SlideShare a Scribd company logo
1 of 125
Arquitectura Renacentista
O Renacemento:
Introdución. contexto histórico
• O Renacemento, a grandes rasgos
comprende cronoloxicamente os século
XV e XVI, co que se pon fin á Idade Media
e comeza a Idade Moderna da cultura
occidental, é un fenómeno complexo que
impregna todos os ámbitos da existencia
humana máis alá do estritamente artístico
e cultural.
O Renacemento:
Introdución. contexto histórico
• O primeiro en utilizar o termo
“renacemento” foi o tratadista Vasari no
século XV, a finais do s. XVIII, aparece na
“Enciclopedia francesa” o termo
“renaissance”.
• Pero será, Michelet, quen deu ao
concepto “renacemento” un sentido
histórico en 1885.
O Renacemento:
contexto histórico. cronoloxía
• Segundo o historiador italiano Vasari (s. XVI)
podemos distinguir as seguintes etapas:
• Quattrocento (s. XV). Tamén chamado
“Primeiro renacemento” ou “Renacemento
temperá”.
• Cinquecento (1500-1540) tamén chamado
“Renacemento clásico”.
• Manierismo (1540-1600) tamén chamado
“Renacemento tardío”.
O Renacemento:
Introdución. contexto histórico
• O movemento renacentista xurde en Florencia
(Italia) no século XV, extendéndose por Europa
a finais deste século e comezos do seguinte.
• Este estilo nace en Italia porque alí nunca se
perdeu todo o espírito clasicista, como demostra
o escaso arraigo que o Gótico tivo, ademais,
toda a xeografía italiana estaba salpicada de
restos da antigüidade clásica, que servirán de
modelo aos artistas.
• Dende Italia estenderase ao resto de Europa.
Aínda que en cada país adquirirá matices
particulares.
O Renacemento:
Introdución. contexto histórico
• Esta época está caracterizada polo forte
desenvolvemento do comercio e a artesanía, o
que supón o ascenso económico e social da
burguesía que convertérase nun dos mecenas
fundamentais para os artistas, xunto coa Igrexa
e a nobreza.
• Os mecenas xeralmente eran membros de
familias adiñeiradas: os Medici, os Ufficci, os
Rucellai, etc. Adoitaban ser coleccionistas de
obras de arte.
O Renacemento:
Introdución. contexto histórico
• A influencia da próspera burguesía cidadá e mercantil na vida política e
cultural (foron grandes mecenas) foi determinante no desenvolvemento
do no novo espírito renacentista, ao ser ela quen decidía os novos
intereses da sociedade.
• A cultura en xeral, e a arte en particular quedaron baixo o control da
nova nobreza renacentista.
• O renacemento foi, ante todo, un novo espírito que transformou as
artes, as letras, as ciencias e todas as formas do pensamento e da
actividade humana.
• Aínda que non debe entender como unha ruptura co pasado xa que
moitas concepción desenvolvidas durante este período xa apareceron
durante a Baixa Idade Media e moitas das formas artísticas medievais
mativéronse ao longo do século XV.
• Isto leva a que a cultura (e polo tanto a arte) perda grande parte da
carga relixiosa de épocas anteriores (aínda que nalgúns países como
España a arte seguira sendo eminentemente relixiosa)
O Renacemento:
contexto histórico. Rasgos característicos
• Os rasgos característicos son:
• Humanismo: un humanismo racional, no o emotivo da Idade
Media.
• Antropocentrismo: o ser humano convértese no centro e é
con referencia a el como se estudia todo o ámbito da
existencia fronte o teocentrismo medieval.
• Individualismo: o ser humano defínese pola súa
individualidade en todos os planos da vida. O novo ideal é o
home completo, harmonicamente desenvolvido en tódalas
súas facultades (corpo-espírito).
• Valoración da razón: fronte ao sobrenaturalismo medieval
onde o home estaba sometido á iniciativa do pensamento
relixioso. A razón humana como fonte autónoma do
coñecemento, capaz de atopar verdades e de desenvolver
por sí os distintos ámbitos do saber.
O Renacemento:
contexto histórico. Rasgos característicos
• Disociación entre cristianismo e cultura laica que non quere dicir
anticristiana. Os intelectuais da época emancípanse do monopolio
exercido pola Igrexa, desenvolvendo unha cultura racionalista e un
espírito crítico.
• Búsqueda das fontes culturais, filosóficas e artísticas na
antigüidade clásica. A Grecia e a Roma antiga será fonte de
inspiración en tódolos apartados culturais e artísticos. A figura do
filósofo Platón será unha das fontes máis determinante creándose
un novo movemento filosófico neoplatonismo na procura do
idealismo que terá forte raigame na inspiración dos artistas do
renacemento. Por outro lado o ámbito da mitoloxía clásica ponse
outra vez de moda. O humanismo estivo alentado pola difusión da
cultura clásica (a investigación de textos antigos en latín e grego, as
excavacións arqueolóxicas...
• O gran invento da imprenta foi un gran difusor das ideas.
• Tamén foi importante a aportación que fixeron os intelectuais que
fuxiron de Constantinopla ao baixo o poder dos turcos.
O Renacemento:
contexto histórico. Rasgos característicos
• Naturalismo: valórase a natureza en si mesma, no en canto
creada por Deus.
• Estúdiase sen connotacións relixiosas, investigando e tratando
de determinar leis físicas polas que se rixen.
• Promóvese as investigacións científicas e técnicas
(descubrimentos xeográficos, a imprenta).
• Culto á vida e ao amor á natureza.
• A arte deixa de considerarse un simple oficio para pasara
converterse nunha auténtica ciencia; o autor das obras pasa de
ser considerado artesán a ser considerado artista.
• Estudio da anatomía. En canto o aspecto físico da persoa e da
súa relacion coa Natureza.
• A busca da perfección nos individuos levará a aparición de
artistas polifacéticos que plasman a súa xenialidade en
diferentes disciplinas: Miguel Anxo, Brunelleschi, Leonardo,
Alberti, etc.
O Renacemento:
contexto histórico. Rasgos característicos
• Novo concepto de beleza: atópase intimamente relacionado coa
xeometría e as matemáticas.
• Fundamenta racionalmente o ideal de beleza basándoo na medida, a
proporción, o número, a orde e a harmonía entre as distintas partes da obra
artística, ao igual que en Grecia coas ordes e o canon.
• O edificio é concibido como un todo perfecto, ao que non pode engadirse
nen quitar nada sen alterar a súa proporción. As relacións que se
establecen entre cada un dos seus elementos e o conxunto do edificio
deben ser harmónicas.
• Estudio das proporcións: Para iso aparece o concepto de MODULO, que
vai a determinar por multiplicación ou división as dimensións de cada un
dos elementos do edificio O interese por imitar a natureza e o interese pola
ciencia fixo que o artista se interesase por aplicar a perspectiva de forma
rigorosa, como un método de representar unha realidade tridimensional o
máis claramente posible na superficie bidimensional. Esta forma de
representación foi usada na Antigüidade, e tamén foi usada polos artistas
do último gótico, pero non de forma matemática, de tal maneira que as
figuras representábanse de menor tamaño a medida que se afastaban do
espectador. Agora faise de forma xeométrica baseada en cálculos
matemáticos (o primeiro en facelo foi Brunelleschi).
O Renacemento:
contexto histórico. Rasgos característicos
• Importancia da perspectiva: o achádego técnico da
perspectiva, un conxunto de regras gráficas matemáticas, que
permiten representar con exactitude científica o aspecto da
realidade, foi un elemento decisivo para a nova arte porque
permitía proxectala de tal xeito que naceu a idea de que o
proxecto, máis que a realización, é a esencia dunha obra de
arte.
• Intentarán distintas formas para lograr a perspectiva: Lineal
mediante diagonais que converxen en distintos puntos de fuga
ou aérea por degradación das tonalidades nas cores para
percibir “o ar” que separan os distintos elementos da
composición.
• A perspectiva non só se utiliza na pintura. Tamén na arquitectura
e escultura.
• Temática: mitos, paisaxe, retrato e corpo humano desnudo.
O Renacemento:
contexto histórico. Rasgos característicos
• O Renacemento iniciouse nas cidades italianas onde os burgueses, nobres e
príncipes se rodearon de artistas, literatos e filósofos e financiaron as súas obras,
converténdose nos seus mecenas.
• Durante o século XV (Quattrocento) Florencia era a cidade máis próspera de
Italia. Os Medicis son os grandes banqueiros e donos da cidade, mecenas ao
mesmo tempo dos artistas do momento. A cidade convértese nun centro artístico
italiano e no berce do Renacemento.
• O século XVI (Cinquecento) supón o momento clásico por excelencia do
Renacemento. O primeiro terzo do Cinquecento (clasicismo) supón o triunfo da
harmonía e o equilibrio. A capital artística de Italia trasládase dende Florencia á
Roma dos papas, que convértense nos novos mecenas e protectores dos artistas.
Principalmente Xulio II e León II que utilizarán a arte coma instrumento de
prestixio persoal e de difusión do poderío da Igrexa.
• Xa no segundo terzo do século comézase a abandonar o equilibrio e a
harmonía de tendencia clásica, perdendo interese pola proporción e a serenidade
e centrando a atención no decorativismo. Isto anuncia a crise do renacemento e
o inicio do manierismo. Despegan outras cidades como Venecia.
Renacemento italiano
• Quattrocento: XV.
• Cinquecento: 1500-1540.
• Manierismo: 1540-1600.
Cronoloxía do Renacemento
Renacemento Italiano
Etapa Arquitectos Pintores Escultores
Quatroccento
Brunelleschi.
Alberti.
Filippo Lippi.
Botticelli.
Piero de la Francesca
Masaccio.
Donatello
Ghiberti
Cinquecento
Bramante
Miguel Anxo
Palladio
Leonardo da Vinci
Miguel Anxo
Rafael
Giorgione
Miguel Anxo
Cellini
Renacemento Italiano
Arquitectura Pintura Escultura
Características
Búsqueda do espazo
harmónico.
Elementos sinxelos e
ordenados.
Proporcionalidade matemática.
Elementos clásicos: lintel, friso,
columnas gregas.
Arco de medio punto.
Cúpula.
Igrexas, palacios e outras obras
civís.
Leis da perspectiva: lineal e
aérea.
Temas: mitoloxía clásica,
relixiosos, retrato
psicolóxico.
Mostrar a natureza
idealizada.
Quattrocento:
proporcionalidade.
Cinquecento:
Máis volume e o emotivo.
Proporcionalidade e
harmonía.
Imitación da escultura
Clásica.
Esculturas exentas ou
relevos.
Quattrocento:
proporcionalidade.
Cinquecento:
Máis volume e o
emotivo.
Artistas
Brunelleschi
Alberti
Bramante
Miguel Anxo
Palladio
Boticelli
Leonardo da Vinci
Miguel Anxo
Rafael
Giorgione
Donatello
Ghiberti
Miguel Anxo
Cellini
Renacemento: características xerais
arquitectura renacentista en Italia
• A arquitectura renacentista é unha creación
tipicamente italiana.
• Presupón no arquitecto unha sólida formación
científica e cultural.
• Estes pretenden rachar coa estética medieval.
• Van ter moi presentes nas súas realizacións o
ideal de beleza e perfección baseados no estrito
racionalismo.
• É unha arquitectura xeométrica e racional, na
que prevalece a harmonía, proporción e
simetría.
Renacemento: características xerais
arquitectura renacentista en Italia
• Dous factores inflúen dunha maneira directa e
inmediata nas súas obras:
1. Observación e estudio das ruínas dos
monumentos clásicos romanos.
2. Estudio dos tratados teóricos de arquitectura
(fundamentalmente Vitrubio), que contiñan as
leis da arquitectura clásica.
• Non se trata de copiar o mesmo, senon que a
partir do coñecemento das leis nas que se
baseaba a arte clásica, adaptalo a criterios
propios.
Renacemento: características xerais
arquitectura renacentista en Italia
• A arquitectura renacentista está estreitamente
vinculada ás matemáticas:
• Os arquitectos toman como fundamento as formas
básicas xeométricas claramente perceptibles, as
perfectamente regulares e racionais (círculo, cadrado,
cubo, esfera, cilindro).
• A pureza xeométrica, seguindo o neoplatonismo, non é
senon o reflexo da claridade divina.
• Mostra pola proporción matemática tanto nas estruturas
como nas plantas.
• Establecen relacións simples de lonxitude, altura e
profundidade.
• Visión unitaria da obra articulando os distintos elementos
arquitectónicos entre si e co conxunto.
Renacemento: características xerais
arquitectura renacentista en Italia
• Antropocentrismo na obra arquitectónica.
• Toman como modelo o corpo humano e a
organización existente entre os membros do
mesmo.
• A referencia da figura humana xa se atopaba en
Vitrubio.
• Espazo regulado mediante as leis da perspectiva
Euclidiana.
• Principais edificios: templos, palacios, vilas,
biblotecas...
Renacemento: elementos importantes
arquitectura renacentista en Italia
• Toma como referencia os elementos construtivos e decorativos
da arquitectura romana clásica.
• Materiais: ladrillo, pedra revestido de mármore.
• Muro: recupera a súa función (elemento sustentante e peche)
valorando a súa superficie que, en oposición á estética gótica
(desmaterializar este corpo do edificio) preténdese agora crear un
espazo perfectamente delimitado.
• Ordes clásicas pero cun canon máis esbelto.
• Columnas e pilastras: o capitel preferido é o corintio ou composto
adornado de grutescos.
• A columna pode ter o fuste liso ou ben ser balaustrada (constituída
a base de diversas molduras cadradas e curvas con
ensanchamentos e estreitamentos sucesivos).
• Pilastras acaroadas aos muros.
• Emprego do arco de medio punto (único arco racional).
Renacemento: elementos importantes
arquitectura renacentista en Italia
• Cuberta:
• bóveda de canón con casetóns
(compartimentos huecos e xeométricos en que
queda dividida unha cuberta, de aresta, vaída.
• Plana de madeira con casetóns.
• Cúpula a súa utilización é unha característica
máis destacada deste estilo símbolo da
xeometría e da Maxestade Divina e da orde
divina do Universo. Brunelleschi e Miguelanxo
serán dous artistas destacados nesta forma.
Renacemento: elementos importantes
arquitectura renacentista en Italia
• Planta:
• Cruz latina aínda que non é un esquema válido no
pensamento renacentista, non se atreveron a deixala de
utilizar de pronto, polo seu carácter simbólico, limitáronse
a modificar no interior o modo de percibir os espazos.
• Centralizada: cruz grega e circular. Máis representativa
do seu ideal.
• Interiores: espazos diáfanos, claros, uniformemente
iluminados.
• Cúpula sobre o cruceiro ou lugar central.
• Escaleiras son un dos elementos máis coidados e
frecuentes.
Renacemento: elementos importantes
arquitectura renacentista en Italia
• Elementos decorativos: tomados do repertorio clásico:
froitos, flores, obxectos colgando de cintas, guirlandas,
medallóns, bucráneos, amorciños, almofadados.
• O máis característico son os grutescos, motivo
decorativo baseado en seres fantásticos, vexetais e
animais, completamente enlazados e combinados
formando un todo.
• A orixe da palabra ven por imitar as pinturas que se
descubriron na residencia imperial no Palatino, cuxas
ruínas parecían “grutas”.
• Disposición xeométrica a partir dun eixe central: a
candileiri.
• Bicromatismo: aproveitan o contraste entre a cor branca
e o gris da pedra.
Renacemento: elementos importantes
arquitectura renacentista en Italia
• Edificios típicos: templo (xa comentada a planta).
• Palacio: residencia agora da burguesía comercial, deixa
de ser concebido como unha fortaleza. Xa non é
expresión ou símbolo da cidade, como na Idade Media,
senon manifestación do poderío das novas clases
dominantes.
• Vila: a nova clase burguesa intenta imitar aos antigos
romanos, e de acordo ao seu ideal de ocio do
humanismo neoplatónico, busca na vila un lugar onde
retirarse da vida cotiá e así poder entrar en contacto coa
Natureza.
• Biblioteca: edificio que terá gran importancia na nova
cultura humanística.
Renacemento:
Arquitectura italiana do Quattrocento
• Florencia, baixo o mecenazgo dos Medicis que serán grandes
impulsores da arte.
• Dende o punto de vista artístico, o século XV caracterízase por
unha visión científica baseada na perspectiva e na idea da
proporción.
• Principal representante Filippo Brunelleschi. Foi o arquitecto
máis famoso deste século e, con Alberti, Donatello e Masaccio,
un dos creadores do estilo renacentista.
• Formouse como escultor e orfebre e iniciou a súa carreira no
ámbito da escultura.
• Non é de extrañas, por tanto, que participara no concurso para a
realización das portas do baptisterio de Florencia en 1401,
certame no que quedou segundo, despois de Ghiberti.
