SlideShare a Scribd company logo
1 of 144
o medio natural
OS ECOSISTEMAS
GALEGOS
En Galiza podemos atopar ecosistemas moi diferentes e
variados, como o son a súa xeografía e o seu clima.
Devesa da Rogueira, no Courel.
Illas Sisargas, na Costa da Morte.
Climas
de
Galicia
Galicia, pola súa situación ten clima oceánico suavizado, nas zonas próximas á
costa, pola corrente do Golfo. O accidentado do seu relevo e a orientación do
terreo fan que o clima non sexa uniforme, senón que presente unha gran
variedade de zonas diferenciadas.
Esta diversidade de
ambientes está ocupada
polas especies vexetais
correpondentes á zona de
converxencia entre as
especies atlánticas e
mediterráneas polo que as de
ámbalas dúas zonas
aparecen constantemente
mesturadas.
Se a esto lle engadimos a
diferente composición dos
solos e as transformacións
producidas, dende a
prehistoria, pola intervención
humana atopámonos con
multitude de espazos
variados con características
diferenciadas nos que é
posible distinguir múltiples
ecosistemas.
ECOSISTEMAS GALEGOS
NATURAIS Terrestres -bosques: mixtos: carballeira, reboleira, bidueiral,
acibeiral, bosque de ribeira
-matogueira
-montaña
Acuáticos -lagoas
-ríos
-Mar: océano, costa (areosa, rochosa)
Mixtos -gándaras
-brañas
-turbeiras
-esteiros
-marismas
ANTRÓPICOS
creados ou
influídos pola
actividade
humana.
Cultivos Terrestres:
-forestais; souto, piñeiral, eucaliptal...
-cereais: millo, centeo, trigo, prados...
-viñedos
-horta: nabos, patacas, leitugas, tomates, cebolas...
-invernadoiros...
Acuáticos:
-parques de cultivo
-bateas
Parques e xardíns
Sebes, beirais
Construcións -muros, paredes, valados
-tellados
-encoros
-estanques
É o tipo de bosque que lle corresponde pola súa situación. Formado
por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado
sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen
antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques.
Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.
As fragas son os bosques naturais e maior diversidade.
BOSQUE CADUCIFOLIO
As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que
chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou
menos importante.
Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas
ás zonas húmidas de altitude media.
Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-
pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociados
aos terreos calcários. Os máis importantes atópanse en
Ancares, O Courel e Serra de Meira..
Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no
sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e
escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
Acivro (Ilex aquifolium)
Carballo (Quercus robur). As súas follas son
inconfundibles coa súa beira lobulada. Os seus
froitos (landras) sérvenlle de alimento a moitos
animais do bosque.
As árbores vivas e
mortas alimentan aos
fungos que producen
cogomelos para
dispersar as súas
esporas.
Aproveitando a humidade e buscando a
luz os brións e os liques desenvólvense
nas ponlas das árbores.
Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), unha
curiosa planta que vive ao abrigo das
grandes árbores. As láminas que
semellan follas son en realidade talos
aplanados.
Cabrifollo, unha planta trepadoras.
O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do
bosque e aproveita os furados das árbores
para agocharse e hibernar.
Gato bravo (Felix silvestris)
Bacalouras e véporas
A pita do monte (Tetrao
urogallus) está en perigo
de extinción, pero aínda
sobrevive nalgúns lugares
dos Ancares.
Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das
árbores buscando alimento nas súas rendixas.
Ferreiro abelleiro (Pharus major),
un paxaro insectivoro.
REBOLEIRAS
BOSQUE MEDITERRÁNEO
Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é
o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con
algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas.
FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva, cantroxo, orquídeas...
FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario,
gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
Aciñeira (Quercus ilex).
Rebolo
(Quercus pubescens)
Érbedo (Arbutus unedo).
Orquídea
(Orchis italica)
Esteva (Cistus ladanifer).
Cantroxo, arzaia
(Lavandula stoechas).
Escarabello aceiteiro (Meloe majalis). Bolboreta (Charases jasius).
Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos,
sobre todo nos lugares de dificil acceso.
Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos
ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de
gran interese, algunha protexidas.
BOSQUE DE RIBEIRA
FLORA:
Amieira, salgueiros, freixo, avelaira, sabugueiro, carballo, herba
salgueira, silveira, herba dos pobres, lúpulo, pe de boi, anxélica,
narcisos, cáncaros, violetas, fentos, brións, liques, fungos...
Amieira (Alnus glutinosa).
A árbore de máis talla das
ribeiras do río.
Dentabrú (Osmunda regalis).
O fento máis grande da beira do río.
Cabriña (Davalia canariensis).
Fento femia
(Athyrium filis-femina).
Os brións atópanse por todas
partes: sobre as pedras, nos
toros das árbores, no solo…
Pé de boi
(Oenanthe
crocata)
Hepáticas
Violeta (Viola palustris)
FAUNA:
Merlo rieiro, lavandeiras, ferreiriño subeliño, saramaganta, ra,
pintafontes, cabalos do demo, escarabellos, moscas, típulas,
mosquitos, lesmas, caracois, cárabos...
O merlo rieiro (Cinclus cinclus) métese
debaixo da auga para cazar as larvas de
insectos e outros animais que viven nos
ríos de augas limpas.
Lavandeira branca (Motacilla alba). Todas
as lavandeiras percorren as beiras dos
ríos e demais zonas húmidas pillando
nelas pequenos insectos.
Caracol (Elona quinperiana)
Saramaganta galega (Chioglosa lusitanica)
Lesmas
Os cabalos do demo son
comúns á beira da auga na
que poñen os ovos e se
desenvolven as larvas.
Efémera
MONTAÑAS
A pesar de que non acadan grandes cotas, os curutos das máis
elevadas están cubertos de prados e especies arbustivas de
desenvolvemento moi escaso (queirugas, uces) entre as que viven
papuxas e outros pequenos paxaros.
Pena Trevinca. O monte máis alto de Galicia.
Pradeira de montaña. Os Ancares.
FLORA:
Xenebreiro, sempreviva, gramíneas, xuncos, breixo, dente de
can, uvas de lagarto, campaíñas, lirios, xensás...
Xensá (Gentiana luttea),
florece no verán nos prados
de montaña situados por
enriba dos 1.000 m.
Campaíñas (Campanula herminii)
FAUNA:
Cabra fera, corzo, lobo, águia, voutre, choia, laverca,
cotovía, merlo rubio, víbora, escarabellos...
As bolboretas son algo que nunca falta nas
pradeiras floridas da montaña.
Choias (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
Córvidos que aniñan en fendas dos
penedos nas montañas máis altas.
MATOGUEIRA-MONTE BAIXO
Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do
30% do territorio, a maior parte dos terreos incultos e as partes máis
altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.
FLORA:
Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas,
breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...
O toxo (Ulex...) é a planta máis
común nas zonas baixas. Todos
os toxos son arbustos
espiñentos comúns en Galicia.
Foron moi usados sobre todo
para estrar as cortes do gando
de onde se sacaba máis tarde
para abonar as leiras.
Carqueixa (Ptrospartinum tridentatum).
Vive en terreos pobres e soleados.
Xesta (Cytisus striatus).
Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas
castes de breixos en todas as matogueiras.
Os arandos (Vaccinium myrtillus)
maduran ao abrigo dos piornos.
FAUNA:
Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco,
lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...
Perdices
Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse
na herba para alimentarse doutros insectos.
Fregando as as produce un son característico.
Os saltóns vense no verán nos lugares secos.
Aliméntanse de vexetais.
RÍOS
Son ecosistemas acuáticos mai variados en función da temperatura
e movemento da auga, e da profundidade.
CURSO ALTO: moita corrente e pouca profundidade. Os seres
precisan refuxiarse ou ter unha gran capacidade de movemento.
CURSO MEDIO: corrente lenta, máis profundidade e
zonas con sedimentos que proporcionan suxección
aos vexetais e refuxio aos animais.
