Noticias sobre la reciente adquisición de Whatsapp por parte de Facebook, de la defensa de ésta última a la privacidad y a la no publicidad invasiva y de como Whatsapp hace Storytelling con sus mas de 400 millones de usuarios.
Harriague+Asociados ha desarrollado una innovadora solución que permite integrar cualquier herramienta con Whatsapp logrando extender los canales de comunicación con los clientes finales. El producto permite crear una interfaz de comunicación entre programas o aplicaciones, resultando en una mayor velocidad de comunicación y atención más personalizada.
Noticias sobre la reciente adquisición de Whatsapp por parte de Facebook, de la defensa de ésta última a la privacidad y a la no publicidad invasiva y de como Whatsapp hace Storytelling con sus mas de 400 millones de usuarios.
Harriague+Asociados ha desarrollado una innovadora solución que permite integrar cualquier herramienta con Whatsapp logrando extender los canales de comunicación con los clientes finales. El producto permite crear una interfaz de comunicación entre programas o aplicaciones, resultando en una mayor velocidad de comunicación y atención más personalizada.
Este projeto foi realizado para uma Prova de Aptidão Profissional, tendo obtido 19 valores.
Desde já quero pedir que comentem com a vossa opinião, sendo ela positiva e negativa.
Obrigado
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Camelia sinensis
As camelias son árbores
orixinarias do Xapón e
Corea, das que se coñecen
máis de 3.000 variedades
cultivadas.
camelia
camelia
camellia
camélia
camelia
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Ericales
FAMILIA
Teáceas
3. A camelia é a árbore de xardín máis representativa de Galiza, onde é moi
abundante, sobre todo nas Rías Baixas.
O cultivo de camelias ten unha gran tradición desde finais do século XVIII e
comezos do XIX, ligada sobre todo aos xardíns dos pazos.
Cultívanse sobre todo tres especies Camellia japonica, C. reticulata e C.
sasanqua.
8. FLORES
Simples e completas, con 6
pétalos redondeados de
cores diferentes segundo a
variedade (branca, rosa ou
vermella), un pistilo e
numerosos estames de cor
amarela.
9. As variedades cultivadas adoitan
ser estériles por teren os órganos
reprodutores transformados en
pétalos.
10.
11.
12.
13. FROITOS
Cápsulas duras e
leñosas de forma
esférica de entre 2 e 5
cm de diámetro.
Ao abrir soltan varias
sementes grandes e
duras.
15. UTILIDADE
Planta ornamental.
O cultivo de camelias ten unha gran tradición en Galicia onde se celebran varios
concursos e festas de exaltación. Existen máis de mil variedades que se
distinguen polo tamaño, a forma e a cor das súas flores.
16. Camelia xapónica “Matusalén” do Pazo de Castrelos (Vigo). Plantada en 1860. Ten
7,50 m de altura, 3,75 m de perímetro e unha copa de case 16 m de diámetro.
17. Camelia xapónica do Castelo Soutomaior.
Foi plantada no último tercio do século XIX.
Ten 9,5 m de altura e arredor de 16 m de
diámetro na copa.
Camelia xapónica do Pazo de Sta. Cruz
de Ribadulla (Vedra). É unha das
camelias máis antigas de Galicia,
plantada a finais dos século XVIII.
18. Camelia xapónica do Pazo de Oca. Ten flores de dúas cores, blancas e rosas. Foi
plantada a finais do século XIX e ten unha copa de 6,5 m de altura e 8 m de diámetro.
24. Camelia reticulada. Pazo de Oca.
(A Estrada-Pontevedra). A máis vella da
súa especie, cuns 135 anos. Mide 10,50 m
de altura e 1,55 m de perímetro troncal.
25. CAMELIA SASANQUA (Camellia sasanqua).
Ten porte máis arbustivo, en xeral non supera
os 6 m de altura. As follas son máis pequenas e
as flores saen no outono e son perfumadas.
A máis grande atópase no pazo Torres de Agrelo
(Redondela), con 9 m de altura e arredor de 150 anos.
26. Camelia reticulada do pazo Torres de Agrelo
(Redondela).
-9 m de altura e arredor de 150 anos.
27. ESCOLMA LITERARIA
Chove en Santiago
meu dóce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Federico García Lorca,
“Seis poemas galegos”