Prosperidade económica. Cidades-Estadoitalianas. Estas cidades eran
independentes sen depender de ningún goberno central. A existencia destas
cidades-estado, cun nivel de riqueza comercial moi elevado e a súa proximidade
ao pasado antigo permítenos comprender as causas polas que o Renacemento
xurdíu na Península italiana antes que no resto de Europa.
5.
Erasmo de Rotterdam
Homevitruviano de Leonardo da Vinci. 1521
Como movemento cultural, o Renacemento baséase nos valores do home e supón
un rexurdir, unha volta aos presupostos daquela cultura que ata o momento
máis se preocupou do home: a cultura clásica. Os intelectuais do Renacemento,
os humanistas, preocúpanse por voltar ás fontes do saber grecorromano a
través dos seus textos, descubrindo de novo aos grandes pensadores clásicos e
con eles a súa preocupación básica: o home. Segundo a crenza clásica, retomada
polos renacentistas, o home é un modelo de beleza e proporción, porque encaixa
nas formas xeométricas perfectas: o cadrado e o círculo
6.
Dada a saneadaposición económica destas cidades, tanto os
nobres como os burgueses adiñeirados e os gobernadores destas
(sexan príncipes, duques ou papas), poden gastar grandes sumas de
diñeiro en obras de arte, na compra e copia de manuscritos e na
fundación de bibliotecas. Son homes que patrocinan a educación e
as artes, son os mecenas, que gustan de rodearse dos mellores
pensadores e artistas.
En cidades como Milán, Mantua, Ferrara, Urbino ou Nápoles, os
mecenas son os propios príncipes gobernantes. O duque da cidade
de Urbino, Federico de Montefeltro, é un bo exemplo deste tipo de
mecenas.
Nas cidades coa república como sistema de goberno, por exemplo
Venecia ou Florencia, non hai un só mecenas, senón que aparecen
varios ligados ás familias máis poderosas, competindo en influencia
e riqueza. Os Médici, os Strozzi ou os Rucellai exercen o mecenado
da República de Florencia.
OS MECENAS
7.
Roger van derWeyden.
Piedade (Gótico flamenco)
Os donantes ou mecenas (é dicir as persoas que patrocinan e protexen
ao artista) en moitas ocasións son incorporados á obra.
8.
Características xerais daarquitectura do Quattrocento:
Emprego dos elementos construtivos e decorativos
clásicos pero agora, cunha total liberdade.
Arquitectos:
Brunelleschi: mestura todos os elementos clásicos, intenta
conseguir unha obra fermosa a partir da relación harmónica
das partes entre si e de cada unha delas co conxunto.
Destaca o uso das proporcións. Crea o novo tipo de palacio
renacentista.
Alberti: teórico da arquitectura. Cría que a fonte da
beleza era a proporción. Estableceu un novo modelo de
palacio.
Brunelleschi. Basílica deSan Lourenzo
Igrexa de cruz latina con tres naves separadas por columnas con
capiteis corintios. A planta, totalmente simétrica, articúlase en tres
naves e transepto delimitados por unha escalinata de tres chanzos que
lles dá acceso ás capelas que percorren o perímetro do edificio.
Brunelleschi. Hospital dosInocentes
O pórtico esténdese ao longo de nove arcos de medio punto,
sustentados por columnas corintias.
17.
Alberti. Igrexa deSanta María
Novella en Florencia.
Giovani Rucellai encargou a Alberti
a finalización da fachada da igrexa.
O arquitecto respetou a parte baixa
e trazou o sector máis alto da
planta baixa, así como o corpo
superior, que oculta a nave central,
ao que dotou dun frontón. Amplas
volutas constitúen a transición
entre a nave central e a cuberta
dos espazos laterais.
19.
San Andrés deMantua. Planta e fachada proxectada por Alberti
Planta de cruz latina e unha soa nave
20.
Alberti. Templo deSan Andrés de Mantua
Fachada dividida en tres corpos coa peculiaridade de que no central adóptase
a forma de arco de triunfo romano. Está rematada por un frontón, tamén de
tipo clásico, e coronada por un arco.
21.
Alberti. San Andrésde Mantua, interior
Obsérvase a bóveda de canón. A cúpula e toda a decoración de
grutescos non figuraba no proxecto inicial. Nos muros hai dous tipos
de pilastras: as maiores sosteñen un entaboamento do que parte a
bóveda principal, e nas menores apoianse os arcos e as bóvedas das
capelas.
