SlideShare a Scribd company logo
1 of 75
vaca 
(Bos taurus) 
vaca 
cattle 
vache 
vaca
A vaca é un mamífero artiodáctilo co corpo de aspecto 
macizo e pesado cuberto por pelo curto de cor variable 
segundo a raza. Xeralmente o macho é máis grande e máis 
forte, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos. 
Os machos máis grandes e pesados poden superar 1,50 m de altura 
e 1.000 quilogramos. As femias case nunca superan os 800 kg. 
Unha vaca pode vivir aproximadamente 20 anos. 
A maior parte das razas bovinas europeas proceden do uro (Bos 
taurus primigenius) un toro silvestre que se extinguiu no 1627, 
aínda que tamén as hai de orixe indoeurepeo e norteafricano.
Orellas de forma oval, 
grandes e situadas 
lateralmente, moi 
móbiles. 
CABEZA en forma 
de tronco de 
pirámide, máis 
ancha na frente e 
máis estreita no 
fuciño. 
As femias teñen na zona 
inguinal traseira as ubres 
(4 tetos) colgantes e os 
machos os testículos. 
Rabo longo e 
fino rematado 
nunha borla de 
pelo longo e 
duro. 
TRONCO: 
cilíndrico e groso. 
PATAS: fortes. Os brazos e os muslos 
forman un todo co tronco. Pousan as 
punta dos dedos da man e o pé 
verticalmente contra o chan sobre 
unllas reforzadas (pezuños) (teñen catro 
dedos dos que só dous están apoiados) 
Pescozo forte 
cun repregue 
colgante, a 
papada. 
Fuciño lampiño (sen 
pelos) húmido e 
rematado nun morro 
con dous grandes 
orificios nasais. 
Cornos 
curvados cara 
adiante e arriba
trapecio dorsais glúteo caudais 
abdominais 
xemelgo 
triceps 
mastigadores 
MÚSCULOS 
bíceps 
femoral 
deltoide 
extensor 
flexor
cránio vértebras 
maxilar 
omóplato 
(paleta) 
húmero 
cúbito 
radio 
carpo 
metacarpo 
falanxes 
esternón costelas 
pelve 
fémur 
tibia 
peroné tarso 
falanxes 
ESQUELETO 
sacro 
metatarso
ÓRGANOS INTERNOS 
cerebro médula espiñal 
tráquea 
esófago 
pulmón 
corazón 
cavidade 
nasal 
intestino groso 
fígado intestino delgado 
ano 
uretra 
vexiga 
ril 
bandullo
APARATO REPRODUTOR 
MACHO FEMIA 
pene útero 
ovario 
vaxina 
ubre 
tetos 
testículo 
músculo 
retractor 
vexiga
FEMIA MACHO
COMO SE RELACIONAN AS VACAS 
As vacas andan apoiándose nos pesuños que cobren 
os dous dedos centrais de cada pata. 
Os movementos son xeralmente lentos e pausados. 
Poden correr rápido, pero só distancias curtas -cando 
se asustan ou cando fuxen ou pelexan-.
O sentido máis desenvolvido é o olfato. 
Ten e bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da 
que veñen os sons. 
A vista é deficiente. Non distinguen as cores. 
A pel é bastante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona 
máis sensible é o fuciño.
As vacas berran ou brúan 
para chamarse unhas ás 
outras, cando están en celo 
ou para pedir alimento. 
Diante dos ataques 
deféndense embestindo coa 
cabeza e cos cornos ou 
dando couces, sobre todo 
cando fuxen. 
Cando están libres viven 
formando mandas. 
O son que emiten as vacas 
chámase de moitas 
maneiras segundo as 
zonas de Galiza: berrar, 
bruar, muar, bradar, iñar, 
muñar ou esborrecar.
ALIMENTACIÓN: 
É herbívora: traga unha gran 
cantidade de alimento, xeralmente 
vexetais (herba verde ou seca). Máis 
tarde, nun lugar tranquilo devolve a 
comida á boca e remóea, por eso se 
di que é un animal ruminante.
O tipo de alimentación das vacas depende do xeito de vida: as que viven en libertade comen 
vexetais verdes, xeralmente herbas, gromos novos de toxos e outras plantas. 
As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos. 
Nalgunha zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse de herba 
seca ou ensilada.
Vacas estabuladas
A vaca ten un gran estómago 
dividido en catro partes, 
cada unha cunha función 
diferenciada: a primeira, de 
maior tamaño (bandullo), 
almacena a herba que tragan 
enteira, alí é atacada polas 
bacterias que empezan a súa 
transformación; desde o 
bandullo a herba, xa 
amolecida, volve á boca para 
ser remoída e dalí vai á 
segunda parte do estómago 
(retículo) onde é atacada 
polos ácedos, desta pasa á 
terceira parte (cenfollas) 
onde se absorben algunhas 
das substancias e dela ao 
calleiro onde continúa a 
transformación antes de 
pasar ao intestino. 
Con este estómago 
especializado os ruminantes 
aproveitan as substancias da 
herba mellor que os outros 
herbívoros. 
bandullo 
retículo 
calleiro 
cenfollas
REPRODUCIÓN: 
A vaca é vivípara. Emparéllase unha vez no ano. 
Cando está en celo dise que anda ao boi ou que está de lúa. 
As crías desenvólvense dentro da nai durante 9 meses (de 280 a 300 días). 
Normalmente teñen unha cría e máis raramente dúas.
As crías pesan ao nacer entre 30 e 40 quilos, están 
ben desenvolvidas e desguida érguense para dar os 
primeiros pasos e para mamar. Son iguais aos 
adultos, sen cornos e coas patas proporcionalmente 
máis longas A nai lámbeas para limpalas e 
recoñecelas polo seu olor. 
Os xatos ou cuxos maman entre 90 e 100 días dos 
diferentes tetos. 
Aos poucos días intégranse coas nais no rebaño e 
acompáñanas constantemente. A nai protéxeos e 
deféndeos dos perigos. 
Normalmente destétanse 
un pouco antes dos 100 
días para aproveitar máis 
o leite da nai.
AS VACAS E AS PERSOAS 
A vaca é un animal ligado á vida e o traballo das persoas desde a antigüidade, 
especialmente nas comunidades agrícolas. 
•Das vacas obtense a maior parte da carne que se come, o leite e os seus 
produtos derivados (queixos, iogur, manteiga, ...). 
•A súa pel curtida, o coiro, úsase para facer roupa, calzado e outros obxectos. 
•Os seus cornos aprovéitanse para facer recipientes ou obxectos de adorno. 
•Os seus excrementos, a bosta, úsase nalgúns países como combustible e 
como material de construción. 
•O esterco das cortes úsase para abonar as terras.
obxectos de coiro
No mundo existen 1.200 millóns de vacas. 
En Galiza arredor de medio millón.
COIDADOS QUE PRECISA: 
-Limpalas, manterlle a corte en condicións e proporcionarlle o 
alimento necesario. 
-Cando están en celo lévanse ao boi ou insemínaas o veterinario. 
-Hai que vacinalas contra as enfermidades infecciosas para manter a 
súa saúde e garantir que o leite e a carne non poidan transmitir 
enfermidades.
A vaca múnxese diariamente. 
Algúns exemplares superan os 
8.000 litros de leite ao ano.
Xeralmente o leite é recollido por unha 
central leiteira onde é tratado, hixienizado, 
homoxeneizado e nalgúns casos 
engádenselle vitaminas ou minerais. 
Logo envásase e comercialízase. 
Unha parte do leite destínase á fabricación de 
queixos artesanais ou industriais.
Case todas as crías machos son 
cebadas para carne. 
As de algunhas razas engordan máis 
de 1 quilo cada día. 
As tenreiras sacrifícanse entre os 4 e 
os 8 meses. A idade á que se obtén 
un maior rendemento e aos 14 meses 
de vida, cando acadan os 500 quilos 
aproximadamente.
Cando se despeza a carne os músculos reciben outros nomes 
segundo as súas cualidades ou o lugar onde están situados. 
lombo ou raxo 
agulla 
rabo 
folla 
dura 
folla branda 
tapa 
corte 
redondo 
peito 
blanquita 
croca 
xarrete 
pescozo 
falda 
man 
xarrete 
solombo 
costelar
HISTORIA 
A domesticación comezou probablemente na India hai 
dez mil anos. Os primeiros restos atopados en Europa 
son aproximadamente de hai seis mil anos. 
A vaca e o touro 
deberon ser desde 
sempre animais 
importantes xa que 
aparecen 
representados en 
lugares de privilexio 
na maioría das 
culturas antigas 
(asirios, babilonios, 
persas exipcios e 
gregos). 
Pintura nunha parede 
dunha cova en Lascaux 
(Francia) de máis de 10.000 
Cabeza da deusa exípcia Hator anos de antigüidade.
URO (Bos tauros primigenius) 
Especie europea primitiva da 
que descenden a maior parte 
das vaca europeas. 
Extinguiuse en 1627. 
Tiña unha altura media na cruz 
de ata 2 m (os machos) e 1,5 
