SlideShare a Scribd company logo
1 of 127
Arte Prerrománica
San Miguel de Lillo
Arte prerrománica
Introdución
• No occidente europeo, a arte evoluciona dunha
maneira singular a partir da caída do imperio
romano.
• A irrupción dos pobos bárbaros e o extraordinario
peso da Igrexa católica irán derivando as novas
obras cara unha nova linguaxe lonxe da tradición
clásica.
• Inicialmente tratarase dunha arte de formas
dispersas nunha Europa dividida, para ir acadando
un grado de coincidencia internacional que dará lugar
aos dous grandes movementos artísticos cristiáns do
mundo medieval: o Románico e o Gótico.
Arte prerrománica
Introdución
• A división do Imperio romano por Teodosio vai
producir a ruptura da unidade cultural do mundo
antigo.
• A crise do mundo romano viña xestándose dende o
século III e conducira ao asentamento dos xermanos
na zona occidental do Imperio dando lugar á aparición
dun horizonte cultura fragmentado con manifestacións
moi distintas en cada zona.
• Coñécese co nome de arte prerrománica (chamado
por algúns autores arte medieval temperá) as
manifestacións artísticas desenvoltas dende o século
VI ao XI por estes pobos bárbaros asentados nas
antigas provincias do Imperio Romano de Occidente.
Invasións xermánicas
Arte prerrománica
Introdución
• Poderíamos definila como unha arte que conxugou: a
herdanza clásica grecorromana, a aportación cristiá, o
influxo oriental a través de Bizancio e os elementos
decorativos dos pobos bárbaros.
• A arte prerrománica a nivel europeo ten interesantes
representacións: ostrogodos, merovinxios,
carolinxios...
• Con frecuencia, no estudio do prerrománico,
minusvalórase o papel da península Ibérica en Europa,
a pesar de ter o maior número de edificios que outros
países dentro deste estilo e cunha personalidade
propia moi peculiar.
Arte prerrománica
Introdución
• Na Península Ibérica, no século V , instaláronse, entre
outros, os visigodos.
• Que consolidaron a súa presenza tras vencer aos suevos
no ano 585.
• Posteriormente , no ano 589, implantaron o catolicismo no
III Concilio de Toledo.
• A invasión dos árabes no ano 711 puxo fin ao Reino
Visigodo. Durante a Reconquista da península formáronse
novos reinos cristiáns,
• O primeiro de eles foi o de Asturias. Os reis asturianos
Afonso I, Afonso II e Ramiro I consolidaron o reino e
mandaron construír un gran número de pequenas igrexas.
Arte prerrománica
Introdución
• A partir do século X, a ocupación musulmá da
Península Ibérica, xunto ao fenómeno posterior da
Reconquista, tivo como consecuencia o
nacemento da chamada arte mozárabe.
• Esta nova arte é nacida froito da convivencia entre
musulmáns e cristiáns.
• Resumindo na arte prerrománica distinguiremos:
visigoda, asturiana e mozárabe.
Arte prerrománica
Introdución
• Existen algunhas características comúns que responden a
unha situación común de crise e de destrución das
estruturas artísticas: ausencia case total de escultura,
edificios de pequenas dimensións, con aparellos de pouca
calidade.
• Escasean as cubertas cupuladas e abovedadas, as
xanelas son tamén escasas e de pequenas dimensións
debido ás insuficiencias técnicas dos arquitectos, etc.
• Todo iso, sen embargo xeneralizando moito xa que hai
algún caso de programas escultóricos (como o de San
pedro da Nave), de mestría na construción de bóvedas
(arquitectura mozárabe e asturiana) ou de magníficas
fiestras (Santa María do Naranco).
Arte prerrománica
Arte visigoda na península Ibérica
• Os visigodos aséntanse nas fronteiras do Imperio Romano no século
III, xunto ao Danubio.
• Avanzan cara o interior do imperio no século V ao aumentar a presión
nas fronteiras polo avance doutros pobos bárbaros coma os hunos.
• No ano 507 aséntanse definitivamente na península situando a súa
capital en Toledo.
• O longo contacto cos romanos fai que os visigodos sexan un pobo moi
romanizado, incluso cristián, que asume a dirección de Hispania tras a
disolución definitiva do imperio (476 d.C).
• A fin do Reino Visigodo ven marcada pola invasión dos musulmáns
dende o norte de África no 711 e a conquista de case a totalidade da
península.
• Dende o punto de vista relixioso eran arrianos (herexía de Arrio, que
negaba a divindade de Cristo), pero no III Concilio de Toledo (589)
Recaredo converteuse ao catolicismo, lográndose así a
unificación relixiosa.
Migración dos visigodos
Territorio visigodo
antes da derrota
cos francos
Restos arqueolóxicos
de Recópolis (Guadalajara)
cidade fundada
por Leovigildo (s. VI)
A conversión de Recaredo
Muñoz Degrain (1888)
Senado
Isidoro, bispo de Sevilla, foi un dos
Clérigos máis influintes da Hispania Visigoda no
aspecto cultural As Etimoloxías, político e relixioso
(Conversión de Recaredo e III Concilio de Toledo).
Estatua na Biblioteca Nacional (Madrid)
Recesvinto(653-672) foi un dos últimos
monarcas visigodos. Coroa votiva
(tesouro de Guarrazar)
Arte prerrománica
Características xerais da arte visigoda
• Cronoloxía: V ata o VII, aínda que as súas principais manifestacións
artísticas son do VI e VII.
• Como inicialmente son un pobo nómade teñen escasa formación
artística.
• A súa tradición baséase só en pequenos obxectos de fácil transporte
como armas ou xoias, decoradas a base de motivos xeométricos, ou
vexetais e animais.
• Esta escaseza fai que adopten a tradición clásica que van coñecendo
a medida que contactan co Imperio romano.
• Imitan técnicas construtivas (columnas, ordes clásicas, arcos,
bóvedas) e os tipos de edificios (basílicas), aínda que cun dominio
técnico inferior.
• As principais manifestacións artísticas daranse na arquitectura e
ourivaría.
Arte prerrománica
Características xerais da arquitectura visigoda
• Tipos de construcións: igrexas de pequenas proporcións, dispersas
en medio do campo (predominio rural).
• Material: pedra en perpiaño ou perpiaño pequeno.
• Elementos construtivos: predominio do muro sobre o vano. Muros
moi grosos, xa que exercen unha función sustentante, carecen de
contrafortes polo que se abren poucos vanos.
• Columnas con capiteis corintios e cimacios.
• Arco de ferradura (función sustentante e decorativa) máis aberto que o
islámico co extradós caendo verticalmente sobre a imposta, sostidos
por columnas con capiteis de inspiración corintia aínda que máis
simplificado e cun cimacio enriba.
• Cuberta de madeira ou bóvedas de medio canón, aresta e ás veces
pequenas cúpulas.
Arte prerrománica
Características xerais da arquitectura visigoda
• Plantas: basilical dunha ou tres naves.
• De cruz grega, ás veces inscrita nun rectángulo (Santa Comba de
Bande)
• Síntese basilical e de cruz grega (San Pedro de la Nave).
• Espazos moi compartimentados, pouco diáfanos, con varias salas de
pequeno tamaño, de funcións pouco coñecidas.
• Decoración: escasa e redúcese a motivos xeométricos, vexetais, de
temática relixiosa ou zoomórficos (influencia oriental).
• Con talla a bisel, moi plana, de aspecto tosco, pouco naturalismo (sen
interese na perspectiva, volume, proporción...) e a adaptación ao
marco pouco conseguida.
• Un caso excepcional é San Pedro da Nave onde se desenvolve un
programa iconográfico completo sobre a salvación.
A Hispania visigoda
cultura e arte visigodas
• A cultura e a arte visigoda estiveron moi
marcadas pola influencia romana e cristiá: o latín
foi a lingua culta e a produción literaria centrouse
nas sés episcopais e nos mosteiros cristiáns.
• Dende o punto de vista artístico, salientan as
pequenas igrexas construídas maioritariamente no
século VII d.C.: San Xoán de Baños, San Pedro de
la Nave, Santa Comba de Bande, Quintanilla de las
Viñas.
Códice emiliense, século X. Representa a cidade
de Toledo coas súas muralla e ameas e algunhas
das súas igrexas.
Cruz do tesouro
de Torredonjimeno (Xaén)
s. VII
Fíbula visigoda
Alovera (Guadalajara)
s. VI
Nave principal
Campanario
Arco de ferradura
Escasas ventás
Nave lateral
Grosos muros de pedra de canteria irregular
San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
Interior e plano
Quintanilla de las Viñas (Burgos) (s.VII)
Cripta de San Antolín
Catedral de Palencia s. VII
San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)
Escasas fiestras
Grosos muros
Arquitectura visigoda
San Pedro da Nave
• San Pedro da Nave (Zamora) (época visigoda segunda metade do
século VII).
• A Planta é de cruz grega inscrita nun rectángulo. Xera un espazo
compartimentado moi afastado da concepción basilical paleocristiá
con precedentes, sen embargo, na arquitectura bizantina.
• No exterior tradúcese nun harmónico xogo de volumes coas naves a
diferentes alturas, o cruceiro e o ciborio (ou cimborrio) destacados e a
ábsida rectangular con dúas cámaras laterais nun nivel máis baixo. O
aparello é de boa calidade, superior ó de Santa Comba de Bande. No
interior, as pedras de cantería, grandes e ben talladas lembran aos
aparellos romanos. Un trazo de interese, existente noutras igrexas da
época, é a presenza dunha cámara sobre a ábsida.
• O máis orixinal da igrexa é a existencia dun programa escultórico
complexo que se desenrola en bases, capiteis e un friso mural. A
temática aludiría á Salvación recorrendo a temas do Antigo
Testamento (Sacrificio de Isaac, Daniel entre os leóns) habituais
dende a época paleocristiá polo seu carácter de antetipos ou
prefiguracións de Cristo na cruz ou na resurrección.
Arquitectura visigoda
San Pedro da Nave
• A técnica da talla é en reserva (só dous planos:
fondo e figuración, con total ausencia de
modelado) e a realización é bastante ruda con
grandes desproporcións e dificultade para
reproducir as túnicas que aparecían no sarcófago
paelocristián que probablemente serviu de modelo.
• Nos cimacios e no friso que percorre o muro
aparecen roleos (vexetais estilizados que se
