SlideShare a Scribd company logo
1 of 38
Arte cisterciense
Sta. María de Oseira
Arte cisterciense
1. Contexto histórico
• Orixe e historia da Orde do Císter
2. Arquitectura: mosteiros galegos
• Os mosteiros do Císter
• Arte e arquitectura cisterciense
• Influencia do Císter na arte e arquitectura
medieval en España.
3. Mosteiro de Oseira
Arte cisterciense
contexto histórico: orixe historia do Císter
• Ao longo da historia das relixións (non só na cristiana)
houbo numerosos e sucesivos intentos de volver ás orixes
dos movementos espirituais, unha vez que estes
relaxáronse e alonxáronse dos seus principios.
• Unha destas reaccións de volta ao purismo anterior
empézase a xestar a finais do século XI en Francia,
coincidindo coa etapa de máxima opulencia e ostentación
dos mosteiros cluniacenses.
• Se Cluny adoptara a Regra de San Bieito que incluía a a
pobreza como precepto, o caso é que os seus mosteiors
era, en ocasións, verdadeiros palacios repretos de luxo e
os abades, señores feudais coa máxima relevancia na
política mundana.
• Algúns homes da Igrexa consideraban que os cluniacenses
“dexeneraran” os preceptos benedictinos e que era
necesaria unha volta ao rigor dos primeiros tempos.
Arte cisterciense
contexto histórico: orixe historia do Císter
• Será na rexión de Borgoña (1098), cando un destes
maiores reformadores, Roberto, retírese cos seus
seguidores para facer vida monacal a un lugar aillado
chamado Citeux (Císter), que cederá posteriormente o
seu nome á orde.
• O sucesor de Roberto sería Alberico que obtivo a
protección papal. O terceiro abade foi san Estevo Harding
que continuou a obra emprendida anos antes dotando ao
Císter dunha regra propia chamada Carta Charitatis que
enuncia o seu propósito de volver ás orixes da austeridade
primitiva da Orde Benedictina.
• Pero non sería ata a aparición en escena da figura de San
Bernardo cando o Císter comece o seu imparable
desenvolvemento durante o século XII.
Orixe e difusión do
Císter por Europa
Arte cisterciense
contexto histórico: orixe historia do Císter
• A forte personalidade de San Bernardo de
Claraval, impulsou a Orde do Císter.
• Bernardo, foi unha das primeiras personalidades
da Europa do s. XII e principal protagonista do
seu desenvolvemento.
• Naceu nunha familia noble e acomodada dos
Fontaine en 1091 e foi educadono máis amplo
nivel cultural que se dispuña no momento.
• Nunha idade temperá ingresou na citada abadía
de Cîteux en tempos de san Estevo Harding. A
súa forte personalidade levou ao abade Estevo a
encargarlle a fundación do Mosteiro de Claraval
(Clairvaux).
Imaxe de
San Bernardo
Igrexas espazos diáfanos
desprovistos de decoración
Ventanais con
Vidrieiras
con pouca
decoración.
Xeométrica e
diáfana
Refectorio: austeridade
nas instalaciónsLocalización illada
Arte cisterciense
contexto histórico: orixe historia do Císter
• Ao longo da súa intensa vida foi capaz de levar a orde do
Císter a súa máxima expansión, cun total de 343 mosteiros
fundados en toda Europa.
• Morre en 1153 e foi canonizado en 1174.
• A súa actitude recollida e evanxélica influíu na súa
preocupación pola disciplina, austeridade, oración e
simplicidade que impulsará en Claraval e no resto das súas
fundacións.
• Como consecuencia da súa imparable actividade, os
monxes cistercienses relevaron aos cluniacenses na
influencia sobre a sociedade e a Igrexa do s. XII, ocupando
os seus máis latos cargos e dignidades e exercendo a súa
influencia sobre o poder civil.
Arte cisterciense
Os mosteiros do Cister
• Os mosteiros do Císter sitúanse en zonas inhóspitas
pero con abundancia de auga, normalmente nun lugar
boscoso e illados por montañas. Eran os propios
monxes ou os laicos que traballaban con eles os que
roturaban e traballaban as terras.
• Esta característica colonizadora e “civilizadora” dos
cistercienses será especialmente útil no contexto
hispano de pugna entre cristiáns e musulmáns no s.
XII e comezos do XIII.
• Á reconquista está ligada a repoboación de terreos
inhóspitos e non moi alonxados do nemigo que
