Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Inclúe a liña costeira entre Cabo Silleiro e A Guarda (concellos de Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) e unha ampla faixa marítima paralela á mesma.
4. SUPERFICIE: 2.056,6 ha
(475,4 terrestres e 1.581,2
acuáticas)
TIPO DE PROTECCIÓN
Proposto en 2011 como Lugar
de importancia comunitaria
(LIC) e Zona especial de
conservación (ZEC).
(pendente de aprobación)
5. Paralela á liña da costa e moi próxima a ela hai unha serie de montañas e
serras: o monte de Santa Tegra (343 m), o monte de Torroso (368 m), a serra
da Valga e a serra da Groba (654 m). Desde estes montes baixan cara ao
mar, salvando grandes desniveis, pequenos ríos.
6. A costa, moi exposta, é rochosa practicamente en toda a súa extensión
con algunhas pequenas praias e coídos. É unha costa rectilínea na que
se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar e
que emerxeu en épocas xeolóxicas recentes.
7. Nun percorrido entre Baiona e A Guarda o que máis chama a atención é a costa rochosa na
que o mar bate sen descanso.
44. FLORA
No espazo mariño viven seres que desenvolven mecanismos para resistir
os movementos do mar e o constante choque das ondas. As algas
suxeitanse fortemente as pedras e déixanse mover ondeando os seus
talos e frondes flexibles, ou desenvólvense apegadas ás pedras e nas
pozas.
Golfos (Laminaria ochroleuca)
45. As algas medran ben ao abrigo das rochas na tranquilidade das pozas.
47. En terra desenvólvense especies resistentes á salinidade e á influencia
dos ventos mariños como os liques ou tonas da pedra, o pirixel do mar
ou a herba de namorar.
49. Na costa fórmanse matogueiras onde abondan toxos, breixos e outras especies
resistentes ao sal e o vento. E tamén aparece algunha especie invasora como a
50. FAUNA
Os animais agóchanse nas fendas e pozas das rochas (polbo,
cangrexos, cóngaro, ourizo), entre as algas (maragotas, sargos,
badexos) ou fíxanse ás rochas con dististos mecanismos (lapas,
chuponas, caracolas, percebes, arneiróns...). En terra ocupan espazos
abrigados entre as rochas, viven enterrados nos escasos lugares
areosos ou son visitantes ocasionais, como as aves mariñas que as
usan de pousadeiro
51. As pozas de marea son nichos de biodiversidade. Nelas podemos atopar ourizos, caracolas,
peixes, lapas...