enrolan formando círculos) en eles figuras de
animais (pavos, grullas), palmetas, acios de uvas,
etc.
• Unha temática que alude ao paraíso terreal.
Arco de ferradura
sostido sobre columnas
Columnas pegadas
ao muro
Chapitel historiado
San Pedro de la Nave (Zamora)
(s.VII)
Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)
Identificación
Nome da obra: Santa Comba de Bande
Autor: descoñecido
Cronoloxía: século VII
Estilo: visigodo
Tipoloxía: igrexa
Material: pedra de granito e ladrillo.
Contextualización: a antiga Gallaecia romana, ocupada polos
suevos ata o 585, incorpórase á órbita visigoda da man de
Leovixildo. A pesar da súa situación excéntrica con respecto ás
capitais visigodas (Mérida e despois Toledo) consérvanse aquí
algúns edificios notables como San Fructuoso de Montelios
(Braga, Portugal) ou Santa Comba de Bande, construída a
principios do século VII e restaurada no 872, quizais por artistas
mozárabes.
O edificio, probablemente a igrexa dun antigo mosteiro, presenta
unha clara contradición entre a coidada disposición da planta e a
suave gradación dos volumes en altura, coa pobreza da
execución e a sobriedade decorativa. Asemella que se tratase
dun proxecto dun arquitecto de primeira fila, executado por un
mestre de obras e uns canteiros con escasa preparación.
É unha igrexa das chamadas de tipo monacal, é dicir unha
igrexa ou pequeno mosteiro que situado perto dos camiños que
habita unha pequena comunidade de monxes, cuxa misión era
proporcionar auxilio tanto espiritual como material aos
camiñantes e peregrinos.
Zona de tránsito de comerciantes e viaxeiros cara portugal,
Bande formaba parte da ruta romana Vía Nova e albergou un
asentamento do exército romano no século I.
Coa invasión musulmana da península, foron traídas ata este
mosteiro os restos mortais de San Torcuato dende Guadix, un
dos primeiros discípulos do apóstolo de Santiago.
Abandonado o mosteiro no s. IX e s. X incorpórase ao Mosteiro
de Celanova como priorato.
No s. XVIII os restos de San Torcuato tamén son trasladados ao
Mosteiro de Celanova onde se atopan na actualidade.
Descrición formal: a planta orixinal era de cruz grega con
cámaras laterais na cabeceira –como en San Pedro da Nave- e coa
capela central destacada. Existen seis dependencias anexas á
planta principal, todas cadradas: dúas nos lados do pórtico, con
acceso dende o mesmo; outras dúas pegadas a elas e aos brazos
da cruz, con acceso desde o cruceiro, e outras dúas na zona da
cabeceira, con entrada dende a nave central. De todas elas, na
actualidade só se conserva unha, a do lado norte da cabeceira, o
que deixa a edificación cun aspecto máis sinxelo.
sobre a súa función, admítese que as conectadas ao pórtico
servirían de refuxio de peregrinos, mentres que as outras catro,
conectadas co interior do templo, serían celas para os monxes.
Recollemento que esixía a regla de San Fructuoso.
No exterior, a falta de cámaras laterais racha co xogo de volumes
primitivos. A introdución da espadaña para as campás na fachada
no s. XVIII, contribuíu a rachar este o equilibrio.
O interior, a pesar da súa sinxeleza, resulta moi fermoso polo
partido que o arquitecto soubo sacar da diferencia de alturas, con
xanelas a distintos niveis que dan unha iluminación matizada.
As naves que forman a cruz están construídas con perpiaños
labadros de granito
As bóvedas que cobren a igrexa son de canón construídas en
ladrillo de tipo romano, salvo o cruceiro que se cobre con bóveda de
aresta sostida por catro arcos de ferradura. Presenta unha fiestra en
cada un dos lados.
Aínda que as bóvedas de aresta son de tradición romana sorprende
a súa aparición nun edificio visigodo (é o único caso coñecido) polo
que podería ser dunha época posterior (século IX??)
Descrición formal: O arco triunfal de ferradura que da
acceso ao altar maior, apóiase sobre catro columnas
pareadas exentas de fuste liso, dúas delas teñen capiteis
de época do baixo imperio romano, de tipo corintio, e outros
dous de factura visigótica.
No arranque da bóveda do presbiterio hai un friso biselado
con motivos vexetais estilizados de grande calidade técnica.
A decoración interior limítase ás impostas con sogueados
e acios de uva e outros motivos vexetais de gran influencia
romana.
Existen dúas mesas de altar, unha podería ser un “ara
romana” reutilizada máis tarde como cristiana. Tamén
podemos atopar desta época romana un miliario e que
agora cumpre a función de pía bautismal.
Hai restos de pintura mural no ábside, pero non se sabe a
época e columnas con capiteis trapezoidais na parte
reformada no s. IX e X.
Modelos e influencias: Sta. Comba de Bande supón un
exemplo de eclecticismo arquitectónico propio da
encrucillada cultural que caracterizaba Galicia no s. VII.
Elementos tan dispares como arcos romanos e os de
ferradura atópanse combinados como exemplo que despois
se desenvolverá na arquitectura mozárabe como a de San
Miguel de Escalada ou San Cebrián de Mazote do século X
e posteriormente na arquitectura mudéxar como a sinagoga
de Sta. María a Blanca en Toledo.
Santa Comba de Bande
Plano
Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)
Santa Comba de Bande
Arco de ferradura e columnas
con capiteis corintios que
dan entrada ao presbiterio
Santa Comba de Bande
detalle dos capiteis
e interior
Santa Comba de Bande
Paramento con perpiaños.
Engastallo
Santa Comba de Bande
detalle do paramento
Santa Comba de Bande
Detalles
Santa Comba de Bande
Bóveda de aresta do cruceiro
Santa Comba de Bande
Decoración no friso
San Xoán de Panxón (Nigrán-Pontevedra) (s.VII)
Arte prerrománica
Arte asturiana
• A invasión islámica non conseguiu ocupar completamente o territorio
peninsular.
• Pequenos núcleos de resistencia fixéronse fortes nas montañas do
norte tanto en Asturias como en Navarra e pouco máis tarde no resto
dos territorios ó norte do Douro.
• No caso asturiano, os descendentes de Pelaio (Covadonga 722)
fundaron unha monarquía que, aínda que con altibaixos, conseguiu
aglutinar ós elementos refractarios á presenza musulmán arborando a
bandeira do neovisigotismo (considerábanse os lexítimos sucesores
da monarquía visigoda).
• O primeiro momento de esplendor artístico desta monarquía
prodúcese durante o reinado de Afonso II (792-842) quen reconstrúe
a cidade de Oviedo, que fora destruída polos árabes, nun intento de
convertela na nova Toledo. Desta campaña constructiva quedan
algúns restos como a Cámara Santa da Catedral ou a igrexa de San
Xulián dos Prados (Santullano) nas aforas da cidade.
O Reino de Asturias
• Ao longo do s. VIII, algúns caudillos
locais das montañas asturianas
negáronse a pagarlles tributos aos
emires cordobeses.
• O máis detacado deles foi Pelaio, quen
nas proximidades de Covadonga
resistiu un ataque dos musulmáns cara
ao ano 722.
O Reino de Asturias
• Anos despois, os emires musulmáns
recoñeceron a imposibilidade de seguir
controlando os territorios da franxa cantábrica,
que actuaban sen teren en conta as ordes que
lles chegaban de Córdoba.
• Alfonso I (739-756) e Alfonso II (791-842) foron
os primeiros monarcas do reino de Asturias,
que xurdiu ao redor de Cangas de Onís e
posteriormente se espallou cara ao oeste e
chegou a dominar boa parte de Galicia.
• A corte estableceuse en Oviedo e
recuperáronse algunhas leis visigodas.
De reino de Asturias a reino de León
Ocupación do val do Douro
• Segunda metade do s. IX, os reis de Asturias,
e en particular Afonso III (866-910),
aproveitaron os enfrontamentos internos e a
debilidade dos emires cordobeses para
expandiren os seus dominios.
• Espallaron os seus territorios dende a
cordilleira Cantábrica ao val do Douro.
• Cidades como Astorga, León, Zamora e
Porto pasaron a formar parte do reino de
Asturias.
De reino de Asturias a reino de León
Creación do reino de León
• No s. IX, para a ocupación efectiva da marxe dereita
do val do Douro, fíxose necesario repoboar o
territorio e poñelo en cultivo. Deste xeito promoveuse
que familias campesiñas dos vales cantábricos
(cántabros e ástures) se desprazasen ás novas
terras e se instalasen nelas.
• Co obxectivo de controlar o territorio e protexer estas
familias, o rei de Galicia e de Asturias, Ordoño II,
trasladou a súa corte a León (914), que se converteu
na capital.
• O aumento de territorios ao sur da cordilleira
Cantábrica foi tan importante que o reino de Asturias
pasou a denominarse reino de León.
O rei Afonso II e a súa esposa Ximena xunto ao bispo de Oviedo
no Libro dos Testamentos, s. XII
Arte asturiana
Características
• Desenvolveuse no século VIII e IX.
• De carácter relixioso, aínda que
tamén se construíron edificios civís,
como pequenos palacios e
hospitais, a maioría desapareceron
ou está moi modificados.
Arte asturiana
Características
• A arte asturiana funde a tradición visigoda
anterior coa influencia da Europa cristiá
(imperio carolinxio), o que se evidencia no
gusto polas formas rectilíneas e a verticalidade
do espazo.
• O material primordial continúa sendo a pedra
en perpiaños grandes e ben traballados nos
esquinais, para reforzar a estrutura, mentres o
resto do edificio constrúese con cachotería
(perpiaños máis pequenos, irregulares).
Arte asturiana
Características
• Predomino do muro sobre o vano. Os vanos son
pequenos e aparecen recubertos con celosías de xeso ou
de pedra.
• Columnas con decoración de corda ou soga no fuste e
ás veces tamén no capitel.
• O sistema construtivo anuncia xa sistemas románicos:
• Cubertas con bóvedas de canón con faixóns que
corresponde ao exterior con contrafortes.
• Arcos de medio punto peraltado, o que aumenta a
sensación de verticalidade. Ocasionalmente úsase o arco
de ferradura pero só con función decorativa.
Arte asturiana
Características
• Cabeceiras rectangulares por dentro e fóra.
