Historia e estudo das caraterísticas e utilidades da vaca e os seus productos. Complétase con fichas das razas autóctonas galegas e imaxes de outras vacas curiosas.
Historia e estudo das caraterísticas e utilidades da vaca e os seus productos. Complétase con fichas das razas autóctonas galegas e imaxes de outras vacas curiosas.
Presentación realizada por un alumno de 6º curso de Primaria nas súas clases de Apoio dentro do Proxecto de centro "Menuda bichería! " que se desenvolve no curso escolar 2015-16 no CEIP Amor Ruibal, Barro.
Historia e estudo das características e utilidades dos gansos. Os gansos silvestres que visitan Galicia. Algunhas razas de gansos e outras curiosidades.
A galiña e os seus parentes polo mundo. unha nova achega do morcego Roque para que coñezamos algo máis da galiña e a súa historia, e a todos os seus parentes (I): galos, pavos, francolíns.
Roque atopouse cun grupo de aves e quedou sorprendido polas súas cores e variedade. Fixo una das súas viaxes para coñecelas.
Características e ultidade dos parrulos doméstico e especies de parrulos silvestres.
Presentación realizada por un alumno de 6º curso de Primaria nas súas clases de Apoio dentro do Proxecto de centro "Menuda bichería! " que se desenvolve no curso escolar 2015-16 no CEIP Amor Ruibal, Barro.
Historia e estudo das características e utilidades dos gansos. Os gansos silvestres que visitan Galicia. Algunhas razas de gansos e outras curiosidades.
A galiña e os seus parentes polo mundo. unha nova achega do morcego Roque para que coñezamos algo máis da galiña e a súa historia, e a todos os seus parentes (I): galos, pavos, francolíns.
Roque atopouse cun grupo de aves e quedou sorprendido polas súas cores e variedade. Fixo una das súas viaxes para coñecelas.
Características e ultidade dos parrulos doméstico e especies de parrulos silvestres.
Tivo Roque un encontro inesperado que a piques estivo de custarlle caro e foi motivo para este traballo. Relación dos gatos silvestres e demais felinos do mundo.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. A ovella é un animal mamífero artiodáctilo de tamaño mediano, cunha
altura media de 70 cm, (as máis grandes poden acadar 1,10 m) e un peso
medio de 45 kg (nas grandes poden superar os 100). Os machos son máis
grandes e pesados que as femias.
Está cuberta dun pelo espeso, a la, formada por pelos longos e duros e
outros curtos e finos (borra). A la cubre todo o corpo agás as patas e a
cabeza que están cubertas de pelo curto para evitar enlearse nas plantas.
Pode vivir ata 20 anos.
3. Ollos, coa
pupila
horizontal.
Orellas ovaladas, situadas
lateralmente e, segundo as
razas máis ou menos
longas e caídas.
CABEZA: oval,
de perfil curvo.
Rabo longo,
cilíndrico, caído e
ben cuberto de
pelo.
TRONCO cilíndrico
Pescozo
curto e forte.
Pesuños fortes que
se adaptan
perfectamente a
todos os terreos.
Pés con catro dedos,
os dous centrais, que
se apoian no chan,
máis grandes.
PATAS
proporcionadas,
finas e lixeiras.
4. Os cornos estan formados por prolongacións do oso frontal cubertas de queratina.
Son de base triangular e enrólanse en espiral aos lados da cabeza.
Son unha característica dos machos (carneiros). As femias case nunca teñen cornos.
Tampouco teñen cornos os machos dalgunhas razas seleccionadas.
9. COMO SE RELACIONAN
AS OVELLAS
MOVEMENTOS
Para andar apóiase sobre
as puntas dos dedos e
camiña normalmente ao
paso. So corre cando se
asusta.
SENTIDOS
Ve e oe ben e ten o olfato
ben desenvolvido. Se
teñen contacto co seu
dono poden recoñecelo.
10. A la é un bo illante. Os pelos longos escoan cara o chan a auga da choiva e
os curtos forman debaixo deles un espazo que impide o intercambio de calor
entre o corpo e o exterior mantendo a temperatura do animal case constante.
Impiden a perda de calor no inverno e a entrada de calor no verán.
11. COSTUMES
É de temperamento pacífico e asustadizo.
Sempre anda en grupos formados por machos, femias e crías,
xeralmente conducidos por unha ovella ou carneiro vellos.