contaba co risco de acabar coa propia vida dos
repoboadores.
Arte cisterciense
Os mosteiros do Cister
• Por iso Alfonso VII e Alfonso VIII empregaron aos
sacrificados monxes blancos do Císter como
avanzadilla durante décadas ocupando espazos de
difícil defensa.
• Nesta liña, as ordes militares nos reinos hispanos,
vangarda da súa cruzada contra os almohades,
acolléronse á regla do Císter.
• A decadencia do Císter, apegado a unha vida feudal e
rural que sen embargo os levou a un grande
enriquecemento, ten que ver co desenvolvemento das
novas ordes mendicantes, franciscanos e dominicos,
no s. XIII, que situarán os seus conventos no ámbito
urbano e que se adaptarán mellor ás novas formas de
vida das cidades.
Arte cisterciense
Os mosteiros do Cister
• Actualmente moitos destes conventos están
en mal estado (incluso en ruína avanzada)
precisamente pola súa alonxada ubicación
dos núcleos urbanos.
• Desta situación foi responsable principalmente
a desamortización de Mendizábal no 1/3 do
XIX.
• Os mosteiros quedaron abandonados ou
acabaron en mans particulares que rara vez
puideron ou quixeron mantelos.
Estado de abandono
do Mosteiro de Monfero
despois do seu abandono
tras a desamortización
Estado de abandono
do Mosteiro de Monfero
despois do seu abandono
tras a desamortización
Arte cisterciense
Arte e arquitectura cisterciense
• Ata hai algúns anos, a arquitectura cisterciense
considerábase un estilo propiamente dito, que estaría a
cabalo e como eslabón de transición entre o románico e
gótico.
• Nesta liña, adxudicóuselle en ocasións o nome de
arquitectura protogótica.
• Hoxe non se acepta que o gótico naza como unha mera
evolución ou desenvolvemento do románico, senon que a
arquitectura gótica nace como un salto de mentalidade e
de léxico arquitectónico.
• Polo tanto, non se pode considerar aos edificios
cistercienses como un eslabón desta cadea.
• A maioría dos edificios cistercienses son basicamente
románicos, pero incorporan, en bastantes casos e como
novidade, a bóveda de crucería sinxela e tamén
frecuentemente o arco apuntado.
Arte cisterciense
Arte e arquitectura cisterciense
• A arquitectura cisterciense é coñecida pola súa sobriedade ornamental.
• Pero non hai que confundir austeridade con rudeza, xa que cando
aparecen motivos xeométricos ou vexetais son de grande calidade
plástica e vese tras eles grandes artistas.
• A diferenza das igrexas parroquiais ou monásticas de Cluny, as igrexas
do Císter pintábanse de branco, non empregándose pinturas murais
figuradas e as ventás só podían ter cristais brancos.
• Iso daba á igrexa unha grande luminosidade (aínda que non dispuñan
de grandes ventanais nin se tendeu á desmaterialización do muro, como
no gótico.
• A austeridade ornamental estaba pensada para illar ao monxe na súa
meditación e na oración, para que non puidese distraerse con pinturas,
esculturas, nin vidreiras cromáticas. Non se pode considerar como un
medio de aforro, xa que o mosteiro cisterciense foi custosísimo de
levantar. As dimensións das construcións cistercienses a miúdo eran
catedralicias, estaban completamente abovedadas e se edificaban con
paramentos de perpiaños moi regulares.
Arte cisterciense
Dependencias cistercienses
• As abadías cistercienses respondíana un vasto programa
construtivo que comprendía instalacións tan diversas como
a hospedaría, a enfermería, o muíño, a fragua, o pombal, a
granxa, os obradoiros. Buscan a autosuficiencia.
• O núcleo monacal propiamente dito compoñíase das
dependencias residenciais e da igrexa, o eixe era o
claustro coas súas catro galerías.
• Os claustros cistercienses tiñan as súas galerías abertas
por arcos sobre esveltas e elegantes columnas pareadas e
con capiteis de exquisita labra. De feito, a austeridade da
arquitectura cisterciense vólvese fina e delicada nos
claustros e outras dependencias que se organizan arredor,
especialmente as salas capitulares.
• A aparición da Orde do Císter en España e os seus
edificios crearon unha grande influencia na arquitectura
