SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
A CIENCIA E A ARTE DO BARROCO
1.- A REVOLUCIÓN CIENTÍFICA
● Enténdese por revolución científica ao conxunto de innovacións e descubrimentos que
no século XVII modificaron substancialmente as ciencias, especialmente a astronomía e a
física. Marcaron o inicio da ciencia moderna e provocaron un cambio radical de
perspectiva no pensamento e na concepción do mundo e do universo.
1.1. O método científico
● O método aplicado polos científicos e filósofos do século XVII caracterizouse por:
Confiar na capacidade da razón humana para comprender o universo e a
natureza sen ter que acudir a explicacións relixiosas, míticas ou máxicas.
Basearse na observación, na experimentación e nos cálculos e razoamentos
matemáticos como medios para coñecer a natureza e os seus fenómenos. Cada
idea nova debe ser sometida a un exame rigoroso e a dúbida metódica
(Descartes), investigada e comprobada por medio de observacións, experimentos
repetidos (Bacon), e análises matemáticos.
Inventar e construír instrumentos de precisión para realizar as observacións e
para controlar os experimentos tales como o telescopio, o microscopio, o
barómetro...
Defender a independencia e autonomía da ciencia, entendida como un
coñecemento que se xustifica por métodos propios e específicos, independentes
das crenzas relixiosas, das afirmacións teolóxicas e dos saberes baseados na
tradición popular.
1.2. Un novo concepto do universo
● Os científicos do século XVII afondaron nas ideas de Copérnico sobre a teoría
heliocéntrica que defendía que o centro do universo era o Sol e non a Terra. Así,
estableceron que:
 O universo era un espazo infinito, idea defendida especialmente por Newton, no
que existen diversos corpos celestes.
 O Sol é un centro arredor do que xiran os planetas (Galileo) seguindo órbitas
elípticas (Kepler) grazas a unha forza de atracción gravitatoria (Newton) que
actúa no espazo baleiro.
 A Terra non está inmóbil, senón que xira sobre si mesma e arredor do Sol
(Copérnico, Galileo) e non é un corpo celeste con características únicas no
cosmos, senón que existen outros semellantes.
 O universo e a natureza están sometidos a leis mecánicas que regulan os
movementos dos astros (o universo-reloxo) e o comportamento da materia.
● Todos estes descubrimentos modificaron a concepción do universo que proviña da
Idade Media.
3º ESO 1
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
● Algúns monarcas, nobres e ricos burgueses potenciaron a creación de academias
científicas para promover a investigación e o progreso técnico.
1.3. A difusión das ideas
● Os novos descubrimentos difundíronse do modo moi distinto:
Entre as minorías cultas foron aceptadas as novas ideas.
Entre as masas populares non sucedeu o mesmo. O analfabetismo e a incultura
fixeron que mantivesen as ideas tradicionais.
A igrexa católica non aceptou a nova teoría heliocéntrica; os libros de Copérnico
foron prohibidos e Galileo foi condenado pola Inquisición en 1633 a retractarse das
súas teorías.
2.- A ARTE BARROCA
2.1. Rasgos xerais do novo estilo
● O estilo Barroco xurdiu en Roma a finais do século XVI e alcanzou a súa plenitude en
Europa na segunda metade do século XVII, continuando ata as primeiras décadas do
XVIII. O termo barroco deriva do portugués barru, perla de forma irregular. Tamén
alcanzou gran difusión en América Latina.
● A arte barroca utilizouse nos países católicos para a exaltación da monarquía absoluta e
da relixión católica. Na Europa protestante e burguesa as obras eran máis intimistas, e
reflectían a vida cotiá.
● A nova estética barroca baséase:
 No predominio do movemento e da utilización de formas curvas, cóncavas e
convexas.
 A luz e a cor serven para crear formas.
 No realismo nas representacións que emocionan ou sorprenden ao espectador.
 No gusto polo escénico, o simbólico e a teatralidade.
 Na abundancia de elementos decorativos.
● En España foi un período de gran esplendor artístico e literario, polo que se lle coñece
como o Século de Ouro.
2.2. A arquitectura barroca: características
● A cidade de Roma sufriu unha profunda transformación e converteuse, grazas ao
mecenado dos Papas, na cidade barroca por excelencia e no símbolo do espírito da
Contrarreforma.
● Elementos arquitectónicos:
 O soporte característico é a columna salomónica, de fuste en espiral, polo xeral
adornado con decoración vexetal.
 Aparece tamén o estípite, soporte en forma de tronco de pirámide invertida.
 As plantas das igrexas son moi variadas, adoptando ás veces formas elípticas,
ovais e irregulares.
3º ESO 2
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
 As fachadas están animadas por entaboamentos con entrantes e saíntes,
molduras nas portas e fiestras, e frontóns partidos que provocan efectos de luz
e sombra. Son frecuentes tamén os elementos decorativos (cilindros, pirámides,
esferas...) dispostos para conseguir efectos de equilibrio inestable.
 A decoración é abundante, tanto no exterior como no interior dos edificios,
combinando elementos escultóricos e pictóricos.
● Entre os arquitectos destacaron: en Italia, Bernini, Borromini e Maderno; en Inglaterra,
Wren; en Francia, Hardouin-Mansart.
● En estilo barroco construíronse algúns dos maiores palacios das monarquías europeas
