Abrangue o curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata a Ponte de Neira.
CONCELLOS: Guntín, Lugo, O Corgo, O Páramo.
Abrangue o cursodo río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da
cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia
co Miño ata a Ponte de Neira.
3.
SITUACIÓN:
Centro-sur da provinciade
Lugo. Localidades de
referencia: Lugo, Neira e Cela.
SUPERFICIE:
842,2 ha
CONCELLOS:
Guntín, Lugo, O Corgo, O
Páramo.
VALORES NATURAIS:
Río, bosques de ribeira, aves
acuáticas...
5.
PROTECCIÓN
•Forma parte daReserva da Biosfera Terras do Miño.
•Foi declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais en 2007,
provisionalmente, por 3 anos. Logo foi incluído na proposta de ampliación de
2008 con 18.210 ha, que a Xunta reduceu en 2011 a 842 ha, proposta que
actualmente está paralizada, polo que o espazo quedou sen protección.
Nace na Serrade Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. Despois de
atravesar a Terra Cha comeza a encaixarse alternando tramos estreitos entre
rochas graníticas, con rápidos, e zonas de rochas máis brandas, onde discorre
mainamente formando illas. Neste espazo recibe pola dereita os regos Cuíña,
Vilavite e Ceza, e pola esquerda os ríos Chamoso e Neira.
RÍO MIÑO
8.
Ínsua de SantaComba,
entre Guntín e O Corgo
http://sixpac.xunta.es/visorsixpac/
O Miño entreo Corgo, Guntín e o Páramo pouco
despois de recoller as augas do Neira.
17.
Nace nas proximidadesde Fontaneira (Baleira). Ten un percorrido de 56 km e
desemboca no Miño entre os concellos O Páramo e O Corgo.
Neste espazo recibe pola marxe esquerda os rego de Vigo de Fondo e O Castro.
RÍO NEIRA
Nora á beirado Neira, en Cela. Accedese desde Ponte Neira por un
camiño que hai á dereita un pouco antes de chegar á ponte.
22.
HÁBITATS
-Curso de augascorrentes, con remansos e presenza de illas.
-Bosque ripario de Osmundo-Alnion.
-Bosque mixto de carballo (Quercus robur) e rebolo (Q, pyrenaica).
-Augas estancadas con vexetación acuática.
-Formacións naturais de matogueira (uceiras e toxeiras) e restos de estripeiras.
-Repoboacións forestais constituídas principalmente por Pinus radiata.
-Cultivos de diversa natureza con arborado disperso e/ou formando sebes.
-Núcleos de poboación rural.
23.
FLORA
O espazo formaparte da rexión Eurosiberiana (provincia Atlántica-Europea e
subprovincia Cántabro-Atlántica.
A vexetación máis representativa é a que está ligada á auga Acolle excelentes
representacións de bosques de galería e paisaxes agrarias con sebes de grande
valor ambiental.
24.
-BOSQUE DE RIBEIRAdominado por salgueiros (Salix atrocinerea), freixos (Fraxinus
angustifolia) e amieiras (Alnus glutinosa) acompañados de Carex paniculata subsp.
lusitanica, Rorippa islandica, chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica), pé de boi
(Oenanthe crocata), Sium angustifolium, herba salgueira (Lythrum salicaria), raíña
(Filipendula ulmaria), narcisos (Narcissus pseudonarcissus)…
Lontra (Lutra lutra)
FAUNA
Afauna máis destacada deste espazo é a ligada ao bosque de ribeira e ao medio
acuático, sobre todo aves, anfibios e insectos.
MAMÍFEROS
Lontra (Lutra lutra), furapresas (Galemys pyrenaica), teixugo (Meles meles), algaria (Genetta
genetta), fuíña (Martes foina), morcegos (Rhinolophus ferromequinum e Myotis daubentonii)
…
36.
Chasco (Saxicola torquata),
AVES
Papuxas(Sylvia undata, S. atricapilla, S. communis, S. borin), piquelo azul (Sitta europaea),
reiseñor da auga (Cettia cettia), lavandeira real (Motacilla cinerea), merlo rieiro (Cinclus
cinclus), martiño peixeiro (Alcedo atthis), ferreiriños (Parus. ater, P. major, P. caeruleus,
Aegtithalos caudatus), agabeador (Certhia brachydactila), estreliña riscada (Regulus
ignicapillus), picafollas (Phylloscopus ibericus, P. collybita), Carriza (Troglodytes
troglodytes), ouriolo (Oriolus oriolus), varios frinxílidos (Carduelis chloris, C. carduelis, C.
cannabina, Fringilla coelebs, Serinus serinus, Pyrrhula pyrrhula), escribentas (Emberiza
cirlus e E. citrinella) avenoiteira (Caprimulgus europaeus), azulenta común (Prunella
modularis), chasco (Saxicola torquata), laverca (Alauda arvensis), picaxuncos (Cisticola
juncidis), pica das árbores (Anthus trivialis), picanzo vermello (Lanius collurio), cuco
(Cuculus canorus), rula (Streptopelia turtur), anduriña común (Hirundo rustica)...
Ferreiro abelleiro (Parus major)
INVERTEBRADOS
Destaca a grandevariedade de insectos ligados á auga (libeliñas, cabalos do demo,
chinches de auga, patinadores, mosquitos…) e dos bosques de ribeira (vacaloura,
escaravello de cornos longos, bolboretas…); moluscos (lesmas, caracois, mexillón de río);
vermes…
Libeliña (Calopterix splendens)
Mexillón de río (Margarita margaritifera) só se atopa
en ríos coas augas limpas. Pode acadar máis de 10
cm de lonxitude. Está en perigo de extinción.
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Noutros tempos(ata a construción dos encoros) era unha área de pesca
importante, especialmente da anguía, para o que se construían caneiros.
Ao longo do río consérvanse pontes e muíños.
Muíño na Fervenza (O Corgo)
44.
amieiras están apadecer unha
agresiva praga de fungos,
especialmente o Phytophttora alni,
que está matando árbores por toda a
cunca do Miño-Sil, no Eume, no
encoro de Cecebre... co conseguinte
efecto ecolóxico sobre as ribeiras e as
augas dos ríos.
PROBLEMAS
Especies invasoras,
contaminación, pragas...
A Fervenza (O Corgo)
Unha amieira de 4,85 m
de perímetro víctima
dos fungos.
45.
Carballeira na rutada Fervenza (O Corgo)
PUNTOS DE INTERESE
•As Ínsuas
•Caneiros
•Rápidos da Fervenza (entre O Corgo e Guntín)
•Muíños: A Fervenza (O Corgo), Ferroi (Guntín).
•Áreas de Lecer: A Fervenza, Ponte Neira,
desembocadura do Chamoso.
•Pontes: Ponte Neira, Chamoso.
•Nora de Ponte Neira