SlideShare a Scribd company logo
1 of 56
VOLVE
ROQUE!
Despois do verán, canso de descanso
Ergueuse un día e dixo: “Vou facer algo”
“Antes de botarme a durmir todo o inverno
Vou buscar un lerio
para deixarlle algo aos nenos
Sen ter que ir moi lonxe…
de algo de preto
Do que ven todos días,
e dos seus segredos.
E de todo o que hai,
o que está máis á man…
Son as árbores do colexio…
pois… por aí vou empezar!”.
Árbores, e outras
plantas, do colexio de
San Tomé
LAMAGUEIRO, CHOUPO
NEGRO (Populus nigra)
Orixinario de Asia
occidental e Europa
oriental. Plántase como
forestal e como
ornamental. A madeira
úsase para facer
embalaxes, chapas e
pasta de celulosa.
Ten pés masculinos e pés
femininos. Os cultivares
son híbridos ou clónicos.
Os clónicos obtéñense de
estacas, e todos son do
mesmo sexo.
Os choupos do colexio pertencen a dúas
variedades distintas. Os de copa alta e estreita
son todos masculinos, mentras que os de copa
máis aberta, probablemente Populus x
canadensis, son todos femininos.
Os froitos maduros ábrense
para soltar as sementes, que
están rodeadas de pelos
finos que lle serven para
desplazarse coa axuda do
vento.
Flores
femininas
Flores
masculinas
CAMELIA (Camellia
japonica). Orixinaria da
China, o Xapón e Corea.
Cultívase, como ornamental,
nos climas temperados polas
flores, que saen no outono e
no inverno,
Coñécense máis de 3.000
híbridos, con flores de distinta
forma, tamaño e cor, que vai
do vermello ao branco con
numerosas tonalidades e
variedades xaspeadas. Moitas
flores das variedades
cultivadas son estériles e para
conseguir novas plantas fanse
esqueixes
Flor completa
froito
Froito aberto
amosando as
sementes
Flor estéril
MOREIRA (Morus
nigra). Orixinaria do
suroeste de Asia.
Plántase desde
antigo como
ornamental, para
alimentar as eirugas
da seda e para
aproveitarlle os
froitos. Os froitos en
realidade son as
cubertas florais
transformadas,
engrosadas e cheas
de zume.
Inflorescencia feminina
Os“froitos” póñense encarnados
antes de madurar
ARCE AMERICANO
(Acer negundo).
Orixinario de
Norteamérica. É un
dos poucos arces que
ten as follas
compostas e pés
masculinos e
femininos. Non se
planta demasiado
porque ten formas
irregulares pero
existen varios
cultivares con follas
variegadas.
Flores
Froitos
Froitos e follas de outono
PICEA COMÚN,
ABETO VERMELLO
(Picea abies).
Orixinaria do norte e
do centro de Europa
onde forma bosques
en altitudes medias. A
madeira utilízase en
ebanistería. Fóra da
súa área de orixe
plántase como
ornamental.
É a coñecida árbore
do Nadal (as do
colexio son árbores de
Nadal trasplantadas).
Conos maduros
Cono feminino
SAWARA
(Chamaecyparis
pisifera squarrosa).
Orixinario do Xapón.
Plántase como
ornamental, pero non é
moi común. Medra moi
a modo.
ALIGUSTRE, LIGUSTRO
(Ligustrum lucidum).
Orixinario do sur da
China. Plántase como
ornamental, pero pode
convertirse en invasora.
Todos os que hai no
colexio naceron das
sementes levadas polos
paxaros dos que hai nas
pistas e detrás do
pavillón. Existen
variedades coas follas
beireadas de cor
amarela. Os froitos son
venenosos.
LOUREIRO REAL,
LOUREIRO
ROMANO (Prunus
laurocerasus).
Orixinario de Asia
Menor. Árbore da
laurisilva de climas
cálidos e húmidos.
Plántase como
ornamental. Toda a
planta é tóxica a
non ser o froito,
pero sí a semente
que ten dentro.
Espiga de flores
Froitos maduros
LIQUIDAMBAR
(Liquidambar
styraciflua). Orixinario
de Norteamérica.
Cultívase como
forestal, a madeira
úsase para
contrachapados e
pasta, pero máis
habitualmente como
ornamental polo
colorido das follas no
outono. Existen
variedades cultivadas
con distintas formas
de copa.
Flores. As masculinas
erguidas e as femininas