cristiá peninsular nos séculos XII e XIII.
Difusión do
Císter en Galicia
Identificación:
Nome: Monsteiro de Oseira
Autor: descoñecido
Cronoloxía: f. XII-p. XIII
Estilo: Cisterciense
Materiais: pedra (granito)
traballada en sillares.
Localización: Cea (Ourense)
Introdución: A igrexa pertencente ó mosteiro de Santa María de Oseira
(Cea-Ourense), fundado no 1137 e adherido pouco despois ó Císter,
que se viña de introducir durante o reinado de Afonso VII.
O mosteiro de Oseira, xunto co de Sobrado, son os primeiros mosteiros
cistercienses construídos en Galicia, a onde chegaron directamente
monxes dende o mesmo Claraval.
Do mosteiro fundacional de Oseira, o único medieval que se conserva
é a igrexa, datada a finais do XII ou primeiros do XIII, foi consagrada no
1239.
O conxunto do edificio presenta a estrutura planificada de todos os
mosteiros cistercienses, congrega a igrexa, o claustro e demais
dependencias propias do mosteiro: sala capitular, refectorio,
biblioteca, cociña, dormitorios,...
Estilisticamente enmarcase na arte románica se ben xa en transición
cara ó gótico pois incorpora elementos novidosos como o arco oxival e a
bóveda de cruzaría.
Emprega na construción, cantería de granito de grande calidade técnica.
O conxunto recibe o nome do Escorial galego.
Contexto: a finais do século XI, o abade beneditino Roberto de Molesmes
tentou recuperar os fundamentos espirituais da Orde, que o éxito levara
polos camiños do poder e a riqueza, esquecendo a austeridade
preconizada polo fundador San Bieito de Nursia. A tal fin, Roberto retirouse
con outros monxes a Citeaux, cerca de Dijon, en Francia, onde fundou
unha abadía. O primeiro paso de reforma fracasou pero tempo despois, a
primeiros do XII, Bernardo no mosteiro de Claraval deu o pulo definitivo
postulando a volta á primitiva humildade en contra da relaxación dos
costumes, rexeitando todo luxo e todo boato, a fin de que nada puidera
distraer os monxes das súas obrigas, o traballo e a oración. Os monxes
brancos expandíronse
rapidamente, instalándose principalmente en lugares remotos, dedicados
ao traballo agrícola de xeito que tiveron grande relevancia como
colonizadores.
A arte ten de cinguirse ao esencialmente funcional suprimindo toda a carga
ornamental que chegou a ter a arte románica.
Non se trata propiamente dun estilo novo pero si unha nova concepción
que se materializa nos mosteiros bieitos dos monxes brancos.
A decadencia do Císter, apegado a unha vida feudal e rural que sen
embargo os levou a un grande enriquecemento, ten que ver co
desenvolvemento das novas ordes medicantes, franciscanos e dominicos,
que situarán os seus conventos no ámbito urbano e que se adaptarán
mellor ás novas formas de vida das cidades.
Foron os séculos XII e XIII os de maior esplendor de Oseira que empeza a
decaer no XIV.
Posteriormente no XVI, o Mosteiro entra na Congregación Cisterciense de
Castela, comezando un novo período de florecemento que trouxo a
renovación artística, impulsora das obras levadas a cabo durante os
séculos XVI, XVII e XVIII.
Coa exclaustración provocada pola desamortización de Mendizábal no
século XIX, o conxunto monástico é abandonado e con isto comeza unha
progresiva ruína da arquitectura e o expolio das súas obras de arte.
No século XX volven monxes a Oseira e se emprende unha titánica e
exitosa labor de restauración e recuperación deste complexo monacal,
recuperando o esplendor do que fora. Actualmente é un dos máis
representativos exemplos da arquitectura relixiosa en Galicia.
Ten este mosteiro, entre outras dependencias, unha igrexa románica de
transición, tres claustros de distintas épocas e estilos e unha sala capitular
de gran vistosidade.
Análise formal: a igrexa presenta pranta de cruz latina con tres naves de
sete tramos no brazo lonxitudinal e unha soa, de grande anchura e dous
tramos, no transepto. A nave central é máis alta e notoriamente máis ancha
que as naves laterais que resultan notablemente estreitas.
A cabeceira está moi desenvolvida, consta dunha capela maior