• Temas decorativos: a pobreza de materiais nas súas construcións,
tratan de subsanala engadindo elementos decorativos con medallóns
nas enxutas dos arcos (clípeos), celosías de madeira ou de pedra,
nos vanos e pinturas murais nos interiores dos edificios.
• Tipos de plantas: basilical, cunha ou tres naves, a central máis alta
que as laterais, amplo cruceiro e tres capelas rectangulares na
cabeceira. A cabeceira soe estar separada do resto da igrexa por un
iconostasio (cancela perforada que non impide a visión, pero que
pecha a zona da Eucaristía, dando un carácter misterioso), co que o
presbiterio queda fortemente sinalado.
• Sobre a capela maior disponse dunha cámara segreda, con acceso
só dende o exterior e finalidade descoñecida. É frecuente o uso dunha
tribuna reservada ao monarca, aos pés da igrexa.
Arte asturiana
Características
• Distinguimos tres fases na arquitectura:
a) Prerramirense que corresponde ao reinado de Afonso II
(792-842). Nesta fase séguese as formas e os elementos da
arquitectura visigótica e romana coma o arco de medio punto
ou a falta de contrafortes no exterior.
b) Ramirense, reinado de Ramiro I (842-850). Considérase a
etapa de plenitude.
c) Posramirense, correspondente ao reinado de Afonso III
(866-910). Nesta fase apréciase o uso de elementos da
arquitectura mozárabe coma o arco de ferradura islámico
máis cerrado, que o visigótico.
Arte asturiana
Características
• Exemplos na arquitectura:
a) Prerramirense: Cámara Santa da catedral de San
Salvador de Oviedo e San Xulián de Prados
(Santullano), esta última de tres naves, con outra
no cruceiro e tres ábsidas.
b) Ramirense: Sta. María do Naranco, San Miguel
de Lillo e Santa Cristina de Pola de Lena.
c) Posramirense: San Salvador de Valdediós, feita
construír por Afonso III despois de ser destronado
polos seus fillos.
Arte asturiana
Características escultura, pintura e ourivaría
• A escultura limítase ao ámbito decorativo
(capiteis, molduras, columnas e medallóns).
• Pintura: os templos decorábanse con pinturas
murais (destaca San Xulián de Prados).
• Ourivaría: destaca. A cruz dos Anxos e A cruz da
Vitoria. Esta última mandada forxar por Afonso III,
ademais de grandes pedras ten esmaltes que
representan animais e flores polo seu estilo
relaciónase coa arte carolinxia do norte de Italia.
Período prerramirense (1ª m. IX)
Exterior Cámara Santa da
Catedral de Oviedo
Período prerramirense (1ª m. IX)
Exterior e sección Cámara Santa da
Catedral de Oviedo
Período prerramirense (1ª m. IX)
Interior cripta de Sta. Leocadia
Cámara Santa da Catedral de Oviedo
abaixo reconstrución da
pintura mural
Período prerramirense (1ª m. IX)
Exterior de San Xulián de Prados
Arte asturiana
San Xulián de Prados (Prerramirense. 1ª m. IX)
• O edificio é de planta basilical con tres naves separadas por
arcos de medio punto sobre piares e transepto destacado en
altura, todo en perpiaño irregular de pequeno tamaño e con
cuberta de madeira (a pesar do neovisigotismo abandónase o
arco de ferradura).
• A cabeceira é recta con tres capelas soldadas cubertas con
bóvedas de canón. Sobre a maior, unha curiosa cámara
supraabsidal ábrese ó exterior por unha xanela triplo similar ás
que logo se utilizarán, monumentais, en Sta. Mª do Naranco. A
finalidade desta dependencia, que xa vimos en igrexas
visigodas como San Pedro da Nave, é controvertida pero o máis
probable é que servise para algún tipo de práctica ascética ou
de penitencia.
Período prerramirense (1ª m. IX)
Exterior do ábside e plano de San Xulián
de Prados
Arte asturiana
San Xulián de Prados (Prerramirense. 1ª m. IX)
• O interior da igrexa está cuberto de pinturas ó fresco, nas
que se emprega unha decoración de arquitecturas
palacianas e cortinas suspendidas entre columnas, sen
dúbida inspirada nos escenarios da traxedia helenística.
• Aparecen tamén numerosas cruces, símbolo da monarquía
asturiana. A pesar de se atopar hoxe bastante estragadas
estas pinturas son moi importantes para a Historia da Arte
xa que testemuñan a existencia dunha tradición de pintura
mural nas igrexas dende o mundo romano ata a Idade
Media.
Período prerramirense (1ª m. IX)
Interior de San Xulián de Prados.
Detalle da pintura mural
Período prerramirense (1ª m. IX)
Interior de San Xulián de Prados.
Detalle da pintura mural
Período prerramirense (1ª m. IX)
Reconstrución interior de San Xulián de
Prados. Detalle da pintura mural
Período
prerramirense
(1ª m. IX)
Reconstrución
pintura mural
de San Xulián
de Prados
Período
prerramirense
(1ª m. IX)
pintura mural
de San Xulián
de Prados
Estatua de Alfonso II
O Casto
en Oviedo.
Obra de Víctor Hevia
Estatua de Alfonso II O Casto
en Santiago de Compostela
Reconstrución da necrópole
de Compostela.
Onde se localizaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución da arca
marmárica
onde se depositaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución da arca
marmárica
onde se depositaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago e os seu discípulos
durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución do primitivo
santuario
onde se depositaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución da ampliación
nos tempos de Alfonso III O Magno
Arte asturiana
Período ramirense (842-850)
• O prerrománico asturiano alcanza os seus cumios máis
altos durante o breve reinado de Ramiro I (842-850).
• A principal novidade nesta etapa ramirense é o
abovedamento total do edificio e a aparición de elementos,
como as bóvedas de canón con faixóns, que anticipan en
douscentos anos as solucións do románico e aínda do
gótico pola liberdade coa que se abren xanelas que
iluminan os edificios dunha maneira insólita no arte da
época prerrománica.
• A este período pertencen tres edificios (San Miguel de Lillo,
Santa María do Naranco e Santa Cristina de Lena) obra
probablemente dun mesmo arquitecto.
San Miguel de Lillo
Período ramirense (842-850)
San Miguel de Lillo
Período ramirense (842-850)
San Miguel de Lillo
Período ramirense (842-850)
Santa Cristina de Lena
Período ramirense (842-850)
Santa Cristina de Lena
Período ramirense (842-850)
Santa Mª do Naranco
Período ramirense
(842-850)
Identificación:
Nome: Santa María do Naranco
Autor: descoñecido
Cronoloxía: 842-850
Estilo: prerrománico asturiano. Período ramirense
Tipoloxía: obra civil
Material: pedra, ladrillo, madeira
Introdución: a chamada Igrexa de Santa María do Naranco,
situada na ladeira sur do monte do mesmo nome, nas
proximidades de Oviedo, non era no seu orixe unha igrexa
senón un palacete de caza aínda que xa no mesmo século da
súa construción foi convertido en igrexa, función que mantivo
ata 1930, ano no que se comezou a restauración que lle
devolveu o seu aspecto primitivo.
Sabemos a data do inicio da obra foi no 848.
Recordade que hai que falar da contextualización (monarquía
asturiana, reconquista e do período ramirense)
Descripción formal: presenta planta rectangular, moi alongada
(20 m de largo por 6 de ancho), articulada en dúas plantas,
accesos nos dous lados maiores.
Levantada sobre un alto zócolo, para compensar as
irregularidades do terreo, destaca a gran desenvolvemento
vertical do edificio, común a outros do mesmo estilo.
A ambos lados da planta tiña dous corpos laterais, a modo de
pórticos (na actualidade falta ao do lado sur).
O piso inferior dividido en tres espazos, o central de maior
tamaño, posiblemente utilizado como oratorio palatino, está
cuberto por unha bóveda de canón reforzada con arcos de faixa
que parten dun zócalo que percorre todo o perímetro
O segundo andar repite a distribución inferior, pero a dobre
altura, con dous miradoiros a xeito de belvederes nos extremos
e unha gran sala central. O acceso realízase por unha escaleira
exterior de dobre derrama situada no centro do lado Norte, un
dos lados maiores do rectángulo, e pórtico.
O espazo central, denominada Salón Real ou Aula Rexia, foi
sen dúbida o epicentro do edificio. A longa bóveda de canón,
en toba, vai reforzada por arcos faixóns que levan o peso ata o
muro perimetral, moito máis groso na planta baixa. O empuxe
vai contrarrestado no exterior por potentes e estreitos
contrafortes correspondentes con cada tramo. Nas enxutas dos
arcos aparecen medallóns, enmarcados co motivo da soga,
representando temas cinexéticos, xinetes, soldados e animais.
A talla é moi ruda e o relevo plano, indicio a falta de tradición
plástica. Especulouse cun posible orixe oriental (persa
sasánida) para os modelos xa que os medallóns presentan
claras similitudes con pratos de prata sasánidas e tecidos
persas.
Igualmente sorprendentes resultan as dúas balconadas, que se
converteron na imaxe característica e máis fermosa do
monumento. Abren á sala central a través de tres portas
alinteladas baixo arcos de medio punto peraltados, sendo a
central algo máis ancha e alta cás laterais.
Os seus vans, moi amplos, divídense en tres grandes arcadas
de medio punto peraltado, sendo tamén a central máis ancha e
alta cás laterais. Apoian os arcos en columnas sogueadas e
capiteis de tradición corintia.
Influencia: fronte á arquitectura da época de Afonso II,
que reservaba as bóvedas para o pequeno espazo das
capelas da cabeceira, a arquitectura ramirense supón
un formidable avance aínda que sen solución de
continuidade. As novidades do arquitecto de Ramiro I
non callaron e hai que agardar ó século XI para que
reaparezan, agora chegadas de Francia, as bóvedas de
canón con faixóns e en xeral as cubricións abovedadas
e cupuladas. Ó mesmo período, e probablemente ó
mesmo arquitecto, pertencen a próxima igrexa de S.
Miguel de Lillo e a de Sta. Cristina de Lena. En ambas
aparecen as mesmas solucións para a cubrición
(bóvedas de canón con faixóns sobre ménsulas),
idéntico uso dos contrafortes e unha similar utilización