• Crese que a súa decepción polo seu relativo fracaso foi tal que no
sucesivo dedicouse case exclusivamente a arquitectura.
Mecenas
• Persoas que facilitaban, material ou
politicamente, o desenvolvemento
artístico e intelectual.
• Podían ser Papas ou bispos (Nicolás V,
Alexandre VI) ou grandes señores e
burgueses que adquiriron poder
económico e político pola prosperidade
das cidades italianas como o caso dos
Sforza en Milán ou Medici en Florencia.
Florencia
1. Palacio dos Medici
2. Palacio Pitti
3. Ponte Vecchio
4. Basílica de San Lourenzo
5. Panteón dos Medici
Pedro de Medici encarga a
Gozzoli este fresco para
decorar o seu palacio. Cortexo
aos Reis Magos (1459), aparecen
algúns membros dos Medici.
O asunto relixioso é un pretexto
para a glorificación familiar.
Mecenazgo
Os Medici en Florencia
• Entre 1389 e 1537, a
familia Medici gobernou
en Florencia.
• A cidade converteuse
nun grande enclave
comercial.
• Importante centro do
humanismo e
Renacemento.
• Lourenzo de Medici foi o
máis destacado.
Lorenzo de Medici. Bronzino
Lorenzo de Medici
O promotor de Florencia
• Lorenzo de Medici quixo facer a súa cidade a
maior e máis fermosa.
• Fixo trazar novas rúas e construír novos
palacios e edificios.
• Amaba rodearse dos que sobresaían nas artes
e protexía ás xentes das letras.
• Para que a xuventude puidese dedicarse ao
estudio fundou a Universidade de Pisa.
Lorenzo de Medici
O promotor de Florencia
• Grande amante das letras e das artes.
• Protexeu a artistas como Botticelli,
Leonardo, Miguel Anxo.
• Formou un círculo de humanistas para estudar
aos filósofos gregos nos que participaron
Ficino e Pico de la Mirándola.
• Fundou a Biblioteca Laurenciana, que reuníu
gran cantidade de obras clásicas.
• Alcumado como O Magnífico.
Ottavio Vannini: Lourenzo o Magnífico rodeado de aristas. 1642. Lorenzo creou unha
academia: O Xardín de San Marcos, onde os novos artistas como Miguel Anxo aprendían as
Técnicas e copiaban esculturas clásicas.
Renacemento: Filippo Brunelleschi
Arquitectura italiana do Quattrocento
• Principal representante Filippo Brunelleschi. Foi o
arquitecto máis famoso deste século e, con Alberti,
Donatello e Masaccio, un dos creadores do estilo
renacentista.
• Formouse como escultor e orfebre e iniciou a súa
carreira no ámbito da escultura.
• Non é de extrañas, por tanto, que participara no
concurso para a realización das portas do baptisterio
de Florencia en 1401, certame no que quedou
segundo, despois de Ghiberti.
• Crese que a súa decepción polo seu relativo fracaso foi
tal que no sucesivo dedicouse case exclusivamente a
arquitectura.
Renacemento: Filippo Brunelleschi
Arquitectura italiana do Quattrocento
• Máis tarde gañará o seguinte concurso para rematar a
catedral gótica coa solución da gran cúpula e aquí
Ghiberti quedou segundo, defendendo a partir deste
momento as profesións de cada un deles: Ghiberti
escultor e Brunelleschi arquitecto.
• Os seus profundos coñecementos matemáticos e o
seu entusiasmo por esta ciencia facilitáronlle o camiño,
ademais de levarlle ao descubrimento da perspectiva,
a clave da arte do Renacemento.
• A Brunelleschi débeselle, de feito a formulación das
leis da perspectiva central, tal como afirma Alberti no
seu famoso tratado Della Pintura
Renacemento: Filippo Brunelleschi
Arquitectura italiana do Quattrocento
• Pero na súa época, a súa fama estivo
asociada, sobre todo, a cúpula da
catedral da súa cidade natal xa que os
seus coñecementos de enxeñería
permitíronlle solventar os problemas, en
apariencia insolubles, da construción de
dita cúpula, pola que os seus concidadás
o reverenciaron. De feito, na actualidade
a cúpula continúa a ser a obra máis
admirada.
Renacemento: Filippo Brunelleschi
Arquitectura italiana do Quattrocento
• Tamén entran en xogo as combinacións de
diferentes figuras xeométricas (cadrado,
círculo, triángulo), xa que para Brunelleschi,
como bon renacentista, a igrexa non era un
xogo de azar senon o resultado da correcta
aplicación dunha serie de leis prestablecidas.
• Precisamente por iso, os seus edificios non son
aptos para suscitar emocións se non para
intentar comprender fría e racionalmente as leis
que o artista quixo plasmar a través das súas
realizacións.
Renacemento: Filippo Brunelleschi
Arquitectura italiana do Quattrocento
• A súa arquitectura, ademais da cúpula da catedral,
queda comprendica en outras dúas espléndidas
creacións: a capela Pazzi e a igrexa de San
Lourenzo. A primeira de planta central e a segunda de
cruz latina, baseadas na harmonía visual e na
alternancia da arenisca gris e estuco branco.
• A influencia foi moi importante para Miguelanxo.
• Cando morreu aos 68 anos (idade moi avanzada na
época) foronlle rendido todo tipos de honores. Conta
Vasari que na súa tumba inscribiuse a frase
restaurador da vella arquitectura. Non foi só iso. Con
el acaba de nacer a arquitectura renacentista.
Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia
a) Nome: Cúpula da catedral de Florencia
b) Autor: Brunelleschi
c) Cronoloxía: 1ª m. XV
d) Tipoloxía: arquitectura
e) Material: ladrillo, pedra mármore.
f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano
g) Localidade: Florencia
Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia
Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia
Comentario:
Contexto histórico: importancia do Renacemento. Por que en Italia?
Por que en Florencia? Importancia dos Medicis.
•Descrición formal: consta de tres elementos: tambor (octogonal),
cúpula e linterna. 45,5 m de diámetro e 54 m (alto).
• A abertura tan grande do tambor non permitía o uso de cimbras
(estruturas, normalmente de madeira que serven de base para a
construción de arcos, bóvedas ou outros elementos). Ademais, as
cúpulas semiesféricas antigas, como a do Panteón, dispoñían de
grosos muros de apoio, que neste caso non había. Por iso Brunelleschi
subdivide o peso da cúpula, para dar mellores empuxes, empregando
dúas cúpulas: unha que queda incluída noutra lixeiramente apuntada
rematada por unha lanterna. A cúpula levántase sobre o cruceiro da
catedral gótica cubrindo un diámetro similar a do Panteón romano (42
metros) pero dun porte máis esvelto (aínda gótico) converténdose na
primeira gran obra renacentista.
•Estrutura: superposición de dúas cúpulas abrazadas por unha espiral
en forma de espiña de peixe, que é a columna vertebral de toda
estrutura. Está organizada a partir da sección áurea. Harmonía que se
axusta aos canons renacentistas.
•O arquitecto partiu da necesidade dunha estrutura de oito nervios, que
discurren polo exterior e serven de apoio dos elementos decorativos,
como os relevos con motivos arquitectónicos, os oito ollos de boi do
tambor e a legante lanterna culmina o conxunto.
Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia
Comentario:
•Contorna e integración urbanística:
elemento esencial e vertebrador do
skyline florentino.
•Función, contido e significado: É
esencial na cobertura do cruceiro da
catedral. Símbolo inequívoco do poder da
cidade gobernada polos Medicis. Pola
complexidade construtiva é a obra
arquitectónica máis importante desde a
época romana. É a cúpula realizada en
obra máis grande do mundo.
•Modelo e influencias: modelo: cúpula
do panteón de Roma. Inspiración de
tódalas cúpulas realizadas
posteriormente en toda Europa pero
especialmente en Miguelangelo: cúpula
de San Pedro do Vaticano.
Brunelleschi. Cúpula da
catedral de Florencia
interior
San Lourenzo.
Brunelleschi.
a) Nome: Interior da Igrexa de San Lourenzo
b) Autor: Brunelleschi
c) Cronoloxía: m. XV
d) Tipoloxía: arquitectura
e) Material: pedra.
f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano
g) Localidade: Florencia
Planta
San Lourenzo.
Brunelleschi.
San Lourenzo.
Brunelleschi.
Comentario:
•Contexto-introdución: os primeiros intentos de crear un novo espazo
arquitectónico acorde coas novas ideas humanistas prodúcense en Florencia a
principios do s. XV. Foi precisamente Brunelleschi, arquitecto florentino, quen
plasmou en arquitectura estes novos ideais sen rachar bruscamente coa
tradición medieval.
•Así por exemplo Brunelleschi adaptou as súas novas ideas do rigor, orde,
claridade, ao esquema xeral dos edificios medievais (planta de cruz latina). Un
exemplo o temos na igrexa de San Lourenzo de Florencia.
•Recorda tamén: importancia de Florencia neste período. Papel dos mecenas
os Medici... O humanismo...
•Análise: planta de cruz latina con tres naves. A nave central máis ancha que
as laterais con capelas laterais e unha nave transversal. Todo isto rematado
cunha cabeceira plana na que se abren varias capelas. Se sobre o plano
facemos un raiado dos tramos centrais de cada brazo e a capela maior o
resultado sería unha planta perfecta de cruz latina.
•Mantén no edificio a disposición típica da Idade Media; sen embargo hai unha
notable diferenza: nos edificios góticos o esquema básico de cruz latina
quedaba bastante enmascarado polas numerosas partes que constituían o
edificio (claustro, salas capitulares...) e polos propios elementos construtivos
(arcobotantes, contrafortes...); polo contrario, aquí esforzouse non só porque
quede claro o esquema na planta tanto no interior como no exterior.
•A novidade de resaltar no interior tanto a cruz faise máis patente se
observamos que os elementos son alleos ao gótico (arco de medio punto,
columnas corintias, entaboamento, cornixas...) que o arquitecto asimilia do seu
contacto en Roma coa arte antiga, pero aínda máis, crea un espazo sometido a
estritas reglas matemáticas tanto na planta como no interior mantense unha
proporción entre a anchura das distintas naves así por exemplo a nave central
é o dupolo de ancha que as naves laterais. As naves laterais de menor anchura
son máis baixas e estan cubertas con bóveda vaída.
San Lourenzo.
Brunelleschi.
Comentario:
Análise-creación dun novo espazo racional baseado nas reglas
prestablecidas: harmonía, perspectiva e proporción.
En efecto, o arquitecto ofrece unha aplicación da teoría da perspectiva
formulada en 1416 por el mesmo, baseada na pirámide visual que supón ao
ollo do espectador colocado na base dunha hipotética pirámide, sendo o vértice
da mesma o punto de fuga onde converxen todas as liñas do espazo.
Fíxate nas liñas do edificio que forman a pirámide visual e que de arriba abaixo
veñen marcados por:
A moldura do teito.
A baranda
A cornixa enriba do arco de medio punto.
Entaboamento.
Capiteis.
As basas da columna.
Incluso o solo.
Estas liñas lonxitudianis son cortadas por outras tranversal claramente
definidas coas que se forma unha serie de volumes xeométricos.
Aplicación dunhas medidas proporcionais.
Espazo harmoniso e perfectamente abarcable.
Brunelleschi, partindo da tradición medieval (planta) crea un espazo concebido
á medida do home, abarcable por el.
A utilización dos ideais teórico do Renacemento seguirá co plan central con
outros autores como Alberti e Leonardo.
San Lourenzo.
Brunelleschi.
Comentario:
•Descrición formal: o exterior da igrexa é relativamente basto, sobre todo a
súa fachada, na que nunca se chegou a colocar o revestimento de mármore.
Interior: planta de cruz latina. Artículase en tres naves e capelas laterais,
transepto e ábsida central flanqueada por dúas sancristías. A nave central é o
doble de ancha e alta que as laterais e a súa separación faise a partir de
columnas de orde corintia que soportan arcos de medio punto cun
entablamento entre o chapitel e arranque do arco. A cuberta da nave central é
alintelada (non abovedada fronte ao gótico) decorada con casetóns. Nas
naves laterais as capelas se abren a través de arcos de medio punto, e
encima, os óculos. No cruceiro ábrese unha cúpula semiesférica. O Conxunto
está pensado para que todas as liñas da perspectiva converxan no altar.
Baseouse na simetría, na matemática e na harmonía da complementariedade
do cadrado e o círculo.
•Contorna e integración urbanística: forma parte do espectacular e
homoxéneo centro histórico de Florencia.
•Función, contido e significado: Función litúrxica. A proporcionalidade xenera
equilibrio e serenidade ao visitante: novo espírito humanista.
•Modelo e influencias: modelo: basílicas paleocristiás. Outros templos
renacentistas tanto de Italia, Europa ou América.
San Lourenzo.
Brunelleschi.
San Lourenzo.
Brunelleschi.
Linguaxe decorativa tipicamente
clasicista (frisos, casetóns, …)
Pero vese obrigado a recorrer a
solucións extracanónicas como os
cimacios sobre os capiteis das columnas
para dar maior altura e esvelteza aos
elementos sustentantes.
San Lourenzo.
Brunelleschi.
Santa Mª A Novella
Alberti. 1456
Santa Mª A Novella
Alberti. 1456
a) Nome: Fachada Sta. Mª a Novella.
b) Autor: Alberti
c) Cronoloxía: m. XV
d) Tipoloxía: arquitectura
e) Material: mármore branco de Carrara e verde de Prato
f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano
g) Localidade: Florencia
Santa Mª A Novella
Alberti. 1456
Comentario:
•Descrición formal: igrexa dominicana de
estilo gótico que chegará sen fachada, como
moitas das igrexas da cidade. E de feito a
única fachada construída no século XV en
Florencia. Gran fachada, matemática e
proporcionalmente perfecta, sobria na
decoración sen ornamentos. Concebida polo
segmento aúreo. A fachada describe a
organización interna en tres naves cunha nave
central o duplo de alta que as dúas laterais.
Remata en frontón que enlaza coas laterais
cuns aletóns. Decorativamente sigue a
tradición toscana, de orixe románica de
combinar o mármore verde co branco.
Motivos xeométricos; círculos, triángulos,
cadrados , rectángulos, superpostos uns e
outros.
•Contorna e integración urbanística: está
situada nunha praza creada para acoller á
multitude de fieis que asistían as predicacións
dos dominicos.
•Función, contido e significado: dotar dun
elemento simbólico de entrada e referencia á
basílica.
•Modelo e influencias: é o gran manifesto das
fachadas do Renacemento. Destaca Giacomo
della Porta, entre 1580-1584, a fachada da
igrexa de Gesú de Roma que reinterpretará
esta fachada que será símbolo da arquitectura
dos Xesuítas e da Contrarreforma.
Il Gesú de
Roma
Palacio Medici-Ricardi
1444-1460
a) Nome: Palacio Medici-Ricardi.
b) Autor: Michelozzo di Bartolomeo
c) Cronoloxía: m. XV
d) Tipoloxía: palacio
e) Material: pedra e outros materiais
f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano
g) Localidade: Florencia
Palacio Medici-Ricardi
1444-1460
Comentario:
•Descrición formal: o palacio é un encargo de
Cosme o Vello patriarca da familia dos Medici
mentres gobernaba a cidade. Fachada de robusta
simplicidade, divídese en tres rexistros
arquitectónicos seprados por cornixas dentadas.
Piso inferior rusticidade do almofado e con escasez
de vanos (salvo as portas). Piso intermedio
almofado menos groso e xanelas xeminadas que se
repiten simetricamente e que no terceiro rexistro se
atopan máis estilizadas para disimular a menor
altitude do piso. A fachada termina cun gran
entaboamento de raiz clásica. O interior do palacio,
imitando as domus romanas, articúlase arredor dun
patio central.
•Contorna e integración urbanística: o edificio
atópase dentro do chamado “barrio dos Medici” á
beira da basílica de San Lourenzo, e a poucos
pasos do convento familiar de San Marcos. Centro
neurálxico da cidade.
•Función, contido e significado: dotar dunha
residencia familiar. Posteriormente o seu fillo
Cosimo, fixo construír outros: Palacio Veccio, Uffizi e
Pitti. Cen anos despois foi comprado pola familia
Ricardi.
•Modelo e influencias: fixou a tipoloxía do palacio
civil renacentista. Maior influencia o palacio Strozzi
tamén en Florencia.
Palacio Strozzi
1489
Destaca o Pazo Medici – Ricardi (ca. 1444)
Prototipo, por antonomasia, para os posteriores e grandiosos pazos florentinos
do Renacemento.
Saíntes molduras separan as tres
plantas nas que se divide o seu alzado
exterior, creando poderosas liñas de
fuga horizontais só
contrarrestadas pola sucesión vertical
dos vans.
As diferenzas ornamentais no aparello de
cada unha das plantas contribúen a evitar
a monotonía visual do conxunto
Coroa o conxunto unha sobresaliente cornixa que contribúe
á imposición urbanística do pazo, así como a acentuar os efectos claroscurísticos
Palacio Rucellai
1446-1451
a) Nome: Palacio Rucellai.
