A IDADE
MODERNA
TEMA 6
A IDADE
MODERNA
ETAPAS NA
IDADE
MODERNA
• Cambios culturais. Gutenberg inventou a imprenta, un método mecánico
para reproducir os libros que abarataba moito o seu prezo, e permitía a
máis xente compralos. Os sabios do momento, chamados humanistas,
puideron ler moitos textos das antigas Grecia e Roma. Grazas a este
Renacemento da Antigüidade, fixéronse progresos científicos e culturais.
• Avances na navegación. Inventos recentes, como os mapas portolanos, o
astrolabio e o compás, permitiron navegar con maior seguridade. Estes
avances facilitaron as viaxes longas, o comercio con territorios afastados
e incluso o descubrimento de novas rutas e continentes.
• Cambios políticos. Os reis europeos conseguiron un gran poder territorial
e político grazas á ampliación dos seus exércitos e do número de
funcionarios. Estas monarquías autoritarias necesitaban grandes sumas
de ouro para manterse, así fomentaron o comercio e os descubrimentos.
• Cambios sociais. A sociedade continuaba dividida en estamentos
privilexiados, como os nobres e ou clero, e non privilexiados, como os
mendigos, os artesáns, os labregos e os burgueses. Na Idade Moderna a
nobreza perdeu poder e algúns burgueses acumularon fortunas maiores
ca as dos propios nobres.
PORQUE EMPEZOU A
IDADE MODERNA?
A VIDA NA
IDADE
MODERNA
• A unión entre reinos peninsulares foi realizada polos Reis
Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón. Co
seu matrimonio en 1469 uníronse as coroas de ambos os
territorios.
• A pesar desa alianza entre as dinastías de reis, os
territorios de Castela e Aragón mantiveron leis,
institucións e moedas distintas durante o reinado dos
Reis Católicos.
QUEN FORON OS REIS
CATÓLICOS?
• Os Reis Católicos foron o primeiro grande exemplo de
monarquía autoritaria. O seu poder consolidouse ao
reducir o da nobreza. Así, organizaron unha
administración propia que controlaba os seus territorios
e un exército moderno que os protexía.
• Ademais finalizaron a Reconquista coa toma de Granada,
e expandiron as súas relacións e territorios no
estranxeiro casando os seus fillos cos principais herdeiros
de Europa.
PORQUE XA NON
ERAN REIS
MEDIEVAIS?
1. O matrimonio entre Isabel e Fernando uniu as coroas de
Castela e de Aragón en 1469.
2. Castela tomou Granada en 1492. A expulsión dos xudeus
reforzou a unidade relixiosa do catolicismo.
3. Castela, e sobre todo Aragón, estendéronse polo
Mediterráneo.
4. Castela finalizou a conquista das Canarias e en 1492
chegou a América.
5. Castela incorporou o reino de Navarra á súa coroa en
1512.
6. Os reis emparentaron os seus fillos con outros reis
europeos a través do matrimonio.
OS TERRITORIOS DOS
REIS CATÓLICOS
• O navegante Cristovo Colón pensou que podería chegar a
Asia cruzando o océano Atlántico, e pediu axuda a Isabel
de Castela para intentalo. Colón partiu cara ao océano
descoñecido cos barcos, a tripulación e os materiais
recibidos dos Reis Católicos. Tras 70 días de navegación,
o 12 de outubro de 1492, o navegante achou un Novo
Mundo: América.
• Colón volveu tres veces a América, pero sempre pensou
que estaba nas Indias. Por iso chamou indios aos seus
habitantes.
COMO SE DESCUBRIU
AMÉRICA
• Carlos de Habsburgo era neto dos Reis Católicos. Así, herdou
os territorios das coroas de Castela e Aragón.
• Carlos era tamén neto do emperador da casa de Austria, polo
que herdou territorios en Europa central e foi elixido
emperador de Alemaña.
• Durante o seu reinado sufriu rebelións en Castela e Aragón,
debidas á orixe estranxeira deste rei e ás súas esixencias
económicas.
• Carlos I defendeu con dureza o catolicismo e os intereses da
monarquía. Por iso se enfrontou aos cristiáns protestantes
alemáns, opostos á Igrexa católica de Roma, e aos turcos
musulmáns, que avanzaban cara a Europa.
DE ONDE VEÑEN OS
AUSTRIAS?