colgantes
Froito
LOUREIRO (Laurus
nobilis). Especie relicta
da Era Terciaria. Foi
planta venerada e
consagrada aos deuses.
Con ela coroábanse aos
heroes e aos poetas, e
como premio aos bos
estudantes dábaselle un
ramo de loureiro con
froitos (bagas) -o bacca
laureatus- de onde ven a
palabra bacharelato.
Úsase como ornamental
e as follas como
condimento.
CAMAECÍPARIS,
CIPRÉS DE
LAWSON, “CEDRO”
DE OREGÓN
(Chamaecyparis
lawsoniana).
Orixinario do oeste
dos Estados Unidos.
Plántase como
forestal e ornamental.
Existen numerosos
cultivares con distinto
aspecto e diferente
velocidade de
crecemento.
Conos masculinos
Conos femininos
Conos maduros
SALGUEIRO
(Salix x …). Os
salgueiros hibridan
facilmente entre
eles polo que é
habitual atopar
exemplares que
compartan
características de
diferentes
especies. Os do
colexio poden ser
híbridos de
salgueiro chorón e
salgueiro branco
ou salgueiro irto.
Follas
Flores femininas
CATALPA (Catalpa
bignonioides).
Orixinaria do surleste
dos Estados Unidos.
Plántase como
ornamental porque
resiste ben a
contaminación do aire.
Ten principios tóxicos.
Os froitos,
como vaíñas
longas,
mantéñense na
árbore durante
o inverno
JACARANDA
(Jacaranda
mimosifolia)
Orixinaria de
Sudamérica
subtropical. Plántase
como ornamental en
áreas de clima
temperado e cálido,
polo seu aspecto e
polas numeroas
flores. É tóxica si se
come e pode producir
irritación da pel ao
manipulala.
As follas
seméllanse ás
da mimosa e
danlle o nome
á planta
As flores cobren á árbore de
azul na primavera
Os froitos discoidais e leñosos
coñécense como “aplauso de mono”
ALCIPRESTE, CIPRÉS
(Cupresus
sempervirens). Orixinario
do Mediterráneo oriental.
Atópase cultivado por todo
o mundo. Pode ser unha
árbore moi lonxeva, ata
máis de 1.000 anos, Ten
unha madeira resistente e
lixeira que non se altera
co paso do tempo. Non
arde con facilidade.
Antigamente plantábase
ao pé das portas das
casas como símbolo de
hospitalidade.
Inflorescencias masculinas
Conos maduros
CASTAÑEIRO, CASTIÑEIRO
COMÚN (Castanea sativa).
Orixinario de Asia Menor.
Cultivado desde tempos
antigos para aproveitarlle a
madeira, de boa calidade; as
castañas, as varas novas en
cestería e a tona en curtiduría e
para facer tinte de cor negra.
Existen especies de castiñeiros
en Europa, China, o Xapón e
América do Norte.
Moitos dos castiñeiros que se plantan
actualmente son híbridos de castiñeiro
xaponés e europeo resistentes á
enfermidade da tinta ou inxertos de
castiñeiro europeo sobre patróns
xaponeses ou américanos.
PRADAIRO (Acer
pseudoplatanus).
Medra nativo nas
montañas de Lugo
e Ourense.
Plántase como
ornamental. A
madeira é fina e
úsase en
ebanistería e
torneiría.
ABRUÑEIRO
(Prunus spinosa).
Vive en sebes,
matogueiras e
beiras de bosque.
Produce os
abruños, pequenas
ameixas azul
negras, de sabor
agredoce, que se
utilizan para
aromatizar
augardentes
ACIVRO (Ilex aquifolium).
Forma pequenos bosques
nas serras orientais de
Galicia. É unha planta
dioica, con pés masculinos
e femininos. Utilízase como
ornamental e como
decoración no Nadal,
porque nesas datas ten os
froitos maduros. A madeira
úsase en torneiría e da tona
sácase o visgo ou liga para
cazar paxaros. Existen
variedades cultivares de
follas variegadas e de flores
hermafroditas.
Na súa área de distribución ten un
alto valor ecolóxico porque ofrece
alimento e acobillo a aves e outros
pequenos animais durante o inverno.
Flor feminina
COTONASTER
(Cotoneaster sp)
Orixinarios da área que
vai desde o
Mediterráneo oriental a
China. Existen
numerosas especies e
subespecies que difiren
no tamaño xeral e das
follas, e na cor das flores
e dos froitos.
Cotoneaster salicifolius. Nativo dos