REMANSOS, POZOS: zonas de augas calmas, con moitos
sedimentos onde abonda a vexetación.
CURSO BAIXO: pouca corrente, maior profundidade e abundancia
de sedimentos. Abonda a vexetación. No último tramo aparecen
augas salobres e especies mariñas.
FLORA:
Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos,
molinia, chantaxe de auga....
Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)
Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica) Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)
FAUNA:
Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita,
anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo,
patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas,
mexillón de río...
A londra (Lutra lutra) caza peixes
nos ríos limpos.
A troita (Salmo trutta) é o peixe
que podemos atopar en todas as
zonas do curso do río. Ra patilonga
CADEA ALIMENTICIA. RÍO
LAGOAS
Depresións cheas de auga dóce na que se atopan
comunidades esencialmente acuáticas.
Lagoa de Sobrado
FLORA:
Salgueiro, espadaina, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello,
utricularia, lentellas de auga...
O salgueiro (Salix cinerea)
é a árbore máis común das
zonas húmidas.
Eneas ou palla real (Typha latifolia).
Ambroíño (Nymphaea alba).
Lentella de auga (Lemna minor), a
máis pequena das plantas con flor.
Xunco (Eleocaris palustris).
FAUNA:
Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía,
espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga,
escaravellos de auga, caracois, lapas...
Lavanco real (Anas plathyrrynchos),
macho e femia.
A galiñola negra (Fulica atra) é común en
todos os lugares onde exista unha
pequena lagoa rodeada de vexetación.
Aeshna. O máis grande dos
cabalos do demo.
Ra verde (Rana perezi)
HUMIDAIS
GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS
Podemos consideralas como
elementos en distinta fase do
proceso de colmatación (recheo
natural producido nas lagoas
polos restos que van caíndo e as
achegas dos ríos) de zonas
húmidas pechadas.
Presentan un tipo de vexetación
en sucesión entre os vexetais
acuáticos, de ribeira e tipicamente
terrestres da zona na que se
atopan.
Evolución desde unha
lagoa a unha braña
Gándara
Braña
Lagoa
Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque
reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a
biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de
desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi
sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre
por desecación ou recheo.
Gándara
Braña
Turbeira ou tremoal.
A acumulación de restos vexetais
sen osíxeno vai producinto turba.
FLORA:
Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios,
rorelas, breixos pinguícola...
Pinguicula... planta carnívora
das brañas de monte.
Os narcisos
(Narcisus...)
florecen nos
lugares
húmidos.
A rorela (Drosera...) é unha planta
carnívora común nas brañas.
Os esfagnos son os brións máis comúns das
brañas e a materia prima das turbeiras.
Breixo de turbeira (Erica tetralis)
Xunca de algodón.
Gaiteiros (Pyrrhosoma ninphula)
Pica dos prados
Papuxa
ECOSISTEMAS MARIÑOS
A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con
características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións
dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola
súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo
de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas.
A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan
condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.
Cantil (talude continental) zona afótica ou escura
SISTEMA BENTÓNICO
Rexión batipeláxica
Rexión peláxica
200 m
zona fótica ou iluminada
Abismos: + 6.000 m.
Foxas mariñas (ata + de 11. 000 m de profundidade)
intermareal
REXIÓN NERÍTICA OU LITORAL:
situada enriba da plataforma continental,
ata 200 m de profundidade.
Rexión litoral ou plataforma continental:
prolongación dos continentes debaixo da auga.
Fondos oceánicos:
3.000 a 5.000 m de
profundidade
ZONAS
DO
MAR
SISTEMA PELÁXICO:
conxunto das augas
REXIÓN OCEÁNICA
É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de
fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven
dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os
organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os
máis grandes produtores de osíxeno do planeta.
Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos
nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a
falta de luz e as grandes presións.
Planto e nadadores
Zona afótica (escura)
Peixes abisais
Chemineas
hidrotermais
Plataforma
continental
Cantil
Zona fótica (iluminada)
rei das anchoas: 7-8 m
balea azul: máis de 30 m
tiburón banco: 10 m
lura: 22 m
polbo: 10 m
manta raia: 80 m
cachalote: 20 m
tiburón balea: 18 m
cangrexo xigante 4 m
augamar: 3 m diámetro
tentáculos: 35 m
peixe vela: 4 m
peixe lúa: 4 m
Nos océnos atópanse algúns dos animais máis grandes
FLORA:
Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).
FAUNA:
Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala,
tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real,
calamar e polbo xigantes...
Peixe pescador. Vive nas profundidades
abisais. Como consecuencia da falta de luz
non presenta pigmentación.
Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os
100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que
cando é nova achégase moito á costa. Pode
acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg.
Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar
a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg.
Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón
que pode acadar os 4 m de lonxitude.
Augamar (Chysaora hysoscella).
Crustáceo isópodo bentónico que
vive nas grandes profundidades
mariñas, a máis de 3.000 m.
Cachalote (Physeter macrocephalus).
Mamífero mariño que pode acadar os 25
m de lonxitude. É o máis grande dos
cetáceos con dentes. Aliméntase de
luras que pesca buceando a grandes
profundidades. En Galicia aparece
ocasionalmente varado nas praias.
REXIÓN LITORAL
A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas
mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas
situadas sobre a plataforma continental).
ZONAS DO LITORAL
(en función do nivel medio que acadan as mareas)
Zona supralitoral: é a situada por enriba do límite
máximo das mareas e está constituída por terreos
pobres. Recibe constantemente os ataques do
vento e das ondas do mar e a humidade das
brétemas mariñas cargadas de sal.
Zona litoral ou intermareal: é a zona de
oscilación das mareas, a que cobre a marea
alta e queda descuberta ao debalar o mar.
Zona sublitoral: atópase por debaixo do nivel
mínimo das mareas. É a zona comprendida
entre o punto neutro (liña na que as ondas
tocan o fondo) e o límite da marea baixa.
Nunca queda descuberta.
ROCHOSO
AREOSO
Esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do
mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma
continental).
Podemos atopar hábitats moi diversos en función de factores como a
exposición aos ventos dominantes e aos embates das ondas (exposta-
protexida), o tipo de materiais do substrato (rochosa, areosa-fangosa), ou
a influencia das mareas.
A vida nestes medios ven marcada polo periódico ascenso e descenso do nivel do
mar que implica que durante un periodo de tempo unha grande parte dos fondos
mariños queden ao descuberto e polo tanto os seus habitantes teñen que
desenvolver estratexias para tratar de solventar este problema.
REXIÓN LITORAL (COSTA)
AS RÍAS
As rias galegas son medios cunhas condicións especiais.
Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas
son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e
extraordinaria riqueza ecolóxica.
A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás
forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización
diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das
profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos,
multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade.
Ría de Muros e Noia
CIRCULACIÓN DA
AUGA NAS RÍAS
A pesar de semellar
sistemas case
pechados, nas rías
prodúcese un contínuo
trasvase e renovación
das augas.
A sardiña é um dos peixes máis coñecidos porque se