semicircular,- en contra da denominada planta bernarda que propugnaba
testeiros rectos por seren máis económicos de construír- precedida de
dous tramos rectos e rodeada por un deambulatorio. Esta xirola que está a
seguir o modelo da Catedral de Santiago, ábrese ó altar maior por arcos
apuntados apeados en grosas columnas dispostas sobre un zócolo e a el
dan as cinco absidiolas radiais, orixinalmente de planta semicircular,
separadas por muros baleirados en ventanais.
Separan as naves piares cruciformes con columnas acaroadas a distinta
escala. Dúas prolónganse ata os arcos de faixa mentres que outras dúas
menores serven de apoio aos arcos formeiros oxivais dobrados.
Na labra dos capiteis, seguindo a norma do ascetismo, prescíndese da
figuración –só hai un con cegoñas enfrontadas- e optase polas formas
vexetais con follas lisas.
Cóbrense as naves, tanto no eixo lonxitudinal coma no transepto con
bóveda de canón oxival lixeiramente apuntada e reforzada por arcos de
faixa; no presbiterio, cruzaría de catro nervios separadas por arcos de
faixa, todo en sección oxival; na ábsida, bóveda de cruzaría con oito
nervios e sete plementos cóncavos. A solución innovadora das bóvedas de
cruzaría, máis económicas de construír, foi o que permitiu a obtención de
amplos e diáfanos espazos, como vemos nesta nave central e no
transepto.
No cruceiro, unha cúpula nervada sobre pendentes con ciborio octogonal,
algo máis tardía.
A luz penetra polas fiestras que se abren no alto da nave central desde o
arranque da bóveda, por riba das naves laterais, e no muro desas mesmas
naves laterais. Como é tradicional nas igrexas cistercienses, nas xanelas
emprega arcos de medio punto.
A estrutura interna reflíctese exteriormente pola gradación dos volumes:
unha gran nave central e estreitas naves laterais, unha grande ábside e
pequenas absidiolas. O muro refórzase exteriormente, para contrarrestar o
empuxe das bóvedas, por medio de contrafortes
Tres portas comunicarían co exterior: no lado Sur, cara ó claustro; no lado
Norte, cara o cemiterio dos monxes; nos pés habería unha sinxela portada
sen torres -o pobo non entraba na igrexa-, pero hoxe despois do coro alto
apoiado en fermosa bóveda de crucería reticulada, realizado no XVI,
vemos a grande fachada-telón ó modo barroco, datada a mediados do
século XVII.
En conxunto, a obra arquitectónica cisterciense en Oseira mantén unha
total economía e pureza de formas basada na liña pero dentro dunha obra
de proporcións monumentais.
Ten o edificio tres claustros. O da Portería, Procesional e o dos Pináculos.
O claustro procesional destaca polas esfinxes situadas nas arquerías e que representan
rostros de personaxes históricos.
A antiga sala capitular do século XV é o elemento máis pintoresco do mosteiro.
Construída sobre plantexamentos tardogóticos, é un espazo abovedado por
complicadas bóvedas estreladas, cuxos nervios arrancan de imaxinativas columnas
estriadas. Estes soportes plamerifores que se abren en infinidade de nervios, como se
fosen ramas de palmeira, traenos recordos dos soportes da lonxana lonxa de Valencia
tamén de data semellante.
Coa desamortización de Mendizábal no século XIX, o mosteiro quedou abandonado,
entrando nun proceso de ruína que se comezou a solventar coa volta dos monxes no
século XX, iniciouse unh labor de restauración que lle devolveu o seu antigo esplendor.
Imaxe aérea do Mosteiro
de Sta. Mª. de Oseira
Imaxe aérea do Mosteiro
de Sta. Mª. de Oseira
Imaxe aérea do Mosteiro
de Sta. Mª. de Oseira
Imaxe exterior do Mosteiro
de Sta. Mª. de Oseira
Imaxe exterior do Mosteiro
de Sta. Mª. de Oseira.
Cabeceira
Detalle da planta
Detalle das naves
lonxitudinais
Detalle do interior
da igrexa
Detalle do interior
da igrexa
Detalle do altar
Detalle do presbiterio
dende o deambulatorio
Detalle dos
arcos formeiros
Detalle das bóvedas de cruzaría
e estrelada do presbiterio
Detalle da bóveda de canón oxival da
nave principal
Detalle da
bóveda
estrelada do
ciborio.
Etapa
posterior
Detalle dos capiteis
Antiga Sala Capitular
s. XV