do espazo. Todas elas son características excepcionais
no contexto do prerrománico o que fixo pensar a
Schlunck na intervención dun arquitecto foráneo
(probablemente de orixe oriental) xa que os únicos
paralelos contemporáneos atópanse na arquitectura da
Armenia bizantina.
Sta. María do Naranco (848).
Foi construída como sala de recepcións
do palacio do rei Ramiro I,
nas aforas de Oviedo
Sta. María do Naranco (848).
Plano e vista exterior
Sta. María do Naranco (848)
Lado sur
Sta. María do Naranco (848)
Reconstrución
Sta. María do Naranco (848)
Sta. María do Naranco (848)
Sta. María do Naranco (848)
Balconadas nos lados menores
con arcos de medio punto peraltados
Zócolo
Xaneliña
tripartita Perpiaños
ben
labrados
nos laterais
Contrafortes
Cuberta a dúas augas
Paso á balconada.
arcos de medio punto
moi peraltados
Bóveda de canón
con arcos de faixa
Liña
de
im
posta
onde
se
sitúan
as
m
énsulas
que
sosteñen
os
arcos
de
faixa
Arquería cega.
paramento
de cachotería
Columnas
Sogueadas
Fuste
xeminado
Zócolo
Sta. María do Naranco antes da súa reforma en 1930
Arte asturiana
Período posramirense
• Destaca San Salvador de Valdediós.
• Feita construír por Alfonso III o Magno
• Depois de ser destronado polos seus
fillos.
• Destacan obras de ourivaría coma a
Cruz dos Anxos e a Cruz da Vitoria.
San Salvador de Valdediós
Posramirense
Ourivaría: Cruz dos Anxos e Cruz da Vitoria
Arte prerrománica
Arte mozárabe
• Arte de repoboación. Século X.
• A invasión musulmá ocupou boa parte da península pero non toda a
poboación se converteu á nova fe. Moitos cristiáns seguiron
practicando a súa relixión, construíndo igrexas e realizando unha arte
que, inevitablemente, viuse influída pola arte dos ocupantes
musulmáns.
• Entre os séculos X e XI desenvolveuse a arte mozárabe como
consecuencia das relacións entre as comunidades cristiás e os novos
dominadores musulmáns. O nome de mozárabe aplicábase aos
cristiáns que vivían en territorio musulmán.
• Pero tamén designa as comunidades cristiás que fuxiron do dominio
musulmán a causa das persecucións relixiosas e se refuxiaron ao
norte do Douro e no curso alto do Ebro. Estas zonas son repoboadas
con axudas de familias cristiás, que recibían dos seus respectivos
monarcas cartas de repartición de terras e dereitos de repoboación.
Arte prerrománica
Arte mozárabe
• Este arte aparece en Galicia, norte de Portugal,
León, norte de Castela, de Aragón e Cataluña.
• Xa que moitas das obras cualificadas de
“mozárabes” leváronse acabo en territorio cristián
recuperado aos musulmáns podemos falar de
“arte de repoboación”, aínda que non debemos
desdeñar o compoñente mozárabe, e dicir, a
influencia do islam.
Arte prerrománica
Características
• A principal característica da arte mozárabe é a fusión de
todos os elementos culturais presentes neste momento na
península: musulmáns, visigodos, orientais... dando lugar a
un estilo orixinal.
• Non hai unha grande unidade en canto a tipoloxías
arquitectónicas pois recorren a plantas basilicais, de cruz
grega, cuadrangulares, etc.
• Os materiais varían e van de cachotería, ladrillos e
perpiaños mellor ou peor traballados.
• Predominan as igrexas de pequeno tamaño, con espazos
moi compartimentados, con pequenas cámaras adosadas
de formas rectangulares, a distintas alturas e con
diferentes cubertas
Arte prerrománica
Características
• A influencia musulmá apréciase no gusto polas
formas curvas, tanto en planta como en alzado, o
que é un signo distintivo da arquitectura visigoda e
asturiana.
• Abunda o arco de ferradura, máis pechado que o
visigodo, por influencia musulmá, e con alfiz.
• Da arte asturiana recollen o uso de contrafortes.
• O exterior moi compacto, con poucos vans.
Organízase pola xustaposición de volumes
cúbicos a diferentes alturas, e sen portada
destacada.
Arte prerrománica
Características
• Bóvedas de diversos tipos, canón, nervios, califal
(arcos que se cruzan e sobre os que descansa o
casco da bóveda), de gallóns (bovediñas como os
gaxos dunha laranxa.
• Cuberta de madeira.
• Decoración: modillóns de rolo, decorados con
rosetas e outros temas de tradición visigoda.
• Policromía nas doelas dos arcos e interior do alfiz.
Arte prerrománica
Mozárabe: obras destacadas
• San Miguel de Celanova.
• San Cibrán de Mazote (Valladolid) con tres naves e planta
basilical.
• San Miguel de Escalada (León) planta igual que a anterior.
• Santiago de Peñalba (León)
• San Baudelio de Berlanga (Soria)
• San Millán de la Cogolla (La Rioja)
• Sta. María de Lebaña (Cantabria)
• San Quirze de Pedret (Barcelona)
• San Xoán da Pena (Huesca)
• Sta. María Melque (Toledo)
San Miguel de Escalada
Arquitectura mozárabe. S. X
Santiago de Peñalba
Arquitectura mozárabe. S. X
San Baudelio de Berlanga
Arquitectura Mozárabe. S. X
Arte prerrománica
beatos mozárabes
• Na arte mozárabe foron moi importantes as
miniaturas integradas nos beatos.
• Beato, un monxe do mosteiro de San Toribio de
Liébana (Cantabria), escribiu a finais do século
VIII un comentario da Apocalipse de San Xoán.
• Entre os séculos X e XIII, este texto copiouse e
estas copias chamáronse beatos en referencia ao
autor.
• Algúns exemplares ilumináronse con miniaturas
de rica policromía e con composicións nas que se
percibe un gran sentido do movemento na
representación.
Algúns clérigos mozárabes
realizaron copias manuscritas e
ilustradas, chamados beatos, dunha
obra moi divulgada naquela época:
Comentario ao Apocalipse, do monxe
Beato de Liébana
Escena do Beato do Escorial (s. X),
que amosa o traballo dos
campesiños.
Escena do Beato de Valladolid (s. X),
Os catro xinetes da Apocalipse
San Miguel de Celanova
Mozárabe
s. X
Identificación:
Nome: Igrexa de San Miguel de Celanova
Autor: descoñecido
Cronoloxía: s.X
Estilo: Mozárabe
Material: pedra granito e ladrillo.
Contextualización: explicar de onde provén o termo mozárabe.
Enfocalo dentro do período da reconquista e na etapa do califato (en
relación ás
influencias musulmás).
Introdución e descripcion formal: É a pesar das súas pequenas
dimensión, o mellor expoñente da arquitectura galega do século X.
Atópase no xardín do noviciado do Mosteiro de Celanova.
A súa superficie (menos de 22 metros cadrados) e a súa altura (non
alcanza os 6 metros) non son propios dunha igrexa monacal, quizais
fose un oratorio privado ou unha construción funeraria, en relación
coa figura de San Rosendo.
San Rosendo (907-977) foi unha das personaxes máis importantes
da Galicia do século X, emparentado cos reis leoneses, foi bispo de
Mondoñedo e Santiago e fundou o mosteiro de Celanova do que
chegaría a ser abade e ó que se retirou nos seus últimos días.
Non obstante o seu reducido tamaño, a calidade construtiva é
excepcional.
O aparello é de cantería asentada en seco (a óso) aínda que
disposto de forma non totalmente regular.
Non presenta a máis habitual planta basilical da arte mozárabe.
Poderíamos definilo como unha sucesión de unidades, de espazos
compartimentados. Esta fragmentación impídenos abarcar a
totalidade do espazo dunha ollada. Domina pois unha configuración
xeométrica común da arquitectura mozárabe: a formulación
xeométrica tanto en planta coma en alzado.
Componse de tres espazos aliñados e claramente diferenciados.
O primeiro, rectangular, exerce a función de vestíbulo; un segundo
corpo cadrado a modo de nave e destacando en altura polo ciborio
(6 metros) coma se se tratase dun cruceiro; e a ábsida, de forma
cadrada ao exterior e en sección de ferradura no interior, seguindo o
modelo propio das igrexas mozárabes. Neste caso, a forma interior
resulta un arco de ferradura moi pechado, o que fai que semelle máis a
un mihrab dunha mesquita que unha ábsida.
O vestíbulo: nave con entrada lateral, presenta contrafortes prismáticos,
tellado a dúas augas con cornixa saínte e ventaíña con arco de
ferradura. O interior está cuberto por bóveda de canón de ferradura e un
arco tamén de ferradura da acceso ao segundo corpo.
O Corpo central de planta cadrada que sobresae ao exterior en forma de
cruceiro. O feito de que este corpo sexa sensiblemente mais ancho que
ábsida e vestíbulo confírelle unha certa sensación de igrexa cruciforme.
Posúe contrafortes prismáticos, pequenas ventás e tellado a catro augas.
Chama poderosamente a atención a amplitude do voadizo a base de
laxas de granito sustentadas por modillóns de oito roles, decorados con
rodas de radios curvos e rosetas. O interior está cuberto por bóveda de
ladrillo de arestas que tamén se apoia en modillóns.
A ábsida presenta ao exterior un tellado a dúas augas. O interior, ao que
se accede por un arco de ferradura enmarcado por un alfiz moldurado,
ten unha planta de 1,35 metros de diámetro. Este pequenísimo espazo
recorda a un mirhab dunha mesquita.
Os tres corpos que compoñen este edificio están abovedados. Úsanse
sistemas diferentes, o que o converte nun auténtico mostrario dos
métodos de abovedamento utilizados nesa época. A bóveda de entrada
é de canón en forma de ferradura.
A cámara principal cóbrese cunha bóveda de arestas en
ladrillo, que parten dunha ménsula de rolos. Esta zona
está iluminada con catro fiestras a gran altura, que
proporcionan unha excelente iluminación a todo o interior
do oratorio.A ábsida esta cuberta por unha bóveda
gallonada No exterior vemos o fermoso xogo de volumes.
O aparello é de grandes bloques desiguais de granito.
Neste exterior apreciamos o uso de contrafortes por
influencia asturiana, e os modillóns de rolos por
influencia musulmá.
A única porta de entrada está nun lateral e sobre o lintel
da pequena porta de entrada atópase unha inscrición en
latín na que san Rosendo de Dumio honra a memoria do
seu irmán Froila.
Arte prerrománica
Arte prerrománica
Arte prerrománica
Arte prerrománica

