Vilagarcía da Arousa está situada ao norte da comarca do Salnés, no fondo da ría de Arousa, en parte no esteiro do Ulla. Ten unha costa típica de fondo de ría, baixa e recortada, na que se suceden puntas, areais e lameiros nos pequenos esteiros dos regos que baixan dos montes que a rodean (Xiabre e Lobeira). Destaca a presenza das illas de Cortegada e as Malveiras e os lombos da desembocadura do Ulla, que son importantes bancos marisqueiros. Unha parte importante do litoral está ocupada polas áreas portuarias.
O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Bergondo está situado na marxe esquerda da ría de Betanzos, e na beira do río Mandeo que forma un extenso esteiro de grande valor medioambiental. A costa ocupa o fondo da ría e está formada por extensos areais (praias de Gandarío, O Regueiro, A Cabana e O Pedrido) e cantís de escasa altura.

O concello de Nigrán está situado no extremo sur da ría de Vigo. O litoral é un espazo formado por dous amplos seos, que acollen no seu fondo extensos areais, os promontorios que os limitan, e a beira norte do esteiro do río Miñor; en conxunto unha zona case chan a non ser nos perímetros de Monteferro, onde hai cantís de máis de 50 m, do monte Lourido e as beiras rochosas das illas Estelas.
As principais actividades son a industria, os servizos, o marisqueo e pesca.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O litoral do concello de Cee ten tres partes diferenciadas e separadas, dúas protexidas na ría de Corcubión e no seo de Fisterra, e outra exposta na costa da Morte. A de maior lonxitude e a da ría de Corcubión da que ocupa o fondo e toda a banda esquerda que se prolonga cara a enseada do Ézaro. No seo de Fisterra hai un pequeno tramo de cantís e a praia de Estorde e na costa exterior (Costa da Morte) unha sucesión de cantís e coídos e a ría de Lires.
É un litoral de enorme valor paisaxístico, xeolóxico e biolóxico que alterna zonas moi humanizadas e intensamente ocupadas con outras totalmente naturais.
A costa de Rianxo atópase na banda norte da Ría de Arousa e abrangue parte do esteiro do Ulla. É unha costa pouco exposta, con numerosos abrigos, seos e esteiros que alterna pequenas praias e rochedos de pouca altura nas que se forman hábitats de grande interese biolóxico. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
O concello de Paderne está situado na marxe dereita da ría de Betanzos. A liña costeira vai desde o esteiro do Mandeo ata o do Lambre e alterna pequenas áreas de rochas e cantís de pouca altura con extensos areais protexidos.
O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas. O elemento máis destacado é a praia Grande e a súa frecha na que se amorea a area coa que o mar quere pechar a saída do río Baxoi e a forza coa que a corrente do río se abre paso.
Litoral do concello de Cariño, entre os cantís da serra da Capelada e a ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Cabo Ortegal" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
O concello de Marín está situado na zona central a península do Morrazo, na banda sur da ría de Pontevedra. Conta con 10 km de costa que limitan o concello polo noroeste e na que alternan seos, praias e cantís.
As principais actividades son as pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar. Na cidade de Marín atópase un importante porto pesqueiro e comercial.
Acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, mámoas, restos romanos, salgas, portos tradicionais, igrexas, hórreos, pazos, muíños...
Concellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
A costa de Boiro forma parte da banda norte da Ría de Arousa. É unha costa abrigada, con fermosas praias orientadas ao sur que alternan con rochedos e esteiros. Os ríos máis importantes son o Beluso, Grande e Coroño. Acolle áreas de enorme importancia biolóxica e bancos marisqueiros moi produtivos e conserva interesantes mostras arquelóxicas (castros, dolmes), histórico-artísticas (igrexas, cruceiros) e etnográficas (hórreos, portos, oficios e embarcacións tradicionais…).
O concello de Meaño ten un pequeno tramo de litoral (1,4 km), na parroquia de Dena, que fai parte do Seo do Umia (espazo protexido), na ría da Arousa. Esténdese entre o rego do Francón, compartido co concello de Cambados, e a desembocadura do rego Trilleiro, linde co concello de Sanxenxo.
O elemento máis destacado é o río da Chanca e o esteiro da súa desembocadura.
