SlideShare a Scribd company logo
ESPAZOS NATURAIS
Parque Nacional
das Illas Atlánticas
de Galiza
Cíes
O espazo protexido inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas
nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras e un
amplo espazo mariño na súa contorna.
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e cultural. A maior
riqueza ecolóxica do parque atópase no espazo marítimo e nas colonias de aves
acuáticas.
Téñense identificado 200 especies de algas que serven de soporte a unha rica
comunidade de invertebrados. Esta zona é ademais un importante punto de cría
de peixes e mariscos e visitada habitualmente por golfiños, baleas e tartarugas
mariñas.
SITUACIÓN: Nas Rías Baixas entre as rías
de Arousa e Vigo.
Localidades de referencia: Vigo, Cangas,
Bueu, Portonovo, Vilagarcía e Ribeira.
SUPERFICIE:
8.332,8 ha (7.138 ha mariñas e 1.194 ha
terrestres).
-Cíes: 3.091 ha: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas.
-Ons: 2.641 ha: 470 ha terrestres e 2.171 ha mariñas.
-Sálvora: 2.557 ha: 248 ha terrestres e 2.309 ha
mariñas.
-Cortegada: 191 ha: 43,8 ha terrestres e 147,2 ha
mariñas.
CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de
Arousa (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña).
VALORES NATURAIS: paisaxe, flora e
fauna, xeoloxía...
PROTECCIÓN
-PARQUE NACIONAL, 2 de xullo de 2002
-LIC /ZEC “Complexo húmido de Corrubedo” (Sálvora)
-LIC /ZEC “Illa de Ons”, de 924 ha.
-LIC /ZEC “Complexo Ons-O Grove”, de 7608 ha (Ons)
-LIC /ZEC “Illas Cíes”, de 990 ha.
-ZEPA “Espazo mariño das Rías Baixas” (inclúe as ZEPAs“Illas Cíes” e “Illa de Ons”).
-As illas de Sálvora, Ons, Onza e Cíes están incluídas no inventario de ÁREAS
IMPORTANTES PARA A HERPETOFAUNA ESPAÑOLA (Dirección Xeral de Conservación da
Natureza, 2004).
-Os arquipélagos de Ons e Cíes están incluídos no inventario de ÁREAS IMPORTANTES
PARA AS AVES EN ESPAÑA (SEO/BirdLife, 1998).
-OSPAR (Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordés
“Illas Atlánticas de Galiza”
-PARQUE NATURAL “Illas Cíes”, desde 1980.
-Puntos de Interese Xeolóxico (IGME).
Cíes e Punta Sobrido
CLIMA
Son illas tipicamente atlánticas con algunha influencia mediterránea. O clima é
lixeiramente máis seco que no continente porque as borrascas atlánticas pasan
por riba delas pero non descargan ata sobrepasalas e chocar contra a costa
A temperatura media anual é duns 14 ºC e as precipitacións de 1.000 a 1.500 mm.
Illas Cíes e Cabo Udra desde o alto do facho de Donón
XEOLOXÍA
A formación das illas Cíes, Ons e Sálvora está relacionada cos acontecementos
xeolóxico de finais do Terciario. Despois da Oroxenia Alpina produciuse o
afundimento de grandes bloques da codia litoral. O mar penetrou por estas zonas
afundidas dando lugar ás rías e as illas atlánticas son os cumes das serras
costeiras que resultaron parcialmente afundidas baixo o mar.
As costas occidentais das tres illas exteriores son cantís abruptos batidos polos
temporais do Atlántico e as orientais ladeiras suaves con areais e sistemas de
dunas.
Granitos en Sálvora
As rochas máis comúns son os granitos de dúas micas, predominante en Cíes e
Ons; o granito biotítico tardío que se atopa en Sálvora e os xistos e gneis, que se
atopan sobre todo en Cortegada.
As rochas máis antigas do parque son os xistos e gneis (cortegada, Cíes e Ons) e
as máis recentes os granitos de Sálvora.
Granitos en Cíes
Granitos en Cíes
Rochas metamórficas en Cortegada
Cíes
Ons
Cortegada
Sálvora
Pías no Alto do Píncipe (Illa de Monteagudo-Cíes)
O cumé mái destacado do espazo é o Alto das Cies (illa de Monteagudo), con 186
m de altura.
PUNTOS DE INTERESE
XEOLÓXICO
ARQUIPELAGO DE CÍES
Illa de Monteagudo:
-Recheo würmiense da furna de
Monteagudo.
-Praias fósiles de area e de cantos
das Margaridas.
-Morfología tableada no granito de
Punta Ferreiros.
-Duna fósil de Figueiras.
-Praia-duna-lagoa das Rodas
Illa do Faro
-Pedra da Campá e derrubios de
ladeira erosionados.
-Derrubios cementados do peirao de
Carracido.
Illa de San Martiño
-Praias e dunas actuais e fósiles de
San Martiño.
-Praia fósil, derrubios e coluvións da
enseada de Fornos.
Pedra da Campá
PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO
ONS
-Buraco do Inferno.
-Praia colgada, coluvións e derrubios de Canexol.
-Plataforma de erosión mariña fósil de Figueira Brava.
-Plataforma de erosión mariña do peirao de Ons.
-Buraco do Inferno.
Conduto vertical de
máis de 50 m de
profundidade
conectado co mar a
través dunha curta
galería. No seu interior
hai algunhas
formacións por
depósitos minerais
entre as que destaca o
“leite de Lúa”,
constituido por
silicatos en fases
líquida e sólida.
PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO
SÁLVORA
-Praia de cantos da Volta de Roque.
-Praia e dunas dos Bois-Milreu.
-Formacións graníticas de Gralleiros.
-Ensenada de Balde.
PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO
CORTEGADA
-Turbeira de Punta Corveiro.
-Praia de cantos fósil de Fradiño.
PROTECCIÓN
-Parque Natural desde 1980.
-Zona de Especial Protección
para as Aves (ZEPA), 1988.
-Recollido no Inventario
Nacional de Puntos de Interese
Xeolóxico (IGME).
SUPERFICIE PROTEXIDA:
3.091 ha: 433 ha terrestres e
2.658 ha mariñas.
CONCELLO: Vigo
ARQUIPÉLAGO DE CÍES
Vista das Cíes pechando a ría de Vigo
Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas de Monte Faro,
Monteagudo, San Martiño e os illotes da Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños,
Carabelos e Ruzo. Pertencen ao concello de Vigo.
As Cíes son macizos graníticos (granitos de dúas micas), parte emerxente do que
é a última serra pontevedresa mergullada no Atlántico, na boca da ría de Vigo.
No primeiro plano a illa de San Martiño e detrás as do Faro e Monteagudo
O relevo é abrupto e hai un forte contraste entre a cara oeste, orientada ao
océano, onde os cantís se elevan máis de 150 metros, e a cara leste, que mira
para a ría de Vigo onde hai varias praias.
As Illas Norte e do Faro aparecen unidas por un istmo de area e un pequeno dique
entre os que se forma unha lagoa mareal.
A altitude máxima atópase na illa Norte ou Monteagudo (Alto Cíes, con 186 m)
Peirao na illa do Faro
As Cíes estiveron poboadas e na actualidade so se atopan os servizos do parque
e turísticos.
Illa de San Martiño, vista exterior. O punto máis alto é o Cabezo dos Bicos, con 131 m.
Illa de San Martiño, vista cara ao interio da ría
Illa de San Martiño co faro do cabo de Bicos. Detrás o illote Boeiro ou Agoeiro
Illa de San Martiño. Cabo de Bicos
Illa do Faro. No primeiro plano a praia das Rdas e a Lagoa dos Nenos
Illa do Faro, co Faro das Cíes e o do Principe ou de Porta
Illa do Faro
O lago (chamado “O Lago dos Nenos”). Un fráxil prado subacuático de zostera (planta acuática con flor)
serve de refuxio e cría de peixes e outros animais acuáticos.
Illa do Faro. Punta Canabal e faro de Porta
Illa do Faro. O faro de Porta
Illa do Faro. Monte do Faro, Alto de Carnecido e punta do Ruso
Illa do Faro, cantís
Illa do Faro. Praia dos Viños e punta das Vellas
Illa do Faro. Praia da Nosa Señora e illote dos Viños
Illa do Faro desde o Alto do Príncipe
Illa de Monteagudo. O punto máis alto é o Alto das Cíes, con 186 m.
Illa de Monteagudo, coa Puntas de Escodelo e do Cabalo, e Furna de Marín
Illa de Monteagudo. Vista desde o faro do Peito. Ao fondo a Punta Muxeiro
Illa de Monteagudo. Praia de Figueiras
Illa de Monteagudo, vista desde o faro do Peito
Illa de Monteagudo: faro do Peito
Cantís na illa de Monteagudo
Illote Boeiro
SUPERFICIE PROTEXIDA:
2.641 ha: 470 ha terrestres e
2.171 ha mariñas.
CONCELLO: Bueu.
PROTECCIÓN:
-LIC/ZEC “Complexo Ons-O
Grove”
-Zona de Especial Protección
para as Aves (ZEPA)
-Recollida no inventario de
áreas importantes para a flora
ameazada española (Dirección
Xeral de Conservación da
Natureza, 2003) coa categoría
de ''Área Importante''.
-Recollido no Inventario
Nacional de Puntos de Interese
Xeolóxico (IGME).
ARQUIPÉLAGO DE ONS
Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo, As Freitosas,
O Fedorento, O Cairo, O Gaiteiro e o Xubenco), situadas fronte á Ría de
Pontevedra.
Vista desde O Grove
A illa de Ons é a máis extensa das illas do Parque Nacional. Ten forma amesetada
con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto e areais na cara protexida.
Está formada por granitos de dúas micas. A súa cota máis alta é o Alto de Ons,
con 128 m, onde está o faro.