A HERDANZA DE
CARLOS I
• Filipe II herdou os territorios do seu pai, Carlos I, a
excepción do Imperio alemán que tamén en
Portugal.
• Os seus territorios formaron o grande imperio da
Monarquía Hispánica, aínda que nunca levou o
título de emperador. O rei fixou a capital en Madrid.
• Igual que o seu pai defendeu con dureza o
catolicismo. Tamén se enfrontou a países europeos
como Francia e Inglaterra.
UN IMPERIO SEN
EMPERADOR
• Navegantes ao servizo da Monarquía Hispánica
deron a primeira volta ao mundo e conquistaron
novos territorios en América. Alí fundaron cidades e
impuxeron a relixión católica e a lingua castelá.
• Os colonizadores levaron a América cabalos, gando
e cereais, que plantaron nas súas facendas.
Ttrouxeron grandes cantidades de ouro e prata,
ademais de alimentos como o millo, o tomate, a
pataca ou o cacao.
• As riquezas e o comercio con América enriqueceron
algúns nobres e burgueses casteláns, pero a
maioría da poboación seguiu dedicándose á
agricultura e á gandaría.
EXPLORACIÓNS E
CONQUISTAS
A CULTURA
RENACENTISTA
• Os artistas do Renacemento interesáronse por
Grecia e Roma, polo que nos seus edificios usaron
arcos de media circunferencia e en moitos cadros
vestían os personaxes á antiga.
• En España a arte dependía dos encargos da
monarquía e a igrexa, polo que a maioría das obras
foron palacios e igrexas, ou esculturas e pinturas
para decoralos. Entre todos destacaron o mosteiro
e palacio de San Lourenzo do Escorial, encargado
por Filipe II, e as pinturas do Greco, que desexaba
traballar para o rei pero traballou, sobre todo, para
conventos e igrexas.
• Durante o século XVII a Monarquía Hispánica
perdeu parte do seu imperio, o maior dos
existentes na época.
• As malas colleitas, as continuas guerras, a peste e a
emigración a América reduciron a poboación na
península e provocaron unha crise demográfica e
agraria. Ademais, o rico comercio con América xa
non era suficiente para pagar os gastos da
Monarquía.
• Os máis pobres foron os máis prexudicados, e
carecían de alimentos.
QUE CAUSOU A
CRISE?
• Os monarcas do século XVII non se preocuparon
polo Imperio e delegaron o goberno en nobres da
súa confianza, chamados validos. Foi o caso do
duque de Lerma, valido de Filipe III, e do conde-
duque de Olivares, valido de Filipe IV.
• Durante estes reinados, a crise interna agravouse. A
monarquía perdeu na guerra dos Trinta Anos os
territorios europeos de Portugal e Holanda, e o seu
dominio no continente.
• Carlos II foi o último rei da casa de Austria. Chegou
ao trono con catro anos e foi un rei débil. Non tivo
descendencia, e tras a súa morte estalou unha
guerra entre os partidarios dos seus distintos
sucesores.
OS REIS E OS SEUS
VALIDOS
• Carlos II nomeara herdeiro a Filipe V, da casa de
Borbón. En Francia reinaban os Borbóns, e algúns
países temían unha alianza dos dous reinos. Para
evitalo, propuxeron un rei da casa de Austria para
España. Así comezou a guerra de Sucesión.
• O conflito terminou co Tratado de Utrecht, que
recoñecía a Filipe V de Borbón como rei. A cambio,
o rei cedeu a Austria os territorios hispánicos en
Europa, e Menorca e Xibraltar a Inglaterra.
• Na guerra, Aragón non apoiara a Filipe V, polo que
tras vencer, o rei anulou os privilexios do territorio
e igualou as leis e impostos con Castela.
DO SÉCULO DE OURO
AO SÉCULO DAS
LUCES. A CHEGADA
DOS BORBÓNS
1. Monarquía absoluta e centralización.
2. Reorganización territorial.
3. Creación de fábricas, compañias comerciales e
obras públicas
AS REFORMAS
BORBÓNICAS
• O século XVIII chamouse Século das Luces, pois
para os ilustrados o coñecemento iluminaba as
persoas e favorecía o desenvolvemento. Estes
pensadores valoraban o coñecemento científico e o
saber de Grecia e Roma.
• os reis quixeron embelecer as cidades con edificios
inspirados na Antigüidade que impulsasen a cultura,
como as reais academias de artes e oficios, os
museos ou os xardíns.
