A PROSPERIDADE AMERICANA
Estados Unidos saíu moi beneficiado da I Guerra
Mundial. Ao rematar a guerra, Estados Unidos
convertérase na primeira potencia económica mundial.
A súa produción agrícola era moi elevada e a
industrial representaba o 44,8% da produción
mundial.
Ademáis, moitos países de Europa estaban
endebedados con Estados Unidos como consecuencia
dos empréstitos de guerra
O crecemento americano prolongouse durante os dez
anos posteriores á guerra: foi a década da “prosperidade” e
da consolidación dun modo de vida baseado no
consumismo.
A expansión de Estados Unidos baseouse nunha fonda
transformación no proceso de produción de bens,
dominado pola innovación técnica.
O taylorismo e o fordismo contribuíron a incrementar a
produtividade e a reducir custos.
Iniciouse a era do consumo de masas.
A prosperidade reflectiuse nun grande auxe da Bolsa. A
euforia bolsista xerou unha gran burbulla especulativa.
Lake Michigan (1925)
Bailarinas de Charleston
Harold Lloyd, O Home mosca
Skyline de Nova Iorque
A CRISE DA SUPERPRODUCIÓN
A prosperidade non beneficiou a todos por igual e produciuse
unha crise.
Os campesiños foron os primeiros prexudicados xa que durante
a I Guerra Mundial se endebedaran para adquirir novas terras e
máquinas para aumentar a produción.
Rematado o conflito, as exportacións diminuíron e o mercado
americano non podía absorber toda a produción.
Ante o aumento da oferta, os stocks acumuláronse, os prezos
baixaron e os campesiños non puideron devolver os préstamos.
Na industria aconteceu un fenómeno semellante.
O CRACK BURSÁTIL (1929)
O 24 de outubro de 1929 unha grande ondada vendedora
afectou á Bolsa de Nova York. A grande oferta de accións fixo
que o seu valor caese en picado, ocasionando o “crac” bolsista
do 29.
Moitos investidores arruináronse e os cidadáns acudiron aos
bancos para retirar o seu diñeiro. Estes tiveron que pechar. O
“crac” da bolsa precipitou a creba de moitos bancos.
En poucos anos, produciuse unha recesión económica
xeneralizada (Gran Depresión).
O consumo diminuíu e moitas fábricas pecharon.
Desde Estados Unidos, a crise estendeuse ao resto do mundo.
Xornal da época
Cotizacións en Wall
Street (1924-1933)
Manifestación de
parados
(Chicago, 1931)
A LOITA CONTRA A CRISE: O NEW
DEAL
En 1932 gañou as eleccións Roosevelt, que propoñía un
programa para favorecer a recuperación económica do
país.
Foi o chamado New Deal, que defendía a intervención do
Estado para reactivar a economía.
As medidas económicas que se propuxeron foron axudas
ás empresas, destrución dos stocks agrícolas acumulados,
etc. O Estado estableceu un control sobre os bancos.
Entre as reformas sociais impulsouse un gran plan de
obras públicas, unha política de apoio aos prezos agrícolas,
etc.
Produciuse un relanzamento da economía
Franklin D.
Roosevelt
A II GUERRA MUNDIAL
(1939-1945)
A CONSOLIDACIÓN DO ESTADO NAZI
En 1934, os nazis transformaron Alemaña nunha ditadura.
Disolvéronse os partidos e sindicatos, clausurouse o
Parlamento e iniciouse a persecución dos opositores.
Unicamente quedou autorizado o partido nazi.
Desde o punto de vista social, o Estado nazi aspiraba a
unha cohesión total da sociedade alemá, baseada na
superioridade da raza aria e na ideoloxía
nacionalsocialista.
O nazismo outorgáballe á muller un papel social moi
marxinal.
O Estado alemán converteuse nun Estado policíaco
que impuxo o seu réxime por medio do terror.
Perseguíase calquera tipo de oposición mediante uns
corpos policiais (as Seccións de Seguridade e a
GESTAPO).
O mantemento da pureza racial da sociedade alemá
implicou a persecución dos xudeus.
A partir de 1933, creáronse os campos de
concentración para recluir os opositores e inimigos do
Reich.
Desde un punto de vista económico, o III Reich propúxose
promover un relanzamento que fixese de Alemaña unha
potencia económica mundial.
A política económica nazi respondía aos proxectos
militaristas e expansionistas de Hitler.
O Estado nazi exerceu un forte dirixismo económico, que
quería conseguir a autarquía económica e converter
Alemaña nun Estado autosuficiente.
Hitler iniciou unha política militarista: reforzou o exército.