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románico
 
Arte barroca
Arte barrocaArte barroca
Arte barroca
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
Arte gótica
Arte góticaArte gótica
Arte gótica
 
A Idade Moderna
A Idade ModernaA Idade Moderna
A Idade Moderna
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
 
A Arte do Barroco
A Arte do BarrocoA Arte do Barroco
A Arte do Barroco
 
Renacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoRenacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + Quattrocento
 
Renacemento europeo e español
Renacemento europeo e españolRenacemento europeo e español
Renacemento europeo e español
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentista
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentista
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 
Arte Gótica
Arte GóticaArte Gótica
Arte Gótica
 
A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barroco
 
Tema II. A arte grega
Tema II. A arte gregaTema II. A arte grega
Tema II. A arte grega
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 

Similar to Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira

Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraYolandaseara
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoagreloroberto
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroYolanda Castro
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiagorubempaul
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 

Similar to Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira (20)

Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseira
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Tema 7. A arte paleocristiá
Tema 7.  A arte paleocristiáTema 7.  A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiá
 
Tema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiáTema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiá
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Arte románica
Arte románicaArte románica
Arte románica
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaro
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
 
Arte Románico
Arte RománicoArte Románico
Arte Románico
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira

  • 2. Arte cisterciense 1. Contexto histórico • Orixe e historia da Orde do Císter 2. Arquitectura: mosteiros galegos • Os mosteiros do Císter • Arte e arquitectura cisterciense • Influencia do Císter na arte e arquitectura medieval en España. 3. Mosteiro de Oseira
  • 3. Arte cisterciense contexto histórico: orixe historia do Císter • Ao longo da historia das relixións (non só na cristiana) houbo numerosos e sucesivos intentos de volver ás orixes dos movementos espirituais, unha vez que estes relaxáronse e alonxáronse dos seus principios. • Unha destas reaccións de volta ao purismo anterior empézase a xestar a finais do século XI en Francia, coincidindo coa etapa de máxima opulencia e ostentación dos mosteiros cluniacenses. • Se Cluny adoptara a Regra de San Bieito que incluía a a pobreza como precepto, o caso é que os seus mosteiors era, en ocasións, verdadeiros palacios repretos de luxo e os abades, señores feudais coa máxima relevancia na política mundana. • Algúns homes da Igrexa consideraban que os cluniacenses “dexeneraran” os preceptos benedictinos e que era necesaria unha volta ao rigor dos primeiros tempos.
  • 4. Arte cisterciense contexto histórico: orixe historia do Císter • Será na rexión de Borgoña (1098), cando un destes maiores reformadores, Roberto, retírese cos seus seguidores para facer vida monacal a un lugar aillado chamado Citeux (Císter), que cederá posteriormente o seu nome á orde. • O sucesor de Roberto sería Alberico que obtivo a protección papal. O terceiro abade foi san Estevo Harding que continuou a obra emprendida anos antes dotando ao Císter dunha regra propia chamada Carta Charitatis que enuncia o seu propósito de volver ás orixes da austeridade primitiva da Orde Benedictina. • Pero non sería ata a aparición en escena da figura de San Bernardo cando o Císter comece o seu imparable desenvolvemento durante o século XII.
  • 5. Orixe e difusión do Císter por Europa
  • 6. Arte cisterciense contexto histórico: orixe historia do Císter • A forte personalidade de San Bernardo de Claraval, impulsou a Orde do Císter. • Bernardo, foi unha das primeiras personalidades da Europa do s. XII e principal protagonista do seu desenvolvemento. • Naceu nunha familia noble e acomodada dos Fontaine en 1091 e foi educadono máis amplo nivel cultural que se dispuña no momento. • Nunha idade temperá ingresou na citada abadía de Cîteux en tempos de san Estevo Harding. A súa forte personalidade levou ao abade Estevo a encargarlle a fundación do Mosteiro de Claraval (Clairvaux).