DO SÉCULO DE OURO
AO SÉCULO DAS
LUCES. A CHEGADA
DOS BORBÓNS

Tema6 150518150755-lva1-app6892

  • 1.
  • 2.
  • 3.
  • 7.
    • Cambios culturais.Gutenberg inventou a imprenta, un método mecánico para reproducir os libros que abarataba moito o seu prezo, e permitía a máis xente compralos. Os sabios do momento, chamados humanistas, puideron ler moitos textos das antigas Grecia e Roma. Grazas a este Renacemento da Antigüidade, fixéronse progresos científicos e culturais. • Avances na navegación. Inventos recentes, como os mapas portolanos, o astrolabio e o compás, permitiron navegar con maior seguridade. Estes avances facilitaron as viaxes longas, o comercio con territorios afastados e incluso o descubrimento de novas rutas e continentes. • Cambios políticos. Os reis europeos conseguiron un gran poder territorial e político grazas á ampliación dos seus exércitos e do número de funcionarios. Estas monarquías autoritarias necesitaban grandes sumas de ouro para manterse, así fomentaron o comercio e os descubrimentos. • Cambios sociais. A sociedade continuaba dividida en estamentos privilexiados, como os nobres e ou clero, e non privilexiados, como os mendigos, os artesáns, os labregos e os burgueses. Na Idade Moderna a nobreza perdeu poder e algúns burgueses acumularon fortunas maiores ca as dos propios nobres. PORQUE EMPEZOU A IDADE MODERNA?
  • 8.
  • 9.
    • A uniónentre reinos peninsulares foi realizada polos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón. Co seu matrimonio en 1469 uníronse as coroas de ambos os territorios. • A pesar desa alianza entre as dinastías de reis, os territorios de Castela e Aragón mantiveron leis, institucións e moedas distintas durante o reinado dos Reis Católicos. QUEN FORON OS REIS CATÓLICOS?
  • 10.
    • Os ReisCatólicos foron o primeiro grande exemplo de monarquía autoritaria. O seu poder consolidouse ao reducir o da nobreza. Así, organizaron unha administración propia que controlaba os seus territorios e un exército moderno que os protexía. • Ademais finalizaron a Reconquista coa toma de Granada, e expandiron as súas relacións e territorios no estranxeiro casando os seus fillos cos principais herdeiros de Europa. PORQUE XA NON ERAN REIS MEDIEVAIS?
  • 11.
    1. O matrimonioentre Isabel e Fernando uniu as coroas de Castela e de Aragón en 1469. 2. Castela tomou Granada en 1492. A expulsión dos xudeus reforzou a unidade relixiosa do catolicismo. 3. Castela, e sobre todo Aragón, estendéronse polo Mediterráneo. 4. Castela finalizou a conquista das Canarias e en 1492 chegou a América. 5. Castela incorporou o reino de Navarra á súa coroa en 1512. 6. Os reis emparentaron os seus fillos con outros reis europeos a través do matrimonio. OS TERRITORIOS DOS REIS CATÓLICOS
  • 13.
    • O naveganteCristovo Colón pensou que podería chegar a Asia cruzando o océano Atlántico, e pediu axuda a Isabel de Castela para intentalo. Colón partiu cara ao océano descoñecido cos barcos, a tripulación e os materiais recibidos dos Reis Católicos. Tras 70 días de navegación, o 12 de outubro de 1492, o navegante achou un Novo Mundo: América. • Colón volveu tres veces a América, pero sempre pensou que estaba nas Indias. Por iso chamou indios aos seus habitantes. COMO SE DESCUBRIU AMÉRICA
  • 14.
    • Carlos deHabsburgo era neto dos Reis Católicos. Así, herdou os territorios das coroas de Castela e Aragón. • Carlos era tamén neto do emperador da casa de Austria, polo que herdou territorios en Europa central e foi elixido emperador de Alemaña. • Durante o seu reinado sufriu rebelións en Castela e Aragón, debidas á orixe estranxeira deste rei e ás súas esixencias económicas. • Carlos I defendeu con dureza o catolicismo e os intereses da monarquía. Por iso se enfrontou aos cristiáns protestantes alemáns, opostos á Igrexa católica de Roma, e aos turcos musulmáns, que avanzaban cara a Europa. DE ONDE VEÑEN OS AUSTRIAS?
  • 15.
  • 16.