(as femias). Eran de cor 
escura, e os machos tiñan os 
cornos longos e curvados cara 
arriba. Vivían en mandas.
Nun comezo a función principal do 
gando vacún nas explotacións agrarias 
era o traballo. A mecanización do 
campo fixo reducir drasticamente o 
número de vacas, que case chegaron a 
desaparecer nalgunhas zonas, aínda 
que a cantidade xeral mantense pola 
concentración de cabezas nas áreas 
gandeiras onde se especializaron na 
produción de carne e leite. 
Tradicionalmente en Galiza as vacas 
máis comúns eran as do país (rubias e 
morenas). A partir de comezos do 
século XX introducíronse a Frisona e a 
Pardo Alpina e outras en menor 
cantidade. 
O tesouro de Francisco Asorey
RAZAS GALEGAS 
Rubia ou vaca do país 
É a máis común das razas autóctonas de Galiza e máis numerosa da Península 
Ibérica. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. As femias 
son algo máis pequenas. Ten a pel fina e crara, coas zonas espidas de cor 
rosada, e o pelo curto de cor uniforme rubia vermella que pode variar dende 
moi craro, sen chegar a branco. ata vermello escuro sen facerse pardo. 
Os machos enteiros teñen os cornos curtos e 
horizontais, e as femias e os bois (machos 
capados) téñenos máis longos, case horizontais ao 
principio, abertos, e logo dirixidos cara adiante, 
arriba e atrás. 
Os machos son adultos a partir dos 18 meses. As 
femias comezan a criar aos tres anos e poden ter 
15 partos durante a súa vida que é duns 20 anos de 
media. Os xatos nacen con 35 a 40 quilos de peso e 
maman durante 90 a 100 días, aínda que 
xeralmente destétanse antes. A “SUPREMA DE 
TENREIRA GALEGA” mama ata que se vende con 
7-8 meses.
A rubia é unha raza de aptitude triple que se usa para producir carne e leite, e 
como animal de traballo. A mecanización do agro case as fixo desaparecer 
como forza de traballo e a introdución das razas de vacas leiteiras de alta 
produtividade tamén a está apartando da produción de leite, aínda que a súa 
produción media é de máis de 2.500 litros ao ano. 
Na actualidade críase case exclusivamente para producir carne, pola súa 
calidade e o bo rendemento (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada 
día). 
Atópase por toda Galiza e tamén nas zonas próximas de León, Zamora e Norte 
de Portugal. Nalgunhas serras hai mandas en estado semisilvestre.
As rubias de tono escuro chámanse Vermellas e as craras Marelas. 
Existe unha asociación de criadores e un centro técnico 
para a protección e o desenvolvemento da rubia galega 
que se adican ao seu control e á súa mellora.
RAZAS MORENAS 
En Galiza existen cinco razas de vacas morenas autóctonas (morenas do 
Noroeste) que están en risco de desaparecer. Son vacas resistentes e 
rústicas que aproveitan os pastos pobres, e boas para a cría. A 
conservación e recuperación destas razas é fundamental para manter o 
patrimonio xenético e a biodiversidade, para aproveitar o potencial gandeiro 
de comarcas rurais de baixo rendemento, co que tamén se contribúe a 
manter a poboación nas zonas de montaña e axuda a fixar a poboación ao 
medio. 
En Fontefiz (Ourense) hai un CENTRO 
DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS que 
depende da Xunta de Galiza onde se 
traballa na conservación e 
recuperación de Razas Autóctonas 
nun programa con familias 
colaboradoras para introducir 
exemplares no seu hábitat natural a 
través da cesión gratuíta de reses aos 
gandeiros. No centro de recuperación 
consérvase semen e embrións.
Caldelá 
De cor escura cunha liña máis crara ou algo vermella polo lombo e co fuciño 
case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, 
orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor crara. Son 
de temperamento tranquilo, moi aptas para o traballo (especialmente os bois 
domados) e para a produción de carne. 
Atópase nas Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, 
Maceda,...) e sur de Lugo.
Vianesa: 
De cor castaña, case negra nos machos, co fuciño craro. A cabeza é 
pequena cos cornos en gancho, curto nos machos e máis separados nas 
femias, as orellas grandes e peludas. Moi adaptada á montaña, boa 
produtora de leite e apta para o traballo. 
Atópase en Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso... Existen distintas 
variantes dentro da raza en tamaños e aptitudes, que dependen das zonas 
nas que viven (as da montaña son máis pequenas), do tipo de alimentación 
que reciben e da selección que se vai facendo.
Limiá 
De tamaño grande, cor castaña co fuciño máis craro. A cabeza é mediana, 
cos cornos en gancho, curtos nos machos e máis longos nas femias, e as 
orellas grandes e peludas. É boa para producir leite e carne e para o 
traballo. 
É a raza autóctona máis escasa. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, 
Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
Frieiresa 
De cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa, 
cabeza pequena e corta, frente e fuciño anchos e cornos longos. Moi mansa 
e apta para o traballo e a produción de carne. 
Atópase na comarca da Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, 
Monterrei...
Cachena ou pisca: 
É a raza máis pequena de Galiza. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as 
femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. De proporcións moi armónicas, de cor 
castaña crara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cunha perrera 
na testa, e orellas e rabo con pelo abundante. A cabeza é pequena, de perfil 
cóncavo, cos ollos oblícuos e os cornos grandes en forma de lira alta. Son 
boas produtoras de leite e carne, paren ben e son moi aptas para o traballo en 
medios difíciles. 
Atópase na serra do Xurés, (en Entrimo, Lobios, Padrenda...).
Frisona 
É a vaca leiteira máis común en Galiza (é a vaca máis abundante) onde se 
crían frisonas de moi boa calidade. É de orixe holandés, é unha das máis 
extendidas en todo o mundo. Intruduciuse en Galiza a comezos do século XX, 
e xeralizouse a partir dos anos 50. As primeiras reprodutoras importáronse de 
Holanda e despois de Canadá e Alemania. 
É de cor branca con manchas negras ou vermellas irregulares repartidas por 
todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e 
pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg. 
A media de produción das frisonas 
galegas é de aprox 7.051 l/ano, aínda 
que algunhas chegan a producir máis 
de 20.000 litros.
Parda alpina 
É orixinaria dos Alpes suízos. É un animal de bo tamaño, de capa uniforme 
de cor marrón grisácea que varía de crara ata escura, un pouco máis crara 
arredor do fuciño e das patas. Ten o fuciño, a punta dos cornos e os 
pezuños negros. 
É unha vaca forte, resistente, pouco esixente, que se adapta facilmente ás 
condicións adversas, lonxeva e prolífica. Boa produtora de leite e carne. 
É a segunda vaca leiteira en importancia despois da Frisona, tivo moita 
importancia hai uns anos. Actualmente o seu número é máis reducido.
Outras razas que podemos atopar son a Flevik (antes Simmental, de orixe 
austríaca) e a Jersey (de Dinamarca). Ademais hai un bo número de 
diferentes cruces entre as distintas razas. 
CENSO VACÚN 
GALIZA 2012 
CACHENA 5.448 
CALDELÁ 1.614 
CONXUNTO 
MESTIZO 
230.337 
FRIEIRESA 900 
FRISONA 520.609 
LIMIÁ 964 
RUBIA GALEGA 147.094 
VIANESA 2.650 
OUTRAS 23.717 
Total 933.333 
Flevik 
Nos últimos dous anos o número 
de vacas reduciuse drasticamente 
(case nun 50%)
OS NOMES DA VACA: 
Macho: boi e máis raramente touro. 
Macho reprodutor: boi, almallo, boi de 
posto. 
Femia: vaca 
Crías: segundo a idade e a zona: 
xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou 
cuxa , becerro ou becerra, tenreira. 
Femia nova: xuvenca, toura. 
Tradicionalmente as vacas duha casa 