  • 7. Imaxe de San Bernardo Igrexas espazos diáfanos desprovistos de decoración Ventanais con Vidrieiras con pouca decoración. Xeométrica e diáfana Refectorio: austeridade nas instalaciónsLocalización illada
  • 8. Arte cisterciense contexto histórico: orixe historia do Císter • Ao longo da súa intensa vida foi capaz de levar a orde do Císter a súa máxima expansión, cun total de 343 mosteiros fundados en toda Europa. • Morre en 1153 e foi canonizado en 1174. • A súa actitude recollida e evanxélica influíu na súa preocupación pola disciplina, austeridade, oración e simplicidade que impulsará en Claraval e no resto das súas fundacións. • Como consecuencia da súa imparable actividade, os monxes cistercienses relevaron aos cluniacenses na influencia sobre a sociedade e a Igrexa do s. XII, ocupando os seus máis latos cargos e dignidades e exercendo a súa influencia sobre o poder civil.
  • 9. Arte cisterciense Os mosteiros do Cister • Os mosteiros do Císter sitúanse en zonas inhóspitas pero con abundancia de auga, normalmente nun lugar boscoso e illados por montañas. Eran os propios monxes ou os laicos que traballaban con eles os que roturaban e traballaban as terras. • Esta característica colonizadora e “civilizadora” dos cistercienses será especialmente útil no contexto hispano de pugna entre cristiáns e musulmáns no s. XII e comezos do XIII. • Á reconquista está ligada a repoboación de terreos inhóspitos e non moi alonxados do nemigo que contaba co risco de acabar coa propia vida dos repoboadores.
  • 10. Arte cisterciense Os mosteiros do Cister • Por iso Alfonso VII e Alfonso VIII empregaron aos sacrificados monxes blancos do Císter como avanzadilla durante décadas ocupando espazos de difícil defensa. • Nesta liña, as ordes militares nos reinos hispanos, vangarda da súa cruzada contra os almohades, acolléronse á regla do Císter. • A decadencia do Císter, apegado a unha vida feudal e rural que sen embargo os levou a un grande enriquecemento, ten que ver co desenvolvemento das novas ordes mendicantes, franciscanos e dominicos, no s. XIII, que situarán os seus conventos no ámbito urbano e que se adaptarán mellor ás novas formas de vida das cidades.
  • 11. Arte cisterciense Os mosteiros do Cister • Actualmente moitos destes conventos están en mal estado (incluso en ruína avanzada) precisamente pola súa alonxada ubicación dos núcleos urbanos. • Desta situación foi responsable principalmente a desamortización de Mendizábal no 1/3 do XIX. • Os mosteiros quedaron abandonados ou acabaron en mans particulares que rara vez puideron ou quixeron mantelos.
  • 12. Estado de abandono do Mosteiro de Monfero despois do seu abandono tras a desamortización
  • 13. Estado de abandono do Mosteiro de Monfero despois do seu abandono tras a desamortización
  • 14. Arte cisterciense Arte e arquitectura cisterciense • Ata hai algúns anos, a arquitectura cisterciense considerábase un estilo propiamente dito, que estaría a cabalo e como eslabón de transición entre o románico e gótico. • Nesta liña, adxudicóuselle en ocasións o nome de arquitectura protogótica. • Hoxe non se acepta que o gótico naza como unha mera evolución ou desenvolvemento do románico, senon que a arquitectura gótica nace como un salto de mentalidade e de léxico arquitectónico. • Polo tanto, non se pode considerar aos edificios cistercienses como un eslabón desta cadea. • A maioría dos edificios cistercienses son basicamente románicos, pero incorporan, en bastantes casos e como novidade, a bóveda de crucería sinxela e tamén frecuentemente o arco apuntado.
  • 15. Arte cisterciense Arte e arquitectura cisterciense • A arquitectura cisterciense é coñecida pola súa sobriedade ornamental. • Pero non hai que confundir austeridade con rudeza, xa que cando aparecen motivos xeométricos ou vexetais son de grande calidade plástica e vese tras eles grandes artistas. • A diferenza das igrexas parroquiais ou monásticas de Cluny, as igrexas do Císter pintábanse de branco, non empregándose pinturas murais figuradas e as ventás só podían ter cristais brancos. • Iso daba á igrexa unha grande luminosidade (aínda que non dispuñan de grandes ventanais nin se tendeu á desmaterialización do muro, como no gótico. • A austeridade ornamental estaba pensada para illar ao monxe na súa meditación e na oración, para que non puidese distraerse con pinturas, esculturas, nin vidreiras cromáticas. Non se pode considerar como un medio de aforro, xa que o mosteiro cisterciense foi custosísimo de levantar. As dimensións das construcións cistercienses a miúdo eran catedralicias, estaban completamente abovedadas e se edificaban con paramentos de perpiaños moi regulares.