More Related Content

What's hot

A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaA arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaDudas-Historia
 
Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalrubempaul
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaAgrela Elvixeo
 
Tema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galiciaTema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galiciaDudas-Historia
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaAgrela Elvixeo
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticasAgrela Elvixeo
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoAgrela Elvixeo
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseYolandaseara
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiagorubempaul
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentistarubempaul
 

What's hot (20)

Arte do Renacemento
Arte do RenacementoArte do Renacemento
Arte do Renacemento
 
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaA arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
 
Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudal
 
Arquitectura barroca
Arquitectura barrocaArquitectura barroca
Arquitectura barroca
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romana
 
A Arte do Barroco
A Arte do BarrocoA Arte do Barroco
A Arte do Barroco
 
Tema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galiciaTema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galicia
 
Castro de Viladonga
Castro de ViladongaCastro de Viladonga
Castro de Viladonga
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
 
Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
Castro de Elviña
Castro de ElviñaCastro de Elviña
Castro de Elviña
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románico
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourense
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentista
 

Similar to Arte prerrománica

Tema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománicoTema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománicoagreloroberto
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoSanti Pazos
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoagreloroberto
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanovaYolandaseara
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románicacamposseijo
 
Tema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOS
Tema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOSTema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOS
Tema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOSmaikarequejoalvarez
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoDudas-Historia
 
Comentario de Santa Comba de Bande
Comentario de Santa Comba de BandeComentario de Santa Comba de Bande
Comentario de Santa Comba de Bandemaikarequejoalvarez
 
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península IbéricaOs pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península IbéricaAgrela Elvixeo
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOquiquehs
 

Similar to Arte prerrománica (20)

Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Tema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománicoTema 5 arte prerrománico
Tema 5 arte prerrománico
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
 
A arte visigoda
A arte visigodaA arte visigoda
A arte visigoda
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Tema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOS
Tema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOSTema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOS
Tema 4. A arte prerrománica. MÍNIMOS PARA ALUMNOS
 
A ARTE ROMANA
A ARTE ROMANAA ARTE ROMANA
A ARTE ROMANA
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
Comentario de Santa Comba de Bande
Comentario de Santa Comba de BandeComentario de Santa Comba de Bande
Comentario de Santa Comba de Bande
 
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península IbéricaOs pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
 
Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
 
San Miguel de Celanova
San Miguel de CelanovaSan Miguel de Celanova
San Miguel de Celanova
 
Maria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galegaMaria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galega
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Arte prerrománica