captura en grandes cantidades no noso litoral. É un peixe
oceánico que forma grandes bancos, sobre todo cando
migra no verán e se achega á costa para alimentarse de
seres plantónicos e poñer entre 50.000 e 60.000 ovos.
Rabioso (Glycimeris
glycimeris). Vive en fondos
de area en zonas de ata
100 m de profundidade.
Rodaballo (Psetta maxima). Pode
acadar 1 m de lonxitude e os 12 kg de
peso. Vive en terreos areosos ata os
100 m de profundidade.
Rabada ou peixe sapo
(Lophius piscatorius).
Vive en fondos
fangosos de 10 a 500 m
de profundidade. Pode
acadar 2 m de lonxitude
e 40 kg de peso.
COSTA ROCHOSA
COSTA ROCHOSA
Formada por materiais en grandes bloques.
Con pouco terreo no que as plantas poidan asentarse. Os animais viven
en zonas onde poidan protexerse (fendas, pozas de marea, covas) ou son
visitantes ocasionais.
ZONA INFRALITORAL
Abondan as algas que xunto coas rochas
constitúen os refuxios onde viven ou acuden a
alimentarse todo tipo de animais, que adoitan
ser de formas mais ou menos comprimidas
para moverse comodamente nos espazos
estreitos e de cores pardas, con liñas ou
manchas, para pasar desapercibidos.
ZONA INTERMAREAL
Os seres vivos apéganse ás rochas ou
aproveitan as fendas. Teñen órganos de
suxección e cubertas fortes ou corpos flexibles,
e unha gran resistencia á desecación.
Zona supralitoral
A dureza dos materiais e a súa verticalidade
dificultan o asentamento dos seres vivos. As
plantas, que só viven na parte alta e nas
fendas, son pequenas, con raíces fortes e
longas, e coas follas moi reducidas ou
cubertas de pelos para resistir o ataque do
vento e do sal.
Os animais viven nos lugares onde poden
protexerse ou son visitantes ocasionais. É a
zona escollida por moitas aves como lugar de
descanso e de cría.
Poza de marea
As pozas de marea son pequenos espazos que
quedan cheos de auga durante a marea baixa,
onde se desenvolven algas e se acobillan
moitos animais.
FLORA:
Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...
Golfos (Laminaria ochroleuca).
Algas pardas que poden acadar
máis de 2 m de lonxitude e
forman bosques submariños
no infralitoral exposto.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que
viven na zona intermareal da costa
protexida e resisten ben a desecación
Lique (Lichina pigmaea), vive xusto
na línea a onde chega o mar.
Prixel do mar (Crithmum
maritimum). Vive en
rochas abrigadas.
Herba de namorar (Armeria maritima).
Reúne todas as características
necesarias para sobrevivir nestes
lugares: raíces longas, forma
compacta, follas con pelos, …
Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están
perfectamente adaptados á vida nas rochas,
teñen cunchas fortes e órganos de suxección.
FAUNA:
Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas,
ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...
Os percebes (Pollicipes cornucopia) son
crustáceos cirripedos que viven fixos nas
rochas batidas na zona intermareal.
Arneirón (Balanus spp).
Chuponas (Actinia equina). Un
dos animáis máis comúns das
pozas de marea.
Caramuxo (Littorina littorea). Vive sobre
as rochas e as algas da zona mediolitoral.
Ourizo.
Queimacasas
As gaivotas e outras aves mariñas
aproveitan os ocos e as plataformas
das rochas dos cantís para aniñar.
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristolelis).
As aves pescadoras usan as rochas da costa para
descansar e os cantís para facer os seus niños.
COSTA AREOSA
É a que está formada por area ou materiais miúdos soltos.
ZONA SUPRALITORAL
Os materiais soltos son movidos constantemente
polo vento e reteñen pouca auga, o que fai dificil
o asentamento dos vexetais que teñen que
desenvolver adaptacións: longas raíces para
suxeitarse e captar a auga, talos curtos, moi
flexibles, rasteiros ou subterráneos para resistir o
vento e os golpes da area, e follas reducidas ou
finas, cubertas de pelo, coirentas para evitar a
perda de auga, ou carnosas para almacenala e de
cores craras para resistir o exceso de luz.
Os animais viven nos refuxios que lles
proporcionan as plantas e os restos depositados
polo mar.
ZONA INTERMAREAL
Presenta moitas variacións segundo o tipo de substrato (area,
limo, grava ou cascallo) e a forza das ondas. A mobilidade do
substrato impide a fixación das algas aínda que permite a das
fanerógamas mariñas (plantas con flores) grazas ás súas
longas raíces.
Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas, realizan
migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na area ou
protéxense entre as plantas. É a zona máis visitada polas aves,
especialmente as limícolas.
ZONA INFRALITORAL
Con poucas algas e nas zonas protexidas con pradeiras
de fanerógamas mariñas. Habitada por animais que se
enterran ou viven pousados nos fondos.
PRAIAS
Son zonas baixas co terreo formado por area ou
materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen
moita dificultade para suxeitarse e os animais
poucos sitios nos que agocharse.
DUNAS
Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque
están formadas por material solto en movemento no que a auga
é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición
ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente
pola acción humana.
Asentamento da vexetación nunha duna
FLORA:
Algas, herba coral, seba, cardo mariño, cebola das
gaivotas, feo, carrascas de San Xoán, arenaria...
Leituga de mar (Ulva rigida).
Alga de talo laminar que se
atopa frecuentemente
aboaiando nas augas tranquilas.
Seba (Zostera…). Planta con flores que
vive por debaixo do límite das mareas.
Forma extensos campos submariños
nas zonas de augas tranquilas de area
fina ou lama desde o nivel da baixamar
ata os 10 m de profundidade,
especialmente nos esteiros e enseadas.
Arenaria do mar
(Honkenya peploides).
A planta das praias que
vive máis perto do mar.
Cardo mariño. (Eryngium
maritimum). Desenvólvese nos
primeiros amoreamentos de area que
se forman po enriba da liña de marea.
Feo (Ammophila arenaria), medra na
parte máis alta da duna móbil, onde o
vento bate con máis forza. Coas
longas raíces e talos subterráneos
contribúe a fixar a area.
FAUNA:
Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola,
ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...
Coquina (Donax vitatus). Un
molusco abundante nos fondos
areosos das praias de mar aberto.
Ourizo de area
(Echinocardium
cordatum). Vive
enterrado ata 20 cm
de profundidade na
area das praias
expostas.
Navalla (Ensis ensis).
Vive enterrada
verticalmente en
fondos de area fina.
Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos
están adaptados á vida nos fondos areosos.
Arola (Lutratia lutraria). Molusco
bivalvo que pode acadar os 13 cm de
lonxitude. Vive en fondos de area e
grava ata os 100 m de profundidade.
Raia (Raja clavata). Vive en fondos de
area e fango ata 500 de profundidade.
Pode acadar 1 m de lonxitude.
Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que
vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto
da costa e vaise alonxando dela segundo medra.
A ameixa san (Venerupis decussata) vive
na zona intermareal enterrada ata 15 cm
de profundidade.
Cagón (Arenicola marina), vive nunha galería en
forma de U. Aliméntase dos restos que filtra dos
sedimentos. Polo orificio de entrada colle
material e polo orificio de saída expulsa a area
filtrada formando as moreas características.
Berberecho (Cerastoderma edule).
Molusco bivalvo que vive en fondos de
area fina no intermareal de augas pouco
fondas e tranquilas.
LAGOAS LITORAIS
Son medios formados por auga dóce ou solobre polas filtracións que
chegan do mar. Nelas aséntase unha vexetación acuática propia de augas
dóces na parte máis alonxada do mar e plantas que soportan a salinidade na
zonas máis próximas a el. Son refuxios de aves acuáticas e acollen unha
gran diversidade de anfibios e insectos.
Lagoa de Louro
FORMACIÓN DUNHA LAGOA LITORAL
FLORA:
Xuncos, espadanas, nenúfares, oucas...
Antela (Scirpus lacustris). Son
típicos de lugares húmidos,
especialmente preto da costa.
Carrizos (Phragmites australis).
É unha planta que vive nas
augas dóces e soporta unha
lixeira salinidade.
FAUNA:
Lavancos, parrulos, galiñolas, ras, cabalos do demo...
Garza real (Ardea cinerea)
Galiñola negra (Fulica atra)
Lavancos (Anas platyrrynchos)
ESTEIROS OU MARISMAS
