PORTO DO SON
A costa
1-Praia de Boa Grande
2-Punta do Cabalo Baixo
3-Punta da Telleira
4- Praia e Punta Batuda
5-Praia Hornanda ou das Gaivotas
6-Praia e punta Gafa
7-Portosín
8-Praia de Coira
9-Praia do Pozo
10-Praia Langaño
11-Punta Cedeira
12-Praia e Punta Aguieira
13-Praia Pouso
14-Praia e punta Cabeiro
15-Praia da Suaigrexa
16-Praia do Son
17-Porto do Son
18-Punta, praia e furna do Fonforrón
19-Praia Arnela
20-Puntas Cabra do Medio e Cabra do Mar
21-Baroña
22-Praia de Arealonga/Baroña
23-Punta e praia de Riomaior
24-Punta Pombal
25-Praia das Furnas
26-Praia das Seiras/Queiruga
27-Praia e Punta Porto Nadela
28-Punta do Axo
29-Illa do Mar e Furna da Laxe
30-Praia Pementa
31-Punta e praia de Riosieira
32-Praia das Furna e Pedras Negras (Xuño)
33-Praia Arealonga/Xuño
34-Lagoa de Xuño
35-Lagoa de Muro
36-Praia de Basoñas/Muro
37-Cabo Teira
38-Laxes do Cabalo
39-Praia da Recabeira
40-Rego de Espiñeirido
41-Monte Taúme
V
O concello de Porto do Son ocupa a cara noroeste da serra da Barbanza, na banda sur da ría
de Muros e Noia. Ten unha ampla fronte costeira na que se alternan amplos areias, sistemas
dunares, lagoas e cantís que acollen ecosistemas de grande interese. É un concello que vive
en boa parte do mar e do turismo. Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
PROTECCIÓNS
LIC/ZEC “Complexo Húmido de Corrubedo”
Complexo dunar e de lagoas de Xuño e Muro. Vista desde o cume do monte Taúme.
1-Praia de Boa Grande
2-Punta do Cabalo Baixo e porto de Boa
3-Punta da Telleira
Praia da Telleira
4- Praia e Punta Batuda
5-Praia Hornanda ou das Gaivotas
Praia Hornanda ou das Gaivotas
6-Praia e punta da Gafa
Punta da Gafa
7-PORTOSÍN. Importante porto de baixura e do cerco. As principais especies que se
comercializan na lonxa son a sardiña, o xurelo e a xarda.
No século XIX establecéronse varias fábricas de salga.
Portosín con monte Enxa detrás
Vista aérea desde Portosín á punta Aguieira
8-Praia de Coira
Praia de Coira
9-Praia do Pozo
10-Praia de Langaño
11-Punta Cedeira
12- Praia e Punta da Aguieira
Conta cun interesante sistema dunar e cos restos dunha antiga telleira.
Praia e Punta da Aguieira
Praia e Punta da Aguieira
Praia e Punta da Aguieira
Praia da Aguieira
Praia da Aguieira
Praia da Aguieira. Río Cans.
Praia da Aguieira. Río Quintás.
A Telleira (restos dunha antiga fábrica de tellas)
13-Praia Pouso
Praia Pouso e punta da Aguieira
14-Praia e punta Cabeiro
Praia de Cabeiro
Punta e Monte de Cabeiro (vista desde o monte Enxa)
Punta de Cabeiro
Punta de Cabeiro co monte Enxa ao fondo
15-Praia da Suaigrexa
Praia da Suaigrexa
16-Praia do Porto do Son
17-PORTO DO SON. Capital do concello.
(Detrás os montes Dodro e Enxa)
Porto do Son
Porto do Son
Punta Balcón de Pilatos
18-Punta do Fonforrón
Praia do Fonforrón
Praia e furna do Fonforrón
Nas lendas da zona a furna do Fonforrón figura como refuxio de piratas noturnos, cíclopes , monstros
ou fuxidos. Contan que dela parte un túnel que vai ata o Castro do Monte Enxa e polo que fuxían os
mouros no caso de perigos. Se soltas un galo no alto do monte podes agardalo á entrada da furna.
A furna emite un enorme ronquido cando chega o vento do sur, que trae o temporal á ría de Muros.
Pola intensidade do bruído do vento dentro da furna, podíase saber cando se corría perigo no mar.