da época, símbolos do absolutismo.
2.3. A escultura barroca: características
● Os escultores barrocos representaron personaxes con sentimentos extremos, como a
paixón, a dor ou a morte.
● As composicións representan movemento, enerxía e vitalidade.
● Son abertas, con predominio das liñas diagonais ou en aspa.
● As figuras están tratadas con gran naturalismo e mostran forte dramatismo nos rostros.
● Personaxes capturados nun momento fugaz da acción (equilibrio inestable).
● Nos países católicos, os temas relixiosos pretendían conmover aos fieis e estender os
principios da Contrarreforma. Tamén se cultivaron os temas mitolóxicos.
● Os materiais máis empregados foron o mármore e o bronce.
● Entre os escultores destacaron: en Italia, Bernini; en Francia, F. Girardon e P. Puget.
2.4. A pintura barroca: características
● Emprego da técnica do tenebrismo (Caravaggio) que consiste en contrastar zonas
fortemente iluminadas con outras en sombra ou moi escuras.
● Predominio da cor sobre o debuxo, de modo que as manchas de cor crean as formas
sen necesidade de perfilar con liña as figuras.
● Conquista da terceira dimensión grazas ao dominio da perspectiva.
● Tratamento naturalista das figuras; os modelos están tomados da realidade, polo que
non se renuncia á fealdade.
● Gusto polas composicións con elementos inertes, os bodegóns.
● Composicións asimétricas, con predominio da liña diagonal e ondulada. Gusto por
representar aos personaxes en movemento e inestabilidade, en posicións forzadas
(escorzo).
● Os personaxes manifestan forte tensión dramática, transmiten sentimentos moi
intensos, tanto nos temas relixiosos (escenas de martirio ou de dor e sufrimento) como
nos profanos, incluídos os retratos.
● Entre os pintores destacaron: En Italia, Caravaggio; nos Países Baixos, Rembrandt,
Hals e Vermeer; en Flandres, Rubens e Van Dyck.
3º ESO 3
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
3.- A ARTE BARROCA EN ESPAÑA
3.1. A arquitectura
● A época do Barroco coincide en España cunha época de dificultades, coa perda da
hexemonía en Europa. Pero esta situación contrasta co extraordinario desenvolvemento
cultural, de modo que o século XVII pode ser cualificado de Século de Ouro.
● A arte barroca española é maioritariamente relixiosa debido á total preeminencia da
clientela eclesiástica.
● A arte barroca participa das características xerais deste estilo, destacando a abundancia
decorativa na arquitectura concentrada nas fachadas e nos retablos.
● Entre as intervencións urbanísticas máis destacadas están as prazas maiores, entre as
que sobresaen as de Madrid e Salamanca.
● Entre os arquitectos destacaron: os irmáns Churriguera, Pedro Ribera e Juan Gómez de
Mora.
3.2. A escultura
● Moitas das esculturas barrocas forman parte da decoración das fachadas e retablos,
polo que deben adaptarse ao marco arquitectónico. Pero tamén se realizaron numerosas
esculturas exentas, a maioría representando temas relixiosos.
● Trátase de esculturas que buscan mover a piedade e a devoción nos fieis mediante a
expresividade dos rostros e as actitudes dos personaxes.
● Cómpre destacar as imaxes destinadas a pasos de procesións nas que a atención do
artista está centrada no rostro e as mans (imaxes para vestir) e nos Cristos espidos
(crucificados, xacentes).
● O material máis empregado para as esculturas exentas é a madeira, policromada e
estufada, conseguindo gran realismo naturalista no tratamento das anatomías.
● Entre os escultores destacaron: Gregorio Fernández, Martínez Montañés, Pedro de
Mena e Alonso Cano.
3.2. A pintura
● A arte barroca en España alcanzou na pintura a súa máxima expresión, con obras que
figuran entre as máis destacadas da historia da arte.
● A Igrexa continuaba encargando obras relixiosas, pero os monarcas e a nobreza
demandaban retratos e temas mitolóxicos.
● Xunto aos efectos tenebristas, moitos pintores evolucionaron dando entrada a
composicións máis iluministas e de contrastes menos acentuados.
● Entre os pintores destacaron: Diego Velázquez, o máis grande dos pintores barrocos
españois e unha das figuras claves da pintura universal; Bartolomeu Estevo Murillo, a
mirada máis tenra da pintura barroca; Xosé Ribera, pintor que potencia as calidades
táctiles e usa como modelos para as súas figuras relixiosas a mendigos da rúa; Francisco
Zurbarán, especializado en pintar monxes de hábitos brancos; Xoán Valdés Leal,
coñecido como o pintor da morte, e Claudio Coello.
3º ESO 4
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
4.- O BARROCO EN GALICIA
● O Barroco en Galicia tivo o seu esplendor entre os séculos XVII e XVIII.
● Nas construcións barrocas, reflexo do poder económico do clero e dos fidalgos,
obsérvanse:
– As fachadas cunha gran profusión de elementos ornamentais.
– O deseño de espazosas prazas.
– A talla de luxosos retablos.
– A utilización do granito, material de uso corrente en Galicia pero que pola súa
dureza impide a decoración delicada.
● As principais construcións barrocas de Galicia localízanse en Santiago.
● Arquitectos salientables foron Fernando de Casas e Novoa (Fachada da catedral de
Santiago), Simón Rodríguez (Convento de Santa Clara) e Lucas Ferro Caaveiro (Casa do
Concello de Lugo).
3º ESO 5