b) Autor: Alberti
c) Cronoloxía: m. XV
d) Tipoloxía: palacio
e) Material: pedra e outros materiais
f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano
g) Localidade: Florencia
Palacio Rucellai
1446-1451
Comentario:
•Descrición formal: palacio dun rico comerciante
florentino. Alberti adaptouse aos edificios
preexistentes: unificación de oito casas. Crea unha
soa fachada de novo cuño e remodela os espazos
internos segundo os conceptos humanistas que el
mesmo postula no seu tratado De Re Aedificatoria
(1452).
•Estruturase en tres niveis marcados polo uso de
tres ordes clásicas: dórica planta baixa, xónica no
primeiro piso e corintia no segundo. Os tres niveis
están separados por un entaboamento. A
superposición das ordes clásicas responde á
vontade de recuperar as teorías de Vitrubio.
Repítese os elementos e formas con xeometría
exacta, característica que se aplicará a todos os
palacios realizados posteriormente no século XV.
•Contorna e integración urbanística: perto de Sta.
Mª a Novella. Alterou a contorna. Rucellai ordenou
derribar as casas fronte ao palacio para construír o
palacio.
•Función, contido e significado: funcional.
Residencia privada da familia.
•Modelo e influencias: fixou a tipoloxía do palacio
civil renacentista. Maior influencia o palacio Strozzi
tamén en Florencia.
Renacemento:
cinquecento arquitectura
• Búsqueda do espazo harmónico.
• Elementos sinxelos e ordenados.
• Proporcionalidade matemática.
• Elementos clásicos: lintel, friso, columnas gregas.
• Arco de medio punto.
• Igrexas, palacios e outras obras civís.
• Destaca Roma como centro artístico.
• Arquitectos: Bramante e Miguel Anxo.
• Na 2ª m. do XVI téndese ao manierismo
repetición dos elementos clásicos pero sin o
espírito do ideal. Transición ao Barroco.
Renacemento cinquecento
• No s. XVI, a capital da arte trasladouse de Florencia a
Roma e iniciouse un período de maduración do
Renacemento que se coñece como Cinquecento.
• Arquitectura: ao longo do s. XVI os papas exerceron un
gran mecenado sobra as artes. Xulio II iniciou a
construción da basílica de San Pedro do Vaticano e
encargoulle as obras a Bramante e Miguel Anxo.
• No norte de Italia destacou Andrea Palladio autor da
Villa Capra, que puxo ao servizo da burguesía os
elementos arquitectónicos dos templos clásicos.
• Na última etapa do Renacemento (Manierismo)
Vignola e Giacomo della Porta abrirán paso ao
Barroco con Il Gesú de Roma.
Renacemento cinquecento
• O primeiro terzo do XVI, Florencia atravesa un periodo
de inestabilidade política, polo que os artistas
abandonan a cidade, instalándose en Roma ou en Milán.
• Será agora Roma, baixo o mecenazgo dos Papas, o
principal centro creador da arte clásica renacentista.
• Con Xulio II, iníciase o desenvolvemento da Roma
clásica, a través da arquitectura, querendo deixar
patente o poder político da Igrexa (non só quere ser o
sucesor de San Pedro, como acredita o proxecto da súa
tumba enriba da de San Pedro, senon o sucesor dos
mesmos emperadores romanos), e para iso promove
unha serie de realizacións arstísticas, nas que o
clasicismo covértese na cultura oficial do papado.
San Pietro in Montorio
Bramante
San Pietro in Montorio
Bramante
a) Nome: San Pietro in Montorio
b) Autor: Bramante
c) Cronoloxía: 1502
d) Tipoloxía: igrexa
e) Material: mármore e granito
f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano
g) Localidade: Roma
1. Lanterna
2. Cúpula
3. Tambor
4. Friso
5. Capitel dórico
6. Fuste
7. Frontón
8. Podio
San Pietro in Montorio
Bramante
Comentario:
•Descrición formal: o templo divídese en dous piso. O
primeiro empeza cunha escalinata circular que limita o
peristilo de 16 columnas, de orde tocana, sobre as cales se
levanta un entaboamento clásico formado por un arquitrabe,
un friso decorado coas imaxes dos instrumentos do martirio
de San Pedro e unha cornixa. O piso superior iníciase
cunha balaustrada que rodea un corpo cilíndrico a modo de
tambor e que contribúe á lixeireza do conxunto. Aquí
sucédese unha serie de xanelas cegas e nichos con forma
de semicúpulas coroadas por unha cuncha. Sobre estes
elementos levántase unha cúpula de media esfera, cuxos
nervios conflúen nunha lanterna rematada en cruz. No seu
interior hai unha única cela de planta circular. No lado
oposto a entrada principal hai un pequeno altar.
•Contorna e integración urbanística: Bramante
propuxérase en integrar o pequeno templo nun patio
circular. Non se levou a cabo quedeu atrapado no interior
do claustro rectangular do mosteiro de San Pietro,
actualmente ocupado pola Academia de Belas Artes de
España en Roma.
•Función, contido e significado: o templo foi financiado
polos Reis Católicos, para conmemorar o martirio de San
Pedro no lugar onde a tradición sitúa a roca onde foi
crucifixado.
•Modelo e influencias: modelo: recuperación dos templos
circulares (tholos). Influencia no cadro dos Desposorios
Virxe de Rafael.
San Pedro do Vaticano
Contextualización á cúpula
• No século XV Roma aparecía como un
conxunto de ruínas, sen rúas urbanizadas.
• Os peregrinos que querían visitar as
basílicas debían abrirse paso por penosos
camiños.
• É sintomático que, a pesar do poderío da
Igrexa durante a idade, non se construíse
ningunha catedral que rivalizara coas
outras cidades europeas.
San Pedro do Vaticano
Contextualización á cúpula
• A cidade de Roma tiña unha dupla función: ser residencia territorial
do Estado eclesiástico e o centro da Igrexa Católica.
• Para conseguilo os papas realizarán unha política de construcións
representativas co fin de lograr unha cidade de “rango superior”.
• Os seus monumentos, e neste caso San Pedro e a súa praza,
serán os máis representativos.
• Toda actividade cidadá está en función da Igrexa e as súas
construcións.
• Para os papas do Renacemento a vitoria do cristianismo sobre o
paganismo debería quedar patente nos monumentos antigos que
había nas prazas de Roma.
• Neste contexto temos que ver a construción da basílica de San
Pedro do Vaticano.
• A igrexa e a praza de San Pedro de Roma temos que encadrala
dentro de dous estilos artísticos: o Renacemento e o Barroco.
• No deseño e construción da cúpula participará Miguel Anxo.
San Pedro do Vaticano
Contextualización á cúpula. Orixe do proxecto
• Cando Xulio II accede ao papado, unha das súas grandes preocupacións
vai ser a substitución da vella basílica paleocristiá de San Pedro, do s. IV,
por un novo e grandioso edificio que mostrara a cabeza visible da Igrexa
Cristiá (no cal tiña previsto o seu propio sepulcro, encargado a Miguel
Anxo).
• Monumentalidade, perfección de deseño arquitectónico e riqueza de
materiais amosarían a preeminencia do Papa como cabeza da Igrexa e a
súa calidade de representante de Cristo na Terra.
• O financiamento dunha obra semellante requiría duns elevadísimos
ingresos, para o cal se arbitra a venda de bulas (indulxencias) como medio
de obtención de recursos.
• Dito expediente de financiamento traerá consigo duras críticas que,
engadidas ás dos outros vicios da Igrexa (nepotismo, concubinato,
absentismo, nicolaísmo…) constituirán unhas das causas que conducirán a
desencadear o movemento reformador de Lutero.
• O proxecto de construción da basílica e praza de San Pedro durará máis
dun século (XVI-XVII) dentro de dous estilos artísticos: Renacemento e
Barroco.
• Miguel Anxo participará no deseño e construción da cúpula.
Imaxe da antiga basílica de
San Pedro do Vaticano (s.IV)
Planta: proxecta
un grandioso
edificio de planta
de cruz grega
inscrita nun
cadrado.
No alzado, prevalecería a altura das
catro torres
graduadas situadas nos respectivos
diedros da cruz e a esvelta cúpula
central do conxunto, erguida sobre
os catro poderosos machóns do
cruceiro a partir dun tambor de
columnas.
San Pedro do Vaticano
Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
O proxecto de
Bramante (1505)
Xulio II encarga as
trazas da nova basílica
a Bramante en 1505.
•No proxecto de Bramante:
segue partindo do concepto simbólico dos antigos
martyria, máxime nun edificio que gardaría as reliquias do
Apóstolo por excelencia e recibiría os restos do papa que
impulsa a súa construción.
A cúpula convértese no referente celestial.
A planimetría, dimensións, orientacións e disposicións
das entradas do edificio (cara aos catro puntos cardinais)
fan fincapé na proclamación do mesmo como centro da
cristiandade universal.
San Pedro do Vaticano
Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
Tras a morte de Bramante, en 1514,
faise cargo das obras Rafael.
Modifica este o proxecto orixinal de
planta central por desexo expreso do
novo pontífice, León X, establecendo
un de cruz latina, se ben mantén a
preponderancia da cúpula sobre o cruceiro.
San Pedro do Vaticano
Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
Antonio Sangallo o Xove. Sucede no
proxecto a Rafael
Modifica de novo o proxecto, creando unha fusión
entre a planta centralizada e a de cruz latina: así,
engade a unha planta de cruz grega (herdeira do
proxecto de Bramante) unha monumental fachada
flanqueada por dúas torres, o que restaría
protagonismo á cúpula.
San Pedro do Vaticano
Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
Miguel Anxo. Será o que, á morte de Sangallo en 1547, asuma a dirección da
obra (xa a súa madurez) e introduza as modificacións que, en boa parte, serán
definitivas.
Recupera a planta proxectada, nun comezo, por
Bramante, incluída a monumental cúpula sobre
o cruceiro (que acada os 42 m de diámetro) e as
catro cúpulas menores dos diedros do cadrado (a
modo de contrarresto da principal).
San Pedro do Vaticano
Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
San Pedro do Vaticano
Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
Carlos Maderno. Será o encargado de rematar
as obras xa na transición do Manierismo ao
Barroco:
-
Alonga o brazo occidental (engade tres
tramos con capelas laterais), dando lugar a
unha planta de cruz latina, eliminando a
visualización monumental que se
pretendera para a cúpula desde o exterior.
-
Realiza a fachada, empregando a orde
xigante, rematada por un robusto ático.
San Pedro do Vaticano
Contextualización. Os proxectos posteriores á cúpula
Renacemento:
Cinquecento. Arquitectura
Miguel Anxo Buonarroti
arquitecto
• É o auténtico representante do home do Renacemento no sentido de ser un artista
polifacético. Aínda que el considerábase escultor, realizou obras mestras en
arquitectura e pintura. A súa longa vida permitiulle evolucionar dende o clasicismo da
súa xuventude ao manierismo da súa madurez.
• Dende neno dedicouse a arte, primeiro no taller de Ghirlandaio e despois no xardín
dos Medici onde entra en contacto con outros artistas e coa filosofía neoplatónica
que marcará a súa obra, converténdose en protexido de Lorenzo o magnífico
• Como arquitecto domina pronto a linguaxe manierista (Biblioteca Laurenciana, Praza
do Capitolio).
• Na súa madurez faise cargo da dirección das obras da Igrexa de San Pedro.
Buenarroti mantivo a idea bramantesca de planta de cruz grega cunha gran cúpula,
pero establece unha soa entrada e marca un eixo lonxitudinal. Modifica a estrutura
da cúpula e a dota de maiores dimensións converténdoa no elemento máis expresivo
da construción. Morreu sen ver a cúpula conclusa pero deulle tempo a rematar as
ábsidas (percorridos por xigantescas pilastras pareadas entre as que se abren vans
coroados por frontóns triangulares e curvos como na cúpula). A cúpula con 42
metros rivaliza coa do Panteón e a supera en altura. Concibida cun dobre casquete
semiesférico (o perfil exterior apuntado rematouno o seu sucesor Giacomo della
Porta) e montada sobre un tambor circular no que alternan as xanelas e os frontóns.
Maderna (barroco) prolongou a s naves e construíu a actual fachada do edificio, agás
o piso superior e a balaustrada , engadidos por Bernini.
Cúpula
San Pedro do Vaticano
Cúpula
San Pedro do Vaticano
a) Nome: Cúpula de San Pedro do Vaticano
b) Autor: Miguel Anxo
c) Cronoloxía: 1546-1612
d) Tipoloxía: arquitectura
e) Material: variedade de mármores e outras rocas
f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano
g) Localidade: Vaticano-Roma
Cúpula
San Pedro do Vaticano
Comentario:
•Descrición formal: doble cúpula hemisférica
inspirada na cúpula de Brunelleschi.
Practicamente terminou a estrutura do tambor
en vida. Nel altérnanse vanos que rematan en
frontóns alternados triángulares e curvos. Entre
os distintos vanos atopamos columnas
pareadas. A súa morte (1564), empezábase a
construción da cúpula por Giacomo della Porta
e Domenico Fontana, quen a rematou en 1603.
Os traballos alongáronse ata 1612 coa
decoración do mosaico interior.
•Della Porta modificou o proxecto orixinal,
diminuíndo a curvatura das dúas cúpulas para
alixeirar o peso lateral. O tambor ten un zócalo
que exerce de base de dezaseis contrafortes
radiais que contrarrestan o peso lateral da
cúpula. Ten 42 m de altura e supera a do
Panteón de Roma. Cúpula de referencia igual
que a da catedral de Florencia.
•Contorna e integración urbanística: Foi
proxectada para a máis grande de Roma e de
toda Europa (centro da cristiandade). Domina o
skyline de Roma.
•Función, contido e significado: símbolo do
poder papal como herdeiro de San Pedro.
Cidade terreal da cristiandade guía espiritual.
•Modelo e influencias: moitísimas cúpulas
construídas nesta etapa e posteriores terán
referencia a cúpula de San Pedro.
Tecnicamente, Miguel Anxo recorrerá á solución de Brunelleschi no duomo
florentino para construír a cúpula: dobre casquete, de perfil semiesférico neste
caso.
* Establece unha entrada única e marca o eixe lonxitudinal
Miguel AnxoBramante
* Reforza os piares de soporte da cúpula.
* Emprega a orde xigante como recurso
para ordenar a distribución de vans e, ao
tempo, suxerir esvelteza, o que manifesta
xa a linguaxe manierista de Miguel Anxo,
se ben a busca de contrastes faralle dispor
un corpo superior co que remarcar o
sentido horizontalista que se opoña ao
verticalista do corpo inferior.
Sen embargo, fronte ao proxecto de Bramante:
* Modifica a estrutura da cúpula:
dótaa de maiores dimensións,
converténdoa no elemento emblemático
da construción e elimina as torres
angulares.
Morreu sen ver a cúpula concluída, pero si as ábsidas (percorridas por xigantescas pilastras
pareadas entre as que se abren vans coroados por frontóns triangulares e curvos, como na
cúpula).
Giacomo della Porta.
Continuador da obra de Miguel Anxo, será
o responsable do peralte final da cúpula ,
dándolle unha maior esvelteza (dálle un
perfil oxival maior que o contemplado por
Miguel Anxo ) e alonga tamén a lanterna.
Arquitectura manierista
• O termo de manierismo provén da definición que certos escritores
do século XVI asignaban a aqueles artistas que pintaban “a
maneira de...”, é dicir, seguindo a liña de Miguel Anxo, Leonardo ou
Rafael, pero mantendo, en principio, unha clara personalidade
artística.
• O momento de aparición céntrase en torno a 1520 (fecha da morte
de Rafael) ou o 1527 (saco di Roma polas tropas de Carlos V).
• No formal o manierismo maniféstase como un forzamento ata o
límite das normas clasicistas.
• Os arquitectos preocúpanse máis polos efectos visuais. Rexeitan as
normas en favor da liberdade individual e dun concepto subxectivo
da beleza. Os conceptos de orde, harmonía e proporción ceden
paso á libre xustaposición de elementos. Séguense a empregar
elementos clásicos (arcos de medio punto, cúpulas, frontóns,
columnas clásicas...) pero combínanse caprichosamente buscando
a novidade.
Vila Capra
Palladio
Vila Capra
Palladio
a) Nome: Vila Capra
b) Autor: Palladio
c) Cronoloxía: 1566-1620
d) Tipoloxía: arquitectura
e) Material: pedra e materias de construción
f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano
g) Localidade: Vicenza
Vila Capra
Palladio
a) Nome: Vila Capra
b) Autor: Palladio
c) Cronoloxía: 1566-1620
d) Tipoloxía: arquitectura
e) Material: pedra e materias de construción
f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano
g) Localidade: Vicenza
Vila Capra (1566-1569)
Planimetría: presenta planta cadrada centrada
en torno a un gran distribuidor circular cuberto
por cúpula (inspirada no Panteón de Roma) en
torno ao que se distribúenas diversas estancias