É propiedade da Xunta de Galiza e pertence ao concello de Bueu.
Vista norte, coas puntas do Centolo e Xubenco
A comezos do século XX instaláronse fábricas de salga e chegou a ter 500
habitantes. En 1986 non chegaban a vinte e na actualidade so viven unhas poucas
persoas de xeito estable.
Praia de Area dos Cans e illa de Onza
Praia de Melide
Illote das Freitosas
Alto de Ons e faro
Onza
SUPERFICIE PROTEXIDA:
2.557 ha: 248 ha terrestres e 2.309 ha
mariñas.
CONCELLO: Ribeira
PROTECCIÓN: forma parte do
LIC/ZEC ''Complexo Húmido de
Corrubedo'‘.
-Recollido no Inventario Nacional de
Puntos de Interese Xeolóxico (IGME).
ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA
Situado fronte a Ría de Arousa, entre o Grove e Aguiño e formado pola illa de
Sávora e numerosos illotes: Vionta, Gaivoteira, Herbosa, Con de Noro, Insuabela,
Centoleiros e Sagres. Pertence ao concello de Ribeira. Están formadas por
granito vermello.
Arquipélago de Sálvora
Sálvora ten un perfil chairo e unha altura máxima de 77 m, con cantís de pouca
altura na cara oeste e praias alternadas con rochedos na cara que mira á ría.
Sálvora Nor e Vionta na boca da ría.
Sálvora desde O Grove
Sálvora, Con de Nor, Herbosa, Vionta...
Sálvora
Sálvora
Sálvora estivo poboada e na cara norte hai unha aldea abandoada, coas casas e
cortes aínda en pé, onde se poden ver ferramentas e obxectos da vida cotía dos
antigos habitantes.
Antiga escola de Sálvora
Sálvora está deshabitada desde 1960 e quedan restos dunha aldea na que
chegaron a convivir ata 50 habitantes a mediados do século pasado.
Sálvora, praia do Almacén e edificio da antiga fábrica de salga convertido en pazo
Faro de Sálvora
Faro de Sálvora
Illotes de Sagres
Illotes de Sagres
Con do Nor desde Sálvora
Con de Nor ou Noro
Con de Nor
SUPERFICIE PROTEXIDA:
191 ha: 43,8 ha terrestres e
147,2 ha mariñas.
CONCELLO: ViIagarcía de
Arousa.
PROTECCIÓN:
-Recollido no Inventario
Nacional de Puntos de
Interese Xeolóxico (IGME).
ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA
Formado polas illas de Cortegada, Malveira Grande e Pequena, Briñas e illote do
Con. Situadas ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a
Carril. Pertencen ao concello de Vilagarcía.
Cortegada e Malveiras
Cortegada e Malveiras
Cortegada, con Vilagarcía ao fondo
Vista desde o monte Xiabre
Carril, Cortegadas e As Malveiras
Está formada por granitos, xistos e gneis mesturados con depósitos aluviais. O
seu relevo é case chan. A costa é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha.
A contorna de Cortegada é un importante banco marisqueiro.
Cortegada desde Carril
Praia en Cortegada
Cortegada estivo poboada e no interior mantense unha húmida formación
boscosa de loureiros e outras árbores que rodean a aldea abandoada e a súa
ermida.
Illa Malveira Grande desde Cortegada
Ladeira sur da illa de
San Martiño por onde
desemboca o rego da
Cancela, onde se
conserva un muíño.
REDE FLUVIAL
Nas illas apenas hai
correntes de auga pero en
todas elas atópanse
mananciais de auga doce, o
que permiteu que estivesen
habitadas. Na illa de Ons e
na de San Martiño hai
pequenos regos.
-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
-Chairas lamacentas ou areosas non cubertos pola auga na baixamar
-Lagoas costeiras
-Grandes calas e badías poúco profundas
-Arrecifes
-Vexetación anual sobre argazos
-Vexetación perenne sobre coídos
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fruticosi)
-Dunas móviles embrionarias
-Dunas móviles de litoral con Ammophila arenaria ("dunas blancas")
-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea ("dunas grises")
-Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea)
-Depresións intradunais húmidas
-Dunas con céspedes de Malcomietalia
-Dunas con vexetación esclerófila de Cisto-Lavanduletalia
-Queirogais secos europeos
-Pseudoestepas de gramíneas e anuais de Thero-Brachypodietea
-Prados con Molinia
-Prados de sega de baixa altitude
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Megaforbios éutrofos higrófilos das orlas de chairas
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira de Sedo-Scleranthion o de Sedo albi-Veronicion
dillenii
-Covas no explotadas polo turismo
-Furnas mariñas mergulladas ou semimergulladas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
Algas calcárias (Lithophyllum incrustans)
FLORA
A base rochosa das illas é o soporte ideal para a ancoraxe das ALGAS. Están
consideradas como a comunidade de maior riqueza específica no litoral español
con 211 especies inventariadas (33 verdes, 122 vermellas e 56 pardas), máis de 40
vulnerables ou raras.
Destacan os golfos (Saccorhiza polyschides e Laminaria ochroleuca) e as algas
vermellas calcarias (Phymatolithon, Lithothamnion calcareum e Lithothamnion
corallioides).
Ramallo do mar
(Codium tomentosum)
Golfos (Laminaria ochroleuca)
FLORA DOS CANTÍS:
Pirixel do mar (Crithmum maritimum), herba de namorar (Armeria maritima e Armeria
pubigera), fento mariño (Asplenium marinum), pan de paxaros (Sedum acre), uvas de lagarto
(Sedum album), Centaurea langeana, macela mariña (Matricaria maritima), Cochlearia
danica, pampillo (Callendula suffruticosa subsp. algarbiensis), Centaurea micrantha,
cenoura (Daucus carota, subsp. gummifer), aceda (Rumex acetosa subsp. biformis), Silene
uniflora, Dactylis glomerata supsp. maritima, Festuca rubra, Olcus lanatus, Parietaria
judaica, Ulex europaeus supsp. latebractus, Leucanthemum merinoi…
Margarida (Leucanthemum merinoi), unha especie en perigo de extinción cunha área de distribución
restrinxida ao Norte de Portugal e a costa atlántica galega. Común nos cantís de Ons.
Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
Cenoura (Daucus carota, subsp. gummifer)
FLORA DO MATO:
Toxo (Ulex europaeus), breixos (Erica umbellata, E. cinerea e E. cilliaris) carpaza (Cistus
salvifolius), xesta mansa (Osyris alba), esparragueira (Asparagus aphyllus), anxélica
(Angélica pachycarpa), Caléndula algarbiensis, abrótega (Asphodelus albus), xilbarbeira
(Ruscus aculeatus), silva (Rubus ulmifolius), trovisco (Daphne gnidium var. maritima),
abruñeiro (Prusnus spinosa), fento (Pteridium aquilinum), xestas (Cytisus striatus, C.
scoparius e C. insularis), estripo (Crataegus monogyna), sabugueiro (Sambucus nigra) ...
Esparragueira brava
(Asparagus aphyllus)
Breixos (Erica umbellata)
Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)
FLORA DAS PRAIAS E DUNAS:
Feo da praia (Ammophila arenaria subsp. australis), grama do mar (Elytrigia juncea subsp.
boreali-atlanticus), correola das praias (Calystegia soldanela), eiruga mariña (Cakile
maritima), leiteiriña (Euphorbia paralias e Euphorbia segetalis), Honkeknya peploides, alhelí
da praia (Malcoioa littorea), alhelí mariño (Mathiola sinuata), barriña (Salsola kali), polígono
da praia (Polygonum maritimum), cebola das gaivotas (Pancratium maritimum), cardo da
ribeira (Eryngium maritimum), colexa (Silene littorea), Viola kittaibelliana var. henriquesii,
tomelo bravo (Helichrysum italicum subsp. setotinum), carraspique (Iberis procumbens),
paxariños (Linaria polygafolia), Linaria arenaria, carrasca de San Xoán (Otanthus maritimus),
espigadiña do mar (Crucianella maritima), acelga mariña (Beta vulgaris subsp. maritima),
Orobanche arenaria, madroa das praias (Artemisia crihmifolia), herba de namorar (Armeria
pungens), Scrophularia frutescens, var frutescens....
Orobanche arenaria
Eiruga mariña (Cakile maritima)
Honckenya peploides
Carballos, salgeiros, loureiros, fentos, hedras... en Cortegada
FLORA DO BOSQUE
Carballo (Quercus robur), cerquiño (Quercus pyrenaica), Salgueiro (Salix atrocinere),
loureiro (Laurus nobilis), castiñeiro (Castanea sativa), amieira (Alnus glutinosa), cabriña
(Davallia canariensis), cabrinfollos (Lonicera periclymenum), Iris foetidissima, e unha gran
variedade de brións, fungos e liques.
As illas están colonizadas por comunidades vexetais singulares que merecen ser protexidas
pola súa reducida área de extensión. As máis interesantes aséntanse nos cantís e nos
complexos duna-praia.
Están catalogadas 412 especies vexetais terrestres (hai 19 especies e subespecies incluídas
no Libro Vermello da flora galega das que 6 están incluídas tamén na lista vermella do
Estado Español).
ESPECIES DE INTERESE
Alyssum loiseleurii
Angelica pachycarpa
Antrrhinum majus subsp. likianum
Armeria pubigera
Armeria pungens
Asparagus officinalis subsp. prostratus