  • 16. Arte cisterciense Dependencias cistercienses • As abadías cistercienses respondíana un vasto programa construtivo que comprendía instalacións tan diversas como a hospedaría, a enfermería, o muíño, a fragua, o pombal, a granxa, os obradoiros. Buscan a autosuficiencia. • O núcleo monacal propiamente dito compoñíase das dependencias residenciais e da igrexa, o eixe era o claustro coas súas catro galerías. • Os claustros cistercienses tiñan as súas galerías abertas por arcos sobre esveltas e elegantes columnas pareadas e con capiteis de exquisita labra. De feito, a austeridade da arquitectura cisterciense vólvese fina e delicada nos claustros e outras dependencias que se organizan arredor, especialmente as salas capitulares. • A aparición da Orde do Císter en España e os seus edificios crearon unha grande influencia na arquitectura cristiá peninsular nos séculos XII e XIII.
  • 18. Identificación: Nome: Monsteiro de Oseira Autor: descoñecido Cronoloxía: f. XII-p. XIII Estilo: Cisterciense Materiais: pedra (granito) traballada en sillares. Localización: Cea (Ourense)
  • 19. Introdución: A igrexa pertencente ó mosteiro de Santa María de Oseira (Cea-Ourense), fundado no 1137 e adherido pouco despois ó Císter, que se viña de introducir durante o reinado de Afonso VII. O mosteiro de Oseira, xunto co de Sobrado, son os primeiros mosteiros cistercienses construídos en Galicia, a onde chegaron directamente monxes dende o mesmo Claraval. Do mosteiro fundacional de Oseira, o único medieval que se conserva é a igrexa, datada a finais do XII ou primeiros do XIII, foi consagrada no 1239. O conxunto do edificio presenta a estrutura planificada de todos os mosteiros cistercienses, congrega a igrexa, o claustro e demais dependencias propias do mosteiro: sala capitular, refectorio, biblioteca, cociña, dormitorios,... Estilisticamente enmarcase na arte románica se ben xa en transición cara ó gótico pois incorpora elementos novidosos como o arco oxival e a bóveda de cruzaría. Emprega na construción, cantería de granito de grande calidade técnica. O conxunto recibe o nome do Escorial galego. Contexto: a finais do século XI, o abade beneditino Roberto de Molesmes tentou recuperar os fundamentos espirituais da Orde, que o éxito levara polos camiños do poder e a riqueza, esquecendo a austeridade preconizada polo fundador San Bieito de Nursia. A tal fin, Roberto retirouse con outros monxes a Citeaux, cerca de Dijon, en Francia, onde fundou unha abadía. O primeiro paso de reforma fracasou pero tempo despois, a primeiros do XII, Bernardo no mosteiro de Claraval deu o pulo definitivo postulando a volta á primitiva humildade en contra da relaxación dos costumes, rexeitando todo luxo e todo boato, a fin de que nada puidera distraer os monxes das súas obrigas, o traballo e a oración. Os monxes brancos expandíronse
  • 20. rapidamente, instalándose principalmente en lugares remotos, dedicados ao traballo agrícola de xeito que tiveron grande relevancia como colonizadores. A arte ten de cinguirse ao esencialmente funcional suprimindo toda a carga ornamental que chegou a ter a arte románica. Non se trata propiamente dun estilo novo pero si unha nova concepción que se materializa nos mosteiros bieitos dos monxes brancos. A decadencia do Císter, apegado a unha vida feudal e rural que sen embargo os levou a un grande enriquecemento, ten que ver co desenvolvemento das novas ordes medicantes, franciscanos e dominicos, que situarán os seus conventos no ámbito urbano e que se adaptarán mellor ás novas formas de vida das cidades. Foron os séculos XII e XIII os de maior esplendor de Oseira que empeza a decaer no XIV. Posteriormente no XVI, o Mosteiro entra na Congregación Cisterciense de Castela, comezando un novo período de florecemento que trouxo a renovación artística, impulsora das obras levadas a cabo durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Coa exclaustración provocada pola desamortización de Mendizábal no século XIX, o conxunto monástico é abandonado e con isto comeza unha progresiva ruína da arquitectura e o expolio das súas obras de arte. No século XX volven monxes a Oseira e se emprende unha titánica e exitosa labor de restauración e recuperación deste complexo monacal, recuperando o esplendor do que fora. Actualmente é un dos máis representativos exemplos da arquitectura relixiosa en Galicia. Ten este mosteiro, entre outras dependencias, unha igrexa románica de transición, tres claustros de distintas épocas e estilos e unha sala capitular de gran vistosidade.
