Litoral entre o cabo Prioriño e a punta da Coitelada, unha ría moi poboada e cunha intensa actividade industrial. De enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexida en parte no LIC/ZEC "Costa
Neste espazo está incluída a parte oriental da ría do Barqueiro, a zona exterior da ría de Viveiro e a costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe tamén as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...).
Concellos: Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove (Lugo).
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
Vilagarcía da Arousa está situada ao norte da comarca do Salnés, no fondo da ría de Arousa, en parte no esteiro do Ulla. Ten unha costa típica de fondo de ría, baixa e recortada, na que se suceden puntas, areais e lameiros nos pequenos esteiros dos regos que baixan dos montes que a rodean (Xiabre e Lobeira). Destaca a presenza das illas de Cortegada e as Malveiras e os lombos da desembocadura do Ulla, que son importantes bancos marisqueiros. Unha parte importante do litoral está ocupada polas áreas portuarias.

A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
A costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral cara ao interior dos continentes e remata nos lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a paisaxe e os ecosistemas.
A Costa galega: características e formas máis representativas.

CONCELLOS: Porto do Son e Ribeira (A Coruña)
Inclúe o tramo costeiro entre a Punta do Castro (Porto do Son) e a Punta do Francés, no Cabo Corrubedo; a costa desde o comezo da praia Ladeira ata a Punta Falcoeiro e as illas da boca da ría de Arousa ata o arquipélago de Sálvora, así como as áreas mariñas próximas o e sistema dunar e húmido de Corrubedo e as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro ou Basoñas.
É un espazo cun grande valor ecolóxico, paisaxístico e histórico-etnográfico.
O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
O concello de Muros está situado no norte da ría de Muros e Noia, cunha costa que alterna áreas protexidas do interior da ría -na que abondan os areais, os esteiros e as enseadas con amplas zonas rochosas de pouca altura- e zonas expostas no mar aberto con rochedos e areais. É un concello que combina un grande atractivo natural cun importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico. As principais actividades son a pesca e os seus derivados, e o turismo.
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
É unha cadea montañosa de 210 km de lonxitude que se estende de norte a sur, desde Estaca de Bares ao Miño, na raia con Portugal. Marca a linde entre as provincias de A Coruña e Pontevedra (ao oeste) coas de Lugo e Ourense (ao leste). É un bloque que se elevou a finais do Período Terciario sobre montañas anteriores moi erosionadas.
Inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella ou Figueiras e Batán, a ría de Foz, e a costa ata a desembocadura do rego da Laguela, nos concellos de Foz, Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo.
No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas, río e bosques de ribeira.
O concello de Ribeira Ocupa o extremo suroeste da península do Barbanza, no final das rías de Arousa, e de Muros e Noia e as costas abertas de Corrubedo. O Territorio repártese entre as últimas estribacións da serra do Barbanza (Os Forcados, con 618 m; San Arberte, con 215 m e O Castro, con 209 m) e unha ampla chaira litoral. A costa é moi recortada e variada con numerosas praias, coídos, cantís, illas, illotes, lagoas litorais e pequenos seos. É unha zona de amplas e fermosas paisaxes que acolle hábitats mariños e terrestres dun enorme valor ambiental.

Un litoral dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexido nos LICs/ZECs "Río Ouro" e "Ría de Foz-Masma", e como Lugar de Interese Xeolóxico Internacional
A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
O concello de Pontevedra conta cuns pequenos tramos de costa no fondo das rías de Pontevedra (5,5 km) e Vigo (1,2 km). É un litoral maiormente areoso ou lamacento con pequenos tramos rochosos de pouca altura e algún illote. Son áreas de enorme importancia biolóxica que acollen un grande número de aves acuáticas, sobre todo no inverno. Nos areais hai importantes zonas de marisqueo.
Pontevedra é un concello que acolle importantes valores histórico-artísticos, centrados sobre todo no casco antigo da cidade, un dos mellor conservados de Galiza. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e o turismo.