More Related Content

What's hot

Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáAgrela Elvixeo
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaAgrela Elvixeo
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiagorubempaul
 
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaA arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaDudas-Historia
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicarubempaul
 
Causas dos Descubrimentos
Causas dos DescubrimentosCausas dos Descubrimentos
Causas dos DescubrimentosDudas-Historia
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraAgrela Elvixeo
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanarubempaul
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románicomasinisa
 
Tema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galiciaTema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galiciarubempaul
 
What's hot (20)

Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romana
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Castro de Viladonga
Castro de ViladongaCastro de Viladonga
Castro de Viladonga
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
 
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaA arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
 
Castro de Elviña
Castro de ElviñaCastro de Elviña
Castro de Elviña
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
 
Causas dos Descubrimentos
Causas dos DescubrimentosCausas dos Descubrimentos
Causas dos Descubrimentos
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romana
 
A arte do Renacemento
A arte do RenacementoA arte do Renacemento
A arte do Renacemento
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
 
Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románico
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Tema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galiciaTema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galicia
 
Viewers also liked

A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaul
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)rubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)rubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíarubempaul
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial rubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
Viewers also liked (20)

A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Similar to A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)

A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barrocorubempaul
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentistarubempaul
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoDudas-Historia
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaAgrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaAgrela Elvixeo
 
Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimientorosalfer1
 
13 a Europa do Barroco
13 a Europa do Barroco13 a Europa do Barroco
13 a Europa do Barrocoroberto
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Tema 11: O Século do Barroco
Tema 11: O Século do BarrocoTema 11: O Século do Barroco
Tema 11: O Século do BarrocoSanti Pazos
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticasAgrela Elvixeo
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
Similar to A ciencia e a arte do barroco (3º ESO) (20)

A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barroco
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentista
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
 
Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimiento
 
13 a Europa do Barroco
13 a Europa do Barroco13 a Europa do Barroco
13 a Europa do Barroco
 
Arquitectura barroca
Arquitectura barrocaArquitectura barroca
Arquitectura barroca
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
A arte do renacemento
A arte do renacementoA arte do renacemento
A arte do renacemento
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentista
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Tema 11: O Século do Barroco
Tema 11: O Século do BarrocoTema 11: O Século do Barroco
Tema 11: O Século do Barroco
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Música no Renacemento
Música no RenacementoMúsica no Renacemento
Música no Renacemento
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)

  • 1. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA A CIENCIA E A ARTE DO BARROCO 1.- A REVOLUCIÓN CIENTÍFICA ● Enténdese por revolución científica ao conxunto de innovacións e descubrimentos que no século XVII modificaron substancialmente as ciencias, especialmente a astronomía e a física. Marcaron o inicio da ciencia moderna e provocaron un cambio radical de perspectiva no pensamento e na concepción do mundo e do universo. 1.1. O método científico ● O método aplicado polos científicos e filósofos do século XVII caracterizouse por: Confiar na capacidade da razón humana para comprender o universo e a natureza sen ter que acudir a explicacións relixiosas, míticas ou máxicas. Basearse na observación, na experimentación e nos cálculos e razoamentos matemáticos como medios para coñecer a natureza e os seus fenómenos. Cada idea nova debe ser sometida a un exame rigoroso e a dúbida metódica (Descartes), investigada e comprobada por medio de observacións, experimentos repetidos (Bacon), e análises matemáticos. Inventar e construír instrumentos de precisión para realizar as observacións e para controlar os experimentos tales como o telescopio, o microscopio, o barómetro... Defender a independencia e autonomía da ciencia, entendida como un coñecemento que se xustifica por métodos propios e específicos, independentes das crenzas relixiosas, das afirmacións teolóxicas e dos saberes baseados na tradición popular. 1.2. Un novo concepto do universo ● Os científicos do século XVII afondaron nas ideas de Copérnico sobre a teoría heliocéntrica que defendía que o centro do universo era o Sol e non a Terra. Así, estableceron que:  O universo era un espazo infinito, idea defendida especialmente por Newton, no que existen diversos corpos celestes.  O Sol é un centro arredor do que xiran os planetas (Galileo) seguindo órbitas elípticas (Kepler) grazas a unha forza de atracción gravitatoria (Newton) que actúa no espazo baleiro.  A Terra non está inmóbil, senón que xira sobre si mesma e arredor do Sol (Copérnico, Galileo) e non é un corpo celeste con características únicas no cosmos, senón que existen outros semellantes.  O universo e a natureza están sometidos a leis mecánicas que regulan os movementos dos astros (o universo-reloxo) e o comportamento da materia. ● Todos estes descubrimentos modificaron a concepción do universo que proviña da Idade Media. 3º ESO 1