teñen un nome propio xeralmente 
asociado á cor e ás formas: 
Aquelas nas que predomina a cor branca: 
“Palomas”. 
Ás de cor negra: “Mouras” 
Ás brancas e negras: “Pintas” 
Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, 
“Marelas”, “Vermellas” ... 
xuvenca 
Marela e Moura Xato
APARELLOS 
Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que 
forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de 
usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: aparellos 
para traballar a terra (arados, grades, cavadoras, sementadoras...) para 
o transporte (carros), para conducir ao gando, para manexar o forraxe, 
para o leite... 
Buzos, bozos ou 
vetillos: Póñense no fuciño 
do gando cando están a 
traballar para que non coman e 
se entreteñan. Tamén se usa 
para as crías, para que non 
mamen. poden ser de vergas 
de castaño, de bimbias ou de 
rede metálica. 
Vetillos. Museo do Pobo Galego 
Narina. Aparello para suxeitar ás 
vacas polo fuciño (na monta...)
ARADOS 
Cambela: é un arado tradicional galego moi 
primitivo. Está feito aproveitado a camba natural 
dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. 
Usábase nas montañas do Cebreiro, 
Ancares e O Courel. 
Arado romano: é o arado tradicional máis 
común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. 
Está construído en madeira agás a rella ou ferro que 
cobre o dente. 
Museo da Fonsagrada
Arado de volteo ou veso: está 
feito de ferro. A disposición asimétrica da 
súa rella fai que a terra, á vez que se abre, 
dea a volta, deixando sempre cara abaixo 
a parte superficial. 
O soliño usábase para xunguir os 
aparellos ao gando.
RASTRO ou GRADE: 
Estrutura de madeira ou ferro, xeralmente de forma 
rectangular, con dentes de ferro, que se usa para 
achanzar o terreo despois de labrado e romper os 
terróns. 
CANIZO: 
Estrutura rectangular feita de paus e varas ou 
bimbias entretecidas. Usábase para achanzar a 
terra. 
Museo Liste (Oseira)
PELADEIRA, CACHADEIRA 
PEQUENA OU 
ESCARPADEIRA: estrutura de ferro 
con ganchos rematados en dentes, que 
servían para abrir a codia da terra e 
desarraigar as herbas, e unhas rabelas para 
conducila. 
CAVADORA 
Formada por un marco de ferro no 
que van suxeitos diferentes tipos 
de sachos que desarraigan as 
malas herbas e achegan terra ás 
plantas para protexelas. 
An antigas eran de tracción animal.
SEMENTADORAS 
Distribúen en ringleiras sementes ou plantas. 
Abren a terra, depositan a semente e logo apretan a 
terra enriba. Teñen un depósito para a semente e un 
mecanismo que regula a súa caída.
CARROS 
Plataformas sobre rodas arrastrados por 
animais. Existen multitude de tipos de dúas 
ou catro rodas. Úsanse para transportar 
fertilizantes, aparellos e produtos. 
Para transportar produtos miúdos póñense 
uns adrais, e cando transporta obxectos moi 
voluminosos mantéñense entre os estadullos 
e átanse cun adibal. 
Actualmente están desaparecendo.
O CARRO DO PAÍS 
O carro galego é un carro de estrutura moi primitiva, de dúas rodas que forman un só 
corpo co eixo móbil, tirado por unha parella de animais, xeralmente bois ou vacas. 
Aínda que hai moitas variantes ao longo do país, en función, sobre todo, do terreo e 
dos costumes de cada zona, a estrutura segue unhas pautas comúns. 
Os carros da montaña son máis lixeiros que os das zonas baixas. Xaquín Lourenzo 
rexistrou perto de noventa variedades de rodas. 
Ata hai moi poucos anos o carro foi o principal medio de transporte da Galiza 
campesiña. A orixe do carro galego remóntase á prehistoria e mantivo a súa estrutura 
ata a actualidade con poucas variacións.
O carro está formado por dúas partes, O CHEDEIRO 
(plataforma) e o RODADO (conxunto de rodas e eixo). 
estadullos ou fungueiros 
CHEDEIRO 
chedas 
ladrás, adrais, ladraias, ou canizas. Na parte 
traseira pechábanse co recadén ou canizo. 
chavella (une o 
carro ao xugo). 
ampela, tufo ou turro 
lanza, cabezalla ou timón 
sollo ou 
soallo (piso) 
cadeas 
chumaceira, coucón 
ou coucillón (o 
rebaixe onde se 
asenta o eixo 
chámase zoca ou 
cantadeira). 
apeladoiras ou treitoiras 
tillas ou cuñas 
mildeiras, rilleiras ou sunchos camba 
eixo, encaixa entre as treitoiras por 
medio duns rebaixes, os luidoiros. 
escabo, galga ou ceo 
llanta 
mión ou milde 
O burato central da roda, na que penetra 
a ampela do eixo, chámase ulló.
O xugo é un complemento indispensable para a utilidade do carro. É a peza 
que une aos animais ao carro. En Galiza hai tres tipos diferentes con moitas 
variantes. Dous que xunguen aos animais polo pescozo (de canga) e un que 
xungue polos cornos (de molida). 
Xugo de cangallas 
É o máis común e atópase na 
provincia da Coruña, no norte e 
norleste da de Pontevedra e no 
oeste e norte da de Lugo. 
Xugo de bregueiros 
É típico do Sur da provincia de 
Pontevedra, centro da de Lugo 
(centro) e o Val do Miño en 
Ourense. 
Xugo de molidas 
É típico de gran parte da 
provincia de Ourense e da zona 
oriental de Lugo.
Curioso xugo mixto para xunguir 
polos cornos (vaca, boi) e polo 
pescozo (burro, mula, cabalo, ou 
animais novos cos cornos pouco 
desenvolvidos). 
Algúnhas variantes de xugos. 
Museo da Fonsagrada.
Nalgunhas zonas da costa usáronse 
carros de eixo fixo e un só animal 
que se xunguía entre as lanzas. 
Nos últimos tempos a algúns carros 
puxéronselle as rodas de goma.
Carro cos adrais de bimbias tecidas. 
Xuño. 
Carro coa estrutura do chedeiro 
e as rodas de ferro. Allariz. 
Carro coa estrutura típica da montaña: 
chedeiro e rodas lixeiros. O Cebreiro.
Recipientes para o leite 
Os recipientes tradicionais 
convertéronse en pezas de 
museo coa aparición dos novos 
materiais e dos equipos de 
refrixeración. 
Pucheiro 
Xerra de muxir. 
O Cebreiro 
A canada era un recipiente para recoller o 
leite na muxidura. Facíase de madeira ou 
latón para evitar que as vacas os 
romperan coas patas. Tamén se utilizaba 
como medida de capacidade (4 litros, a 
cuarta parte dunha ola) 
Canada da zona 
Oriental de Lugo 
(Museo do Pobo Galego). 
Ola ou cántara Leiteiras
O EQUIPO DE MUXIDURA 
Todas as granxas cun certo número de animais teñen instalados equipos de 
muxidura e tanques de frío. 
As instalación de muxidura deben ser doadas de limpar e desinfectar e deben 
estar lonxe de fontes de contaminación. O chan debe permitir o drenaxe dos 
líquidos e a eliminación dos refugos. Deberá ter unha boa ventilación e 
iluminación e abastecemento de auga potable. 
A máquina de muxir é un elemento que entra en contacto co ubre polo menos 
dúas veces ao día e debe garantir unhas medidas sanitarias mínimas xa que 
constitúe un dos elementos fundamentais de control das mamites.
A máquina de muxir extrae o leite dos tetos da vaca de xeito semellante a como 
o fan os cuxos, mediante succión para producir un baleiro. A máquina fai unha 
extracción intermitente (unhas 60 veces por minuto), permitindo así un 
descanso do teto á vez que lle da unha masaxe que evita a conxestión. 
Nas instalacións máis modernas a muxidura contrólase con equipos 
informáticos. Cada animal leva un colar que o conecta ao equipo. Este 
identifícao e rexistra a súa produción.
Aparellos para 
mazar o leite 
Empregábanse para 
facer leite mazado e 
manteiga. 
Moldes para o queixo
Neste momento en Galiza hai 9.908 explotacións leiteiras (novembro 2014) 
que producen o 40% do leite de todo o Estado Español, cun prezo por 
debaixo da media do resto das comunidades. As áreas con máis vacas de 
leite son as provincias da Coruña, Lugo, e o noreste da de Pontevedra. A 
cota de produción que ten asignaga pola Comunidade Europea é de 
2.400.000 toneladas, aínda que a capacidade de produción está moi por 
enriba. Estas limitacións e os baixos prezos do leite están levando ao peche 