Litoral do concello de Ortigueira, na ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Estaca de Bares" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
O concello da Guarda está situado no extremo SO de Galiza, cunha parte na costa do Arco Miniano-Duriense, cara ao mar aberto e outra no esteiro do río Miño, con Portugal na outra banda.
A costa atlántica da Guarda é rectilínea, rochosa, exposta, con dous seos na parte central que acollen a localidade e os únicos areais costeiros da contorna. A ribeira do Miño, entre a desembocadura e a Pasaxe, é unha costa baixa e areosa na que os areais perden extensión e amplitude canto máis se adentran no esteiro.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo . Ademais dos valores naturais A Guarda conta cun importante patrimonio histórico e etnográfico.
O concello de Redondela está situado na banda sur da ría de Vigo. A costa, pola proximidade dos montes, é escarpada agás no esteiro do río Alvedosa e na praia de Cesantes. Alterna cantís de media altura, praias e seos que quedan amplamente ao descuberto co debalo da marea. É unha costa rica en bancos marisqueiros.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos e a industria.
O concello de Fisterra ocupa un saínte de relevo irregular entre a ría de Corcubión e a Costa da Morte, onde os montes caen sobre o mar en grandes desniveis. A súa costa é moi diversa, con áreas abrigadas, no interior do seo de Fisterra, e zonas expostas, no mar aberto, con grandes tramos ocupados por cantís, illotes e baixos, e algunhas praias con bos sistemas dunares onde dominan os ventos e a ondada. É un concello de importantes valores naturais e culturais, rico en vestixios históricos e arqueolóxicos e moi ligado ás tradicións relacionadas coas rutas xacobeas. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
O concello de Poio está situado na marxe dereita da ría de Pontevedra, desde Raxó ata o esteiro do Lérez, onde está conectado con Pontevedra pola ponte da Barca.
O relevo é moi accidentado, as abas dos montes caen bruscamente cara ao mar e só hai algúns territorios chans na pequena faixa costeira, con numerosos ríos que baixan do Castrove, de curto percorrido e pendentes pronunciadas.
Na área costeira alternan os esteiros e marismas formados polos numerosos ríos que achegan os seus sedimentos, algunhas praias e pequenas zonas rochosas de pouca altura. Hai importantes zonas de marisqueo a pé e parques de cultivo. As principais poboacións costeiras son Raxó, Combarro e Campelo.
O concello de Cambados atópase á beira da ría de Arousa, no centro da comarca do Salnés. Ten 17 km de litoral (sen contar as illas) e a súa maior parte está no esteiro do Umia (espazo con varias figuras de protección). É unha costa abrigada e recortada que alterna areais, rochedos, pequenas praias e esteiros; de augas calmas e de pouca profundidade e grandes áreas que quedan en seco coa marea baixa, que acollen ricos bancos marisqueiros.
O concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
Concellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
Rías da Costa Átártabra nos concellos de Ares, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Sada e Oleiros. Ábrense entre as puntas Coitelada (Ares) e Torrella (Oleiros). Pódense considerar dúas rías que comparten unha boca común, aínda que cada unha delas ten as súas propias características.
O concello de Pontedeume está situado na banda sur da ría de Ares e unha pequena parte na de Betanzos. A costa esténdese desde a desembocadura do Eume ata a praia de Andaío.
O litoral está marcado por un relevo que, a non ser na vila e no esteiro, logo acada os 50 m de altitude e está moi próximo ou por enriba dos 20 m en case toda a liña de costa.
O concello de Paderne está situado na marxe dereita da ría de Betanzos. A liña costeira vai desde o esteiro do Mandeo ata o do Lambre e alterna pequenas áreas de rochas e cantís de pouca altura con extensos areais protexidos.
O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas. O elemento máis destacado é a praia Grande e a súa frecha na que se amorea a area coa que o mar quere pechar a saída do río Baxoi e a forza coa que a corrente do río se abre paso.