Centaurea micrantha (endemismo ibérico)
Chaetopogon fasciculatus, subsp. prostratus
Corema album
Cytisus insularis Hyacinthoides paivae
Iberis procumbens
Leucanthemum merinoi
Leucanthemum pluriflorum
Camariña (Corema album) é unha especie
única do litoral occidental Ibério e das Illas
Azores que se atopa en perigo de extinción.
Nas dunas das Cíes atópanse unha das
poboacións máis importantes de Galiza.
Linaria arenaria
Linaria polygalifolia
Lithothamnion corallioides
Mibora minima subsp. littorea
Nanozostera noltii
Narcissus bulbocodium
Otanthus maritimus
Phymatholithon calcareum
Rumex acetosa subsp. bifformis
Rumex rupestris (Endemismo atlántico)
Ruscus aculeatus
Scilla merinoi
Silene uniflora
Helichrysum italicum subsp. setotinum
Spergularia australis
Ulex europaeus subsp. lactebracteatus
Viola kitaibeliana var. henriquesii
Viola kitaibeliana var. henriquesii (endemismo
da rexión galaico-portugesa)
Paxariños amarelos
(Linalia polygalifolia)
CÍES. O antigo bosque de cerquiño (Quercus pyrenaica) foi substituído por eucaliptos,
piñeiros bravos e piñeiros de Monterrei.
Destaca a presenza dunha importante poboación de camariñas (Corema album) as únicas
do Sur de Galiza e Armeria pungens.
Armeria pungens, única poboación galega, localizada nas dunas de Figueiras-Muxieiro
Iberis procumbens
Cytisus insularis, é unha xesta descuberta recentemente con
poboacións unicamente en Ons e Vionta. Distínguese a primeira vista
das demais xestas por ter as follas simples e de maior tamaño.
ONS. Da vexetación arbórea orixinal so se conservan algúns salgueiros. Está repoboada
con piñeiros e eucaliptos. A maioría da superficie está ocupada por un denso mato de
toxos. Destaca a presenza de Cytisus insularis, endemismo das Illas Atlánticas.
SÁLVORA. Acolle a maior poboación de Galiza de Linaria arenaria.
Paxariños (Linaria arenaria),
pequena planta anual propia
de dunas estabilizadas, que
ten en Ons e, sobre todo en
Sálvora, dúas das catro
únicas localidades
coñecidas en España.
É un endemismo da costa
occidental francesa e de
Galiza.
Piñeiro manso
CORTEGADA está cuberta maioritariamente por un bosque de piñeiros bravos, algúns
exemplares de piñeiros mansos e carballos, eucalitos, amieiras, salgueiros, estripos,
castiñeiros... Por toda a illa hai abundantes loureiros (Laurus nobilis), que, na cara norte,
forman un bosque de características únicas que ocupa varias hectáreas de extensión, con
exemplares que acadan os 10-12 m de altura, e que foi o principal valor para a súa inclusión
no Parque Nacional.
Na illa Malveira Grande localízase un dos escasos bosques de cerquiños da costa atlántica
en óptimas condicións.
O bosque de loureiros (Laurus nobilis) de Cortegada é unha masa de varias hectáreas de
extensión con exemplares que acadan ata 12 m de altura. Polas súas características é un
bosque dun gran valor ecolóxico, posiblemente o único de Europa.
Salgueiro (Salix atrocinerea)
de gran porte e antigüidade na
Illa de Cortegada.
FUNGOS
As illas Atlánticas acollen unha grande variedade de fungos, algúns raros ou primeiras citas.
En Cortegada hai máis de 800 taxóns de fungos. As especiais características do bosque de
loureiros de Cortegada fai que nel se desenvolva unha rica comunidade de fungos
macromicetes, algunhas moi raras ou primeiras citas para Galiza. Destaca a presenza de
Hypoxilon cohaerens var. microsporum, Hygrocybe calyptriformis, Torrendia pulchella (as
dúas últimas incluídas na lista vermella europea).
Na illa de Sálvora citouse por primeira vez en Galiza a Amanita muscaria var. inzegae,
asociada ás carpazas.
En Ons atópase Cordiceps militaris que parasita as crisálidas dos alacráns dos piñeiros.
En Cíes citouse por primeira vez en Galiza Campanella caesia.
Dous fungos nos loureiros de Cortegada
Campanela caesia
Linaria arenaria
CATÁLOGO GALEGO
DE ESPECIES AMEAZADAS
Bactrospora carneopallida
Erodium maritimum
Linaria arenaria
Lithothamnion corallioides
Phymatholithon calcareum
Rumex rupestris
FAUNA
O máis destacado son as colonias de aves mariñas, o que motivou tamén a súa
declaración como ZEPA.
Aves mariñas nidificantes no espazo do parque:
-Gaivota patiamarela (Larus michahellis). Cría en
todos os arquipelagos. Unhas 20.000 parellas.
-Gaivota escura (Larus fuscus): unhas 100 parellas,
case todas en Sálvora.
-Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis):
cría en Cíes, Ons e Sálvora, unhas 1.000 parellas,
un dos principais núcleos da especie en Europa.
-Paíño europeo (Hydrobates pelagicus), cría nun
dos illotres de Cíes.
-Pardela cincenta (Calonectris diomedea), un
pequeno grupo cría nos cantís de Cíes.
-Píllara papuda (Charadrius alexandrinus): cría en
Cíes e Sálvora.
-Crían tamén o falcón peregrino (Falco
peregrinus), a pomba das rochas (Columba livia), o
andoriñón real (Apus melba), a gralla pequena
(Corvus monedula), en Ons, o núcleo costeiro máis
importante, o corvo común (Corvus corax) e
numerosas aves do mato.
As illas acollen unha grande parte das aves que se
alimentan de día nas rías.
Corvo mariño grande
(Phalacrocorax carbo)
utiliza as illas como
lugares para durmir.
Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
Un dos valores máis importantes das Illas
Atlánticas é a enorme biodiversidade do
MEDIO MARIÑO da contorna, que é
ademais unha importante área de reserva e
de cría de especies de interese comercial.
MAMÍFEROS: a toniña (Phocoena phocoena) atópase
aquí no bordo meridional da súa área de distribución.
PEIXES: abadexo (Pollachius pollachius), mero
(Polyprion americanus), robaliza (Dicentrarchus labrax),
rodaballo (Psetta maxima), linguado (Solea vulgaris)...
PORÍFEROS: 25 especies
CNIDARIOS: 18 especies: gorgonias (Eunicella
verrucosa e Leptogorgia lusitanica), corais brandos
(Alcyonium spp)...
ANÉLIDOS: 8 especies
MOLUSCOS: 51 especies: Nassarius pfeifferi, xiba
(Sepia officinalis), polbo (Octopus vulgaris), mexillón
(Mytilus galloprovincialis), ameixa rubia (Venerupis
rhomboides), navalla (Ensis arquatus), vieira (Pecten
maximus)...
CRUSTÁCEOS: 27 especies: percebe (Pollicipes
cornucopia), nécora (Necora puber), centola (Maja
squinado), camarón (Palaemon serratus)...
EQUINODERMOS: 21 especies: estrela de mar (Luidia
ciliaris), ourizo (Paracentrotus lividus)…
ASCIDIÁCEOS: 11 especies
BRIOZOOS: 3 especies
ANFIOXO (Branchiostoma lanceolatum)
Percebes (Pollicipes cornucopia)
Chuponas (Bunodactis verrucosa)
Nasarius pfeiferi, un molusco gasterópodo que foi
localizado por primeira vez en Galiza na lagoa das Cíes.
Golfiño
(Tursiops truncatus)
ESPECIES DE INTERESE
MAMÍFEROS
Delphinus delphis
Eptesicus serotinus
Globicephala melas
Hipsugo savii
Lutra lutra
Phocoena phocoena
Plecotus austriacus
Pipistrellus pipistrellus
Rhinolophus ferrumequinum
Tursiops truncatus
Arao romeiro (Alca torda)
AVES
Accipiter gentilis
Accipiter nisus
Actitis hypoleucos
Aegithalos caudatus
Alauda arvensis
Alca torda
Alcedo atthis
Anas clypeata
Anas crecca
Anas penelope
Anas platyrhynchos
Anas strepera
Anthus trivialis
Apus apus
Ardea cinerea
Arenaria interpres
Branta bernicla
Bubulcus ibis
Buteo buteo
Calidris alba
Calidris alpina
Calidris canutus
Calidris maritima
Calonectris diomedea
Caprimulgus europaeus
Gabitas
(Haematopus ostralegus)
Certhia brachydactyla
Cettia cetti
Charadrius alexandrinus
Charadrius hiaticula
Circus cyaneus
Circus pygargus
Cisticola juncidis
Clangula hyemalis
Columba livia
Columba palumbus
Corvus corone
Corvus monedula
Delichon urbica
Dendrocopos major
Egretta garzetta
Emberiza cirlus
Erithacus rubecula
Falco peregrinus
Falco tinnunculus
Fratercula arctica
Fulica atra
Gallinago gallinago
Gallinula chloropus
Gavia immer
Gavia stellata
Haematopus ostralegus
Hippolais polyglotta
Falcón peregrino
(Falco peregrinus)
Hirundo rustica
Hydrobates pelagicus
Lanius senator
Larus argentatus
Larus cachinnans
Larus canus
Larus fuscus
Larus marinus
Larus melanocephalus
Larus minutus
Larus ridibundus
Limosa lapponica
Limosa limosa
Lullula arborea
Luscinia megarhynchos
Melanitta fusca
Melanitta nigra
Mergus serrator
Motacilla alba
Motacilla flava
Numenius arquata
Numenius phaeopus
Oriolus oriolus
Parus ater
Parus caeruleus
Parus major
Phalacrocorax aristotelis
Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis)
Phoenicurus ochruros
Phylloscopus collybita
Phylloscopus ibericus
Pica pica
Picus viridis
Pluvialis squatarola
Podiceps auritus
Podiceps nigricollis
Prunella modularis
Puffinus mauretanicus