  • 2. Arte prerrománica Introdución • No occidente europeo, a arte evoluciona dunha maneira singular a partir da caída do imperio romano. • A irrupción dos pobos bárbaros e o extraordinario peso da Igrexa católica irán derivando as novas obras cara unha nova linguaxe lonxe da tradición clásica. • Inicialmente tratarase dunha arte de formas dispersas nunha Europa dividida, para ir acadando un grado de coincidencia internacional que dará lugar aos dous grandes movementos artísticos cristiáns do mundo medieval: o Románico e o Gótico.
  • 3. Arte prerrománica Introdución • A división do Imperio romano por Teodosio vai producir a ruptura da unidade cultural do mundo antigo. • A crise do mundo romano viña xestándose dende o século III e conducira ao asentamento dos xermanos na zona occidental do Imperio dando lugar á aparición dun horizonte cultura fragmentado con manifestacións moi distintas en cada zona. • Coñécese co nome de arte prerrománica (chamado por algúns autores arte medieval temperá) as manifestacións artísticas desenvoltas dende o século VI ao XI por estes pobos bárbaros asentados nas antigas provincias do Imperio Romano de Occidente.
  • 5. Arte prerrománica Introdución • Poderíamos definila como unha arte que conxugou: a herdanza clásica grecorromana, a aportación cristiá, o influxo oriental a través de Bizancio e os elementos decorativos dos pobos bárbaros. • A arte prerrománica a nivel europeo ten interesantes representacións: ostrogodos, merovinxios, carolinxios... • Con frecuencia, no estudio do prerrománico, minusvalórase o papel da península Ibérica en Europa, a pesar de ter o maior número de edificios que outros países dentro deste estilo e cunha personalidade propia moi peculiar.
  • 6. Arte prerrománica Introdución • Na Península Ibérica, no século V , instaláronse, entre outros, os visigodos. • Que consolidaron a súa presenza tras vencer aos suevos no ano 585. • Posteriormente , no ano 589, implantaron o catolicismo no III Concilio de Toledo. • A invasión dos árabes no ano 711 puxo fin ao Reino Visigodo. Durante a Reconquista da península formáronse novos reinos cristiáns, • O primeiro de eles foi o de Asturias. Os reis asturianos Afonso I, Afonso II e Ramiro I consolidaron o reino e mandaron construír un gran número de pequenas igrexas.
  • 7. Arte prerrománica Introdución • A partir do século X, a ocupación musulmá da Península Ibérica, xunto ao fenómeno posterior da Reconquista, tivo como consecuencia o nacemento da chamada arte mozárabe. • Esta nova arte é nacida froito da convivencia entre musulmáns e cristiáns. • Resumindo na arte prerrománica distinguiremos: visigoda, asturiana e mozárabe.
  • 8. Arte prerrománica Introdución • Existen algunhas características comúns que responden a unha situación común de crise e de destrución das estruturas artísticas: ausencia case total de escultura, edificios de pequenas dimensións, con aparellos de pouca calidade. • Escasean as cubertas cupuladas e abovedadas, as xanelas son tamén escasas e de pequenas dimensións debido ás insuficiencias técnicas dos arquitectos, etc. • Todo iso, sen embargo xeneralizando moito xa que hai algún caso de programas escultóricos (como o de San pedro da Nave), de mestría na construción de bóvedas (arquitectura mozárabe e asturiana) ou de magníficas fiestras (Santa María do Naranco).
  • 9. Arte prerrománica Arte visigoda na península Ibérica • Os visigodos aséntanse nas fronteiras do Imperio Romano no século III, xunto ao Danubio. • Avanzan cara o interior do imperio no século V ao aumentar a presión nas fronteiras polo avance doutros pobos bárbaros coma os hunos. • No ano 507 aséntanse definitivamente na península situando a súa capital en Toledo. • O longo contacto cos romanos fai que os visigodos sexan un pobo moi romanizado, incluso cristián, que asume a dirección de Hispania tras a disolución definitiva do imperio (476 d.C). • A fin do Reino Visigodo ven marcada pola invasión dos musulmáns dende o norte de África no 711 e a conquista de case a totalidade da península. • Dende o punto de vista relixioso eran arrianos (herexía de Arrio, que negaba a divindade de Cristo), pero no III Concilio de Toledo (589) Recaredo converteuse ao catolicismo, lográndose así a unificación relixiosa.
  • 11. Territorio visigodo antes da derrota cos francos
  • 12.
  • 13.
  • 14. Restos arqueolóxicos de Recópolis (Guadalajara) cidade fundada por Leovigildo (s. VI)
  • 15. A conversión de Recaredo Muñoz Degrain (1888) Senado
  • 16. Isidoro, bispo de Sevilla, foi un dos Clérigos máis influintes da Hispania Visigoda no aspecto cultural As Etimoloxías, político e relixioso (Conversión de Recaredo e III Concilio de Toledo). Estatua na Biblioteca Nacional (Madrid) Recesvinto(653-672) foi un dos últimos monarcas visigodos. Coroa votiva (tesouro de Guarrazar)
  • 17. Arte prerrománica Características xerais da arte visigoda • Cronoloxía: V ata o VII, aínda que as súas principais manifestacións artísticas son do VI e VII. • Como inicialmente son un pobo nómade teñen escasa formación artística. • A súa tradición baséase só en pequenos obxectos de fácil transporte como armas ou xoias, decoradas a base de motivos xeométricos, ou vexetais e animais. • Esta escaseza fai que adopten a tradición clásica que van coñecendo a medida que contactan co Imperio romano. • Imitan técnicas construtivas (columnas, ordes clásicas, arcos, bóvedas) e os tipos de edificios (basílicas), aínda que cun dominio técnico inferior. • As principais manifestacións artísticas daranse na arquitectura e ourivaría.
  • 18. Arte prerrománica Características xerais da arquitectura visigoda • Tipos de construcións: igrexas de pequenas proporcións, dispersas en medio do campo (predominio rural). • Material: pedra en perpiaño ou perpiaño pequeno. • Elementos construtivos: predominio do muro sobre o vano. Muros moi grosos, xa que exercen unha función sustentante, carecen de contrafortes polo que se abren poucos vanos. • Columnas con capiteis corintios e cimacios. • Arco de ferradura (función sustentante e decorativa) máis aberto que o islámico co extradós caendo verticalmente sobre a imposta, sostidos por columnas con capiteis de inspiración corintia aínda que máis simplificado e cun cimacio enriba. • Cuberta de madeira ou bóvedas de medio canón, aresta e ás veces pequenas cúpulas.
  • 19. Arte prerrománica Características xerais da arquitectura visigoda • Plantas: basilical dunha ou tres naves. • De cruz grega, ás veces inscrita nun rectángulo (Santa Comba de Bande) • Síntese basilical e de cruz grega (San Pedro de la Nave). • Espazos moi compartimentados, pouco diáfanos, con varias salas de pequeno tamaño, de funcións pouco coñecidas. • Decoración: escasa e redúcese a motivos xeométricos, vexetais, de temática relixiosa ou zoomórficos (influencia oriental). • Con talla a bisel, moi plana, de aspecto tosco, pouco naturalismo (sen interese na perspectiva, volume, proporción...) e a adaptación ao marco pouco conseguida. • Un caso excepcional é San Pedro da Nave onde se desenvolve un programa iconográfico completo sobre a salvación.
  • 20. A Hispania visigoda cultura e arte visigodas • A cultura e a arte visigoda estiveron moi marcadas pola influencia romana e cristiá: o latín foi a lingua culta e a produción literaria centrouse nas sés episcopais e nos mosteiros cristiáns. • Dende o punto de vista artístico, salientan as pequenas igrexas construídas maioritariamente no século VII d.C.: San Xoán de Baños, San Pedro de la Nave, Santa Comba de Bande, Quintanilla de las Viñas.
  • 21. Códice emiliense, século X. Representa a cidade de Toledo coas súas muralla e ameas e algunhas das súas igrexas. Cruz do tesouro de Torredonjimeno (Xaén) s. VII
  • 23. Nave principal Campanario Arco de ferradura Escasas ventás Nave lateral Grosos muros de pedra de canteria irregular San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
  • 24. San Juan de Baños (Palencia) (s.VII) Interior e plano
  • 25. Quintanilla de las Viñas (Burgos) (s.VII)
  • 26. Cripta de San Antolín Catedral de Palencia s. VII
  • 27. San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII) Escasas fiestras Grosos muros
  • 28. Arquitectura visigoda San Pedro da Nave • San Pedro da Nave (Zamora) (época visigoda segunda metade do século VII). • A Planta é de cruz grega inscrita nun rectángulo. Xera un espazo compartimentado moi afastado da concepción basilical paleocristiá con precedentes, sen embargo, na arquitectura bizantina. • No exterior tradúcese nun harmónico xogo de volumes coas naves a diferentes alturas, o cruceiro e o ciborio (ou cimborrio) destacados e a ábsida rectangular con dúas cámaras laterais nun nivel máis baixo. O aparello é de boa calidade, superior ó de Santa Comba de Bande. No interior, as pedras de cantería, grandes e ben talladas lembran aos aparellos romanos. Un trazo de interese, existente noutras igrexas da época, é a presenza dunha cámara sobre a ábsida. • O máis orixinal da igrexa é a existencia dun programa escultórico complexo que se desenrola en bases, capiteis e un friso mural. A temática aludiría á Salvación recorrendo a temas do Antigo Testamento (Sacrificio de Isaac, Daniel entre os leóns) habituais dende a época paleocristiá polo seu carácter de antetipos ou prefiguracións de Cristo na cruz ou na resurrección.
  • 29. Arquitectura visigoda San Pedro da Nave • A técnica da talla é en reserva (só dous planos: fondo e figuración, con total ausencia de modelado) e a realización é bastante ruda con grandes desproporcións e dificultade para reproducir as túnicas que aparecían no sarcófago paelocristián que probablemente serviu de modelo. • Nos cimacios e no friso que percorre o muro aparecen roleos (vexetais estilizados que se enrolan formando círculos) en eles figuras de animais (pavos, grullas), palmetas, acios de uvas, etc. • Unha temática que alude ao paraíso terreal.
  • 30. Arco de ferradura sostido sobre columnas Columnas pegadas ao muro Chapitel historiado San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)
  • 31. Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII) Identificación Nome da obra: Santa Comba de Bande Autor: descoñecido Cronoloxía: século VII Estilo: visigodo Tipoloxía: igrexa Material: pedra de granito e ladrillo.
  • 32. Contextualización: a antiga Gallaecia romana, ocupada polos suevos ata o 585, incorpórase á órbita visigoda da man de Leovixildo. A pesar da súa situación excéntrica con respecto ás capitais visigodas (Mérida e despois Toledo) consérvanse aquí algúns edificios notables como San Fructuoso de Montelios (Braga, Portugal) ou Santa Comba de Bande, construída a principios do século VII e restaurada no 872, quizais por artistas mozárabes. O edificio, probablemente a igrexa dun antigo mosteiro, presenta unha clara contradición entre a coidada disposición da planta e a suave gradación dos volumes en altura, coa pobreza da execución e a sobriedade decorativa. Asemella que se tratase dun proxecto dun arquitecto de primeira fila, executado por un mestre de obras e uns canteiros con escasa preparación. É unha igrexa das chamadas de tipo monacal, é dicir unha igrexa ou pequeno mosteiro que situado perto dos camiños que habita unha pequena comunidade de monxes, cuxa misión era proporcionar auxilio tanto espiritual como material aos camiñantes e peregrinos. Zona de tránsito de comerciantes e viaxeiros cara portugal, Bande formaba parte da ruta romana Vía Nova e albergou un asentamento do exército romano no século I. Coa invasión musulmana da península, foron traídas ata este mosteiro os restos mortais de San Torcuato dende Guadix, un dos primeiros discípulos do apóstolo de Santiago. Abandonado o mosteiro no s. IX e s. X incorpórase ao Mosteiro de Celanova como priorato. No s. XVIII os restos de San Torcuato tamén son trasladados ao Mosteiro de Celanova onde se atopan na actualidade.
  • 33. Descrición formal: a planta orixinal era de cruz grega con cámaras laterais na cabeceira –como en San Pedro da Nave- e coa capela central destacada. Existen seis dependencias anexas á planta principal, todas cadradas: dúas nos lados do pórtico, con acceso dende o mesmo; outras dúas pegadas a elas e aos brazos da cruz, con acceso desde o cruceiro, e outras dúas na zona da cabeceira, con entrada dende a nave central. De todas elas, na actualidade só se conserva unha, a do lado norte da cabeceira, o que deixa a edificación cun aspecto máis sinxelo. sobre a súa función, admítese que as conectadas ao pórtico servirían de refuxio de peregrinos, mentres que as outras catro, conectadas co interior do templo, serían celas para os monxes. Recollemento que esixía a regla de San Fructuoso. No exterior, a falta de cámaras laterais racha co xogo de volumes primitivos. A introdución da espadaña para as campás na fachada no s. XVIII, contribuíu a rachar este o equilibrio. O interior, a pesar da súa sinxeleza, resulta moi fermoso polo partido que o arquitecto soubo sacar da diferencia de alturas, con xanelas a distintos niveis que dan unha iluminación matizada. As naves que forman a cruz están construídas con perpiaños labadros de granito As bóvedas que cobren a igrexa son de canón construídas en ladrillo de tipo romano, salvo o cruceiro que se cobre con bóveda de aresta sostida por catro arcos de ferradura. Presenta unha fiestra en cada un dos lados. Aínda que as bóvedas de aresta son de tradición romana sorprende a súa aparición nun edificio visigodo (é o único caso coñecido) polo que podería ser dunha época posterior (século IX??)
