Os olmos (Ulmus)son un xénero
con máis de 40 especies e
numerosos híbridos.
Son árbores caducifolias ou
semicaducifolias que se extenden
polo hemisferio norte, desde
Siberia a México e Xapón.
Moitas especies son cultivadas e
hai numerosas variedades.
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Urticales
FAMILIA
Ulmáceas
3.
TALO
Toro recto coatona bastante
lisa e clara, de cor gris, máis
agretada cando é vello.
Os gomos son grosos de cor
avermellada.
4.
FOLLAS
Simples, alternas, deforma elíptica ou oval rematadas en punta, asimétricas,
coa beira doblemente serrada de forma irregular. Polo dereito son de cor verde
escura mate e de textura moi áspera. Polo revés son máis craras con peluxe nos
nervos. O peciolo é curto e forte e está curvado.
5.
FLORES
Agrupada en pequenosacios de cor
púrpura. Están formada por unha
pequena bráctea basal, un cálice de
cinco sépalos, catro ou cinco estames e
un pistilo central rematado nun estilo
plumoso.
Saen antes que as follas.
6.
FROITOS
Secos, sámaras deforma oval e
aplanados, de 1,5 a 2 cm. de
lonxitude.
Fórmanse antes da saída das
follas e dispérsanse co vento.
Ulmeiro de montaña
lamigueiro
(Ulmusglabra)
Árbore de copa alta e redondeada que pode
acadar os 40 m de altura. É orixinaria do
norte e centro de Europa e oeste de Asia.
Medra en bosques caducifolios de solos
frescos e ribeiras de ríos.
En Galiza é escaso, atópase en Caaveiro, no
norte da Coruña, no norte e no leste de Lugo
e no norleste de Ourense.
10.
As follas dolamigueiro teñen
un peciolo curto, son de
forma oval ou elíptica moi
acuminadas, coa beira
doblemente serrada.
Ulmeiro de Holanda
(Ulmusx hollandica)
É un híbrido natural entre o ulmeiro
de montaña (Ulmus glabra) e o
ulmerio mediterráneo (Ulmus
minor) que aparece por toda
Europa nas áreas onde coínciden
as dúas especies.
Tamén foi amplamente plantado
como árbore de xardín e alamedas
nas zonas de clima temperado.
As características son unha
mestura das dúas especies das que
se orixina
En Galiza existen algúns
exemplares senlleiros.
17.
Lamagueiros (Ulmus hollandica)do Xardín de San Carlos (A Coruña). Plantados
arredor de 1930. Miden entre 21 e 26 m e ata 4 m de perímetro.
Están incluídos no Catálogo deárbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
18.
Ulmeiro (Ulmus hollandica)en Lourizán
Actualmente desaparecido.
Ulmeiro (Ulmus hollandica) no Pazo de
Barrantes (Ribadumia)
-30 m de altura e 4,10 de perímetro.
Desde hai cenanos, e sobre todo
entre 1960-80 a grafiose, unha
enfermidade producida polo fungo
Ophiostoma que transmite un
escaravello do xénero Scolytus, está
facendo desaparecer gran cantidade
de ulmeiros.
O fungo obstrúe os vasos do xilema e
provoca a morte da árbore ao impedir
a circulación de nutrintes.
Placa en recordo da
olmeda da Praza
Maior de Lugo, que
desapareceu afectada
pola grafiose.
25.
USOS:
A madeira, durae compacta, é moi
valorada en construción e para facer
esculturas e mobles.
A tona emprégase como astrinxente e
para as enfermidades da pel e chagas.
Son empregados para estabilizar
riberias e diques pola fortaleza das
súas raíces. Tamén se empregan para
parques e xardíns.
26.
Á BEIRA DOSOLMEIROS
parouse a tarde.
Un xílgaro serviuse do momento
e engaiolou a música.
E a nosa filla colleu ao mar de súpeto
e trouxoo polo longo corredor coma un cadelo.
E xa o teremos sempre
deitado aos nosos pés naquela casa.
Miguel González Garcés. “Na faíscas dos sonos”, 1972.