Un percorrido polos principais humidais e lagoas da Terra Cha, dentro da Reserva da Biosfera "Terras do Miño"
Complexo húmido da Terra Cha: un conxunto de ecosistemas de grande valor ecolóxico. Podemos atopar humidais en Cospeito (lagoa de Cospeito, Abelleiras, Seixas, Carballosa, Ramiro e As Lamas), Castro de Rei (Veiga de Pumar, Caque ou Bardancos e Castro), Begonte (Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune e Fontefría), Vilalba (Codesido, Fabás e Reboredo), Guitiriz (Brañas do Barreiro e Poza Grande) e Rábade (O Rei).
Neste espazo incluímos o Canón do Sil desde o remate do LIC ata a confluencia co Lor, no LIC “Os Ancares-O Courel” e varios dos seus afluentes: o Mao, o Edo...
O espazo ocupa as ladeiras dos canóns dos ríos que circulan polas fallas dunha superficie aplanada e moi erosionada.
Un percorrido polos principais humidais e lagoas da Terra Cha, dentro da Reserva da Biosfera "Terras do Miño"
Complexo húmido da Terra Cha: un conxunto de ecosistemas de grande valor ecolóxico. Podemos atopar humidais en Cospeito (lagoa de Cospeito, Abelleiras, Seixas, Carballosa, Ramiro e As Lamas), Castro de Rei (Veiga de Pumar, Caque ou Bardancos e Castro), Begonte (Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune e Fontefría), Vilalba (Codesido, Fabás e Reboredo), Guitiriz (Brañas do Barreiro e Poza Grande) e Rábade (O Rei).
Neste espazo incluímos o Canón do Sil desde o remate do LIC ata a confluencia co Lor, no LIC “Os Ancares-O Courel” e varios dos seus afluentes: o Mao, o Edo...
O espazo ocupa as ladeiras dos canóns dos ríos que circulan polas fallas dunha superficie aplanada e moi erosionada.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte. CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo abrangue o curso do río Grande desde Baio (Zas) ata a súa desembocadura, incluíndo o esteiro, a enseada da Basa e o fondo da Ría de Camariñas entre a punta da Basa e a praia da Barreira. CONCELLOS: Camariñas, Muxía, Vimianzo e Zas
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte. CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo abrangue o curso do río Grande desde Baio (Zas) ata a súa desembocadura, incluíndo o esteiro, a enseada da Basa e o fondo da Ría de Camariñas entre a punta da Basa e a praia da Barreira. CONCELLOS: Camariñas, Muxía, Vimianzo e Zas
CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín (Ourense) e Sober e Pantón (Lugo)
Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Portabrosmos (Sober) e A Pena (Parada de Sil), e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil.
O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, ecolóxico e cultural. A paisaxe deste espazo está moi influída pola man do ser humano: cultivo de vides en socalcos desde tempos moi antigos e construción de encoros que modificaron totalmente a fisonomía do val dos ríos.
Dumbría, un concello maiormente de interior que estende o seu territorio polas alturas que separan os ríos Xallas e Castro e polos montes de Buxantes, ten un pequeno tramo de costa na contorna do Ézaro, na desembocadura do río Xallas. Non son máis que 2 km, pero acolle uns fermosos areais e un lugar espectacular, dos máis coñecidos de Galiza, a fervenza, de máis de 40 m de altura, pola que o río Xallas cae ao mar.
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
CONCELLOS: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas.
Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un macizo.
É unha serra que acolle importantes valores naturais, en especial as turbeiras.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
12. Beba
É o afluente máis longo do Xallas. Nace
no concello de Mazaricos (alto do Cotón)
e xúntase co Xallas en Colúns.
O Beba na Pontenova (Mazaricos)
O Beba en Fíveda (Mazaricos)
13. Encoro de Ponte Olveira
O Xallas entre os encoros de
Ponte Olveira e Castrelo)
14. Hospital
Nace no Chan das Lagoas (Dumbria) e
xúntase co Xallas no encoro de
Castrelo. Ten un percorrido con
grandes desniveis entre penedos
graníticos formando rápidos, pozas e
pequenas fervenzas.
Encoro de Castrelo
23. XEOLOXÍA
O Xallas baixa do Monte Castelo e discorre maino e sinuoso, con
escasa pendente na maior parte do seu curso, para acabar cun
certo encaixamento e aumentando a súa pendente cara á
desembocadura, onde cae nunha espectacular fervenza.
No seu curso atópase gran variedade de rochas: gabros, xistos,
granitos…
24. O último treito do Xallas forma un profundo canón entre os macizos graníticos do
Pindo e Buxantes, e salva un desnivel de 155 m antes da desembocadura, na que cae
nun cadoiro de 40 m de altura formando unha profunda poza (máis de 20 m de
profundidade).
