MIÑO
A costa
O concello de Miño está situado na
marxe dereita da ría de Betanzos,
nun territorio que forma parte das
Mariñas. O río Baxoi é o principal
curso fluvial do concello e o
Lambre fai de linde polo sur. A
costa alterna amplos areais
protexidos con zonas rochosas de
pouca altura.
As principais actividades son os
servizos, en especial o turismo, a
agrogandaría, a pesca e o
marisqueo.
O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla
boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas.
O elemento máis destacado é a praia Grande e a súa frecha na que se amorea a area coa
que o mar quere pechar a saída do río Baxoi e a forza coa que a corrente do río se abre paso.
RÍA DE BETANZOS
Mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos
ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os materiais transportados
polo río Mandeo. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torrella, é máis amplo e conflúe
coa ría de Ares. As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona
marisqueira.
Ría de Betanzos desde a praia Grande de Miño
PROTECCIÓNS
-LIC/ZEC “Betanzos-Mandeo”.
-LIC/ZEC “Esteiro do Baxoi”: está proposto e pendente de aprobación.
Esteiro do río Baxoi
1- Illa do Carbón
2-Praia de San Pedro (Perbes)
Praia de San Pedro (Perbes)
Praia de San Pedro (Perbes)
Praia de San Pedro (Perbes)
Praia de San Pedro (Perbes)
3-Praia de Marín
Praia de Marín
4-Punta do Toxo
Punta
do Toxo
5-Punta Redonda
6-Praia do Lago
Praia do Lago
7-Río Xarío
8-Praia Grande de Miño
Enseada de Bañobre
Praia Grande de Miño (1.360 m), formada sobre a frecha que pecha o esteiro do río Baxoi.
Miño é un dos centros de veraneo máis importantes de Galiza.
Praia Grande de Miño
Praia Grande de Miño
Punta do Río de Bañobre desde a praia Grande de Miño
Punta do Río de Bañobre
9-Esteiro do río Baxoi
O Baxoi fórmase cos ríos Anduriña e Vilariño que nacen en Monfero, na serra do
Queixeiro. Desemboca en Miño orixinando, en acción conxunta co mar, unha frecha de
area que forma a praia Grande de Miño.
Esteiro do río Baxoi
Esteiro do río Baxoi
Esteiro do río Baxoi
10-Punta Satareixas
10-Punta Satareixas
11-MIÑO. Porto.
MIÑO: porto e praia
12-Praia Pequena de Miño, de Sumiño ou da Ribeira
Praia Pequena de Miño. No inverno as praias próximas ás desembocaduras dos ríos quedan cubertas
polos materiais arrastrados polas correntes, maiormente follas secas e restos de madeira.
Praia Pequena de Miño, de Sumiño ou da Ribeira
Praia Pequena de Miño, de Sumiño ou da Ribeira
Punta Sumiño e ao fondo a punta Xurelos
13-Punta Sumiño
Cantís entre as puntas Sumiño e do Gafo coa marea baixa
14-Punta do Gafo
15-Praia da Alameda. Conserva un bo sistema dunar.
Ponte do Porco e desembocadura do Lambre
Ponte do Porco
16-Esteiro do río Lambre
O RÍO LAMBRE nace no Monte da Pena da Uz (Monfero) e desemboca na Ponte do Porco
facendo fronteira entre os concellos Miño e Paderne.
VALOR XEOLÓXICO
O litoral de Miño está formado por
xistos nos que aparecen dobras e fallas.
Nas desembocaduras dos ríos fórmanse
barras e areais.
Cantís entre as puntas Sumiño e do Gafo
Cantís de Bañobre
Areais na desembocadura do Lambre
VALOR BIOLÓXICO
No litoral de Miño podemos atopar distintos ecosistemas e hábitats: esteiros, lameiros, costa
rochosa, areais… cunha grande biodiversidade.
Esteiro do río Baxoi
Nos esteiros e marismas atópanse
plantas adaptadas ás augas salobres:
sebas, xuncos, salicornias, verdoaga
mariña, acelga salgada, herba das
anduriñas...
Nos areais hai unha interesante vexetación de dunas e praia: feo da praia, linarias, correolas,
cardos mariños, alhelí das praias, rabo de lebre, Reichardia gaditana...
Spartina maritima e verdello no esteiro
Reichardia gaditana. Só se atopa en praias pouco alteradas.
Correola mariña (Calystegia soldanella)
Bocho (Fucus vesiculosus)
Na área mariña aparecen algas apegadas ás rochas e ao fondos mariños.
Os esteiros e marismas acollen unha importante
representación de aves acuáticas: garza,
garzota, picapeixes, gabita, gaivotas
(patiamarela, chorona e escura), mazarico
(galego e curlí), píllara real, lavanco real, pato
cincento, pato asubión, corvo mariño real...
Garza real (Ardea cinerea)
Limícolas
LIC/ZEC “Betanzos-Mandeo”
No concello de Miño protexe o tramo entre a desembocadura do Lambre e a praia da
Ribeira, unha área de cantís co fondo areoso na que quedan ao descuberto amplos areais
ao devalar a marea.
Cantís entre as puntas Sumiño e do Gafo
LIC/ZEC “Esteiro do Baxoi” (pendente de aprobación): Inclúe o tramo final do río Baxoi
desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia
Grande de Miño.
Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
Esteiro do río Baxoi
USOS/APROVEITAMENTO
-Pesca, marisqueo
-Turismo, lecer e deportes
pePorto de Miño
Praia Grande de Miño
CAMIÑANDO POLO
LITORAL DE MIÑO
Parte pola beira dos cantís
e un bo tramo pola praia,
mellor aproveitando a
marea baixa.
PERCORRIDO
10 km (lineal) a pé
PROBLEMAS/AGRESIÓNS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Eucaliptos e acacias na beira do mar
Ostra rizada, ostra xaponesa, ostra do Pacífico, ostra portuguesa ou ostión (Cassostrea gigas), unha
especie de ostra procedente dos mares de Xapón, China e Corea, e que debido á súa boa adaptación e ao
seu rápido crecemento, converteuse nunha especie invasora das rías do norte de Galiza.
Adela Leiro, Mon Daporta
Novembro 2020

Miño, A Costa