O concello de Pontevedra conta cuns pequenos tramos de costa no fondo das rías de Pontevedra (5,5 km) e Vigo (1,2 km). É un litoral maiormente areoso ou lamacento con pequenos tramos rochosos de pouca altura e algún illote. Son áreas de enorme importancia biolóxica que acollen un grande número de aves acuáticas, sobre todo no inverno. Nos areais hai importantes zonas de marisqueo.
Pontevedra é un concello que acolle importantes valores histórico-artísticos, centrados sobre todo no casco antigo da cidade, un dos mellor conservados de Galiza. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e o turismo.
O concello de Bueu está situado no extremo da banda sur da ría de Pontevedra e inclúe as illas de Ons, Onza e Centoleiro. Ten unha importante fachada costeira, o norte na ría de Pontevedra e o leste na de Aldán, cunha costa moi recortada e diversa, con zonas abrigadas e expostas, areais, praias, rochedos e cantís.
Acolle importantes valores naturais, asociados aos ecosistemas costeiros protexidos. O patrimonio cultural está representado por igrexas, pazos, cruceiros, hórreos, muíños, peiraos e embarcacións tradicionais, salgas...
Un litoral dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexido nos LICs/ZECs "Río Ouro" e "Ría de Foz-Masma", e como Lugar de Interese Xeolóxico Internacional
O concello de Outes está situado na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre facendo linde polo sur. A costa é abrigada e está ocupada por amplas áreas de marismas nos esteiros dos ríos (Tambre, Entíns, Bendimón...), algúns areais, e zonas de cantís de pouca altura. Acolle importantes bancos marisqueiros. As principais actividades son os servizos, a industria (estaleiros, serradoiros...), a pesca, o marisqueo e a agricultura. Conta con áreas de grande interese natural e conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados localmente moas), cruceiros, igrexas...
A costa de Soutomaior é abrigada, baixa, recortada e rochosa; de augas pouco profundas na que quedan grandes áreas ao descuberto coa marea baixa que son lugares de cría para diferentes clases de moluscos e zonas de abrigo e descanso para moitas aves acuáticas e limícolas.
As principais actividades do concello son o sector dos servizos, a industria, a acuicultura, o marisqueo e o cultivo da viña.
CONCELLOS: Porto do Son e Ribeira (A Coruña)
Inclúe o tramo costeiro entre a Punta do Castro (Porto do Son) e a Punta do Francés, no Cabo Corrubedo; a costa desde o comezo da praia Ladeira ata a Punta Falcoeiro e as illas da boca da ría de Arousa ata o arquipélago de Sálvora, así como as áreas mariñas próximas o e sistema dunar e húmido de Corrubedo e as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro ou Basoñas.
É un espazo cun grande valor ecolóxico, paisaxístico e histórico-etnográfico.

A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
A ría de Cedeira ábrese entre as puntas Ardillosa e Chirlateira.
Unha costa dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico protexida no LIC/ZEC “Costa Ártabra”, no Lugar de Interese Xeolóxico Internacional “Cabo Ortegal” e como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro.
O concello de Cambados atópase á beira da ría de Arousa, no centro da comarca do Salnés. Ten 17 km de litoral (sen contar as illas) e a súa maior parte está no esteiro do Umia (espazo con varias figuras de protección). É unha costa abrigada e recortada que alterna areais, rochedos, pequenas praias e esteiros; de augas calmas e de pouca profundidade e grandes áreas que quedan en seco coa marea baixa, que acollen ricos bancos marisqueiros.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNmonadela
CONCELLOS: Ribeira (A Coruña)
Formado por un areal de 4 km de lonxitude limitado por cantís rochosos nos seus extremos; a marisma do Carregal, a lagoa de Vixán e un amplo sistema de dunas móbiles e fixas. Un espazo dun grande interese paisaxístico, ecolóxico e histórico-etnográfico.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
O concello da Guarda está situado no extremo SO de Galiza, cunha parte na costa do Arco Miniano-Duriense, cara ao mar aberto e outra no esteiro do río Miño, con Portugal na outra banda.
A costa atlántica da Guarda é rectilínea, rochosa, exposta, con dous seos na parte central que acollen a localidade e os únicos areais costeiros da contorna. A ribeira do Miño, entre a desembocadura e a Pasaxe, é unha costa baixa e areosa na que os areais perden extensión e amplitude canto máis se adentran no esteiro.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo . Ademais dos valores naturais A Guarda conta cun importante patrimonio histórico e etnográfico.