  • 2. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ● Algúns monarcas, nobres e ricos burgueses potenciaron a creación de academias científicas para promover a investigación e o progreso técnico. 1.3. A difusión das ideas ● Os novos descubrimentos difundíronse do modo moi distinto: Entre as minorías cultas foron aceptadas as novas ideas. Entre as masas populares non sucedeu o mesmo. O analfabetismo e a incultura fixeron que mantivesen as ideas tradicionais. A igrexa católica non aceptou a nova teoría heliocéntrica; os libros de Copérnico foron prohibidos e Galileo foi condenado pola Inquisición en 1633 a retractarse das súas teorías. 2.- A ARTE BARROCA 2.1. Rasgos xerais do novo estilo ● O estilo Barroco xurdiu en Roma a finais do século XVI e alcanzou a súa plenitude en Europa na segunda metade do século XVII, continuando ata as primeiras décadas do XVIII. O termo barroco deriva do portugués barru, perla de forma irregular. Tamén alcanzou gran difusión en América Latina. ● A arte barroca utilizouse nos países católicos para a exaltación da monarquía absoluta e da relixión católica. Na Europa protestante e burguesa as obras eran máis intimistas, e reflectían a vida cotiá. ● A nova estética barroca baséase:  No predominio do movemento e da utilización de formas curvas, cóncavas e convexas.  A luz e a cor serven para crear formas.  No realismo nas representacións que emocionan ou sorprenden ao espectador.  No gusto polo escénico, o simbólico e a teatralidade.  Na abundancia de elementos decorativos. ● En España foi un período de gran esplendor artístico e literario, polo que se lle coñece como o Século de Ouro. 2.2. A arquitectura barroca: características ● A cidade de Roma sufriu unha profunda transformación e converteuse, grazas ao mecenado dos Papas, na cidade barroca por excelencia e no símbolo do espírito da Contrarreforma. ● Elementos arquitectónicos:  O soporte característico é a columna salomónica, de fuste en espiral, polo xeral adornado con decoración vexetal.  Aparece tamén o estípite, soporte en forma de tronco de pirámide invertida.  As plantas das igrexas son moi variadas, adoptando ás veces formas elípticas, ovais e irregulares. 3º ESO 2
  • 3. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA  As fachadas están animadas por entaboamentos con entrantes e saíntes, molduras nas portas e fiestras, e frontóns partidos que provocan efectos de luz e sombra. Son frecuentes tamén os elementos decorativos (cilindros, pirámides, esferas...) dispostos para conseguir efectos de equilibrio inestable.  A decoración é abundante, tanto no exterior como no interior dos edificios, combinando elementos escultóricos e pictóricos. ● Entre os arquitectos destacaron: en Italia, Bernini, Borromini e Maderno; en Inglaterra, Wren; en Francia, Hardouin-Mansart. ● En estilo barroco construíronse algúns dos maiores palacios das monarquías europeas da época, símbolos do absolutismo. 2.3. A escultura barroca: características ● Os escultores barrocos representaron personaxes con sentimentos extremos, como a paixón, a dor ou a morte. ● As composicións representan movemento, enerxía e vitalidade. ● Son abertas, con predominio das liñas diagonais ou en aspa. ● As figuras están tratadas con gran naturalismo e mostran forte dramatismo nos rostros. ● Personaxes capturados nun momento fugaz da acción (equilibrio inestable). ● Nos países católicos, os temas relixiosos pretendían conmover aos fieis e estender os principios da Contrarreforma. Tamén se cultivaron os temas mitolóxicos. ● Os materiais máis empregados foron o mármore e o bronce. ● Entre os escultores destacaron: en Italia, Bernini; en Francia, F. Girardon e P. Puget. 2.4. A pintura barroca: características ● Emprego da técnica do tenebrismo (Caravaggio) que consiste en contrastar zonas fortemente iluminadas con outras en sombra ou moi escuras. ● Predominio da cor sobre o debuxo, de modo que as manchas de cor crean as formas sen necesidade de perfilar con liña as figuras. ● Conquista da terceira dimensión grazas ao dominio da perspectiva. ● Tratamento naturalista das figuras; os modelos están tomados da realidade, polo que non se renuncia á fealdade. ● Gusto polas composicións con elementos inertes, os bodegóns. ● Composicións asimétricas, con predominio da liña diagonal e ondulada. Gusto por representar aos personaxes en movemento e inestabilidade, en posicións forzadas (escorzo). ● Os personaxes manifestan forte tensión dramática, transmiten sentimentos moi intensos, tanto nos temas relixiosos (escenas de martirio ou de dor e sufrimento) como nos profanos, incluídos os retratos. ● Entre os pintores destacaron: En Italia, Caravaggio; nos Países Baixos, Rembrandt, Hals e Vermeer; en Flandres, Rubens e Van Dyck. 3º ESO 3