Cantís e furna do Fonforrón
19-Praia da Arnela
Praia da Arnela
20-Punta Cabra do Mar
Punta Cabra do Medio
Punta do Alto da Laxe
Punta do Alto da Laxe
21-Baroña
O castro de Baroña está situado na parroquia do mesmo nome nunha península coñecida
como punta do Castro. Está rodeado de dúas murallas e separado de terra por un
pequeno istmo areoso. Estivo ocupado nos séculos I a.C. e I d.C. Foi escavado por primeira
vez en 1933 e logo en en 1969/70, 1980/84, 1985 e 2012. Consérvanse 20 vivendas de
forma circular ou elíptica.
Castro de Baroña
Castro de Baroña
Castro de Baroña
Castro de Baroña
Punta de Baroña
22-Praia de Arealonga/Baroña
Praia de Arealonga/Baroña
23-Punta e praia de Riomaior
Punta e praia de Riomaior
Punta do Dique
24-Punta Pombal
25-Praia das Furnas
26-Praia das Seiras/Queiruga
Puntas do Axo, Porto Nadelas e as Covas, e Praia das Seiras/Queiruga
Punta de Porto Nadelas e Praia de Queiruga
27-Praia e Punta Porto Nadelas
28-Punta do Axo
29-Illa do Mar e Furna da Laxe
Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla rasa de abrasión e podemos baixar á
Furna da Laxe e beireala polos coidos e polas rochas ata a Praia da Pementa.
Punta Illa do Mar
Illa do Mar e Furna da Laxe
31-Punta e praia de Rio Sieira
Punta e praia de Rio Sieira
Praia de Rio Sieira
RÍO SIEIRA. Fórmase pola confluencia do rego de Portonovo (nace no alto de Raña) e o rego
de Rodeiro (nace na Portela dos Valentes) e desemboca na praia do Río Sieira.
A Boca do Río
32-Praia e punta das Furnas ou Pedras Negras (Xuño).
Nas proximidades atópase un monumento dedicado a Ramón Sanpedro
Praia das Furnas-Xuño. Punta xistosa con estratos verticais dispostos perpendicularmente á
liña de costa o que favorece a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos.
Praia das Furnas e Pedras Negras (Xuño)
33-Praia de Areas Longas (Xuño e Muro) Praias de Xuño e Basoñas desde a punta das
Furnas. Máis de 2 km de areais de fina area,
que miran ao mar aberto.
Praia de Xuño
34-Lagoa de Xuño (imaxe de 1980)
Ten forma redondeada e non ten comunicación co mar.
Lagoa de Xuño
Praias de Xuño e Basoñas separadas pola canle de desaugue da lagoa de Muro
35-Lagoa de Muro ou Basoñas. Está separada do mar por un cordón de dunas fixas e
pola praia de Basoñas. Nas mareas moi vivas a auga do mar chega a penetrar por unha
canle no extremo norte da lagoa.
Lagoa de Muro
Lagoa de Muro
36-Praia de Basoñas/Muro
Praia de Basoñas/Muro
Lagoa de Muro e praias
Vista desde o monte Taúme. Cabo Teira e praias de Basoñas e Xuño.
Toda esta área ten unha importancia excepcional pola combinación de formacións
dunares e lagoas costeiras que acollen unha importante representación de especies de
flora e fauna asociadas aos areais e ás zonas húmidas. Destaca a presenza como aniñantes
de píllaras papudas que crían en contados lugares do noso litoral. No inverno as lagoas
acollen unha importante representación de aves acuáticas nos pasos migratorios.
Punta Sarrosa
Cabo Teira, Praia e punta Cativa, Praia Melreira e punta Sarrosa
Illote do Feltro na punta do cabo Teira.
37-Cabo Teira
38-Laxes do Cabalo. Punta Ínsua de Terra.
Praia Recabeira
40-Rego de Espiñeirido. No linde co concello de Ribeira
41-Monte Taúme (240 m) situado na
fronteira entre os concellos de Porto do Son
e Ribeira. Accedese desde Seráns.
Vista desde o cume do monte Taúme cara
áo seo da Recabeira.
VALOR XEOLÓXICO
As rochas máis comúns son os granitos e os
xistos, moi alterados pola tectónica e a
erosión do mar, o vento e os fenómenos
meteorolóxicos.
MAPA LITOLÓXICO
Por todo o litoral do
concello podemos atopar
curiosas formas nas
rochas: furnas, arcos,
rasas de abrasión... e
abundantes áreas de
sedimentación con
campos dunares, praias e
lagoas litorais.
Granitos na punta
do Dique
Rochas en Baroña
Furna do Fonforrón
Punta de Baroña
Arco na Furna
da Laxe
Furna da Laxe
Punta das Furnas e Pedras Negras (Xuño).
Punta xistosa con estratos verticais dispostos perpendicularmente á liña de costa o que favorece
a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos.