25. Nos afluentes do Xallas abondan as fervenzas.
Fervenza de Castriz (Santa Comba), no río Mira (Xallas).
26. Fervenza de Fírvado no Río Beba. En Coiro
(Mazaricos). Hai varios rápidos e saltos
pequenos por todo o percorrido do Beba e
do seu afluente o Xendiz.
27. Fervenza da Xestosa. Buxantes (Dumbría). O ría salva un gran desnivel en varios
saltos e unha gran escorregadeira.
31. Cadoiro do Xallas (fervenza de Ézaro): en Ézaro, no concello de Dumbría.
O Xallas bótase na enseada de Ézaro desde 40 m de altura formando unha
fervenza que co paso do tempo foi excavando unha poza moi profunda.
32. FLORA
Nas marxes consérvanse bosques de ribeira con amieiras,
salgueiros, freixos, sabugueiros e, máis lonxe da auga carballos.
Na beira do río hai pé de boi, oucas, fentos, brións…
33. Nas brañas viven plantas adaptadas ao asolagamento temporal:
xuncos, gramíneas, espadainas, rorelas, esfagnos, orquídeas, liño
bravo, queirugas, xesta das brañas, toxos...
35. FAUNA
O máis representativo da fauna son as aves, sobre todo paxaros
(pimpín, escribentas, carrizos, pegas...), miñatos, lavancos... os
anfibios (pintafontes, sapos, ras) e os insectos (libeliñas, cabalos
do demo, bolboretas...).
Destaca a gran cantidade de cangrexo de río americano, especie
invasora moi prexudicial para os ecosistemas.
37. ESPAZOS PROTEXIDOS
Parte do Xallas (desde o remate do encoro de Santa Uxía ata Ézaro)
está incluído no LIC “Carnota-Pindo”. Este espazo carece dunha
figura de protección xurídica, polo que moitas asociacións intentan
que se declare ao Monte Pindo parque Natural.
39. APROVEITAMENTO
Subministro de auga para as poboacións, a agricultura e a
industria; enerxía hidroeléctrica; pesca; turismo; lecer…
Muíño no río Beba
Muíño en Dumbría
40. ENCOROS: A Fervenza, Ponte Olveira, Castrelo, Santa Uxía,
(Central Pindo-Xallas)
Santa Uxía
A Fervenza
Central do Xallas (Ézaro)
41. DATOS HISTÓRICOS
Toda a cunca do Xallas estivo poboada desde tempos moi antigos
como testemuñan as mamoas e castros.
As primeiras construcións
para obter enerxía
hidroeléctrica do Xallas
datan de 1897, en que se
instalou a empresa
Sociedade Española de
Carburos Metálicos (hoxe
forma parte do grupo
FerroAtlántica).
42. PONTES
Ponte de Brandomil sobre o Xallas
Ponte sobre o Xallas en Dumbría
Ponte sobre o Beba
Ponte sobre o Fírveda (Beba)
43. TRADICIÓNS
Arredor do cadoiro do Xallas
hai unha chea de lendas:
desamores de princesas,
poderes sobrenaturais,
encantamentos, ritos...
Contan que detrás da
fervenza existe unha porta
máxica gardada por
bruxas que levará embaixo
do río ao mozo que se atreva
a pasar, podendo casar
cunha bela princesa
encantada e posuír unha
enorme fortuna.
44. CURIOSIDADES
O Cadoiro do Xallas ou
Fervenza de Ézaro, na
desembocadura do Xallas, é
unha das máis destacadas de
Galicia, pola súa beleza e por
ser o único río de Europa que
cae directamente no mar
formando un salto.
Foi citada por Frei Martín
Sarmiento. Textos de 1724
falan xa da fervenza,
describíndoa coma unha
enorme fumareira que podía
ser ollada desde varios
quilómetros mar adentro.
45. A partir da construción do encoro de Santa Uxía quedou sen auga
e so se podía ver en días de moita enchente cando sobrepasaba o
nivel do encoro. Despois de numerosas protestas, no ano 2000
conseguiuse que deixaran pasar a auga unhas horas á semana e,
no 2012 gañouse un recurso que obriga á empresa a deixar pasar
un caudal ecolóxico (arredor de 2 m3/s).
46. PROBLEMAS
Encoros que destrúen os ecosistemas, especies invasoras
(especialmente cangrexo de río americano), contaminación...
En setembro de 2013 houbo un incendio forestal de nivel 1 que
afectou ao contorno da desembocadura do Xallas.
Cengrexo de río americano