Puffinus puffinus
Puffinus yelkouan
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Pyrrhula pyrrhula
Regulus ignicapilla
Rissa tridactyla
Saxicola torquata
Stercorarius skua
Sterna sandvicensis
Streptopelia decaocto
Streptopelia turtur
Sula bassana
Sylvia atricapilla
Sylvia borin
Sylvia melanocephala
Sylvia undata
Pardela balear (Puffinus mauretanicus) endemismo en
perigo crítico de extinción, que utiliza as augas do
parque nacional como área regular de parada
migratoria (ata máis de 1.000 exemplares).
Carriza
(Troglodytes troglodytes)
Tachybaptus ruficollis
Tachymarptis melba
Tadorna tadorna
Tringa nebularia
Troglodytes troglodytes
Turdus merula
Turdus philomelos
Tyto alba
Upupa epops
Uria aalge
Vanellus vanellus
Arao común
(Uria aalge)
RÉPTILES
Anguis fragilis
Caretta caretta
Chalcides bedriagai
Chalcides striatus
Coronella girondica
Dermochelys coriacea
Natrix maura
Podarcis bocagei
Podarcis hispanica
Rhinechis scalaris
Timon lepidus
Lagarto Arnal (Timon lepidus)
En Sálvora atópase unha
subespecie (T. lepidus oteroi)
Escáncer de 5 dedos (Chalcides bedriagai),
un pequeno lagarto coas patas atrofiadas
que se atopa nas dunas das Cíes.
É exclusivo da Península Ibérica e de
distribución moi escasa en Galiza.
Sapiño pinto
(Discoglossus galganoi)
ANFIBIOS
Discoglossus galganoi
Lissotriton boscai
Salamandra salamandra
Sargo (Diplodus sargus)
PEIXES
Alosa alosa
Alosa fallax
INVERTEBRADOS
Cerambyx cerdo
Charonia lampas subsp. lampas
Euphydryas aurinia
Geomalacus maculosus
Hirudo medicinalis
Lucanus cervus
Nucella lapillus
Patella ulyssiponensis
Euphydrias aurinia
Corymbia stragulata
Bolboreta
(Zerynthia rumina )
MAMÍFEROS
Phocoena phocoena
Rhinolophus ferrumequinum
Tursiops truncatus
AVES
Charadrius alexandrinus
Circus cyaneus
Circus pygargus
Hydrobates pelagicus
Phalacrocorax aristotelis
Puffinus mauretanicus
Rissa tridactyla
Uria aalge
RÉPTILES
Anguis fragilis
Caretta caretta
Chalcides bedriagai
Dermochelys coriacea
Natrix maura
Rhinechis scalaris
Timon lepidus
ANFIBIOS
Discoglossus galganoi
Lissotriton boscai
Salamandra salamandra
PEIXES
Alosa alosa
INVERTEBRADOS
Cerambyx cerdo
Echinus esculentus
Eunicella verrucosa
Geomalacus maculosus
Zerynthia rumina
CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS
ACTIVIDADES
-Pesca, marisqueo, acuicultura
-Turismo, lecer
-Actividades mediambientais
Praia das Rodas
Os arredores da Illa de Cortegada son unha importante área de
marisqueo e cultivo en viveiros, en especial de berberecho e ameixa.
Mariscadores en
Cortegada
O Acceso ás distintas illas do parque está regulado. Hai rutas indicadas e lugares de reserva aos que so
poden acceder persoas con permisos especiais con finalidade científica.
Para preservar os valores naturais o acceso ao parque está regulado.
Nas Cíes un número máximo de 2.000 persoas diarias, máis 200 en grupos organizados con fins
didácticos (no verán e Semana Santa) e no resto do ano 350.. Conta cun camping de 800 prazas.
O número máximo de visitantes en Cortegada e Sálvora é de 125 persoas diarias.
Excursión didáctica en Ons
Centro de Visitantes do parque Nacional en Vigo
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Plinio e Ptolomeo referíronse ás CÍES como as Illas Siccas. Puideron formar parte das
lexendarias Casitérides dos Fenicios. Nelas refuxíaronse os irreductibles herminios, tribu
galaica que resisteu á dominación romana das lexións de Xulio César.
O primeiro asentamento do que hai constancia data da Idade do Bronce (500 a 100 anos
a.c.). Na illa do Medio foi excavado un castro nas ladeiras do monte Faro.
Durante a Idade Media (século XI) permaneceron alí un grupo de monxes en constante
conflicto cos piratas. Hai referencia a mosteiros na illa Sur e na do Medio. Consérvanse os
restos do mosteiro do Santo Estevo do século XVIII que estivo ocupado polas ordes de
Cluny, Benedictinos e Franciscanos.
No século XVIII instálanse fábricas de salga sobre as ruínas do mosteiro da illa Sur (San
Martiño). Ata o século XIX non volveron a ter habitantes estables (en 1945 acadou os 50
habitantes e os últimos abandoaronas en 1970). Na actualidade só están ocupadas polos
servicios do parque e os do camping e restaurantes.
A partir de 1960 comezaron a ser invadidas polo turismo.
Mosteiro de San Estevo na Illa Faro.
Na actualidade acolle o Centro de
Interpretación do Parque.
Durante a Idade Media un grupo de
monxes benedictinos ocuparon as
illas, e no século XIV cada illa tiña o
seu mosteiro. Sucesivos ataques
de piratas árabes e normandos
acabaron por despoboalas. Xa no
século XIX vólvense a instalar
familias que sobrevivían da pesca,
agricultura e gandaría.
ONS foi habitada desde tempos
antigos como amosan os achádegos
de machados de pedra do neolítico e
un de bronce. Na Cova da Moura
consérvanse restos dun castro.
Na súa Historia Natural o historiador
romano Plinio describe as xentes da
antiga Galiza e cita a illa de Aunios
(Ons).
A illa Aones foi doada polo rei Alfonso
II O Magno no ano 899 ao Cabildo da
Catedral de Santiago. O pai Sarmiento
cita a fundación dun mosteiro en Ons.
A comezos do século XX instálanse
fábricas de salga.
Foi propiedade do Marqués de
Valadares e expropiada polo Estado en
1943. Desde 1981 é propiedade da
Xunta de Galiza.
Ons acadou os 530 habitantes nos
seus mellores tempos. En 1986 non
chegaban a vinte.
Sartego antropomorfo nun con da illa de Ons
Imaxe de 1890
Plinio cita a CORTEGADA como
Corticata na súa Historia Natural e
hai constanci de que estivo
habitada desde tempos moi
antigos.
Houbo unha poboación estable
(contaba con perto de 2.000 leiras
cultivadas) ata que en setembro de
1907 foi doada ao rei Alfonso XIII
para construír unha residencia de
verán. Os colonos foron forzados a
abandoar as terras. A propiedade
foi vendida en 1978 a unha
inmobiliaria. Actualmente é
propiedade da Xunta de Galiza.Antiga ermida de Cortegada
Dorna en Ons
Un aspecto a destacar nas illas é o patrimonio marítimo: faros, portos, restos de
asentamentos, embarcacións tradicionais...
Cruceiro en Cortegada, na ruta Xacobea do Ulla
Detalle da illa de Sagres. Arredor desta illa hai unha lenda que conta que nos tempos
antigos en que vivían aquí os Oestrymnios chegou un home chamado Saepes ao mando dun
poderoso exército. Para facerse co dominio das illas casou coa filla do xefe da tribo
chamada Forcadiña. Como nin así conseguiu o dominio matou á súa dona e parteuna en
moitos anacos que deron lugar a numerosos illotes espallados pola zona. O pai de
Forecadiña anoxado botoulle unha maldición a Saepes e convertiuno tamén nunha pedra, o
Home de Sagres, ao igual que a todos os seus seguidores. Contan que todas as pedras que
rodean á illa de Sagres son os homes do exército de Saepes e os animais da súa facenda
convertidos en pedras.
PROBLEMAS
-Presión excesiva de visitantes
-Contaminación
-Especies invasoras
Nalgunhas illas os animais introducidos convertéronse nun dos problemas ecolóxicos máis
importantes. A meirande parte de Sálvora está cuberta de mato e eucaliptos onde conviven
especies cinexéticas como faisáns, coellos, perdices, cervos e, actualmente, tamén cabalos.
En Cortegada os xabaríns son unha seria ameaza, especialmente para os fungos.
Praia en Cíes
Eucaliptos en Cíes
Faro das Cíes
PUNTOS DE INTERESE
VIGO (ILLAS CÍES)
-Centro de interpretación do Parque
Illa de San Martiño:
-Restos de fábricas de salga
-Muíño
-Faro do Cabo de Bicos
-Praia de San Martiño
Illa do Faro:
-Faros do monte Faro, O Peito
-Praias das Rodas, Os Viños e Nosa Señora.
-Lagoa dos Nenos
-Pedra da Campá
-Punta Canabal
-Illote das Viñas
-Aula da natureza, centro de interpretación
Illa de Monteagudo
-Praias: As Rodas, Margaridas e Figueiras
-Miradoiros: O Príncipe
-Faro do Peito ou de Monteagudo
-Punta Cabalo
BUEU (ARQUIPÉLAGO DE ONS)
-Praias de Melide, As Dornas, Area dos Cans, Canexol
-Buraco do inferno
-Faro do Alto de Ons
-Puntas Centolo, Xuvenco, Fedorento
-Illa de Onza
-Illotes das Freitosas, Centolo, Xuvenco
Miradoiro do Fedorento e Onza
RIBEIRA (ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA)
-Faro
-Formacións rochosas en granito
-Restos da aldea
-Con de Nor
-Antiga salga
-Praias do almacén e dos Bois
VILAGARCÍA DE AROUSA
(ILLAS DE CORTEGADA E MALVEIRAS)
-Bosque de loureiros
-Salgueiro senlleiro
-Restos da aldea e a capela
MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta,
DEBUXOS: Mon Daporta
Actualizado en novembro de 2017