  • 34. Descrición formal: O arco triunfal de ferradura que da acceso ao altar maior, apóiase sobre catro columnas pareadas exentas de fuste liso, dúas delas teñen capiteis de época do baixo imperio romano, de tipo corintio, e outros dous de factura visigótica. No arranque da bóveda do presbiterio hai un friso biselado con motivos vexetais estilizados de grande calidade técnica. A decoración interior limítase ás impostas con sogueados e acios de uva e outros motivos vexetais de gran influencia romana. Existen dúas mesas de altar, unha podería ser un “ara romana” reutilizada máis tarde como cristiana. Tamén podemos atopar desta época romana un miliario e que agora cumpre a función de pía bautismal. Hai restos de pintura mural no ábside, pero non se sabe a época e columnas con capiteis trapezoidais na parte reformada no s. IX e X. Modelos e influencias: Sta. Comba de Bande supón un exemplo de eclecticismo arquitectónico propio da encrucillada cultural que caracterizaba Galicia no s. VII. Elementos tan dispares como arcos romanos e os de ferradura atópanse combinados como exemplo que despois se desenvolverá na arquitectura mozárabe como a de San Miguel de Escalada ou San Cebrián de Mazote do século X e posteriormente na arquitectura mudéxar como a sinagoga de Sta. María a Blanca en Toledo.
  • 35. Santa Comba de Bande Plano
  • 36. Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)
  • 37. Santa Comba de Bande Arco de ferradura e columnas con capiteis corintios que dan entrada ao presbiterio
  • 38. Santa Comba de Bande detalle dos capiteis e interior
  • 39.
  • 40. Santa Comba de Bande Paramento con perpiaños. Engastallo
  • 41. Santa Comba de Bande detalle do paramento
  • 42. Santa Comba de Bande Detalles
  • 43. Santa Comba de Bande Bóveda de aresta do cruceiro
  • 44.
  • 45. Santa Comba de Bande Decoración no friso
  • 46. San Xoán de Panxón (Nigrán-Pontevedra) (s.VII)
  • 47. Arte prerrománica Arte asturiana • A invasión islámica non conseguiu ocupar completamente o territorio peninsular. • Pequenos núcleos de resistencia fixéronse fortes nas montañas do norte tanto en Asturias como en Navarra e pouco máis tarde no resto dos territorios ó norte do Douro. • No caso asturiano, os descendentes de Pelaio (Covadonga 722) fundaron unha monarquía que, aínda que con altibaixos, conseguiu aglutinar ós elementos refractarios á presenza musulmán arborando a bandeira do neovisigotismo (considerábanse os lexítimos sucesores da monarquía visigoda). • O primeiro momento de esplendor artístico desta monarquía prodúcese durante o reinado de Afonso II (792-842) quen reconstrúe a cidade de Oviedo, que fora destruída polos árabes, nun intento de convertela na nova Toledo. Desta campaña constructiva quedan algúns restos como a Cámara Santa da Catedral ou a igrexa de San Xulián dos Prados (Santullano) nas aforas da cidade.
  • 48. O Reino de Asturias • Ao longo do s. VIII, algúns caudillos locais das montañas asturianas negáronse a pagarlles tributos aos emires cordobeses. • O máis detacado deles foi Pelaio, quen nas proximidades de Covadonga resistiu un ataque dos musulmáns cara ao ano 722.
  • 49.
  • 50. O Reino de Asturias • Anos despois, os emires musulmáns recoñeceron a imposibilidade de seguir controlando os territorios da franxa cantábrica, que actuaban sen teren en conta as ordes que lles chegaban de Córdoba. • Alfonso I (739-756) e Alfonso II (791-842) foron os primeiros monarcas do reino de Asturias, que xurdiu ao redor de Cangas de Onís e posteriormente se espallou cara ao oeste e chegou a dominar boa parte de Galicia. • A corte estableceuse en Oviedo e recuperáronse algunhas leis visigodas.
  • 51.
  • 52. De reino de Asturias a reino de León Ocupación do val do Douro • Segunda metade do s. IX, os reis de Asturias, e en particular Afonso III (866-910), aproveitaron os enfrontamentos internos e a debilidade dos emires cordobeses para expandiren os seus dominios. • Espallaron os seus territorios dende a cordilleira Cantábrica ao val do Douro. • Cidades como Astorga, León, Zamora e Porto pasaron a formar parte do reino de Asturias.
  • 53.
  • 54. De reino de Asturias a reino de León Creación do reino de León • No s. IX, para a ocupación efectiva da marxe dereita do val do Douro, fíxose necesario repoboar o territorio e poñelo en cultivo. Deste xeito promoveuse que familias campesiñas dos vales cantábricos (cántabros e ástures) se desprazasen ás novas terras e se instalasen nelas. • Co obxectivo de controlar o territorio e protexer estas familias, o rei de Galicia e de Asturias, Ordoño II, trasladou a súa corte a León (914), que se converteu na capital. • O aumento de territorios ao sur da cordilleira Cantábrica foi tan importante que o reino de Asturias pasou a denominarse reino de León.
  • 55. O rei Afonso II e a súa esposa Ximena xunto ao bispo de Oviedo no Libro dos Testamentos, s. XII
  • 56. Arte asturiana Características • Desenvolveuse no século VIII e IX. • De carácter relixioso, aínda que tamén se construíron edificios civís, como pequenos palacios e hospitais, a maioría desapareceron ou está moi modificados.
  • 57. Arte asturiana Características • A arte asturiana funde a tradición visigoda anterior coa influencia da Europa cristiá (imperio carolinxio), o que se evidencia no gusto polas formas rectilíneas e a verticalidade do espazo. • O material primordial continúa sendo a pedra en perpiaños grandes e ben traballados nos esquinais, para reforzar a estrutura, mentres o resto do edificio constrúese con cachotería (perpiaños máis pequenos, irregulares).
  • 58. Arte asturiana Características • Predomino do muro sobre o vano. Os vanos son pequenos e aparecen recubertos con celosías de xeso ou de pedra. • Columnas con decoración de corda ou soga no fuste e ás veces tamén no capitel. • O sistema construtivo anuncia xa sistemas románicos: • Cubertas con bóvedas de canón con faixóns que corresponde ao exterior con contrafortes. • Arcos de medio punto peraltado, o que aumenta a sensación de verticalidade. Ocasionalmente úsase o arco de ferradura pero só con función decorativa.
  • 59. Arte asturiana Características • Cabeceiras rectangulares por dentro e fóra. • Temas decorativos: a pobreza de materiais nas súas construcións, tratan de subsanala engadindo elementos decorativos con medallóns nas enxutas dos arcos (clípeos), celosías de madeira ou de pedra, nos vanos e pinturas murais nos interiores dos edificios. • Tipos de plantas: basilical, cunha ou tres naves, a central máis alta que as laterais, amplo cruceiro e tres capelas rectangulares na cabeceira. A cabeceira soe estar separada do resto da igrexa por un iconostasio (cancela perforada que non impide a visión, pero que pecha a zona da Eucaristía, dando un carácter misterioso), co que o presbiterio queda fortemente sinalado. • Sobre a capela maior disponse dunha cámara segreda, con acceso só dende o exterior e finalidade descoñecida. É frecuente o uso dunha tribuna reservada ao monarca, aos pés da igrexa.
  • 60. Arte asturiana Características • Distinguimos tres fases na arquitectura: a) Prerramirense que corresponde ao reinado de Afonso II (792-842). Nesta fase séguese as formas e os elementos da arquitectura visigótica e romana coma o arco de medio punto ou a falta de contrafortes no exterior. b) Ramirense, reinado de Ramiro I (842-850). Considérase a etapa de plenitude. c) Posramirense, correspondente ao reinado de Afonso III (866-910). Nesta fase apréciase o uso de elementos da arquitectura mozárabe coma o arco de ferradura islámico máis cerrado, que o visigótico.
  • 61. Arte asturiana Características • Exemplos na arquitectura: a) Prerramirense: Cámara Santa da catedral de San Salvador de Oviedo e San Xulián de Prados (Santullano), esta última de tres naves, con outra no cruceiro e tres ábsidas. b) Ramirense: Sta. María do Naranco, San Miguel de Lillo e Santa Cristina de Pola de Lena. c) Posramirense: San Salvador de Valdediós, feita construír por Afonso III despois de ser destronado polos seus fillos.
  • 62. Arte asturiana Características escultura, pintura e ourivaría • A escultura limítase ao ámbito decorativo (capiteis, molduras, columnas e medallóns). • Pintura: os templos decorábanse con pinturas murais (destaca San Xulián de Prados). • Ourivaría: destaca. A cruz dos Anxos e A cruz da Vitoria. Esta última mandada forxar por Afonso III, ademais de grandes pedras ten esmaltes que representan animais e flores polo seu estilo relaciónase coa arte carolinxia do norte de Italia.
  • 63. Período prerramirense (1ª m. IX) Exterior Cámara Santa da Catedral de Oviedo
  • 64. Período prerramirense (1ª m. IX) Exterior e sección Cámara Santa da Catedral de Oviedo
  • 65. Período prerramirense (1ª m. IX) Interior cripta de Sta. Leocadia Cámara Santa da Catedral de Oviedo abaixo reconstrución da pintura mural
  • 66. Período prerramirense (1ª m. IX) Exterior de San Xulián de Prados
  • 67. Arte asturiana San Xulián de Prados (Prerramirense. 1ª m. IX) • O edificio é de planta basilical con tres naves separadas por arcos de medio punto sobre piares e transepto destacado en altura, todo en perpiaño irregular de pequeno tamaño e con cuberta de madeira (a pesar do neovisigotismo abandónase o arco de ferradura). • A cabeceira é recta con tres capelas soldadas cubertas con bóvedas de canón. Sobre a maior, unha curiosa cámara supraabsidal ábrese ó exterior por unha xanela triplo similar ás que logo se utilizarán, monumentais, en Sta. Mª do Naranco. A finalidade desta dependencia, que xa vimos en igrexas visigodas como San Pedro da Nave, é controvertida pero o máis probable é que servise para algún tipo de práctica ascética ou de penitencia.
  • 68. Período prerramirense (1ª m. IX) Exterior do ábside e plano de San Xulián de Prados
  • 69. Arte asturiana San Xulián de Prados (Prerramirense. 1ª m. IX) • O interior da igrexa está cuberto de pinturas ó fresco, nas que se emprega unha decoración de arquitecturas palacianas e cortinas suspendidas entre columnas, sen dúbida inspirada nos escenarios da traxedia helenística. • Aparecen tamén numerosas cruces, símbolo da monarquía asturiana. A pesar de se atopar hoxe bastante estragadas estas pinturas son moi importantes para a Historia da Arte xa que testemuñan a existencia dunha tradición de pintura mural nas igrexas dende o mundo romano ata a Idade Media.
  • 70. Período prerramirense (1ª m. IX) Interior de San Xulián de Prados. Detalle da pintura mural
  • 71. Período prerramirense (1ª m. IX) Interior de San Xulián de Prados. Detalle da pintura mural
  • 72. Período prerramirense (1ª m. IX) Reconstrución interior de San Xulián de Prados. Detalle da pintura mural
  • 74. Período prerramirense (1ª m. IX) pintura mural de San Xulián de Prados
  • 75. Estatua de Alfonso II O Casto en Oviedo. Obra de Víctor Hevia
  • 76. Estatua de Alfonso II O Casto en Santiago de Compostela
  • 77. Reconstrución da necrópole de Compostela. Onde se localizaron os supostos restos do apóstolo Santiago durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 78. Reconstrución da arca marmárica onde se depositaron os supostos restos do apóstolo Santiago durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 79. Reconstrución da arca marmárica onde se depositaron os supostos restos do apóstolo Santiago e os seu discípulos durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 80. Reconstrución do primitivo santuario onde se depositaron os supostos restos do apóstolo Santiago durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 81. Reconstrución da ampliación nos tempos de Alfonso III O Magno
  • 82. Arte asturiana Período ramirense (842-850) • O prerrománico asturiano alcanza os seus cumios máis altos durante o breve reinado de Ramiro I (842-850). • A principal novidade nesta etapa ramirense é o abovedamento total do edificio e a aparición de elementos, como as bóvedas de canón con faixóns, que anticipan en douscentos anos as solucións do románico e aínda do gótico pola liberdade coa que se abren xanelas que iluminan os edificios dunha maneira insólita no arte da época prerrománica. • A este período pertencen tres edificios (San Miguel de Lillo, Santa María do Naranco e Santa Cristina de Lena) obra probablemente dun mesmo arquitecto.
  • 83. San Miguel de Lillo Período ramirense (842-850)
  • 84. San Miguel de Lillo Período ramirense (842-850)
  • 85. San Miguel de Lillo Período ramirense (842-850)
  • 86. Santa Cristina de Lena Período ramirense (842-850)
  • 87. Santa Cristina de Lena Período ramirense (842-850)
  • 88. Santa Mª do Naranco Período ramirense (842-850)
  • 89. Identificación: Nome: Santa María do Naranco Autor: descoñecido Cronoloxía: 842-850 Estilo: prerrománico asturiano. Período ramirense Tipoloxía: obra civil Material: pedra, ladrillo, madeira