bosques do oeste da China
Cotoneaster dielsiana. Ten
as follas máis pequenas e as
flores forman grupos
menos numerosos
PIRACANTA
(Pyracantha
coccinea). Orixinaria do
sudeste de Europa e do
sur de China. Plántase
como ornamental e para
formar sebes. É un
arbusto con pequenas
ponlas transformadas
en espiñas que se
cubre de flores na
primavera e de froitos
alaranxados e brillantes
no outono que serven
de alimento aos paxaros
no inverno.
EVÓNIMO
(Euonymus
japonicus).
Orixinario do Xapón,
China e Corea.
Plántase como
ornamental en
América e Europa
para formar sebes
porque soporta ben
as podas. Os do
colexio son cultivares
de follas variegadas.
CHUCHAMELES
(Lonicera
periclymenum).
Atópase silvestre por
toda Europa. Ten unhas
flores chamativas,
olorosas e productoras
de nectar que
aproveitan os insectos
pero que tamén
chuchan os rapaces, de
ahí o nome. Os froitos
vermellos e brillantes
son tóxicos.
(Lonicera japonica).
Orixinaria do leste de Asia.
Plántase como
ornamental, pero en
algúns países convirteuse
en especie invasora.
Esta é outra especie diferente, pero hai
que agardar a que teña follas e flores para
saber cal.
HEDRA (Hedera helix).
Trepadora común que
pode medir ata 50 m. é
unha especie relicta da
Era Terciaria que pedra
por todas partes
gabeando por árbores e
paredes gracias ás
raíces aéreas que lle
xurden no talo. Existen
tamén variedades de
cultivo coas follas de
diferentes formas ou
variegadas. Florece no
outono e os froitos son
tóxicos para as persoas.
Hedra dunha variedade cultivada,
de folla variegada, na valla do
colexio
Hedra silvestre na valla do colexio
DATURA, CAMPÁS
(Brugmansia…). 10 especies
orixinarias das áreas subtropicais
de Sudamérica. Plántanse como
ornamentais polas súas grandes
flores acampanadas. Ao chegar
a noitiña desprenden un forte
aroma que nos seus países de
orixe atrae aos morcegos que
son os encargados da súa
polinización. Todas as partes da
planta son tóxicas. Brugmansia
sanguinea case vermella na
boca alaranxado amarelo a
verdoso o resto do tubo
PASIONARIA, FLOR DA
PASIÓN (Passiflora sp).
Hai máis de 300 especies
distribuídas principalmente
por América tropical e
subtropical. Cultívase como
ornamental en todos os
continentes. Varias especies
son cultivadas polos seus
froitos. O máis coñecido e o
maracuiá, o froito da P.
edulis. A do colexio é a
Passiflora caerulea ou flor
da pasión azul, a especie
máis extendida e máis
resistente.
O nome de pasionaria ou flor da
pasión dáselle por asociación da
cor púrpura e as formas das
diferentes estructuras con
elementos da pasión de Cristo
(coroa de espiñas, tres clavos dos
pistilos…)
FORMIO, LIÑO DE
NOVA ZELANDIA
(Phormium tenax).
Orixinario de Nova
Celandia. Plántase
como ornamental e
para obter febras
para tecer e atar.
Hai variedades
cultivadas
variegadas e de cor
avermellado.
ADELFA
(Nerium
oleander).
Orixinaria do
Mediterráneo.
Plántase como
ornamental.
Toda a planta é
venenosa se se
come.
VIDE (Vitis …). Existen
unhas 60 especies de
vides silvestres,
distribuídas polo
hemisferio norte, e varios
centos, ata miles,
cultivadas. A vide é unha
planta trepadora que pode
acadar ata 30 m de longo.
Nas variedades cultivadas
contrólase o tamaño coa
poda para mellorar a
producción de uvas. A do
colexio é unha variedade
de vide silvstre
americana.
ROSEIRA, ROSAL (Rosa
…). Existen máis de 100
especies de rosas
silvestres, a maioría en
Asia e unhas poucas en
Europa, Norteamérica e o
norte de África, e máis de
30.000 cultivares. É a
planta ornamental máis
cultivada do mundo.
Plántase, polas súas
flores e para obtención de
perfume, desde a
prehistoria. O cultivo de
variedades empezou en
Europa.