O concello de Cabanas está situado na marxe dereita da ría de Ares á beira do río Eume. O litoral ten dúas partes de características totalmente diferentes: unha a frecha da desembocadura do Eume e a coñecida praia que se asenta nela, e a outra de cantís moi recortados de ata 20 m de altura.
Bergondo está situado na marxe esquerda da ría de Betanzos, e na beira do río Mandeo que forma un extenso esteiro de grande valor medioambiental. A costa ocupa o fondo da ría e está formada por extensos areais (praias de Gandarío, O Regueiro, A Cabana e O Pedrido) e cantís de escasa altura.
3. O concello de Ferrol está situado entre a banda norte da ría de Ferrol e a costa Ártabra.
Dous tramos litorais ben distintos: a costa exterior, exposta, na que se alternan saíntes de
caídas verticais e seos que acollen areais de grande extensión; e a costa da ría na que
podemos distinguir dúas partes. a de fóra, desde o porto exterior ata San Felipe, que
conserva características da costa de mar aberto, litoral exposto cun relevo abrupto e sen
abrigos para as embarcacións o que a mantén case despoboada; e de San Felipe á Gandara,
resgardada e con grandes seos pouco fondos, na sua maior parte alterada por recheos para
servizos e infraestruturas varias, e en grande parte alleada e privatizada.
5. RÍA DE FERROL
Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada 17 km de
lonxitude e 2 km de largura media. É unha ría con dúas partes ben definidas: unha canle
de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varias enseadas. Na
parte interior ten unha grande acumulación de sedimentos lamacentos. O río principal
que a alimenta é o Grande de Xuvia. Tamén desembocan nela o río Belelle e outros regos
máis pequenos.
As rochas dominantes son granitos na zona da boca e xistos no interior.
É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está densamente poboada e con grande
actividade industrial. As vilas máis importantes son Ferrol, Narón, Xuvia, Neda, Fene e
Mugardos.
Ría de Ferrol. Zona exterior
6. Canle de entrada da ría de Ferrol, de 3 km de lonxitude e 500 m
de largura, flanqueada por rochas graníticas.
7. O acceso á parte interior da ría estaba protexido polos castelos
de San Felipe en Ferrol e A Palma en Mugardos.
18. 5-FERROL
Aséntase no interior da ría. Unha cidade marítima sen acceso ao mar, na que a fachada
marítima diversa e dinámica que se ve desde a outra banda da ría, chea de peiraos, grúas
e tinglados varios, desaparece desde a cidade detrás dos altos valados das instalacións
militares, os estaleiros e outras construcións portuarias, ata o punto de que só é posible
ver de preto e achegarse ao mar no porto das Curuxeiras e a estación marítima, na
enseada de Caranza, que aínda conserva restos da costa orixinal e dos areais, e na Malata,
no que queda do esteiro do río da Sardiña.
19. Vista do porto e Arsenal de Ferrol
Ferrol é unha cidade ligada á actividade naval desde o século XV, cando a Coroa mandou
construír nela os maiores estaleiros de España. O Arsenal militar de Ferrol, construído no século
XVIII ocupa unha grande parte da fachada marítima da cidade.
50. 19-Cabo Prioriño Pequeno.
O Cabo Prioriño pecha a entrada da Ría de Ferrol polo norte. Divídese en dúas puntas
o Prioriño Grande e o Pequeno, onde está o antigo faro.
57. Praia e sistema dunar de Doniños.
A praia mide 2 km de lonxitude.
58. LAGOA DE DONIÑOS, de forma ovalada, cun largor máximo de 500 m, separada do
mar por unha praia e un cordón de dunas fixadas pola vexetación. As augas están
lixeiramente salinizadas por filtracións do mar.