  • 90. Introdución: a chamada Igrexa de Santa María do Naranco, situada na ladeira sur do monte do mesmo nome, nas proximidades de Oviedo, non era no seu orixe unha igrexa senón un palacete de caza aínda que xa no mesmo século da súa construción foi convertido en igrexa, función que mantivo ata 1930, ano no que se comezou a restauración que lle devolveu o seu aspecto primitivo. Sabemos a data do inicio da obra foi no 848. Recordade que hai que falar da contextualización (monarquía asturiana, reconquista e do período ramirense) Descripción formal: presenta planta rectangular, moi alongada (20 m de largo por 6 de ancho), articulada en dúas plantas, accesos nos dous lados maiores. Levantada sobre un alto zócolo, para compensar as irregularidades do terreo, destaca a gran desenvolvemento vertical do edificio, común a outros do mesmo estilo. A ambos lados da planta tiña dous corpos laterais, a modo de pórticos (na actualidade falta ao do lado sur). O piso inferior dividido en tres espazos, o central de maior tamaño, posiblemente utilizado como oratorio palatino, está cuberto por unha bóveda de canón reforzada con arcos de faixa que parten dun zócalo que percorre todo o perímetro O segundo andar repite a distribución inferior, pero a dobre altura, con dous miradoiros a xeito de belvederes nos extremos e unha gran sala central. O acceso realízase por unha escaleira exterior de dobre derrama situada no centro do lado Norte, un dos lados maiores do rectángulo, e pórtico.
  • 91. O espazo central, denominada Salón Real ou Aula Rexia, foi sen dúbida o epicentro do edificio. A longa bóveda de canón, en toba, vai reforzada por arcos faixóns que levan o peso ata o muro perimetral, moito máis groso na planta baixa. O empuxe vai contrarrestado no exterior por potentes e estreitos contrafortes correspondentes con cada tramo. Nas enxutas dos arcos aparecen medallóns, enmarcados co motivo da soga, representando temas cinexéticos, xinetes, soldados e animais. A talla é moi ruda e o relevo plano, indicio a falta de tradición plástica. Especulouse cun posible orixe oriental (persa sasánida) para os modelos xa que os medallóns presentan claras similitudes con pratos de prata sasánidas e tecidos persas. Igualmente sorprendentes resultan as dúas balconadas, que se converteron na imaxe característica e máis fermosa do monumento. Abren á sala central a través de tres portas alinteladas baixo arcos de medio punto peraltados, sendo a central algo máis ancha e alta cás laterais. Os seus vans, moi amplos, divídense en tres grandes arcadas de medio punto peraltado, sendo tamén a central máis ancha e alta cás laterais. Apoian os arcos en columnas sogueadas e capiteis de tradición corintia.
  • 92. Influencia: fronte á arquitectura da época de Afonso II, que reservaba as bóvedas para o pequeno espazo das capelas da cabeceira, a arquitectura ramirense supón un formidable avance aínda que sen solución de continuidade. As novidades do arquitecto de Ramiro I non callaron e hai que agardar ó século XI para que reaparezan, agora chegadas de Francia, as bóvedas de canón con faixóns e en xeral as cubricións abovedadas e cupuladas. Ó mesmo período, e probablemente ó mesmo arquitecto, pertencen a próxima igrexa de S. Miguel de Lillo e a de Sta. Cristina de Lena. En ambas aparecen as mesmas solucións para a cubrición (bóvedas de canón con faixóns sobre ménsulas), idéntico uso dos contrafortes e unha similar utilización do espazo. Todas elas son características excepcionais no contexto do prerrománico o que fixo pensar a Schlunck na intervención dun arquitecto foráneo (probablemente de orixe oriental) xa que os únicos paralelos contemporáneos atópanse na arquitectura da Armenia bizantina.
  • 93. Sta. María do Naranco (848). Foi construída como sala de recepcións do palacio do rei Ramiro I, nas aforas de Oviedo
  • 94. Sta. María do Naranco (848). Plano e vista exterior
  • 95. Sta. María do Naranco (848) Lado sur
  • 96. Sta. María do Naranco (848) Reconstrución
  • 97. Sta. María do Naranco (848)
  • 98. Sta. María do Naranco (848)
  • 99. Sta. María do Naranco (848)
  • 100.
  • 101. Balconadas nos lados menores con arcos de medio punto peraltados Zócolo Xaneliña tripartita Perpiaños ben labrados nos laterais Contrafortes Cuberta a dúas augas
  • 102. Paso á balconada. arcos de medio punto moi peraltados Bóveda de canón con arcos de faixa Liña de im posta onde se sitúan as m énsulas que sosteñen os arcos de faixa Arquería cega. paramento de cachotería Columnas Sogueadas Fuste xeminado Zócolo
  • 103. Sta. María do Naranco antes da súa reforma en 1930
  • 104. Arte asturiana Período posramirense • Destaca San Salvador de Valdediós. • Feita construír por Alfonso III o Magno • Depois de ser destronado polos seus fillos. • Destacan obras de ourivaría coma a Cruz dos Anxos e a Cruz da Vitoria.
  • 105. San Salvador de Valdediós Posramirense
  • 106. Ourivaría: Cruz dos Anxos e Cruz da Vitoria
  • 107. Arte prerrománica Arte mozárabe • Arte de repoboación. Século X. • A invasión musulmá ocupou boa parte da península pero non toda a poboación se converteu á nova fe. Moitos cristiáns seguiron practicando a súa relixión, construíndo igrexas e realizando unha arte que, inevitablemente, viuse influída pola arte dos ocupantes musulmáns. • Entre os séculos X e XI desenvolveuse a arte mozárabe como consecuencia das relacións entre as comunidades cristiás e os novos dominadores musulmáns. O nome de mozárabe aplicábase aos cristiáns que vivían en territorio musulmán. • Pero tamén designa as comunidades cristiás que fuxiron do dominio musulmán a causa das persecucións relixiosas e se refuxiaron ao norte do Douro e no curso alto do Ebro. Estas zonas son repoboadas con axudas de familias cristiás, que recibían dos seus respectivos monarcas cartas de repartición de terras e dereitos de repoboación.
  • 108. Arte prerrománica Arte mozárabe • Este arte aparece en Galicia, norte de Portugal, León, norte de Castela, de Aragón e Cataluña. • Xa que moitas das obras cualificadas de “mozárabes” leváronse acabo en territorio cristián recuperado aos musulmáns podemos falar de “arte de repoboación”, aínda que non debemos desdeñar o compoñente mozárabe, e dicir, a influencia do islam.
  • 109. Arte prerrománica Características • A principal característica da arte mozárabe é a fusión de todos os elementos culturais presentes neste momento na península: musulmáns, visigodos, orientais... dando lugar a un estilo orixinal. • Non hai unha grande unidade en canto a tipoloxías arquitectónicas pois recorren a plantas basilicais, de cruz grega, cuadrangulares, etc. • Os materiais varían e van de cachotería, ladrillos e perpiaños mellor ou peor traballados. • Predominan as igrexas de pequeno tamaño, con espazos moi compartimentados, con pequenas cámaras adosadas de formas rectangulares, a distintas alturas e con diferentes cubertas
  • 110. Arte prerrománica Características • A influencia musulmá apréciase no gusto polas formas curvas, tanto en planta como en alzado, o que é un signo distintivo da arquitectura visigoda e asturiana. • Abunda o arco de ferradura, máis pechado que o visigodo, por influencia musulmá, e con alfiz. • Da arte asturiana recollen o uso de contrafortes. • O exterior moi compacto, con poucos vans. Organízase pola xustaposición de volumes cúbicos a diferentes alturas, e sen portada destacada.
  • 111. Arte prerrománica Características • Bóvedas de diversos tipos, canón, nervios, califal (arcos que se cruzan e sobre os que descansa o casco da bóveda), de gallóns (bovediñas como os gaxos dunha laranxa. • Cuberta de madeira. • Decoración: modillóns de rolo, decorados con rosetas e outros temas de tradición visigoda. • Policromía nas doelas dos arcos e interior do alfiz.
  • 112. Arte prerrománica Mozárabe: obras destacadas • San Miguel de Celanova. • San Cibrán de Mazote (Valladolid) con tres naves e planta basilical. • San Miguel de Escalada (León) planta igual que a anterior. • Santiago de Peñalba (León) • San Baudelio de Berlanga (Soria) • San Millán de la Cogolla (La Rioja) • Sta. María de Lebaña (Cantabria) • San Quirze de Pedret (Barcelona) • San Xoán da Pena (Huesca) • Sta. María Melque (Toledo)
  • 113. San Miguel de Escalada Arquitectura mozárabe. S. X
  • 115. San Baudelio de Berlanga Arquitectura Mozárabe. S. X
  • 116. Arte prerrománica beatos mozárabes • Na arte mozárabe foron moi importantes as miniaturas integradas nos beatos. • Beato, un monxe do mosteiro de San Toribio de Liébana (Cantabria), escribiu a finais do século VIII un comentario da Apocalipse de San Xoán. • Entre os séculos X e XIII, este texto copiouse e estas copias chamáronse beatos en referencia ao autor. • Algúns exemplares ilumináronse con miniaturas de rica policromía e con composicións nas que se percibe un gran sentido do movemento na representación.
  • 117. Algúns clérigos mozárabes realizaron copias manuscritas e ilustradas, chamados beatos, dunha obra moi divulgada naquela época: Comentario ao Apocalipse, do monxe Beato de Liébana Escena do Beato do Escorial (s. X), que amosa o traballo dos campesiños.
  • 118. Escena do Beato de Valladolid (s. X), Os catro xinetes da Apocalipse
  • 119. San Miguel de Celanova Mozárabe s. X
  • 120. Identificación: Nome: Igrexa de San Miguel de Celanova Autor: descoñecido Cronoloxía: s.X Estilo: Mozárabe Material: pedra granito e ladrillo.
  • 121. Contextualización: explicar de onde provén o termo mozárabe. Enfocalo dentro do período da reconquista e na etapa do califato (en relación ás influencias musulmás). Introdución e descripcion formal: É a pesar das súas pequenas dimensión, o mellor expoñente da arquitectura galega do século X. Atópase no xardín do noviciado do Mosteiro de Celanova. A súa superficie (menos de 22 metros cadrados) e a súa altura (non alcanza os 6 metros) non son propios dunha igrexa monacal, quizais fose un oratorio privado ou unha construción funeraria, en relación coa figura de San Rosendo. San Rosendo (907-977) foi unha das personaxes máis importantes da Galicia do século X, emparentado cos reis leoneses, foi bispo de Mondoñedo e Santiago e fundou o mosteiro de Celanova do que chegaría a ser abade e ó que se retirou nos seus últimos días. Non obstante o seu reducido tamaño, a calidade construtiva é excepcional. O aparello é de cantería asentada en seco (a óso) aínda que disposto de forma non totalmente regular. Non presenta a máis habitual planta basilical da arte mozárabe. Poderíamos definilo como unha sucesión de unidades, de espazos compartimentados. Esta fragmentación impídenos abarcar a totalidade do espazo dunha ollada. Domina pois unha configuración xeométrica común da arquitectura mozárabe: a formulación xeométrica tanto en planta coma en alzado. Componse de tres espazos aliñados e claramente diferenciados. O primeiro, rectangular, exerce a función de vestíbulo; un segundo corpo cadrado a modo de nave e destacando en altura polo ciborio
  • 122. (6 metros) coma se se tratase dun cruceiro; e a ábsida, de forma cadrada ao exterior e en sección de ferradura no interior, seguindo o modelo propio das igrexas mozárabes. Neste caso, a forma interior resulta un arco de ferradura moi pechado, o que fai que semelle máis a un mihrab dunha mesquita que unha ábsida. O vestíbulo: nave con entrada lateral, presenta contrafortes prismáticos, tellado a dúas augas con cornixa saínte e ventaíña con arco de ferradura. O interior está cuberto por bóveda de canón de ferradura e un arco tamén de ferradura da acceso ao segundo corpo. O Corpo central de planta cadrada que sobresae ao exterior en forma de cruceiro. O feito de que este corpo sexa sensiblemente mais ancho que ábsida e vestíbulo confírelle unha certa sensación de igrexa cruciforme. Posúe contrafortes prismáticos, pequenas ventás e tellado a catro augas. Chama poderosamente a atención a amplitude do voadizo a base de laxas de granito sustentadas por modillóns de oito roles, decorados con rodas de radios curvos e rosetas. O interior está cuberto por bóveda de ladrillo de arestas que tamén se apoia en modillóns. A ábsida presenta ao exterior un tellado a dúas augas. O interior, ao que se accede por un arco de ferradura enmarcado por un alfiz moldurado, ten unha planta de 1,35 metros de diámetro. Este pequenísimo espazo recorda a un mirhab dunha mesquita. Os tres corpos que compoñen este edificio están abovedados. Úsanse sistemas diferentes, o que o converte nun auténtico mostrario dos métodos de abovedamento utilizados nesa época. A bóveda de entrada é de canón en forma de ferradura.
  • 123. A cámara principal cóbrese cunha bóveda de arestas en ladrillo, que parten dunha ménsula de rolos. Esta zona está iluminada con catro fiestras a gran altura, que proporcionan unha excelente iluminación a todo o interior do oratorio.A ábsida esta cuberta por unha bóveda gallonada No exterior vemos o fermoso xogo de volumes. O aparello é de grandes bloques desiguais de granito. Neste exterior apreciamos o uso de contrafortes por influencia asturiana, e os modillóns de rolos por influencia musulmá. A única porta de entrada está nun lateral e sobre o lintel da pequena porta de entrada atópase unha inscrición en latín na que san Rosendo de Dumio honra a memoria do seu irmán Froila.