  • 21. Análise formal: a igrexa presenta pranta de cruz latina con tres naves de sete tramos no brazo lonxitudinal e unha soa, de grande anchura e dous tramos, no transepto. A nave central é máis alta e notoriamente máis ancha que as naves laterais que resultan notablemente estreitas. A cabeceira está moi desenvolvida, consta dunha capela maior semicircular,- en contra da denominada planta bernarda que propugnaba testeiros rectos por seren máis económicos de construír- precedida de dous tramos rectos e rodeada por un deambulatorio. Esta xirola que está a seguir o modelo da Catedral de Santiago, ábrese ó altar maior por arcos apuntados apeados en grosas columnas dispostas sobre un zócolo e a el dan as cinco absidiolas radiais, orixinalmente de planta semicircular, separadas por muros baleirados en ventanais. Separan as naves piares cruciformes con columnas acaroadas a distinta escala. Dúas prolónganse ata os arcos de faixa mentres que outras dúas menores serven de apoio aos arcos formeiros oxivais dobrados. Na labra dos capiteis, seguindo a norma do ascetismo, prescíndese da figuración –só hai un con cegoñas enfrontadas- e optase polas formas vexetais con follas lisas. Cóbrense as naves, tanto no eixo lonxitudinal coma no transepto con bóveda de canón oxival lixeiramente apuntada e reforzada por arcos de faixa; no presbiterio, cruzaría de catro nervios separadas por arcos de faixa, todo en sección oxival; na ábsida, bóveda de cruzaría con oito nervios e sete plementos cóncavos. A solución innovadora das bóvedas de cruzaría, máis económicas de construír, foi o que permitiu a obtención de amplos e diáfanos espazos, como vemos nesta nave central e no transepto.
  • 22. No cruceiro, unha cúpula nervada sobre pendentes con ciborio octogonal, algo máis tardía. A luz penetra polas fiestras que se abren no alto da nave central desde o arranque da bóveda, por riba das naves laterais, e no muro desas mesmas naves laterais. Como é tradicional nas igrexas cistercienses, nas xanelas emprega arcos de medio punto. A estrutura interna reflíctese exteriormente pola gradación dos volumes: unha gran nave central e estreitas naves laterais, unha grande ábside e pequenas absidiolas. O muro refórzase exteriormente, para contrarrestar o empuxe das bóvedas, por medio de contrafortes Tres portas comunicarían co exterior: no lado Sur, cara ó claustro; no lado Norte, cara o cemiterio dos monxes; nos pés habería unha sinxela portada sen torres -o pobo non entraba na igrexa-, pero hoxe despois do coro alto apoiado en fermosa bóveda de crucería reticulada, realizado no XVI, vemos a grande fachada-telón ó modo barroco, datada a mediados do século XVII. En conxunto, a obra arquitectónica cisterciense en Oseira mantén unha total economía e pureza de formas basada na liña pero dentro dunha obra de proporcións monumentais. Ten o edificio tres claustros. O da Portería, Procesional e o dos Pináculos. O claustro procesional destaca polas esfinxes situadas nas arquerías e que representan rostros de personaxes históricos. A antiga sala capitular do século XV é o elemento máis pintoresco do mosteiro. Construída sobre plantexamentos tardogóticos, é un espazo abovedado por complicadas bóvedas estreladas, cuxos nervios arrancan de imaxinativas columnas estriadas. Estes soportes plamerifores que se abren en infinidade de nervios, como se fosen ramas de palmeira, traenos recordos dos soportes da lonxana lonxa de Valencia tamén de data semellante. Coa desamortización de Mendizábal no século XIX, o mosteiro quedou abandonado, entrando nun proceso de ruína que se comezou a solventar coa volta dos monxes no século XX, iniciouse unh labor de restauración que lle devolveu o seu antigo esplendor.
  • 23. Imaxe aérea do Mosteiro de Sta. Mª. de Oseira
  • 24. Imaxe aérea do Mosteiro de Sta. Mª. de Oseira
  • 25. Imaxe aérea do Mosteiro de Sta. Mª. de Oseira
  • 26. Imaxe exterior do Mosteiro de Sta. Mª. de Oseira
  • 27. Imaxe exterior do Mosteiro de Sta. Mª. de Oseira. Cabeceira
  • 33. Detalle do presbiterio dende o deambulatorio
  • 35. Detalle das bóvedas de cruzaría e estrelada do presbiterio Detalle da bóveda de canón oxival da nave principal