Mentres son novos os años xogan e saltan e moven o rabo
constantemente pero ao medrar deixan de facelo.
12. ALIMENTACIÓN
Herbívora. Come case calquera vexetal.
Xeralmente aliméntase de herba que pasta,
pero tamén existen pensos especialmente
preparados para as ovellas que se lle
suministran cando están estabuladas.
A dentadura é a típica dos
herbívoros con incisivos so na
mandíbula inferior e moas planas
para triturar a herba.
É un animal ruminante. Ten un gran estómago especial
dividido en catro partes. Na primeira (bandullo)
almacena a herba que traga case enteira cando pasta e
logo, no seu lugar de descanso, vólvea a boca e remóea
ata convertela nunha masa que logo pasa ás outras
partes do estómago para continuar a dixestión.
13. Año recén nacido
REPRODUCIÓN
Entran en celo e emparéllanse no
outono e teñen as crias na
primavera despois dunha
xestación de 150 días (5 meses).
Teñen unha ou dúas crías (años)
que maman ata os catro meses.
As crías nacen totalmente
desenvolvidas. Ao pouco tempo
de nacer levántanse e acompañan
á nai.
Os machos maduran ao ano e
medio. As femias un pouco
despois e son fértiles durante
uns dez anos.
Año de dous días Año de 1 semana
16. HISTORIA
A ovella foi, xunto coa cabra, un
dos primeiros animais
domesticados polo ser humano,
hai máis de 10.000 anos.
Seguramente foron o seu tamaño
(que facía que fose facil
dominalos), a sua maneira de vivir
(en rabaños) e a posibilidade de
obter delas un aproveitamento
múltiple os que fixeron da ovella
un animal asociado ao
desenvolvemento da civilización.
A súa importancia foi tan grande
que se chegou a medir a riqueza
das persoas polo número de
ovellas que tiñan.
A ovella estivo tamén desde sempre
asociada á relixión e aos deuses. Os
exipcios representaban ao deus Ra con
cabeza de carneiro. Os xudeos sacrificaban
carneiros a Deus e os cristiáns asociaron a
súa figura á de Xesucristo.
Carneiro.
Sumeria, ano
2000 a de C.
Relevo romano. Século I
17. A ovella é o animal doméstico máis numeroso do mundo (uns dez mil millóns).
As concentracións máis grandes de ovellas son as de Australia (11 ovellas por cada
persoa) e Nova Celanda (máis de 20 ovellas por cada persoa).
18. En Galiza a gandería de ovellas cubriu escasamente as necesidades
propias de la e coiros, e na actualidade so se ven rabaños de certa
importancia nas zonas montañosas do sur de Lugo e Ourense. Nas
demais zonas de montaña onde as había antigamente a repoboación
forestal fíxoas desaparecer porque eliminou as zonas de pastoreo.
Actualmente existen algo máis de 300.000 exemplares.
En outras moitas zonas, nas casas labregas téñense unha ou dúas
ovellas como gando menor ou gando dos rapaces.
O común en Galiza é que os rabaños sexan mixtos, mestura de ovellas e
cabras.
19. AS OVELLAS E AS PERSOAS. COIDADOS
É un animal delicado que soporta ben o frío, pero non a humidade.
Existen controis para garantir a calidade da raza e controis
sanitarios para vixiar a boa saúde.
Para garantir un bo
estado de saúde
márcanse cunha chapa
ou crotal que se lle pon
na orella.
20. A cría e o coidado das ovellas e cabras deu lugar a un tipo de vida e a unha
profesión, a dos pastores.
Os pastores conducen e coidan as ovellas. Lévanas ás zonas de pasto,
vixíanas para que non se extravíen ou non danen os cultivos e evitan que
sofran danos ou sexan atacadas polos depredadores. Neste labor o pastor
está case sempre acompañado por cans.
21. O pastoreo deu lugar ao desenvolvemento de razas de cans con
características especiais para conducir e gardar ovellas, os cans pastores
como: os cans ovelleiros, o gos d’atura, o pastor belga, o pastor escocés, o
pastor inglés…, e cans de defensa como os mastíns, o cào da serra …
22. Cada ano, cando chega o bo tempo,
xeralmente a comezos do verán,
rápanse as ovellas, córtaselle a la,
que volve a medrar de novo.
23. UTILIDADE
As ovellas críanse pola la, polo
leite, a pel e a carne.