22.
Alberti. Palacio Rucellaien Florencia
O extraordinario ritmo da fachada conseguíuse grazas á superposición
das ordes clásicas: pilastras dóricas na planta baixa, xónicas no
primeiro piso e corintias no segundo.
BramanteBramante. Templo deSan Pietro in Montorio. Roma. 1502
Quen realizou o encargo foron os Reis Católicos, o que indica que o
Renacemento comenzaba a espallarse, aínda que de modo lento, por Europa. Con
isto, querían conmemorar o martirio de San Pedro. Trátase dun edificio de
pequenas dimensións, tan só 4,5 m. de diámetro.
25.
Bramante. Proxecto dabasílica de San Pedro. Roma
O arquitecto non vai rematar o encargo papal, e á súa morte, Rafael,
artista máis coñecido como pintor que como arquitecto, faise cargo
da obra que acabará sendo modificada e rematada por Miguel Ángel.
26.
Miguel Ángel.
Planta dabasílica
de San Pedro.
Roma
1
2
3
A intervención de Miguel Ángel no proxecto de San Pedro consiste,
principalmente, en simplificar a planta, isto é, a idea xeral de Bramante,
quitando elementos accesorios que debilitaban a construción, pórticos e
aberturas que reducían a resistencia dos muros. En cambio, levantou a cúpula a
unha altura moito maior da que estaba proxectada.
27.
Miguel Ángel. Pilares.Basílica de San Pedro
Sobre un cinto da base da cúpula está inscrito o famoso mandato de
Cristo con letras que miden dous metros de altura: “Ti es Pedro e sobre
esta pedra edificarei a miña igrexa, e dareiche as chaves do ceo”.
Miguel ÁngelMiguel Ángel.Cúpula. Basílica de San Pedro
A cúpula atópase xusto sobre o altar maior e a tumba do apóstolo San Pedro
31.
Inmensa (42 mde diámetro e 131 de altura), elevada sobre pendentes e
cun grandioso tambor, a cúpula sostense principalmente sobre 4 robustos
pilares oitavados (1) que delimitan o espazo central. Tamén realizan a
función de contrarresto a maciza estrutura do tambor, caracterizada polo
trazado cóncavo-convexo dos ábsides (2) e, á maneira bizantina, catro
cúpulas (3) adxacentes.
COMENTARIO ARQUITECTURA: LIÑASBÁSICAS
1. ANÁLISE FORMAL
-Material utilizado e función do edificio (Relixiosa ou civil)
2. DESCRICIÓN
-Descrición detallada do que se ve na fotografía:
-Soportes (muros, columnas ou piares, arcos, etc..)
-Cubertas (alinteladas ou abovedadas)
-Formas arquitéctonicas (Tamaño, distribución do
espazo, elementos decorativos)
3. ASPECTOS ARTÍSTICOS E CULTURAIS
-Identificar a obra, o autor (se existe), época e contextualizar
a obra dentro do estilo ao cal pertence (características xerais
e algún exemplo similar)
37.
COMENTARIO DA IMAXE
Temosa imaxe dun edificio feito de diferentes materiais como a pedra, ladrillo
e mármore cunha función claramente civil, pois é unha residencia privada.
No que observamos no exterior é que presenta un perfil idéntico nas catro
fachadas, cada unha delas articúlase a partir dunhas profundas escalinatas que
conducen a un pórtico de seis columnas de orde xónica e frontón triangular, rematado
cunha estatua en cada un dos seus vértices.
No centro do edificio álzase unha cúpula que cobre a sala circular central da
mansión.
Situada sobre un pequeno montículo no medio do campo, as súas catro
fachadas oriéntanse aos catro puntos cardinais. Esta disposición permítelles aos seus
propietarios que desde a planta nobre se poida aproveitar ao máximo a vista privilexiada
do contorno natural que a rodea.
Esta obra é a Vila Capra, tamén coñecida popularmente co nome de a
Rotonda, debido á espectacular sala circular central, cuberta por unha gran cúpula
semiesférica que alterou o deseño orixinal do arquitecto que ideou este edificio, que era
Andrea Palladio.
Seguindo os principios renacentistas, Palladio entre os anos 1551-53 deseña
esta obra retomando o estilo arquitectónico dos templos romanos. A partires de este
momento aplica estas ideas nas súas edificacións civís, iniciando a recuperación das
antigas vilas romanas, luxosas residencias campestres afastadas da urbe.