Flor e froito de roseira
silvestre
BUXO (Buxus
sempervirens).
Plántase como
ornamental para
facer sebes porque
soporta ben as
podas. E unha
planta de
crecemento lento,
de madeira dura e
moi fina apreciada
en torneiría e para
facer instrumentos
musicais.
HORTENSIA
(Hydrangea
hortensia). Orixinaria
de China e Xapón.
Existen numerosas
variedades que se
plantan como
ornamentais en
Europa occidental. As
inflorescencias están
formadas por brácteas
coreadas que rodean
flores masculinas e
estériles por enriba e
flores femininas, sen
brácteas, por debaixo
Brácteas coreadas
dunha flor estéril Flor feminina
xa fecundada
CORTADERIA,
HERBA DA PAMPA,
PLUMEIRO
(Cortaderia
selloana). Orixinaria
da Pampa
sudamericana.
Plántase como
ornamental polas
súas panículas florais,
pero é unha planta
que se extende moi
facilmente
converténdose en
invasora.
AZALEA (Azalea
indica). Orixinaria do
Xapón. Existen miles
de variedades e
cultivares: con flores
grandes ou pequenas,
sinxelas ou dobles e
numerosas variacións
de cor desde a branca
á vermella, amarela,
laranxa e violeta.
Aínda que
normalmente florece
na primavera hai
variedades que o fan
no outono.
BERBERIS (Berberis
vulgaris). Orixinario do
sur de Europa e de Asia
occidental. Plántase
como ornamental e para
facer sebes porque ten
moitísimas espiñas.
Aínda que se lle come o
froito a planta é
lixeiramente tóxica.
Chama a atención a cor
amarela da madeira.
Entre os cultivares
existen variedades coas
follas de cor vermello
púrpura.
VIÑA VIRXE
(Parthenocissus
quinquefolia). Orixinaria de
Norteamérica. Plántase
como ornamental para
cubrir valos e paredes, aos
que se apega coa secreción
pegañenta dos discos dos
gaviáns cando tocan cun
obxecto, e pola cor das
follas no outono. O nome de
viña virxe dáselle porque
ten os froitos negros e
agrupados en acios que
recordan aos da viña.
ABUTILÓN (Abutilon
sp). Coñécense unhas
60 especies.
Orixinarias dos climas
cálidos e temperados
do mundo. Plántanse
como ornamentais
polas súas flores
colgantes e de cores
chamativas. Hai
numerosas variedades
.
DIERVILLA
(Diervilla
florida). Ata hai
pouco Weigela
florida.
Orixinaria de
China. Plántase
porque produce
moitas flores e
durante un
longo período
de tempo.
Froitos en desenvolvemento
SILVEIRA (Rubus
ulmifolius) Medra
silvestre por todas
partes ocupando
enseguida valos,
sebes e baldíos. Os
froitos, as amorias,
son comestibles
apreciados polos
rapaces e os paxaros
tamén se apañan
para facer para facer
doces, xaropes e
marmeladas. Existen
cultivares sen
espiñas.
XAZMÍN
(Jasminum sp).
Orixinario das
zonas cálidas do
hemisferio norte.
Existen unhas 200
especies que se
cultivan pola súa
abundante floración
e o seu agradable
perfume.
XAZMÍN
AMARELO. As
especies con
flor amarela
teñen menos
flores e son
menos
aromáticas.
Unha delas
medra silvestre
nalgúns lugares
de Galicia de
clima máis seco.
Froitos de xazmín silvestre
en Enciña da Lastra
BREIXO, UZ
(Erica scoparia).
Orixinaria da
Península Ibérica
e o sur de
Francia. En
Galicia atópase
dispersa polo
centro e o sur.
Plántase como
ornamental en
algún xardín de
solo rochoso.
As flores, moi pequenas, medran
arredor das ponlas novas.
LILA DE
CALIFORNIA
(Ceanothus
thyrsiflorus
var repens).
Orixinaria das
montañas
costeiras de
California.
TOXO ARNAL
(Ulex
europaeus). A
subespecie
latebracteatus
é endémica de
Galicia e o
norte de
Portugal.
As imaxes beireadas de vermello foron collidas da internet,
á espera de poder sustituílas por imáxes propias en canto
as plantas o permitan. Mentras, agardo que os autores
saiban disculpar o uso que estou a facer delas.
Cousiñas feitas na casa
Mon Daporta
Rematada esta historia,
vou por outra nova

