rá vermella (Rana temporaria), sapo corriqueiro (Bufo calamita), sapo cunqueiro (Bufo bufo), sapo raxado (Discoglossus galganoi)… Ra patilonga (Rana iberica). Vive sempre ao pé da auga, perto de cursos limpos e de corrente rápida. Sapo cunqueiro (Bufo bufo). É o máis grande dos sapos galegos (as femias poden acadar os 15 cm).
  • 43.
    RÉPTILES Víbora fociñuda (Viperalatastei), víbora de Seoane (Vipera seoanei), cobra de colar (Natrix natrix), cobra de auga (Natrix maura), cobregón (Malpolon monspessulanus), esgonzo común (Chalcides striatus), escáncer (Anguis fragilis), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagarto arnao (Timon lepida), lagarta galega (Podarcis bocagei), lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), lagarta rabuda (Psammodromus algirus)... Víbora de Seoane (Vipera seoanei) Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
  • 44.
    AVES Especies propias deáreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina: aguia real (Aquila chrysaetos), aguia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), miñato común (Buteo buteo), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), avelaiona (Strix aluco), pica dos prados (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rubio (Monticola saxatilis), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis), papoazul (Lucinia svecica)... Águia real (Aquila chrysaetos)
  • 45.
    Lagarteiro (Falco tinnunculus) Voitre(Gyps fulvus). Pode verse ocasionalmente nas Serras do Macizo Central.
  • 46.
    Avelaiona (Strix aluco) Buforeal (Bubo bubo). Tartaraña cincenta (Circus pygargus)
  • 47.
    Gralla negra (Corvuscorone). É común en toda Galiza, pero máis raro na alta montaña. Charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis), especie ibérica moi ameazada.
  • 48.
    MAMÍFEROS É un dosmaiores valores do parque natural: leirón (Glis glis), trilladeira nival (Chyonomis nivalis), aguaneiro (Galemys pyrenaicus), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis sylvestris), marta (Martes martes), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lontra (Lutra lutra), xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre ibérica (Lepus granatensis)... Hai varias especies reintroducidas: cervo (Cervus elaphus), cabra brava (Capra pyrenaica) e rebezo (Rupicapra rupicapra). Cabra fera (Capra pyrenaica)
  • 49.
    Gato bravo (Felissylvestris) Leirón careto (Eliomys quercinus ). Un animal escaso e dificil de ver porque só está activo de abril a outubro e polos seus costumes nocturnos. Aguaneiro (Galemys pyrenaicus) ten nos numerosos regatos un hábitat óptimo. Corzo (Capreolus capreolus). É o único cérvido que mantivo permanentemente a súa presenza en Galiza.
  • 50.
    Lebre ibérica (Lepusgranatensis). Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable no Invernadeiro.
  • 51.
    INVERTEBRADOS Hai unha granvariedade de insectos e arañas. Dúas especies incluídas no anexo II da Directiva Hábitats: a lesma (Geomalacus maculosus) e a vacaloura (Lucanus cervus).
  • 52.
  • 53.
    ACTIVIDADES •Lecer •Actividades medioambientais: haiunha aula da natureza. •Recuperación de fauna.
  • 54.
    Antigo refuxio dePastores HISTORIA En tempos dos romanos houbo explotacións auríferas polo método de ruina montium. A finca do Invernadeiro pertenceu durante cinco séculos á familia dos Cadórniga ligada á Casa da Mezquita. Dende a Idade Media, os pobos do val do Conso, en réxime de arrendamento ou foro, fixeron aproveitamentos de pastos, cultivaron centeo en searas, recolleron leña e practicaron a caza e a pesca. No ano 1949, pasa a ser propiedade de Papelera Española SA, que inicia as primeiras repoboacións forestais. No verán de 1979 foi arrasada por un grande incendio e un 80% do bosque desapareceu converténdose nunha matogueira de uces e xestas. En 1984 a Xunta de Galiza mercou os terreos e declarounos refuxio de caza, para pasar a ser, en 1997, parque natural.
  • 55.
  • 56.
    PUNTOS DE INTERESE -Circoglaciar de Guasenza e fervenza dos Arcos (zona de reserva integral, restrinxida). -Rutas: DAS TROITAS, DO DEPÓSITO, DA AUGA, DA ORTIGA, DOS CERCADOS, DA ACEVEDA, DA CASETA DAS MESTAS. -Para acceder ao parque precísase solicitar un permiso que estende por escrito o Servizo de Conservación da Natureza de Ourense e que se concede a un máximo de 30 persoas en días laborais e 50 en festivos e fins de semana. Para grupos de escolares existe a posibilidade de realizar actividades de educación ambiental durante varios días nas instalacións da Aula da Natureza.
  • 57.
    MONTAXE e FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta Novembro 2016