Situada entre a punta de Couso (praia de Couso) e Cabo Home. Inclúe a Punta do Couso, os cantís da costa da Vela, o Cabo Home, as praias de Melide, Barra e Nerga, e o espazo marítimo fronte á costa da vela.
É un espazo mariño/costeiro de grandes cantís e fermosos areais cun grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e etnográfico.
CONCELLOS: Cangas
O concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
Abrangue a zona comprendida entre a praia do Eirón en Espasante e a Punta Almeiro en Bares, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña).
A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón.
É unha área de grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico.
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
A comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso caudal.
Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña
Neste espazo está incluída a parte oriental da ría do Barqueiro, a zona exterior da ría de Viveiro e a costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe tamén as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...).
Concellos: Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove (Lugo).
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
Rías da Costa Átártabra nos concellos de Ares, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Sada e Oleiros. Ábrense entre as puntas Coitelada (Ares) e Torrella (Oleiros). Pódense considerar dúas rías que comparten unha boca común, aínda que cada unha delas ten as súas propias características.
O concello de Pontedeume está situado na banda sur da ría de Ares e unha pequena parte na de Betanzos. A costa esténdese desde a desembocadura do Eume ata a praia de Andaío.
O litoral está marcado por un relevo que, a non ser na vila e no esteiro, logo acada os 50 m de altitude e está moi próximo ou por enriba dos 20 m en case toda a liña de costa.
O concello de Cabanas está situado na marxe dereita da ría de Ares á beira do río Eume. O litoral ten dúas partes de características totalmente diferentes: unha a frecha da desembocadura do Eume e a coñecida praia que se asenta nela, e a outra de cantís moi recortados de ata 20 m de altura.
Litoral entre o cabo Prioriño e a punta da Coitelada, unha ría moi poboada e cunha intensa actividade industrial. De enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexida en parte no LIC/ZEC "Costa
2. O litoral de Mugardos atópase case todo na beira sur da área interior, protexida, da ría de
Ferrol. Está formado por tramos de paredes de pouca altura nas que sobresaen varias
puntas, pequenos seos e varios esteiros de regos que teñen case todo o seu curso no
propio concello; as praias, polo pouco desnivel e a falta de ríos ou ondada que acheguen
material para a súa formación, son escasas e de pouco interese a non ser a da Bestarruza,
rexenerada con aportes artificiais.
4. RÍA DE FERROL. Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur.
Acada 17 km de lonxitude e 2 km de largura media. É unha ría con dúas partes ben definidas:
unha canle de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varias
enseadas. Na parte interior ten unha grande acumulación de sedimentos lamacentos. O río
principal é o Grande de Xuvia. As rochas dominantes son granitos na zona da boca e xistos
no interior. É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está densamente poboada e con
moita actividade industrial.
Ría de Ferrol desde o Monte Faro
5. Canle de entrada da ría de Ferrol, de 3 km de lonxitude e 500 m de largura, flanqueada por
rochas graníticas. O acceso á parte interior da ría estaba protexido polos castelos de San
Felipe en Ferrol e A Palma en Mugardos.
57. Antes de chegar á Redonda hai un desvío á esquerda que en pouco máis de 2 km nos leva
ao monte Faro e ao miradoiro da Bailadora (no concello de Ares) desde onde podemos
gozar de unhas espectaculares panorámicas de Mugardos e da ría de Ferrol.
58. A maior parte do litoral de Mugardos está formado por xistos e a partir da punta da
Redonda aparecen granitos.
VALOR XEOLÓXICO
MAPA
LITOLÓXICO
MUGARDOS
61. VALOR BIOLÓXICO
No litoral de Mugardos podemos atopar variedade de ecosistemas e hábitats: esteiros,
lameiros, costa rochosa abrigada, areais … Destaca a presenza de especies que viven nos
fondos de área e lama (moluscos, vermes) e a aves acuáticas .
Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
67. LIC “Costa Ártabra”
Ao norte da
provincia da Coruña,
nas comarcas de
Ferrol e Ortegal.
VALORES NATURAIS:
paisaxe, formacións
xeolóxicas, rochas,
flora e fauna.
No concello de
Mugardos inclúe un
pequeno tramo
desde a punta da
Palma.
70. Podemos coñecer o concello de Mugardos facendo unha primeira aproximación
en coche con paradas puntuais e pequenas camiñadas ou todo a pé.
Percorrido: uns 12 km (lineal)