e ao que se pode acceder directamente desde
cada unha das catro fachadas do edificio.
Plan central.
Estrita simetría biaxial e regularidade xeométrica.
SO NL
NO
SL
• Elementos clásicos
• Cúpula.
• Arquitrabe.
• Friso.
• Frontón.
• Columnata.
• Podio.
• Tomaron como referencia
os templos
grecorromanos.
Vila Capra
Palladio
Vila Capra Palladio
Comentario:
•Descrición formal: presenta un perfil idéntico
nas catro fachadas. Cada unha delas articúlase
a partir dunhas pronunciadas escalinatas que
conducen cara a un pórtico de seis columnas de
orde xónica, co correspondente entaboamento e
frontón triangular, rematado cunha estatua en
cada un dos seus vértices. No centro álzase
unha cúpula que cobre a sala circular central da
mansión que serve de distribuídora das
habitacións.
•A pranta ofrece unha acentuada sensación de
simetría en forma de cruz grega.
•Contorna e integración urbanística:
orientada aos catro puntos cardinais. Con
amplas vistas da súa contorna.
•Función, contido e significado: residencia
particular dun poderoso clérigo. É coñecida
como a rotonda pola súa cúpula central.
•Modelo e influencias: o modelo de
arquitectura palladiana influirá na arquitectura
neoclásica do XVIII. Un exemplo son as vilas
inglesas e as mansións nos estados do sur de
EEUU.
Mansión sureña
Referencia da
arquitectura de
Palladio
Teatro Olímpico de Vicenza (1580 – 1585)
A súa paixón pola arquitectura da vella
Roma levarao, pouco antes de morrer, a
retomar os espazos teatrais romanos,
proxectando esta obra.
Na súa escena combina a máis pura tradición
arquitectónica romana co xogo óptico producido
por un profundo escenario que simula un trazado
urbano, con cinco rúas que se prolongan
ilusoriamente en perspectiva.
a) Nome: Il Gesú
b) Autor: Vignola e
Giacomo della Porta
c) Cronoloxía: 1568-1580
d) Tipoloxía: arquitectura
e) Material: mármore e pedra
f) Estilo: Manierismo
g) Localidade: Roma
Il Gesù
Comentario:
•Descrición formal: marca o paso do
Manierismo (última fase do Renacemento) ao
Barroco. Vignola realizou a igrexa: pranta
lonxitudinal dunha sola nave. Cuberta con
bóveda de canón, con tres capelas
interconectadas entre sí a cada lado e un
transepto coroado por unha cúpula. Fachada e
cúpula son de Giacomo della Porta.
•A fachada homenaxe ao clasicismo de Alberti
reinterpreta a arquitectura clásica inserindo
elementos do Manierismo de Miguel Anxo como
a combinación de tímpanos circulares e
triangulares que preanuncia o Barroco.
•A decoración pictórica do interior é plenamente
barroca.
•Contorna e integración urbanística: está
integrado urbanisticamente.
•Función, contido e significado: foi construído
para albergar o sepulcro de San Ignacio de
Loiola e para dar culto á eucaristía (espírito da
contrarreforma).
•Modelo e influencias: modelo Alberti e Miguel
Anxo. Influencias no Barroco.
Renacemento en España
• Tivo un desenvolvemento tardío
pola forza do Gótico, que se
prolongou ata o século XV.
• A partir do século XVI, as
influencias de artistas italianos e
flamencos e as viaxes dos artistas
españois a Italia foron introducindo
o novo estilo.
Renacemento en España
Contexto histórico
• O século XVI, que coincidirá co final do reinado
dos Reis católicos, e os de Carlos I (1516-1556) e
Felipe II (1556-1598), marcará a expansión do
Renacemento por España, facilitado polas
constantes relacións con España, pola presenza
de artistas italianos na Península Ibérica e a
formación italiana dos arquitectos españois. A
chegada do estilo e os ideais renacentistas estivo
mediatizada pola tradición gótica e o mecenado
da Igrexa que impediu unha visión máis
humanista.
Renacemento en España
Arquitectura
• En España durante o primeiro terzo do século XVI só se aplicaron os novos
modelos renacentistas en elementos decorativos sobre estruturas góticas.
• Este primeiro estilo renacentista de transición coñécese como plateresco,
polo parecido da ornamentación das fachadas co traballo dos prateiros.
Caracterízase pola profusión de elementos decorativos: medallóns,
emblemas heráldicos, columnas e grutescos. Exemplo seríanas portadas
da Universidade de Salamanca e a do Hospital Real de Santiago de
Compostela.
• Pero as formas e tipoloxías renacentistas impóñense a partires do reinado
de Carlos V, que adopta o novo estilo como linguaxe da corte, é o
denominado purismo. O exemplo sería o Palacio de Carlos V na
Alhambra, iniciado en 1533, obra de Pedro Machuca.
• Coa subida ao trono de Felipe II, o clasicismo implántase oficialmente como
un vehículo de propaganda imperial. A Arquitectura esquece o decorativo e
triunfa o arquitectónico e o sobrio.
• O mosteiro de San Lorenzo do Escorial iniciado en 1563 por Juan
Bautista de Toledo pero foi construído na súa maior parte por Juan de
Herrera. Este edificio resume toda a arquitectura española da súa época, á
que imporá as súas características co estilo “escurialense” ou herreriano.
Renacemento: Plateresco
Fachada da universidade de Salamanca
a) Nome: fachada da Universidade de Salamanca
b) Autor: anónimo. Atribuída a Juan de Talavera
c) Cronoloxía: 1512-1533
d) Tipoloxía: arquitectura e escultura
e) Estilo: Plateresco
f) Localidade: Salamanca
Comentario:
•Descrición formal: cume do estilo plateresco, articúlase
coma se dun retablo se tratase. Sobre dúas portas de
acceso de perfil escarzano, tres corpos coas súas
correspondentes cinco rúas despregan un programa
escultórico presidido por un medallón cos retratos dos
Reis Católicos, pais de Xoana I de Castela, que foi quen
financiou a obra.
•Unha serie de motivos heráldicos e figurativos completan
o discurso iconográfico no que aparece o escudo de
armas dos Austrias nos que destacan a aguia bicéfala e o
toisón de ouro. Outras figuras fan referencia a
personaxes mitolóxicos, históricos ou contemporáneos
sobre os que non hai certeza de identificación.
•Contorna e integración urbanística: a fachada da
Universidade de Salamanca integrada no edificio das
Escolas Maiores debía de constituír o centro de
referencia do edificio. A súa presenza debía destacar
sobre o resto, aínda que sen función arquitectónica, só
decorativa. Integración urbanística harmónica.
•Función, contido e significado: centro do saber,
apoiado pola Coroa de Castela.
•Modelo e influencias: antecendente Colexio de San
Gregorio de Valladolid.
Universidade de Salamanca
Hospital Real dos Reis Católicos
Santiago de Compostela
a) Nome: Portada do Hospital Real
b) Autor: Martín de Blas e Guillén Colás
c) Cronoloxía: 1518
d) Tipoloxía: arquitectura e escultura
e) Estilo: Plateresco
f) Localidade: Santiago
A fachada do Hospital dos Reis Católicos
é de estilo gótico plateresco, ao lado da
Porta de Carlos V de Viveiro, os únicos
exemplos deste estilo arquitectónico
existente en Galicia.
Descripción iconográfica:
Na fachada pódese ver o seguinte:
No lateral esquerdo da porte de abaixo
arriba: Adan, Santa Catalina e San Xoan
Bautista. Na dereita de abaixo a arriba: Eva,
Santa Lucía e María Magdalena.
Frisos: Os 12 apóstolos. Nas espigas:
medallóns das enxutas Isabel e Fernando.
Á esquerda da xanela central: Cristo,
Santiago e San Pedro.
Á dereita da xanela central: Virxe con neno,
San Xoan Evanxelista e San Pauo.
Nos pináculos arriba: 6 anxos
con instrumentos musicais.
Dous grandes escudos flanquean
a portada, cos brazos de Castela
e os seus flancos, a cruz nun círculo
que é o emblema do Hospital.
Cornixa de pedra rica con diferentes tarefas.
Significado: o hospital como rexenerador
da alma e do espírito
Renacemento: Clasicista
Machuca: palacio de Carlos V na Alhambra
a) Nome: palacio de Carlos V
b) Autor: Pedro Machuca
c) Cronoloxía: 1527-1563 (inacabado)
d) Tipoloxía: palacio
e) Estilo: Clasicista-Manierista
f) Localidade: Granada
Renacemento: Clasicista
Machuca: palacio de Carlos V na Alhambra
Palacio de Carlos V
Comentario:
•Descrición formal: edificio de planta cadrada con patio
interior de forma circular. Neste patio as ordes
arquitectónicas seguen unha disposición clásica: dórico-
toscano para o corpo baixo, con friso con metopas e
triglifos con motivos de grinaldas e bucarnios e o xónico
no superior con friso liso.
•Os espazos valeiros entre as fachadas cadradas e o
patio circular serven para situar as escaleiras de acceso,
a excepción do nordeste onde se sitúa unha capela
abovedada.
•A fachada exterior presenta un corpo baixo cun robusto
almofadado. Destaca a portada central cunha porta
coroada por un frontón triangular e columnas de orde
xónica, e un corpo superior cun arco serliano e columnas
de orde corintia.
•Contorna e integración urbanística: inclúese dentro do
perímetro da Alhambra, derrubou parte do conxunto,
aínda que se preservou a maior parte do palacio nasarí.
•A súa potente arquitectura distíngueo do seu contorno
árabe.
•Función, contido e significado: servir de escenario
para actos oficiais da corte e residencia privada de Carlos
V. Símbolo do poder relixioso e imperial do emperador.
•Modelo e influencias: influencia en Giulio Romano
Palazzo Te de Mantua.
Renacemento: Herreriano
Herrera: El Escorial
a) Nome: Mosteiro do Escoriall
b) Autor: Juan Bautista de Toledo e
Juan de Herrera
c) Cronoloxía: 1563-1584
d) Tipoloxía: mosteiro, palacio
e) Estilo: Herreriano
f) Localidade: S. Lourenzo do Escorial
O Escorial Comentario:
•Introdución situado nunha ladeira da serra de
Guadarrama foi mandado construír por Felipe II para
conmemorar a vitoria de San Quintín contra os
franceses.
•Dedicado a San Lourenzo, polo día na que tivo lugar a
batalla e a gran devoción que lle tiña a este santo, é
unha perfecta combinación do práctico e do simbólico,
do sagrado e do profano, converténdose no exemplo
máis fidedigno da cultura dunha época e no mellor
expoñente da Contrarreforma católica.
•Na carta de fundación do mosteiro menciónanse as
razóns que induciron ao rei a plantexar este proxecto.
Seguindo a tradición secular, o edificio ideado polo
monarca, tiña que asociar as funcións de residencia
real e de mosteiro que tiña que converterse nun
centro de estudios acorde coas disposicións do
Concilio de Trento.
Descrición formal: o conxunto ocupa un rectángulo
de 207 m por 161 m, con catro torres nos ángulos
coroadas por chapiteis ou agullas recubertos de lousa
e cuberta a dúas augas con ventás e chemineas. A
fachada principal articula toda a planta en forma de
grella en clara alusión ao martirio de San Lourenzo.
A sobriedade da pedra granítica de cor gris
engádeselle a utilización da orde toscana na maior
parte do conxunto e a dórica na igrexa. Este estilo é
coñecido como herreriano, debido ao nome do
principal arquitecto.
Palacio
Estancias privadas de Felipe II
Basílica
Claustro
Mosteiro
Patio
dos Reis
Biblioteca
O Escorial.
Imaxe xeral
O Escorial.
Imaxe fachada
principal
O Escorial Comentario:
Para levar a cabo o proxecto o rei escolleu a Juan
Bautista de Toledo que traballara con Miguel Anxo
no Vaticano, quen iniciou as obras despois de
efectuar varios proxectos en 1463. Á súa morte a
pouco de comezarse o edificio foi substituído polo
seu axudante Juan de Herrera que modificiou
significativamente os proxectos do seu antecesor:
eliminou ata 6 torres no seu afán de quitar calquera
síntoma de profusión decorativa; elevou a fachada
do poniente á mesma altura que as tres restantes, e
como queira que a igrexa sitúase no núcleo central
do edificio, quedaba sen suficiente visión, engadiu a
dita fachada unha portada que non ten realción
directa coa igrexa.
A planta do edificio anteriormente citado o seu
valor simbólico, está dividida en catro grandes
patios (os dianteiros á vez en catro) e dominada no
seu eixe central pola gran igrexa que se sitúa no
centro da trama rectangular.
Herrera deulle ao edificio ese carácter sobrio e
austero no que o único decorativo son os pináculos
con bolas e unhas poucas estatuas quedando o
resto reducido ao simple xogo dos elementos
construtivos.
A Igrexa, é obra do italiano Paciotto, é de tipo
bramantesco con coro elevado baixo o cal sitúase o
panteón real (algo máis tardío).
Palacio
Estancias privadas de Felipe II
Basílica
Claustro
Mosteiro
Patio
dos Reis
Biblioteca
Renacemento: Herreriano
Herrera: El Escorial
Detalle das
esculturas da
fachada da igrexa
Ciborio da igrexa
do Escorial
O Escorial Comentario:
A planta da igrexa é de cruz grega, organízase a
partir dun espazo central cuberto con cúpula sobre
tambor e responde a unha arquitectura monumental
e desornamentada, cuxos alzados articúlanse cun
orde colosal de pilastras dóricas que soportan as
cornixas sobre as que cargan as bóvedas. Na
cabeceira dispúxose o altar maior a cuxos lados e
en ángulo situáronse os retratos familiares de
Carlos I e Felipe II e, no centro o templete do
sagrario onde se acentúa de forma máis acusada a
carga expresiva e simbólica do monumento.
Patio dos Reis a modo de adro da igrexa, é onde
se sitúa a verdadeira fachada do templo.
Esta ordénase con medias columnas de orde
dórico-toscano no seu corpo inferior e con as seis
esculturas dos Reis de Xudá, situadas sobre
pedestais diante de pilastras toscanas no superior,
rematándose cun fronton triangular, roto na súa
parte inferior por un enorme ventanal. Estas
esculturas son obra de J. Bautista Montenegro, e
decoran a cornixa da fachada dándolle nome ao
patio.
O palacio do rei situado na parte norte do edificio e
comunicado cos aposentos privados do monarca.
A falta de espazos de ostentación, propios das
construcións palaciegas contemporáneas, converten
a esta zona nun lugar de retiro espiritual que
permanece oculto para os seus súbditos, recluído
Palacio
Estancias privadas de Felipe II
Basílica
Claustro
Mosteiro
Patio
dos Reis
Biblioteca
Fachada principal
do mosteiro do
Escorial
Patio dos Evanxelistas
do Escorial
O Escorial Comentario:
•nas súas habitacions privadas, comunicadas
visualmente co altar maior da igrexa. Nestas
estancias foron os temas naturalistas e a pintura de
historia nos que se basou a decoración.
•Biblioteca: é a peza máis importante despois da
igrexa. Nexo de unión da zona do convento (da orde
dos Xerónimos) e do estudio, ou sexa, do mundo
sagrado e do profano, idea que se reforza cun
amplo programa iconográfico.
•O teito da sala principal decorouse coas Alegorías
das Artes Liberais, que nun percorrido ideal, únense
a Fe e a Razón. Completa o programa unha serie
de figuras históricas e mitolóxicas que reflicten o
carácter do coñecemento científico tal e como se
concebía na corte de Felipe II. Noutras zonas do
edificio atópanse pinturas de contidos profanos.
•Patio dos evanxelistas: obra de J.B. Álvarez de
Toledo, concíbese como claustro de dous pisos
(arquería dórica no inferior e xónica no superior)
todo coa máxima perfección xeométrica e rigor
purista. No centro do patio álzase un templete
octogonal con cúpula (obra de Juan de Herrera), e
nel sitúanse catro hornacinas coas estatuas dos
catro evanxelistas que dan nome ao patio (obra de
Monegro). Baixo o templete hai unha fonte da que
parten catro canaliños que representan os catro ríos
do paraíso.
Palacio
Estancias privadas de Felipe II
Basílica
Claustro
Mosteiro
Patio
dos Reis
Biblioteca
Biblioteca do Escorial
O Escorial
Comentario:
•Contorna e integración urbanística: Felipe
II escolleu un lugar illado da serra de
Guadarrama co que o mosteiro-palacio
quedaba separado e integrado na paisaxe
circundante. Carlos III (XVIII) construíu unha
pequena cidade que se integra co
monumento sen quitarlle protagonismo.
•A decoración externa do conxunto é froito do
xogo xeométrico de pirámides e esferas e se
mantén dentro da sobriedade máis rigorosa,
nota distintiva dun estilo que pasou a
chamarse herreriano ou tamén escurialense,
e cuxo fundador exerceu non só un forte
influxo estilístico durante o reinado de Felipe
II, senon un verdadeiro control artístico.
•Función, contido e significado: mosteiro da
orde de San Xerome, igrexa e panteón real,
residencia-palacio e centro do saber
(biblioteca).
•Fundado para conmemorar a batalla de San
Quintín contra os franceses.
•Modelo e influencias: modelo: planta do
antigo hospital de Milán de Filarete. Basílica:
Bramante, proxecto non levado a cabo no
Vaticano.
Palacio
Estancias privadas de Felipe II
Basílica
Claustro
Mosteiro
Patio
dos Reis
Biblioteca