Son lugares chans que sofren o efecto das mareas. Neles viven
plantas que soportan o sal e inmersións periódicas e plantas
puramente acuáticas, pero o máis importante, pola súa función
depuradora, é o número de seres que viven no substrato dos que
se alimentan aves acuáticas e limícolas.
Esteiro do Miño
FLORA:
Xuncos, carrizos, herba coral, algas espadanas...
A vexetación acuática xoga un papel importante na evolución da marisma
xa que frea a velocidade das augas e capta as pequenas partículas en
suspensión que se depositan entre elas e, co paso do tempo, van
elevando o terreo evolucionando de medio acuático a terrestre.
Herba coral (Sarcocornia perennis).
Planta de marisma de talos e follas
carnosos que vive no límite da marea.
Os xuncos son os compoñentes
fundamentais das xunqueiras,
cos seus rizomas forman un
entramado que retén os
sedimentos.
Spartina maritima. É unha das plantas
máis comúns dos esteiros e marismas.
Vive en terreos de lama e resiste ben a
salinidade e a inmersión.
A acelga salgada (Limonium vulgare) ten
unhas flores que conservan a súa cor
durante moito tempo. Existen variedades
que se cultivan para adorno.
FAUNA:
Lavancos, parrulos, píllaras, biluricos, garzas…
As limícolas son as aves típicas dos esteiros. Teñen as patas longas para vadear
e os peteiros adaptados para capturar animais que viven enterrados.
Pilro curlibico (Calidris alpina)
Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu
curioso peteiro en forma de culler filtra o
fango e captura pequenos animais.
Garzota (Egretta garzetta)
MEDIOS ANTRÓPICOS
CULTIVOS TERRESTRES
Son ecosistemas onde predomina a acción humana.
A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición
natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da
zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo,
polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os
animais atopan poucos sitios onde protexerse.
O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada
polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais
herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún
depredador.
SOUTOS
Bosques ou plantacións de castiñeiros. Son máis
comúns nas provincias de Lugo e Ourense. Ocupan
o espazo de antigas carballeiras.
Fistulina hepática sobre o toro dun castiñeiro
PIÑEIRAIS
Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están
constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas
altas, do interior, por piñeiro silvestre.
Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de
moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas
herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos
variada que a do bosque caducifolio.
Nas zonas máis altas os bosques son de piñeiros
silvestres (Pinus sylvestris) porque resisten mellor o
frío.
Peido de lobo
(Licoperdon...). Un fungo que
medra nos claros do chan do
bosque de piñeiros.
Nos bosques claros e nas
beiras medran as carpazas
(Cistus...).
Escoba de bruxa,
producido por unha
bacteria
Fentos (Pteridium aquilinum)
O esquío (Sciurus vulgaris), que se alimenta
de gomos de piñeiros e de piñóns, está
aumentando o seu número. O peto (Picus viridis) busca larvas de
insectos debaixo da casca e na madeira das
O peor enemigo dos piñeiros son as eirugas da
procesionaria ou alacráns dos piñeiros
(Thaenmetopoca pinivora) que lle comen as follas.
EUCALIPTAIS
Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun
século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan,
pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case
espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e
arbustos residuais resistentes.
A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus
Eucalipto (Eucalyptus globulus).
As flores atraen ás abellas.
Gonipterus, un escarabello que se alimenta
das folllas do eucalipto.
Viña
Campo de centeo
Prados
Grelos
Patacas
Larvas de escarabellos
das patacas
Horta
Cochinillas e pulgóns, insectos
parásitos das plantas.
Bolboreta das coles (Pieris brassicae)
Invernadeiro
CULTIVOS MARIÑOS
PARQUES MARISQUEIROS
Terreos areosos acondicionados para o cultivo de ameixa e
berberecho. Sométense a limpezas periódicas, seméntanse as
especies e elimínanse competidores.
BATEAS:
Instalacións flotantes para o cultivo de bivalvos filtradores:
mexillón, ostra, vieira, ameixa. Nos soportes e sobre as propias
especies cultivadas aséntanse comunidades de algas e
invertebrados e entre elas aliméntanse algúns peixes.
Gradicela, estrela de mar, un depredador habitual nas bateas e parques de cultivo.
SEBES E BEIRAIS
Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies
que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen
unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e
animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de
refuxio aos animais silvestres.
Os lagartos son habituais nos valos onde
atopan alimento e buratos para refuxiarse.
Lagartiño galego (Podarcis bocagei)
endémico de Galicia e o norte de Portugal.
O sapo (Bufo...) busca o abeiro dos
beirais para protexerse durante o día.
Pola noite caza nos cultivos.
Rato de campo
Estalotes (Digitalis purpurea) e abella
Cardo e mosca
Ourizo
PARQUES E XARDÍNS
Espazos públicos ou privados situados xeralmente no interior das
cidades con vexetais plantados con fins ornamentais. Son os lugares
onde podemos atopar máis especies alleas ao noso medio natural,
algunha de gran interese pola súa singularidade ou monumentalidade.
A protección que ofrecen e a facilidade para atopar alimento fai que
neles se asenten especies forestais e oportunistas.
Pazo de Oca
Balneario de Guitriz
Camelia (Camelia japonica).
Unha árbore común nos parques e
xardíns galegos, especialmente das
Rías Baixas.
SOLARES SEN EDIFICAR
Son espazos de vida silvestre no medio dos lugares
habitados. As sementes das plantas chegan ata eles cos
excrementos das aves ou traídas polo vento, e tamén
voando chegan os insectos e os paxaros.
Os insectos, pola súa capacidade para
voar, chegan a todas partes. A xoaniña
(Cocinella setempunctata) aliméntase dos
pulgóns parásitos das plantas.
As estrugas (Urtica...) desenvólvense en
lugares ricos en materia orgánica.
Silvas (Rubus...). Os seus froitos, as amorias, son
aproveitados polos paxaros e polas persoas.
A hedra (Hedera helix) aproveita calquera
soporte para gabear suxeitándose coas
raíces que bota ao longo dos seus talos.
CONSTRUCCIÓNS
Son lugares aparentemente
pouco axeitados para o
desenvolvemento dos seres
vivos, pero nos casos nos
que se dan as condicións
mínimas as plantas poden
convertelos en pequenos
“xardíns” onde os fentos,
os couselos, as herbas da
pedra, os brións e os liques
crean o ambiente preciso
para que poidan asentarse
pequenos animais como
pulgóns, xoaniñas,
caracois, arañas...
VALADOS, PAREDES E TELLADOS
Os liques soportan as
condicións de vida máis
Unlla de gato (Sedum...).Mexacán (Taraxaccum officinale).
Fento dos valos (Polypodium vulgare).
Oxalis
Curroxo (Phoenicurus ochruros).
Un paxaro comedor de insectos
cada vez máis común nos lugares
habitados. Fai o niño nos ocos
das paredes.
O merlo (Turdus merula) é outra ave
habitual que aproveita os arbustos dos
parques e as matogueiras dos solares
para facer os seus niños.
Pardal (Paser domesticus).
Nalgúns parques achégase ata
comer na man das persoas.
Ao chasco (Saxicola torquata) podémolo
atopar nos beirais ou nas matogueiras
curioseando sempre desde a ponla máis alta.
As pombas aproveitan calquera
resto comestíble e os ocos dos
edificios para facer os seus niños.
As pegas (Pica pica) son
aves do bosque que se
adaptan perfectamente á
vida nos parques.
As ratas (Ratus norvegicus), tal vez a
especie animal máis numerosa do planeta,
aliméntanse dos restos que deixamos e
viven en case todos os espacios posibles.
Os morcegos aproveitan os ocos para
acollerse e a noite para cazar os insectos
que son atraídos pola luz das cidades.
ENCOROS
Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As
caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
ESTANQUES
Pequenos espazos pechados con auga doce e especies
ornamentais entre as que se desenvolven outras silvestres
propias dos ambientes acuáticos.
Ambroíños e xuncos
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet.
DEBUXOS: Mon Daporta