Hitler sentiuse preparado para a construción dun grande
imperio e a conquista do “espazo vital” ao leste de Europa
AS CAUSAS DO CONFLITO
O Tratado de Versalles non creou un clima de
reconciliación senón un clima de resentimento entre
nacións. Alemaña e Italia non aceptaron as imposicións de
Versalles.
A crise do 29 creou un contexto de depresión que
favoreceu os fascismos.
Mussolini, en Italia, e Hitler, en Alemaña, desenvolveron
unha política exterior agresiva que se xustificaba por
necesidades económicas ou por prestixio histórico.
Ante a política agresiva dos réximes autoritarios, as
democracias non interviñeron nos problemas do mundo.
O CAMIÑO CARA Á GUERRA
Desde comezos da década de 1930, os Estados autoritarios
impulsaron agresións bélicas cara a outros países:
En Asia, Xapón buscaba ampliar os seus territorios a costa de
China. En 1937 iniciou a invasión da China.
En África, en 1935, Italia ocupou Etiopía. En Europa, invadiu
Albania.
Italia e Alemaña interviñeron na Guerra Civil española,
facilitándolles soldados e armamento aos militares
sublevados.
Alemaña desenvolveu unha política de expansión territorial
coa idea de crear un grande imperio.
Expansionismo
xaponés en Asia
Esta política expansionista apoiouse en tratados
internacionais de apoio mutuo.
En 1936, Alemaña asinou unha alianza con Italia, coñecida
como o Eixe Roma-Berlín. Esta renovouse en 1939 co nome
de Pacto de Aceiro.
Alemaña asinou con Xapón o Pacto Antikomintern en 1936.
Francia e Gran Bretaña mantivéronse á marxe destas
alianzas.
Para evitar que a URSS se aliase con Francia e Gran Bretaña
para axudar a Polonia, Hitler asinou con Stalin o Pacto
Xermano-Soviético.
AS VITORIAS DO EIXE (1939-42)
Coa invasión de Polonia, Hitler iniciou a guerra lóstrego,
que permitiu o ataque sorpresa e avanzar con rapidez.
Polonia afundiuse e o país dividiuse entre Alemaña e a
URSS.
En 1940, os exércitos alemáns invadiron a meirande parte
de Europa Occidental.
A aviación alemá bombardeou os portos e cidades
británicos: foi a Batalla de Inglaterra.
Hitler desencadeou a Batalla do Atlántico para
bloquear as Illas Británicas.
En 1941, coa Operación Barbarrosa atacou Rusia.
A ocupación nazi tiña como obxectivo o sometemento dos
territorios europeos en beneficio de Alemaña.
En función disto, os nazis organizaron os territorios
conquistados en rexións incorporadas ao Reich, rexións
colonizadas e Estados satélites.
A ocupación significou tamén a extensión do terror e a
represión sobre a poboción sometida. Os alemáns
atoparon colaboracionistas entre a poboación civil.
A Gestapo e mais as SS implantaron un réxime de
violencia e terror sobre a poboación. A persecución foi
dura para os xudeus no chamado Holocausto.
O TRIUNFO ALIADO (1942-45)
En xuño de 1942, a situación da guerra virou cando a URSS e
Estados Unidos reforzaron os aliados.
Os estadounidenses frearon os xaponeses no Pacífico (Batalla
de Midway) e os británicos aos alemáns no Norte de África
(El-Alamein).
O primeiro gran fracaso de Hitler tivo lugar en Stalingrado.
A partir deste momento, os aliados comezaron a súa ofensiva.
Co desembarco estadounidense en Normandía (1944)
entraron en Europa moitos soldados. Os angloamericanos
avanzaron desde o Oeste e os rusos polo Leste.
Hitler suicidouse en 1945 e Alemaña capitulou.
AS CONFERENCIAS DE PAZ
Os tres grandes aliados (Gran Bretaña, Estados Unidos e a
URSS) reuníronse por primeira vez na Conferencia de
Teherán (1943).
A segunda conferencia foi a de Ialta (febreiro de 1945),
onde se decidiu a eliminación do réxime nazi en Alemaña.
A terceira conferencia foi a de Potsdam (agosto de 1945),
onde se estableceu a liña Oder-Neisse como a fronteira
entre Alemaña e Polonia.
Na Conferencia de París (1946) elaboráronse os tratados
de paz co resto de aliados de Alemaña.
A ONU (Organización das Nacións Unidas) fundouse na
Conferencia de San Francisco (1945) para substituír a
Sociedade de Nacións.
A nova organización contou con 46 Estados fundacionais e
o seu obxectivo era o mantemento da paz e da seguridade
internacional, así como a cooperación entre as nacións.
Na ONU, todos os Estados membros están representados
na Asemblea Xeral e para adoptar unha decisión é
necesaria unha maioría de dous terzos.