59. Vista desde a punta Penencia: praia de Doniños e punta do Castro
74. 37-PRAIA DE SAN XURXO
Ten un campo de dunas de máis de 2 km de lonxitude que en moitos sitios supera os 200 m de largura, con
alturas de ata 12 m, e un mar de canaveiras de case 1 km de longo e uns 200 m de amplitude, rodeado de
outras especies propias de medios húmidos, que alimenta e mantén a auga que achegan os regueiros do
Xuncal, de San Xurxo, do Roxadoiro e de Suagraña que xuntos aínda conseguen atravesar a barreira que o
mar lles quere impoñer e verten unha parte do seu caudal no océano.
81. Entre a praia de San Xurxo e o cabo Prior hai unha sucesión de areais que se aprecian mellor coa marea
baixa: Esmelle, O Vilar, A Fragata ou Porto Vello, coñecidas en conxunto como as praias de Covas.
88. 48-Cabo Prior. Forma unha península entre as praias de Santa Comba e San Xurxo. Está
formado por rochas graníticas erosionadas en grandes bolos. Por todo o cabo hai restos de
baterías militares. No século XIII houbo un centro baleeiro moi importante.
89. Faro do Cabo Prior, situado a 107 m sobre o nivel do mar, cun alcance de 22 millas mariñas
100. 54-Punta e illa de Santa Comba
Á illa de Santa Comba pódese acceder coa marea baixa. Conta a tradición que houbo un naufraxio e
que os mariñeiros salváronse de morrer afogados grazas a que a Virxe lles ofreceu unha barca de
pedra, que segundo os paisanos, consérvase nas costas da illa. Hai unha capela do século XI en honor
a Santa Comba.
109. 58-Praia de Ponzos. De 1400 m de lonxitude. Conserva un bo sistema dunar.
Nesta praia estivo instalado o lavadoiro das antigas explotacións mineiras que poden ser
de orixe romana e foron explotadas a finais do século XIX e comezos do XX.
En 2009 descubriuse un bosque fósil que data de hai uns 7.000 anos e que quedou
enterrado polo avance das dunas. Só se pode ver en anos de moito temporal cando o mar
arrastra a area da praia.
110. Praia de Ponzos
En 2009 descubriuse un bosque fósil que data de hai uns 7.000 anos e que quedou
enterrado polo avance das dunas. Só se pode ver en anos de moito temporal cando o mar
arrastra a area da praia.
111. Restos das instalacións mineiras na praia de Ponzos. Nesta praia estivo instalado o
lavadoiro das antigas explotacións mineiras de cuarzo aurífero que poden ser de orixe
romana e foron explotadas a finais do século XIX e comezos do XX.
115. VALOR XEOLÓXICO
O releve de Ferrol é moi irregular e está intensamente fracturado. A costa ten un enorme
interese xeolóxico –especialmente a costa exterior- polas formas (dunas, cantís, furnas,
illotes...), pola variedade das rochas (xistos, granitoides calcoalcalinos. ...) e pola presenza de
pegadas da actividade tectónica da Terra (fallas, dobras...).
Illotes Gabeiras, onde se aprecia a diversidade de rochas
119. Rochas na praia de Ponzos.
Ao fondo a punta Ferruxeda (Narón)
No extremo noroeste de Ponzos
obsérvase o contacto entre dous tipos de
rochas, ortogneises e lousas.
120. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM010-
Costa Ártabra entre as rías de Cedeira e
Ferrol
(pendente de aprobación definitiva)
Interese: xeomorfolóxico.
Este tramo de costa acolle un variado
conxunto de elementos xeomorfológicos:
complexos dunares, lagoas litorais, cantís de
granitoides, xistos-lousas e rochas máficas...
Punta Lavadoiro
121. Sedimentos na praia de Ponzos
Na praia de Ponzos hai evidencias de variacións no nivel do mar (antigas turbeiras na praia, ou
superficies de abrasión en zonas continentais).
Na área atópanse minerais pesados (grans de área escuros ou negros).
122. No litoral de Ferrol hai
numerosos puntos de
interese xeolóxico polos
que facer roteiros de
enorme valor científico á
vez que gozamos da
paisaxe.