More Related Content

What's hot

Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
monadela
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
MonContos
 
LIC Estaca de Bares
LIC Estaca de BaresLIC Estaca de Bares
LIC Estaca de Bares
monadela
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
monadela
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
MonContos
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costa
monadela
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
MonContos
 
Ria de Ortigueira
Ria de OrtigueiraRia de Ortigueira
Ria de Ortigueira
monadela
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
MonContos
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
monadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
monadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
MonContos
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
monadela
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
MonContos
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
MonContos
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de Pontevedra
MonContos
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
monadela
 
O Grove, A Costa
O Grove, A CostaO Grove, A Costa
O Grove, A Costa
MonContos
 
LIC Costa da Vela
LIC Costa da VelaLIC Costa da Vela
LIC Costa da Vela
monadela
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
MonContos
 

What's hot (20)

Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
 
LIC Estaca de Bares
LIC Estaca de BaresLIC Estaca de Bares
LIC Estaca de Bares
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costa
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
Ria de Ortigueira
Ria de OrtigueiraRia de Ortigueira
Ria de Ortigueira
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de Pontevedra
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
O Grove, A Costa
O Grove, A CostaO Grove, A Costa
O Grove, A Costa
 
LIC Costa da Vela
LIC Costa da VelaLIC Costa da Vela
LIC Costa da Vela
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 

Similar to Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza

O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
monadela
 
Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costa
monadela
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
monadela
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
monadela
 
Ribeira, A Costa
Ribeira, A CostaRibeira, A Costa
Ribeira, A Costa
MonContos
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
monadela
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
monadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
monadela
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de Vigo
MonContos
 
Illa da Arousa, A Costa
Illa da Arousa, A CostaIlla da Arousa, A Costa
Illa da Arousa, A Costa
MonContos
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
monadela
 
Fene. A Costa
Fene. A CostaFene. A Costa
Fene. A Costa
monadela
 
LIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San SimónLIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
monadela
 
Mugardos, A Costa
Mugardos, A CostaMugardos, A Costa
Mugardos, A Costa
monadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
monadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
monadela
 

Similar to Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza (17)

O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
 
Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costa
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
Ribeira, A Costa
Ribeira, A CostaRibeira, A Costa
Ribeira, A Costa
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de Vigo
 
Illa da Arousa, A Costa
Illa da Arousa, A CostaIlla da Arousa, A Costa
Illa da Arousa, A Costa
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
Fene. A Costa
Fene. A CostaFene. A Costa
Fene. A Costa
 
LIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San SimónLIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
 
Mugardos, A Costa
Mugardos, A CostaMugardos, A Costa
Mugardos, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
monadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
monadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
monadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
monadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
monadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
monadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
monadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
monadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
monadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
monadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
monadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
monadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
monadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
monadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
monadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
monadela
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
monadela
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costa
monadela
 
Paderne, A Costa
Paderne, A CostaPaderne, A Costa
Paderne, A Costa
monadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costa
 