Tamén existe un Consello de Seguridade.

Crise e guerra

  • 2.
    A PROSPERIDADE AMERICANA EstadosUnidos saíu moi beneficiado da I Guerra Mundial. Ao rematar a guerra, Estados Unidos convertérase na primeira potencia económica mundial. A súa produción agrícola era moi elevada e a industrial representaba o 44,8% da produción mundial. Ademáis, moitos países de Europa estaban endebedados con Estados Unidos como consecuencia dos empréstitos de guerra
  • 4.
    O crecemento americanoprolongouse durante os dez anos posteriores á guerra: foi a década da “prosperidade” e da consolidación dun modo de vida baseado no consumismo. A expansión de Estados Unidos baseouse nunha fonda transformación no proceso de produción de bens, dominado pola innovación técnica. O taylorismo e o fordismo contribuíron a incrementar a produtividade e a reducir custos. Iniciouse a era do consumo de masas. A prosperidade reflectiuse nun grande auxe da Bolsa. A euforia bolsista xerou unha gran burbulla especulativa.
  • 5.
  • 6.
  • 7.
    Harold Lloyd, OHome mosca
  • 8.
  • 9.
    A CRISE DASUPERPRODUCIÓN A prosperidade non beneficiou a todos por igual e produciuse unha crise. Os campesiños foron os primeiros prexudicados xa que durante a I Guerra Mundial se endebedaran para adquirir novas terras e máquinas para aumentar a produción. Rematado o conflito, as exportacións diminuíron e o mercado americano non podía absorber toda a produción. Ante o aumento da oferta, os stocks acumuláronse, os prezos baixaron e os campesiños non puideron devolver os préstamos. Na industria aconteceu un fenómeno semellante.
  • 10.
    O CRACK BURSÁTIL(1929) O 24 de outubro de 1929 unha grande ondada vendedora afectou á Bolsa de Nova York. A grande oferta de accións fixo que o seu valor caese en picado, ocasionando o “crac” bolsista do 29. Moitos investidores arruináronse e os cidadáns acudiron aos bancos para retirar o seu diñeiro. Estes tiveron que pechar. O “crac” da bolsa precipitou a creba de moitos bancos. En poucos anos, produciuse unha recesión económica xeneralizada (Gran Depresión). O consumo diminuíu e moitas fábricas pecharon. Desde Estados Unidos, a crise estendeuse ao resto do mundo.
  • 11.
  • 12.
  • 15.
  • 16.
    A LOITA CONTRAA CRISE: O NEW DEAL En 1932 gañou as eleccións Roosevelt, que propoñía un programa para favorecer a recuperación económica do país. Foi o chamado New Deal, que defendía a intervención do Estado para reactivar a economía. As medidas económicas que se propuxeron foron axudas ás empresas, destrución dos stocks agrícolas acumulados, etc. O Estado estableceu un control sobre os bancos. Entre as reformas sociais impulsouse un gran plan de obras públicas, unha política de apoio aos prezos agrícolas, etc. Produciuse un relanzamento da economía
  • 17.
  • 19.
    A II GUERRAMUNDIAL (1939-1945)
  • 20.
    A CONSOLIDACIÓN DOESTADO NAZI En 1934, os nazis transformaron Alemaña nunha ditadura. Disolvéronse os partidos e sindicatos, clausurouse o Parlamento e iniciouse a persecución dos opositores. Unicamente quedou autorizado o partido nazi. Desde o punto de vista social, o Estado nazi aspiraba a unha cohesión total da sociedade alemá, baseada na superioridade da raza aria e na ideoloxía nacionalsocialista. O nazismo outorgáballe á muller un papel social moi marxinal.
  • 21.
    O Estado alemánconverteuse nun Estado policíaco que impuxo o seu réxime por medio do terror. Perseguíase calquera tipo de oposición mediante uns corpos policiais (as Seccións de Seguridade e a GESTAPO). O mantemento da pureza racial da sociedade alemá implicou a persecución dos xudeus. A partir de 1933, creáronse os campos de concentración para recluir os opositores e inimigos do Reich.
  • 24.
    Desde un puntode vista económico, o III Reich propúxose promover un relanzamento que fixese de Alemaña unha potencia económica mundial. A política económica nazi respondía aos proxectos militaristas e expansionistas de Hitler. O Estado nazi exerceu un forte dirixismo económico, que quería conseguir a autarquía económica e converter Alemaña nun Estado autosuficiente. Hitler iniciou unha política militarista: reforzou o exército. Hitler sentiuse preparado para a construción dun grande imperio e a conquista do “espazo vital” ao leste de Europa
  • 26.