O leite é máis nutritivo que o da
vaca. Úsase case todo para facer
queixos, só ou mesturado con
leite de vaca ou de cabra
Festa do carneiro ao espeto, que se
celebra en Moraña desde o ano 1969.
O queixo de ovella é seco e ten
un olor típico moi intenso.
Os máis coñecidos son os
manchegos, que se elaboran en
Castela-A Mancha e o Roquefort
francés.
24. A CARNE das ovellas recibe
distintos nomes segundo o
lugar do corpo
falda
pata
pescozo
costelar
paleta
peito
espiñazo
ou agulla lombo
25. A la, unha vez lavada e fiada, úsase para facer
tecidos. Ata hai pouco tempo usábase a la sen
fíar para encher colchóns.
A la clasifícase segundo o tamaño e o grosor
dos pelos. Antes de utilizala, lávase e
desengráxase. Logo fíase para tecer.
A graxa que solta a la, a lanolina, úsase en
cosmética para cremas e outros produtos.
A pel das ovellas curtida usouse como
recipiente para transportar líquidos, e sen curtir
para facer pergamino, sobre o que se escribía.
A pel curtida coa la úsase para facer prendas de
abrigo ou alfombras.
26. NOMES
Macho: carneiro
Macho sen capar: marón
Femia: ovella
Cría: neixente (recén nacida), año ou aña
Un carneiro ou ovella ruín chámase ovello.
27. RAZAS
Existen aproximadamente unhas 450 razas de ovellas que se
diferencian polo aspecto, pola cor e a calidade da la ou polo
aproveitamento (de carne, leiteiras ou de la).
OVELLA GALEGA
Ten un tamaño bastante variable.
As das zonas baixas son máis
grandes e as da montaña son
máis pequenas. O seu peso varía
entre 25 e 40 kg. É de cor branca,
ben proporcionada, ten a cabeza
pequena co perfil recto, as patas
finas e os pesuños duros. Os
machos teñen cornos. A súa la é
de calidade media (entrefina) e
cada ovella produce, segundo o
seu tamaño, de 1 a 2 kg por ano.
É un animal moi fértil e prolífico.
É corrente que teña dúas crías e
ás veces tres ou catro.
28. MEIRIÑA
É a que produce a la de mellor calidade.
Extendeuse por todo o mundo a partir de
España, onde se cree que foi introducida
polos árabes e mellorada a
continuación. É a base dos rabaños
australianos e da Pampa Arxentina.
Todas as mellores ovellas produtoras de
la teñen sangue meiriña.
MANCHEGAS
Son boas
produtoras de
leite do que se
obteñen os
queixos
manchegos.
CHURRA, LACHA e VASCA: teñen a la
longa, pero menos fina que a da meiriña,
viven na zona Norte da Península Ibérica.
29. KARAKUL
É unha ovella de cor escura, de tamaño
medio-grande orixinaria de Asia. As crías
nacen co pelo moi fino, sedoso e rizado.
Mátanse recén nacidas e a súa pel coñécese
co nome de Astrakan.
OVELLAS DOS BALCÁNS.
Pequenas e de cor escura.
30. ESPECIES SEMELLANTES
MUFLÓN (Ovis musimon)
Mide entre 70 e 90 cm de altura e pode acadar
os 50 quilos de peso. O macho ten cornos
grandes e a femia tenos moi pequenos ou
non os ten. É un dos antepasados das ovellas
domésticas. Deste animal so existen
poboacións silvestres en Córcega e na
Cerdeña. Foi introducido en moitos países de
Europa como especie de caza.
CARNEIRO DE ALASKA
MUFLON DE DALL (Ovis dalli)
Vive nas montañas de Norteamérica.
É de cor branca e nas zonas do sur
marrón crara. Mide entre 1 m e 1,60
de longo e os machos poden acadar
os 90 quilos de peso.
31. TRADICIÓN ORAL
REFRÁNS
-A ovella por Pascua Florida está parida e lucida.
-En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.
-A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
-Por San Xoán o carneiro rapa a lan.
-Se che dan a ovella colle a corda e marcha con ela.
-Xuntanza de lobos, ovella morta.
32. DITOS
-Ovella que berra bocado que perde.
-Pouca la e polas silveiras
ADIVIÑAS
-Enleado sempre no seu cobertor,
faga frío ou faga calor
(O CARNEIRO)
CANTARES
San Antonio garda o gando
San Xoán garda as ovellas,
Santa Lucía as costureiras
que andan polas casas alleas.