More Related Content

What's hot

Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáAgrela Elvixeo
 
Renacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoRenacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoDudas-Historia
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura RománicaAgrela Elvixeo
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoAgrela Elvixeo
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraAgrela Elvixeo
 
Escultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaEscultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaAgrela Elvixeo
 
Escultura grega clásica
Escultura grega clásicaEscultura grega clásica
Escultura grega clásicaAgrela Elvixeo
 
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoRealismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoAgrela Elvixeo
 
Arte despois da segunda guerra mundial
Arte despois da segunda guerra mundialArte despois da segunda guerra mundial
Arte despois da segunda guerra mundialAgrela Elvixeo
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 

What's hot (20)

Arte do Renacemento
Arte do RenacementoArte do Renacemento
Arte do Renacemento
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
 
Renacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoRenacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + Quattrocento
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura Románica
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románico
 
Escultura Gótica
Escultura GóticaEscultura Gótica
Escultura Gótica
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
 
A Arte do Barroco
A Arte do BarrocoA Arte do Barroco
A Arte do Barroco
 
Escultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaEscultura e pintura barroca
Escultura e pintura barroca
 
A Idade Moderna
A Idade ModernaA Idade Moderna
A Idade Moderna
 
Escultura grega clásica
Escultura grega clásicaEscultura grega clásica
Escultura grega clásica
 
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoRealismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
 
Arte despois da segunda guerra mundial
Arte despois da segunda guerra mundialArte despois da segunda guerra mundial
Arte despois da segunda guerra mundial
 
Arte prerrománica
Arte prerrománicaArte prerrománica
Arte prerrománica
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Arte gótica
Arte góticaArte gótica
Arte gótica
 

Similar to Arquitectura renacentista

Tema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoTema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoagreloroberto
 
Tema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoTema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoagreloroberto
 
O Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literaturaO Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literaturarcms9
 
O Renacemento literario
O Renacemento literarioO Renacemento literario
O Renacemento literariorcms9
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)rubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentistarubempaul
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoDudas-Historia
 
Renacemento 4º Eso2
Renacemento 4º Eso2Renacemento 4º Eso2
Renacemento 4º Eso2ies masa
 
O renacimiento literario
O renacimiento literarioO renacimiento literario
O renacimiento literariorcms9
 
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8LOPEZMOURENZA
 
09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma09c renacemento e reforma
09c renacemento e reformaroberto
 
Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimientorosalfer1
 

Similar to Arquitectura renacentista (20)

A arte do renacemento
A arte do renacementoA arte do renacemento
A arte do renacemento
 
Tema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoTema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacemento
 
Tema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoTema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacemento
 
A arte do Renacemento
A arte do RenacementoA arte do Renacemento
A arte do Renacemento
 
Arte
ArteArte
Arte
 
O Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literaturaO Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literatura
 
O Renacemento literario
O Renacemento literarioO Renacemento literario
O Renacemento literario
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentista
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
Renacemento 4º Eso2
Renacemento 4º Eso2Renacemento 4º Eso2
Renacemento 4º Eso2
 
O renacimiento literario
O renacimiento literarioO renacimiento literario
O renacimiento literario
 
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentista
 
O renacemento
O  renacementoO  renacemento
O renacemento
 
09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma
 
Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimiento
 
Renacemento europeo e español
Renacemento europeo e españolRenacemento europeo e español
Renacemento europeo e español
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Arquitectura renacentista