More Related Content

What's hot

Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014iesasorey
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)monadela
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbarmonadela
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vpilarfzx
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1PaulaReySilva
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoCarmen Cid Manzano
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferasMonContos
 
AS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLEAS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLEcepadacruz
 
Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]
Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]
Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]yolandafontan91
 
árbores de Cambados
árbores de Cambadosárbores de Cambados
árbores de Cambadosmonadela
 
Planta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRez
Planta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRezPlanta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRez
Planta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRezguesta67351
 
Práctica 3
Práctica 3Práctica 3
Práctica 3cundins
 

What's hot (19)

Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014
 
Taxodio
TaxodioTaxodio
Taxodio
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
 
Palmeiras
PalmeirasPalmeiras
Palmeiras
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbar
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
Liquidambar cedro-xintgo
Liquidambar cedro-xintgoLiquidambar cedro-xintgo
Liquidambar cedro-xintgo
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Magnolias
MagnoliasMagnolias
Magnolias
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
AS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLEAS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLE
 
Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]
Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]
Froitos e sementes de árbores e arbustos [autoguardado]
 
árbores de Cambados
árbores de Cambadosárbores de Cambados
árbores de Cambados
 
Planta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRez
Planta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRezPlanta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRez
Planta De Temporada, J MartíN CundíNs SuáRez
 
Práctica 3
Práctica 3Práctica 3
Práctica 3
 
Cítricos
CítricosCítricos
Cítricos
 

Similar to Árbores do colexio de San Tomé

cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
Árbores da Pastora
Árbores da PastoraÁrbores da Pastora
Árbores da PastoraMonContos
 
A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arboremagamac
 
Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitismonadela
 
Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)
Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)
Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)monadela
 
Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)monadela
 
Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)
Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)
Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)monadela
 
Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)monadela
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasmonadela
 
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)monadela
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Exemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermasExemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermaselenaberta
 
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraceipcoiron
 
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraceipcoiron
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01LOPEZMOURENZA
 

Similar to Árbores do colexio de San Tomé (20)

cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
A silveira
A silveiraA silveira
A silveira
 
Árbores da Pastora
Árbores da PastoraÁrbores da Pastora
Árbores da Pastora
 
A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arbore
 
Moreira
MoreiraMoreira
Moreira
 
Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitis
 
Planta De Temporada Oscar
Planta De Temporada OscarPlanta De Temporada Oscar
Planta De Temporada Oscar
 
Planta De Temporada Oscar
Planta De Temporada OscarPlanta De Temporada Oscar
Planta De Temporada Oscar
 
Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)
Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)
Falsa acacia (Robinia pseudoacacia)
 
Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)
 
Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)
Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)
Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)
 
Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
 
Exemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermasExemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermas
 
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
 
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Árbores do colexio de San Tomé

