CONCELLOS: Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Coristanco e Carballo.
O espazo protexido Inclúe o curso do río Anllóns desde Carballo ata a desembocadura en Ponteceso e os seus afluentes Balsa e Rosende. O esteiro forma parte do LIC “Costa da Morte”.
Os ecosistemas presentes neste espazo son o río, os bosques de ribeira e o esteiro.
Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar que inclúe parte do río Rosende e o seu afluente Grande, e a Braña Rubia coa Lagoa de Alcaián.
CONCELLOS: Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Coristanco e Carballo.
O espazo protexido Inclúe o curso do río Anllóns desde Carballo ata a desembocadura en Ponteceso e os seus afluentes Balsa e Rosende. O esteiro forma parte do LIC “Costa da Morte”.
Os ecosistemas presentes neste espazo son o río, os bosques de ribeira e o esteiro.
Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar que inclúe parte do río Rosende e o seu afluente Grande, e a Braña Rubia coa Lagoa de Alcaián.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
O espazo protexido abrangue a case totalidade do curso do río Arnoia desde Calvelo (Baños de Molgas) ata a desembocadura no Miño, un curtos tramos nos afluentes Tioira, Meván e Gato, as Brañas de Calvelo, os montes de Requeixo e Casnaloba, o val entre Allariz e Freixo, os cavorcos de Escudeiro e o val do río e afluentes na Arnoia.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte. CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
Abrangue o curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata a Ponte de Neira.
CONCELLOS: Guntín, Lugo, O Corgo, O Páramo.
O espazo inclúe os bosques de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada, Boullón e Narón, nos concellos de Becerreá e As Nogais.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Inclúe o curso do río Sor e as súas cabeceiras coas serras que o rodean: Faladoira, Tras da Serra, Veiga do Xunco... Únese polo nordeste co LIC “Costa da Mariña Occidental” na desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro, e polo suroeste co LIC “Río Baleo”, na serra da Faladoira. CONCELLOS: As Pontes e Mañón (A Coruña), Muras, Ourol e O Vicedo (Lugo).
O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
16. O Anllóns na Pontedona, entre
Coristanco e Ponteceso
17. Cundíns
nace nos montes do Couso e xúntase co
Anllóns en O Esto (Cabana de
Bergantiños).
O Anllóns na Saíma (Ponteceso)
Río Baiabosa ou Garguiña
(Cundins-Anllóns).
18. Pedamio
Rego das Bouzas (Pelamio-Anllóns), no
Lugar de Brixería (Cospindo-Ponteceso).
PONTECESO
23. XEOLOXÍA
Despois dun rápido descenso dos montes do Xalo e Santa Baia
remánsase e discorre maino e sinuoso cara á desembocadura, agás
no tramo do Coto de Verdes onde se encaixa e forma unha sucesión
de rápidos e pequenos saltos. Nos seus afluentes abondan as
fervenzas.
24. Fervenza de San Paio ou de Entrecruces. No río Outón tamén chamado da
Férveda e Taboada, afluente do río Grande (Rosende-Anllóns). Acada 30 m de
altura en gabros con tres saltos.
25. Fervenza de San Paio en augas altas.
Rego da Férveda, afluente do Casal do
Perros (río Grande-Rosende). No lugar
de Ramil (Rus-Carballo).
26. Os Verdes (Coristanco).
Río Baiabosa ou Garguiña, afluente do
Cundins (Anllóns). Na parroquia de
Rioboo (Cabana de Bergantiños).
27. Na desembocadura forma un esteiro e na saída ao mar unha gran
frecha areosa (A Barra) na que se desenvolve un amplo sistema
dunar que se complementa coas dunas remontantes do Monte
Branco.
28. FLORA
Nas marxes consérvanse bosques de ribeira con amieiras, freixos,
salgueiros, sabugueiros, carballos... Na beira do río e nas zonas de
corrente lenta hai pé de boi, oucas, herbas da prata, fentos,
brións…
29. Ramo de amieira en flor.
Fenta (Blecnun spicant)
Carrizos e xuncos no esteiro
Áster
30. FAUNA
Hai unha gran diversidade de aves (paxaros de ribeira, garzas,
lavancos, merlo rieiro, limícolas…), anfibios (pintafontes, sapos,
ras…), peixes (troitas, anguías, escalos…) e insectos (libeliñas,
cabalos do demo, escaravellos...).
Ra verde (Rana perezzi)
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
31. ESPAZOS PROTEXIDOS
O curso do río Anllóns desde Carballo ata a desembocadura en
Ponteceso, e os seus afluentes Balsa e Rosende, están protexidos
como LIC.
A desembocadura está incluída no LIC “Costa da Morte”.
32. APROVEITAMENTO
Subministro de auga, pesca, enerxía eléctrica, acuicultura e lecer.
No curso principal hai dúas minicentrais (Anllóns e Corcoesto) e
outra no Calvar.
Refuxio de Verdes
(Coristanco). Un
espazo habilitado
como área de lecer
onde se conservan
varios muíños e os
restos dun batán. O
río Anllóns ao seu
paso polos Verdes
ábrese en múltiples
de brazos que
forman illas, rápidos
e pequenas
fervenzas o que
conforma un
agradable espazo
natural.
34. DATOS HISTÓRICOS
Toda a zona foi poboada desde tempos moi antigos e conserva
un rico patrimonio histórico e etnográfico.
A ponte Lubiáns, sobre río Rosendo, entre os concellos de Carballo e Coristanco, foi
construída ao parecer polos romanos no século I. Por aquí, cruzaba unha calzada
romana coñecida coma Per Loca Marítima, que partía de A Coruña ata Fisterra.
35. Pontedona, sobre o Anllóns, entre
Ponteceso e Coristanco.
Ponte sobre o Anllóns
entre Ponteceso e Cabana
de Bergantiños.