a moitas explotacións. 
A produción de carne é dunhas 88.000 toneladas ao ano, o 15% da 
produción do estado.
O comercio de animais realízase en lugares 
especialmente axeitados: as feiras de gando. 
As feiras celébranse en moitos lugares de Galiza e nelas, 
ademais do gando, tamén se mercan e venden outros 
produtos relacionados co campo e a casa. 
Santiago Monterroso 
Silleda
PRODUTOS GALEGOS DE CALIDADE 
-Queixos con 
Denominación de Orixe 
protexida: 
Cebreiro, San Simón, 
Arzúa-Ulloa e tetilla. 
-Indicación Xeográfica 
protexida: Tenreira 
Galega.
REFRÁNS: 
-A vaca é ouro, o porco tesouro 
-Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. 
-Boi marelo escuro ara no mol e ara no duro. 
-Vaca leiteira non vai á feira. 
-Á vaca vela ir, ao boi velo vir. 
-O boi ruín máncase na corte. 
-Boi que remoe nada lle doe. 
-Gando na cortes, pouco leite e queixo forte. 
-A vaca que non come a cando os bois, ou 
comeu antes ou come despois. 
TRADICIÓN ORAL
LEITE 
•O que non muxe marela, non fai queixo nin manteiga. 
•Vaca de leite, pouco traballo. 
•Gando na corte, pouco leite e queixo forte. 
•Vaca leiteira non vai á feira. 
•O que merca boi por vaca, ao munxir se despotraca. 
•Vaca de moitos?, ben muxida e mal mantida. 
•Queres leite?, dille á vaca que cho deite. 
•A vaca do meu amo, cando non come trae o leite no rabo. 
•A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no verán. 
•O leite e o viño fan do vello mociño. 
•Leite con viño fai ao vello, meniño. 
•Leite, mel e mosto tiran ao home pra mozo. 
•Cunca de leite por cunca de aceite. 
•Encol do leite, o viño ausente. 
•Non hai feitizo como o pantrigo i o leite macizo. 
•Nos meses que non teñan erre, nin peixe nin leite. 
•O leite sae do moxo e non do óso. 
•A vaca, canto máis se munxe máis grande ten o teto. 
•Vaca amoscada, leite que se perde. 
•Vaca estransillada (ou estrullada), nin bo leite, nin boa crianza. 
•Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca.
DITOS 
•Ter as vacas no millo. 
•Outra vaca vai no millo! 
•A paso de boi 
•Traballar coma a vaca do pobre 
•Ter lingua coma a vaca rabo 
•Se non é boi é vaca 
•Ter o leite nos beizos 
•Seica te lambeu a pucha? 
•Falar do xato e esquecer o trato 
•Andar como os bois no monte 
•Ser gando mal gardado 
•Atoparlle o teto á vaca 
•A onde irás boi que non labres 
•Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale 
•O que queira leite, que o munxa.
CANTARES: 
O que compra vaca cega 
pensando que sanará, 
¡Aínda os sans se volven cegos! 
¿E os cegos que farán?. 
San Antoniño garda o gando, 
San Xoán garda as ovellas, 
Santa Lucía ás costureiriñas 
que andan polas casas alleas. 
ADIVIÑAS: 
•Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e 
catro andadores. 
•Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous 
reviramontes. 
•Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e 
un que lle abana. 
•Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un 
que lle abana.
A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o 
seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos 
seus fillos. No-nos pode dar máis. 
O can será o amparo dos ricos, que defende a 
propiedade do amo e ladra ós probes que van polos 
camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes 
libres. 
Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os 
"concursos de belleza". 
A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en 
Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non 
ten dereito a muxila. 
As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo 
non comprenden a door dunha familia labrega cando se 
lle morre unha vaca 
Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades 
morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da 
Humanidade. 
O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza 
quedará redimida. 
A vaca é o símbolo da paz. 
Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza 
un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: 
"O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que 
o albre xenealóxico dun aristócrata”. 
CASTELAO O PUCHO.- Agora xa sei por qué non 
me deixaban mamar a min.
CRENZAS: 
-O leite muxido na véspera de San Xoán non se debe deixar para o día seguinte, porque veñen as 
meigas a lavar o traseiro nel. Para evitalo había que deixar en todas as fiestras e portas un ramo 
de herbas olorosas (que teñen a virtude de espantar as meigas). 
Recollidas nas montañas de Lugo: -Cando se muxían as vacas ao mencer poñíase unha cunca 
mirando ao nacente co primeiro leite recollido en ofrenda á Aurora. -Ao leite das vacas que 
pasaban por un lugar por onde corría a auga había que botarlle sal, se nón daban sangue no 
canto de leite.
Algunhas razas do mundo
TOUROS DE LIDIA (Bos taurus ibericus). 
É unha raza típica do centro-sur de 
España. Considérase o descendente máis 
directo do uro. De cor maioritariamente 
negra ou escura, ben musculada, coa 
cabeza ancha, os cornos longos e afiados, 
abertos, dirixidos cara adiante e arriba. 
Críanse seguindo canons que combinan a 
perfección das formas coa bravura. Os 
machos lídianse aos cinco anos, cun peso 
aproximado de 500 kg. 
HEREFORD. 
De orixe inglesa. É a raza de vacúns de 
carne máis extendida polo mundo. Son 
típicos o pelo lixeiramente rizado, a súa cor 
vermella coa cabeza e o abdome brancos, o 
corpo macizo e as patas curtas. Os cornos 
tamén son curtos e faltan nun 10% dos 
exemplares. As femias poden acadar 1,35 m 
de altura e pesar 750 kg. Os machos 1,45 m 
e 1.100 kg.
IAK (Bos grunniens). 
Vive no Tibet entre os 4.000 e os 6.000 m 
de altitude. Está cuberto dun pelo longo 
e espeso que o protexe das baixas 
temperaturas da zona. Úsase para cargar 
e transportar obxectos e persoas e para 
producir leite. O iak salvaxe é máis 
grande, pode acadar 1,50 m de altura e 
700 kg de peso.. 
CEBÚ (Bos indicus) 
É de orixe india e está extendido como 
animal doméstico por todas as zonas 
tropicais e subtropicais do mundo pola 
súa resistencia á calor e ás 
enfermidades. O que máis destaca nel é 
a xiba de graxa enriba da cruz. Ten o 
pelo curto e a cor cor variable. 
Os machos poden acadar entre 1,50 e 
1,70 de altura e pesar ata 1.000 kg.
BOI ESCOCÉS, VACA DAS HIGHLANDS 
Pequeno, de cor crara a marrón escura, 
co pelo longo e duro entre o que cría no 
inverno unha la espesa que lle permite 
soportar ben o frío ao aire libre. Críase 
pola súa carne. Aínda existe silvestre. 
As femias non superan 1,20 m de altura 
nin os 400 kg. Os machos poden chegar a 
1,30 m e pesar 600 kg.. 
GAUR (Bos gaurus). 
Vive en estado silvestre nos bosques 
do Nepal e da India. Os machos adoitan 
ser de cor escura e as femias roxas e 
coas patas brancas.
BOIS CORNILONGOS AFRICANOS. 
Son descendentes dos cebús. Existen distintos 
tipos e críanse como animais produtores de 
leite ou de traballo. Algunhas tribus africanas 
(como os masai) sácanlles sangue que usan 
directamente como alimento. Os cornos de 
algúns exemplares de boi watusi poden acadar 
máis de 2,5 metros. 
BANTÉNG (Bos javanicus). 
Orixinario dos bosques de Indochina e 
Indonesia. É un animal de pequeno tamaño 
(entre 1,10 e 1,25 de altura e 250 e 400 kg de 
peso). Os que se conservan en estado silvestre 
son máis grandes.
ESPECIES SEMELLANTES 
Búfalo de auga ou carabao (Bubalus bubalis bubalis). 
É o búfalo doméstico da India e do Sur de Asia. Úsase como animal de 
traballo e produtor de carne e leite. As femias teñen os cornos máis 
longos, acadan 1,40 m e 600 kg e os machos 1,70 m e 900 kg. 
O leite úsase para facer o queixo “mozarella”
Montaxe: Adela Leiro 
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, 
Internet, arquivo Corel. 
DEBUXOS: Mon Daporta 
Decembro 2014