  • 2. O Renacemento: Introdución. contexto histórico • O Renacemento, a grandes rasgos comprende cronoloxicamente os século XV e XVI, co que se pon fin á Idade Media e comeza a Idade Moderna da cultura occidental, é un fenómeno complexo que impregna todos os ámbitos da existencia humana máis alá do estritamente artístico e cultural.
  • 3. O Renacemento: Introdución. contexto histórico • O primeiro en utilizar o termo “renacemento” foi o tratadista Vasari no século XV, a finais do s. XVIII, aparece na “Enciclopedia francesa” o termo “renaissance”. • Pero será, Michelet, quen deu ao concepto “renacemento” un sentido histórico en 1885.
  • 4. O Renacemento: contexto histórico. cronoloxía • Segundo o historiador italiano Vasari (s. XVI) podemos distinguir as seguintes etapas: • Quattrocento (s. XV). Tamén chamado “Primeiro renacemento” ou “Renacemento temperá”. • Cinquecento (1500-1540) tamén chamado “Renacemento clásico”. • Manierismo (1540-1600) tamén chamado “Renacemento tardío”.
  • 5. O Renacemento: Introdución. contexto histórico • O movemento renacentista xurde en Florencia (Italia) no século XV, extendéndose por Europa a finais deste século e comezos do seguinte. • Este estilo nace en Italia porque alí nunca se perdeu todo o espírito clasicista, como demostra o escaso arraigo que o Gótico tivo, ademais, toda a xeografía italiana estaba salpicada de restos da antigüidade clásica, que servirán de modelo aos artistas. • Dende Italia estenderase ao resto de Europa. Aínda que en cada país adquirirá matices particulares.
  • 6.
  • 7. O Renacemento: Introdución. contexto histórico • Esta época está caracterizada polo forte desenvolvemento do comercio e a artesanía, o que supón o ascenso económico e social da burguesía que convertérase nun dos mecenas fundamentais para os artistas, xunto coa Igrexa e a nobreza. • Os mecenas xeralmente eran membros de familias adiñeiradas: os Medici, os Ufficci, os Rucellai, etc. Adoitaban ser coleccionistas de obras de arte.
  • 8. O Renacemento: Introdución. contexto histórico • A influencia da próspera burguesía cidadá e mercantil na vida política e cultural (foron grandes mecenas) foi determinante no desenvolvemento do no novo espírito renacentista, ao ser ela quen decidía os novos intereses da sociedade. • A cultura en xeral, e a arte en particular quedaron baixo o control da nova nobreza renacentista. • O renacemento foi, ante todo, un novo espírito que transformou as artes, as letras, as ciencias e todas as formas do pensamento e da actividade humana. • Aínda que non debe entender como unha ruptura co pasado xa que moitas concepción desenvolvidas durante este período xa apareceron durante a Baixa Idade Media e moitas das formas artísticas medievais mativéronse ao longo do século XV. • Isto leva a que a cultura (e polo tanto a arte) perda grande parte da carga relixiosa de épocas anteriores (aínda que nalgúns países como España a arte seguira sendo eminentemente relixiosa)
  • 9. O Renacemento: contexto histórico. Rasgos característicos • Os rasgos característicos son: • Humanismo: un humanismo racional, no o emotivo da Idade Media. • Antropocentrismo: o ser humano convértese no centro e é con referencia a el como se estudia todo o ámbito da existencia fronte o teocentrismo medieval. • Individualismo: o ser humano defínese pola súa individualidade en todos os planos da vida. O novo ideal é o home completo, harmonicamente desenvolvido en tódalas súas facultades (corpo-espírito). • Valoración da razón: fronte ao sobrenaturalismo medieval onde o home estaba sometido á iniciativa do pensamento relixioso. A razón humana como fonte autónoma do coñecemento, capaz de atopar verdades e de desenvolver por sí os distintos ámbitos do saber.
  • 10. O Renacemento: contexto histórico. Rasgos característicos • Disociación entre cristianismo e cultura laica que non quere dicir anticristiana. Os intelectuais da época emancípanse do monopolio exercido pola Igrexa, desenvolvendo unha cultura racionalista e un espírito crítico. • Búsqueda das fontes culturais, filosóficas e artísticas na antigüidade clásica. A Grecia e a Roma antiga será fonte de inspiración en tódolos apartados culturais e artísticos. A figura do filósofo Platón será unha das fontes máis determinante creándose un novo movemento filosófico neoplatonismo na procura do idealismo que terá forte raigame na inspiración dos artistas do renacemento. Por outro lado o ámbito da mitoloxía clásica ponse outra vez de moda. O humanismo estivo alentado pola difusión da cultura clásica (a investigación de textos antigos en latín e grego, as excavacións arqueolóxicas... • O gran invento da imprenta foi un gran difusor das ideas. • Tamén foi importante a aportación que fixeron os intelectuais que fuxiron de Constantinopla ao baixo o poder dos turcos.
  • 11. O Renacemento: contexto histórico. Rasgos característicos • Naturalismo: valórase a natureza en si mesma, no en canto creada por Deus. • Estúdiase sen connotacións relixiosas, investigando e tratando de determinar leis físicas polas que se rixen. • Promóvese as investigacións científicas e técnicas (descubrimentos xeográficos, a imprenta). • Culto á vida e ao amor á natureza. • A arte deixa de considerarse un simple oficio para pasara converterse nunha auténtica ciencia; o autor das obras pasa de ser considerado artesán a ser considerado artista. • Estudio da anatomía. En canto o aspecto físico da persoa e da súa relacion coa Natureza. • A busca da perfección nos individuos levará a aparición de artistas polifacéticos que plasman a súa xenialidade en diferentes disciplinas: Miguel Anxo, Brunelleschi, Leonardo, Alberti, etc.
  • 12. O Renacemento: contexto histórico. Rasgos característicos • Novo concepto de beleza: atópase intimamente relacionado coa xeometría e as matemáticas. • Fundamenta racionalmente o ideal de beleza basándoo na medida, a proporción, o número, a orde e a harmonía entre as distintas partes da obra artística, ao igual que en Grecia coas ordes e o canon. • O edificio é concibido como un todo perfecto, ao que non pode engadirse nen quitar nada sen alterar a súa proporción. As relacións que se establecen entre cada un dos seus elementos e o conxunto do edificio deben ser harmónicas. • Estudio das proporcións: Para iso aparece o concepto de MODULO, que vai a determinar por multiplicación ou división as dimensións de cada un dos elementos do edificio O interese por imitar a natureza e o interese pola ciencia fixo que o artista se interesase por aplicar a perspectiva de forma rigorosa, como un método de representar unha realidade tridimensional o máis claramente posible na superficie bidimensional. Esta forma de representación foi usada na Antigüidade, e tamén foi usada polos artistas do último gótico, pero non de forma matemática, de tal maneira que as figuras representábanse de menor tamaño a medida que se afastaban do espectador. Agora faise de forma xeométrica baseada en cálculos matemáticos (o primeiro en facelo foi Brunelleschi).
  • 13. O Renacemento: contexto histórico. Rasgos característicos • Importancia da perspectiva: o achádego técnico da perspectiva, un conxunto de regras gráficas matemáticas, que permiten representar con exactitude científica o aspecto da realidade, foi un elemento decisivo para a nova arte porque permitía proxectala de tal xeito que naceu a idea de que o proxecto, máis que a realización, é a esencia dunha obra de arte. • Intentarán distintas formas para lograr a perspectiva: Lineal mediante diagonais que converxen en distintos puntos de fuga ou aérea por degradación das tonalidades nas cores para percibir “o ar” que separan os distintos elementos da composición. • A perspectiva non só se utiliza na pintura. Tamén na arquitectura e escultura. • Temática: mitos, paisaxe, retrato e corpo humano desnudo.
  • 14. O Renacemento: contexto histórico. Rasgos característicos • O Renacemento iniciouse nas cidades italianas onde os burgueses, nobres e príncipes se rodearon de artistas, literatos e filósofos e financiaron as súas obras, converténdose nos seus mecenas. • Durante o século XV (Quattrocento) Florencia era a cidade máis próspera de Italia. Os Medicis son os grandes banqueiros e donos da cidade, mecenas ao mesmo tempo dos artistas do momento. A cidade convértese nun centro artístico italiano e no berce do Renacemento. • O século XVI (Cinquecento) supón o momento clásico por excelencia do Renacemento. O primeiro terzo do Cinquecento (clasicismo) supón o triunfo da harmonía e o equilibrio. A capital artística de Italia trasládase dende Florencia á Roma dos papas, que convértense nos novos mecenas e protectores dos artistas. Principalmente Xulio II e León II que utilizarán a arte coma instrumento de prestixio persoal e de difusión do poderío da Igrexa. • Xa no segundo terzo do século comézase a abandonar o equilibrio e a harmonía de tendencia clásica, perdendo interese pola proporción e a serenidade e centrando a atención no decorativismo. Isto anuncia a crise do renacemento e o inicio do manierismo. Despegan outras cidades como Venecia.
  • 15. Renacemento italiano • Quattrocento: XV. • Cinquecento: 1500-1540. • Manierismo: 1540-1600.
  • 17. Renacemento Italiano Etapa Arquitectos Pintores Escultores Quatroccento Brunelleschi. Alberti. Filippo Lippi. Botticelli. Piero de la Francesca Masaccio. Donatello Ghiberti Cinquecento Bramante Miguel Anxo Palladio Leonardo da Vinci Miguel Anxo Rafael Giorgione Miguel Anxo Cellini
  • 18. Renacemento Italiano Arquitectura Pintura Escultura Características Búsqueda do espazo harmónico. Elementos sinxelos e ordenados. Proporcionalidade matemática. Elementos clásicos: lintel, friso, columnas gregas. Arco de medio punto. Cúpula. Igrexas, palacios e outras obras civís. Leis da perspectiva: lineal e aérea. Temas: mitoloxía clásica, relixiosos, retrato psicolóxico. Mostrar a natureza idealizada. Quattrocento: proporcionalidade. Cinquecento: Máis volume e o emotivo. Proporcionalidade e harmonía. Imitación da escultura Clásica. Esculturas exentas ou relevos. Quattrocento: proporcionalidade. Cinquecento: Máis volume e o emotivo. Artistas Brunelleschi Alberti Bramante Miguel Anxo Palladio Boticelli Leonardo da Vinci Miguel Anxo Rafael Giorgione Donatello Ghiberti Miguel Anxo Cellini
  • 19. Renacemento: características xerais arquitectura renacentista en Italia • A arquitectura renacentista é unha creación tipicamente italiana. • Presupón no arquitecto unha sólida formación científica e cultural. • Estes pretenden rachar coa estética medieval. • Van ter moi presentes nas súas realizacións o ideal de beleza e perfección baseados no estrito racionalismo. • É unha arquitectura xeométrica e racional, na que prevalece a harmonía, proporción e simetría.
  • 20. Renacemento: características xerais arquitectura renacentista en Italia • Dous factores inflúen dunha maneira directa e inmediata nas súas obras: 1. Observación e estudio das ruínas dos monumentos clásicos romanos. 2. Estudio dos tratados teóricos de arquitectura (fundamentalmente Vitrubio), que contiñan as leis da arquitectura clásica. • Non se trata de copiar o mesmo, senon que a partir do coñecemento das leis nas que se baseaba a arte clásica, adaptalo a criterios propios.
  • 21. Renacemento: características xerais arquitectura renacentista en Italia • A arquitectura renacentista está estreitamente vinculada ás matemáticas: • Os arquitectos toman como fundamento as formas básicas xeométricas claramente perceptibles, as perfectamente regulares e racionais (círculo, cadrado, cubo, esfera, cilindro). • A pureza xeométrica, seguindo o neoplatonismo, non é senon o reflexo da claridade divina. • Mostra pola proporción matemática tanto nas estruturas como nas plantas. • Establecen relacións simples de lonxitude, altura e profundidade. • Visión unitaria da obra articulando os distintos elementos arquitectónicos entre si e co conxunto.
  • 22. Renacemento: características xerais arquitectura renacentista en Italia • Antropocentrismo na obra arquitectónica. • Toman como modelo o corpo humano e a organización existente entre os membros do mesmo. • A referencia da figura humana xa se atopaba en Vitrubio. • Espazo regulado mediante as leis da perspectiva Euclidiana. • Principais edificios: templos, palacios, vilas, biblotecas...
  • 23. Renacemento: elementos importantes arquitectura renacentista en Italia • Toma como referencia os elementos construtivos e decorativos da arquitectura romana clásica. • Materiais: ladrillo, pedra revestido de mármore. • Muro: recupera a súa función (elemento sustentante e peche) valorando a súa superficie que, en oposición á estética gótica (desmaterializar este corpo do edificio) preténdese agora crear un espazo perfectamente delimitado. • Ordes clásicas pero cun canon máis esbelto. • Columnas e pilastras: o capitel preferido é o corintio ou composto adornado de grutescos. • A columna pode ter o fuste liso ou ben ser balaustrada (constituída a base de diversas molduras cadradas e curvas con ensanchamentos e estreitamentos sucesivos). • Pilastras acaroadas aos muros. • Emprego do arco de medio punto (único arco racional).
  • 24. Renacemento: elementos importantes arquitectura renacentista en Italia • Cuberta: • bóveda de canón con casetóns (compartimentos huecos e xeométricos en que queda dividida unha cuberta, de aresta, vaída. • Plana de madeira con casetóns. • Cúpula a súa utilización é unha característica máis destacada deste estilo símbolo da xeometría e da Maxestade Divina e da orde divina do Universo. Brunelleschi e Miguelanxo serán dous artistas destacados nesta forma.
  • 25. Renacemento: elementos importantes arquitectura renacentista en Italia • Planta: • Cruz latina aínda que non é un esquema válido no pensamento renacentista, non se atreveron a deixala de utilizar de pronto, polo seu carácter simbólico, limitáronse a modificar no interior o modo de percibir os espazos. • Centralizada: cruz grega e circular. Máis representativa do seu ideal. • Interiores: espazos diáfanos, claros, uniformemente iluminados. • Cúpula sobre o cruceiro ou lugar central. • Escaleiras son un dos elementos máis coidados e frecuentes.
  • 26. Renacemento: elementos importantes arquitectura renacentista en Italia • Elementos decorativos: tomados do repertorio clásico: froitos, flores, obxectos colgando de cintas, guirlandas, medallóns, bucráneos, amorciños, almofadados. • O máis característico son os grutescos, motivo decorativo baseado en seres fantásticos, vexetais e animais, completamente enlazados e combinados formando un todo. • A orixe da palabra ven por imitar as pinturas que se descubriron na residencia imperial no Palatino, cuxas ruínas parecían “grutas”. • Disposición xeométrica a partir dun eixe central: a candileiri. • Bicromatismo: aproveitan o contraste entre a cor branca e o gris da pedra.
  • 27. Renacemento: elementos importantes arquitectura renacentista en Italia • Edificios típicos: templo (xa comentada a planta). • Palacio: residencia agora da burguesía comercial, deixa de ser concebido como unha fortaleza. Xa non é expresión ou símbolo da cidade, como na Idade Media, senon manifestación do poderío das novas clases dominantes. • Vila: a nova clase burguesa intenta imitar aos antigos romanos, e de acordo ao seu ideal de ocio do humanismo neoplatónico, busca na vila un lugar onde retirarse da vida cotiá e así poder entrar en contacto coa Natureza. • Biblioteca: edificio que terá gran importancia na nova cultura humanística.
  • 28. Renacemento: Arquitectura italiana do Quattrocento • Florencia, baixo o mecenazgo dos Medicis que serán grandes impulsores da arte. • Dende o punto de vista artístico, o século XV caracterízase por unha visión científica baseada na perspectiva e na idea da proporción. • Principal representante Filippo Brunelleschi. Foi o arquitecto máis famoso deste século e, con Alberti, Donatello e Masaccio, un dos creadores do estilo renacentista. • Formouse como escultor e orfebre e iniciou a súa carreira no ámbito da escultura. • Non é de extrañas, por tanto, que participara no concurso para a realización das portas do baptisterio de Florencia en 1401, certame no que quedou segundo, despois de Ghiberti. • Crese que a súa decepción polo seu relativo fracaso foi tal que no sucesivo dedicouse case exclusivamente a arquitectura.
  • 29. Mecenas • Persoas que facilitaban, material ou politicamente, o desenvolvemento artístico e intelectual. • Podían ser Papas ou bispos (Nicolás V, Alexandre VI) ou grandes señores e burgueses que adquiriron poder económico e político pola prosperidade das cidades italianas como o caso dos Sforza en Milán ou Medici en Florencia.
  • 30. Florencia 1. Palacio dos Medici 2. Palacio Pitti 3. Ponte Vecchio 4. Basílica de San Lourenzo 5. Panteón dos Medici
  • 31.
  • 32. Pedro de Medici encarga a Gozzoli este fresco para decorar o seu palacio. Cortexo aos Reis Magos (1459), aparecen algúns membros dos Medici. O asunto relixioso é un pretexto para a glorificación familiar.
  • 33. Mecenazgo Os Medici en Florencia • Entre 1389 e 1537, a familia Medici gobernou en Florencia. • A cidade converteuse nun grande enclave comercial. • Importante centro do humanismo e Renacemento. • Lourenzo de Medici foi o máis destacado. Lorenzo de Medici. Bronzino
  • 34. Lorenzo de Medici O promotor de Florencia • Lorenzo de Medici quixo facer a súa cidade a maior e máis fermosa. • Fixo trazar novas rúas e construír novos palacios e edificios. • Amaba rodearse dos que sobresaían nas artes e protexía ás xentes das letras. • Para que a xuventude puidese dedicarse ao estudio fundou a Universidade de Pisa.
  • 35. Lorenzo de Medici O promotor de Florencia • Grande amante das letras e das artes. • Protexeu a artistas como Botticelli, Leonardo, Miguel Anxo. • Formou un círculo de humanistas para estudar aos filósofos gregos nos que participaron Ficino e Pico de la Mirándola. • Fundou a Biblioteca Laurenciana, que reuníu gran cantidade de obras clásicas. • Alcumado como O Magnífico.
  • 36. Ottavio Vannini: Lourenzo o Magnífico rodeado de aristas. 1642. Lorenzo creou unha academia: O Xardín de San Marcos, onde os novos artistas como Miguel Anxo aprendían as Técnicas e copiaban esculturas clásicas.
  • 37. Renacemento: Filippo Brunelleschi Arquitectura italiana do Quattrocento • Principal representante Filippo Brunelleschi. Foi o arquitecto máis famoso deste século e, con Alberti, Donatello e Masaccio, un dos creadores do estilo renacentista. • Formouse como escultor e orfebre e iniciou a súa carreira no ámbito da escultura. • Non é de extrañas, por tanto, que participara no concurso para a realización das portas do baptisterio de Florencia en 1401, certame no que quedou segundo, despois de Ghiberti. • Crese que a súa decepción polo seu relativo fracaso foi tal que no sucesivo dedicouse case exclusivamente a arquitectura.
  • 38. Renacemento: Filippo Brunelleschi Arquitectura italiana do Quattrocento • Máis tarde gañará o seguinte concurso para rematar a catedral gótica coa solución da gran cúpula e aquí Ghiberti quedou segundo, defendendo a partir deste momento as profesións de cada un deles: Ghiberti escultor e Brunelleschi arquitecto. • Os seus profundos coñecementos matemáticos e o seu entusiasmo por esta ciencia facilitáronlle o camiño, ademais de levarlle ao descubrimento da perspectiva, a clave da arte do Renacemento. • A Brunelleschi débeselle, de feito a formulación das leis da perspectiva central, tal como afirma Alberti no seu famoso tratado Della Pintura
  • 39. Renacemento: Filippo Brunelleschi Arquitectura italiana do Quattrocento • Pero na súa época, a súa fama estivo asociada, sobre todo, a cúpula da catedral da súa cidade natal xa que os seus coñecementos de enxeñería permitíronlle solventar os problemas, en apariencia insolubles, da construción de dita cúpula, pola que os seus concidadás o reverenciaron. De feito, na actualidade a cúpula continúa a ser a obra máis admirada.
  • 40. Renacemento: Filippo Brunelleschi Arquitectura italiana do Quattrocento • Tamén entran en xogo as combinacións de diferentes figuras xeométricas (cadrado, círculo, triángulo), xa que para Brunelleschi, como bon renacentista, a igrexa non era un xogo de azar senon o resultado da correcta aplicación dunha serie de leis prestablecidas. • Precisamente por iso, os seus edificios non son aptos para suscitar emocións se non para intentar comprender fría e racionalmente as leis que o artista quixo plasmar a través das súas realizacións.
  • 41. Renacemento: Filippo Brunelleschi Arquitectura italiana do Quattrocento • A súa arquitectura, ademais da cúpula da catedral, queda comprendica en outras dúas espléndidas creacións: a capela Pazzi e a igrexa de San Lourenzo. A primeira de planta central e a segunda de cruz latina, baseadas na harmonía visual e na alternancia da arenisca gris e estuco branco. • A influencia foi moi importante para Miguelanxo. • Cando morreu aos 68 anos (idade moi avanzada na época) foronlle rendido todo tipos de honores. Conta Vasari que na súa tumba inscribiuse a frase restaurador da vella arquitectura. Non foi só iso. Con el acaba de nacer a arquitectura renacentista.
  • 42. Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia a) Nome: Cúpula da catedral de Florencia b) Autor: Brunelleschi c) Cronoloxía: 1ª m. XV d) Tipoloxía: arquitectura e) Material: ladrillo, pedra mármore. f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano g) Localidade: Florencia
  • 43. Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia
  • 44. Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia Comentario: Contexto histórico: importancia do Renacemento. Por que en Italia? Por que en Florencia? Importancia dos Medicis. •Descrición formal: consta de tres elementos: tambor (octogonal), cúpula e linterna. 45,5 m de diámetro e 54 m (alto). • A abertura tan grande do tambor non permitía o uso de cimbras (estruturas, normalmente de madeira que serven de base para a construción de arcos, bóvedas ou outros elementos). Ademais, as cúpulas semiesféricas antigas, como a do Panteón, dispoñían de grosos muros de apoio, que neste caso non había. Por iso Brunelleschi subdivide o peso da cúpula, para dar mellores empuxes, empregando dúas cúpulas: unha que queda incluída noutra lixeiramente apuntada rematada por unha lanterna. A cúpula levántase sobre o cruceiro da catedral gótica cubrindo un diámetro similar a do Panteón romano (42 metros) pero dun porte máis esvelto (aínda gótico) converténdose na primeira gran obra renacentista. •Estrutura: superposición de dúas cúpulas abrazadas por unha espiral en forma de espiña de peixe, que é a columna vertebral de toda estrutura. Está organizada a partir da sección áurea. Harmonía que se axusta aos canons renacentistas. •O arquitecto partiu da necesidade dunha estrutura de oito nervios, que discurren polo exterior e serven de apoio dos elementos decorativos, como os relevos con motivos arquitectónicos, os oito ollos de boi do tambor e a legante lanterna culmina o conxunto.
  • 45. Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia Comentario: •Contorna e integración urbanística: elemento esencial e vertebrador do skyline florentino. •Función, contido e significado: É esencial na cobertura do cruceiro da catedral. Símbolo inequívoco do poder da cidade gobernada polos Medicis. Pola complexidade construtiva é a obra arquitectónica máis importante desde a época romana. É a cúpula realizada en obra máis grande do mundo. •Modelo e influencias: modelo: cúpula do panteón de Roma. Inspiración de tódalas cúpulas realizadas posteriormente en toda Europa pero especialmente en Miguelangelo: cúpula de San Pedro do Vaticano.
  • 46. Brunelleschi. Cúpula da catedral de Florencia interior
  • 47. San Lourenzo. Brunelleschi. a) Nome: Interior da Igrexa de San Lourenzo b) Autor: Brunelleschi c) Cronoloxía: m. XV d) Tipoloxía: arquitectura e) Material: pedra. f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano g) Localidade: Florencia
  • 49. San Lourenzo. Brunelleschi. Comentario: •Contexto-introdución: os primeiros intentos de crear un novo espazo arquitectónico acorde coas novas ideas humanistas prodúcense en Florencia a principios do s. XV. Foi precisamente Brunelleschi, arquitecto florentino, quen plasmou en arquitectura estes novos ideais sen rachar bruscamente coa tradición medieval. •Así por exemplo Brunelleschi adaptou as súas novas ideas do rigor, orde, claridade, ao esquema xeral dos edificios medievais (planta de cruz latina). Un exemplo o temos na igrexa de San Lourenzo de Florencia. •Recorda tamén: importancia de Florencia neste período. Papel dos mecenas os Medici... O humanismo... •Análise: planta de cruz latina con tres naves. A nave central máis ancha que as laterais con capelas laterais e unha nave transversal. Todo isto rematado cunha cabeceira plana na que se abren varias capelas. Se sobre o plano facemos un raiado dos tramos centrais de cada brazo e a capela maior o resultado sería unha planta perfecta de cruz latina. •Mantén no edificio a disposición típica da Idade Media; sen embargo hai unha notable diferenza: nos edificios góticos o esquema básico de cruz latina quedaba bastante enmascarado polas numerosas partes que constituían o edificio (claustro, salas capitulares...) e polos propios elementos construtivos (arcobotantes, contrafortes...); polo contrario, aquí esforzouse non só porque quede claro o esquema na planta tanto no interior como no exterior. •A novidade de resaltar no interior tanto a cruz faise máis patente se observamos que os elementos son alleos ao gótico (arco de medio punto, columnas corintias, entaboamento, cornixas...) que o arquitecto asimilia do seu contacto en Roma coa arte antiga, pero aínda máis, crea un espazo sometido a estritas reglas matemáticas tanto na planta como no interior mantense unha proporción entre a anchura das distintas naves así por exemplo a nave central é o dupolo de ancha que as naves laterais. As naves laterais de menor anchura son máis baixas e estan cubertas con bóveda vaída.
  • 50. San Lourenzo. Brunelleschi. Comentario: Análise-creación dun novo espazo racional baseado nas reglas prestablecidas: harmonía, perspectiva e proporción. En efecto, o arquitecto ofrece unha aplicación da teoría da perspectiva formulada en 1416 por el mesmo, baseada na pirámide visual que supón ao ollo do espectador colocado na base dunha hipotética pirámide, sendo o vértice da mesma o punto de fuga onde converxen todas as liñas do espazo. Fíxate nas liñas do edificio que forman a pirámide visual e que de arriba abaixo veñen marcados por: A moldura do teito. A baranda A cornixa enriba do arco de medio punto. Entaboamento. Capiteis. As basas da columna. Incluso o solo. Estas liñas lonxitudianis son cortadas por outras tranversal claramente definidas coas que se forma unha serie de volumes xeométricos. Aplicación dunhas medidas proporcionais. Espazo harmoniso e perfectamente abarcable. Brunelleschi, partindo da tradición medieval (planta) crea un espazo concebido á medida do home, abarcable por el. A utilización dos ideais teórico do Renacemento seguirá co plan central con outros autores como Alberti e Leonardo.
  • 51. San Lourenzo. Brunelleschi. Comentario: •Descrición formal: o exterior da igrexa é relativamente basto, sobre todo a súa fachada, na que nunca se chegou a colocar o revestimento de mármore. Interior: planta de cruz latina. Artículase en tres naves e capelas laterais, transepto e ábsida central flanqueada por dúas sancristías. A nave central é o doble de ancha e alta que as laterais e a súa separación faise a partir de columnas de orde corintia que soportan arcos de medio punto cun entablamento entre o chapitel e arranque do arco. A cuberta da nave central é alintelada (non abovedada fronte ao gótico) decorada con casetóns. Nas naves laterais as capelas se abren a través de arcos de medio punto, e encima, os óculos. No cruceiro ábrese unha cúpula semiesférica. O Conxunto está pensado para que todas as liñas da perspectiva converxan no altar. Baseouse na simetría, na matemática e na harmonía da complementariedade do cadrado e o círculo. •Contorna e integración urbanística: forma parte do espectacular e homoxéneo centro histórico de Florencia. •Función, contido e significado: Función litúrxica. A proporcionalidade xenera equilibrio e serenidade ao visitante: novo espírito humanista. •Modelo e influencias: modelo: basílicas paleocristiás. Outros templos renacentistas tanto de Italia, Europa ou América.
  • 54. Linguaxe decorativa tipicamente clasicista (frisos, casetóns, …) Pero vese obrigado a recorrer a solucións extracanónicas como os cimacios sobre os capiteis das columnas para dar maior altura e esvelteza aos elementos sustentantes. San Lourenzo. Brunelleschi.
  • 55. Santa Mª A Novella Alberti. 1456
  • 56. Santa Mª A Novella Alberti. 1456 a) Nome: Fachada Sta. Mª a Novella. b) Autor: Alberti c) Cronoloxía: m. XV d) Tipoloxía: arquitectura e) Material: mármore branco de Carrara e verde de Prato f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano g) Localidade: Florencia
  • 57. Santa Mª A Novella Alberti. 1456 Comentario: •Descrición formal: igrexa dominicana de estilo gótico que chegará sen fachada, como moitas das igrexas da cidade. E de feito a única fachada construída no século XV en Florencia. Gran fachada, matemática e proporcionalmente perfecta, sobria na decoración sen ornamentos. Concebida polo segmento aúreo. A fachada describe a organización interna en tres naves cunha nave central o duplo de alta que as dúas laterais. Remata en frontón que enlaza coas laterais cuns aletóns. Decorativamente sigue a tradición toscana, de orixe románica de combinar o mármore verde co branco. Motivos xeométricos; círculos, triángulos, cadrados , rectángulos, superpostos uns e outros. •Contorna e integración urbanística: está situada nunha praza creada para acoller á multitude de fieis que asistían as predicacións dos dominicos. •Función, contido e significado: dotar dun elemento simbólico de entrada e referencia á basílica. •Modelo e influencias: é o gran manifesto das fachadas do Renacemento. Destaca Giacomo della Porta, entre 1580-1584, a fachada da igrexa de Gesú de Roma que reinterpretará esta fachada que será símbolo da arquitectura dos Xesuítas e da Contrarreforma. Il Gesú de Roma
  • 58. Palacio Medici-Ricardi 1444-1460 a) Nome: Palacio Medici-Ricardi. b) Autor: Michelozzo di Bartolomeo c) Cronoloxía: m. XV d) Tipoloxía: palacio e) Material: pedra e outros materiais f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano g) Localidade: Florencia
  • 59. Palacio Medici-Ricardi 1444-1460 Comentario: •Descrición formal: o palacio é un encargo de Cosme o Vello patriarca da familia dos Medici mentres gobernaba a cidade. Fachada de robusta simplicidade, divídese en tres rexistros arquitectónicos seprados por cornixas dentadas. Piso inferior rusticidade do almofado e con escasez de vanos (salvo as portas). Piso intermedio almofado menos groso e xanelas xeminadas que se repiten simetricamente e que no terceiro rexistro se atopan máis estilizadas para disimular a menor altitude do piso. A fachada termina cun gran entaboamento de raiz clásica. O interior do palacio, imitando as domus romanas, articúlase arredor dun patio central. •Contorna e integración urbanística: o edificio atópase dentro do chamado “barrio dos Medici” á beira da basílica de San Lourenzo, e a poucos pasos do convento familiar de San Marcos. Centro neurálxico da cidade. •Función, contido e significado: dotar dunha residencia familiar. Posteriormente o seu fillo Cosimo, fixo construír outros: Palacio Veccio, Uffizi e Pitti. Cen anos despois foi comprado pola familia Ricardi. •Modelo e influencias: fixou a tipoloxía do palacio civil renacentista. Maior influencia o palacio Strozzi tamén en Florencia. Palacio Strozzi 1489
  • 60. Destaca o Pazo Medici – Ricardi (ca. 1444) Prototipo, por antonomasia, para os posteriores e grandiosos pazos florentinos do Renacemento. Saíntes molduras separan as tres plantas nas que se divide o seu alzado exterior, creando poderosas liñas de fuga horizontais só contrarrestadas pola sucesión vertical dos vans. As diferenzas ornamentais no aparello de cada unha das plantas contribúen a evitar a monotonía visual do conxunto Coroa o conxunto unha sobresaliente cornixa que contribúe á imposición urbanística do pazo, así como a acentuar os efectos claroscurísticos
  • 61. Palacio Rucellai 1446-1451 a) Nome: Palacio Rucellai. b) Autor: Alberti c) Cronoloxía: m. XV d) Tipoloxía: palacio e) Material: pedra e outros materiais f) Estilo: Renacentista. Quattrocento italiano g) Localidade: Florencia
  • 62. Palacio Rucellai 1446-1451 Comentario: •Descrición formal: palacio dun rico comerciante florentino. Alberti adaptouse aos edificios preexistentes: unificación de oito casas. Crea unha soa fachada de novo cuño e remodela os espazos internos segundo os conceptos humanistas que el mesmo postula no seu tratado De Re Aedificatoria (1452). •Estruturase en tres niveis marcados polo uso de tres ordes clásicas: dórica planta baixa, xónica no primeiro piso e corintia no segundo. Os tres niveis están separados por un entaboamento. A superposición das ordes clásicas responde á vontade de recuperar as teorías de Vitrubio. Repítese os elementos e formas con xeometría exacta, característica que se aplicará a todos os palacios realizados posteriormente no século XV. •Contorna e integración urbanística: perto de Sta. Mª a Novella. Alterou a contorna. Rucellai ordenou derribar as casas fronte ao palacio para construír o palacio. •Función, contido e significado: funcional. Residencia privada da familia. •Modelo e influencias: fixou a tipoloxía do palacio civil renacentista. Maior influencia o palacio Strozzi tamén en Florencia.
  • 63. Renacemento: cinquecento arquitectura • Búsqueda do espazo harmónico. • Elementos sinxelos e ordenados. • Proporcionalidade matemática. • Elementos clásicos: lintel, friso, columnas gregas. • Arco de medio punto. • Igrexas, palacios e outras obras civís. • Destaca Roma como centro artístico. • Arquitectos: Bramante e Miguel Anxo. • Na 2ª m. do XVI téndese ao manierismo repetición dos elementos clásicos pero sin o espírito do ideal. Transición ao Barroco.
  • 64. Renacemento cinquecento • No s. XVI, a capital da arte trasladouse de Florencia a Roma e iniciouse un período de maduración do Renacemento que se coñece como Cinquecento. • Arquitectura: ao longo do s. XVI os papas exerceron un gran mecenado sobra as artes. Xulio II iniciou a construción da basílica de San Pedro do Vaticano e encargoulle as obras a Bramante e Miguel Anxo. • No norte de Italia destacou Andrea Palladio autor da Villa Capra, que puxo ao servizo da burguesía os elementos arquitectónicos dos templos clásicos. • Na última etapa do Renacemento (Manierismo) Vignola e Giacomo della Porta abrirán paso ao Barroco con Il Gesú de Roma.
  • 65. Renacemento cinquecento • O primeiro terzo do XVI, Florencia atravesa un periodo de inestabilidade política, polo que os artistas abandonan a cidade, instalándose en Roma ou en Milán. • Será agora Roma, baixo o mecenazgo dos Papas, o principal centro creador da arte clásica renacentista. • Con Xulio II, iníciase o desenvolvemento da Roma clásica, a través da arquitectura, querendo deixar patente o poder político da Igrexa (non só quere ser o sucesor de San Pedro, como acredita o proxecto da súa tumba enriba da de San Pedro, senon o sucesor dos mesmos emperadores romanos), e para iso promove unha serie de realizacións arstísticas, nas que o clasicismo covértese na cultura oficial do papado.
  • 66. San Pietro in Montorio Bramante
  • 67. San Pietro in Montorio Bramante a) Nome: San Pietro in Montorio b) Autor: Bramante c) Cronoloxía: 1502 d) Tipoloxía: igrexa e) Material: mármore e granito f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano g) Localidade: Roma
  • 68. 1. Lanterna 2. Cúpula 3. Tambor 4. Friso 5. Capitel dórico 6. Fuste 7. Frontón 8. Podio
  • 69. San Pietro in Montorio Bramante Comentario: •Descrición formal: o templo divídese en dous piso. O primeiro empeza cunha escalinata circular que limita o peristilo de 16 columnas, de orde tocana, sobre as cales se levanta un entaboamento clásico formado por un arquitrabe, un friso decorado coas imaxes dos instrumentos do martirio de San Pedro e unha cornixa. O piso superior iníciase cunha balaustrada que rodea un corpo cilíndrico a modo de tambor e que contribúe á lixeireza do conxunto. Aquí sucédese unha serie de xanelas cegas e nichos con forma de semicúpulas coroadas por unha cuncha. Sobre estes elementos levántase unha cúpula de media esfera, cuxos nervios conflúen nunha lanterna rematada en cruz. No seu interior hai unha única cela de planta circular. No lado oposto a entrada principal hai un pequeno altar. •Contorna e integración urbanística: Bramante propuxérase en integrar o pequeno templo nun patio circular. Non se levou a cabo quedeu atrapado no interior do claustro rectangular do mosteiro de San Pietro, actualmente ocupado pola Academia de Belas Artes de España en Roma. •Función, contido e significado: o templo foi financiado polos Reis Católicos, para conmemorar o martirio de San Pedro no lugar onde a tradición sitúa a roca onde foi crucifixado. •Modelo e influencias: modelo: recuperación dos templos circulares (tholos). Influencia no cadro dos Desposorios Virxe de Rafael.
  • 70. San Pedro do Vaticano Contextualización á cúpula • No século XV Roma aparecía como un conxunto de ruínas, sen rúas urbanizadas. • Os peregrinos que querían visitar as basílicas debían abrirse paso por penosos camiños. • É sintomático que, a pesar do poderío da Igrexa durante a idade, non se construíse ningunha catedral que rivalizara coas outras cidades europeas.
  • 71. San Pedro do Vaticano Contextualización á cúpula • A cidade de Roma tiña unha dupla función: ser residencia territorial do Estado eclesiástico e o centro da Igrexa Católica. • Para conseguilo os papas realizarán unha política de construcións representativas co fin de lograr unha cidade de “rango superior”. • Os seus monumentos, e neste caso San Pedro e a súa praza, serán os máis representativos. • Toda actividade cidadá está en función da Igrexa e as súas construcións. • Para os papas do Renacemento a vitoria do cristianismo sobre o paganismo debería quedar patente nos monumentos antigos que había nas prazas de Roma. • Neste contexto temos que ver a construción da basílica de San Pedro do Vaticano. • A igrexa e a praza de San Pedro de Roma temos que encadrala dentro de dous estilos artísticos: o Renacemento e o Barroco. • No deseño e construción da cúpula participará Miguel Anxo.
  • 72. San Pedro do Vaticano Contextualización á cúpula. Orixe do proxecto • Cando Xulio II accede ao papado, unha das súas grandes preocupacións vai ser a substitución da vella basílica paleocristiá de San Pedro, do s. IV, por un novo e grandioso edificio que mostrara a cabeza visible da Igrexa Cristiá (no cal tiña previsto o seu propio sepulcro, encargado a Miguel Anxo). • Monumentalidade, perfección de deseño arquitectónico e riqueza de materiais amosarían a preeminencia do Papa como cabeza da Igrexa e a súa calidade de representante de Cristo na Terra. • O financiamento dunha obra semellante requiría duns elevadísimos ingresos, para o cal se arbitra a venda de bulas (indulxencias) como medio de obtención de recursos. • Dito expediente de financiamento traerá consigo duras críticas que, engadidas ás dos outros vicios da Igrexa (nepotismo, concubinato, absentismo, nicolaísmo…) constituirán unhas das causas que conducirán a desencadear o movemento reformador de Lutero. • O proxecto de construción da basílica e praza de San Pedro durará máis dun século (XVI-XVII) dentro de dous estilos artísticos: Renacemento e Barroco. • Miguel Anxo participará no deseño e construción da cúpula.
  • 73. Imaxe da antiga basílica de San Pedro do Vaticano (s.IV)
  • 74. Planta: proxecta un grandioso edificio de planta de cruz grega inscrita nun cadrado. No alzado, prevalecería a altura das catro torres graduadas situadas nos respectivos diedros da cruz e a esvelta cúpula central do conxunto, erguida sobre os catro poderosos machóns do cruceiro a partir dun tambor de columnas. San Pedro do Vaticano Contextualización. Os proxectos previos á cúpula O proxecto de Bramante (1505) Xulio II encarga as trazas da nova basílica a Bramante en 1505.
  • 75. •No proxecto de Bramante: segue partindo do concepto simbólico dos antigos martyria, máxime nun edificio que gardaría as reliquias do Apóstolo por excelencia e recibiría os restos do papa que impulsa a súa construción. A cúpula convértese no referente celestial. A planimetría, dimensións, orientacións e disposicións das entradas do edificio (cara aos catro puntos cardinais) fan fincapé na proclamación do mesmo como centro da cristiandade universal. San Pedro do Vaticano Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
  • 76. Tras a morte de Bramante, en 1514, faise cargo das obras Rafael. Modifica este o proxecto orixinal de planta central por desexo expreso do novo pontífice, León X, establecendo un de cruz latina, se ben mantén a preponderancia da cúpula sobre o cruceiro. San Pedro do Vaticano Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
  • 77. Antonio Sangallo o Xove. Sucede no proxecto a Rafael Modifica de novo o proxecto, creando unha fusión entre a planta centralizada e a de cruz latina: así, engade a unha planta de cruz grega (herdeira do proxecto de Bramante) unha monumental fachada flanqueada por dúas torres, o que restaría protagonismo á cúpula. San Pedro do Vaticano Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
  • 78. Miguel Anxo. Será o que, á morte de Sangallo en 1547, asuma a dirección da obra (xa a súa madurez) e introduza as modificacións que, en boa parte, serán definitivas. Recupera a planta proxectada, nun comezo, por Bramante, incluída a monumental cúpula sobre o cruceiro (que acada os 42 m de diámetro) e as catro cúpulas menores dos diedros do cadrado (a modo de contrarresto da principal). San Pedro do Vaticano Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
  • 79. San Pedro do Vaticano Contextualización. Os proxectos previos á cúpula
  • 80. Carlos Maderno. Será o encargado de rematar as obras xa na transición do Manierismo ao Barroco: - Alonga o brazo occidental (engade tres tramos con capelas laterais), dando lugar a unha planta de cruz latina, eliminando a visualización monumental que se pretendera para a cúpula desde o exterior. - Realiza a fachada, empregando a orde xigante, rematada por un robusto ático. San Pedro do Vaticano Contextualización. Os proxectos posteriores á cúpula