More Related Content

What's hot

Dominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticosDominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticosCarlosbabilon
 
Unidade 4 paisaxes vexetais
Unidade 4   paisaxes vexetaisUnidade 4   paisaxes vexetais
Unidade 4 paisaxes vexetaiscaruncho
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmxcamba
 
Parque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O InvernadeiroParque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O Invernadeiromonadela
 
LIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de MontederramoLIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de Montederramomonadela
 
La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)monadela
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnegomonadela
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosamonadela
 
Parque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte AloiaParque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte Aloiamonadela
 
Miño Neira
Miño NeiraMiño Neira
Miño Neiramonadela
 
A_vexetación_en_España
A_vexetación_en_EspañaA_vexetación_en_España
A_vexetación_en_Españagermanvila
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)monadela
 
Diversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasDiversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasCristina
 
Serra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da LastraSerra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastramonadela
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAgrela Elvixeo
 

What's hot (20)

Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
Dominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticosDominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticos
 
Unidade 4 paisaxes vexetais
Unidade 4   paisaxes vexetaisUnidade 4   paisaxes vexetais
Unidade 4 paisaxes vexetais
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Parque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O InvernadeiroParque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O Invernadeiro
 
LIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de MontederramoLIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de Montederramo
 
La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)
 
Parques naturais de españa
Parques naturais de españaParques naturais de españa
Parques naturais de españa
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnego
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
 
Parque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte AloiaParque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte Aloia
 
Ecosistemas2º
Ecosistemas2ºEcosistemas2º
Ecosistemas2º
 
Miño Neira
Miño NeiraMiño Neira
Miño Neira
 
A_vexetación_en_España
A_vexetación_en_EspañaA_vexetación_en_España
A_vexetación_en_España
 
Ecosistemas da terra (t6)
Ecosistemas da terra (t6)Ecosistemas da terra (t6)
Ecosistemas da terra (t6)
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)
 
Diversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasDiversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos Ecosistemas
 
Serra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da LastraSerra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastra
 
Bosque mediterráneo
Bosque mediterráneoBosque mediterráneo
Bosque mediterráneo
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
 

Similar to Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02

Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01alfredocp2003
 
Bosques naturais galegos
Bosques naturais galegosBosques naturais galegos
Bosques naturais galegosiesasorey
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastramonadela
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume iesasorey
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEmarichoni
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior monadela
 
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de ChavínLiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavínmonadela
 
Lic Río Eo
Lic Río EoLic Río Eo
Lic Río Eomonadela
 
LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosamonadela
 
Lic Carballido
Lic CarballidoLic Carballido
Lic Carballidomonadela
 
Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eumelabartos
 
Espazos naturais de Galicia
Espazos naturais de GaliciaEspazos naturais de Galicia
Espazos naturais de Galicialuarnafraga
 
LIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de BudiñoLIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de Budiñomonadela
 
Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011rebkblanco
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérezmonadela
 
Reserva da Biosfera Área de Allariz
Reserva da Biosfera Área de AllarizReserva da Biosfera Área de Allariz
Reserva da Biosfera Área de Allarizmonadela
 
LIC Cabo Udra
LIC Cabo UdraLIC Cabo Udra
LIC Cabo Udramonadela
 

Similar to Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02 (20)

Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
 
Bosques naturais galegos
Bosques naturais galegosBosques naturais galegos
Bosques naturais galegos
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastra
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUME
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de ChavínLiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
 
Lic Río Eo
Lic Río EoLic Río Eo
Lic Río Eo
 
Humidais
HumidaisHumidais
Humidais
 
LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosa
 
Lic Carballido
Lic CarballidoLic Carballido
Lic Carballido
 
Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eume
 
Espazos naturais de Galicia
Espazos naturais de GaliciaEspazos naturais de Galicia
Espazos naturais de Galicia
 
LIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de BudiñoLIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de Budiño
 
Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérez
 
Reserva da Biosfera Área de Allariz
Reserva da Biosfera Área de AllarizReserva da Biosfera Área de Allariz
Reserva da Biosfera Área de Allariz
 
LIC Cabo Udra
LIC Cabo UdraLIC Cabo Udra
LIC Cabo Udra
 

More from LOPEZMOURENZA

Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1LOPEZMOURENZA
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinasLOPEZMOURENZA
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostasLOPEZMOURENZA
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaLOPEZMOURENZA
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfLOPEZMOURENZA
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del poppletLOPEZMOURENZA
 

More from LOPEZMOURENZA (20)

Máqunas e aparelos
Máqunas e aparelosMáqunas e aparelos
Máqunas e aparelos
 
Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinas
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostas
 
Manual mind42
Manual mind42Manual mind42
Manual mind42
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
 
O son ii
O son iiO son ii
O son ii
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
enerxia nuclear
enerxia nuclearenerxia nuclear
enerxia nuclear
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesia
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdf
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del popplet
 
Enerxia xeotermica
Enerxia xeotermicaEnerxia xeotermica
Enerxia xeotermica
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
Biocombustible
BiocombustibleBiocombustible
Biocombustible
 

Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02

  • 1. o medio natural OS ECOSISTEMAS GALEGOS
  • 2. En Galiza podemos atopar ecosistemas moi diferentes e variados, como o son a súa xeografía e o seu clima. Devesa da Rogueira, no Courel. Illas Sisargas, na Costa da Morte.
  • 3. Climas de Galicia Galicia, pola súa situación ten clima oceánico suavizado, nas zonas próximas á costa, pola corrente do Golfo. O accidentado do seu relevo e a orientación do terreo fan que o clima non sexa uniforme, senón que presente unha gran variedade de zonas diferenciadas.
  • 4. Esta diversidade de ambientes está ocupada polas especies vexetais correpondentes á zona de converxencia entre as especies atlánticas e mediterráneas polo que as de ámbalas dúas zonas aparecen constantemente mesturadas. Se a esto lle engadimos a diferente composición dos solos e as transformacións producidas, dende a prehistoria, pola intervención humana atopámonos con multitude de espazos variados con características diferenciadas nos que é posible distinguir múltiples ecosistemas.
  • 5. ECOSISTEMAS GALEGOS NATURAIS Terrestres -bosques: mixtos: carballeira, reboleira, bidueiral, acibeiral, bosque de ribeira -matogueira -montaña Acuáticos -lagoas -ríos -Mar: océano, costa (areosa, rochosa) Mixtos -gándaras -brañas -turbeiras -esteiros -marismas ANTRÓPICOS creados ou influídos pola actividade humana. Cultivos Terrestres: -forestais; souto, piñeiral, eucaliptal... -cereais: millo, centeo, trigo, prados... -viñedos -horta: nabos, patacas, leitugas, tomates, cebolas... -invernadoiros... Acuáticos: -parques de cultivo -bateas Parques e xardíns Sebes, beirais Construcións -muros, paredes, valados -tellados -encoros -estanques
  • 6. É o tipo de bosque que lle corresponde pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega. As fragas son os bosques naturais e maior diversidade. BOSQUE CADUCIFOLIO
  • 7. As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante.
  • 8. Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.
  • 9. Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo- pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
  • 10. Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociados aos terreos calcários. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira..
  • 11. Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
  • 12. Acivro (Ilex aquifolium) Carballo (Quercus robur). As súas follas son inconfundibles coa súa beira lobulada. Os seus froitos (landras) sérvenlle de alimento a moitos animais do bosque. As árbores vivas e mortas alimentan aos fungos que producen cogomelos para dispersar as súas esporas. Aproveitando a humidade e buscando a luz os brións e os liques desenvólvense nas ponlas das árbores.
  • 13. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), unha curiosa planta que vive ao abrigo das grandes árbores. As láminas que semellan follas son en realidade talos aplanados. Cabrifollo, unha planta trepadoras.
  • 14. O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do bosque e aproveita os furados das árbores para agocharse e hibernar. Gato bravo (Felix silvestris) Bacalouras e véporas
  • 15. A pita do monte (Tetrao urogallus) está en perigo de extinción, pero aínda sobrevive nalgúns lugares dos Ancares. Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das árbores buscando alimento nas súas rendixas. Ferreiro abelleiro (Pharus major), un paxaro insectivoro.
  • 16. REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas. FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva, cantroxo, orquídeas... FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
  • 19. Orquídea (Orchis italica) Esteva (Cistus ladanifer). Cantroxo, arzaia (Lavandula stoechas).
  • 20. Escarabello aceiteiro (Meloe majalis). Bolboreta (Charases jasius).
  • 21. Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos, sobre todo nos lugares de dificil acceso. Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de gran interese, algunha protexidas. BOSQUE DE RIBEIRA
  • 22. FLORA: Amieira, salgueiros, freixo, avelaira, sabugueiro, carballo, herba salgueira, silveira, herba dos pobres, lúpulo, pe de boi, anxélica, narcisos, cáncaros, violetas, fentos, brións, liques, fungos... Amieira (Alnus glutinosa). A árbore de máis talla das ribeiras do río.
  • 23. Dentabrú (Osmunda regalis). O fento máis grande da beira do río. Cabriña (Davalia canariensis). Fento femia (Athyrium filis-femina).
  • 24. Os brións atópanse por todas partes: sobre as pedras, nos toros das árbores, no solo… Pé de boi (Oenanthe crocata) Hepáticas Violeta (Viola palustris)
  • 25. FAUNA: Merlo rieiro, lavandeiras, ferreiriño subeliño, saramaganta, ra, pintafontes, cabalos do demo, escarabellos, moscas, típulas, mosquitos, lesmas, caracois, cárabos... O merlo rieiro (Cinclus cinclus) métese debaixo da auga para cazar as larvas de insectos e outros animais que viven nos ríos de augas limpas. Lavandeira branca (Motacilla alba). Todas as lavandeiras percorren as beiras dos ríos e demais zonas húmidas pillando nelas pequenos insectos.
  • 26. Caracol (Elona quinperiana) Saramaganta galega (Chioglosa lusitanica) Lesmas
  • 27. Os cabalos do demo son comúns á beira da auga na que poñen os ovos e se desenvolven as larvas. Efémera
  • 28. MONTAÑAS A pesar de que non acadan grandes cotas, os curutos das máis elevadas están cubertos de prados e especies arbustivas de desenvolvemento moi escaso (queirugas, uces) entre as que viven papuxas e outros pequenos paxaros. Pena Trevinca. O monte máis alto de Galicia.
  • 29. Pradeira de montaña. Os Ancares.
  • 30. FLORA: Xenebreiro, sempreviva, gramíneas, xuncos, breixo, dente de can, uvas de lagarto, campaíñas, lirios, xensás... Xensá (Gentiana luttea), florece no verán nos prados de montaña situados por enriba dos 1.000 m. Campaíñas (Campanula herminii)
  • 31. FAUNA: Cabra fera, corzo, lobo, águia, voutre, choia, laverca, cotovía, merlo rubio, víbora, escarabellos... As bolboretas son algo que nunca falta nas pradeiras floridas da montaña. Choias (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Córvidos que aniñan en fendas dos penedos nas montañas máis altas.
  • 32. MATOGUEIRA-MONTE BAIXO Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos incultos e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.
  • 33. FLORA: Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras... O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras.
  • 34. Carqueixa (Ptrospartinum tridentatum). Vive en terreos pobres e soleados. Xesta (Cytisus striatus). Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas castes de breixos en todas as matogueiras. Os arandos (Vaccinium myrtillus) maduran ao abrigo dos piornos.
  • 35. FAUNA: Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas... Perdices Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico. Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Aliméntanse de vexetais.
  • 36. RÍOS Son ecosistemas acuáticos mai variados en función da temperatura e movemento da auga, e da profundidade.
  • 37. CURSO ALTO: moita corrente e pouca profundidade. Os seres precisan refuxiarse ou ter unha gran capacidade de movemento.
  • 38. CURSO MEDIO: corrente lenta, máis profundidade e zonas con sedimentos que proporcionan suxección aos vexetais e refuxio aos animais.
  • 39. REMANSOS, POZOS: zonas de augas calmas, con moitos sedimentos onde abonda a vexetación.
  • 40. CURSO BAIXO: pouca corrente, maior profundidade e abundancia de sedimentos. Abonda a vexetación. No último tramo aparecen augas salobres e especies mariñas.
  • 41. FLORA: Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga.... Herba lameiriña (Callitriche satagnalis) Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica) Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)
  • 42. FAUNA: Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río... A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos. A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga
  • 44. LAGOAS Depresións cheas de auga dóce na que se atopan comunidades esencialmente acuáticas. Lagoa de Sobrado
  • 45. FLORA: Salgueiro, espadaina, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello, utricularia, lentellas de auga... O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas. Eneas ou palla real (Typha latifolia).
  • 46. Ambroíño (Nymphaea alba). Lentella de auga (Lemna minor), a máis pequena das plantas con flor. Xunco (Eleocaris palustris).
  • 47. FAUNA: Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas... Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia. A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación.
  • 48. Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo. Ra verde (Rana perezi)
  • 49. HUMIDAIS GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS Podemos consideralas como elementos en distinta fase do proceso de colmatación (recheo natural producido nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos) de zonas húmidas pechadas. Presentan un tipo de vexetación en sucesión entre os vexetais acuáticos, de ribeira e tipicamente terrestres da zona na que se atopan. Evolución desde unha lagoa a unha braña Gándara Braña Lagoa
  • 50. Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre por desecación ou recheo.
  • 53. Turbeira ou tremoal. A acumulación de restos vexetais sen osíxeno vai producinto turba.
  • 54. FLORA: Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos pinguícola... Pinguicula... planta carnívora das brañas de monte. Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos. A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.
  • 55. Os esfagnos son os brións máis comúns das brañas e a materia prima das turbeiras. Breixo de turbeira (Erica tetralis) Xunca de algodón.