More Related Content

What's hot

Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
monadela
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
rocioporto
 
Mamíferos
MamíferosMamíferos
Mamíferos
monadela
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
monadela
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
iesasorey
 

What's hot (20)

A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
O pavo
O pavoO pavo
O pavo
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Mamíferos
MamíferosMamíferos
Mamíferos
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 
A vaca 2
A vaca 2A vaca 2
A vaca 2
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Canguros
CangurosCanguros
Canguros
 
Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 

Viewers also liked (10)

Aparato respiratorio mapa conceptual ♥ ❤
Aparato respiratorio mapa conceptual ♥ ❤Aparato respiratorio mapa conceptual ♥ ❤
Aparato respiratorio mapa conceptual ♥ ❤
 
Herpes virus-1-y-4-equino
Herpes virus-1-y-4-equinoHerpes virus-1-y-4-equino
Herpes virus-1-y-4-equino
 
Anelidos
AnelidosAnelidos
Anelidos
 
Anatomia y fisiologia de las aves mira y moposita
Anatomia y fisiologia de las aves   mira y mopositaAnatomia y fisiologia de las aves   mira y moposita
Anatomia y fisiologia de las aves mira y moposita
 
Sistema respiratorio embrionario (Mapa conceptual)
Sistema respiratorio embrionario (Mapa conceptual)Sistema respiratorio embrionario (Mapa conceptual)
Sistema respiratorio embrionario (Mapa conceptual)
 
SISTEMA DIGESTIVO DE LA VACA
SISTEMA DIGESTIVO DE LA VACASISTEMA DIGESTIVO DE LA VACA
SISTEMA DIGESTIVO DE LA VACA
 
Aparato Digestivo Rumiantes[1]
Aparato Digestivo Rumiantes[1]Aparato Digestivo Rumiantes[1]
Aparato Digestivo Rumiantes[1]
 
Mapa conceptual (sistema respiratorio)...
Mapa conceptual (sistema respiratorio)...Mapa conceptual (sistema respiratorio)...
Mapa conceptual (sistema respiratorio)...
 
Mapas conceptuales de aparatos
Mapas conceptuales de aparatosMapas conceptuales de aparatos
Mapas conceptuales de aparatos
 
Lombriz de tierra0
Lombriz de tierra0Lombriz de tierra0
Lombriz de tierra0
 

Similar to A vaca

Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
Btt Xiabre
 
Os mamíferos
Os mamíferosOs mamíferos
Os mamíferos
cerredo
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
vanesalidia
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
egsumay
 

Similar to A vaca (16)

A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
O gato
O gatoO gato
O gato
 
Os mamíferos
Os mamíferosOs mamíferos
Os mamíferos
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
O lobo
O loboO lobo
O lobo
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
 