  • 82. Miguel Anxo Buonarroti arquitecto • É o auténtico representante do home do Renacemento no sentido de ser un artista polifacético. Aínda que el considerábase escultor, realizou obras mestras en arquitectura e pintura. A súa longa vida permitiulle evolucionar dende o clasicismo da súa xuventude ao manierismo da súa madurez. • Dende neno dedicouse a arte, primeiro no taller de Ghirlandaio e despois no xardín dos Medici onde entra en contacto con outros artistas e coa filosofía neoplatónica que marcará a súa obra, converténdose en protexido de Lorenzo o magnífico • Como arquitecto domina pronto a linguaxe manierista (Biblioteca Laurenciana, Praza do Capitolio). • Na súa madurez faise cargo da dirección das obras da Igrexa de San Pedro. Buenarroti mantivo a idea bramantesca de planta de cruz grega cunha gran cúpula, pero establece unha soa entrada e marca un eixo lonxitudinal. Modifica a estrutura da cúpula e a dota de maiores dimensións converténdoa no elemento máis expresivo da construción. Morreu sen ver a cúpula conclusa pero deulle tempo a rematar as ábsidas (percorridos por xigantescas pilastras pareadas entre as que se abren vans coroados por frontóns triangulares e curvos como na cúpula). A cúpula con 42 metros rivaliza coa do Panteón e a supera en altura. Concibida cun dobre casquete semiesférico (o perfil exterior apuntado rematouno o seu sucesor Giacomo della Porta) e montada sobre un tambor circular no que alternan as xanelas e os frontóns. Maderna (barroco) prolongou a s naves e construíu a actual fachada do edificio, agás o piso superior e a balaustrada , engadidos por Bernini.
  • 84. Cúpula San Pedro do Vaticano a) Nome: Cúpula de San Pedro do Vaticano b) Autor: Miguel Anxo c) Cronoloxía: 1546-1612 d) Tipoloxía: arquitectura e) Material: variedade de mármores e outras rocas f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano g) Localidade: Vaticano-Roma
  • 85. Cúpula San Pedro do Vaticano Comentario: •Descrición formal: doble cúpula hemisférica inspirada na cúpula de Brunelleschi. Practicamente terminou a estrutura do tambor en vida. Nel altérnanse vanos que rematan en frontóns alternados triángulares e curvos. Entre os distintos vanos atopamos columnas pareadas. A súa morte (1564), empezábase a construción da cúpula por Giacomo della Porta e Domenico Fontana, quen a rematou en 1603. Os traballos alongáronse ata 1612 coa decoración do mosaico interior. •Della Porta modificou o proxecto orixinal, diminuíndo a curvatura das dúas cúpulas para alixeirar o peso lateral. O tambor ten un zócalo que exerce de base de dezaseis contrafortes radiais que contrarrestan o peso lateral da cúpula. Ten 42 m de altura e supera a do Panteón de Roma. Cúpula de referencia igual que a da catedral de Florencia. •Contorna e integración urbanística: Foi proxectada para a máis grande de Roma e de toda Europa (centro da cristiandade). Domina o skyline de Roma. •Función, contido e significado: símbolo do poder papal como herdeiro de San Pedro. Cidade terreal da cristiandade guía espiritual. •Modelo e influencias: moitísimas cúpulas construídas nesta etapa e posteriores terán referencia a cúpula de San Pedro.
  • 86. Tecnicamente, Miguel Anxo recorrerá á solución de Brunelleschi no duomo florentino para construír a cúpula: dobre casquete, de perfil semiesférico neste caso.
  • 87. * Establece unha entrada única e marca o eixe lonxitudinal Miguel AnxoBramante * Reforza os piares de soporte da cúpula.
  • 88. * Emprega a orde xigante como recurso para ordenar a distribución de vans e, ao tempo, suxerir esvelteza, o que manifesta xa a linguaxe manierista de Miguel Anxo, se ben a busca de contrastes faralle dispor un corpo superior co que remarcar o sentido horizontalista que se opoña ao verticalista do corpo inferior. Sen embargo, fronte ao proxecto de Bramante: * Modifica a estrutura da cúpula: dótaa de maiores dimensións, converténdoa no elemento emblemático da construción e elimina as torres angulares.
  • 89. Morreu sen ver a cúpula concluída, pero si as ábsidas (percorridas por xigantescas pilastras pareadas entre as que se abren vans coroados por frontóns triangulares e curvos, como na cúpula).
  • 90. Giacomo della Porta. Continuador da obra de Miguel Anxo, será o responsable do peralte final da cúpula , dándolle unha maior esvelteza (dálle un perfil oxival maior que o contemplado por Miguel Anxo ) e alonga tamén a lanterna.
  • 91. Arquitectura manierista • O termo de manierismo provén da definición que certos escritores do século XVI asignaban a aqueles artistas que pintaban “a maneira de...”, é dicir, seguindo a liña de Miguel Anxo, Leonardo ou Rafael, pero mantendo, en principio, unha clara personalidade artística. • O momento de aparición céntrase en torno a 1520 (fecha da morte de Rafael) ou o 1527 (saco di Roma polas tropas de Carlos V). • No formal o manierismo maniféstase como un forzamento ata o límite das normas clasicistas. • Os arquitectos preocúpanse máis polos efectos visuais. Rexeitan as normas en favor da liberdade individual e dun concepto subxectivo da beleza. Os conceptos de orde, harmonía e proporción ceden paso á libre xustaposición de elementos. Séguense a empregar elementos clásicos (arcos de medio punto, cúpulas, frontóns, columnas clásicas...) pero combínanse caprichosamente buscando a novidade.
  • 93. Vila Capra Palladio a) Nome: Vila Capra b) Autor: Palladio c) Cronoloxía: 1566-1620 d) Tipoloxía: arquitectura e) Material: pedra e materias de construción f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano g) Localidade: Vicenza
  • 94. Vila Capra Palladio a) Nome: Vila Capra b) Autor: Palladio c) Cronoloxía: 1566-1620 d) Tipoloxía: arquitectura e) Material: pedra e materias de construción f) Estilo: Renacentista. Cinquecento italiano g) Localidade: Vicenza
  • 95. Vila Capra (1566-1569) Planimetría: presenta planta cadrada centrada en torno a un gran distribuidor circular cuberto por cúpula (inspirada no Panteón de Roma) en torno ao que se distribúenas diversas estancias e ao que se pode acceder directamente desde cada unha das catro fachadas do edificio. Plan central. Estrita simetría biaxial e regularidade xeométrica. SO NL NO SL
  • 96. • Elementos clásicos • Cúpula. • Arquitrabe. • Friso. • Frontón. • Columnata. • Podio. • Tomaron como referencia os templos grecorromanos. Vila Capra Palladio
  • 97. Vila Capra Palladio Comentario: •Descrición formal: presenta un perfil idéntico nas catro fachadas. Cada unha delas articúlase a partir dunhas pronunciadas escalinatas que conducen cara a un pórtico de seis columnas de orde xónica, co correspondente entaboamento e frontón triangular, rematado cunha estatua en cada un dos seus vértices. No centro álzase unha cúpula que cobre a sala circular central da mansión que serve de distribuídora das habitacións. •A pranta ofrece unha acentuada sensación de simetría en forma de cruz grega. •Contorna e integración urbanística: orientada aos catro puntos cardinais. Con amplas vistas da súa contorna. •Función, contido e significado: residencia particular dun poderoso clérigo. É coñecida como a rotonda pola súa cúpula central. •Modelo e influencias: o modelo de arquitectura palladiana influirá na arquitectura neoclásica do XVIII. Un exemplo son as vilas inglesas e as mansións nos estados do sur de EEUU. Mansión sureña Referencia da arquitectura de Palladio
  • 98. Teatro Olímpico de Vicenza (1580 – 1585) A súa paixón pola arquitectura da vella Roma levarao, pouco antes de morrer, a retomar os espazos teatrais romanos, proxectando esta obra. Na súa escena combina a máis pura tradición arquitectónica romana co xogo óptico producido por un profundo escenario que simula un trazado urbano, con cinco rúas que se prolongan ilusoriamente en perspectiva.
  • 99. a) Nome: Il Gesú b) Autor: Vignola e Giacomo della Porta c) Cronoloxía: 1568-1580 d) Tipoloxía: arquitectura e) Material: mármore e pedra f) Estilo: Manierismo g) Localidade: Roma Il Gesù
  • 100. Comentario: •Descrición formal: marca o paso do Manierismo (última fase do Renacemento) ao Barroco. Vignola realizou a igrexa: pranta lonxitudinal dunha sola nave. Cuberta con bóveda de canón, con tres capelas interconectadas entre sí a cada lado e un transepto coroado por unha cúpula. Fachada e cúpula son de Giacomo della Porta. •A fachada homenaxe ao clasicismo de Alberti reinterpreta a arquitectura clásica inserindo elementos do Manierismo de Miguel Anxo como a combinación de tímpanos circulares e triangulares que preanuncia o Barroco. •A decoración pictórica do interior é plenamente barroca. •Contorna e integración urbanística: está integrado urbanisticamente. •Función, contido e significado: foi construído para albergar o sepulcro de San Ignacio de Loiola e para dar culto á eucaristía (espírito da contrarreforma). •Modelo e influencias: modelo Alberti e Miguel Anxo. Influencias no Barroco.
  • 101. Renacemento en España • Tivo un desenvolvemento tardío pola forza do Gótico, que se prolongou ata o século XV. • A partir do século XVI, as influencias de artistas italianos e flamencos e as viaxes dos artistas españois a Italia foron introducindo o novo estilo.
  • 102. Renacemento en España Contexto histórico • O século XVI, que coincidirá co final do reinado dos Reis católicos, e os de Carlos I (1516-1556) e Felipe II (1556-1598), marcará a expansión do Renacemento por España, facilitado polas constantes relacións con España, pola presenza de artistas italianos na Península Ibérica e a formación italiana dos arquitectos españois. A chegada do estilo e os ideais renacentistas estivo mediatizada pola tradición gótica e o mecenado da Igrexa que impediu unha visión máis humanista.
  • 103. Renacemento en España Arquitectura • En España durante o primeiro terzo do século XVI só se aplicaron os novos modelos renacentistas en elementos decorativos sobre estruturas góticas. • Este primeiro estilo renacentista de transición coñécese como plateresco, polo parecido da ornamentación das fachadas co traballo dos prateiros. Caracterízase pola profusión de elementos decorativos: medallóns, emblemas heráldicos, columnas e grutescos. Exemplo seríanas portadas da Universidade de Salamanca e a do Hospital Real de Santiago de Compostela. • Pero as formas e tipoloxías renacentistas impóñense a partires do reinado de Carlos V, que adopta o novo estilo como linguaxe da corte, é o denominado purismo. O exemplo sería o Palacio de Carlos V na Alhambra, iniciado en 1533, obra de Pedro Machuca. • Coa subida ao trono de Felipe II, o clasicismo implántase oficialmente como un vehículo de propaganda imperial. A Arquitectura esquece o decorativo e triunfa o arquitectónico e o sobrio. • O mosteiro de San Lorenzo do Escorial iniciado en 1563 por Juan Bautista de Toledo pero foi construído na súa maior parte por Juan de Herrera. Este edificio resume toda a arquitectura española da súa época, á que imporá as súas características co estilo “escurialense” ou herreriano.
  • 104. Renacemento: Plateresco Fachada da universidade de Salamanca a) Nome: fachada da Universidade de Salamanca b) Autor: anónimo. Atribuída a Juan de Talavera c) Cronoloxía: 1512-1533 d) Tipoloxía: arquitectura e escultura e) Estilo: Plateresco f) Localidade: Salamanca
  • 105. Comentario: •Descrición formal: cume do estilo plateresco, articúlase coma se dun retablo se tratase. Sobre dúas portas de acceso de perfil escarzano, tres corpos coas súas correspondentes cinco rúas despregan un programa escultórico presidido por un medallón cos retratos dos Reis Católicos, pais de Xoana I de Castela, que foi quen financiou a obra. •Unha serie de motivos heráldicos e figurativos completan o discurso iconográfico no que aparece o escudo de armas dos Austrias nos que destacan a aguia bicéfala e o toisón de ouro. Outras figuras fan referencia a personaxes mitolóxicos, históricos ou contemporáneos sobre os que non hai certeza de identificación. •Contorna e integración urbanística: a fachada da Universidade de Salamanca integrada no edificio das Escolas Maiores debía de constituír o centro de referencia do edificio. A súa presenza debía destacar sobre o resto, aínda que sen función arquitectónica, só decorativa. Integración urbanística harmónica. •Función, contido e significado: centro do saber, apoiado pola Coroa de Castela. •Modelo e influencias: antecendente Colexio de San Gregorio de Valladolid. Universidade de Salamanca
  • 106. Hospital Real dos Reis Católicos Santiago de Compostela
  • 107. a) Nome: Portada do Hospital Real b) Autor: Martín de Blas e Guillén Colás c) Cronoloxía: 1518 d) Tipoloxía: arquitectura e escultura e) Estilo: Plateresco f) Localidade: Santiago
  • 108. A fachada do Hospital dos Reis Católicos é de estilo gótico plateresco, ao lado da Porta de Carlos V de Viveiro, os únicos exemplos deste estilo arquitectónico existente en Galicia. Descripción iconográfica: Na fachada pódese ver o seguinte: No lateral esquerdo da porte de abaixo arriba: Adan, Santa Catalina e San Xoan Bautista. Na dereita de abaixo a arriba: Eva, Santa Lucía e María Magdalena. Frisos: Os 12 apóstolos. Nas espigas: medallóns das enxutas Isabel e Fernando. Á esquerda da xanela central: Cristo, Santiago e San Pedro. Á dereita da xanela central: Virxe con neno, San Xoan Evanxelista e San Pauo. Nos pináculos arriba: 6 anxos con instrumentos musicais. Dous grandes escudos flanquean a portada, cos brazos de Castela e os seus flancos, a cruz nun círculo que é o emblema do Hospital. Cornixa de pedra rica con diferentes tarefas. Significado: o hospital como rexenerador da alma e do espírito
  • 109. Renacemento: Clasicista Machuca: palacio de Carlos V na Alhambra a) Nome: palacio de Carlos V b) Autor: Pedro Machuca c) Cronoloxía: 1527-1563 (inacabado) d) Tipoloxía: palacio e) Estilo: Clasicista-Manierista f) Localidade: Granada
  • 110. Renacemento: Clasicista Machuca: palacio de Carlos V na Alhambra
  • 111. Palacio de Carlos V Comentario: •Descrición formal: edificio de planta cadrada con patio interior de forma circular. Neste patio as ordes arquitectónicas seguen unha disposición clásica: dórico- toscano para o corpo baixo, con friso con metopas e triglifos con motivos de grinaldas e bucarnios e o xónico no superior con friso liso. •Os espazos valeiros entre as fachadas cadradas e o patio circular serven para situar as escaleiras de acceso, a excepción do nordeste onde se sitúa unha capela abovedada. •A fachada exterior presenta un corpo baixo cun robusto almofadado. Destaca a portada central cunha porta coroada por un frontón triangular e columnas de orde xónica, e un corpo superior cun arco serliano e columnas de orde corintia. •Contorna e integración urbanística: inclúese dentro do perímetro da Alhambra, derrubou parte do conxunto, aínda que se preservou a maior parte do palacio nasarí. •A súa potente arquitectura distíngueo do seu contorno árabe. •Función, contido e significado: servir de escenario para actos oficiais da corte e residencia privada de Carlos V. Símbolo do poder relixioso e imperial do emperador. •Modelo e influencias: influencia en Giulio Romano Palazzo Te de Mantua.
  • 112. Renacemento: Herreriano Herrera: El Escorial a) Nome: Mosteiro do Escoriall b) Autor: Juan Bautista de Toledo e Juan de Herrera c) Cronoloxía: 1563-1584 d) Tipoloxía: mosteiro, palacio e) Estilo: Herreriano f) Localidade: S. Lourenzo do Escorial
  • 113. O Escorial Comentario: •Introdución situado nunha ladeira da serra de Guadarrama foi mandado construír por Felipe II para conmemorar a vitoria de San Quintín contra os franceses. •Dedicado a San Lourenzo, polo día na que tivo lugar a batalla e a gran devoción que lle tiña a este santo, é unha perfecta combinación do práctico e do simbólico, do sagrado e do profano, converténdose no exemplo máis fidedigno da cultura dunha época e no mellor expoñente da Contrarreforma católica. •Na carta de fundación do mosteiro menciónanse as razóns que induciron ao rei a plantexar este proxecto. Seguindo a tradición secular, o edificio ideado polo monarca, tiña que asociar as funcións de residencia real e de mosteiro que tiña que converterse nun centro de estudios acorde coas disposicións do Concilio de Trento. Descrición formal: o conxunto ocupa un rectángulo de 207 m por 161 m, con catro torres nos ángulos coroadas por chapiteis ou agullas recubertos de lousa e cuberta a dúas augas con ventás e chemineas. A fachada principal articula toda a planta en forma de grella en clara alusión ao martirio de San Lourenzo. A sobriedade da pedra granítica de cor gris engádeselle a utilización da orde toscana na maior parte do conxunto e a dórica na igrexa. Este estilo é coñecido como herreriano, debido ao nome do principal arquitecto. Palacio Estancias privadas de Felipe II Basílica Claustro Mosteiro Patio dos Reis Biblioteca
  • 116. O Escorial Comentario: Para levar a cabo o proxecto o rei escolleu a Juan Bautista de Toledo que traballara con Miguel Anxo no Vaticano, quen iniciou as obras despois de efectuar varios proxectos en 1463. Á súa morte a pouco de comezarse o edificio foi substituído polo seu axudante Juan de Herrera que modificiou significativamente os proxectos do seu antecesor: eliminou ata 6 torres no seu afán de quitar calquera síntoma de profusión decorativa; elevou a fachada do poniente á mesma altura que as tres restantes, e como queira que a igrexa sitúase no núcleo central do edificio, quedaba sen suficiente visión, engadiu a dita fachada unha portada que non ten realción directa coa igrexa. A planta do edificio anteriormente citado o seu valor simbólico, está dividida en catro grandes patios (os dianteiros á vez en catro) e dominada no seu eixe central pola gran igrexa que se sitúa no centro da trama rectangular. Herrera deulle ao edificio ese carácter sobrio e austero no que o único decorativo son os pináculos con bolas e unhas poucas estatuas quedando o resto reducido ao simple xogo dos elementos construtivos. A Igrexa, é obra do italiano Paciotto, é de tipo bramantesco con coro elevado baixo o cal sitúase o panteón real (algo máis tardío). Palacio Estancias privadas de Felipe II Basílica Claustro Mosteiro Patio dos Reis Biblioteca
  • 119. Ciborio da igrexa do Escorial
  • 120. O Escorial Comentario: A planta da igrexa é de cruz grega, organízase a partir dun espazo central cuberto con cúpula sobre tambor e responde a unha arquitectura monumental e desornamentada, cuxos alzados articúlanse cun orde colosal de pilastras dóricas que soportan as cornixas sobre as que cargan as bóvedas. Na cabeceira dispúxose o altar maior a cuxos lados e en ángulo situáronse os retratos familiares de Carlos I e Felipe II e, no centro o templete do sagrario onde se acentúa de forma máis acusada a carga expresiva e simbólica do monumento. Patio dos Reis a modo de adro da igrexa, é onde se sitúa a verdadeira fachada do templo. Esta ordénase con medias columnas de orde dórico-toscano no seu corpo inferior e con as seis esculturas dos Reis de Xudá, situadas sobre pedestais diante de pilastras toscanas no superior, rematándose cun fronton triangular, roto na súa parte inferior por un enorme ventanal. Estas esculturas son obra de J. Bautista Montenegro, e decoran a cornixa da fachada dándolle nome ao patio. O palacio do rei situado na parte norte do edificio e comunicado cos aposentos privados do monarca. A falta de espazos de ostentación, propios das construcións palaciegas contemporáneas, converten a esta zona nun lugar de retiro espiritual que permanece oculto para os seus súbditos, recluído Palacio Estancias privadas de Felipe II Basílica Claustro Mosteiro Patio dos Reis Biblioteca
  • 123. O Escorial Comentario: •nas súas habitacions privadas, comunicadas visualmente co altar maior da igrexa. Nestas estancias foron os temas naturalistas e a pintura de historia nos que se basou a decoración. •Biblioteca: é a peza máis importante despois da igrexa. Nexo de unión da zona do convento (da orde dos Xerónimos) e do estudio, ou sexa, do mundo sagrado e do profano, idea que se reforza cun amplo programa iconográfico. •O teito da sala principal decorouse coas Alegorías das Artes Liberais, que nun percorrido ideal, únense a Fe e a Razón. Completa o programa unha serie de figuras históricas e mitolóxicas que reflicten o carácter do coñecemento científico tal e como se concebía na corte de Felipe II. Noutras zonas do edificio atópanse pinturas de contidos profanos. •Patio dos evanxelistas: obra de J.B. Álvarez de Toledo, concíbese como claustro de dous pisos (arquería dórica no inferior e xónica no superior) todo coa máxima perfección xeométrica e rigor purista. No centro do patio álzase un templete octogonal con cúpula (obra de Juan de Herrera), e nel sitúanse catro hornacinas coas estatuas dos catro evanxelistas que dan nome ao patio (obra de Monegro). Baixo o templete hai unha fonte da que parten catro canaliños que representan os catro ríos do paraíso. Palacio Estancias privadas de Felipe II Basílica Claustro Mosteiro Patio dos Reis Biblioteca
  • 125. O Escorial Comentario: •Contorna e integración urbanística: Felipe II escolleu un lugar illado da serra de Guadarrama co que o mosteiro-palacio quedaba separado e integrado na paisaxe circundante. Carlos III (XVIII) construíu unha pequena cidade que se integra co monumento sen quitarlle protagonismo. •A decoración externa do conxunto é froito do xogo xeométrico de pirámides e esferas e se mantén dentro da sobriedade máis rigorosa, nota distintiva dun estilo que pasou a chamarse herreriano ou tamén escurialense, e cuxo fundador exerceu non só un forte influxo estilístico durante o reinado de Felipe II, senon un verdadeiro control artístico. •Función, contido e significado: mosteiro da orde de San Xerome, igrexa e panteón real, residencia-palacio e centro do saber (biblioteca). •Fundado para conmemorar a batalla de San Quintín contra os franceses. •Modelo e influencias: modelo: planta do antigo hospital de Milán de Filarete. Basílica: Bramante, proxecto non levado a cabo no Vaticano. Palacio Estancias privadas de Felipe II Basílica Claustro Mosteiro Patio dos Reis Biblioteca

Editor's Notes

  1. <number>
  2. <number>
  3. <number>
  4. <number>
  5. <number>
  6. <number>
  7. <number>
  8. <number>
  9. <number>
  10. <number>
  11. <number>
  12. <number>
  13. <number>
  14. <number>
  15. <number>