    AS CAUSAS DOCONFLITO O Tratado de Versalles non creou un clima de reconciliación senón un clima de resentimento entre nacións. Alemaña e Italia non aceptaron as imposicións de Versalles. A crise do 29 creou un contexto de depresión que favoreceu os fascismos. Mussolini, en Italia, e Hitler, en Alemaña, desenvolveron unha política exterior agresiva que se xustificaba por necesidades económicas ou por prestixio histórico. Ante a política agresiva dos réximes autoritarios, as democracias non interviñeron nos problemas do mundo.
  • 27.
    O CAMIÑO CARAÁ GUERRA Desde comezos da década de 1930, os Estados autoritarios impulsaron agresións bélicas cara a outros países: En Asia, Xapón buscaba ampliar os seus territorios a costa de China. En 1937 iniciou a invasión da China. En África, en 1935, Italia ocupou Etiopía. En Europa, invadiu Albania. Italia e Alemaña interviñeron na Guerra Civil española, facilitándolles soldados e armamento aos militares sublevados. Alemaña desenvolveu unha política de expansión territorial coa idea de crear un grande imperio.
  • 28.
  • 29.
    Esta política expansionistaapoiouse en tratados internacionais de apoio mutuo. En 1936, Alemaña asinou unha alianza con Italia, coñecida como o Eixe Roma-Berlín. Esta renovouse en 1939 co nome de Pacto de Aceiro. Alemaña asinou con Xapón o Pacto Antikomintern en 1936. Francia e Gran Bretaña mantivéronse á marxe destas alianzas. Para evitar que a URSS se aliase con Francia e Gran Bretaña para axudar a Polonia, Hitler asinou con Stalin o Pacto Xermano-Soviético.
  • 31.
    AS VITORIAS DOEIXE (1939-42) Coa invasión de Polonia, Hitler iniciou a guerra lóstrego, que permitiu o ataque sorpresa e avanzar con rapidez. Polonia afundiuse e o país dividiuse entre Alemaña e a URSS. En 1940, os exércitos alemáns invadiron a meirande parte de Europa Occidental.
  • 32.
    A aviación alemábombardeou os portos e cidades británicos: foi a Batalla de Inglaterra. Hitler desencadeou a Batalla do Atlántico para bloquear as Illas Británicas. En 1941, coa Operación Barbarrosa atacou Rusia.
  • 33.
    A ocupación nazitiña como obxectivo o sometemento dos territorios europeos en beneficio de Alemaña. En función disto, os nazis organizaron os territorios conquistados en rexións incorporadas ao Reich, rexións colonizadas e Estados satélites. A ocupación significou tamén a extensión do terror e a represión sobre a poboción sometida. Os alemáns atoparon colaboracionistas entre a poboación civil. A Gestapo e mais as SS implantaron un réxime de violencia e terror sobre a poboación. A persecución foi dura para os xudeus no chamado Holocausto.
  • 35.
    O TRIUNFO ALIADO(1942-45) En xuño de 1942, a situación da guerra virou cando a URSS e Estados Unidos reforzaron os aliados. Os estadounidenses frearon os xaponeses no Pacífico (Batalla de Midway) e os británicos aos alemáns no Norte de África (El-Alamein). O primeiro gran fracaso de Hitler tivo lugar en Stalingrado. A partir deste momento, os aliados comezaron a súa ofensiva. Co desembarco estadounidense en Normandía (1944) entraron en Europa moitos soldados. Os angloamericanos avanzaron desde o Oeste e os rusos polo Leste. Hitler suicidouse en 1945 e Alemaña capitulou.
  • 36.
    AS CONFERENCIAS DEPAZ Os tres grandes aliados (Gran Bretaña, Estados Unidos e a URSS) reuníronse por primeira vez na Conferencia de Teherán (1943). A segunda conferencia foi a de Ialta (febreiro de 1945), onde se decidiu a eliminación do réxime nazi en Alemaña. A terceira conferencia foi a de Potsdam (agosto de 1945), onde se estableceu a liña Oder-Neisse como a fronteira entre Alemaña e Polonia. Na Conferencia de París (1946) elaboráronse os tratados de paz co resto de aliados de Alemaña.
  • 38.
    A ONU (Organizacióndas Nacións Unidas) fundouse na Conferencia de San Francisco (1945) para substituír a Sociedade de Nacións. A nova organización contou con 46 Estados fundacionais e o seu obxectivo era o mantemento da paz e da seguridade internacional, así como a cooperación entre as nacións. Na ONU, todos os Estados membros están representados na Asemblea Xeral e para adoptar unha decisión é necesaria unha maioría de dous terzos. Tamén existe un Consello de Seguridade.