  • 2. Despois do verán, canso de descanso
  • 3. Ergueuse un día e dixo: “Vou facer algo”
  • 4. “Antes de botarme a durmir todo o inverno Vou buscar un lerio para deixarlle algo aos nenos
  • 5. Sen ter que ir moi lonxe… de algo de preto
  • 6. Do que ven todos días, e dos seus segredos.
  • 7. E de todo o que hai, o que está máis á man…
  • 8. Son as árbores do colexio… pois… por aí vou empezar!”.
  • 9. Árbores, e outras plantas, do colexio de San Tomé
  • 10. LAMAGUEIRO, CHOUPO NEGRO (Populus nigra) Orixinario de Asia occidental e Europa oriental. Plántase como forestal e como ornamental. A madeira úsase para facer embalaxes, chapas e pasta de celulosa. Ten pés masculinos e pés femininos. Os cultivares son híbridos ou clónicos. Os clónicos obtéñense de estacas, e todos son do mesmo sexo. Os choupos do colexio pertencen a dúas variedades distintas. Os de copa alta e estreita son todos masculinos, mentras que os de copa máis aberta, probablemente Populus x canadensis, son todos femininos. Os froitos maduros ábrense para soltar as sementes, que están rodeadas de pelos finos que lle serven para desplazarse coa axuda do vento. Flores femininas Flores masculinas
  • 11. CAMELIA (Camellia japonica). Orixinaria da China, o Xapón e Corea. Cultívase, como ornamental, nos climas temperados polas flores, que saen no outono e no inverno, Coñécense máis de 3.000 híbridos, con flores de distinta forma, tamaño e cor, que vai do vermello ao branco con numerosas tonalidades e variedades xaspeadas. Moitas flores das variedades cultivadas son estériles e para conseguir novas plantas fanse esqueixes Flor completa froito Froito aberto amosando as sementes Flor estéril
  • 12. MOREIRA (Morus nigra). Orixinaria do suroeste de Asia. Plántase desde antigo como ornamental, para alimentar as eirugas da seda e para aproveitarlle os froitos. Os froitos en realidade son as cubertas florais transformadas, engrosadas e cheas de zume. Inflorescencia feminina Os“froitos” póñense encarnados antes de madurar
  • 13. ARCE AMERICANO (Acer negundo). Orixinario de Norteamérica. É un dos poucos arces que ten as follas compostas e pés masculinos e femininos. Non se planta demasiado porque ten formas irregulares pero existen varios cultivares con follas variegadas. Flores Froitos Froitos e follas de outono
  • 14. PICEA COMÚN, ABETO VERMELLO (Picea abies). Orixinaria do norte e do centro de Europa onde forma bosques en altitudes medias. A madeira utilízase en ebanistería. Fóra da súa área de orixe plántase como ornamental. É a coñecida árbore do Nadal (as do colexio son árbores de Nadal trasplantadas). Conos maduros Cono feminino
  • 15. SAWARA (Chamaecyparis pisifera squarrosa). Orixinario do Xapón. Plántase como ornamental, pero non é moi común. Medra moi a modo.
  • 16. ALIGUSTRE, LIGUSTRO (Ligustrum lucidum). Orixinario do sur da China. Plántase como ornamental, pero pode convertirse en invasora. Todos os que hai no colexio naceron das sementes levadas polos paxaros dos que hai nas pistas e detrás do pavillón. Existen variedades coas follas beireadas de cor amarela. Os froitos son venenosos.
  • 17. LOUREIRO REAL, LOUREIRO ROMANO (Prunus laurocerasus). Orixinario de Asia Menor. Árbore da laurisilva de climas cálidos e húmidos. Plántase como ornamental. Toda a planta é tóxica a non ser o froito, pero sí a semente que ten dentro. Espiga de flores Froitos maduros
  • 18. LIQUIDAMBAR (Liquidambar styraciflua). Orixinario de Norteamérica. Cultívase como forestal, a madeira úsase para contrachapados e pasta, pero máis habitualmente como ornamental polo colorido das follas no outono. Existen variedades cultivadas con distintas formas de copa. Flores. As masculinas erguidas e as femininas colgantes Froito
  • 19. LOUREIRO (Laurus nobilis). Especie relicta da Era Terciaria. Foi planta venerada e consagrada aos deuses. Con ela coroábanse aos heroes e aos poetas, e como premio aos bos estudantes dábaselle un ramo de loureiro con froitos (bagas) -o bacca laureatus- de onde ven a palabra bacharelato. Úsase como ornamental e as follas como condimento.
  • 20. CAMAECÍPARIS, CIPRÉS DE LAWSON, “CEDRO” DE OREGÓN (Chamaecyparis lawsoniana). Orixinario do oeste dos Estados Unidos. Plántase como forestal e ornamental. Existen numerosos cultivares con distinto aspecto e diferente velocidade de crecemento. Conos masculinos Conos femininos Conos maduros
  • 21. SALGUEIRO (Salix x …). Os salgueiros hibridan facilmente entre eles polo que é habitual atopar exemplares que compartan características de diferentes especies. Os do colexio poden ser híbridos de salgueiro chorón e salgueiro branco ou salgueiro irto. Follas Flores femininas
  • 22. CATALPA (Catalpa bignonioides). Orixinaria do surleste dos Estados Unidos. Plántase como ornamental porque resiste ben a contaminación do aire. Ten principios tóxicos. Os froitos, como vaíñas longas, mantéñense na árbore durante o inverno