O camelo
O cameloO camelo
O camelo
 

More from monadela

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

A vaca

  • 1. vaca (Bos taurus) vaca cattle vache vaca
  • 2. A vaca é un mamífero artiodáctilo co corpo de aspecto macizo e pesado cuberto por pelo curto de cor variable segundo a raza. Xeralmente o macho é máis grande e máis forte, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos. Os machos máis grandes e pesados poden superar 1,50 m de altura e 1.000 quilogramos. As femias case nunca superan os 800 kg. Unha vaca pode vivir aproximadamente 20 anos. A maior parte das razas bovinas europeas proceden do uro (Bos taurus primigenius) un toro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que tamén as hai de orixe indoeurepeo e norteafricano.
  • 3. Orellas de forma oval, grandes e situadas lateralmente, moi móbiles. CABEZA en forma de tronco de pirámide, máis ancha na frente e máis estreita no fuciño. As femias teñen na zona inguinal traseira as ubres (4 tetos) colgantes e os machos os testículos. Rabo longo e fino rematado nunha borla de pelo longo e duro. TRONCO: cilíndrico e groso. PATAS: fortes. Os brazos e os muslos forman un todo co tronco. Pousan as punta dos dedos da man e o pé verticalmente contra o chan sobre unllas reforzadas (pezuños) (teñen catro dedos dos que só dous están apoiados) Pescozo forte cun repregue colgante, a papada. Fuciño lampiño (sen pelos) húmido e rematado nun morro con dous grandes orificios nasais. Cornos curvados cara adiante e arriba
  • 4. trapecio dorsais glúteo caudais abdominais xemelgo triceps mastigadores MÚSCULOS bíceps femoral deltoide extensor flexor
  • 5. cránio vértebras maxilar omóplato (paleta) húmero cúbito radio carpo metacarpo falanxes esternón costelas pelve fémur tibia peroné tarso falanxes ESQUELETO sacro metatarso
  • 6. ÓRGANOS INTERNOS cerebro médula espiñal tráquea esófago pulmón corazón cavidade nasal intestino groso fígado intestino delgado ano uretra vexiga ril bandullo
  • 7. APARATO REPRODUTOR MACHO FEMIA pene útero ovario vaxina ubre tetos testículo músculo retractor vexiga
  • 9. COMO SE RELACIONAN AS VACAS As vacas andan apoiándose nos pesuños que cobren os dous dedos centrais de cada pata. Os movementos son xeralmente lentos e pausados. Poden correr rápido, pero só distancias curtas -cando se asustan ou cando fuxen ou pelexan-.
  • 10. O sentido máis desenvolvido é o olfato. Ten e bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que veñen os sons. A vista é deficiente. Non distinguen as cores. A pel é bastante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona máis sensible é o fuciño.
  • 11.
  • 12. As vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están en celo ou para pedir alimento. Diante dos ataques deféndense embestindo coa cabeza e cos cornos ou dando couces, sobre todo cando fuxen. Cando están libres viven formando mandas. O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as zonas de Galiza: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muñar ou esborrecar.
  • 13. ALIMENTACIÓN: É herbívora: traga unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á boca e remóea, por eso se di que é un animal ruminante.
  • 14. O tipo de alimentación das vacas depende do xeito de vida: as que viven en libertade comen vexetais verdes, xeralmente herbas, gromos novos de toxos e outras plantas. As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos. Nalgunha zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse de herba seca ou ensilada.
  • 16. A vaca ten un gran estómago dividido en catro partes, cada unha cunha función diferenciada: a primeira, de maior tamaño (bandullo), almacena a herba que tragan enteira, alí é atacada polas bacterias que empezan a súa transformación; desde o bandullo a herba, xa amolecida, volve á boca para ser remoída e dalí vai á segunda parte do estómago (retículo) onde é atacada polos ácedos, desta pasa á terceira parte (cenfollas) onde se absorben algunhas das substancias e dela ao calleiro onde continúa a transformación antes de pasar ao intestino. Con este estómago especializado os ruminantes aproveitan as substancias da herba mellor que os outros herbívoros. bandullo retículo calleiro cenfollas
  • 17. REPRODUCIÓN: A vaca é vivípara. Emparéllase unha vez no ano. Cando está en celo dise que anda ao boi ou que está de lúa. As crías desenvólvense dentro da nai durante 9 meses (de 280 a 300 días). Normalmente teñen unha cría e máis raramente dúas.
  • 18. As crías pesan ao nacer entre 30 e 40 quilos, están ben desenvolvidas e desguida érguense para dar os primeiros pasos e para mamar. Son iguais aos adultos, sen cornos e coas patas proporcionalmente máis longas A nai lámbeas para limpalas e recoñecelas polo seu olor. Os xatos ou cuxos maman entre 90 e 100 días dos diferentes tetos. Aos poucos días intégranse coas nais no rebaño e acompáñanas constantemente. A nai protéxeos e deféndeos dos perigos. Normalmente destétanse un pouco antes dos 100 días para aproveitar máis o leite da nai.
  • 19. AS VACAS E AS PERSOAS A vaca é un animal ligado á vida e o traballo das persoas desde a antigüidade, especialmente nas comunidades agrícolas. •Das vacas obtense a maior parte da carne que se come, o leite e os seus produtos derivados (queixos, iogur, manteiga, ...). •A súa pel curtida, o coiro, úsase para facer roupa, calzado e outros obxectos. •Os seus cornos aprovéitanse para facer recipientes ou obxectos de adorno. •Os seus excrementos, a bosta, úsase nalgúns países como combustible e como material de construción. •O esterco das cortes úsase para abonar as terras.
  • 21. No mundo existen 1.200 millóns de vacas. En Galiza arredor de medio millón.
  • 22. COIDADOS QUE PRECISA: -Limpalas, manterlle a corte en condicións e proporcionarlle o alimento necesario. -Cando están en celo lévanse ao boi ou insemínaas o veterinario. -Hai que vacinalas contra as enfermidades infecciosas para manter a súa saúde e garantir que o leite e a carne non poidan transmitir enfermidades.
  • 23. A vaca múnxese diariamente. Algúns exemplares superan os 8.000 litros de leite ao ano.
  • 24. Xeralmente o leite é recollido por unha central leiteira onde é tratado, hixienizado, homoxeneizado e nalgúns casos engádenselle vitaminas ou minerais. Logo envásase e comercialízase. Unha parte do leite destínase á fabricación de queixos artesanais ou industriais.
  • 25. Case todas as crías machos son cebadas para carne. As de algunhas razas engordan máis de 1 quilo cada día. As tenreiras sacrifícanse entre os 4 e os 8 meses. A idade á que se obtén un maior rendemento e aos 14 meses de vida, cando acadan os 500 quilos aproximadamente.
  • 26. Cando se despeza a carne os músculos reciben outros nomes segundo as súas cualidades ou o lugar onde están situados. lombo ou raxo agulla rabo folla dura folla branda tapa corte redondo peito blanquita croca xarrete pescozo falda man xarrete solombo costelar
  • 27. HISTORIA A domesticación comezou probablemente na India hai dez mil anos. Os primeiros restos atopados en Europa son aproximadamente de hai seis mil anos. A vaca e o touro deberon ser desde sempre animais importantes xa que aparecen representados en lugares de privilexio na maioría das culturas antigas (asirios, babilonios, persas exipcios e gregos). Pintura nunha parede dunha cova en Lascaux (Francia) de máis de 10.000 Cabeza da deusa exípcia Hator anos de antigüidade.
  • 28. URO (Bos tauros primigenius) Especie europea primitiva da que descenden a maior parte das vaca europeas. Extinguiuse en 1627. Tiña unha altura media na cruz de ata 2 m (os machos) e 1,5 (as femias). Eran de cor escura, e os machos tiñan os cornos longos e curvados cara arriba. Vivían en mandas.
  • 29. Nun comezo a función principal do gando vacún nas explotacións agrarias era o traballo. A mecanización do campo fixo reducir drasticamente o número de vacas, que case chegaron a desaparecer nalgunhas zonas, aínda que a cantidade xeral mantense pola concentración de cabezas nas áreas gandeiras onde se especializaron na produción de carne e leite. Tradicionalmente en Galiza as vacas máis comúns eran as do país (rubias e morenas). A partir de comezos do século XX introducíronse a Frisona e a Pardo Alpina e outras en menor cantidade. O tesouro de Francisco Asorey
  • 30. RAZAS GALEGAS Rubia ou vaca do país É a máis común das razas autóctonas de Galiza e máis numerosa da Península Ibérica. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. As femias son algo máis pequenas. Ten a pel fina e crara, coas zonas espidas de cor rosada, e o pelo curto de cor uniforme rubia vermella que pode variar dende moi craro, sen chegar a branco. ata vermello escuro sen facerse pardo. Os machos enteiros teñen os cornos curtos e horizontais, e as femias e os bois (machos capados) téñenos máis longos, case horizontais ao principio, abertos, e logo dirixidos cara adiante, arriba e atrás. Os machos son adultos a partir dos 18 meses. As femias comezan a criar aos tres anos e poden ter 15 partos durante a súa vida que é duns 20 anos de media. Os xatos nacen con 35 a 40 quilos de peso e maman durante 90 a 100 días, aínda que xeralmente destétanse antes. A “SUPREMA DE TENREIRA GALEGA” mama ata que se vende con 7-8 meses.
  • 31. A rubia é unha raza de aptitude triple que se usa para producir carne e leite, e como animal de traballo. A mecanización do agro case as fixo desaparecer como forza de traballo e a introdución das razas de vacas leiteiras de alta produtividade tamén a está apartando da produción de leite, aínda que a súa produción media é de máis de 2.500 litros ao ano. Na actualidade críase case exclusivamente para producir carne, pola súa calidade e o bo rendemento (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). Atópase por toda Galiza e tamén nas zonas próximas de León, Zamora e Norte de Portugal. Nalgunhas serras hai mandas en estado semisilvestre.