123. Un XEOPARQUE é un territorio cun patrimonio xeolóxico de relevancia internacional e cun alto valor
para o coñecemento da historia da Terra. A súa creación busca conservar, divulgar e poñer en valor a
riqueza xeolóxica como base para un desenvolvemento sustentable das áreas onde se asentan, neste
caso 630 Km2 de territorio que, en boa parte, forma parte do chamado Complexo Xeolóxico do Cabo
Ortegal. O distintivo do xeoparque ten que ser aprobado pola UNESCO
A creación do Xeoparque “Cabo Ortegal” é unha proposta que partiu da Asociación de Amigos do
Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal (creada en 2015), e do xeólogo Francisco Canosa, que levan tempo
facendo un importante traballo de divulgación desta área.
Na actualidade a iniciativa está promovida polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San
Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño. En 2018 creouse unha Comunidade Intermunicipal entre os
concellos e a Deputación da Coruña, (presidido cada dou anos por un concello).
124. VALOR BIOLÓXICO
No litoral de Ferrol podemos atopar unha grande variedade de ecosistemas e hábitats,
esteiros, lameiros, costa rochosa abrigada e protexida, areais, dunas, furnas, pozas mareáis,
lagoas, brañas… o que da lugar a una enorme biodiversidade.
127. Plantas nas dunas e marismas de San Xurxo
Nas dunas podemos atopar Limonium binervosum, feo, amores pequenos, melga de mar, Ononis diffusa
subsp. intermedia, correola de praia, paxariños amarelos, espigadilla do mar, carrascas de San Xoán,
cebola das gaivotas, Antirrhinum majus subsp. linkianum, orquídeas…
128. Feo da Praia (Ammophila arenaria), coas súas longas raíces e rizomas suxeita a area das dunas
129. Praia de Santa Comba: cardos mariños, leiteiras, feos...
131. Na parte alta dos cantís domina o
mato de toxos e breixos mesturados
con cardos, Leucanthemum, Silene,
Rumex... e na parte baixa (nas fendas
das rochas) herba de namorar, pirixel
do mar fento mariño... e, apegados
ás rochas, liques.
Herba de namorar
132. A lagoa de Doniños está considerada unha zona húmida con importancia nacional polas formacións
vexetais acuáticas. As especies máis destacadas dentro da lagoa son a Chara fragifera, Ceratophyllum
demersum, ouca (Ranunculus aquatilis), espigas de auga (Potamogeton natans, P. perfoliatus e P.
polygonifolius), ambroíño de río (Nymphaea alba)... Nas beiras atópanse sobre todo xuncos, cyperus,
carrizos, salgueiros e amieiras. Nas dunas e praias consérvase unha variada flora psamófila.
134. Nas marxes da lagoa de Doniños aniña a galiñola negra, o mergullón pequeno, a galiña de río e o
lavanco real. Durante a época invernal aumenta considerablemente a cantidade e variedade de
aves (mariñas, anátidas e limícolas).
Galiñola negra
(Fulica atra)
141. LIC “Costa Ártabra”
Ao norte da
provincia da Coruña,
nas comarcas de
Ferrol e Ortegal.
VALORES NATURAIS:
paisaxe, formacións
xeolóxicas, rochas,
flora e fauna.
Antirrhinum majus, unha planta que só
se atopa nas praias desta zona e está en
perigo de extinción.
142. ZEPA COSTA DE FERROLTERRA – VALDOVIÑO
CONCELLOS:
Ferrol, Narón, Valdoviño
Corvo mariño
147. Un percorrido en coche
pola costa de Ferrol para
coñecer os puntos de
maior interese.
56 km + camiñadas.
148. PROBLEMAS/AGRESIÓNS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre os seres vivos; especies invasoras
-Contaminación
149. Herba do cóitelo (Carpobrotus edulis) unha planta invasora de orixe surafricana