  • 23. JACARANDA (Jacaranda mimosifolia) Orixinaria de Sudamérica subtropical. Plántase como ornamental en áreas de clima temperado e cálido, polo seu aspecto e polas numeroas flores. É tóxica si se come e pode producir irritación da pel ao manipulala. As follas seméllanse ás da mimosa e danlle o nome á planta As flores cobren á árbore de azul na primavera Os froitos discoidais e leñosos coñécense como “aplauso de mono”
  • 24. ALCIPRESTE, CIPRÉS (Cupresus sempervirens). Orixinario do Mediterráneo oriental. Atópase cultivado por todo o mundo. Pode ser unha árbore moi lonxeva, ata máis de 1.000 anos, Ten unha madeira resistente e lixeira que non se altera co paso do tempo. Non arde con facilidade. Antigamente plantábase ao pé das portas das casas como símbolo de hospitalidade. Inflorescencias masculinas Conos maduros
  • 25. CASTAÑEIRO, CASTIÑEIRO COMÚN (Castanea sativa). Orixinario de Asia Menor. Cultivado desde tempos antigos para aproveitarlle a madeira, de boa calidade; as castañas, as varas novas en cestería e a tona en curtiduría e para facer tinte de cor negra. Existen especies de castiñeiros en Europa, China, o Xapón e América do Norte. Moitos dos castiñeiros que se plantan actualmente son híbridos de castiñeiro xaponés e europeo resistentes á enfermidade da tinta ou inxertos de castiñeiro europeo sobre patróns xaponeses ou américanos.
  • 26. PRADAIRO (Acer pseudoplatanus). Medra nativo nas montañas de Lugo e Ourense. Plántase como ornamental. A madeira é fina e úsase en ebanistería e torneiría.
  • 27. ABRUÑEIRO (Prunus spinosa). Vive en sebes, matogueiras e beiras de bosque. Produce os abruños, pequenas ameixas azul negras, de sabor agredoce, que se utilizan para aromatizar augardentes
  • 28. ACIVRO (Ilex aquifolium). Forma pequenos bosques nas serras orientais de Galicia. É unha planta dioica, con pés masculinos e femininos. Utilízase como ornamental e como decoración no Nadal, porque nesas datas ten os froitos maduros. A madeira úsase en torneiría e da tona sácase o visgo ou liga para cazar paxaros. Existen variedades cultivares de follas variegadas e de flores hermafroditas. Na súa área de distribución ten un alto valor ecolóxico porque ofrece alimento e acobillo a aves e outros pequenos animais durante o inverno. Flor feminina
  • 29. COTONASTER (Cotoneaster sp) Orixinarios da área que vai desde o Mediterráneo oriental a China. Existen numerosas especies e subespecies que difiren no tamaño xeral e das follas, e na cor das flores e dos froitos. Cotoneaster salicifolius. Nativo dos bosques do oeste da China
  • 30. Cotoneaster dielsiana. Ten as follas máis pequenas e as flores forman grupos menos numerosos
  • 31. PIRACANTA (Pyracantha coccinea). Orixinaria do sudeste de Europa e do sur de China. Plántase como ornamental e para formar sebes. É un arbusto con pequenas ponlas transformadas en espiñas que se cubre de flores na primavera e de froitos alaranxados e brillantes no outono que serven de alimento aos paxaros no inverno.
  • 32. EVÓNIMO (Euonymus japonicus). Orixinario do Xapón, China e Corea. Plántase como ornamental en América e Europa para formar sebes porque soporta ben as podas. Os do colexio son cultivares de follas variegadas.
  • 33. CHUCHAMELES (Lonicera periclymenum). Atópase silvestre por toda Europa. Ten unhas flores chamativas, olorosas e productoras de nectar que aproveitan os insectos pero que tamén chuchan os rapaces, de ahí o nome. Os froitos vermellos e brillantes son tóxicos.
  • 34. (Lonicera japonica). Orixinaria do leste de Asia. Plántase como ornamental, pero en algúns países convirteuse en especie invasora. Esta é outra especie diferente, pero hai que agardar a que teña follas e flores para saber cal.
  • 35. HEDRA (Hedera helix). Trepadora común que pode medir ata 50 m. é unha especie relicta da Era Terciaria que pedra por todas partes gabeando por árbores e paredes gracias ás raíces aéreas que lle xurden no talo. Existen tamén variedades de cultivo coas follas de diferentes formas ou variegadas. Florece no outono e os froitos son tóxicos para as persoas. Hedra dunha variedade cultivada, de folla variegada, na valla do colexio Hedra silvestre na valla do colexio
  • 36. DATURA, CAMPÁS (Brugmansia…). 10 especies orixinarias das áreas subtropicais de Sudamérica. Plántanse como ornamentais polas súas grandes flores acampanadas. Ao chegar a noitiña desprenden un forte aroma que nos seus países de orixe atrae aos morcegos que son os encargados da súa polinización. Todas as partes da planta son tóxicas. Brugmansia sanguinea case vermella na boca alaranxado amarelo a verdoso o resto do tubo