  • 4. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 3.- A ARTE BARROCA EN ESPAÑA 3.1. A arquitectura ● A época do Barroco coincide en España cunha época de dificultades, coa perda da hexemonía en Europa. Pero esta situación contrasta co extraordinario desenvolvemento cultural, de modo que o século XVII pode ser cualificado de Século de Ouro. ● A arte barroca española é maioritariamente relixiosa debido á total preeminencia da clientela eclesiástica. ● A arte barroca participa das características xerais deste estilo, destacando a abundancia decorativa na arquitectura concentrada nas fachadas e nos retablos. ● Entre as intervencións urbanísticas máis destacadas están as prazas maiores, entre as que sobresaen as de Madrid e Salamanca. ● Entre os arquitectos destacaron: os irmáns Churriguera, Pedro Ribera e Juan Gómez de Mora. 3.2. A escultura ● Moitas das esculturas barrocas forman parte da decoración das fachadas e retablos, polo que deben adaptarse ao marco arquitectónico. Pero tamén se realizaron numerosas esculturas exentas, a maioría representando temas relixiosos. ● Trátase de esculturas que buscan mover a piedade e a devoción nos fieis mediante a expresividade dos rostros e as actitudes dos personaxes. ● Cómpre destacar as imaxes destinadas a pasos de procesións nas que a atención do artista está centrada no rostro e as mans (imaxes para vestir) e nos Cristos espidos (crucificados, xacentes). ● O material máis empregado para as esculturas exentas é a madeira, policromada e estufada, conseguindo gran realismo naturalista no tratamento das anatomías. ● Entre os escultores destacaron: Gregorio Fernández, Martínez Montañés, Pedro de Mena e Alonso Cano. 3.2. A pintura ● A arte barroca en España alcanzou na pintura a súa máxima expresión, con obras que figuran entre as máis destacadas da historia da arte. ● A Igrexa continuaba encargando obras relixiosas, pero os monarcas e a nobreza demandaban retratos e temas mitolóxicos. ● Xunto aos efectos tenebristas, moitos pintores evolucionaron dando entrada a composicións máis iluministas e de contrastes menos acentuados. ● Entre os pintores destacaron: Diego Velázquez, o máis grande dos pintores barrocos españois e unha das figuras claves da pintura universal; Bartolomeu Estevo Murillo, a mirada máis tenra da pintura barroca; Xosé Ribera, pintor que potencia as calidades táctiles e usa como modelos para as súas figuras relixiosas a mendigos da rúa; Francisco Zurbarán, especializado en pintar monxes de hábitos brancos; Xoán Valdés Leal, coñecido como o pintor da morte, e Claudio Coello. 3º ESO 4
  • 5. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 4.- O BARROCO EN GALICIA ● O Barroco en Galicia tivo o seu esplendor entre os séculos XVII e XVIII. ● Nas construcións barrocas, reflexo do poder económico do clero e dos fidalgos, obsérvanse: – As fachadas cunha gran profusión de elementos ornamentais. – O deseño de espazosas prazas. – A talla de luxosos retablos. – A utilización do granito, material de uso corrente en Galicia pero que pola súa dureza impide a decoración delicada. ● As principais construcións barrocas de Galicia localízanse en Santiago. ● Arquitectos salientables foron Fernando de Casas e Novoa (Fachada da catedral de Santiago), Simón Rodríguez (Convento de Santa Clara) e Lucas Ferro Caaveiro (Casa do Concello de Lugo). 3º ESO 5
  • 6. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 4.- O BARROCO EN GALICIA ● O Barroco en Galicia tivo o seu esplendor entre os séculos XVII e XVIII. ● Nas construcións barrocas, reflexo do poder económico do clero e dos fidalgos, obsérvanse: – As fachadas cunha gran profusión de elementos ornamentais. – O deseño de espazosas prazas. – A talla de luxosos retablos. – A utilización do granito, material de uso corrente en Galicia pero que pola súa dureza impide a decoración delicada. ● As principais construcións barrocas de Galicia localízanse en Santiago. ● Arquitectos salientables foron Fernando de Casas e Novoa (Fachada da catedral de Santiago), Simón Rodríguez (Convento de Santa Clara) e Lucas Ferro Caaveiro (Casa do Concello de Lugo). 3º ESO 5