  • 32. As rubias de tono escuro chámanse Vermellas e as craras Marelas. Existe unha asociación de criadores e un centro técnico para a protección e o desenvolvemento da rubia galega que se adican ao seu control e á súa mellora.
  • 33. RAZAS MORENAS En Galiza existen cinco razas de vacas morenas autóctonas (morenas do Noroeste) que están en risco de desaparecer. Son vacas resistentes e rústicas que aproveitan os pastos pobres, e boas para a cría. A conservación e recuperación destas razas é fundamental para manter o patrimonio xenético e a biodiversidade, para aproveitar o potencial gandeiro de comarcas rurais de baixo rendemento, co que tamén se contribúe a manter a poboación nas zonas de montaña e axuda a fixar a poboación ao medio. En Fontefiz (Ourense) hai un CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS que depende da Xunta de Galiza onde se traballa na conservación e recuperación de Razas Autóctonas nun programa con familias colaboradoras para introducir exemplares no seu hábitat natural a través da cesión gratuíta de reses aos gandeiros. No centro de recuperación consérvase semen e embrións.
  • 34. Caldelá De cor escura cunha liña máis crara ou algo vermella polo lombo e co fuciño case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor crara. Son de temperamento tranquilo, moi aptas para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne. Atópase nas Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda,...) e sur de Lugo.
  • 35. Vianesa: De cor castaña, case negra nos machos, co fuciño craro. A cabeza é pequena cos cornos en gancho, curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e peludas. Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo. Atópase en Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso... Existen distintas variantes dentro da raza en tamaños e aptitudes, que dependen das zonas nas que viven (as da montaña son máis pequenas), do tipo de alimentación que reciben e da selección que se vai facendo.
  • 36. Limiá De tamaño grande, cor castaña co fuciño máis craro. A cabeza é mediana, cos cornos en gancho, curtos nos machos e máis longos nas femias, e as orellas grandes e peludas. É boa para producir leite e carne e para o traballo. É a raza autóctona máis escasa. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
  • 37. Frieiresa De cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa, cabeza pequena e corta, frente e fuciño anchos e cornos longos. Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne. Atópase na comarca da Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei...
  • 38. Cachena ou pisca: É a raza máis pequena de Galiza. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. De proporcións moi armónicas, de cor castaña crara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cunha perrera na testa, e orellas e rabo con pelo abundante. A cabeza é pequena, de perfil cóncavo, cos ollos oblícuos e os cornos grandes en forma de lira alta. Son boas produtoras de leite e carne, paren ben e son moi aptas para o traballo en medios difíciles. Atópase na serra do Xurés, (en Entrimo, Lobios, Padrenda...).
  • 39. Frisona É a vaca leiteira máis común en Galiza (é a vaca máis abundante) onde se crían frisonas de moi boa calidade. É de orixe holandés, é unha das máis extendidas en todo o mundo. Intruduciuse en Galiza a comezos do século XX, e xeralizouse a partir dos anos 50. As primeiras reprodutoras importáronse de Holanda e despois de Canadá e Alemania. É de cor branca con manchas negras ou vermellas irregulares repartidas por todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg. A media de produción das frisonas galegas é de aprox 7.051 l/ano, aínda que algunhas chegan a producir máis de 20.000 litros.
  • 40. Parda alpina É orixinaria dos Alpes suízos. É un animal de bo tamaño, de capa uniforme de cor marrón grisácea que varía de crara ata escura, un pouco máis crara arredor do fuciño e das patas. Ten o fuciño, a punta dos cornos e os pezuños negros. É unha vaca forte, resistente, pouco esixente, que se adapta facilmente ás condicións adversas, lonxeva e prolífica. Boa produtora de leite e carne. É a segunda vaca leiteira en importancia despois da Frisona, tivo moita importancia hai uns anos. Actualmente o seu número é máis reducido.
  • 41. Outras razas que podemos atopar son a Flevik (antes Simmental, de orixe austríaca) e a Jersey (de Dinamarca). Ademais hai un bo número de diferentes cruces entre as distintas razas. CENSO VACÚN GALIZA 2012 CACHENA 5.448 CALDELÁ 1.614 CONXUNTO MESTIZO 230.337 FRIEIRESA 900 FRISONA 520.609 LIMIÁ 964 RUBIA GALEGA 147.094 VIANESA 2.650 OUTRAS 23.717 Total 933.333 Flevik Nos últimos dous anos o número de vacas reduciuse drasticamente (case nun 50%)
  • 42. OS NOMES DA VACA: Macho: boi e máis raramente touro. Macho reprodutor: boi, almallo, boi de posto. Femia: vaca Crías: segundo a idade e a zona: xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou cuxa , becerro ou becerra, tenreira. Femia nova: xuvenca, toura. Tradicionalmente as vacas duha casa teñen un nome propio xeralmente asociado á cor e ás formas: Aquelas nas que predomina a cor branca: “Palomas”. Ás de cor negra: “Mouras” Ás brancas e negras: “Pintas” Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, “Vermellas” ... xuvenca Marela e Moura Xato
  • 43. APARELLOS Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: aparellos para traballar a terra (arados, grades, cavadoras, sementadoras...) para o transporte (carros), para conducir ao gando, para manexar o forraxe, para o leite... Buzos, bozos ou vetillos: Póñense no fuciño do gando cando están a traballar para que non coman e se entreteñan. Tamén se usa para as crías, para que non mamen. poden ser de vergas de castaño, de bimbias ou de rede metálica. Vetillos. Museo do Pobo Galego Narina. Aparello para suxeitar ás vacas polo fuciño (na monta...)
  • 44. ARADOS Cambela: é un arado tradicional galego moi primitivo. Está feito aproveitado a camba natural dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, Ancares e O Courel. Arado romano: é o arado tradicional máis común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. Está construído en madeira agás a rella ou ferro que cobre o dente. Museo da Fonsagrada
  • 45. Arado de volteo ou veso: está feito de ferro. A disposición asimétrica da súa rella fai que a terra, á vez que se abre, dea a volta, deixando sempre cara abaixo a parte superficial. O soliño usábase para xunguir os aparellos ao gando.
  • 46. RASTRO ou GRADE: Estrutura de madeira ou ferro, xeralmente de forma rectangular, con dentes de ferro, que se usa para achanzar o terreo despois de labrado e romper os terróns. CANIZO: Estrutura rectangular feita de paus e varas ou bimbias entretecidas. Usábase para achanzar a terra. Museo Liste (Oseira)
  • 47. PELADEIRA, CACHADEIRA PEQUENA OU ESCARPADEIRA: estrutura de ferro con ganchos rematados en dentes, que servían para abrir a codia da terra e desarraigar as herbas, e unhas rabelas para conducila. CAVADORA Formada por un marco de ferro no que van suxeitos diferentes tipos de sachos que desarraigan as malas herbas e achegan terra ás plantas para protexelas. An antigas eran de tracción animal.
  • 48. SEMENTADORAS Distribúen en ringleiras sementes ou plantas. Abren a terra, depositan a semente e logo apretan a terra enriba. Teñen un depósito para a semente e un mecanismo que regula a súa caída.
  • 49. CARROS Plataformas sobre rodas arrastrados por animais. Existen multitude de tipos de dúas ou catro rodas. Úsanse para transportar fertilizantes, aparellos e produtos. Para transportar produtos miúdos póñense uns adrais, e cando transporta obxectos moi voluminosos mantéñense entre os estadullos e átanse cun adibal. Actualmente están desaparecendo.
  • 50. O CARRO DO PAÍS O carro galego é un carro de estrutura moi primitiva, de dúas rodas que forman un só corpo co eixo móbil, tirado por unha parella de animais, xeralmente bois ou vacas. Aínda que hai moitas variantes ao longo do país, en función, sobre todo, do terreo e dos costumes de cada zona, a estrutura segue unhas pautas comúns. Os carros da montaña son máis lixeiros que os das zonas baixas. Xaquín Lourenzo rexistrou perto de noventa variedades de rodas. Ata hai moi poucos anos o carro foi o principal medio de transporte da Galiza campesiña. A orixe do carro galego remóntase á prehistoria e mantivo a súa estrutura ata a actualidade con poucas variacións.
  • 51. O carro está formado por dúas partes, O CHEDEIRO (plataforma) e o RODADO (conxunto de rodas e eixo). estadullos ou fungueiros CHEDEIRO chedas ladrás, adrais, ladraias, ou canizas. Na parte traseira pechábanse co recadén ou canizo. chavella (une o carro ao xugo). ampela, tufo ou turro lanza, cabezalla ou timón sollo ou soallo (piso) cadeas chumaceira, coucón ou coucillón (o rebaixe onde se asenta o eixo chámase zoca ou cantadeira). apeladoiras ou treitoiras tillas ou cuñas mildeiras, rilleiras ou sunchos camba eixo, encaixa entre as treitoiras por medio duns rebaixes, os luidoiros. escabo, galga ou ceo llanta mión ou milde O burato central da roda, na que penetra a ampela do eixo, chámase ulló.
