Río do Castro
O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de
Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde
conecta co LIC Costa da Morte.
SUPERFICIE: 76,9 ha
TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia
comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
CONCELLOS:
Vimianzo, Muxía,
Dumbría e Cee.
RÍO CASTRO
Nace no monte Escaleira
(Vimianzo), recolle as augas de
parte dos concellos de
Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee
e, despois de 30 km de
percorrido, desemboca
formando a pequena ría de
Lires. Fai de linde entre os
concellos de Muxía, Cee,
Dumbría e Vimianzo.
O río Castro arriba das Caldeiras
FERVENZA DAS
CALDEIRAS
(CALDEIRAS DO
CASTRO)
Na parroquia de Coucieiro, no
concello de Muxía.
O río do Castro cae nun
desnivel de 8 m en rochas
graníticas. Hai un mirador
acondicionado para vela.
Nas proximidades atópase unha
área recreativa e unha capela.
As Caldeiras na primavera
As Caldeiras no verán
Rio Castro en Mintiráns
Rio Castro en Mintiráns
Rio Castro en Mintiráns
Rio Castro en Mintiráns. Pasal e porto.
Rio Castro en Mintiráns. Pasal e porto.
Rio Castro na Pontenova
Rio Castro na Pontenova
FLORA
Ao longo do curso do río consérvanse bosques de galería
con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, avelairas,
sabugueiros, sanguiños, carballos...
Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da
auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento
femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de
auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, reina, adelfiña, herba
centella, espiga de auga...
Molinia caerulea
Molinia caerulea
Senecio nemorensis
Avelao (Hypericum androsaemum)
Herba salgueira, chuchamel (Lonicera periclymenum)
Centaurea nigra
FAUNA
A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, anguía...),
réptiles (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes,
salamántiga galega...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros,
percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de
auga... Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes,
lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxas...), lesmas, caracois, sapos,
arañas, insectos...
Patinador (Gerris lacustris)
Abella nun senecio
Candil curvado (Onychogonphus uncatus)
Bolboreta (Inachis io)
alimentándose nun
mentraste
Ra patilonga (Rana iberica)
Pimpin (Fringilla coelebs)
MONTAXE E FOTOGRAFÍAS: Adela Leiro, Mon Daporta (Xuño 2012)

Espazo natural Río do Castro