  • 57. ECOSISTEMAS MARIÑOS A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas. A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.
  • 58. Cantil (talude continental) zona afótica ou escura SISTEMA BENTÓNICO Rexión batipeláxica Rexión peláxica 200 m zona fótica ou iluminada Abismos: + 6.000 m. Foxas mariñas (ata + de 11. 000 m de profundidade) intermareal REXIÓN NERÍTICA OU LITORAL: situada enriba da plataforma continental, ata 200 m de profundidade. Rexión litoral ou plataforma continental: prolongación dos continentes debaixo da auga. Fondos oceánicos: 3.000 a 5.000 m de profundidade ZONAS DO MAR SISTEMA PELÁXICO: conxunto das augas
  • 59. REXIÓN OCEÁNICA É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os máis grandes produtores de osíxeno do planeta. Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes presións.
  • 60. Planto e nadadores Zona afótica (escura) Peixes abisais Chemineas hidrotermais Plataforma continental Cantil Zona fótica (iluminada)
  • 61. rei das anchoas: 7-8 m balea azul: máis de 30 m tiburón banco: 10 m lura: 22 m polbo: 10 m manta raia: 80 m cachalote: 20 m tiburón balea: 18 m cangrexo xigante 4 m augamar: 3 m diámetro tentáculos: 35 m peixe vela: 4 m peixe lúa: 4 m Nos océnos atópanse algúns dos animais máis grandes
  • 62. FLORA: Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).
  • 63. FAUNA: Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala, tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real, calamar e polbo xigantes... Peixe pescador. Vive nas profundidades abisais. Como consecuencia da falta de luz non presenta pigmentación. Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os 100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que cando é nova achégase moito á costa. Pode acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg. Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg. Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón que pode acadar os 4 m de lonxitude.
  • 64. Augamar (Chysaora hysoscella). Crustáceo isópodo bentónico que vive nas grandes profundidades mariñas, a máis de 3.000 m. Cachalote (Physeter macrocephalus). Mamífero mariño que pode acadar os 25 m de lonxitude. É o máis grande dos cetáceos con dentes. Aliméntase de luras que pesca buceando a grandes profundidades. En Galicia aparece ocasionalmente varado nas praias.
  • 65. REXIÓN LITORAL A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental).
  • 66. ZONAS DO LITORAL (en función do nivel medio que acadan as mareas) Zona supralitoral: é a situada por enriba do límite máximo das mareas e está constituída por terreos pobres. Recibe constantemente os ataques do vento e das ondas do mar e a humidade das brétemas mariñas cargadas de sal. Zona litoral ou intermareal: é a zona de oscilación das mareas, a que cobre a marea alta e queda descuberta ao debalar o mar. Zona sublitoral: atópase por debaixo do nivel mínimo das mareas. É a zona comprendida entre o punto neutro (liña na que as ondas tocan o fondo) e o límite da marea baixa. Nunca queda descuberta. ROCHOSO AREOSO
  • 67. Esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental). Podemos atopar hábitats moi diversos en función de factores como a exposición aos ventos dominantes e aos embates das ondas (exposta- protexida), o tipo de materiais do substrato (rochosa, areosa-fangosa), ou a influencia das mareas. A vida nestes medios ven marcada polo periódico ascenso e descenso do nivel do mar que implica que durante un periodo de tempo unha grande parte dos fondos mariños queden ao descuberto e polo tanto os seus habitantes teñen que desenvolver estratexias para tratar de solventar este problema. REXIÓN LITORAL (COSTA)
  • 68. AS RÍAS As rias galegas son medios cunhas condicións especiais. Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica. A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos, multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade. Ría de Muros e Noia
  • 69. CIRCULACIÓN DA AUGA NAS RÍAS A pesar de semellar sistemas case pechados, nas rías prodúcese un contínuo trasvase e renovación das augas.
  • 70. A sardiña é um dos peixes máis coñecidos porque se captura en grandes cantidades no noso litoral. É un peixe oceánico que forma grandes bancos, sobre todo cando migra no verán e se achega á costa para alimentarse de seres plantónicos e poñer entre 50.000 e 60.000 ovos. Rabioso (Glycimeris glycimeris). Vive en fondos de area en zonas de ata 100 m de profundidade. Rodaballo (Psetta maxima). Pode acadar 1 m de lonxitude e os 12 kg de peso. Vive en terreos areosos ata os 100 m de profundidade. Rabada ou peixe sapo (Lophius piscatorius). Vive en fondos fangosos de 10 a 500 m de profundidade. Pode acadar 2 m de lonxitude e 40 kg de peso.
  • 71. COSTA ROCHOSA COSTA ROCHOSA Formada por materiais en grandes bloques. Con pouco terreo no que as plantas poidan asentarse. Os animais viven en zonas onde poidan protexerse (fendas, pozas de marea, covas) ou son visitantes ocasionais.
  • 72. ZONA INFRALITORAL Abondan as algas que xunto coas rochas constitúen os refuxios onde viven ou acuden a alimentarse todo tipo de animais, que adoitan ser de formas mais ou menos comprimidas para moverse comodamente nos espazos estreitos e de cores pardas, con liñas ou manchas, para pasar desapercibidos. ZONA INTERMAREAL Os seres vivos apéganse ás rochas ou aproveitan as fendas. Teñen órganos de suxección e cubertas fortes ou corpos flexibles, e unha gran resistencia á desecación. Zona supralitoral A dureza dos materiais e a súa verticalidade dificultan o asentamento dos seres vivos. As plantas, que só viven na parte alta e nas fendas, son pequenas, con raíces fortes e longas, e coas follas moi reducidas ou cubertas de pelos para resistir o ataque do vento e do sal. Os animais viven nos lugares onde poden protexerse ou son visitantes ocasionais. É a zona escollida por moitas aves como lugar de descanso e de cría. Poza de marea
  • 73. As pozas de marea son pequenos espazos que quedan cheos de auga durante a marea baixa, onde se desenvolven algas e se acobillan moitos animais.
  • 74. FLORA: Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar... Golfos (Laminaria ochroleuca). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto. Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación
  • 75. Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na línea a onde chega o mar. Prixel do mar (Crithmum maritimum). Vive en rochas abrigadas. Herba de namorar (Armeria maritima). Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, …
  • 76. Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección. FAUNA: Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes... Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas rochas batidas na zona intermareal. Arneirón (Balanus spp).
  • 77. Chuponas (Actinia equina). Un dos animáis máis comúns das pozas de marea. Caramuxo (Littorina littorea). Vive sobre as rochas e as algas da zona mediolitoral. Ourizo. Queimacasas
  • 78. As gaivotas e outras aves mariñas aproveitan os ocos e as plataformas das rochas dos cantís para aniñar. Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristolelis). As aves pescadoras usan as rochas da costa para descansar e os cantís para facer os seus niños.
  • 79. COSTA AREOSA É a que está formada por area ou materiais miúdos soltos.
  • 80. ZONA SUPRALITORAL Os materiais soltos son movidos constantemente polo vento e reteñen pouca auga, o que fai dificil o asentamento dos vexetais que teñen que desenvolver adaptacións: longas raíces para suxeitarse e captar a auga, talos curtos, moi flexibles, rasteiros ou subterráneos para resistir o vento e os golpes da area, e follas reducidas ou finas, cubertas de pelo, coirentas para evitar a perda de auga, ou carnosas para almacenala e de cores craras para resistir o exceso de luz. Os animais viven nos refuxios que lles proporcionan as plantas e os restos depositados polo mar. ZONA INTERMAREAL Presenta moitas variacións segundo o tipo de substrato (area, limo, grava ou cascallo) e a forza das ondas. A mobilidade do substrato impide a fixación das algas aínda que permite a das fanerógamas mariñas (plantas con flores) grazas ás súas longas raíces. Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas, realizan migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na area ou protéxense entre as plantas. É a zona máis visitada polas aves, especialmente as limícolas. ZONA INFRALITORAL Con poucas algas e nas zonas protexidas con pradeiras de fanerógamas mariñas. Habitada por animais que se enterran ou viven pousados nos fondos.
  • 81. PRAIAS Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse.
  • 82. DUNAS Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana.
  • 84. FLORA: Algas, herba coral, seba, cardo mariño, cebola das gaivotas, feo, carrascas de San Xoán, arenaria... Leituga de mar (Ulva rigida). Alga de talo laminar que se atopa frecuentemente aboaiando nas augas tranquilas. Seba (Zostera…). Planta con flores que vive por debaixo do límite das mareas. Forma extensos campos submariños nas zonas de augas tranquilas de area fina ou lama desde o nivel da baixamar ata os 10 m de profundidade, especialmente nos esteiros e enseadas.
  • 85. Arenaria do mar (Honkenya peploides). A planta das praias que vive máis perto do mar. Cardo mariño. (Eryngium maritimum). Desenvólvese nos primeiros amoreamentos de area que se forman po enriba da liña de marea. Feo (Ammophila arenaria), medra na parte máis alta da duna móbil, onde o vento bate con máis forza. Coas longas raíces e talos subterráneos contribúe a fixar a area.