Paderne, A Costa
Paderne, A CostaPaderne, A Costa
Paderne, A Costa
 

Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza

  • 1. ESPAZOS NATURAIS Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza Cíes
  • 2. O espazo protexido inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras e un amplo espazo mariño na súa contorna. Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e cultural. A maior riqueza ecolóxica do parque atópase no espazo marítimo e nas colonias de aves acuáticas. Téñense identificado 200 especies de algas que serven de soporte a unha rica comunidade de invertebrados. Esta zona é ademais un importante punto de cría de peixes e mariscos e visitada habitualmente por golfiños, baleas e tartarugas mariñas.
  • 3. SITUACIÓN: Nas Rías Baixas entre as rías de Arousa e Vigo. Localidades de referencia: Vigo, Cangas, Bueu, Portonovo, Vilagarcía e Ribeira. SUPERFICIE: 8.332,8 ha (7.138 ha mariñas e 1.194 ha terrestres). -Cíes: 3.091 ha: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas. -Ons: 2.641 ha: 470 ha terrestres e 2.171 ha mariñas. -Sálvora: 2.557 ha: 248 ha terrestres e 2.309 ha mariñas. -Cortegada: 191 ha: 43,8 ha terrestres e 147,2 ha mariñas. CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña). VALORES NATURAIS: paisaxe, flora e fauna, xeoloxía...
  • 4. PROTECCIÓN -PARQUE NACIONAL, 2 de xullo de 2002 -LIC /ZEC “Complexo húmido de Corrubedo” (Sálvora) -LIC /ZEC “Illa de Ons”, de 924 ha. -LIC /ZEC “Complexo Ons-O Grove”, de 7608 ha (Ons) -LIC /ZEC “Illas Cíes”, de 990 ha. -ZEPA “Espazo mariño das Rías Baixas” (inclúe as ZEPAs“Illas Cíes” e “Illa de Ons”). -As illas de Sálvora, Ons, Onza e Cíes están incluídas no inventario de ÁREAS IMPORTANTES PARA A HERPETOFAUNA ESPAÑOLA (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004). -Os arquipélagos de Ons e Cíes están incluídos no inventario de ÁREAS IMPORTANTES PARA AS AVES EN ESPAÑA (SEO/BirdLife, 1998). -OSPAR (Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordés “Illas Atlánticas de Galiza” -PARQUE NATURAL “Illas Cíes”, desde 1980. -Puntos de Interese Xeolóxico (IGME).
  • 5. Cíes e Punta Sobrido CLIMA Son illas tipicamente atlánticas con algunha influencia mediterránea. O clima é lixeiramente máis seco que no continente porque as borrascas atlánticas pasan por riba delas pero non descargan ata sobrepasalas e chocar contra a costa A temperatura media anual é duns 14 ºC e as precipitacións de 1.000 a 1.500 mm.
  • 6. Illas Cíes e Cabo Udra desde o alto do facho de Donón XEOLOXÍA A formación das illas Cíes, Ons e Sálvora está relacionada cos acontecementos xeolóxico de finais do Terciario. Despois da Oroxenia Alpina produciuse o afundimento de grandes bloques da codia litoral. O mar penetrou por estas zonas afundidas dando lugar ás rías e as illas atlánticas son os cumes das serras costeiras que resultaron parcialmente afundidas baixo o mar. As costas occidentais das tres illas exteriores son cantís abruptos batidos polos temporais do Atlántico e as orientais ladeiras suaves con areais e sistemas de dunas.
  • 7. Granitos en Sálvora As rochas máis comúns son os granitos de dúas micas, predominante en Cíes e Ons; o granito biotítico tardío que se atopa en Sálvora e os xistos e gneis, que se atopan sobre todo en Cortegada. As rochas máis antigas do parque son os xistos e gneis (cortegada, Cíes e Ons) e as máis recentes os granitos de Sálvora. Granitos en Cíes
  • 11. Pías no Alto do Píncipe (Illa de Monteagudo-Cíes)
  • 12. O cumé mái destacado do espazo é o Alto das Cies (illa de Monteagudo), con 186 m de altura.
  • 13. PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO ARQUIPELAGO DE CÍES Illa de Monteagudo: -Recheo würmiense da furna de Monteagudo. -Praias fósiles de area e de cantos das Margaridas. -Morfología tableada no granito de Punta Ferreiros. -Duna fósil de Figueiras. -Praia-duna-lagoa das Rodas Illa do Faro -Pedra da Campá e derrubios de ladeira erosionados. -Derrubios cementados do peirao de Carracido. Illa de San Martiño -Praias e dunas actuais e fósiles de San Martiño. -Praia fósil, derrubios e coluvións da enseada de Fornos. Pedra da Campá
  • 14. PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO ONS -Buraco do Inferno. -Praia colgada, coluvións e derrubios de Canexol. -Plataforma de erosión mariña fósil de Figueira Brava. -Plataforma de erosión mariña do peirao de Ons. -Buraco do Inferno. Conduto vertical de máis de 50 m de profundidade conectado co mar a través dunha curta galería. No seu interior hai algunhas formacións por depósitos minerais entre as que destaca o “leite de Lúa”, constituido por silicatos en fases líquida e sólida.
  • 15. PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO SÁLVORA -Praia de cantos da Volta de Roque. -Praia e dunas dos Bois-Milreu. -Formacións graníticas de Gralleiros. -Ensenada de Balde.
  • 16. PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO CORTEGADA -Turbeira de Punta Corveiro. -Praia de cantos fósil de Fradiño.
  • 17. PROTECCIÓN -Parque Natural desde 1980. -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), 1988. -Recollido no Inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico (IGME). SUPERFICIE PROTEXIDA: 3.091 ha: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas. CONCELLO: Vigo ARQUIPÉLAGO DE CÍES
  • 18. Vista das Cíes pechando a ría de Vigo Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas de Monte Faro, Monteagudo, San Martiño e os illotes da Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Pertencen ao concello de Vigo. As Cíes son macizos graníticos (granitos de dúas micas), parte emerxente do que é a última serra pontevedresa mergullada no Atlántico, na boca da ría de Vigo.
  • 19. No primeiro plano a illa de San Martiño e detrás as do Faro e Monteagudo O relevo é abrupto e hai un forte contraste entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os cantís se elevan máis de 150 metros, e a cara leste, que mira para a ría de Vigo onde hai varias praias.
  • 20. As Illas Norte e do Faro aparecen unidas por un istmo de area e un pequeno dique entre os que se forma unha lagoa mareal.
  • 21. A altitude máxima atópase na illa Norte ou Monteagudo (Alto Cíes, con 186 m)
  • 22. Peirao na illa do Faro As Cíes estiveron poboadas e na actualidade so se atopan os servizos do parque e turísticos.
  • 23. Illa de San Martiño, vista exterior. O punto máis alto é o Cabezo dos Bicos, con 131 m.
  • 24. Illa de San Martiño, vista cara ao interio da ría
  • 25. Illa de San Martiño co faro do cabo de Bicos. Detrás o illote Boeiro ou Agoeiro
  • 26. Illa de San Martiño. Cabo de Bicos
  • 27. Illa do Faro. No primeiro plano a praia das Rdas e a Lagoa dos Nenos
  • 28. Illa do Faro, co Faro das Cíes e o do Principe ou de Porta
  • 29. Illa do Faro O lago (chamado “O Lago dos Nenos”). Un fráxil prado subacuático de zostera (planta acuática con flor) serve de refuxio e cría de peixes e outros animais acuáticos.
  • 30. Illa do Faro. Punta Canabal e faro de Porta
  • 31. Illa do Faro. O faro de Porta
  • 32. Illa do Faro. Monte do Faro, Alto de Carnecido e punta do Ruso
  • 33. Illa do Faro, cantís
  • 34. Illa do Faro. Praia dos Viños e punta das Vellas
  • 35. Illa do Faro. Praia da Nosa Señora e illote dos Viños
  • 36. Illa do Faro desde o Alto do Príncipe
  • 37. Illa de Monteagudo. O punto máis alto é o Alto das Cíes, con 186 m.
  • 38. Illa de Monteagudo, coa Puntas de Escodelo e do Cabalo, e Furna de Marín
  • 39. Illa de Monteagudo. Vista desde o faro do Peito. Ao fondo a Punta Muxeiro
  • 40. Illa de Monteagudo. Praia de Figueiras
  • 41. Illa de Monteagudo, vista desde o faro do Peito
  • 42. Illa de Monteagudo: faro do Peito Cantís na illa de Monteagudo
  • 44. SUPERFICIE PROTEXIDA: 2.641 ha: 470 ha terrestres e 2.171 ha mariñas. CONCELLO: Bueu. PROTECCIÓN: -LIC/ZEC “Complexo Ons-O Grove” -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) -Recollida no inventario de áreas importantes para a flora ameazada española (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2003) coa categoría de ''Área Importante''. -Recollido no Inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico (IGME). ARQUIPÉLAGO DE ONS
  • 45. Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo, As Freitosas, O Fedorento, O Cairo, O Gaiteiro e o Xubenco), situadas fronte á Ría de Pontevedra. Vista desde O Grove
  • 46. A illa de Ons é a máis extensa das illas do Parque Nacional. Ten forma amesetada con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto e areais na cara protexida. Está formada por granitos de dúas micas. A súa cota máis alta é o Alto de Ons, con 128 m, onde está o faro. É propiedade da Xunta de Galiza e pertence ao concello de Bueu. Vista norte, coas puntas do Centolo e Xubenco
  • 47. A comezos do século XX instaláronse fábricas de salga e chegou a ter 500 habitantes. En 1986 non chegaban a vinte e na actualidade so viven unhas poucas persoas de xeito estable.
  • 48.
  • 49.
  • 50.
  • 51. Praia de Area dos Cans e illa de Onza
  • 53.
  • 54.
  • 56.
  • 57. Alto de Ons e faro
  • 58.
  • 59. Onza
  • 60. SUPERFICIE PROTEXIDA: 2.557 ha: 248 ha terrestres e 2.309 ha mariñas. CONCELLO: Ribeira PROTECCIÓN: forma parte do LIC/ZEC ''Complexo Húmido de Corrubedo'‘. -Recollido no Inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico (IGME). ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA
  • 61. Situado fronte a Ría de Arousa, entre o Grove e Aguiño e formado pola illa de Sávora e numerosos illotes: Vionta, Gaivoteira, Herbosa, Con de Noro, Insuabela, Centoleiros e Sagres. Pertence ao concello de Ribeira. Están formadas por granito vermello.
  • 63. Sálvora ten un perfil chairo e unha altura máxima de 77 m, con cantís de pouca altura na cara oeste e praias alternadas con rochedos na cara que mira á ría. Sálvora Nor e Vionta na boca da ría.
  • 65. Sálvora, Con de Nor, Herbosa, Vionta...
  • 68. Sálvora estivo poboada e na cara norte hai unha aldea abandoada, coas casas e cortes aínda en pé, onde se poden ver ferramentas e obxectos da vida cotía dos antigos habitantes. Antiga escola de Sálvora
  • 69. Sálvora está deshabitada desde 1960 e quedan restos dunha aldea na que chegaron a convivir ata 50 habitantes a mediados do século pasado.
  • 70.
  • 71. Sálvora, praia do Almacén e edificio da antiga fábrica de salga convertido en pazo
  • 76. Con do Nor desde Sálvora
  • 77. Con de Nor ou Noro
  • 79. SUPERFICIE PROTEXIDA: 191 ha: 43,8 ha terrestres e 147,2 ha mariñas. CONCELLO: ViIagarcía de Arousa. PROTECCIÓN: -Recollido no Inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico (IGME). ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA
  • 80. Formado polas illas de Cortegada, Malveira Grande e Pequena, Briñas e illote do Con. Situadas ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a Carril. Pertencen ao concello de Vilagarcía. Cortegada e Malveiras
  • 81.
  • 84. Vista desde o monte Xiabre
  • 85. Carril, Cortegadas e As Malveiras
  • 86. Está formada por granitos, xistos e gneis mesturados con depósitos aluviais. O seu relevo é case chan. A costa é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha.
  • 87. A contorna de Cortegada é un importante banco marisqueiro.
  • 90. Cortegada estivo poboada e no interior mantense unha húmida formación boscosa de loureiros e outras árbores que rodean a aldea abandoada e a súa ermida.