  • 52. O xugo é un complemento indispensable para a utilidade do carro. É a peza que une aos animais ao carro. En Galiza hai tres tipos diferentes con moitas variantes. Dous que xunguen aos animais polo pescozo (de canga) e un que xungue polos cornos (de molida). Xugo de cangallas É o máis común e atópase na provincia da Coruña, no norte e norleste da de Pontevedra e no oeste e norte da de Lugo. Xugo de bregueiros É típico do Sur da provincia de Pontevedra, centro da de Lugo (centro) e o Val do Miño en Ourense. Xugo de molidas É típico de gran parte da provincia de Ourense e da zona oriental de Lugo.
  • 53. Curioso xugo mixto para xunguir polos cornos (vaca, boi) e polo pescozo (burro, mula, cabalo, ou animais novos cos cornos pouco desenvolvidos). Algúnhas variantes de xugos. Museo da Fonsagrada.
  • 54. Nalgunhas zonas da costa usáronse carros de eixo fixo e un só animal que se xunguía entre as lanzas. Nos últimos tempos a algúns carros puxéronselle as rodas de goma.
  • 55. Carro cos adrais de bimbias tecidas. Xuño. Carro coa estrutura do chedeiro e as rodas de ferro. Allariz. Carro coa estrutura típica da montaña: chedeiro e rodas lixeiros. O Cebreiro.
  • 56. Recipientes para o leite Os recipientes tradicionais convertéronse en pezas de museo coa aparición dos novos materiais e dos equipos de refrixeración. Pucheiro Xerra de muxir. O Cebreiro A canada era un recipiente para recoller o leite na muxidura. Facíase de madeira ou latón para evitar que as vacas os romperan coas patas. Tamén se utilizaba como medida de capacidade (4 litros, a cuarta parte dunha ola) Canada da zona Oriental de Lugo (Museo do Pobo Galego). Ola ou cántara Leiteiras
  • 57. O EQUIPO DE MUXIDURA Todas as granxas cun certo número de animais teñen instalados equipos de muxidura e tanques de frío. As instalación de muxidura deben ser doadas de limpar e desinfectar e deben estar lonxe de fontes de contaminación. O chan debe permitir o drenaxe dos líquidos e a eliminación dos refugos. Deberá ter unha boa ventilación e iluminación e abastecemento de auga potable. A máquina de muxir é un elemento que entra en contacto co ubre polo menos dúas veces ao día e debe garantir unhas medidas sanitarias mínimas xa que constitúe un dos elementos fundamentais de control das mamites.
  • 58. A máquina de muxir extrae o leite dos tetos da vaca de xeito semellante a como o fan os cuxos, mediante succión para producir un baleiro. A máquina fai unha extracción intermitente (unhas 60 veces por minuto), permitindo así un descanso do teto á vez que lle da unha masaxe que evita a conxestión. Nas instalacións máis modernas a muxidura contrólase con equipos informáticos. Cada animal leva un colar que o conecta ao equipo. Este identifícao e rexistra a súa produción.
  • 59. Aparellos para mazar o leite Empregábanse para facer leite mazado e manteiga. Moldes para o queixo
  • 60. Neste momento en Galiza hai 9.908 explotacións leiteiras (novembro 2014) que producen o 40% do leite de todo o Estado Español, cun prezo por debaixo da media do resto das comunidades. As áreas con máis vacas de leite son as provincias da Coruña, Lugo, e o noreste da de Pontevedra. A cota de produción que ten asignaga pola Comunidade Europea é de 2.400.000 toneladas, aínda que a capacidade de produción está moi por enriba. Estas limitacións e os baixos prezos do leite están levando ao peche a moitas explotacións. A produción de carne é dunhas 88.000 toneladas ao ano, o 15% da produción do estado.
  • 61. O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: as feiras de gando. As feiras celébranse en moitos lugares de Galiza e nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos relacionados co campo e a casa. Santiago Monterroso Silleda
  • 62. PRODUTOS GALEGOS DE CALIDADE -Queixos con Denominación de Orixe protexida: Cebreiro, San Simón, Arzúa-Ulloa e tetilla. -Indicación Xeográfica protexida: Tenreira Galega.
  • 63. REFRÁNS: -A vaca é ouro, o porco tesouro -Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. -Boi marelo escuro ara no mol e ara no duro. -Vaca leiteira non vai á feira. -Á vaca vela ir, ao boi velo vir. -O boi ruín máncase na corte. -Boi que remoe nada lle doe. -Gando na cortes, pouco leite e queixo forte. -A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou come despois. TRADICIÓN ORAL
  • 64. LEITE •O que non muxe marela, non fai queixo nin manteiga. •Vaca de leite, pouco traballo. •Gando na corte, pouco leite e queixo forte. •Vaca leiteira non vai á feira. •O que merca boi por vaca, ao munxir se despotraca. •Vaca de moitos?, ben muxida e mal mantida. •Queres leite?, dille á vaca que cho deite. •A vaca do meu amo, cando non come trae o leite no rabo. •A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no verán. •O leite e o viño fan do vello mociño. •Leite con viño fai ao vello, meniño. •Leite, mel e mosto tiran ao home pra mozo. •Cunca de leite por cunca de aceite. •Encol do leite, o viño ausente. •Non hai feitizo como o pantrigo i o leite macizo. •Nos meses que non teñan erre, nin peixe nin leite. •O leite sae do moxo e non do óso. •A vaca, canto máis se munxe máis grande ten o teto. •Vaca amoscada, leite que se perde. •Vaca estransillada (ou estrullada), nin bo leite, nin boa crianza. •Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca.
  • 65. DITOS •Ter as vacas no millo. •Outra vaca vai no millo! •A paso de boi •Traballar coma a vaca do pobre •Ter lingua coma a vaca rabo •Se non é boi é vaca •Ter o leite nos beizos •Seica te lambeu a pucha? •Falar do xato e esquecer o trato •Andar como os bois no monte •Ser gando mal gardado •Atoparlle o teto á vaca •A onde irás boi que non labres •Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale •O que queira leite, que o munxa.
  • 66. CANTARES: O que compra vaca cega pensando que sanará, ¡Aínda os sans se volven cegos! ¿E os cegos que farán?. San Antoniño garda o gando, San Xoán garda as ovellas, Santa Lucía ás costureiriñas que andan polas casas alleas. ADIVIÑAS: •Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. •Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous reviramontes. •Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana. •Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana.
  • 67. A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”. CASTELAO O PUCHO.- Agora xa sei por qué non me deixaban mamar a min.
  • 68. CRENZAS: -O leite muxido na véspera de San Xoán non se debe deixar para o día seguinte, porque veñen as meigas a lavar o traseiro nel. Para evitalo había que deixar en todas as fiestras e portas un ramo de herbas olorosas (que teñen a virtude de espantar as meigas). Recollidas nas montañas de Lugo: -Cando se muxían as vacas ao mencer poñíase unha cunca mirando ao nacente co primeiro leite recollido en ofrenda á Aurora. -Ao leite das vacas que pasaban por un lugar por onde corría a auga había que botarlle sal, se nón daban sangue no canto de leite.
  • 70. TOUROS DE LIDIA (Bos taurus ibericus). É unha raza típica do centro-sur de España. Considérase o descendente máis directo do uro. De cor maioritariamente negra ou escura, ben musculada, coa cabeza ancha, os cornos longos e afiados, abertos, dirixidos cara adiante e arriba. Críanse seguindo canons que combinan a perfección das formas coa bravura. Os machos lídianse aos cinco anos, cun peso aproximado de 500 kg. HEREFORD. De orixe inglesa. É a raza de vacúns de carne máis extendida polo mundo. Son típicos o pelo lixeiramente rizado, a súa cor vermella coa cabeza e o abdome brancos, o corpo macizo e as patas curtas. Os cornos tamén son curtos e faltan nun 10% dos exemplares. As femias poden acadar 1,35 m de altura e pesar 750 kg. Os machos 1,45 m e 1.100 kg.
  • 71. IAK (Bos grunniens). Vive no Tibet entre os 4.000 e os 6.000 m de altitude. Está cuberto dun pelo longo e espeso que o protexe das baixas temperaturas da zona. Úsase para cargar e transportar obxectos e persoas e para producir leite. O iak salvaxe é máis grande, pode acadar 1,50 m de altura e 700 kg de peso.. CEBÚ (Bos indicus) É de orixe india e está extendido como animal doméstico por todas as zonas tropicais e subtropicais do mundo pola súa resistencia á calor e ás enfermidades. O que máis destaca nel é a xiba de graxa enriba da cruz. Ten o pelo curto e a cor cor variable. Os machos poden acadar entre 1,50 e 1,70 de altura e pesar ata 1.000 kg.
  • 72. BOI ESCOCÉS, VACA DAS HIGHLANDS Pequeno, de cor crara a marrón escura, co pelo longo e duro entre o que cría no inverno unha la espesa que lle permite soportar ben o frío ao aire libre. Críase pola súa carne. Aínda existe silvestre. As femias non superan 1,20 m de altura nin os 400 kg. Os machos poden chegar a 1,30 m e pesar 600 kg.. GAUR (Bos gaurus). Vive en estado silvestre nos bosques do Nepal e da India. Os machos adoitan ser de cor escura e as femias roxas e coas patas brancas.
  • 73. BOIS CORNILONGOS AFRICANOS. Son descendentes dos cebús. Existen distintos tipos e críanse como animais produtores de leite ou de traballo. Algunhas tribus africanas (como os masai) sácanlles sangue que usan directamente como alimento. Os cornos de algúns exemplares de boi watusi poden acadar máis de 2,5 metros. BANTÉNG (Bos javanicus). Orixinario dos bosques de Indochina e Indonesia. É un animal de pequeno tamaño (entre 1,10 e 1,25 de altura e 250 e 400 kg de peso). Os que se conservan en estado silvestre son máis grandes.
  • 74. ESPECIES SEMELLANTES Búfalo de auga ou carabao (Bubalus bubalis bubalis). É o búfalo doméstico da India e do Sur de Asia. Úsase como animal de traballo e produtor de carne e leite. As femias teñen os cornos máis longos, acadan 1,40 m e 600 kg e os machos 1,70 m e 900 kg. O leite úsase para facer o queixo “mozarella”
  • 75. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta Decembro 2014