  • 37. PASIONARIA, FLOR DA PASIÓN (Passiflora sp). Hai máis de 300 especies distribuídas principalmente por América tropical e subtropical. Cultívase como ornamental en todos os continentes. Varias especies son cultivadas polos seus froitos. O máis coñecido e o maracuiá, o froito da P. edulis. A do colexio é a Passiflora caerulea ou flor da pasión azul, a especie máis extendida e máis resistente. O nome de pasionaria ou flor da pasión dáselle por asociación da cor púrpura e as formas das diferentes estructuras con elementos da pasión de Cristo (coroa de espiñas, tres clavos dos pistilos…)
  • 38. FORMIO, LIÑO DE NOVA ZELANDIA (Phormium tenax). Orixinario de Nova Celandia. Plántase como ornamental e para obter febras para tecer e atar. Hai variedades cultivadas variegadas e de cor avermellado.
  • 40. VIDE (Vitis …). Existen unhas 60 especies de vides silvestres, distribuídas polo hemisferio norte, e varios centos, ata miles, cultivadas. A vide é unha planta trepadora que pode acadar ata 30 m de longo. Nas variedades cultivadas contrólase o tamaño coa poda para mellorar a producción de uvas. A do colexio é unha variedade de vide silvstre americana.
  • 41. ROSEIRA, ROSAL (Rosa …). Existen máis de 100 especies de rosas silvestres, a maioría en Asia e unhas poucas en Europa, Norteamérica e o norte de África, e máis de 30.000 cultivares. É a planta ornamental máis cultivada do mundo. Plántase, polas súas flores e para obtención de perfume, desde a prehistoria. O cultivo de variedades empezou en Europa. Flor e froito de roseira silvestre
  • 42. BUXO (Buxus sempervirens). Plántase como ornamental para facer sebes porque soporta ben as podas. E unha planta de crecemento lento, de madeira dura e moi fina apreciada en torneiría e para facer instrumentos musicais.
  • 43. HORTENSIA (Hydrangea hortensia). Orixinaria de China e Xapón. Existen numerosas variedades que se plantan como ornamentais en Europa occidental. As inflorescencias están formadas por brácteas coreadas que rodean flores masculinas e estériles por enriba e flores femininas, sen brácteas, por debaixo Brácteas coreadas dunha flor estéril Flor feminina xa fecundada
  • 44. CORTADERIA, HERBA DA PAMPA, PLUMEIRO (Cortaderia selloana). Orixinaria da Pampa sudamericana. Plántase como ornamental polas súas panículas florais, pero é unha planta que se extende moi facilmente converténdose en invasora.
  • 45. AZALEA (Azalea indica). Orixinaria do Xapón. Existen miles de variedades e cultivares: con flores grandes ou pequenas, sinxelas ou dobles e numerosas variacións de cor desde a branca á vermella, amarela, laranxa e violeta. Aínda que normalmente florece na primavera hai variedades que o fan no outono.
  • 46. BERBERIS (Berberis vulgaris). Orixinario do sur de Europa e de Asia occidental. Plántase como ornamental e para facer sebes porque ten moitísimas espiñas. Aínda que se lle come o froito a planta é lixeiramente tóxica. Chama a atención a cor amarela da madeira. Entre os cultivares existen variedades coas follas de cor vermello púrpura.
  • 47. VIÑA VIRXE (Parthenocissus quinquefolia). Orixinaria de Norteamérica. Plántase como ornamental para cubrir valos e paredes, aos que se apega coa secreción pegañenta dos discos dos gaviáns cando tocan cun obxecto, e pola cor das follas no outono. O nome de viña virxe dáselle porque ten os froitos negros e agrupados en acios que recordan aos da viña.
  • 48. ABUTILÓN (Abutilon sp). Coñécense unhas 60 especies. Orixinarias dos climas cálidos e temperados do mundo. Plántanse como ornamentais polas súas flores colgantes e de cores chamativas. Hai numerosas variedades .
  • 49. DIERVILLA (Diervilla florida). Ata hai pouco Weigela florida. Orixinaria de China. Plántase porque produce moitas flores e durante un longo período de tempo. Froitos en desenvolvemento
  • 50. SILVEIRA (Rubus ulmifolius) Medra silvestre por todas partes ocupando enseguida valos, sebes e baldíos. Os froitos, as amorias, son comestibles apreciados polos rapaces e os paxaros tamén se apañan para facer para facer doces, xaropes e marmeladas. Existen cultivares sen espiñas.
  • 51. XAZMÍN (Jasminum sp). Orixinario das zonas cálidas do hemisferio norte. Existen unhas 200 especies que se cultivan pola súa abundante floración e o seu agradable perfume.
  • 52. XAZMÍN AMARELO. As especies con flor amarela teñen menos flores e son menos aromáticas. Unha delas medra silvestre nalgúns lugares de Galicia de clima máis seco. Froitos de xazmín silvestre en Enciña da Lastra
  • 53. BREIXO, UZ (Erica scoparia). Orixinaria da Península Ibérica e o sur de Francia. En Galicia atópase dispersa polo centro e o sur. Plántase como ornamental en algún xardín de solo rochoso. As flores, moi pequenas, medran arredor das ponlas novas.
  • 55. TOXO ARNAL (Ulex europaeus). A subespecie latebracteatus é endémica de Galicia e o norte de Portugal.
  • 56. As imaxes beireadas de vermello foron collidas da internet, á espera de poder sustituílas por imáxes propias en canto as plantas o permitan. Mentras, agardo que os autores saiban disculpar o uso que estou a facer delas. Cousiñas feitas na casa Mon Daporta Rematada esta historia, vou por outra nova