    • Filipe IIherdou os territorios do seu pai, Carlos I, a excepción do Imperio alemán que tamén en Portugal. • Os seus territorios formaron o grande imperio da Monarquía Hispánica, aínda que nunca levou o título de emperador. O rei fixou a capital en Madrid. • Igual que o seu pai defendeu con dureza o catolicismo. Tamén se enfrontou a países europeos como Francia e Inglaterra. UN IMPERIO SEN EMPERADOR
  • 17.
    • Navegantes aoservizo da Monarquía Hispánica deron a primeira volta ao mundo e conquistaron novos territorios en América. Alí fundaron cidades e impuxeron a relixión católica e a lingua castelá. • Os colonizadores levaron a América cabalos, gando e cereais, que plantaron nas súas facendas. Ttrouxeron grandes cantidades de ouro e prata, ademais de alimentos como o millo, o tomate, a pataca ou o cacao. • As riquezas e o comercio con América enriqueceron algúns nobres e burgueses casteláns, pero a maioría da poboación seguiu dedicándose á agricultura e á gandaría. EXPLORACIÓNS E CONQUISTAS
  • 18.
  • 19.
    • Os artistasdo Renacemento interesáronse por Grecia e Roma, polo que nos seus edificios usaron arcos de media circunferencia e en moitos cadros vestían os personaxes á antiga. • En España a arte dependía dos encargos da monarquía e a igrexa, polo que a maioría das obras foron palacios e igrexas, ou esculturas e pinturas para decoralos. Entre todos destacaron o mosteiro e palacio de San Lourenzo do Escorial, encargado por Filipe II, e as pinturas do Greco, que desexaba traballar para o rei pero traballou, sobre todo, para conventos e igrexas.
  • 20.
    • Durante oséculo XVII a Monarquía Hispánica perdeu parte do seu imperio, o maior dos existentes na época. • As malas colleitas, as continuas guerras, a peste e a emigración a América reduciron a poboación na península e provocaron unha crise demográfica e agraria. Ademais, o rico comercio con América xa non era suficiente para pagar os gastos da Monarquía. • Os máis pobres foron os máis prexudicados, e carecían de alimentos. QUE CAUSOU A CRISE?
  • 21.
    • Os monarcasdo século XVII non se preocuparon polo Imperio e delegaron o goberno en nobres da súa confianza, chamados validos. Foi o caso do duque de Lerma, valido de Filipe III, e do conde- duque de Olivares, valido de Filipe IV. • Durante estes reinados, a crise interna agravouse. A monarquía perdeu na guerra dos Trinta Anos os territorios europeos de Portugal e Holanda, e o seu dominio no continente. • Carlos II foi o último rei da casa de Austria. Chegou ao trono con catro anos e foi un rei débil. Non tivo descendencia, e tras a súa morte estalou unha guerra entre os partidarios dos seus distintos sucesores. OS REIS E OS SEUS VALIDOS
  • 24.
    • Carlos IInomeara herdeiro a Filipe V, da casa de Borbón. En Francia reinaban os Borbóns, e algúns países temían unha alianza dos dous reinos. Para evitalo, propuxeron un rei da casa de Austria para España. Así comezou a guerra de Sucesión. • O conflito terminou co Tratado de Utrecht, que recoñecía a Filipe V de Borbón como rei. A cambio, o rei cedeu a Austria os territorios hispánicos en Europa, e Menorca e Xibraltar a Inglaterra. • Na guerra, Aragón non apoiara a Filipe V, polo que tras vencer, o rei anulou os privilexios do territorio e igualou as leis e impostos con Castela. DO SÉCULO DE OURO AO SÉCULO DAS LUCES. A CHEGADA DOS BORBÓNS
  • 25.
    1. Monarquía absolutae centralización. 2. Reorganización territorial. 3. Creación de fábricas, compañias comerciales e obras públicas AS REFORMAS BORBÓNICAS
  • 26.
    • O séculoXVIII chamouse Século das Luces, pois para os ilustrados o coñecemento iluminaba as persoas e favorecía o desenvolvemento. Estes pensadores valoraban o coñecemento científico e o saber de Grecia e Roma. • os reis quixeron embelecer as cidades con edificios inspirados na Antigüidade que impulsasen a cultura, como as reais academias de artes e oficios, os museos ou os xardíns. DO SÉCULO DE OURO AO SÉCULO DAS LUCES. A CHEGADA DOS BORBÓNS