  • 91. Illa Malveira Grande desde Cortegada
  • 92. Ladeira sur da illa de San Martiño por onde desemboca o rego da Cancela, onde se conserva un muíño. REDE FLUVIAL Nas illas apenas hai correntes de auga pero en todas elas atópanse mananciais de auga doce, o que permiteu que estivesen habitadas. Na illa de Ons e na de San Martiño hai pequenos regos.
  • 93. -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda -Chairas lamacentas ou areosas non cubertos pola auga na baixamar -Lagoas costeiras -Grandes calas e badías poúco profundas -Arrecifes -Vexetación anual sobre argazos -Vexetación perenne sobre coídos TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
  • 94. -Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas -Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae) -Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fruticosi) -Dunas móviles embrionarias -Dunas móviles de litoral con Ammophila arenaria ("dunas blancas") -Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea ("dunas grises") -Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea) -Depresións intradunais húmidas -Dunas con céspedes de Malcomietalia -Dunas con vexetación esclerófila de Cisto-Lavanduletalia
  • 95. -Queirogais secos europeos -Pseudoestepas de gramíneas e anuais de Thero-Brachypodietea -Prados con Molinia -Prados de sega de baixa altitude -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Megaforbios éutrofos higrófilos das orlas de chairas -Rochedos silíceos con vexetación pioneira de Sedo-Scleranthion o de Sedo albi-Veronicion dillenii -Covas no explotadas polo turismo -Furnas mariñas mergulladas ou semimergulladas -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
  • 96. Algas calcárias (Lithophyllum incrustans) FLORA A base rochosa das illas é o soporte ideal para a ancoraxe das ALGAS. Están consideradas como a comunidade de maior riqueza específica no litoral español con 211 especies inventariadas (33 verdes, 122 vermellas e 56 pardas), máis de 40 vulnerables ou raras. Destacan os golfos (Saccorhiza polyschides e Laminaria ochroleuca) e as algas vermellas calcarias (Phymatolithon, Lithothamnion calcareum e Lithothamnion corallioides). Ramallo do mar (Codium tomentosum)
  • 98. FLORA DOS CANTÍS: Pirixel do mar (Crithmum maritimum), herba de namorar (Armeria maritima e Armeria pubigera), fento mariño (Asplenium marinum), pan de paxaros (Sedum acre), uvas de lagarto (Sedum album), Centaurea langeana, macela mariña (Matricaria maritima), Cochlearia danica, pampillo (Callendula suffruticosa subsp. algarbiensis), Centaurea micrantha, cenoura (Daucus carota, subsp. gummifer), aceda (Rumex acetosa subsp. biformis), Silene uniflora, Dactylis glomerata supsp. maritima, Festuca rubra, Olcus lanatus, Parietaria judaica, Ulex europaeus supsp. latebractus, Leucanthemum merinoi…
  • 99. Margarida (Leucanthemum merinoi), unha especie en perigo de extinción cunha área de distribución restrinxida ao Norte de Portugal e a costa atlántica galega. Común nos cantís de Ons.
  • 100. Pirixel do mar (Crithmum maritimum) Cenoura (Daucus carota, subsp. gummifer)
  • 101. FLORA DO MATO: Toxo (Ulex europaeus), breixos (Erica umbellata, E. cinerea e E. cilliaris) carpaza (Cistus salvifolius), xesta mansa (Osyris alba), esparragueira (Asparagus aphyllus), anxélica (Angélica pachycarpa), Caléndula algarbiensis, abrótega (Asphodelus albus), xilbarbeira (Ruscus aculeatus), silva (Rubus ulmifolius), trovisco (Daphne gnidium var. maritima), abruñeiro (Prusnus spinosa), fento (Pteridium aquilinum), xestas (Cytisus striatus, C. scoparius e C. insularis), estripo (Crataegus monogyna), sabugueiro (Sambucus nigra) ...
  • 103. Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus) FLORA DAS PRAIAS E DUNAS: Feo da praia (Ammophila arenaria subsp. australis), grama do mar (Elytrigia juncea subsp. boreali-atlanticus), correola das praias (Calystegia soldanela), eiruga mariña (Cakile maritima), leiteiriña (Euphorbia paralias e Euphorbia segetalis), Honkeknya peploides, alhelí da praia (Malcoioa littorea), alhelí mariño (Mathiola sinuata), barriña (Salsola kali), polígono da praia (Polygonum maritimum), cebola das gaivotas (Pancratium maritimum), cardo da ribeira (Eryngium maritimum), colexa (Silene littorea), Viola kittaibelliana var. henriquesii, tomelo bravo (Helichrysum italicum subsp. setotinum), carraspique (Iberis procumbens), paxariños (Linaria polygafolia), Linaria arenaria, carrasca de San Xoán (Otanthus maritimus), espigadiña do mar (Crucianella maritima), acelga mariña (Beta vulgaris subsp. maritima), Orobanche arenaria, madroa das praias (Artemisia crihmifolia), herba de namorar (Armeria pungens), Scrophularia frutescens, var frutescens.... Orobanche arenaria
  • 104. Eiruga mariña (Cakile maritima) Honckenya peploides
  • 105. Carballos, salgeiros, loureiros, fentos, hedras... en Cortegada FLORA DO BOSQUE Carballo (Quercus robur), cerquiño (Quercus pyrenaica), Salgueiro (Salix atrocinere), loureiro (Laurus nobilis), castiñeiro (Castanea sativa), amieira (Alnus glutinosa), cabriña (Davallia canariensis), cabrinfollos (Lonicera periclymenum), Iris foetidissima, e unha gran variedade de brións, fungos e liques.
  • 106. As illas están colonizadas por comunidades vexetais singulares que merecen ser protexidas pola súa reducida área de extensión. As máis interesantes aséntanse nos cantís e nos complexos duna-praia. Están catalogadas 412 especies vexetais terrestres (hai 19 especies e subespecies incluídas no Libro Vermello da flora galega das que 6 están incluídas tamén na lista vermella do Estado Español). ESPECIES DE INTERESE Alyssum loiseleurii Angelica pachycarpa Antrrhinum majus subsp. likianum Armeria pubigera Armeria pungens Asparagus officinalis subsp. prostratus Centaurea micrantha (endemismo ibérico) Chaetopogon fasciculatus, subsp. prostratus Corema album Cytisus insularis Hyacinthoides paivae Iberis procumbens Leucanthemum merinoi Leucanthemum pluriflorum Camariña (Corema album) é unha especie única do litoral occidental Ibério e das Illas Azores que se atopa en perigo de extinción. Nas dunas das Cíes atópanse unha das poboacións máis importantes de Galiza.
  • 107. Linaria arenaria Linaria polygalifolia Lithothamnion corallioides Mibora minima subsp. littorea Nanozostera noltii Narcissus bulbocodium Otanthus maritimus Phymatholithon calcareum Rumex acetosa subsp. bifformis Rumex rupestris (Endemismo atlántico) Ruscus aculeatus Scilla merinoi Silene uniflora Helichrysum italicum subsp. setotinum Spergularia australis Ulex europaeus subsp. lactebracteatus Viola kitaibeliana var. henriquesii Viola kitaibeliana var. henriquesii (endemismo da rexión galaico-portugesa) Paxariños amarelos (Linalia polygalifolia)
  • 108. CÍES. O antigo bosque de cerquiño (Quercus pyrenaica) foi substituído por eucaliptos, piñeiros bravos e piñeiros de Monterrei. Destaca a presenza dunha importante poboación de camariñas (Corema album) as únicas do Sur de Galiza e Armeria pungens. Armeria pungens, única poboación galega, localizada nas dunas de Figueiras-Muxieiro
  • 110. Cytisus insularis, é unha xesta descuberta recentemente con poboacións unicamente en Ons e Vionta. Distínguese a primeira vista das demais xestas por ter as follas simples e de maior tamaño. ONS. Da vexetación arbórea orixinal so se conservan algúns salgueiros. Está repoboada con piñeiros e eucaliptos. A maioría da superficie está ocupada por un denso mato de toxos. Destaca a presenza de Cytisus insularis, endemismo das Illas Atlánticas.
  • 111. SÁLVORA. Acolle a maior poboación de Galiza de Linaria arenaria. Paxariños (Linaria arenaria), pequena planta anual propia de dunas estabilizadas, que ten en Ons e, sobre todo en Sálvora, dúas das catro únicas localidades coñecidas en España. É un endemismo da costa occidental francesa e de Galiza.
  • 112. Piñeiro manso CORTEGADA está cuberta maioritariamente por un bosque de piñeiros bravos, algúns exemplares de piñeiros mansos e carballos, eucalitos, amieiras, salgueiros, estripos, castiñeiros... Por toda a illa hai abundantes loureiros (Laurus nobilis), que, na cara norte, forman un bosque de características únicas que ocupa varias hectáreas de extensión, con exemplares que acadan os 10-12 m de altura, e que foi o principal valor para a súa inclusión no Parque Nacional. Na illa Malveira Grande localízase un dos escasos bosques de cerquiños da costa atlántica en óptimas condicións.
  • 113. O bosque de loureiros (Laurus nobilis) de Cortegada é unha masa de varias hectáreas de extensión con exemplares que acadan ata 12 m de altura. Polas súas características é un bosque dun gran valor ecolóxico, posiblemente o único de Europa.
  • 114.
  • 115. Salgueiro (Salix atrocinerea) de gran porte e antigüidade na Illa de Cortegada.
  • 116. FUNGOS As illas Atlánticas acollen unha grande variedade de fungos, algúns raros ou primeiras citas. En Cortegada hai máis de 800 taxóns de fungos. As especiais características do bosque de loureiros de Cortegada fai que nel se desenvolva unha rica comunidade de fungos macromicetes, algunhas moi raras ou primeiras citas para Galiza. Destaca a presenza de Hypoxilon cohaerens var. microsporum, Hygrocybe calyptriformis, Torrendia pulchella (as dúas últimas incluídas na lista vermella europea). Na illa de Sálvora citouse por primeira vez en Galiza a Amanita muscaria var. inzegae, asociada ás carpazas. En Ons atópase Cordiceps militaris que parasita as crisálidas dos alacráns dos piñeiros. En Cíes citouse por primeira vez en Galiza Campanella caesia. Dous fungos nos loureiros de Cortegada
  • 118. Linaria arenaria CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Bactrospora carneopallida Erodium maritimum Linaria arenaria Lithothamnion corallioides Phymatholithon calcareum Rumex rupestris
  • 119. FAUNA O máis destacado son as colonias de aves mariñas, o que motivou tamén a súa declaración como ZEPA. Aves mariñas nidificantes no espazo do parque: -Gaivota patiamarela (Larus michahellis). Cría en todos os arquipelagos. Unhas 20.000 parellas. -Gaivota escura (Larus fuscus): unhas 100 parellas, case todas en Sálvora. -Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis): cría en Cíes, Ons e Sálvora, unhas 1.000 parellas, un dos principais núcleos da especie en Europa. -Paíño europeo (Hydrobates pelagicus), cría nun dos illotres de Cíes. -Pardela cincenta (Calonectris diomedea), un pequeno grupo cría nos cantís de Cíes. -Píllara papuda (Charadrius alexandrinus): cría en Cíes e Sálvora. -Crían tamén o falcón peregrino (Falco peregrinus), a pomba das rochas (Columba livia), o andoriñón real (Apus melba), a gralla pequena (Corvus monedula), en Ons, o núcleo costeiro máis importante, o corvo común (Corvus corax) e numerosas aves do mato. As illas acollen unha grande parte das aves que se alimentan de día nas rías. Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) utiliza as illas como lugares para durmir.
  • 120. Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
  • 121. Un dos valores máis importantes das Illas Atlánticas é a enorme biodiversidade do MEDIO MARIÑO da contorna, que é ademais unha importante área de reserva e de cría de especies de interese comercial. MAMÍFEROS: a toniña (Phocoena phocoena) atópase aquí no bordo meridional da súa área de distribución. PEIXES: abadexo (Pollachius pollachius), mero (Polyprion americanus), robaliza (Dicentrarchus labrax), rodaballo (Psetta maxima), linguado (Solea vulgaris)... PORÍFEROS: 25 especies CNIDARIOS: 18 especies: gorgonias (Eunicella verrucosa e Leptogorgia lusitanica), corais brandos (Alcyonium spp)... ANÉLIDOS: 8 especies MOLUSCOS: 51 especies: Nassarius pfeifferi, xiba (Sepia officinalis), polbo (Octopus vulgaris), mexillón (Mytilus galloprovincialis), ameixa rubia (Venerupis rhomboides), navalla (Ensis arquatus), vieira (Pecten maximus)... CRUSTÁCEOS: 27 especies: percebe (Pollicipes cornucopia), nécora (Necora puber), centola (Maja squinado), camarón (Palaemon serratus)... EQUINODERMOS: 21 especies: estrela de mar (Luidia ciliaris), ourizo (Paracentrotus lividus)… ASCIDIÁCEOS: 11 especies BRIOZOOS: 3 especies ANFIOXO (Branchiostoma lanceolatum) Percebes (Pollicipes cornucopia)
  • 123. Nasarius pfeiferi, un molusco gasterópodo que foi localizado por primeira vez en Galiza na lagoa das Cíes.
  • 124. Golfiño (Tursiops truncatus) ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Delphinus delphis Eptesicus serotinus Globicephala melas Hipsugo savii Lutra lutra Phocoena phocoena Plecotus austriacus Pipistrellus pipistrellus Rhinolophus ferrumequinum Tursiops truncatus
  • 125. Arao romeiro (Alca torda) AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Actitis hypoleucos Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alca torda Alcedo atthis Anas clypeata Anas crecca Anas penelope Anas platyrhynchos Anas strepera Anthus trivialis Apus apus Ardea cinerea Arenaria interpres Branta bernicla Bubulcus ibis Buteo buteo Calidris alba Calidris alpina Calidris canutus Calidris maritima Calonectris diomedea Caprimulgus europaeus
  • 126. Gabitas (Haematopus ostralegus) Certhia brachydactyla Cettia cetti Charadrius alexandrinus Charadrius hiaticula Circus cyaneus Circus pygargus Cisticola juncidis Clangula hyemalis Columba livia Columba palumbus Corvus corone Corvus monedula Delichon urbica Dendrocopos major Egretta garzetta Emberiza cirlus Erithacus rubecula Falco peregrinus Falco tinnunculus Fratercula arctica Fulica atra Gallinago gallinago Gallinula chloropus Gavia immer Gavia stellata Haematopus ostralegus Hippolais polyglotta Falcón peregrino (Falco peregrinus)
  • 127. Hirundo rustica Hydrobates pelagicus Lanius senator Larus argentatus Larus cachinnans Larus canus Larus fuscus Larus marinus Larus melanocephalus Larus minutus Larus ridibundus Limosa lapponica Limosa limosa Lullula arborea Luscinia megarhynchos Melanitta fusca Melanitta nigra Mergus serrator Motacilla alba Motacilla flava Numenius arquata Numenius phaeopus Oriolus oriolus Parus ater Parus caeruleus Parus major Phalacrocorax aristotelis Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis)
  • 128. Phoenicurus ochruros Phylloscopus collybita Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Pluvialis squatarola Podiceps auritus Podiceps nigricollis Prunella modularis Puffinus mauretanicus Puffinus puffinus Puffinus yelkouan Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Regulus ignicapilla Rissa tridactyla Saxicola torquata Stercorarius skua Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Sula bassana Sylvia atricapilla Sylvia borin Sylvia melanocephala Sylvia undata Pardela balear (Puffinus mauretanicus) endemismo en perigo crítico de extinción, que utiliza as augas do parque nacional como área regular de parada migratoria (ata máis de 1.000 exemplares).
  • 129. Carriza (Troglodytes troglodytes) Tachybaptus ruficollis Tachymarptis melba Tadorna tadorna Tringa nebularia Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Tyto alba Upupa epops Uria aalge Vanellus vanellus Arao común (Uria aalge)
  • 130. RÉPTILES Anguis fragilis Caretta caretta Chalcides bedriagai Chalcides striatus Coronella girondica Dermochelys coriacea Natrix maura Podarcis bocagei Podarcis hispanica Rhinechis scalaris Timon lepidus Lagarto Arnal (Timon lepidus) En Sálvora atópase unha subespecie (T. lepidus oteroi) Escáncer de 5 dedos (Chalcides bedriagai), un pequeno lagarto coas patas atrofiadas que se atopa nas dunas das Cíes. É exclusivo da Península Ibérica e de distribución moi escasa en Galiza.
  • 131. Sapiño pinto (Discoglossus galganoi) ANFIBIOS Discoglossus galganoi Lissotriton boscai Salamandra salamandra
  • 133. INVERTEBRADOS Cerambyx cerdo Charonia lampas subsp. lampas Euphydryas aurinia Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus Nucella lapillus Patella ulyssiponensis Euphydrias aurinia Corymbia stragulata
  • 134. Bolboreta (Zerynthia rumina ) MAMÍFEROS Phocoena phocoena Rhinolophus ferrumequinum Tursiops truncatus AVES Charadrius alexandrinus Circus cyaneus Circus pygargus Hydrobates pelagicus Phalacrocorax aristotelis Puffinus mauretanicus Rissa tridactyla Uria aalge RÉPTILES Anguis fragilis Caretta caretta Chalcides bedriagai Dermochelys coriacea Natrix maura Rhinechis scalaris Timon lepidus ANFIBIOS Discoglossus galganoi Lissotriton boscai Salamandra salamandra PEIXES Alosa alosa INVERTEBRADOS Cerambyx cerdo Echinus esculentus Eunicella verrucosa Geomalacus maculosus Zerynthia rumina CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS
  • 135. ACTIVIDADES -Pesca, marisqueo, acuicultura -Turismo, lecer -Actividades mediambientais Praia das Rodas
  • 136. Os arredores da Illa de Cortegada son unha importante área de marisqueo e cultivo en viveiros, en especial de berberecho e ameixa.
  • 138. O Acceso ás distintas illas do parque está regulado. Hai rutas indicadas e lugares de reserva aos que so poden acceder persoas con permisos especiais con finalidade científica.
  • 139. Para preservar os valores naturais o acceso ao parque está regulado. Nas Cíes un número máximo de 2.000 persoas diarias, máis 200 en grupos organizados con fins didácticos (no verán e Semana Santa) e no resto do ano 350.. Conta cun camping de 800 prazas. O número máximo de visitantes en Cortegada e Sálvora é de 125 persoas diarias.
  • 141. Centro de Visitantes do parque Nacional en Vigo
  • 142. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL Plinio e Ptolomeo referíronse ás CÍES como as Illas Siccas. Puideron formar parte das lexendarias Casitérides dos Fenicios. Nelas refuxíaronse os irreductibles herminios, tribu galaica que resisteu á dominación romana das lexións de Xulio César. O primeiro asentamento do que hai constancia data da Idade do Bronce (500 a 100 anos a.c.). Na illa do Medio foi excavado un castro nas ladeiras do monte Faro. Durante a Idade Media (século XI) permaneceron alí un grupo de monxes en constante conflicto cos piratas. Hai referencia a mosteiros na illa Sur e na do Medio. Consérvanse os restos do mosteiro do Santo Estevo do século XVIII que estivo ocupado polas ordes de Cluny, Benedictinos e Franciscanos. No século XVIII instálanse fábricas de salga sobre as ruínas do mosteiro da illa Sur (San Martiño). Ata o século XIX non volveron a ter habitantes estables (en 1945 acadou os 50 habitantes e os últimos abandoaronas en 1970). Na actualidade só están ocupadas polos servicios do parque e os do camping e restaurantes. A partir de 1960 comezaron a ser invadidas polo turismo.
  • 143. Mosteiro de San Estevo na Illa Faro. Na actualidade acolle o Centro de Interpretación do Parque. Durante a Idade Media un grupo de monxes benedictinos ocuparon as illas, e no século XIV cada illa tiña o seu mosteiro. Sucesivos ataques de piratas árabes e normandos acabaron por despoboalas. Xa no século XIX vólvense a instalar familias que sobrevivían da pesca, agricultura e gandaría.
  • 144. ONS foi habitada desde tempos antigos como amosan os achádegos de machados de pedra do neolítico e un de bronce. Na Cova da Moura consérvanse restos dun castro. Na súa Historia Natural o historiador romano Plinio describe as xentes da antiga Galiza e cita a illa de Aunios (Ons). A illa Aones foi doada polo rei Alfonso II O Magno no ano 899 ao Cabildo da Catedral de Santiago. O pai Sarmiento cita a fundación dun mosteiro en Ons. A comezos do século XX instálanse fábricas de salga. Foi propiedade do Marqués de Valadares e expropiada polo Estado en 1943. Desde 1981 é propiedade da Xunta de Galiza. Ons acadou os 530 habitantes nos seus mellores tempos. En 1986 non chegaban a vinte. Sartego antropomorfo nun con da illa de Ons
  • 145. Imaxe de 1890 Plinio cita a CORTEGADA como Corticata na súa Historia Natural e hai constanci de que estivo habitada desde tempos moi antigos. Houbo unha poboación estable (contaba con perto de 2.000 leiras cultivadas) ata que en setembro de 1907 foi doada ao rei Alfonso XIII para construír unha residencia de verán. Os colonos foron forzados a abandoar as terras. A propiedade foi vendida en 1978 a unha inmobiliaria. Actualmente é propiedade da Xunta de Galiza.Antiga ermida de Cortegada
  • 146. Dorna en Ons Un aspecto a destacar nas illas é o patrimonio marítimo: faros, portos, restos de asentamentos, embarcacións tradicionais...
  • 147. Cruceiro en Cortegada, na ruta Xacobea do Ulla
  • 148. Detalle da illa de Sagres. Arredor desta illa hai unha lenda que conta que nos tempos antigos en que vivían aquí os Oestrymnios chegou un home chamado Saepes ao mando dun poderoso exército. Para facerse co dominio das illas casou coa filla do xefe da tribo chamada Forcadiña. Como nin así conseguiu o dominio matou á súa dona e parteuna en moitos anacos que deron lugar a numerosos illotes espallados pola zona. O pai de Forecadiña anoxado botoulle unha maldición a Saepes e convertiuno tamén nunha pedra, o Home de Sagres, ao igual que a todos os seus seguidores. Contan que todas as pedras que rodean á illa de Sagres son os homes do exército de Saepes e os animais da súa facenda convertidos en pedras.
  • 149. PROBLEMAS -Presión excesiva de visitantes -Contaminación -Especies invasoras Nalgunhas illas os animais introducidos convertéronse nun dos problemas ecolóxicos máis importantes. A meirande parte de Sálvora está cuberta de mato e eucaliptos onde conviven especies cinexéticas como faisáns, coellos, perdices, cervos e, actualmente, tamén cabalos. En Cortegada os xabaríns son unha seria ameaza, especialmente para os fungos. Praia en Cíes
  • 151. Faro das Cíes PUNTOS DE INTERESE VIGO (ILLAS CÍES) -Centro de interpretación do Parque Illa de San Martiño: -Restos de fábricas de salga -Muíño -Faro do Cabo de Bicos -Praia de San Martiño Illa do Faro: -Faros do monte Faro, O Peito -Praias das Rodas, Os Viños e Nosa Señora. -Lagoa dos Nenos -Pedra da Campá -Punta Canabal -Illote das Viñas -Aula da natureza, centro de interpretación Illa de Monteagudo -Praias: As Rodas, Margaridas e Figueiras -Miradoiros: O Príncipe -Faro do Peito ou de Monteagudo -Punta Cabalo
  • 152. BUEU (ARQUIPÉLAGO DE ONS) -Praias de Melide, As Dornas, Area dos Cans, Canexol -Buraco do inferno -Faro do Alto de Ons -Puntas Centolo, Xuvenco, Fedorento -Illa de Onza -Illotes das Freitosas, Centolo, Xuvenco Miradoiro do Fedorento e Onza
  • 153. RIBEIRA (ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA) -Faro -Formacións rochosas en granito -Restos da aldea -Con de Nor -Antiga salga -Praias do almacén e dos Bois
  • 154. VILAGARCÍA DE AROUSA (ILLAS DE CORTEGADA E MALVEIRAS) -Bosque de loureiros -Salgueiro senlleiro -Restos da aldea e a capela
  • 155. MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta Actualizado en novembro de 2017