Xistos nas punta das Furnas e Pedras Negras (Xuño)
Xistos nas punta das Furnas (Xuño)
Xistos nas punta das Furnas (Xuño)
Coído no litoral de Seráns
Dunas en Muro
Dunas remontantes en Queiruga
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM046. Ría de Muros-Noia (pendente de descrición e
delimitación definitiva).
No litoral da ría combínanse cantís, plataformas litorais, praias-barreira, lagoas,
esteiros... Destaca a importancia das paleoformas que aparecen debido ao retroceso
dos depósitos sedimentarios (paleoacantís rochosos, furnas...).
Interese principal: xeomorfológico.
Furna da Laxe
Rasa de abrasión e cantís na praia Pementa
VALOR BIOLÓXICO
No litoral de Porto do Son podemos atopar unha grande variedade de ecosistemas e
hábitats: esteiros, areais, sistemas dunares, lagoas litorais, costa rochosa abrigada, furnas,
pozas mareais… o que da lugar a una enorme biodiversidade.
Poza mareal nas rochas de Xuño
Lagoa de Xuño. As plantas máis comúns son os carrizos, ambroíños,
oucas, espigas de auga, utricularias...
Ambroíños e ras atopan un hábitat axeitado para o desenvolvemento
nas augas doces pouco fondas da lagoa de Xuño.
Lagoa de Muro ou Basoñas. As plantas máis abondosas son xuncos, carrizos, espadainas,
gramas... Destaca a presenza da alga Nitella gracilis, única cita en España, e a espiga de
auga (Potamogeton trichoides), novidade provincial.
Buño ou antela
(Schoenoplectus lacustris)
Toda esta área ten unha importancia excepcional pola combinación de formacións dunares e lagoas
costeiras que acollen unha boa representación de especies de flora e fauna asociadas aos areais e ás
zonas húmidas. Destaca a presenza como aniñantes de píllaras papudas que crían en contados
lugares do noso litoral. No inverno as lagoas acollen unha importante cantidade e variedade de aves
acuáticas nos pasos migratorios.
Vexetación das dunas. As plantas das dunas teñen cores craras e cubertas coirentas ou veludas para
soportar o exceso de radiación solar, os golpes do vento e reter a auga.
Arenaria do mar (Honckenya peploides), a planta da
praia que vive máis preto da liña da marea.
Cardo mariño (Eryngium
maritimum) un representante
común da flora especialmente
adaptada ás duras condicións
ambientais dos sistemas
dunares das praias.
Iberis procumbens
Na dunas fixadas ou grises hai una grande variedade de especies: cebola das gaivotas,
(Pancratium maritimum), carrasco bravo (Helicrysum picardii), carrascas de San Xoán
(Otanthus maritimus), aceda (Rumes bucephalophorus), Scrofularia frutescens, Iberis
procumbens, Omphalodes littoralis subesp. Gallaecia, leiteira (Euphorbia paralias), brións
Liques...
Alyssum loiseleuri e brións na duna fixa
Herba de namorar (Armeria pubigera)
Liques: Ramalina e Xantoria
Salgueiros na beira da praia
Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos que viven
apegados ás rochas da costa exposta.
Son un importante recurso marisqueiro das zonas próximas.
Gaivotas
Píllara papuda
(Charadrius alexandrinus)
Garzota (Egretta garzeta)
LIC “Complexo Húmido de Corrubedo”
CONCELLOS: Porto do Son e Ribeira
VALORES NATURAIS: paisaxe, flora, fauna,
historia, etnografía...
Hai unha proposta de ampliación
pendente de aprobación que inclúe a
costa ata a Punta Fonforrón (Porto do
Son), o monte da Cidade (Ribeira),
pequenos tramos arredor do anterior
e un espazo mariño.
USOS/APROVEITAMENTO
-Pesca e marisqueo
-Navegación
-Turismo, lecer e deportes
-Industrias
Portosín
Portosín
Para coñecer o litoral do Porto do Son
podemos facer unha rápida aproximación
en coche, con pequenos desvíos a pé
para percorrer algúns dos lugares de
maior interese ou botar varias xornadas
de vagar facendo roteiros polos moitos
lugares de valor natural, etnográfico ou
histórico artístico. É recomendable facer
os percorridos coa marea baixa para
poder achegarnos mellor aos cantís e
furnas e camiñar polos areais.
30 km (ruta principal lineal) + 8 km de
desvíos (ida e volta) + camiñadas
Espazo natural das lagoas de Xuño e Muro
PROBLEMAS/AGRESIÓNS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Adela Leiro, Mon Daporta
marzo 2021

Porto do Son, A Costa