  • 86. FAUNA: Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos... Coquina (Donax vitatus). Un molusco abundante nos fondos areosos das praias de mar aberto. Ourizo de area (Echinocardium cordatum). Vive enterrado ata 20 cm de profundidade na area das praias expostas. Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina. Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos están adaptados á vida nos fondos areosos. Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo que pode acadar os 13 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e grava ata os 100 m de profundidade.
  • 87. Raia (Raja clavata). Vive en fondos de area e fango ata 500 de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude. Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto da costa e vaise alonxando dela segundo medra.
  • 88. A ameixa san (Venerupis decussata) vive na zona intermareal enterrada ata 15 cm de profundidade. Cagón (Arenicola marina), vive nunha galería en forma de U. Aliméntase dos restos que filtra dos sedimentos. Polo orificio de entrada colle material e polo orificio de saída expulsa a area filtrada formando as moreas características. Berberecho (Cerastoderma edule). Molusco bivalvo que vive en fondos de area fina no intermareal de augas pouco fondas e tranquilas.
  • 89. LAGOAS LITORAIS Son medios formados por auga dóce ou solobre polas filtracións que chegan do mar. Nelas aséntase unha vexetación acuática propia de augas dóces na parte máis alonxada do mar e plantas que soportan a salinidade na zonas máis próximas a el. Son refuxios de aves acuáticas e acollen unha gran diversidade de anfibios e insectos. Lagoa de Louro
  • 91. FLORA: Xuncos, espadanas, nenúfares, oucas... Antela (Scirpus lacustris). Son típicos de lugares húmidos, especialmente preto da costa. Carrizos (Phragmites australis). É unha planta que vive nas augas dóces e soporta unha lixeira salinidade.
  • 92. FAUNA: Lavancos, parrulos, galiñolas, ras, cabalos do demo... Garza real (Ardea cinerea) Galiñola negra (Fulica atra) Lavancos (Anas platyrrynchos)
  • 93. ESTEIROS OU MARISMAS Son lugares chans que sofren o efecto das mareas. Neles viven plantas que soportan o sal e inmersións periódicas e plantas puramente acuáticas, pero o máis importante, pola súa función depuradora, é o número de seres que viven no substrato dos que se alimentan aves acuáticas e limícolas. Esteiro do Miño
  • 94. FLORA: Xuncos, carrizos, herba coral, algas espadanas... A vexetación acuática xoga un papel importante na evolución da marisma xa que frea a velocidade das augas e capta as pequenas partículas en suspensión que se depositan entre elas e, co paso do tempo, van elevando o terreo evolucionando de medio acuático a terrestre.
  • 95. Herba coral (Sarcocornia perennis). Planta de marisma de talos e follas carnosos que vive no límite da marea. Os xuncos son os compoñentes fundamentais das xunqueiras, cos seus rizomas forman un entramado que retén os sedimentos. Spartina maritima. É unha das plantas máis comúns dos esteiros e marismas. Vive en terreos de lama e resiste ben a salinidade e a inmersión.
  • 96. A acelga salgada (Limonium vulgare) ten unhas flores que conservan a súa cor durante moito tempo. Existen variedades que se cultivan para adorno.
  • 97. FAUNA: Lavancos, parrulos, píllaras, biluricos, garzas… As limícolas son as aves típicas dos esteiros. Teñen as patas longas para vadear e os peteiros adaptados para capturar animais que viven enterrados.
  • 98. Pilro curlibico (Calidris alpina) Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu curioso peteiro en forma de culler filtra o fango e captura pequenos animais. Garzota (Egretta garzetta)
  • 99. MEDIOS ANTRÓPICOS CULTIVOS TERRESTRES Son ecosistemas onde predomina a acción humana. A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo, polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os animais atopan poucos sitios onde protexerse. O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún depredador.
  • 100. SOUTOS Bosques ou plantacións de castiñeiros. Son máis comúns nas provincias de Lugo e Ourense. Ocupan o espazo de antigas carballeiras.
  • 101. Fistulina hepática sobre o toro dun castiñeiro
  • 102. PIÑEIRAIS Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas altas, do interior, por piñeiro silvestre. Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos variada que a do bosque caducifolio.
  • 103. Nas zonas máis altas os bosques son de piñeiros silvestres (Pinus sylvestris) porque resisten mellor o frío.
  • 104. Peido de lobo (Licoperdon...). Un fungo que medra nos claros do chan do bosque de piñeiros. Nos bosques claros e nas beiras medran as carpazas (Cistus...). Escoba de bruxa, producido por unha bacteria Fentos (Pteridium aquilinum)
  • 105. O esquío (Sciurus vulgaris), que se alimenta de gomos de piñeiros e de piñóns, está aumentando o seu número. O peto (Picus viridis) busca larvas de insectos debaixo da casca e na madeira das O peor enemigo dos piñeiros son as eirugas da procesionaria ou alacráns dos piñeiros (Thaenmetopoca pinivora) que lle comen as follas.
  • 106. EUCALIPTAIS Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan, pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e arbustos residuais resistentes. A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus
  • 107. Eucalipto (Eucalyptus globulus). As flores atraen ás abellas. Gonipterus, un escarabello que se alimenta das folllas do eucalipto.
  • 108. Viña
  • 110. Prados
  • 111. Grelos
  • 114. Horta
  • 115. Cochinillas e pulgóns, insectos parásitos das plantas.
  • 116. Bolboreta das coles (Pieris brassicae)
  • 118. CULTIVOS MARIÑOS PARQUES MARISQUEIROS Terreos areosos acondicionados para o cultivo de ameixa e berberecho. Sométense a limpezas periódicas, seméntanse as especies e elimínanse competidores.
  • 119. BATEAS: Instalacións flotantes para o cultivo de bivalvos filtradores: mexillón, ostra, vieira, ameixa. Nos soportes e sobre as propias especies cultivadas aséntanse comunidades de algas e invertebrados e entre elas aliméntanse algúns peixes.
  • 120. Gradicela, estrela de mar, un depredador habitual nas bateas e parques de cultivo.
  • 121. SEBES E BEIRAIS Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de refuxio aos animais silvestres.
  • 122. Os lagartos son habituais nos valos onde atopan alimento e buratos para refuxiarse. Lagartiño galego (Podarcis bocagei) endémico de Galicia e o norte de Portugal. O sapo (Bufo...) busca o abeiro dos beirais para protexerse durante o día. Pola noite caza nos cultivos. Rato de campo
  • 123. Estalotes (Digitalis purpurea) e abella Cardo e mosca Ourizo
  • 124. PARQUES E XARDÍNS Espazos públicos ou privados situados xeralmente no interior das cidades con vexetais plantados con fins ornamentais. Son os lugares onde podemos atopar máis especies alleas ao noso medio natural, algunha de gran interese pola súa singularidade ou monumentalidade. A protección que ofrecen e a facilidade para atopar alimento fai que neles se asenten especies forestais e oportunistas.
  • 125. Pazo de Oca Balneario de Guitriz
  • 126. Camelia (Camelia japonica). Unha árbore común nos parques e xardíns galegos, especialmente das Rías Baixas.
  • 127. SOLARES SEN EDIFICAR Son espazos de vida silvestre no medio dos lugares habitados. As sementes das plantas chegan ata eles cos excrementos das aves ou traídas polo vento, e tamén voando chegan os insectos e os paxaros.
  • 128. Os insectos, pola súa capacidade para voar, chegan a todas partes. A xoaniña (Cocinella setempunctata) aliméntase dos pulgóns parásitos das plantas.
  • 129. As estrugas (Urtica...) desenvólvense en lugares ricos en materia orgánica. Silvas (Rubus...). Os seus froitos, as amorias, son aproveitados polos paxaros e polas persoas. A hedra (Hedera helix) aproveita calquera soporte para gabear suxeitándose coas raíces que bota ao longo dos seus talos.
  • 131. Son lugares aparentemente pouco axeitados para o desenvolvemento dos seres vivos, pero nos casos nos que se dan as condicións mínimas as plantas poden convertelos en pequenos “xardíns” onde os fentos, os couselos, as herbas da pedra, os brións e os liques crean o ambiente preciso para que poidan asentarse pequenos animais como pulgóns, xoaniñas, caracois, arañas... VALADOS, PAREDES E TELLADOS
  • 132.
  • 133. Os liques soportan as condicións de vida máis
  • 134. Unlla de gato (Sedum...).Mexacán (Taraxaccum officinale). Fento dos valos (Polypodium vulgare).
  • 135.
  • 136.
  • 137. Oxalis
  • 138. Curroxo (Phoenicurus ochruros). Un paxaro comedor de insectos cada vez máis común nos lugares habitados. Fai o niño nos ocos das paredes. O merlo (Turdus merula) é outra ave habitual que aproveita os arbustos dos parques e as matogueiras dos solares para facer os seus niños.
  • 139. Pardal (Paser domesticus). Nalgúns parques achégase ata comer na man das persoas. Ao chasco (Saxicola torquata) podémolo atopar nos beirais ou nas matogueiras curioseando sempre desde a ponla máis alta. As pombas aproveitan calquera resto comestíble e os ocos dos edificios para facer os seus niños. As pegas (Pica pica) son aves do bosque que se adaptan perfectamente á vida nos parques.
  • 140. As ratas (Ratus norvegicus), tal vez a especie animal máis numerosa do planeta, aliméntanse dos restos que deixamos e viven en case todos os espacios posibles. Os morcegos aproveitan os ocos para acollerse e a noite para cazar os insectos que son atraídos pola luz das cidades.
  • 141. ENCOROS Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
  • 142. ESTANQUES Pequenos espazos pechados con auga doce e especies ornamentais entre as que se desenvolven outras silvestres propias dos ambientes acuáticos.
  • 144. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta